semana intercultural (2)

4

Click here to load reader

Upload: reme-budino

Post on 24-Jun-2015

354 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Semana intercultural (2)

ORGANIZAN:

Un mundo na

mochila D Departamento de Servizos Sociais

Programa de atención á poboación mi migrante do Concello de Arteixo.

Ecos do Sur E Equipo de Convivencia

CEIP Ponte dos Brozos

Colaboran:

Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares. E.D. da Lingua Galega Aula de GAL

Equipo de Biblioteca

Do 7 ao 11 de abril do 2014

Page 2: Semana intercultural (2)

O noso centro é moi rico, inmensamente rico, nel convivimos

persoas de case todos os continentes, fáltanos Oceanía. Non

sabemos se notan un cambio de nome: pasamos de ser

multiculturais a ser interculturais, non queremos ser un conxunto

de persoas negras, brancas de ollos máis ou menos rasgados cada

unha no seu recunchiño sen relacionármonos, sen interactuar, sen

coñecérmonos. Non, non e non, queremos bailar xuntos as

distintas melodías da vida unhas veces ledas e outras moi tristes.

Necesitamos entender e combater o feito de que uns nenos non

poidan ir á escola porque teñen que ser “Nenos Soldado” e

outros porque “Gobernos inxustos” lles neguen o dereito á educación. Precisamos seguir a

ter esperanza na que o mundo poida ser mellor. O vieiro máis axeitado e aprender idiomas,

coñecer as lendas , o vestiario, as comidas, os contos, os pensamentos, é dicir ter os

bimbios necesarios para facer do planeta unha casa coas fiestras abertas, na que somentes

se lle peche a porta á insolidariedade e á intolerancia.

Hai diversas Entidades e ONGs que nos acompañan na nosa andaina. Dende hai tres

anos estamos na “Rede de Escolas polos Dereitos Humanos de AI”, e cada curso invitamos

a unha ou mais para que nos acompañen na descuberta doutras culturas, outras formas de

pensar, para atinxir o que todos desexamos de verdade vivir en paz protexidos polo agarimo

dos familiares e amigos. Este ano agradecemos a colaboración de Ecos do Sur e das

mediadoras sociais do Concello de Arteixo, sen elas non serían posibles moitas das nosas

actividades.

A convivir. Feliz Semana

A coordinadora de Convivencia

Marga González

Page 3: Semana intercultural (2)

Ecos do Sur participa na nosa Semana Intercultural desenvolvendo o seu proxecto: "Un

mundo en la mochila", financiado polo Concello de Arteixo. Trátase dunha iniciativa para

sensibilizar sobre interculturalidade ao alumnado de Educación Infantil e Primaria do Centro

Educativo Ponte dos Brozos de Arteixo.

Salientaremos os materiais didácticos deseñados

polo equipo de educadoras de Ecos do Sur e Mestura e

un grupo de xóvenes ilustradores. Estes materiais están

diferenciados para os/as alumnos/as, pais, nais e

profesores/as e inclúen guías, contos, postais, bits...

Todo isto vai metido nunha mochila que queda á

disposición do centro para traballar nas aulas e/ou que

os alumnos levarán a casa por quendas.

Ademáis, durante toda a semana os/as máis de

1.000 nenos/as de entre 3 e 12 anos que asisten a

esta escola terán tamén actividades de dinamización nas aulas, como xogos e contacontos

desenvolvidos polo equipo de Ecos do Sur.

Un mundo en la Mochila é unha iniciativa innovadora e

interactiva, cargada de valores positivos, que garante

aprendizaxe, descobrementos e momentos divertidos na aula e

na casa... ¡Benvidos/as a esta viaxe!

Ecos do Sur é unha Ongd galega que traballa dende 1991 pola

inclusión de colectivos desfavorecidos da nosa sociedade e tamén

na cooperación internacional. A sensibilización en

interculturalidade dende as escolas é unha das nosas apostas para acadar un mundo máis

equitativo e seguro, enriquecido co recoñecemento da súa diversidade.

www.ecosdosur.org | facebook.com/ecosdosur | ecosdosur.blogspot.com

Un mundo na mochila

Page 4: Semana intercultural (2)

Dende a Biblioteca do colexio acompáñanos esta semana cunha pequena xoia, o libro, en

español e árabe “Suleiman y Salúa”Con texto do escritor galego Francisco X Fernández

Naval, traducido ao árabe por Yassin Swehat e as ilustracións do artista sirio Alí, Alí a

partir das técnicas clásicas de litografía en pedra . Están a gravar un vídeo con 8 nenas e

nenos de sexto: catro len fragmentos en castelán e catro en árabe.

A historia de Suleiman e Salúa é

froito da memoria dun neno que

medrou, sintetiza mitos locais,

lembranzas infantís, contos populares e

soños, segue a rica tradición oral de

Siria, crea un mundo marabilloso que

nos transporta ás “Mil e unha noites”.

Ali Ali naceu en Siria, na aldea de

Khatounie no ano 1974, estudiou

Belas Artes en Damasco. O ano 2013

chegou a Betanzos para participar nun

concurso de obra gráfica, dende entón

vive en Galicia e a súa obra foi premiada moitas veces.

Francisco Fernández Naval naceu en Ourense en 1956. É autor de contos, novelas e

poesías para maiores e nenos. Premiado en varias ocasións, a historia de Suleiman e Salúa

está protagonizada por seres dos que lle falou Alí Ali unha tarde de decembro tomando té

para aliviar o frío.

http://editorialtrifolium.blogspot.com.es/2013/12/suleiman-y-salua-con-texto-de-

francisco.html

Suleiman y Salúa