ruta-fervenzas das olas - adela leiro · cuarcitas, e máis adiante ten varios rápidos e dúas...
TRANSCRIPT
![Page 1: ruta-fervenzas das Olas - Adela Leiro · cuarcitas, e máis adiante ten varios rápidos e dúas fervenzas máis pequenas. A vexetación é de tipo mediterráneo: aciñeiras, erbedos,](https://reader030.vdocuments.site/reader030/viewer/2022040917/5e918ccd1030ee252e5dddee/html5/thumbnails/1.jpg)
Distancia: Vilardevós-Área Recreativa: 12 km Ruta: 2 km (ida e volta) Dificultade: mediaDuración:1 hora
Na parroquia de Soutochao do concello de Vilardevós. O rego do Pontón é un afluente do Mente que vai moi encaixado e forma numerosos saltos e rápidos. A fervenza máis grande cae uns 15 m do alto dunha crista de cuarcitas, e máis adiante ten varios rápidos e dúas fervenzas máis pequenas. A vexetación é de tipo mediterráneo: aciñeiras, erbedos, xaras, breixos, carqueixas, cantroxo… COMO CHEGAR: Cóllese a estrada de Vilardevós en dirección a Portugal, despois de pasado Soutochao (9 km) cóllese un cruce que leva a Portugal (Sigirei) e á area recreativa da Cidadella. Desde alí pódese comezar a ruta ata as fervenzas ou achegarse co coche un pouco máis abaixo e percorrela polos distintos miradoiros. Tamén se pode facer unha ruta máis longa indicada como Ruta do Contrabando.
Adela Leiro, Mon DaportaFERVENZAS DAS OLAS
a Vilardevós
a Portugal
Rego do Pontón