relatos do alumnado de 5º c primaria

19

Upload: ceip-sigueiro-oroso

Post on 14-Mar-2016

233 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Relatos inventados polo alumnado de 5º C de primaria para o I Certame de Relato Curto do Ceip Sigueiro

TRANSCRIPT

Page 1: Relatos do alumnado de 5º C primaria
Page 2: Relatos do alumnado de 5º C primaria

5º C

• O CLARINETE MÁXICO de Emma Sanz Grela,

Lidia Varela Rumbo e Zaira Vázquez Barreiro

• GERÓNIMO STILTON E A GUITARRA DE

OURO de Iván, Daniel e Álvaro

• A PARTITURA MÁXICA de Carlota Ramos Brocos,

Rebeca Jiménez Dual e Eva Villar Mañá

• OS CATRO ARTISTAS de Pablo Rodríguez e Javier

Tellería

• O DANUBIO AZUL, QUE PASOU? de Miguel

Romero Ruíz

• UNHA PEQUENA AVENTURA DE DOUS

GRANDES MÚSICOS de Jesica Rey Bouzón

Page 3: Relatos do alumnado de 5º C primaria

Había una vez tres nenas chamadas Zaira , Lidia E Emma. O que máis lles gustaba no cole, era a música; e fóra do cole, as excursións.

Un fermoso día de primavera quixeron facer unha camiñata polo paseo do río Tambre. Saíron da Ponte de Sigüeiro ás tres da tarde dun sábado e camiñaron ata a Illa do Refuxio. Alí

pararon a merendar mentres escoitaban o fermoso canto dos paxaros e o ronroneo das augas do río.

- Que ben se está! –dicían elas.

Cando acabaron de merendar puxéronse a pasear pola illa, e alí viron algo que brillaba con moita intensidade .

- Que é eso ? - dixo Zaira .

- Creo que é una botella. - contestou Emma.

- Imos a velo ?- dixo Lidia.

- Sí ! - dixeron Emma e Zaira.

Foron a velo e…

Page 4: Relatos do alumnado de 5º C primaria

- Un clarinete ! - dixeron as tres á vez.

Levárono a una cabana e descansaron un pouco.

Pola noite gardárono nunha bandoleira lila e puxéronse a durmir. Á maña seguinte… ¡ non o atoparon!

Puxéronse a buscalo, e… ¡Encontraron pisadas redondas!

- ¿Pero ninguén ten os pés redondos? – dixo Emma.

- Que raro! – dixeron Zaira e Lidia .

Ao cabo dun pouco… ¡viron unha cabeza triangular!

- Pero, que raro! – volveu a dicir Lidia .

De repente, camiñando ven…

- Pero, se é Patricio Estrela! -di Zaira.

El devolveulles o clarinete e marchou. Lidia tocouno e caeron un lote de moedas. Coas moedas, formaron una banda: “os amig@s da mÚsica” na que actuaban, Daniel, Pablo , Jesica , Carlota, Miguel, Javier , Erika , Leticia, Rebeca, Zaira Emma e Lidia.

Recorreron moitÍsimos países.

Con todos os cartos recaudados, fixeron una escola de música, e… por certo ¡Patricio era o profe !

AUTORAS:

EMMA SANZ GRELA, LIDIA VARELA RUMBO, ZAIRA VÁZQUEZ BARREIRO. CURSO: 5ºC

Page 5: Relatos do alumnado de 5º C primaria

Benllamín e Pandora son dous amigos roedores que viven na cidade de

Ratonia.

Un día foron de excursión ao Museo de Arte Moderna. Cando chegaron

enteráronse de que alguén roubara a guitarra de ouro.

Entón Benllamín chamou a

Gerónimo para que lles

axudara a resolver o caso.

Gerónimo , roubaron a־

guitarra de ouro! Ven

resolver o caso -di inquieto

Benllamín.

Vale , irei cando poida־

-responde Gerónimo

estrañado.

Ao momento Trampita, o

primo de Gerónimo, empeza

a mirar no ordenador a ver se

atopa aos culpables.

Gerónimo chegou rápido coa súa irmá Tea.

Trampita chamou a Gerónimo:

Page 6: Relatos do alumnado de 5º C primaria

Descubrín quen a roubara , foron os gatos malvados e están agochados no־

castelo abandonado. O problema é que hai moitas trampas, pero hai un agocho

secreto, tede coidado -aconséllalles Trampita.

Foron ao Castelo buscaron o agocho pero non o encontraron, entón Gerónimo,

que estaba moi canso, apoiouse nunha parede e... alí estaba o agocho. ¡Que sorte!

Entraron. O pasillo era moi escuro e estreito

Gerónimo prendeu unha vela que tiña no peto , e... que é isto? O rabo dun gato saía

por debaixo da porta.

Os catro empezaron a perseguir aos gatos, pero non eran moi rápidos e estes

conseguiron escapar.

-Apurade ! -dixo Gerónimo canso.

Están na cima do castelo -d i Benllamín que os veu de reollo.

Soben , pero non hai rastro de ningún gato, só está a guitarra, eles están

estrañados, pero dalles igual e seguen, de repente, cae unha rede encima deles.

-Xa me parecía moi raro -dixo Gerónimo.

- Oes ese ruido , é Tranpira co helicóptero

-dixo Tea

-Trampita, rápido, sálvanos pero tamén a

guitarra! -di Gerónimo sorprendido.

-Vale ,-respóndelle Trampita, que se cre

un heroe.

Trampita que é moi despistado , olvidouse

deles , pero polo menos salvou a guitarra

de ouro.

Page 7: Relatos do alumnado de 5º C primaria

Benllamín, que tiña unha navalla na mochila, rompeu a rede e conseguiron

escapar; e os gatos, que tiñan medo de que os meteran no cárcere, saíron a

fume de carozo.

FIN

AUTORES:

IVÁN (5ºC, 11 anos)

DANIEL (5ºC, 10 anos)

ALVARO (5ºC, 10 anos)

Page 8: Relatos do alumnado de 5º C primaria

Un día, nun colexio de Educación Primaria, a profesora de música levou á clase de 5º ao

Museo de Música de Zaragoza. No museo estaba exposto o Canon de Pachelbel, unha

obra moi famosa. Ao chegar ao museo unha guía acompañounos ata a sala onde se

atopaba o Canon. Cando chegaron, a luz apagouse e oiuse unha patada. Ao regresar a

luz, o Canon desaparecera. Chamaron á policía e a sala encheuse de policías e

detectives, pero ningún encontrou nada e marcharon.

Entón, todos os nenos e nenas da clase decidiron buscar pistas, inspeccionaron a sala de

cabo a rabo e, de pronto, Xoán dixo:

-Encontrei isto ao lado da urna do Canon.

-É o cacho dun zapato de pel volta!

-exclamou Tomoya.

Todos se puxeron a pensar ata que

Luisa dixo:

-Xa sei quen robou o Canon, na

sala só había tres persoas ademais

de nós, e ningunha delas está aquí

agora; así que... rápido, chamade á policía.

Así o fixeron, chegou a policía xunto cos tres sospeitosos que atoparan intentando saír

da cidade e leváronos á sala onde estaba exposto o Canon. Os sospeitosos eran o garda

de seguridade, unha señora moi estirada e o encargado da limpeza.

Nese momento Luisa exclamou:

Page 9: Relatos do alumnado de 5º C primaria

-O ladrón é o garda de seguriade!

-E como sabes ti iso?- preguntou un policía.

-Pois polo trozo de zapato de pel volta que atopamos ao lado da urna do Canon

-explicou mentras lle daba unha patada á urna do Canon- Ao seu zapato fáltalle un trozo

e o que atopamos encaixa perfectamente.

Cando lle deu a patada, o Canon apareceu de inmediato.

-É que o Canon estaba escondido nunha trampiña que instalara o garda cando

desconectou as cámaras de seguridade e os sistemas, o malo é que a trampiña só se

activa cunha patada e por iso oímos unha cando se foi a luz -explicou Xoán.

Logo a policía levouse ao garda, e os nenos e nenas de 5º foron recompensados cuns

agasallos: un libro de Pachelbel cunha copia do auténtico Canon e unha medalla polo

seu inxeño e a sua valentia; a partir deste día, todo o mundo puido disfrutar da

exposición do Canon de Pachelbel.

FIN

Autora:

EVA QUINTELA PAZ (11 anos) 5ºC

Page 10: Relatos do alumnado de 5º C primaria

Alá polo ano 1.975, en Gran Bretaña, había dous irmáns, un neno e unha nena

chamados Carmela e Luis. Os seus papás eran dous músicos ambulantes que actuaban

por todos os pobos dos arredores de Londres: cantaban, bailaban e, sobre todo, tocaban

música nos días de mercado, feira, festa... Cando os nenos eran pequechos, os pais

morreron dun terrible accidente de coche. Agora teñen 11 anos e viven nun orfanato.

O que máis lles gusta é a música, coma aos seus pais. O seu soño é montar unha banda,

pero non teñen cartos para comprar os instrumentos. Moi cansos de estar no orfanato, e

vendo que alí nunca poderian cumprir o seu soño de ser músicos, deciden escapar e

probar sorte fóra do orfanato, na cidade.

Page 11: Relatos do alumnado de 5º C primaria

Unha mañá escaparon e emprenderon camiño cara a cidade, onde se poiderían refuxiar.

No camiño encontraron, entre un murico de herba, cunha caixa e dentro dela... ¡unha

partitura! Ao chegar á cidade, entraron nunha tenda vella de música e cambiaron a

partitura por uns instrumentos: unha frauta para tocar Carmela e unha guitarra para tocar

Luis.

Sairon de alí, foron ata a praza da cidade e poñéronse a tocar. Facíano tan ben que todo

o mundo lles aplaudía e botábanlle moedas e… fixéronse moi famosos grazas á partitura

que encontraron. A partitura era máxica e doulles poderes nas mans para tocar os

instrumentos musicais, como os mellores músicos do mundo.

Carmela e Luis convertíronse en dous grandes artistas e gañaron moitos cartos, e con

eles axudaron aos nenos e nenas orfos para que poideran cumprir os seus soños:

pintores, médicos, pallasos, malabaristas, profesores... e sobre todo a música, o que

máis lle gustaba a Carmen e a Luis.

Page 12: Relatos do alumnado de 5º C primaria

AUTORES:

CARLOTA RAMOS BROCOS (10 ANOS).

REBECA JIMENEZ DUAL (11 ANOS).

EVA VILLAR MAÑÁ (11 ANOS).

5ªC.

Page 13: Relatos do alumnado de 5º C primaria

OS CATRO ARTISTASCatro nenos de 5º, Javi, Miguel, Gonzalo e Pablo, decidiron formar un grupo musical.

Todos os seus amigos e familiares dicíanlles que non ían ter éxito, excepto o papá de

Javi que era o único que confiaba neles e animábaos.

-Podedes usar o meu garaxe para

ensaiar -dixo o pai de Javi.

-Pero teñen que estudar, non

poden -dixo a nai de Miguel.

-Poden ensaiar despois de facer

os deberes, que así ao millor

esfórzanse máis, concéntranse e

acaban antes -convenceunos o pai

de Javier.

Todos ilusionados empezaron a

ensaiar todos os días da semana

agás o domingo pero os seus

amigos seguíanse burlando deles; sen embargo, o pai de Javi estaba moi contento por

deixarlles o seu garaxe, despois de todo tiña concertos gratis!!!!. Cada día tocaban

mellor e decidiron preparar unha sorpresa para fin de curso.

Chegado o día da actuación, Javi coa guitarra, Gonzalo co acordeón, Miguel coa frauta

e Pablo como vocalista, estaban moi nerviosos porque querían demostrarlle aos seus

compañeiros que eran bos músicos, que o facían ben, a ver se non se burlaban máis

deles. Asistiron todos os compañeiros e compañeiras, moitos papás e mamás e todos os

Page 14: Relatos do alumnado de 5º C primaria

profesores e profesoras, e a actuación foi tan boa que os contrataron para actuar noutros

colexios!!

Anos despois fixéronse moi famosos, tocaron en todo o mundo e tiveron a ocasión de

representar a España en eurovisión 2024, e, aínda que non quedaron moi ben, foi unha

boa experiencia.

FIN Autores:

PABLO RODRÍGUEZ (11 anos)

JAVIER TELLERÍA (10 anos)

(CURSO: 5ºC)

Page 15: Relatos do alumnado de 5º C primaria

Viena,13 de febreiro de 1867, tras o noso compromiso con Hungría, húngaros e

austríacos estamos contentos, paseo á beira do río Danubio, as súas augas baixan

limpas e claras cara o Mar Negro. Hoxe é un día moi especial, un día soleado e

espléndido, o día do estreno do meu vals o “Danubio azul” na sala Diana.

Xa é hora, xa falta pouco, son o compositor e teño que revisalo todo. Toda a miña

familia está atarefada cos preparativos. De pronto, os meus irmáns Josef e Eduard que

se encargan da orquestra gritan a grito pelado :

־ Johann!!!! Roubaron os instrumentos e partituras de Rudolf , o director da

orquestra!!!!!!

־ Como pode ser iso! - dixen eu preocupado.

De pronto Hetty Trez, a miña esposa, e a súa amiga Leila Robens dixeron a coro:

־ Roubáromnos os vestidos !!! Só faltan tres horas!!! E vén a emperatriz: Sissí!!!

Todos desconcertados intentamos resolver o misterio. Nada de nada, non encontramos

nada. Eu vin tres cousas moi estrañas:

1ª. Leila desaparecera.

2ª. Non había ningún rastro ata que…

3ª… vin unhas pegadas de tacón con fariña e ovos.

Chegaron Rudolf , o maiordomo Laurence e o comisario de polícia Josef Wey .

Page 16: Relatos do alumnado de 5º C primaria

Seguimos as pegadas e a ladroa fora………………

¡¡¡LEILA!!!

.Pero, por que Leila, que che fixemos nós? -díxolle a miña esposa־

Fíxeno porque, como sabedes, eu son de Hungría e quería que Hungría tivera máis

fama ca Austria, e pensei que se o”O Danubio azul” non se estrenase en Viena podería

facelo en Hungría -.dixo Leila.

Hetty máis eu sentimos pena por Leila e perdonámoslle. Aínda así tivo que ir uns días

ao cárcere, pero saíu axiña.

O Danubio azul estrenouse na sala Diana de Viena coa asistencia da emperatriz, Sissí

que nos foi felicitar aos camerinos. Bailamos e bailamos, tamén Sissí, e despois de

Viena fomos a Hungría e de Hungría a París, Inglaterra... e “O Danubio azul”

convertiuse no meu vals máis famoso.

Page 17: Relatos do alumnado de 5º C primaria

E ASÍ ACABA A HISTORIA DO DANIBIO AZUL, O MEU VALS.

Johann Strausss.

Miguel Romero Ruiz 5ºC.(10 anos).

Page 18: Relatos do alumnado de 5º C primaria

En Viena, en 1791, vivían un neno e unha nena chamados Andrea e Fernando. Os dous eran irmáns e traballabanmoitoaxudándolleaoseu amo, un señor maior chamado D. Gumersindo, coidabanos animais, cavabannahorta... peroaínda que traballabanmoitosempre tiñan gañas de aventurase de escoitar música.

Un día enteráronse de que se estrenaba “A Frautamáxica”

de Mozart no Teatro de Viena e non a querían perder por

nada do mundo. Chegou o estreno e os

dousirmánsrecolleron os animaisaxiña e escaparon

correndo ata o Teatro da Ópera. Unha cola grande de

xente, elegantemente vestida, ía entrando pouco a pouco. Os dousirmánsmetéronse polo

medio e coláronse. Unha vez dentro, escondéronse detrás dunhas cortinas, e axiña se

decataron de que o autor da obra, Mozart, estaba en apuros e preguntáronlle:

-Que che pasa Mozart?

E el díxolles:

-Que o meu amigo Bethovenmáiseu perdemos a única partitura que tiñamos da

“Frautamáxica?

Andrea, Fernando, Mozart e Bethovenpuxéronse

a buscar a partitura. Andrea e Fernando pasaron

por diante do camerino de Marcos, un dos

actores da obra, pero non só era un actor

taméncompuñeraoutrapeza pero non a elexiran.

Os dousnenos e os dous músicos xa desesperados

Page 19: Relatos do alumnado de 5º C primaria

non sabían que facer. De repente, Mozart acordouse de que tiña un borrador no seu

camerino. Os catroforoncorrendo a por el e déronlloaos músicos. Só quedaban dez

minutos para empezar e Mozart e Bethoven convidaron a Andrea e a Fernando a ver a

actuación dende a primeira fila.

A obra saíu tan ben que se levaría a outros países.

Anos máis tarde, Andrea e Fernando contábanllesaosseus netos a grande aventura que

vivironxuntos, os netos contábanlloaosseus netos e así ata os nosos días.

FIN

NOME: Jesica Rey Bouzón

CURSO: 5ºC

IDADE: 11 anos