roteiro castelao

16
CASTELAO Roteiro Literario por Pontevedra Club de Lectura “Caderno do Lérez” IES “A XUNQUEIRA II” PONTEVEDRA-2013

Upload: titoogando

Post on 27-Jun-2015

532 views

Category:

Education


1 download

DESCRIPTION

Roteiro literario Castelao, realizado polo club de lectura "Caderno do Lérez" do IES "A Xunqueira II" de Pontevedra. Xuño de 2013.

TRANSCRIPT

Page 1: Roteiro Castelao

CASTELAO

Roteiro Literario por PontevedraClub de Lectura “Caderno do Lérez”

IES “A XUNQUEIRA II”PONTEVEDRA-2013

Page 2: Roteiro Castelao
Page 3: Roteiro Castelao

1. Praza da Ferrería

Alfonso Daniel Castelao chega a Pontevedra En 1916 a tomar posesión da súa praza como funcionario de estatística e vai ser precisamente nun recanto desta praza onde se asenta a súa oficina. Desde esa data, A Ferrería e os monumentos que a rodean serán testemuñas do devalar artístico, persoal e social do artista de Rianxo convertido xa en veciño de Pontevedra.

Page 4: Roteiro Castelao

1. Praza da Ferrería

Castelao participará aportando consellos e debuxos na restauración do rosetón da igrexa de San Francisco e na recolocación da antiga Fonte da Ferrería, daquela abandonada no lugar que actualmente ocupa nos Xardíns de Casto Sampedro.

Page 5: Roteiro Castelao

1. Praza da Ferrería

Noutro recuncho da praza foi habitual da tertulia que mantiña, no seu caseirón, o propio Sampedro fundador da Sociedad Arqueológica na que tamén participa o musicólogo franciscano padre Luís F. Espinosa, para quen deseña Castelao a cuberta dunha das súas obras musicais. Outros bocetos, recollidos durante a viaxe a Europa en 1921, foron utilizados para recrear a "burra" que sae na procesión do domingo de Ramos.

Page 6: Roteiro Castelao

2. Museo

Castelao formou parte daquel reducido grupo de pontevedreses que fundou en 1927 o Museo de Pontevedra. Con Daniel de la Sota e Francisco Xavier Sánchez Cantón levou á práctica unha insistente idea de Antón Losada Diéguez e os vellos galeguistas, que teimaban por un un museo para Galicia e os galegos.

Page 7: Roteiro Castelao

A relación de Castelao con Casto Sampedro e outros activos membros da Sociedad Arqueológica de Pontevedra estivo no cerne dunha paixón que Castelao concretou en ilusionadas conversas con Sánchez Cantón. Entre os dous imaxinaron as coleccións, os contidos e mesmo a restauración de elementos arquitectónicos dun edificio ao que chegamos pola rúa Pasantería. Diario de Castelao, 1921

2. Museo

Page 8: Roteiro Castelao

2. Museo

Xunto ao legado da Sociedad Arqueológica desde o primeiro momento Castelao doa obra súa para que se expoña nas salas e chega a entregar outras de artistas galegos por el coleccionadas. Mesmo descobre e entrega pezas de tanta importancia arqueolóxica como a estela romana de Ouzande en 1928, que localizou en terras da Estrada nunha cancela. Tamén aportou os restos dun cruceiro que co tempo pasará a presidir o centro do Eirado da Leña e que chega a converterse co paso dos anos nun dos sinais de identidade da vila. Logo da súa morte no exilio arxentino en 195O, a súa viuva Virxinia Pereira procurou que o seu legado fose depositado nesta institución.

Page 9: Roteiro Castelao

Fábrica da Luz

Na Pontevedra que viviron os nosos bisavós non chegamos a imaxinar que a única luz que adoitaba entrar en casa era a do lume e que o aceite e a cera estaban á orde do día nas casas humildes da época. Un paso importante nesa loita contra a escuridade, foi a posta en marcha do alumado público, que se inaugurou en 1842. A primeira central eléctrica que se instalou en Pontevedra estaba situada na Praza da Verdura da que destacaba a súa enorme cheminea de ladrillo, aínda que non todo foron felicitaciones, os ruídos que os motores da central orixinaba causaron grandes queixas veciñais.

Page 10: Roteiro Castelao

Fábrica da Luz

Pontevedra converteuse así na segunda das cidades españolas en contar con servizo de luz eléctrica pública (1888). A cegueira convértese nunha ameaza certa para Castelao desde 1914 e ao longo da súa estadía pontevedresa novas recaídas foron mermando a vista do artista. Con todo, a luz dos seus ollos seguiu a afondar na arte e, desde a súa chegada a Pontevedra, o seu estudio de pintor deu saída ao mellor da súa caricatura, o seu humor e a pintura.

Page 11: Roteiro Castelao

Praza do Teucro

Se todas as rúas e prazas da cidade vella conservan a pegada de Castelao, a Praza do Teucro, tamén chamada do Pan, foi testemuña da impresión no obradoiro de Celestino Peón da edición prima da súa obra teatral Os vellos non deben de namorarse en 1953.

Page 12: Roteiro Castelao

Praza das Cinco Rúas

A recuperación do patrimonio cultural galego tivo en Castelao un dos seus principais valedores. A súa ampla formación artística, enriquecida pola súa viaxe a Europa no 1921, serviulle de base para se converter no defensor principal da nosa arte popular.

Page 13: Roteiro Castelao

Praza das Cinco Rúas

Xa estamos ante o cruceiro que hoxe ocupa a praza das Cinco Rúas. Castelao chegou a coñecelo na súa localización orixinal da ribeira de Estrivela. peza escultórica orgullo dos nosos canteiros pasaría a ocupar un lugar destacado, como tantos outros cruceiros de Pontevedra, na súa obra As cruces de pedra na Galiza.

Page 14: Roteiro Castelao

Café Moderno

Achegámonos á Praza de San Xosé onde se situaba o Café Moderno, aquel lugar onde Castelao era un integrante máis das tertulias que animaban vellos republicanos aos que escoitaba con atención, apuntando anécdotas que logo servirían de inspiración a moitas das súas personaxes literarias.

Page 15: Roteiro Castelao

Nas mesas deste modernista café preparaba a diario as súas estampas humorísticas para xornais como o madrileño El Sol, o coruñés El Ideal Gallego, o ourensán La Zarpa ou os vigueses Galicia, El Pueblo Gallego e Faro de Vigo.

Café Moderno