recomendacións de lectura no nadal
DESCRIPTION
Listado de libros para nenos e nenas, recomendados para compartir, ler e xogar en familiaTRANSCRIPT
Autora: Mar Pavón
Ilustrador: Vitali Konstantinov
Editorial OQO. Colección O
Con axuda das ilustracións, que evolucionan dunha ambientación escura e inquedante cara a imaxes coloristas
e alegres, a autora dá unha lección do enganosas que poden ser as aparencias e de como estas crean
prexuízos inxustos.
Pretende que os pequenos se conciencien de que, por norma xeral, non é bo deixarse levar por primeiras
impresións, sobre todo cando están supeditadas ao politicamente correcto.
Autora: Celia Viñas
Ilustradora: Montse Ginesta
Ediciones de la Torre
Unha selección de poemas que evocan o mundo da infancia. Versos de gran musicalidade compoñen imaxes
moi tenras, acompañadas de divertidas ilustracións que parecen querer xogar cos textos.
Trátase dunha coidada edición que aporta información sobre esta escritora catalana e deixa unha páxina en
branco ao final para que se exprese o lector.
Autora: Mª José Ferrada
Ilustradora: Sole Poirot
Tradutor: Xosé Ballesteros
Editorial Kalandraka
Un texto poético que destaca pola súa sonoridade e o protagonismo do campo e da natureza, a través dos
insectos que van desfilando polas súas páxinas, caracterizados con moita orixinalidade mediante a técnica do
collage: a araña, a avespa, a formiga, a couza...
A partir dunha estrutura repetitiva que potencia o efecto lírico da obra, constrúense composicións dunha gran
calidade literaria: unha linguaxe metafórica e evocadora, que esperta os sentidos e mais a curiosidade dos
lectores sobre un sorprendente mundo de seres minúsculos que soen pasarnos desapercibidos
Autor: Joel Franz Rosell
Ilustradora: Constance V. Kitzing
Tradutor: Xosé Ballesteros
Editorial Kalandraka
...Brancos coma a neve, negros coma o carbón. A amizade entre Gatiño e Coella é o paradigma da
integración entre dúas especies que, coma as persoas, poden ser iguais pero diferentes.
Autor: David Ezra Stein
Ilustrador: David Ezra Stein
Tradutora: Teresa Farran Vert
Editorial Juventud
Un libro con humor e sentido do ritmo narrativo. Cando o papá galo de Kika disponse a lerlle un conto pola
noite, faino coa condición de que non lle interrompan o relato, pero Kika non pode conterse cando chegan os
momentos máis emocionantes.
Ilustracións con moita forza e materia conducen un álbum moi alegre para lelo a dúo.
Autor: Darabuc
Ilustradora: Lina Zutauté
Editorial OQO
Este conto popular ofrece un esquema acumulativo e repetitivo que permite captar a atención do oínte e retelo
na memoria. Catro personaxes moi especiais vanse reunindo ao longo dun camiño e xuntos serán capaces de
afrontar as probas dun rei moi cruel. Un final feliz no que os débiles triunfan.
Os contos tradicionais renóvanse nas voces dos narradores e con ilustracións actuais.
Autor: David Daniel Álvarez Hernández
Ilustradora: María Julia Díaz Garrido
Tradutora: Manuela Rodríguez
Editorial Kalandraka
A obra gañadora do V Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, maxistral dende o punto de vista
da técnica artística, é unha fermosa metáfora sobre a historia da humanidade. As aves representan as ambicións
das persoas; as boas intencións que se tornan perversas. Aínda que un fulgor de esperanza resplandece no
horizonte...
Autor: Xosé Lois García Fernández
Ilustrador: Jesús Blanco Cubeiro
Editorial Everest Galicia
Os animais vístense de verso nestes poemas dirixidos aos lectores máis novos. Trátase dunha viaxe cara un dos
lugares que máis debemos coidar e respectar: a Natureza. Un canto que convida a que todos os seres vivos
camiñemos da man durante a nosa existencia.
Sen dúbida, este Animalario infantil espertará sentimentos que, ás veces, semellan adormecidos e precisan da
literatura para aflorar.
Autor: Dan Waddell
Ilustrador: Jim Smith
Editorial Edebé
Ser detective seguindo os consellos de Sherlock Holmes no é tan difícil. Este libro é un completo e divertido
manual para aprender o oficio. Cada capítulo incide nun aspecto a ter en conta se queremos descubrir ao
culpable: observación, recollida de probas, tomar as pegadas dactilares, seguir as pistas, espiar. Todo nun libro
con solapas que garda moitas sorpresas e ilustrado con moito humor.
Autor: Raúl Vacas Polo
Ilustradora: Elena Queralt
Editorial Edelvives
Un conxunto de palabras fermosas constrúen o universo infantil en forma de poemas. Da A á Z, organizado a
modo de abecedario, este poemario ilustrado polo que desfilan animais e outros personaxes próximos aos nenos
e nenas, invita a xogar coa linguaxe e a descubrir a sonoridade das palabras na primeira etapa lectora.
Suxestións, emoción e moito humor son os ingredientes deste novo traballo dun autor empeñado en facilitar o
encontro coa poesía a lectores e mediadores.
Autor: Anthony Browne
Ilustrador: Anthony Browne
Tradutor: José María Heras
Editorial Kalandraka . Colección: Tras os montes
Tras unha noite de pesadelo, un neno comproba, tristeiro, que o seu pai marchou. Ao día seguinte a súa nai
mándao a casa da súa avoa que está enferma para levarlle un pastel, pero advírtelle de que non vaia polo
bosque porque resulta perigoso. Pero o neno decide intentalo e comeza a súa aventura entre as árbores. Polo
camiño atopa con varios nenos que lle piden o pastel, pero o neno ten présa porque desexa regresar canto
antes a casa para encontrarse co seu pai. Cando, por fin, chega a casa da avoa, na cama...
Autora: Adela Turín
Ilustradora: Nella Bosnia
Tradutora: Eva Almazán
Editorial Kalandraka
Da sonada colección "A favor das nenas", unha historia fabulada que reivindica o rol feminino na sociedade,
combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda se necesitan obras sobre
coeducación e igualdade.
Autores: Pere Tobaruela Martínez e Ledicia Costas Álvarez
Ilustrador: Andrés Meixide
Editorial Everest Galicia
Velakí a portada do xornal máis importante de Abecedaria: MISTERIOSA DESAPARICIÓN DUNHA LETRA O
"ke" esfumouse e ninguén sabe do seu paradoiro. ¿Esta será a última desaparición? ¿Algunha letra máis
correrá a mesma sorte? ¿E se chegan a desaparecer todas? Abecedaria está en perigo. Dakela, o máis
experimentado e desleixado policía de Abecedaria, o detective Peirot, recibe unha orde prioritaria: remexer
onde faga falta. El é un tipo peculiar ke sempre garda un ás na manga. E, ao seu xeito, intentará desenfiar este
enigmático caso. O futuro de Abecedaria está nas súas mans.
Autor: Charles Dickens
Ilustrador: Albert Asensio
Tradutora: Almudena Lería
Editorial Anaya
Un gardavía vixía unha solitaria estación e recibe a visita dun espectro que lle anuncia terribles acontecementos
que sucederán na vía do tren: accidentes e mortes repentinas. Cando aparece, sempre lle repite as mesmas
palabras, e o gardavía espera os feitos con ansia e medo.
Autora: Virginie Aladjidi
Ilustradora: Emmanuelle Tchoukriel
Tradutor: Pedro Ángel Almeida de Ocampo
Editorial Faktoría K de Libros
Descobre un completo catálogo de máis de cen especies animais de todas as clases: aves, peixes, réptiles,
anfibios, mamíferos terrestres e mariños, insectos... e todos eles cunha descrición moi curta que inclúe algunhas
curiosidades sobre a vida, o aspecto o comportamento de cada unha delas.
Ademais, cada animal se ilustra cun debuxo enorme, detallado e cheo de cor, para que se poidan recoñecer
deseguida, e incluso aprender a debuxalos un mesmo.
Autor: Roald Dahl
Ilustrador: Quentin Blake
Tradutoras: Xela Arias y Lidia Iglesias
Editorial Xerais
Narra a historia dun rapaz e maila súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra,
mentres estas celebran a súa convención anual. Ninguén cre nas bruxas, pero habelas hainas, e posúen
poderosísimos nenicidas.
As Bruxas é un libro onde o lector atopará moito humor e gozará coa maneira que ten o autor de manter a súa
atención. Unha historia contada en frases curtas e secuencias claras onde a acción envolve todo o discurso
narrativo. Unha voráxine de situacións, de anécdotas e de aventuras.
Autora: Heliane Bernard
Ilustrador: Olivier Charpentier
Tradutora: Emma Lázare Rodríguez
Editorial Kalandraka
Picasso legounos unha das obras mestras da Pintura Contemporánea, un berro de dor e rexeitamento á guerra;
esta obra achéganos á personalidade do artista e ás circunstancias históricas que rodearon o proceso creativo.
Autora:Jutta Richter
Ilustradora: Hildegard Müller
Lóguez Ediciones
Antón, o protagonista, é un can cun pasado inmigratorio ao que non lle resulta sinxelo esquecer a súa patria. E
iso que Antón tivo sorte porque atopou un novo fogar con Friedbert, Emily e a súa pequena filla.
De forma brillante, con gran fluidez e ritmo narrativo, a autora narra como e por que case calquera cachorro
pode catapultarse nos corazóns das persoas, permitindo intuír canta felicidade significa ter consigo a un
vagabundo como Antón.
Ilustrador: David Merveille
Editorial Kalandraka
Despregando as páxinas deste álbum visual, recorremos París en compañía dun personaxe patoso e despistado,
divertido e enxeñoso, que foi levado á gran pantalla polo cineasta francés Jacques Tati.
Trátase dun libro sen texto, dinámico, de páxinas despregables, que acentúan o carácter humorístico e poético
da historia, repleta de gags que o lector descobre a medida que avanza no seu paseo visual, na que “cada
escena é o teatro para unha sorpresa”, segundo o propio Merveille.
Autora: Àngels Navarro Simón
Editorial Edelvives
Para xogar a investigar, esta autora experta en xogos, propón aos lectores unha batería de pasatempos e
actividades para desenvolver a memoria, a observación, a capacidade de descifrar mensaxes segredos e de
construílos.
Un libro para sacarlle moito partido, xa que non se trata tanto de aprender a ser detective senón de divertirse
coas propostas que ofrece.
A maquetación e a ilustración resólvense en estéticas composicións entoadas en cores escuros e elegantes que o
converten nun bonito obxecto.
Ilustrador: Taro Gomi
Editorial Coco Books
Unha excelente proposta creativa do ilustrador xaponés, que invita aos nenos a garabatear, pintar, trazar..., en
definitiva a crear un universo artístico propio, guiados con intelixencia e humor.
Este non é un libro de actividades máis, senón unha aventura no terreo da intervención gráfica que, a partir de
máis de trescentas ilustracións, regala sorpresas e emoción.
Moi interesante para divertirse en familia.
Autora: Elsa Santaolalla Pascual
Ilustrador: Julio Serrano
Editorial S.M.
Un libro miscelánea a proba de todos os que queren saber canto saben ou o pouco que saben. Para facerse
todo tipo de preguntas sobre todos os temas imaxinables.
As preguntas sempre formulan tres respostas posibles e solo unha verdadeira e ao pasar a páxina unha
explicación sobre a resposta.
Os debuxos... cun punto gamberro, na líña deste humorista, capaces de tinguir de humor as cuestións máis
sesudas.
Autora: Libby Hamilton
Ilustradores: Johnny Duddle y Aleksei Bitskoff
Tradutor: María Dolores Ábalos Vázquez
Editorial S.M.
Poderíamos dicir que é un libro algo sucio, con moitos monstros noxentos que habitan en lugares pouco
recomendables.
Xogo e diversión. Ilustracións sorprendentes con moitas solapas para levantar.
Baixo a aparencia dun libro informativo, abórdase a fantasía de poder converterse nun experto en monstros de
todas as formas e cores.
Ollos de Mel
Autores: Pirilampo
Editorial AS-PG
Con Xosé Lois Seixo ao fronte do proxecto Pirilampo, chega o terceiro disco e DVD do grupo musical.
Nove cancións coa participación de nenos e nenas de nove colexios da Coruña.
Bicos de Música
Autores: Mamá Cabra
Editorial Galaxia
Un novo LIBRO - CD – DVD do grupo Mamá Cabra, para gozar de moitas horas de diversión.
É música para bailar, para choutar, para cantar, para aprender a cruzar, para viaxar con Simbad, para
chuchar mel...
Música para Niños
Autores: VV.AA.
Editorial Parramón
Singular libro - CD para coñecer mellor a música e a súa historia, con informacións precisas, curiosidades,
minibiografías, táboas ilustradas, numerosas fotografías e ilustracións, así como actividades moi sinxelas e
entretidas.
Un percorrido pola música, desde os seus orixes ata a actualidade.
Autora: Silvia Dubovoy
Ilustradora: María Isabel Suárez
Editorial Everest
Un peixiño curioso voa sobre o océano. A toda costa quere saber de que cor é o mar. Por iso, preguntando
aquí e acolá, descobre que pode ser dourado, cheo de chispiñas, negro, prateado... e transparente como o
cristal.
Texto moi sinxelo no que se descobren as diferentes cores e o mundo mariño.
A tradución en lingua inglesa acompaña ao texto en español en cada unha das páxinas.
Autor: Satoshi Kitamura
Ilustrador: Satoshi Kitamura
Editorial Anaya
Un ovni pérdese no espazo ata que atopa un estraño planeta azul. Ao achegarse para velo, o ovni descobre
que unha curiosa criatura estao observando. Os dous fanse amigos deseguida e exploran xuntos a terra e os
ceos durante una noite inesquecible.
Autora: Herbert Friedmann
Editorial Langenscheidt
Seis historias de suspense español - inglés para nenos e nenas con coñecementos previos do idioma.
Incorporan progresivamente diálogos en inglés no texto en español.
Relatos moi interesantes, escritos por autores de libros infantís, que motivan a lectura convertendo aos lectores en
detectives que pasarán por unha e mil aventuras ata descubrir o misterio.
Autora: Beatriz Montero y Geeta Ramanujam
Ilustradora: Tea Bendix y Swetha Prakash
Editorial CCS
Son catorce contos da India e de España, en español e inglés, escritos para os niños máis pequenos co
obxectivo de achegalos desde idades temperás a outro idioma, dunha forma lúdica e chea de imaxinación.
Os contos están coidadosamente traballados, e o seu vocabulario e temática perfectamente adaptada para que
resulte atractiva.