resumo do informe climatolÓxico de xullo de 2021...resumo do informe climatolóxico xullo 2021...
TRANSCRIPT
RESUMO DO
INFORME CLIMATOLÓXICO DE
XULLO DE 2021
Resumo do Informe climatolóxico xullo 2021
Páxina 2 de 16
ÍNDICE
1 INTRODUCIÓN .................................................................................................................. 3
2 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES ................................................................................ 4
RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA. ......................... 6
3 TEMPERATURA .............................................................................................................. 10
3.1. Temperatura media das máximas. .................................................................................... 10
3.2. Temperatura media das mínimas. ..................................................................................... 11
3.3. Anomalía de temperatura media con respecto ao período 1981-2010. ............................. 12
4 PRECIPITACIÓN ............................................................................................................. 13
4.1. Precipitación acumulada mensual xullo 2021 ................................................................... 13
4.2. Porcentaxe de valor acumulado de precipitación con respecto ao valor normal. ............ 14
4.3. Evolución da temperatura media en xullo no período 1961-2021. .................................... 15
4.4. Evolución da precipitación en xullo no período 1961-2021. .............................................. 16
Data edición: 03/08/2021
Resumo do Informe climatolóxico xullo 2021
Páxina 3 de 16
Mes de xullo frío e seco.
1 INTRODUCIÓN
Neste informe considérase o período climático de referencia 1981-2010. Así, as
anomalías calculadas nas táboas, mapas e gráficos, e percentiles calcúlanse con respecto
a este período de referencia.
Para caracterizar o mes en función da temperatura considéranse os seguintes criterios:
Percentil Categoría
≤ mínimo en 1981-2010 Extremadamente frío
Entre 5% e 20% Moi frío
Entre 20% e 40% Frío
Entre 40% e 60% Normal
Entre 60% e 80% Cálido
Entre 80% e 95% Moi cálido
≥máximo en 1981-2010 Extremadamente cálido.
Táboa 0.1. Cualificación do mes en función da temperatura.
Para caracterizar o mes en función da precipitación considéranse os seguintes criterios:
Percentil Categoría
≤ mínimo en 1981-2010 Extremadamente seco
Entre 5% e 20% Moi seco
Entre 20% e 40% Seco
Entre 40% e 60% Normal
Entre 60% e 80% Húmido
Entre 80% e 95% Moi Húmido
≥máximo en 1981-2010 Extremadamente Húmido.
Táboa 0.2. Cualificación do mes en función da precipitación.
Resumo do Informe climatolóxico xullo 2021
Páxina 4 de 16
2 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES
O mes de xullo quedou marcado pola presenza de aire frío no Atlántico norte, o que
impediu que as altas presións se localizasen ao norte da península Ibérica facendo que en
moitos momentos do mes non puideran illarnos das influencias atlánticas. Isto explica
que as temperaturas medias estivesen algo por debaixo do agardado neste mes,
principalmente en Pontevedra e sur da Coruña. Porén, as chuvias soamente acadaron
niveis habituais nestas áreas quedando por debaixo no resto.
Así, o mes comezou no primeiro día con influencia anticiclónica e polo tanto cunha
xornada tipicamente estival de ceo aberto e temperatura propia da época do ano.
Xa o día 2 cambiou a situación coa chegada dunha fronte que deixaba unha caída nas
temperaturas e algunhas chuvias, particularmente en Pontevedra e no suroeste da Coruña.
Aínda que o día 3 debilitouse algo esta influencia das baixas presións, estas volveron a
ser protagonistas nas seguintes xornadas, con chuvias bastante persistentes no oeste nas
xornadas do 4, 5 e 6.
O día 7 foi de transición, xa que aínda durante a primeira metade do día predominaron as
nubes e as chuvias febles fóronse abrindo claros pola tarde.
Entre os días 8 e 10 as altas presións deixaron algunhas nubes baixas ao principio, pero
ceos máis abertos polas tardes e ascenso de temperatura. Pero ese anticiclón non foi moi
persistente e o día 11 houbo unha transición, con aumento das nubes, descenso das
temperaturas e algunhas chuvias febles no litoral norte a última hora do día.
A situación de inestabilidade atmosférica prolongouse os días 12 e 13 con temperaturas
baixas e chuvascos no norte principalmente na xornada do 12.
O día 14 as altas presións movéronse cara ao norte, deixando unha xornada de diminución
de nubes e ascenso de temperatura, para entrar no período máis cálido do mes, coas altas
presións estacionarias sobre as illas Británicas, achegando aire moi cálido dende o norte
de África. Esta situación tivo lugar entre os días 15 e 18, con noites tropicais en puntos
do litoral e temperaturas que foron ascendendo ata tocar os 40ºC en puntos illados do
interior na xornada do 17.
Resumo do Informe climatolóxico xullo 2021
Páxina 5 de 16
O 18 seguimos con sol e calor no interior, pero a entrada de néboas dende o mar deixou
unha temperatura moito máis suave no litoral atlántico.
As xornadas entre o 19 e o 22 continuamos co esquema de nubes no litoral, pero sol e
calor no interior.
Xa o día 23 un centro de baixas presións chegaba de novo a Galicia cunha fronte asociada
que deixaba chuvias durante a mañá. Unha situación que se repetiría o día 24, con
precipitacións pola mañá e ceo máis aberto pola tarde.
A medida que avanzou o día 25 as altas presións foron desprazando á borrasca, polo que
apenas rexistramos precipitacións en puntos illados.
No período entre o 26 e o 29 as altas presións dos Azores entraron en Galicia, con vento
norte, polo que, agás o 27, os días foron de nubes e néboas pola mañá, pero máis abertos
pola tarde.
O mes rematou de novo con baixas presións e inestabilidade nas dúas derradeiras
xornadas do mes, deixando nubes, algunhas precipitacións e temperaturas por debaixo da
media.
Resumo do Informe climatolóxico xullo 2021
Páxina 6 de 16
RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA.
Compáranse os valores rexistrados no mes en curso nas estacións da rede meteorolóxica
de MeteoGalicia (A Coruña-Torre de Hércules (CTH), Santiago-EOAS, Campus Lugo,
Lourizán e Ourense) cos valores climáticos, no período 1981-2010, para ese mes, obtidos
a partir da serie histórica máis próxima (A Coruña-Estación Completa (CEC) / Santiago-
Astronómico / Lugo-Fingoi / Ourense-granxa, estacións da AEMET e Lourizán, de
MeteoGalicia).
Debido á localización das estacións meteorolóxicas da cidade de A Coruña, CTH
(costeira) e CEC (urbana), o comportamento en canto á temperatura difire en
determinadas situacións meteorolóxicas, polo que na táboa de A Coruña inclúense os
datos de ambas estacións e se compara a estación CEC contra si mesma no período de
referencia climático 1981-2010.
O valor climático corresponde á media destes 30 anos para o mes considerado. Móstranse
tamén os valores extremos da serie e o ano no que se acadaron. No caso das temperaturas
máximas (mínimas) absolutas, móstrase o valor máximo (mínimo) da serie histórica
mensual e a data na que se acadou. As temperaturas danse en ºC e as precipitacións en
mm (ou L/m2). O número de días de chuvia corresponde á suma dos días nos que a
precipitación rexistrada é igual ou superior a 1 mm.
Resumo do Informe climatolóxico xullo 2021
Páxina 7 de 16
A CORUÑA
XULLO 2021
CTH/CEC VALORES
CLIMÁTICOS* valor máximo
da serie* valor mínimo
da serie*
Tª media 19.3/19.1 18.9 21.0 (2006) 17.2 (1977)
Tª mínima media 16.5/16.2 15.9 17.6 (2006) 13.8 (1954)
Tª mínima absoluta 13.7/13.8 (día 9) 10.2 (08/07/1978)
Tª mínima máis alta 18.3/18.1 (día 4) 21.0 (14/07/1969)
Tª máxima media 22.0/21.9 21.9 24.5 (2006) 19.8 (2002)
Tª máxima absoluta 27.1/30.4 (día 17) 34.5 (17/07/2006)
Tª máxima máis baixa 19.1/18.7 (día 14) 14.0 (03/07/1958)
Precipitación acumulada 19 22-34 100 (1971) 0 (2016)
Días de chuvia (≥1mm) 4 5 22 (1936) 0 (2016)
Comentario: Mes cálido tendo en conta as temperaturas mínimas e medias, mentres que para as máximas resultou normal. A precipitación rexistrada foi inferior ao rango normal de precipitación mensual, resultando un mes seco. Isto reflíctese tamén no número de días de chuvia, inferior ao agardado. * Valores climáticos 1981-2010. Precipitación:1931-2021. Temperatura: 1948-2021.
SANTIAGO
XULLO 2021
VALORES CLIMÁTICOS*
valor máximo da serie*
valor mínimo da serie*
Tª media 18.2 19.6 21.9 (1989) 17.6 (2009)
Tª mínima media 13.8 14.4 16.0 (2013) 13.1 (1993)
Tª mínima absoluta 10.3 (día 9) 7.0 (11/07/2002)
Tª mínima máis alta 16.4 (día 17) 21.9 (22/07/1990)
Tª máxima media 22.5 24.8 28.5 (1990) 22.1 (2009)
Tª máxima absoluta 34.8 (día 17) 40.3 (20/07/1990)
Tª máxima máis baixa 16.8 (día 5) 15.8 (02/07/1998)
Precipitación acumulada 32 25-45 154 (2009) 0.5 (2020)
Días de chuvia (≥1mm) 7 6 12 (1995) 0 (2020)
Comentario: Mes moi frío tendo en conta as temperaturas medias e máximas, mentres que para as mínimas o mes resultou frío. A precipitación rexistrada está dentro do rango normal para esta variable, mentres que o número de días de chuvia foi superior ao valor climático agardado.
* Valores climáticos 1982-2010. Precipitación:1982-2021. Temperatura: 1982-2021.
Resumo do Informe climatolóxico xullo 2021
Páxina 8 de 16
LUGO
XULLO 2021
VALORES CLIMÁTICOS*
valor máximo da serie*
valor mínimo da serie*
Tª media 18.9 18.8 21.6 (2013) 16.9 (1981)
Tª mínima media 12.5 12.9 15.2 (2013) 11.0 (1993)
Tª mínima absoluta 7.3 (día 8) 4.4 (11/07/2002)
Tª mínima máis alta 16.5 (día 21) 20.0 (22/07/1990)
Tª máxima media 25.2 24.7 29.1 (1990) 21.9 (1982)
Tª máxima absoluta 34.0 (día 17) 41.2 (20/07/1990)
Tª máxima máis baixa 19.4 (día 7) 15.0 (03/07/1985)
Precipitación acumulada 7 21-29 77 (1983) 0 (2020)
Días de chuvia (≥1mm) 3 4 8 (1983) 0 (2020)
Comentario: Mes frío tendo en conta a temperatura mínima, mentres que para a temperatura máxima resultou cálido. Como resultado disto, tendo en conta a temperatura media, o mes resultou normal. A precipitación rexistrada foi moi inferior ao rango de valores normais, resultando un mes moi seco. Isto reflíctese tamén no número de días de chuvia, inferior ao valor climático agardado. * Valores climáticos 1981-2010. Precipitación:1981-2021. Temperatura: 1981-2021.
PONTEVEDRA (LOURIZÁN)
XULLO 2021
VALORES CLIMÁTICOS*
valor máximo da serie*
valor mínimo da serie*
Tª media 19.7 20.3 23.1 (2020) 17.8 (1980)
Tª mínima media 14.9 14.7 16.9 (2006) 12.2 (1980)
Tª mínima absoluta 11.6 (día 8) 3.1 (28/07/1969)
Tª mínima máis alta 17.6 (día 21) 23.5 (04/07/1961)
Tª máxima media 24.6 25.9 29.7 (2020) 22.7 (1983)
Tª máxima absoluta 35.1 (día 16) 39.0 (07/07/2013)
Tª máxima máis baixa 19.7 (día 22) 16.2 (20/07/1980)
Precipitación acumulada 28 22-37 166 (1971) 0 (2020)
Días de chuvia (≥1mm) 7 5 11 (1995) 0 (2020)
Comentario: Mes frío tendo en conta a temperatura media nesta localidade. Isto debeuse a que o mes resultou moi frío para as temperaturas máximas, pero cálido para as mínimas. A precipitación rexistrada está dentro do rango de valores normais, non así o número de días de chuvia que, foi superior ao valor climático agardado.
* Valores climáticos 1981-2010. Precipitación:1958-2021. Temperatura: 1958-2021.
Resumo do Informe climatolóxico xullo 2021
Páxina 9 de 16
OURENSE
XULLO 2021
VALORES CLIMÁTICOS*
valor máximo da serie*
valor mínimo da serie*
Tª media 22.1 22.5 25.4 (2020) 19.0 (1977)
Tª mínima media 14.1 14.8 17.7 (1972) 13.0 (1974)
Tª mínima absoluta 9.6 (día 8) 6.4 (08/07/1996)
Tª mínima máis alta 17.6 (día 23) 22.6 (22/07/1990)
Tª máxima media 30.2 30.2 34.7 (2020) 24.7 (1977)
Tª máxima absoluta 40.4 (día 17) 42.6 (20/07/1990)
Tª máxima máis baixa 21.9 (día 6) 18.0 (13/07/1982)
Precipitación acumulada 0.6 9-19 69 (2009) 0 (2020)
Días de chuvia (≥1mm) 0 3 15 (1983) 0 (2020)
Comentario: Mes frío tendo en conta as temperaturas mínimas, mentres que para as máximas e as medias o mes resultou normal. A precipitación rexistrada foi moi inferior ao rango de valores normais resultando un mes moi seco, no que non se rexistrou ningún día de chuvia. Valores climáticos 1981-2010. Precipitación:1973-2021. Temperatura: 1972-2021.
Resumo do Informe climatolóxico xullo 2021
Páxina 10 de 16
3 TEMPERATURA
As temperaturas soamente acadaron medias normais en puntos de Ourense, Lugo e norte
da Coruña. As zonas máis afectadas polo suroeste e o paso de borrascas, Pontevedra e sur
da Coruña, estiveron por debaixo do agardado.
3.1. Temperatura media das máximas.
Figura 1: Mapa de temperatura media das máximas do mes de xullo de 2021
O valor medio das temperaturas máximas no mes de xullo para Galicia, a partir dos
valores do mapa da Figura 1 foi de 23.2 ºC. Os valores máis altos rexistráronse na comarca
de Verín, e nas localidades limítrofes cos ríos Miño e Sil. Nestes puntos, as temperaturas
que estiveron moi preto dos 30 ºC. As máximas máis baixas déronse na serra do Xistral,
en Ortegal, Manzaneda e Pena Trevinca, onde se acadaron valores en torno aos 15.5 ºC.
Resumo do Informe climatolóxico xullo 2021
Páxina 11 de 16
3.2. Temperatura media das mínimas.
O valor medio das temperaturas mínimas no mes de xullo, a partir dos valores do mapa
da Figura 2, para o territorio galego foi de 12.4 ºC. Os valores máis baixos rexistráronse
na comarca da Limia, no macizo de Manzaneda e en Viana do Bolo, con temperaturas
medias que chegaron aos 6.8 ºC. Pola contra, os valores máis altos déronse en
practicamente todo o litoral galego, con valores moi próximos aos 16.7 ºC.
Figura 2: Mapa de temperatura media das mínimas do mes de xullo de 2021.
Resumo do Informe climatolóxico xullo 2021
Páxina 12 de 16
3.3. Anomalía de temperatura media con respecto ao período 1981-2010.
O mapa de anomalías de temperatura media mostra un mes de xullo con moitas
localidades que foron frías. Así, obsérvase como o litoral do sur da provincia de Coruña,
as Rías Baixas e o sur da provincia de Pontevedra rexistraron os valores máis negativos
de anomalía de temperatura. Aínda que tamén destacan algunhas localidades da comarca
de Ourense, e Sobrado dos Monxes, con anomalías de ata -2.0 ºC. Os valores máis
elevados na anomalía da temperatura media, acadáronse na comarca de A Coruña, aínda
que moi preto da normalidade, tal e como se pode apreciar na Figura 3. A anomalía de
temperatura media no conxunto de Galicia segundo os valores do mapa foi de -0.6 ºC.
Figura 3: Mapa de anomalía de temperatura media de xullo de 2021 respecto ó período 1981-2010.
Resumo do Informe climatolóxico xullo 2021
Páxina 13 de 16
4 PRECIPITACIÓN
Aínda que tivemos menos horas de sol das habituais nun mes de xullo, as chuvias
soamente acadaron cantidades normais en puntos de Pontevedra e sur da Coruña,
quedando o resto seco en xeral, xa que en xeral as frontes que chegaban non eran moi
activas e polo tanto na meirande parte das ocasións non puideron deixar chuvia
xeneralizada.
4.1. Precipitación acumulada mensual xullo 2021
Figura 4: Mapa de precipitación acumulada no mes de xullo de 2021.
Segundo os valores do mapa da Figura 4, a precipitación media acumulada foi de 23.6
L/m2. As precipitacións acumuladas máis elevadas acadáronse no oeste de Galicia con
valores que na comarca do Xallas, no Barbanza e no concello de Cuntis, aproximáronse
aos 120 L/m2. Os valores máis baixos de precipitación déronse en gran parte da provincia
de Ourense, onde en moitas localidades non se rexistrou precipitación ou esta apenas
chegou a 1 L/m2.
Resumo do Informe climatolóxico xullo 2021
Páxina 14 de 16
4.2. Porcentaxe de valor acumulado de precipitación con respecto ao valor normal.
Figura 5: Porcentaxe da precipitación acumulada con respecto aos valores normais do
período 1981-2010 do mes de xullo de 2021.
No mapa da Figura 5 pódese ver a porcentaxe de precipitación no mes de xullo con
respecto aos valores climáticos, sendo o 100% o valor normal. O valor medio para o
conxunto do territorio galego, segundo os valores do mapa, foi un 47 % inferior ao
período de referencia 1981-2010. Existe un gran contraste entre o este e o oeste da
Comunidade. Así, na figura pódese apreciar como no Baixo Miño acadouse a porcentaxe
máis alta de precipitación acumulada cun valor dun 56% por riba do normal. Sen
embargo, a escaseza de precipitación na parte oriental de Galicia, mostra unha porcentaxe
do 100% por debaixo do normal en gran parte da provincia de Ourense, pero tamén en
moitas localidades da provincia de Lugo, onde o mes resultou moi seco.
Resumo do Informe climatolóxico xullo 2021
Páxina 15 de 16
4.3. Evolución da temperatura media en xullo no período 1961-2021.
A anomalía media da temperatura para este mes de xullo en Galicia, obtida a partir das
anomalías medias en once estacións meteorolóxicas representativas, foi de -0.66 ºC, o
que fai que o mes poida considerarse no conxunto de Galicia como frío. Isto debeuse
principalmente as temperaturas máximas (frías) que presentaron unha anomalía de ata un
-1.1 ºC. As mínimas tamén foron frías pero moi próximas á normalidade. O precedente
máis frío atopámolo no ano 2012.
Figura 6: Evolución da anomalía de temperatura media en xullo, respecto ó período 1981-2010.
Resumo do Informe climatolóxico xullo 2021
Páxina 16 de 16
4.4. Evolución da precipitación en xullo no período 1961-2021.
A anomalía media das precipitacións para este mes de xullo en Galicia, obtida a partir das
anomalías medias en dezaseis estacións meteorolóxicas representativas, foi un 51 %
inferior ao valor climático normal. Isto fai que o mes poida considerarse seco, tendo en
conta o conxunto da Comunidade. Xa o ano anterior, 2020, foi o segundo ano máis seco
da serie histórica.
Figura 7: Evolución da anomalía de precipitación en xullo, respecto ó período 1981-2010.
Esta información ampliarase no informe mensual que se publicará proximamente.
MeteoGalicia
Subdirección de Meteoroloxía e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda