tarefas de competencia lectora - santillana...competencia lectora 1 primaria o caderno lequel é...

16
Tarefas de competencia lectora PRIMARIA 1

Upload: others

Post on 02-Apr-2020

9 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Tarefas de competencia

lectora

PRIM

ARIA1

O caderno Lequelé para 1.º de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada

e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións

Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo.

Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

Ánxela Carril Caldelas Afonso Toimil Castro

Natalia Vázquez García

ILUSTRACIÓN

Betania Zacarías

EDICIÓN

Natalia Vázquez García

EDICIÓN EXECUTIVA

Afonso Toimil Castro

DIRECCIÓN DO PROXECTO

Ana María Guerra Cañizo

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA

Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero

3

As tarefas de traballo deste caderno permiten desenvolver as destrezas e as habilidades necesarias para comprender todo tipo de textos: narracións, cómics, textos informativos, textos descritivos, entrevistas, cancións, poemas, textos teatrais…

A mellora da competencia lectora vai redundar positivamente na aprendizaxe dos alumnos e das alumnas, axudalos a desenvolverse na súa vida cotiá e espertar, ademais, o seu interese pola lectura.

4

ÍndiceTAREFA 1 CONTO Un ovo con sorpresa . . . . . 8

TAREFA 2 ADIVIÑAS . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10

TAREFA 3 PROGRAMA DE ACTIVIDADES Xornadas da natureza . . . . . . . . . . . 12

TAREFA 4 CÓMIC Aniversario de Breixo e de Iria . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 14

TAREFA 5 POEMA Un domingo distinto . . . . . 16

TAREFA 6 NOTA DE AVISO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 18

TAREFA 7 CONTO Unha candea especial . . . . 20

TAREFA 8 TEATRO De compras no mercado . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 22

TAREFA 9 FICHA DUN OBXECTO Teléfono antigo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 24

5

TAREFA 10 POEMA Os meses do ano . . . . . . . . . 26

TAREFA 11 CONTO Os esquíos e as landras . . 28

TAREFA 12 RECEITA Palmeira de froita . . . . . . . 32

TAREFA 13 POEMA A quen se lle conte… . . . . . 34

TAREFA 14 RESUMO DUN LIBRO A vaca dixo mua . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 36

TAREFA 15 ENTREVISTA Elisa, unha momia aterradora . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 38

TAREFA 16 CONTO A casa do revés . . . . . . . . . . . 40

TAREFA 17 TEATRO Noite de treboada . . . . . . . . . . . . . . . 44

TAREFA 18 CANCIÓN Os números . . . . . . . . . . . . 46

TAREFA 19 TEXTO INFORMATIVO O invento das conservas . . . . . . . . . . . . . . . . . 48

TAREFA 20 CONTO O roubo do diamante . . . . 50

TAREFA 21 NOTICIA Unha veciña de altura . . . 54

TAREFA 22 TEXTO DESCRITIVO O tiranosauro, un xigante terrible . . . . . . . . . . . . . . . 56

TAREFA 23 POEMA Quere o mar o que non ten . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 58

TAREFA 24 CARTEL Algúns consellos para aforrar auga . . . . . . . . . . . . . . . . 60

TAREFA 25 TEATRO Reunión na granxa . . . . . . . 62

TAREFA 26 CONTO O peixe grande e o peixe pequeno . . . . . . . . . . . . . . . 66

6

Destrezas de comprensión lectora

TEXTOS NARRATIVOS

TARE

FAS Recoñecemento

do tempo e do lugar

Idenificación e análise dos personaxes

Interpretación da información

visual

Recoñecemento e análise da acción

Identificación de detalles da historia

Expresión de opinións

persoais

1 � � �

4 � � � �

7 � � � � �

11 � � � � � �

16 � � � � �

20 � � � � �

26 � � � � �

TEXTOS TEATRAIS

TARE

FA Identificación do tema

Recoñecemento e análise

de personaxes

Interpretación da información

visual

Recoñecemento do tempo e do lugar

Identificación e análise

de detalles

Expresión de opinións

persoais

8 � � � �

17 � � � �

25 � � � � �

7

TEXTOS POÉTICOS

TARE

FAS

Identificación do tema

Recoñecemento dos personaxes

Interpretación da información

visual

Identificación de detalles

Recoñecemento e elaboración

de rimas

Expresión de opinións

persoais

2 � � � �

5 � � � �

10 � � � �

13 � � � �

18 � � � �

23 � � � �

TEXTOS INFORMATIVOS

TARE

FAS Identificación

do tema e da idea principal

Análise da estrutura

Interpretación da información

visual

Identificación de detalles

Organización da información

Expresión de opinións

persoais

3 � � � �

6 � � � �

9 � � � �

12 � � � �

14 � � � �

15 � � � � � �

19 � � � �

21 � � � �

22 � � � �

24 � � �

oito

Un ovo con sorpresa

A galiña Fina acaba de poñer un ovo.

Fina pasa o∫ día∫ coidando do seu oviño.

O ovo rompe e parece que ten algo dentro…

Do ovo saíu… un fermoso pitiño!

TAREFA 1

8

nove

1 ©ontesta.

©omo se chama a galiña?

Que fai todo o día?

Que lle pasou ao ovo?

Que sae do ovo?

2 Que nome lle poñería∫ ao pitiño? Imaxina e completa.

3 ©omo cre∫ que se sente Fina cando nace o pitiño? ©olorea.

4 Ponlle outro título ao texto.

Nome de súa nai:

Nome do pitiño:

Idade: día∫.

Fina

9

Un peixe pequeno nadaba unha tarde polo fondo do mar. Estaba distraído entre as algas cando tropezou cun peixe grande.

–Desculpe, señor –díxolle o peixe pequeno ao peixe grande.

O peixe grande, que era enorme, mirou para o peixe pequeno con cara de poucos amigos. E, cun sorriso un pouco falso, respondeulle:

–Non, non foi nada, rapaz. Que, dando unha voltiña?

–Ben, a verdade é que estou buscando os meus irmáns. Perdinos hai un anaco.

–Pois eu… ando por aquí, buscando un aperitivo. Estou famento. Por certo, non verías por aí algo pequeno que poida comer? –preguntou de novo o peixe grande observando o peixe pequeno con moita atención.

–Non, a verdade é que non.

O peixe grande e o peixe pequeno

sesenta e seis

TAREFA 26

66

sesenta e sete

COMPLETA O CONTO

Que lle∫ contaría o peixiño ao∫ irmán∫? Imaxina e escribe.

Cando o peixe pequeno aínda non acabara de falar, apareceu na auga un ganchiño metálico colgado dunha corda. O peixe pequeno mirou estrañado.

–Moito ollo con iso –advertiuno o peixe grande–. É un anzol. Non se che ocorra acercarte.

–Por que? –preguntoulle o peixe pequeno.

–Por dúas razóns. A primeira é que se o mordes, subirante á superficie, meterante nunha cesta e acabarás rebozadiño nun prato. Listo para que te coman!

–Que horror! Pasaríame todo iso? –dixo abraiado o peixe pequeno–. Graciñas. Salváchesme a vida! Moitas grazas.

–De nada, de nada –respondeu o peixe grande.

–Pero… e a segunda razón? –volveu preguntar o peixe pequeno.

–A segunda razón… –dixo o peixe grande mentres abría a súa enorme boca chea de diminutos dentes afiados– é que… TE VOU COMER EU!

Menos mal que o peixiño era rápido e puido afastarse de alí nadando a fume de carozo.

67

sesenta e oito

1 M¬arca o significado desta oración.

O peixe grande mirou para o peixe pequeno con cara de poucos amigos.

Con moito cariño e agrado.

Con enfado e desagrado.

Con alegría e educación.

2 ©ontesta.

• A quen buscaba o peixe pequeno? Por que?

• Que estaba buscando o peixe grande? Por que?

Que dixo cada un? Une.

Que, dando unha voltiña?

Oh! Desculpe, señor!

68

sesenta e nove

3 E¬xplica.

• Por que o peixe grande non quería que o pequeno mordese o anzol?

• Que fixo o peixe pequeno ao final?

4 Que palabra∫ significan o mesmo ca famento? ©olorea.

5 Inventa outro final para o conto e fai un debuxo.

esfameado

farturento

fantástico

famoso

familiar

famélico

69

TAREFA 11

1

TAREFA 12TAREFA 12

3

TAREFA 8

2

Un esquío colle landra∫ dun carballo e outro apáñaa∫ do chan.

Un esquío atopa unha∫ landra∫ no chan e o outro esquío gárdaa∫ no carballo.