reunion_inicial_15_16.pptx
TRANSCRIPT
REUNIÓN FAMILIAS
INICIAL 2015-2016
Organización da aula
Recantos• En cada recanto haberá
traballos a realizar durante a quincena.
• Moitos dos traballos serán manipulativos, outros con foliio e lapis.
• O alumnado rotará polos diferentes recantos, de modo que teña tempo de realizar os distintos traballos programados neles.
• En cada recanto haberá unha folla de rexistro, na que irán anotando os traballos que fan nel.
Organización da aula
Recanto de lectoescritura• No recanto de
lectoescritura, haberá letras móbiles para que poidan compoñer palabras, parellas de tarxetas con debuxos e co nome dos mesmos, para que lean facendo lectura autocorrectiva, fichas sacadas de libros e plastificadas, de modo que poidan repetilas tódalas veces que sexa preciso, ata adquirir destreza no traballo.
• Á medida que vaian progresando na lectura, dispoñerán de frases progresivamente máis complexas para ler, e de fichas cun grado de complexidade tamén progresiva.
• Terán ao se dispor libros de distintos graos de dificultade lectora, para que poidan ir ao seu ritmo.
Organización da aula
Recanto de manualidades• Nel haberá plastilina,
pinturas, material para recortar e pegar, material de ensartado…
• Tamén teremos material de refugallo que poida servir para as súas creacións: anacos de tela, de papel, cartón, plástico, corda, cable…
• De cando en vez, neste recanto terán que facer algún traballo planificado: deberán previamente escribir nunha ficha o que queren facer, que cousas van utilizar para facelo, e un debuxo do que pensan facer.
Podedes colaborar traendo da vosa casa
retais que xa non sirvan, anacos de la,
botóns vellos que non vaides usar,
recipientes dos ovos…o que vos
pareza que poida ser de utilidade.
IMPORTANTE!!! DEBEN TRAER MANDILÓN OU ALGO PARA NON MANCHARSE
Organización da aula
Recanto de matemáticas• No recanto de matemáticas
teremos material para contar, regletas, números para ordenar, xogos que nos permitan contar, sumar, calcular (baralla, parchís…)
• Todo o material deste recanto será manipulativo.
• Ao igual que no de lectoescritura, haberá follas de rexistro onde marquen os traballos xa feitos.
Organización da aula
Recanto de ciencias• No recanto de ciencias
haberá libros relacionados coa natureza, así como material manipulativo: lupa, tarro de observación de insectos, pedras de diferentes tipos…
• De cando en vez faranse experimentos, guiados pola profesora e que despois poderán practicar nese recanto.
Organización da aula
Recanto de grafomotricidade• Neste recanto haberá
material para practicar a grafomotricidade fina en xeral (tesoiras, puzzles feitos con fotos de revistas, punzóns...), e a escritura en particular.
• Terán cadansúa pizarra borrable, para poder practicar as grafías das letras.
• Tamén haberá fichas de repaso das grafías, para que poidan coller destreza escribindo.
Organización da aula
Recanto de informática• É o recanto onde están os
ordenadores.• En cada un dos ordenadores
haberá, na barra de favoritos, actividades interactivas seleccionadas pola profesora, para repasar as distintas materias.
Durante este trimestre…En mates
traballaremos• A serie numérica ascendente e descendente.
• O concepto de decena. • A descomposición do número
10. Fundamental para toda a numeración!
Iniciación á resolución de problemas
Cálculo: • Máquina de sumar.• Completar cantidades.• Iniciación á suma no papel.
En lingua castelá e galega…
Durante este trimestre…
• Linguaxe oral. Dedicaremos unha franxa diaria ao faladoiro, para estimular a mellora da linguaxe oral, que é a base da escrita.
• Centrarémonos moito na lectoescritura, partindo sobre todo da composición escrita., e respectando o ritmo de cadaquén.
• Á hora de ler, partiremos de palabras /frases/textos significativos.
• Traballaremos con distintos tipos de textos.
En Coñe…
Durante este trimestre…
Partiremos dos intereses do propio alumnado, para traballar aqueles temas que lles resultan máis relevantes: o corpo, a familia, a alimentación…Procurando combinar sempre as exixencias do currículum coas apetencias do alumnado.
En plástica…
• Traballaremos o uso da cor e o trazo, partindo de composicións pictóricas como elemento motivador.
Durante este trimestre…
Aula de informática
• Polo menos unha sesión semanal irán á aula de informática.
• O obxectivo é adquirir as habilidades básicas para empezar a traballar co ordenador: acender e apagar, abrir programas que lle diga a profe, abrir o navegador, buscar unha imaxe.
• A medida que collan soltura, introduciremos novas habilidades, como buscar unha carpeta e gardar nela un arquivo.
O blog
• A partir do mes de outubro, contaremos cun blogue no que irei colgando tanto traballos do alumnado, como actividades interactivas que usamos para traballar na aula e que poden revisar na casa se lles apetece.
• • Na medida do posible, e en canto adquiran as
competencias imprescindibles para poder facelo, tratarei que o alumnado tamén colgue contidos no blogue.
Normas
Baño:• Procurade que vaian ao baño antes de vir ao cole,
para evitar interrumpir a clase.• Tamén deben ir durante o recreo, e non xusto na
hora de volver a entrar.
Espazos de convivencia:• Zonas de relax do pasillo. Poden estar alí cando
rematan o traballo, lendo un conto ou descansando. Deben coidar o mobiliario e estar en orden para non molestar ao resto do alumnado.
• Á entrada e ao regreso do recreo, deben ir directamente para a aula, non poñerse a enredar nos espazos de convivencia.
Bus:• O comportamento no bus deberá ser axeitado,
dirixíndose ao condutor ou ás coidadoras con respecto, e sen armar bulla co resto do alumnado co que comparten o bus.
NormasBus:• O alumnado transportado, cando non vaia en
bus porque vai a casa de outra persoa, debe traer un aviso por escrito, para evitar confusións.
Puntualidade!! Respectemos o tempo dos demais. Cando veñamos recoller a nosa filla ou fillo antes do remate das clases, debemos firmar no rexistro que hai en conserxería.
HorarioLUNS MARTE
SMÉRCO
RESXOVES VENRES
9:00 a 9:50
9:50 a 10:40
E. FÍSICA E. FÍSICA
10:40 a 11:30
INGLÉS INGLÉS
11:30 a 12:00
12:00 a 12:20
HORA DE LER
12:20 a 13:10
13:10 a 14:00
MÚSICA VALORES/RELIXIÓN
17:00 a 18:00
TITORÍASFAMILIAS
Material• Se todas as familias están de acordo, compraríase
conxuntamente.• Calculo que se precisaría arredor de 50 € por alumn@
para a compra do material.• Precisamos: pinturas, rotulas, lapis, goma, afía, folios,
tesoiras, libretas para as distintas materias, carpeta de gomas, arquivador, pegamento, bloc de debuxo, cartolinas, papel charol…• Precisamos dúas familias voluntarias para supervisar o proceso, e garantir a súa transparencia.
• Outro material: como xa dixemos antes, deben traer un mandilón ou camisa vella para evitar manchar a roupa cando pintemos.
• Se poden, tamén agradezo que traian recipientes de plástico que non se usen, para andar con auga e pintura.
• Ademais dese material, deben traer 15 € para fotocopias, pois ao non utilizar libros gástase moito máis en fotocopias, e o cole dificilmente pode asumilo.
Autorizacións
• Como en anos anteriores, enviarase unha autorización para saídas ao entorno, valedeira para calquera saída educativa na proximidade: teatro no auditorio, exposicións en Ribeira…
• Se se fai algunha saída máis lonxe ou que se considere que precisa autorización específica, enviarase no momento.
• Tamén se enviarán, como noutros anos, autorizacións para uso da imaxe (por exemplo no blogue).
A avaliaciónDada a idade do alumnado, non haberá controis escritos, polo menos en principio. A avaliación será continua e a partir dos traballos e a observación diaria.Levarase rexistro escrito desas observacións na libreta de aula da profesora. Calquera dúbida que teñades acerca da evolución da vosa filla ou fillo, non dubidedes en consultala. Sempre que non esteades de acordo coa miña valoración, dicídeo abertamente, é máis fácil buscar o acordo se se falan as cousas con claridade.
De cando en vez levarán traballos para facer na casa, na libreta de investigación: anotar a que hora se levantan e a que hora se deitan, preguntar determinada cousa ás persoas da familia e anotala, buscar na casa cousas que teñan algo escrito que empece pola letra…
Tamén levarán ocasionalmente para casa algunha lectura para repasar, ou algún pequeno traballo que non desen rematado.
Os deberes
Como en anos anteriores, a hora de titoría será os martes de 5 a 6. Se algunha familia ten dificultades para vir a esa hora, que me avise para que busquemos un día que nos veña ben a ambas.
Podedes contactar comigo: Por correo: [email protected] Por teléfono: 635 051 585
O ano pasado tiñamos grupo de whatsapp. Se tendes interese, podemos facelo tamén este curso.
Comunicación na titoría