tempada abonos de teatro - afundacion.org · a droga da verdade, unha substancia que fai perder a...

5
TEMPADA ABONOS DE TEATRO VIGO | setembro - decembro 2018

Upload: others

Post on 03-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: TEMPADA ABONOS DE TEATRO - afundacion.org · a droga da verdade, unha substancia que fai perder a vontade e provoca a sincerida - de máis auténtica. Se lla administra a Manel poderá

TEMPADA ABONOS DE TEATROVIGO | setembro - decembro 2018

Page 2: TEMPADA ABONOS DE TEATRO - afundacion.org · a droga da verdade, unha substancia que fai perder a vontade e provoca a sincerida - de máis auténtica. Se lla administra a Manel poderá

Todas las noches de un díade Alberto Conejero

DIRECCIÓNLuis Luque

ELENCOCarmelo Gómez e Ana Torrent

PRODUCIÓNPentación Espectáculos

Rodeado de urbanizacións, nalgún lugar preto de nós, sobrevive un vello xardín co seu invernadoiro. Mais pasou xa moi-to tempo desde que os veciños viron por primeira vez a Silvia, a dona daquela casa. Alí só queda Samuel, o xardineiro, afa-nado en preservar a diario ese recuncho esquecido. Todas as noites acode á casa con obstinación para intentar descubrir o paradoiro de Silvia. Comeza entón un combate entre a vida e os recordos, entre o amor e as súas pantasmas.

28 de setembro | 20.30 hDuración: 1 h 30 min | Castelán

Burundangade Jordi Galcerán

DIRECCIÓNGabriel Olivares

ESCENOGRAFÍAAnna Tusell

ELENCOEloy Arenas, César Camino, Bart Santana, Ariana Bruguera, Rebeka Brik e Fran Nortes

PRODUCIÓNEl Reló Producciones, Verteatro e Smedia

Berta está embarazada do seu noivo Manel, mais aínda non se atreveu a dicirllo. Non sabe que facer pois nin sequera sabe se el realmente a quere. Silvia, a súa compañeira de piso, ofrécelle a solución: burundanga, a droga da verdade, unha substancia que fai perder a vontade e provoca a sincerida-de máis auténtica. Se lla administra a Manel poderá saber o que precisa. E faino, dálle a droga e descobre non só o que preten-día, senón outra verdade inesperada que fai estourar un enredo de consecuencias imprevisibles...

7 de outubro | 20.00 hDuración: 1 h 30 min | Castelán

Tras oito tempadas en Madrid, chega a Vigo esta co-media cargada de intriga, ironía e sentido do humor!

Page 3: TEMPADA ABONOS DE TEATRO - afundacion.org · a droga da verdade, unha substancia que fai perder a vontade e provoca a sincerida - de máis auténtica. Se lla administra a Manel poderá

Juntosde Fabio Marra

VERSIÓN E DIRECCIÓNJuan Carlos Rubio

ESCENOGRAFÍACurt Allen Wilmer

ELENCOKiti Mánver, Melani Olivares, Gorka Otxoa e Inés Sánchez

PRODUCIÓNTxalo Producciones

Isabel vive, ou mellor dito, sobrevive, nun modesto piso xunto ao seu fillo Miguel, un mozo discapacitado, moi impulsivo, pero sobre todo xeneroso. De súpeto, a inesperada visita da súa filla máis nova, Sandra, unha executiva de éxito que le-vaba fóra da casa sen dar sinais de vida desde había máis de dez anos, conseguirá que as complexas relacións familiares se poñan patas arriba, desencadeando unha sucesión de sorprendentes e inusitados acontecementos ateigados de tenrura, al-gunha que outra débeda pendente e moi-to, moito humor.

8 de novembro | 20.30 hDuración: 1 h 30 min | Castelán

Estado de grazade Eduardo Alonso

VERSIÓN E DIRECCIÓNEduardo Alonso

ELENCOLuma Gómez, Imma António, Manuela Varela e Nini True

PRODUCIÓNTeatro do Noroeste

22 de novembro | 20.30 h Duración: 1 h 30 min | Galego

Descubrimos a difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai do-minada polas crenzas relixiosas máis pro-fundas. O duro enfrontamento entre unha xeración dominada pola beatería máis contumaz e a seguinte, que ten a liber-dade por bandeira, crea un forte confli-to. Cando a relixión impera en todos os comportamentos humanos, resulta case imposible liberarse dese xugo. No tardo- franquismo, seguramente o momento histórico en que dúas xeracións consecu-tivas estiveron máis distantes ideoloxica-mente, catro mulleres loitan por estable-cer o seu lugar no mundo.

Page 4: TEMPADA ABONOS DE TEATRO - afundacion.org · a droga da verdade, unha substancia que fai perder a vontade e provoca a sincerida - de máis auténtica. Se lla administra a Manel poderá

La culpade David Mamet

DIRECCIÓNJuan Carlos Rubio

VERSIÓNBernabé Rico

ELENCOPepón Nieto, Magüi Mira, Miguel Hermo-so e Ana Fernández

PRODUCIÓNTalycual e Pentación Espectáculos

16 de decembro | 19.30 h Duración: 1 h 30 min | Castelán

A historia fálanos dun psiquiatra que é re-quirido a declarar nun difícil proceso en favor dun paciente responsable de come-ter unha masacre. Cando se nega a facelo, a súa vida dá un xiro. A súa carreira, a súa ética e as súas crenzas en xeral pasan a ser cuestionadas duramente, o que desenca-dea unha espiral de acontecementos, un tras outro, que convulsionará non só a súa realidade cotiá, senón tamén a da persoa que máis quere, e isto é o peor.

902 504 500

Todos os abonos teñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete.*

Outras bonificacións e descontos xerais:• Persoas mozas: carné xove• Maiores de 65: carné de xubilación• Persoas desempregadas: carné correspondente

Aplicarase un desconto adicional do 10 % con respecto ao prezo do abono.* Gastos de xestión á parte.

Axúdanos a conservar o medio ambiente gardando este folleto ata a fin da tempada.

A programación pode sufrir cambios e as duracións das obras son aproximadas.

INFORMACIÓN TEMPADA DE ABONO VIGO

Venda da tempada do 14 de xuño ao 4 de setembro de 2018. Días 11 e 12 de xuño para persoas abonadas á tempada anterior que desexen conservar a súa butaca. Día 13 de xuño para persoas abonadas que desexen cambiar a butaca.

Entradas soltas a partir do 5 de setembro.

OBRASTodas las noches de un día (28 de setembro)Burundanga (7 de outubro)Juntos (8 de novembro)Estado de graza (22 de novembro)La culpa (16 de decembro)

BUTACA88,80 €

ANF. 180,80 €

ANF. 272,80 €

ANF. 360,00 €

Page 5: TEMPADA ABONOS DE TEATRO - afundacion.org · a droga da verdade, unha substancia que fai perder a vontade e provoca a sincerida - de máis auténtica. Se lla administra a Manel poderá

Teatro Afundación VigoPolicarpo Sanz, 13986 120 078

O p

ape

l de

ste f

olle

to é

10

0 %

re

cic

lad

o e

fo

i pro

du

cid

o b

aixo

un

ha

xest

ión

fo

rest

al r

esp

on

sab

le.

De

sito

leg

al:

C 1

09

7-2

018

A túa opinión conta!afundacion.org