tema 11 a organización política das sociedades
TRANSCRIPT
A ORGANIZACIÓN A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DAS POLÍTICA DAS SOCIEDADESSOCIEDADES
A ORGANIZACIÓN A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DAS POLÍTICA DAS SOCIEDADESSOCIEDADES
TEMA 11TEMA 11
Definición de Estado• E a unidade política independente e soberana
que exerce o seu poder sobre un territorio que ten:– Unhas fronteiras claras– A poboación réxese polo mesmo goberno e
leis.– Identifícanse co himno, bandeira, capital e
moeda.• Nación é o conxunto dos cidadáns dun Estado.
División de Poderes• Poder lexislativo: é o que lexisla, é dicir,
elabora as leis. Este poder exérceno as Cortes ou Parlamentos
• Poder executivo: aplica as leis e goberna. Está exercido polo Goberno de cada Estado.
• Poder xudicial: Asegura o cumprimento das leis e este poder reside nos Tribunais de Xustiza e nos xuíces.
FUNCIÓNS DO ESTADO• Manteñen a orden Pública• Defenden o territorio• Establecen relacións
internacionais (embaixadores)• Elaboran as leis.• Proporcionan servizos.• Regulan a Economía
O ESTADO DO BENESTAR
• Dicimos que é un Estado de Benestar, tamén chamado Estado Social, cando os gobernos interveñen na economía da sociedade co fin de lograr que todos os cidadáns teñan un nivel de vida digno e se reduzan as desigualdades sociais. (Educación, Saúde, subsidios, salarios mínimos…)
ESTADO DO BENESTAR: IDEOLOXÍA LIBERAL E
IDEOLOXÍA SOCIAL• IDEOLOXÍA LIBERAL: opinan que os
Estados deben intervir na economía e na sociedade só para acabar cos casos máis extremos de pobreza e desigualdade. Para eles cando menos interveña o Estado mellor pois así eles cren que se xenera máis emprego e a sociedade é máis libre.
ESTADO DO BENESTAR: IDEOLOXÍA LIBERAL E
IDEOLOXÍA SOCIAL
• IDEOLOXÍA SOCIAL: defenden que o Estado debe intervir activamente na maior parte dos problemas sociais e económicos porque consideran que se non se fai así as desigualdades acrecéntanse.
MONARQUÍAS E REPÚBLICAS
• MONARQUÍA: son os Estados en que o xefe do Estado é un rei. Poden ser democracias ou ditaduras pero o rei non se escolle o seu cargo é por dereito.
• REPÚBLICAS: o xefe do Estado é un presidente que accede ao cargo por elección cidadá. Tamén poden ser democracias ou ditaduras.
ESTADOS PARLAMENTARIOS OU PRESIDENCIALISTAS
• Os Estados parlamentarios poden ser: Monarquías ou Repúblicas. Neles o poder executivo está repartido entre:– O Xefe do Estado: pode ser rei ou presidente que
ten poderes limitados.– Presidente do Goberno por elección do Parlamento.
Pode ser revogado por unha moción de censura.
• Estados presidencialistas: son sempre repúblicas. Teñen ao Presidente que é o Xefe do Estado e de Goberno. É escollido polo electorado e non pode disolver o Parlamento.
ESTADOS DEMOCRÁTICOS
• Democracia = goberno do pobo. Soberanía do Pobo. (demos=pobo, Kratos=goberno). – Os cidadáns deben participar nas decisións
mediante as eleccións e o voto.– Separación de poderes: Parlamento=poder
lexislativo; Goberno=poder executivo; Xuíces=poder xudicial.
– Estado de Dereito: as leis deben ser respectadas e hai unha máxima que é a Constitución onde se recollen os dereitos e deberes dos cidadáns.
– Hai pluralismo ideolóxico e político.– Existen eleccións libres e plurais
ESTADOS DITATORIAIS• Nas ditaduras unha persoa o grupo (exército,
grupo étnico, dirixentes relixiosos…) concentran nas súas mans todos os poderes do Estado. En moitas ocasións chégase a el por UN GOLPE DE ESTADO ou REVOLUCIÓN, tomando o poder pola forza. As características:– Os cidadáns non participan de ningún xeito no
goberno.– O goberno non respecta máis leis que as que el dita.– Non existen institucións que defendan aos cidadáns.– Non hai eleccións libres– Non hai pluralismo político e ideolóxico
ESTADOS CENTRALIZADOS
• Nos estados centralizados as institucións locais e rexionais dependen das institucións estatais. Os alcaldes teñen poucas competencias e os funcionarios son escollidos pola administración central.
ESTADOS DESCENCENTRALIZADOS
• As rexións teñen institucións propias.• O Estado mantén o poder máximo. Existen unhas
leis comúns para todos os territorios e as institucións estatais continúan tendo autoridade en todo o Estado.
• Os municipios e máis as rexións contan, en cambio, con amplos poderes nos seus territorios.
• Nas Constitucións dos Estados descentralizados defínense as materias sobre as que as institucións rexionais teñen competencia ou poder.
ESTADOS LAICOS, CONFESIONAIS E
TEOCRACIAS• Estado Laico: hai separación entre o Estado e
a Igrexa e as leis non se basean nunha doutrina relixiosa e pódese profesar a relixión que se queira.
• Estado confesional: existe unha relixión que goza de amplos privilexios e neles está permitida a práctica doutras relixións.
• Estado teocrático: existe unha relixión oficial e os libros sagrados convértense na lei e o resto das relixións están prohibidas.
DIVERSIDADE DOS ESTADOS
• Na actualidade o mundo está formado por 200 Estados e diferéncianse no tamaño, poder, historia, etc.
HISTORIA DA UE• En 1957, Alemaña Federal, Italia,
Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo e Francia asinaron o TRATADO DE ROMA constituíndose a COMUNIDADE ECONÓMICA EUROPEA que creaban un mercado común onde os produtos podían circular libremente.
HISTORIA• En 1992 os membros da CEE
asinaron o Tratado de Maastricht polo que que a Comunidade Europea pasou a chamarse Unión Europea.
• Na actualidade compóñena 27 países.
UNIÓN EUROPEA• O obxectivo principal é converterse nun grande Estado,
cun sistema económico, unhas leis, unha xustiza e unha defensa comúns.
• A unión económica avanzou moito con Políticas económicas comúns: agraria, pesqueira, industrial, de transporte e comercial.
• A unión política está máis atrasada e non hai consenso na Constitución europea. Aínda que se coopera en materia de xustiza, seguridade, política internacional e a defensa.
• Hai desigualdade rexional e grandes contrastes entre os países membros.
INSTITUCIÓNS DA UE
O ESTADO ESPAÑOL• O Estado Español é un Estado social
e democrático. Dise que é un Estado social porque este intervén na vida pública para conseguir unha sociedade máis xusta. Dise que é democrático porque os cidadáns escollemos aos seus representantes.
INSTITUCIÓNS• A Coroa: o xefe do Estado é o rei.• As Cortes xerais ou Parlamento: representan ao
pobo español. Divídense en Congreso dos Deputados e Senado. EXERCEN O PODER LEXISLATIVO, elaboran as leis.
• O Goberno: exerce o poder executivo. Está composto polo Presidente, vicepresidentes e ministros.
• Poder xudicial: Fai que se cumpran as leis. O Tribunal Supremo ten xurisdición en todo o territorio nacional. O Tribunal Constitucional interpreta a Constitución en caso de dúbida.
A ORGANIZACIÓN TERRITORIAL
• Segundo a Constitución España organízase territorialmente en:
• Municipios (gobérnase co Concello)• Provincias (50 provincias e dous concellos
municipios especiais)• 17 Comunidades Autonómas e Ceuta e Melilla.• Cada comunidade ten o seu Estatuto de
Autonomía coas súas competencias e as súas institucións de goberno propias.
OS DESEQUILIBRIOS EN ESPAÑA
• Extensión: hai sete comunidades uniprovinciais e dez pluriprovinciais.
• Poboación: Andalucía é a comunidade Autónoma que está máis poboada e a Rioxa a omenos.
• Riqueza: Madrid, Navarra, País Vasco e Cataluña son as Comunidades máis ricas. Estremadura, Andalucía, Castela-A Mancha e Galicia rexistran os ingresos medios máis baixos.
GALICIA: COMUNIDADE AUTÓNOMA
• Galicia é unha nacionalidade histórica por ter sometido a referendo o Estatuto de Autonomía en 1936.
• En 1981 aprobouse o Estatuto de Autonomía.
INSTITUCIÓNS• Parlamento (75 deputados)• Presidente da Xunta é elexido polo
Parlamento.• A Xunta de Galicia. Os membros da
Xunta reciben o nome de Conselleiros e son designados polo Presidente da Xunta.
• Tribunal Superior de Xustiza.
PARA O EXAME HAI QUE PARA O EXAME HAI QUE SABER SITUAR OS SABER SITUAR OS PAÍSES DO MUNDOPAÍSES DO MUNDO
PARA O EXAME HAI QUE PARA O EXAME HAI QUE SABER SITUAR OS SABER SITUAR OS PAÍSES DO MUNDOPAÍSES DO MUNDO