pxa 2020-2021 ceip plurilingÜe de monterroso 2021. 1. 1. · pxa 2020-2021 ceip plurilingÜe de...
TRANSCRIPT
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
1
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
2
INDICE
1. Obxectivos para o curso 2020-2021……………………………………….………3
1.2. Medidas para desenvolver a súa consecución
1.3. Recursos previstos
2. Estratexias metodolóxicas e organizativas de atención ó alumnado con NEAE….6
3. Organización Pedagóxica…………………………………………………………7
4. Plan de actuación dos órganos colexiados……………………………………….16
5. Plan de actuación do equipo directivo…………………………………………...18
6. Xornada escolar e horario do centro……………………………………………..19
7. Programación e calendario das reunións dos órganos de goberno………………22
8. Programación e calendario das reunións dos órganos de coordinación docente…23
9. Participación do profesorado do centro en programas de innovación educativa...24
10. Plan de convivencia e Plan de Igualdade………………………………………30
11. Plan de dinamización da lingua galega ………………………………………….34
12. Libros de texto e materiais curriculares ……………………..…………….……37
13. Programa anual de actividades complementarias e extraescolares………………40
14. Plan de autoprotección………………………………………………..………….42
15. Horario de atención ó público do equipo directivo………………...…………….43
16. Relacións coas familias…………………………………………….…………….44
17. Plan de transporte escolar…………………………………………………...……45
18. Organización do comedor…………………………………………………..……47
19. Plan de utilización das instalacións do centro……………………………….…51
20. Proxecto lector e organización da biblioteca escolar………………………....….52
21. Plan de integración das TIC………………………………………………..……67
22. Alumnado que non opta polo ensino de relixión……………………………….70
23. Tarefas extraescolares en primaria……………………………………………...71
24. Plan de organización e coordinación das tarefas do persoal non docente………72
25. Guía de intervención para a mellora tralas avaliacións de 3º e 6º …..…………..73
26. Plan xeral de avaliación do centro…………………………….…………………74
ANEXO I PAADO……………………………………………………………………78
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
3
1. OBXECTIVOS PARA O CURSO 2020-2021
Traballar para que o alumnado desenvolva hábitos de traballo individual e de
equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza
en sí mesmo, sentido crítico e responsable, iniciativa persoal, curiosidade, interese,
creatividade na aprendizaxe e espírito emprendedor.
Impulsa-la mellora da expresión e comprensión oral, a lectura, a escritura, o
cálculo, a adquisición de nocións básicas da cultura e o espírito de convivencia, o
sentido artístico, a afectividade, coa fin de garantir unha formación integral que
contribúa ó pleno desenvolvemento da personalidade dos alumnos e alumnas.
Impulsa-la práctica de valores que favorezan a liberdade persoal, a
responsabilidade, o exercicio da cidadanía democrática, a solidariedade, a
tolerancia, a convivencia, a coeducación, a igualdade efectiva entre homes e
mulleres, o respecto e a xustiza, a igualdade de dereitos e oportunidades,
procurando a superación de calquera tipo de discriminación.
Formar persoas activas con autoconfianza, curiosas, seguras, emprendedoras e
innovadoras, participativas, con ilusión e entusiasmo, fomentando o
desenvolvemento das habilidades cognitivas desde idades temperás e en relación
directa coa competencia de aprender a aprender.
Propicia-lo pleno desenvolvemento da personalidade individual, individualizando a
atención educativa, adaptándoa ás necesidades e ó ritmo de cada alumno ou alumna
para que desenvolvan ó máximo as súas potencialidades. Priorizar actuacións
preventivas e de detección temperá das dificultades, garantindo así a inclusión
educativa, a equidade e a compensación de desigualdades persoais, culturais,
económicas e sociais.
Fomenta-lo plurilingüismo entre o noso alumnado para a súa participación na vida
económica, social e cultural e preparándoos para adaptarse ás situacións cambiantes
da sociedade actual.
Fomenta-la adquisición de habilidades para previr conflitos e buscar solucións
pacíficas ós mesmos; tamén procurar a non violencia en tódolos ámbitos da vida
familiar, persoal e social e, en especial, previr situacións de acoso escolar e de
violencia de xénero, poñendo especial atención ó desenvolvemento do Plan de
Convivencia do centro.
Favorecer técnicas de traballo cooperativo, relacións afectivas e cordiais entre os
alumnos/as e compañeiros/as
Procurar a coordinación e continuidade entre os niveis e ciclos educativos.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
4
Potencia-la utilización da biblioteca de centro por parte de todo o alumnado e
profesorado, como recurso fundamental de fomento da lectura e contribución ó
Proxecto Lector de centro.
Fomenta-lo uso das novas tecnoloxías en tódolos niveis do centro, como unha
ferramenta ó servizo do desenvolvemento do individuo, adquirindo coñecementos e
habilidades básicas no marco do Plan Tic do centro.
Procurar actividades que favorezan a participación de toda a comunidade educativa
e fomentar a formación continua e permanente de todo o profesorado.
Manter unha actitude e postura aberta e de colaboración coa ANPA do centro e con
tódalas familias de noso alumnado, impulsando a información e a comunicación.
Fomenta-la adquisición de hábitos de hixiene, alimentación saudable e o consumo
responsable nos nosos alumnos/as como fonte de saúde e calidade de
vida.Trataremos de que o comedor escolar teña presentes estes principios.
Conseguir mellora-lo rendemento académico no noso alumnado por medio dun
ensino motivador e estimulante a través de actividades significativas e interesantes.
Favorece-lo desenvolvemento de actitudes de compañeirismo como docentes dando
exemplo coas nosas actuacións, creando un ambiente cálido, de afecto, tolerancia,
concienciación, respecto e sensibilización. Fomenta-lo traballo en equipo de todo o
profesorado, unificando criterios de actuación e búsqueda de solucións comúns ós
problemas.
Desenvolver unha acción titorial eficiente en continua colaboración co
departamento de orientación do centro.
1.2. MEDIDAS A DESENVOLVER PARA A SÚA CONSECUCIÓN
Formar e ensinar en consenso e co mútuo apoio entre tódolas mestras e mestres do
centro.
Constante disposición ó diálogo e escoita de propostas.
Procuraremos lograr un clima onde todos nos atopemos a gusto, onde poder traballar
xestionando o centro dunha forma participativa e democrática.
Fomentar nos pais e nais a participación e colaboración no centro e recalcar que son eles
os primeiros responsables da educación e formación dos seus fillos, tarefa na que estamos
todos implicados.
Favorece-la convivencia no centro e garantir a resolución dos conflitos con estratexias
de mediación, a través do plan de convivencia e do plan de igualdade.
Trataremos de incentivar co exemplo.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
5
Potencia-la toma de decisións de maneira democrática.
Por último, ilusionar e motivar ó profesorado en actividades de formación e técnicas de
innovación pedagóxicas.
1.3. RECURSOS PREVISTOS
Os recursos a utilizar:
a) Recursos persoais
Para a consecución dos obxectivos contamos con:
Catro mestras de educación infantil
Sete mestras titoras de educación primaria (1 especialidade de francés)
Unha especialista de música
Un especialista de inglés
Un especialista de educación física con titulación B2 en inglés
Unha especialista en relixión católica (compartida co CPI San Tomé do Carballo
de Taboada)
Departamento de orientación:
Unha orientadora, xefa do departamento (compartida co CEIP Virxe da Luz de
Portomarín)
Unha especialista de pedagoxía terapéutica
Unha especialista en audición e linguaxe
Persoal non docente
Unha auxiliar de conversa procedente de USA
Contamos cunha coidadora dous días á semana, pois temos un alumno con N.E.E.
en escolarización combinada co CEE Infanta Elena de Monforte de Lemos
Tres persoas na cociña da escola (unha cociñeira e dúas axudantes)
Un conserxe, que tamén realiza labores de limpeza do centro.
Unha persoa para realizar labores de limpeza na escola, en xornada de mañá e de
tarde.
b) Recursos materiais:
O centro conta con biblioteca, aula de informática, aula de inglés, unha aula de
música, unha aula de relixión, un ximnasio e unha sala polivalente. Existen varias aulas
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
6
baleiras que se utilizan para diversos fins (atención educativa a alumnos que non teñen
relixión, en infantil; valores sociais e cívicos, en primaria, apoios, reforzo educativo,
edución plástica…) Nas aulas hai proxectores, ordenadores e pizarras interactivas. De
tódolos xeitos a aula de informática (con ordenadores moi vellos, e a metade funciona
mal ou non funciona), precisa máis dotación. O problema dos ordenadores exténdese a
varias aulas, pois case tódolos equipos son moi vellos e o seu rendemento é moi baixo.
A utilización dos espazos este ano virá determinada polo “Plan de adaptación á
situación Covid-19 para o curso 2020-2021”, que se adxunta a esta PXA.
c) Recursos institucionais:
Contamos coa colaboración dalgúns servizos externos como a orientadora
familiar, (dependente do Concello) así como diferentes organizacións implicadas
directamente no proceso de ensino-aprendizaxe do noso alumnado (Gogami, EOE, etc.).
2. ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS E ORGANIZATIVAS DE ATENCIÓN
Ó ALUMNADO CON NEAE
Incluimos o Plan Anual de Actividades do Departamento de Orientación,
como Anexo I desta PXA
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
7
3. ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA
EQUIPO DIRECTIVO
Directora: Mª José Carreira
López
Xefa de estudos: Verónica
Gómez Conde Secretaria: Miriam Paz Aira
TITORÍAS DE EDUCACIÓN INFANTIL
4º: Silvia García Iglesias
5º: Mª José Carreira López
6º: Begoña Darriba Rodríguez
TITORÍAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA
1º: Mª Guillermina Mosquera Sánchez 5ºA: Mª Esperanza Díaz Sindín
2º: Miriam Paz Aira 5º B: Patricia González Álvarez
3º: Ana Isabel Gayoso Aguiar 6º: Mª del Carmen Otero Cebral
4º: Milagros Vázquez Expósito
MESTRAS ESPECIALISTAS
RELIXIÓN Mª Begoña Carballo Quintá (Compartida co CPI San Tomé
do Carballo de Taboada)
EDUCACIÓN FÍSICA
PERFIL B2 Diego Trigo Castedo
MÚSICA María Fouz Moreno
APOIO EI Mª Pilar Fernández Vázquez
AL Laura Fernández Vázquez
PT Adelaida Diéguez Vázquez
FILOLOXÍA INGLESA Adara López Rodríguez (Substituta de Amalia Ledo García)
ORIENTADORA Verónica Gómez Conde (Compartida co CEIP Virxe da Luz
de Portomarín)
DEPARTAMENTO DE
ORIENTACIÓN
Or.: Verónica Gómez Conde
PT: Adelaida Diéguez Vázquez
AL: Laura Fernández Vázquez
Coordin. infantil: Silvia Garcia Iglesias
Coord. 1º e 2º de primaria: Mª Guillermina Mosquera
Sánchez
Coord. 3º e 4º de primaria: Ana Isabel Gayoso Aguiar
Coord. 5º e 6º de primaria: Mª Esperanza Díaz Sindín
COMISIÓN DE
COORDINACIÓN
PEDAGÓXICA
Dir.: Mª José Carreira López
X. de Est e Orientadora: Verónica Gómez Conde
PT: Adelaida Diéguez Vázquez
AL: Laura Fernández Vázquez (Secretaria)
Coordin. infantil: Silvia García Iglesias
Coord. 1º e 2º primaria: Mª Guillermina Mosquera Sánchez
Coord. 3º e 4º primaria: Ana Isabel Gayoso Aguiar
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
8
Coord.5ºe 6º primaria: Mª Esperanza Díaz Sindín
Equipo de biblioteca: Mª Pilar Fernández Vázquez
EQUIPO DE
DINAMIZACIÓN DA
LINGUA GALEGA
Coord.: Laura Fernández Vázquez
Mª Begoña Carballo Quintá
Mª Esperanza Díaz Sindín
Ana Isabel Gayoso Aguiar
Mª del Carmen Otero Cebral
Milagros Vázquez Expósito
COORDINACIÓN DE
ACTIVIDADES
COMPLEMENTARIAS
E EXTRAESCOLARES
Coord.: Miriam Paz Aira
Todo o profesorado.
EQUIPO DE
DINAMIZACIÓN DA
BIBLIOTECA
Resp.: Mª Pilar Fernández Vázquez
Adelaida Diéguez Vázquez
Adara López Rodríguez (Substituta de Amalia Ledo García)
Mª Guillermina Mosquera Sánchez
EQUIPO DE
DINAMIZACIÓN DAS
TIC
Resp.:María Fouz Moreno
María José Carreira López
Begoña Darriba Rodríguez
Silvia García Iglesias
Verónica Gómez Conde
Patricia González Álvarez
Diego Trigo Castedo
Coa finalidade de mellora-la coordinación docente, establecemos tres equipos
docentes de primaria que corresponden cos antigos ciclos de primaria. Ditos equipos
docentes reuniranse cando o faga o equipo de ciclo de educación infantil, e os mestres
que actúan como coordinadores participan nas reunións da CCP e o Departamento de
Orientación. Para facilitarlles ese labor de coordinación resérvaselles unha sesión do seu
horario semanal.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
9
EQUIPOS DOCENTES
Equipo de educación infantil Titora de 4º: Silvia García Iglesias (Coordinadora)
Titora de 5º: Mª José Carreira López
Titora de 6º: Begoña Darriba Rodríguez
Apoio de infantil: Mª Pilar Fernández Vázquez
Equipo de 1º e 2º de primaria Titora de 1º: Mª Guillermina Mosquera Sánchez
(Coordinadora)
Titora de 2º: Miriam Paz Aira
María Fouz Moreno (Música)
Laura Fernández Vázquez (A.L.)
Equipo de 3º e 4º de primaria Titora de 3º: Ana Isabel Gayoso Aguiar
(Coordinadora)
Titora de 4º: Milagros Vázquez Expósito
Diego Trigo Castedo (E.F.)
Adelaida Diéguez Vázquez (P.T.)
Mª Begoña Carballo Quintá (Relixión)
Equipo de 5º e 6º de primaria Titora de 5º A: Mª Esperanza Díaz Sindín
(Coordinadora)
Titora de 5º B: Patricia González Álvarez
Titora de 6º: Mª del Carmen Otero Cebral
Verónica Gómez Conde (Orientación)
Adara López Rodríguez (Substituta de Amalia Ledo
García)
POSTOS DE TRABALLO orde 16 de xullo de 2018 (DOG do 30 de xullo de 2018)
EI EP FI FF EM EF PT ALC DO TOTAL
Catálogo
do centro
4
6
1
1
1
1
1
1
1
17
Catálogo
no curso
actual
4
6
1
1
1
1
1
1
1
17
Cubertos
con destino
definitivo
4
6
1
1
1
1
1
1
1
17
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
10
A día da elaboración da PXA, Diego Trigo Castedo é o mestre de educación física, cuxo
titular é Xosé Mariño Varela (liberado sindical) e Adara López Rodríguez é a mestra de
inglés, substituíndo a Amalia Ledo García (de baixa).
COMPOSICIÓN DE UNIDADES DO CENTRO / MATRÍCULA
MATRÍCULA
GRUPO ED. INFANTIL ED. PRIMARIA
4º EI 5º EI 6º EI 1º 2º 3º 4º 5º 6º
Nº ALUMNOS 19 20 20 16 20 21 20 29 19
UNIDADES 1 1 1 1 1 1 1 2 1
HORARIOS CURSOS
Na elaboración dos horarios tivéronse en conta os seguintes criterios:
A mestra de inglés non ten horas suficientes para dar as sete sesións de plástica en inglés
que corresponden este ano escolar, posto que ó mestre de educación física lle sobran
horas e conta con perfil B2, el imparte as clases de educación artística en inglés, en
tódolos cursos de primaria.
A mestra de música imparte ademais as clases de valores sociais e cívicos en tódolos
cursos de primaria.
A mestra de apoio de infantil dará dúas sesións de psicomotricidade semanais en cada
grupo e tamén dará as clases de atención educativa ó alumnado que non curse a materia
de relixión. Completa o horario con sesións de apoio en infantil.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
11
6º CURSO
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
9:35-
10:30
INGLÉS
MATEMÁTICAS
MATEMÁTICAS
PLÁSTICA
MATEMÁTICAS
10:30-
11:25
MATEMÁTICAS
LINGUA
GALEGA
LINGUA
GALEGA
MATEMÁTICAS
MÚSICA
11:25-
12:20
RELIXIÓN/
ALTERNATIVA
LINGUA
CASTELÁ
INGLÉS
E.F.
LINGUA
CASTELÁ
12:20-
12:50
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
12:50-
13:45
L.CONFIGUR.
C. NATURAIS
LINGUA
CASTELÁ
LINGUA
GALEGA
C. SOCIAIS
13:45-
14-35
C. SOCIAIS
E.F.
C. SOCIAIS
C. NATURAIS
INGLÉS
CURSO 5º A
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
9:35-
10:30
MATEMÁTICAS
MATEMÁTICAS
MATEMÁTICAS
MATEMÁTICAS
INGLÉS
10:30-
11:25
LINGUA
CASTELÁ
INGLÉS
MÚSICA
LINGUA
CASTELÁ
MATEMÁTICAS
11:25-
12:20
LINGUA
GALEGA
E.F.
LINGUA
CASTELÁ
LINGUA
GALEGA
E.F.
12:20-
12:50
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
12:50-
13:45
RELIXIÓN/
ALTERNATIVA
LINGUA
GALEGA
LINGUA
GALEGA
PLÁSTICA
LINGUA
CASTELÁ
13:45-
14-35
CIENCIAS
NATURAIS
CIENCIAS
SOCIAIS
INGLÉS
CIENCIAS
NATURAIS
CIENCIAS
SOCIAIS
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
12
CURSO 5ºB
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
9:35-
10:30
MATEMÁTICAS
MATEMÁTICAS
MÚSICA
MATEMÁTICAS
MATEMÁTICAS
10:30-
11:25
INGLÉS
E.F.
INGLÉS
PLÁSTICA
LINGUA
CASTELÁ
11:25-
12:20
LINGUA
CASTELÁ
LINGUA
CASTELÁ
MATEMÁTICAS
LINGUA
CASTELÁ
LINGUA
GALEGA
12:20-
12:50
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
12:50-
13:45
CIENCIAS
NATURAIS
LINGUA
GALEGA
LINGUA
GALEGA
LINGUA
GALEGA
INGLÉS
13:45-
14-35
RELIXIÓN/
ALTERNATIVA
CIENCIAS
SOCIAIS
CIENCIAS
SOCIAIS
CIENCIAS
NATURAIS
E.F.
CURSO 4º
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
9:35-
10:30
MATEMÁTICAS
MATEMÁTICAS
INGLÉS
MATEMÁTICAS
MATEMÁTICAS
10:30-
11:25
LINGUA
CASTELÁ
LINGUA
CASTELÁ
MATEMÁTICAS
LINGUA
CASTELÁ
LINGUA
CASTELÁ
11:25-
12:20
LINGUA
GALEGA
INGLÉS
LINGUA
GALEGA
LINGUA
GALEGA
INGLÉS
12:20-
12:50
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
12:50-
13:45
E.F.
CIENCIAS
NATURAIS
PLÁSTICA
MÚSICA
LINGUA
GALEGA
13:45-
14:25
CIENCIAS
SOCIAIS
RELIXIÓN/
ALTERNATIVA
CIENCIAS
NATURAIS
E.F.
CIENCIAS
SOCIAIS
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
13
3º CURSO
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
9:35-
10:30
E.F.
LINGUA
CASTELÁ
MATEMÁTICAS
MÚSICA
LINGUA
CASTELÁ
10:30-
11:25
LINGUA
CASTELÁ
MATEMÁTICAS
E.F.
CIENCIAS
NATURAIS
CIENCIAS
SOCIAIS
11:25-
11:55
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
11:55-
12:50
INGLÉS
CIENCIAS
NATURAIS
LINGUA
CASTELÁ
LINGUA
GALEGA
RELIXIÓN/
ALTERNATIVA
12:50-
13:45
MATEMÁTICAS
PLÁSTICA
CIENCIAS
SOCIAIS
CIENCIAS
SOCIAIS
MATEMÁTICAS
13:45-
14:25
LINGUA
GALEGA
INGLÉS
LINGUA
GALEGA
INGLÉS
LINGUA
GALEGA
2º CURSO
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
9:35-
10:30
MATEMÁTICAS
CIENCIAS
NATURAIS
E.F.
LINGUA
CASTELÁ
LINGUA
GALEGA
10:30-
11:25
PLÁSTICA
RELIXIÓN/
ALTERNATIVA
MATEMÁTICAS
CIENCIAS
NATURAIS
E.F.
11:25-
11:55
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
11:55-
12:50
LINGUA
CASTELÁ
MATEMÁTICAS
LINGUA
GALEGA
INGLÉS
MATEMÁTICAS
12:50-
13:45
CIENCIAS
SOCIAIS
INGLÉS
MÚSICA
LINGUA
GALEGA
RELIXIÓN/
ALTERNATIVA
13:45-
14:15
LINGUA GALEGA
LINGUA CASTELÁ
CIENCIAS SOCIAIS
MATEMÁTICAS
LINGUA CASTELÁ
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
14
1º CURSO
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
9:35-
10:30
LINGUA
CASTELÁ
RELIXIÓN/
ALTERNATIVA
LINGUA
CASTELÁ
LINGUA
CASTELÁ
E.F.
10:30-
11:25
MÚSICA
MATEMÁTICAS
MATEMÁTICAS
INGLÉS
CIENCIAS
SOCIAIS
11:25-
11:55
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
11:55-
12:50
LINGUA
GALEGA
LINGUA
GALEGA
PLÁSTICA
LINGUA
GALEGA
LINGUA
GALEGA
12:50-
13:45
INGLÉS
CIENCIAS SOCIAIS
CIENCIAS SOCIAIS
MATEMÁTICAS
MATEMÁTICAS
13:45-
14:15
MATEMÁTICAS
LINGUA
CASTELÁ
E.F.
CIENCIAS
NATURAIS
CIENCIAS
NATURAIS
6º E.I.
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
9:35-
10:30
GLOBALIZADO
PSICOM.
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
MÚSICA
10:30-
11:25
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
RELIXIÓN/
ALTERNATIVA
11:25-
12:20
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
PSICOM.
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
12:20-
12:50
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
12:50-
13:45
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
INGLÉS
GLOBALIZADO
13:45-
14:15
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
15
5º E.I
4º E.I
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
9:35-
10:30
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
10:30-
11:25
RELIXIÓN/
ALTERNATIVA
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
MÚSICA
INGLÉS
11:25-
12:20
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
12:20-
12:50
GLOBALIZADO
GLOBALZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
12:50-
13:20
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
13:20-
13:45
GLOBALZADO
PSICOM.
PSICOM.
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
13:45-
14:15
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
9:35-
10:30
MÚSICA
GLOBALIZADO
GLOGALIZADO
GLOBALIZADO
RELIXIÓN/
ALTERNATIVA
10:30-
11:25
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
11:25-
11:50
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
11:50-
12:20
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
RECREO
12:20-
12:50
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
12:50-
13:45
PSICOM.
GLOBALIZADO
INGLÉS
PSICOM.
GLOBALIZADO
13:45-
14:15
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
GLOBALIZADO
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
16
AUXILIAR DE CONVERSA
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
9:35-10:30
INGLÉS 6º
PLURILINGÜISMO
INGLÉS 4º
PLÁSTICA 6º
10:30-11:25
PLÁSTICA
2º
INGLÉS 5º A
INGLÉS 5º B
PLÁSTICA
5ºB
11:25-12:20
11:55-12:50
INGLÉS 3º
PLÁSTICA 1º
INGLÉS 2º
12:50-13:45
INGLÉS 1º
PLÁSTICA 3º
PLÁSTICA 4º
PLÁSTICA
5ºA
4. PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRGANOS COLEXIADOS
CONSELLO ESCOLAR
A composición do consello escolar é a seguinte:
PROFESORADO
Directora: María José Carreira López
Xefa de estudos: Verónica Gómez Conde
Secretaria: Miriam Paz Aira
Representantes dos profesores:
Mª Begoña Carballo Quintá
Begoña Darriba Rodríguez
Amalia Ledo García
Mª Guillermina Mosquera Sánchez
PAIS/NAIS
Mª Paz Moreno Vázquez
Ana Mª Rivas Martínez
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
17
Esther Rodríguez Sampaio
Carlos Varela Pérez
REPRESENTANTE DA ANPA
Manuela Pérez Rodríguez
REPRESENTANTE DO PERSOAL LABORAL NON DOCENTE
Susana Pérez López
REPRESENTANTE DO CONCELLO
Luis Mariño Castro
COMISIÓN ECONÓMICA
Directora: María José Carreira López
Secretaria: Miriam Paz Aira
Representante dos pais: Carlos Varela Pérez
Representante dos mestres: Verónica Gómez Conde
COMISIÓN DE CONVIVENCIA
Directora: María José Carreira López
Representantes do profesorado:Verónica Gómez Conde
Miriam Paz Aira
Representantes dos pais: Manuela Pérez Rodríguez
Carlos Varela Pérez
Representantes do persoal non docente: Susana Pérez López
CLAUSTRO DE PROFESORES
O Claustro de profesores no presente curso académico queda do seguinte xeito:
Mª Begoña Carballo Quintá
Mª José Carreira López
Begoña Darriba Rodríguez
Mª Esperanza Díaz Sindín
Adelaida Diéguez Vázquez
Laura Fernández Vázquez
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
18
Mª Pilar Fernández Vázquez
María Fouz Moreno
Silvia García Iglesias
Ana Isabel Gayoso Aguiar
Verónica Gómez Conde
Patricia González Álvarez
Adara López Rodríguez (substituta de Amalia Ledo García)
Mª Guillermina Mosquera Sánchez
Mª del Carmen Otero Cebral
Miriam Paz Aira
Diego Trigo Castedo
Milagros Vázquez Expósito
Tanto o Consello escolar coma o claustro reuniranse como mínimo unha vez por
trimestre.
5. PLAN DE ACTUACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO
O actual equipo directivo do CEIP Plurilingüe de Monterroso está composto por:
María José Carreira López (Directora)
Verónica Gómez Conde (Xefa de estudos)
Miriam Paz Aira (Secretaria)
Obxectivos organizativos a acadar:
-Establecer procedementos de seguimento e control das diferentes situacións que se
producen acotío no centro.
- Procurar maior eficacia na xuntanza dos órganos colexiados.
- Fomentar valores fundamentais de inclusión, convivencia, igualdade, e coeducación en
toda a comunidade educativa.
- Potenciar a acción titorial a través de técnicas de traballo e de estudo, orientación a
través do PAT.
- Promove-la comunicación entre os membros da comunidade educativa.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
19
-Executar unha xestión económica correcta distribuíndo os recursos económicos de
maneira coherente.
-Impulsar e estimular a participación do profesorado en actividades de formación
permanente, favorecendo a innovación e a experimentación.
-Revisar os documentos e plans de centro e adaptalos anualmente á realidade necesaria.
-Establecer as melloras para o centro acordes coas necesidades.
-Favorecer as relacións con outros equipos directivos de outros centros e con outras
institucións.
Actuacións a levar a cabo para o desenvolvemento dos obxectivos previstos:
1. Xuntanzas semanais do equipo directivo.
2. Revisións periódicas da Programación Xeral Anual.
3. Claridade na redacción das convocatorias dos órganos colexiados e de
coordinación docente.
4. Procurar a execución dos acordos tomados.
5. Participación activa en tódalas reunións dos equipos docentes e órganos
colexiados.
6. Estudo obxectivo das necesidades do centro.
7. Establecemento de criterios que favorecen a mellora da calidade pedagóxica.
6. XORNADA ESCOLAR E HORARIO DO CENTRO
Durante este curso foi necesario unha adaptación dos horarios debido á pandemia de
Covid-19, para poder escalonar as saídas e acceso ó comedor e para poder manter os
grupos estables de convivencia saíndo ós recreos en quendas ben diferenciadas. Así
establecemos os seguintes horarios:
4º de infantil
1ª sesión: 09:35 a 10:30
2ª sesión: 10:30 a 11:25
3ª sesión: 11:25 a 12:20
4ª sesión: 12:20 a 12:50
Recreo 12:50 a 13:20
5ª sesión: 13:45 a 14:15
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
20
5º de infantil
1ª sesión: 09:35 a 10:30
2ª sesión: 10:30 a 11:25
3ª sesión: 11:25 a 11:50
Recreo: 11:50 a 12:20
4ª sesión: 12:20 a 13:45
5ª sesión: 13:45 a 14:15
6º de infantil
1ª sesión: 09:35 a 10:30
2ª sesión: 10:30 a 11:25
3ª sesión: 11:25 a 12:20
Recreo: 12:20 a 12:50
4ª sesión: 12:50 a 13:45
5ª sesión: 13:45 a 14:15
1º e 2º de primaria
1ª sesión: 09:35 a 10:30
2ª sesión: 10:30 a 11:25
Recreo 11:25 a 11:55
3ª sesión: 11:55 a 12:50
4ª sesión: 12:50 a 13:45
5ª sesión: 13:45 a 14:15
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
21
O profesorado os martes pola tarde terá o seguinte horario (agás en setembro e xuño).
1ª hora: 16:00 a 17:00 Atención a pais e nais do alumnado
3º de primaria
1ª sesión: 09:35 a 10:30
2ª sesión: 10:30 a 11:25
Recreo 11:25 a 11:55
3ª sesión: 11:55 a 12:50
4ª sesión: 12:50 a 13:45
5ª sesión: 13:45 a 14:25
4º de primaria
1ª sesión: 09:35 a 10:30
2ª sesión: 10:30 a 11:25
3ª sesión: 11:25 a 12:20
Recreo: 12:20 a 12:50
4ª sesión: 12:50 a 13:45
5ª sesión: 13:45 a 14:25
5º e 6º de primaria
1ª sesión: 09:35 a 10:30
2ª sesión: 10:30 a 11:25
3ª sesión: 11:25 a 12:20
Recreo: 12:20 a 12:50
4ª sesión: 12:50 a 13:45
5ª sesión: 13:45 a 14:35
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
22
2ª hora: 17:00 a 18:00 Reunións de equipos docentes
GARDAS DE RECREO E DE ATENCIÓN Ó ALUMNADO TRANSPORTADO
A ordenación dos recreos e a atención ó alumnado transportado sofre grandes
modificacións, que recollemos no Programa de acollida, que acompaña a esta PXA, como
anexo do “Plan de adaptación á situación COVID para o curso 2020-2021”
MESTRAS/E DE GARDA DO
ALUMNADO TRANSPORTADO
DÍA
BEGOÑA DARRIBA, ANA, DIEGO,
MARÍA LUNS
MIRIAM, MARÍA, LAURA VERÓNICA MARTES
GUILLERMINA, ADARA, PILI, SILVIA MÉRCORES
ESPERANZA, PATRICIA, CARMEN,
MILAGROS
XOVES
BEGOÑA CARBALLO, PILI, AIDA,
ADARA
VENRES
Establécese tamén unha quenda de gardas de saída do alumnado que non fai uso do
comedor e que sae de maneira escalonada.
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
14:15 a
14:35
Guillermina Milagros Miriam Guillermina Miriam
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
23
7. PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DAS REUNIÓNS DOS ÓRGANOS DE
GOBERNO
Claustro de mestres:
O Claustro reunirase preceptivamente unha vez por trimestre e sempre que as necesidades
do centro así o requiran.
Consello escolar:
Realizaranse reunións de consello escolar unha vez por trimestre e sempre que sexa
preciso.
Equipo directivo:
Realizarán tódalas reunións que sexan necesarias, e como mínimo unha por semana.
8. PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DAS REUNIÓNS DOS ÓRGANOS
DE COORDINACIÓN DOCENTE
SET OUT NOV DEC XAN FEB MAR ABR MAI XUÑ
CCP 8 13 24 1 9 6 11 23
Ciclo 7 20 12 23 13 18 24
NL 4 17 2 23 4 25
BIBL. 4 17 2 23 4 25
TIC 4 17 2 23 4 25
EXT 3 19 2 20 25
D. OR 9 10 26 9 27 23
DATAS DAS AVALIACIÓNS
1ª AVALIACIÓN
14 e 15 de decembro.
Entrega de notas: 22 de decembro
2ª AVALIACIÓN
16 e 17 de marzo
Entrega de notas: 26 de marzo
3ª AVALIACIÓN
14 e 15 de xuño.
Entrega de notas: 22 de xuño
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
24
9. PARTICIPACIÓN DO PROFESORADO DO CENTRO EN PROGRAMAS
DE INNOVACIÓN EDUCATIVA
Voz Natura. Este curso continuamos participando no proxecto que
impulsa a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
Centro Plurilingüe
Este é o sexto curso dende que o noso centro se incorporou á lista de centros
plurilingües. A coordinadora do programa é a mestra especialista de inglés,
Amalia Ledo García, substituída por Adara López Rodríguez. Impártese en
inglés a materia de educación artística en tódolos cursos de primaria.
Contamos tamén cunha auxiliar de conversa que participará nalgunhas clases
de inglés de primeiro a sexto de primaria e nas sesións de educación artística.
PROXECTO PLURILINGÜE
1. INTRODUCIÓN
A posibilidade de comunicarse nunha lingua estranxeira constitúe unha
necesidade esencial na sociedade actual. É unha necesidade prioritaria no marco da Unión
Europea, da circulación de profesionais, dos intercambios culturais e da comunicación de
noticias e coñecementos.
Existe, por iso, unha grande demanda social para que a educación obrigatoria proporcione
aos alumnos unha competencia comunicativa nalgunha lingua estranxeira.
A aprendizaxe das linguas estranxeiras deberá ser moito máis flexible e adaptable.
Deberá combinar os contidos propiamente lingüísticos cos socioculturais e dar unha
imaxe tan fiel como sexa posible das realidades sociais, económicas e culturais dos
países de fala inglesa.
Conscientes da importancia do coñecemento das linguas estranxeiras, o Ceip Plurilingüe
de Monterroso no curso 2020-2021, segue a participar no proxecto plurilingüe,
incremententando cada curso un nivel máis o ensino da Educación Artística:
Plástica en lingua inglesa.
A capacidade de comunicarse noutra lingua mellora a comprensión e o dominio da propia
e, ao mesmo tempo, favorece actitudes e valores relacionados co aprecio e o respecto aos
modelos de vida distintos e a aceptación das diferenzas.
O feito de impartir a materia de Educación Artística: Plástica en inglés dende idades
temperás, favorecerá o desenvolvemento nos alumnos das competencias básicas nun
medio plurilingüe.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
25
A área de Educación Plástica en inglés ten como obxecto formar persoas que poidan
empregar dita lingua para comprender, falar e conversar, ler e escribir. A Plástica trata de
proporcionarlle ao alumnado habilidades de observación e interpretación de imaxes, de
experimentación e crecemento persoal.
A maioría das oportunidades de aprendizaxe danse no contorno escolar. Esta
circunstancia fai necesaria a inclusión de contidos que incorporen situacións de
comunicación propias de ámbitos diversos ademáis do académico, especialmente os das
relacións sociais, os medios de comunicación e o literario.
O eixe da Educación Plástica en lingua estranxeira no currículo, constitúe un
procedemento dirixido á consecución dunha competencia comunicativa efectiva oral e
escrita, en contextos sociais significativos, que permita expresarse con progresiva eficacia
e correción e dotar aos nenos e nenas cunha arma útil para que os axude a afrontar os seus
estudos posteriores, así coma dotalos de recursos e estratexias de comunicación
lingüísticas e non lingüísticas.
O desenvolvemento do proxecto plurilingüe enmárcase no contexto das directivas
europeas nas que se recomenda aos estados membros ensinar dous idiomas da Unión,
ademáis da lingua nacional. O seu desenvolvemento, polo tanto, favorece a diversidade
cultural.
Os programas de educación plurilingüe constitúen unha resposta adaptada a:
A diversificación lingüística e cultural de Europa.
A mobilidade profesional.
A cooperación entre países.
A participación nos programas educativos europeos.
A intensificación dos intercambios escolares e universitarios.
As vantaxes do ensino plurilingüe son numerosas:
Un desenvolvemento das capacidades de “educación lingüística” cunha mellora
considerable da aprendizaxe dunha lingua estranxeira propiciando ademáis o
fortalecemento da competencia metalingüística.
Un desenvolvemento das capacidades xerais para aprender. O feito de estar en contacto
con outras linguas desenvolve no alumnado unha “flexibilidade cognoscitiva” moi
proveitosa en toda aprendizaxe intelectual, capacidades de abstracción, así como o
aumento da creatividade e da imaxinación.
Unha apertura cultural. O uso regular dunha segunda lingua, permite tamén pór en
relación distintas maneiras de percibir e de describir a realidade, favorecendo o interese
por outras culturas e por outras formas de pensar no mundo.
2. DATOS DO PROXECTO
Este é o sexto curso dende que o noso centro se incorporou á lista de centros
plurilingües de Galicia. A coordinadora do programa é a mestra especialista
de Inglés, Adara López Rodríguez.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
26
A materia de Educación Artística: Educación Plástica impártese en primeiro, segundo,
terceiro, cuarto, quinto e sexto curso de Educación Primaria, empregando en todo
momento a lingua inglesa como lingua vehicular.
Esta materia impártea en tódolos cursos o mestre especialista en Educación Física e con
perfil B2, Diego Trigo Castedo. Contaremos tamén cunha Auxiliar de Conversa que
participará nalgunhas clases de Inglés de primeiro a sexto de primaria, e tamén en
tódalas sesións de Educación Artística (Plástica) de primeiro a sexto. Neste caso será a
estadounidense Alexis Marie Bullock quen reforzará e potenciará o emprego da lingua
inglesa na aula dende o mes de outubro ata o mes de maio, inclusive.
Serán, polo tanto, un total de 125 alumnos e alumnas os que participarán neste proxecto
no presente curso académico 2020-2021.
Cómpre mencionar que, seguindo o protocolo Covid19 e tendo en conta as medidas que
nel se especifican para levar a cabo en tódolos centros educativos de primaria de Galicia,
non poderemos facer uso da aula de Plástica nin da aula de Inglés para impartir esta
materia. O mestre especialista xunto coa Auxiliar lingüística, serán quen acudan a cada
unha das aulas para impartir a materia de Educación Artística.
3. COMPETENCIAS CHAVE, OBXECTIVOS E CONTIDOS DA ÁREA.
A contribución da área de Plástica como parte da área de Educación Artística no
desenvolvemento das competencias básicas, os obxectivos e contidos incluídos no
Proxecto Educativo do noso centro, e que se manterán aínda que se impartan en Inglés,
son os seguintes:
3.1. COMPETENCIAS CHAVE
COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA
Contribúese a través da riqueza de intercambios comunicativos que se xeneran, do uso do
vocabulario específico, da descrición de procesos de traballo, da argumentación de
solución dadas, da valoración da obra artística…
COMPETENCIA MATEMÁTICA E COMPETENCIAS BASICAS EN CIENCIA E
TECNOLOXÍA
Aínda que en menor medida, esta área contribúe ao desenvolvemento desta competencia
ao abordar representacións xeométricas, mobiliario, obxectos cotiás, espazo natural,
referencias para organizar a obra artística no espazo…
COMPETENCIA DIXITAL
O uso da tecnoloxía como ferramenta para mostrar procesos relacionados coas artes
visuais, como axuda para a búsqueda de información sobre manifestacións artísticas, para
intercambiar información sobre ámbitos referidos ao contorno próximo ou lonxano,
etc., contribúen ao desenvolvemento desta competencia.
COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER
Contribúe na medida na que se favorece a reflexión sobre os procesos de manipulación de
obxectos, experimentación con técnicas e materiais, texturas, formas ou espazos, co fin
de que os nenos/as adquiran bagaxe suficiente para empregalos en diferentes situacións.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
27
O desenvolvemento desta capacidade plantexa a conveniencia de establecer pautas para
que o exercicio de observación proporcione información apropiada e suficiente.
COMPETENCIAS SOCIAIS E CÍVICAS
No ámbito da Plástica, a creación supón, en moitas ocasións, un traballo en equipo que
fai necesaria a cooperación, asumir responsabilidades, seguir normas e instrucións, coidar
materiais e instrumentos, utilización de espazos axeitadamente… Todo isto forma parte
do compromiso cos demais, respecto, aceptación e entendemento.
SENTIDO DE INICIATIVA E ESPIRITU EMPRENDEDOR
O proceso que leva ao neno/a á exploración inicial, planificación das tarefas, búsqueda de
solucións e adquisición de coñecementos, demanda un esforzo para acadar os resultados
requiridos.
A creatividade require actuar con autonomía, poñer en marcha iniciativas e barallar
solucións diversas. Este proceso contribúe á orixinalidade, formas innovadoras e
variedade de respostas.
CONCIENCIA E EXPRESIÓNS CULTURAIS
Ponse a énfase no coñecemento de distintos códigos artísticos e no uso de técnicas e
recursos que lle son propios á área, axudando ao alumnado a iniciarse na percepción e
comprensión do mundo que o rodea. A área propicia o achegamento a diversas
manifestacións culturais e artísticas, tanto do contorno máis próximo como doutros
lugares.
Esta área sérvese do medio como pretexto para a creación artística e contribúe á
apreciación do contorno ao través do traballo con formas, cores, liñas, texturas,
movemento… Fíxase tamén nas agresións que deterioran a calidade de vida e axuda aos
nenos/as a tomar conciencia da importancia de manter un contorno físico agradable e
saudable.
3.2. OBXECTIVOS XERAIS
O obxectivo fundamental deste proxecto é que o noso alumnado adquira coñementos
de lingua inglesa a través doutra área con actividades lúdicas e motivadoras, que á súa
vez sexan efectivas para a aprendizaxe. É dicir, globalizar as experiencias sen olvidar a
lingua con fins concretos.
Outros obxectivos xerais do proxecto son:
Coñecer e aprender os aspectos fundamentais que caracterizan á sociedade dos países de
cultura anglosaxona.
Acadar o dominio das catro destrezas que caracterizan a aprendizaxe dunha lingua: falar,
escribir, escoitar e ler.
Valorar o coñecemento doutras sociedades e culturas a través do uso da lingua inglesa,
facendo posible o achegamento entre os cidadáns da Unión Europea e doutros
continentes.
Coñecer e valorar as diferentes manifestacións artísticas do patrimonio cultural do propio
pobo e doutros pobos, colaborando na conservación e renovación das formas de
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
28
expresión e estimando o enriquecemento que supón o intercambio con persoas de
diferentes culturas.
Participar activamente nas producións artísticas de forma cooperativa, asumindo distintas
funcións e colaborando na resolución dos problemas que se presenten.
3.3. CONTIDOS DA ÁREA
Luces, sombras e formas básicas.
Sombreado. Raias e difuminados.
As liñas rectas e as liñas curvas.
Imaxes abstractas e imaxes figurativas.
A observación da realidade.
Uso da cor nos distintos planos.
As imaxes informativas e didácticas.
O deseño de tarxetas.
As texturas.
A colaxe e e os materiais cotiáns na plástica.
A exploración de materiais de reciclaxe para crear obras de arte.…
O retrato e a súa interpretación.
Uso e técnicas do gravado e a estampación.
A natureza morta.
O calendario e os días da semana.
A paisaxe e os seus elementos.
Descrición de imaxes presentes en contextos próximos.
Os códigos gráficos e os seus significados.
A sensación de movemento nas obras de arte.
O nivel de iconicidade das imaxes.
Corpos con volume e pregado.
As formas xeométricas.
Representación de paisaxes dende diferentes puntos de vista.
A representación afectiva das imaxes.
A expresividade das imaxes.
Polo tanto, os contidos a traballar durante este curso académico serán os descritos no
Decreto 105/2014, correspondentes a cada nivel de Educación Primaria na Comunidade
Autónoma de Galicia.
4. ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS
Para acadar estas competencias, obxectivos e contidos, elaboraremos as unidades
didácticas axeitadas cos seus criterios de avaliación correspondentes.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
29
Impartindo a área de Plástica en lingua inglesa, ademáis de acadar os obxectivos propios
da mesma, intentaremos:
Desenvolver a capacidade de expresión e comprensión do alumnado en inglés de acordo
ao seu nivel.
Fomentar o plurilingüismo como recurso favorecedor do achegamento a outras culturas.
Potenciar o coñecemento e emprego da lingua estranxeira para mellorar a capacidade de
interacción e integración social dos alumnos/as no contexto próximo e no da Comunidade
Europea.
Mellorar a calidade da educación que se imparte no centro a través de plans e proxectos
innovadores.
A aprendizaxe da Plástica en inglés centrarase no que lles resulta familiar e próximo para
reforzar a súa seguridade no uso do inglés, favorecendo así o seu crecemento persoal ao
reforzar a súa propia seguridade ao partir de cousas que lle son coñecidas. Fomentaranse
as situacións comunicativas en todo momento, incluíndo o xogo e o humor, para motivar
ao alumnado.
A existencia dun contorno relaxante resulta decisiva á hora de aprender a tódalas idades,
como forma non só de potenciar a aprendizaxe de coñecementos, senón de que a
afectividade do alumnado se vexa protexida e estimulada. Os nenos aprenderán a través,
sobre todo, do que fan.
A situación actual non nos permite facer traballos en parellas ou grupais, como sí se viña
facendo en cursos anteriores. Neste caso, tódalas actividades propostas serán individuais,
salvo aquelas colaborativas onde os nenos e nenas poidan participar sen necesidade de
facelo todos xuntos á vez (por exemplo, elaborando un mural conxunto al longo de varios
días ou semanas).
5. PAUTAS DE AVALIACIÓN DO PROXECTO
Para facer un bo seguimento do proxecto iremos valorando aspectos como:
Organización do centro: adecuación, cambios, melloras a introducir…
Progreso na consecución de obxectivos.
Adecuación e secuenciación dos contidos, da metodoloxía, instrumentos de avaliación, e
se é necesario, reformular os criterios.
Adaptar o traballo do profesorado para desenvolver o proxecto: organización,
colaboración, reunión…
Incidencia no centro: resposta do profesorado implicado, das familias, doutros aspectos…
Avaliación inicial:
Diagnóstico da situación inicial, toma de contacto cos alumnos/as, coñecer os seus
intereses, observar a súa autoimaxe para, a partir da realidade, ir construíndon eles unhas
expectativas ilusionantes, convencéndose da posibilidade de comunicarse noutra lingua
ademais de facer tarefas moi motivadoras.
Avaliación continua:
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
30
A revisión do proxecto será continua, anotando as incidencias relevantes cunha
periodicidade semanal, recabando información cos outros mestres/as nas reunións
de coordinación e de ciclo.
Avaliación final:
Ao remate do curso elaboraremos a memoria para ver os resultados acadados, a
dificultade para levar adiante o proxecto, os cambios necesarios na programación, análise
das estratexias para optimizar o rendemento e manter a ilusión do alumnado.
6. BASES LEGAIS
ORDE do 12 de maio de 2011
DOG do 20 de maio de 2011
DECRETO 79/2010
Iniciativa ARCO
Este curso solicitamos a participación na iniciativa ARCO para a mellora do éxito
escolar do noso alumnado. Non fomos admitidos na convocatoria.
10. PLAN DE CONVIVENCIA E PLAN DE IGUALDADE
O plan de convivencia do centro aprobouse no curso 2015-2016. A finalidade
deste plan é concreta-la organización e funcionamento do centro en relación á
convivencia, establece-las liñas xerais do modelo de convivencia, as normas que a
regulan e as actuacións a realizar na mellora da convivencia do centro.
Persegue como obxectivos fundamentais:
Mellora-las relacións entre tódolos membros da comunidade educativa,
implicándoos en actividades encamiñadas á convivencia no centro.
Previ-los conflitos dentro e entre os distintos sectores da comunidade educativa.
Fomenta-la implicación das familias, tanto na transmisión de valores ós seus fillos
como na colaboración cos docentes na tarefa educativa.
Formar en valores propios dunha sociedade democrática, participativa e tolerante.
Desenvolver capacidades nos alumnos/as de toma de decisión responsables,
aprender a dicir NON fronte a influencias ou presións negativas.
Educar no saber escoitar ós outros e na aceptación das opinión dos demáis.
Crear un ambiente de traballo en equipo, potenciando actividades grupais que
logren un clima san e alegre de convivencia.
Mellora-lo grao de aceptación e cumprimento das normas do centro para
potenciar un clima de diálogo, acollida e búsqueda pacífica de solucións.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
31
Previ-lo absentismo escolar, o acoso, a violencia de xénero, previr e detectar
conflitos e favorece-la integración efectiva de todo o alumnado, seguindo o decreto
8/2015 do 8 de xaneiro sobre convivencia.
Educar polo tanto en valores de liberdade, comunidade, verdade e solidariedade.
As estratexias didácticas que se levarán a cabo ante situacións conflitivas que se
poidan presentar no noso centro partirán sempre da prevención e do diálogo:
- Elaboración anual de normas e medidas correctoras.
- Información sobre a normativa a familias e alumnado a través das
reunións a principio de curso, titorías, entrevistas,…
- Debates e discusións cos alumnos/as sobre o cumprimento das normas,
elección de delegados e responsables da clase, normas específicas
elaboradas nos grupos clase.
- Favorecemento da convivencia aproveitando as celebracións festivas
como Nadal, día da Non violencia e da Paz, festas do colexio, día de
Europa, día da Muller Traballadora, día da discapacidade, día en contra do
acoso, despedida dos alumnos que acaban a etapa de primaria…
- Concienciación e sensibilización ó longo do curso por medio de distintas
campañas solidarias promovidas desde distintas institucións.
- Fomento do autocontrol, relación e asertividade mediante a educación de
habilidades sociais e a intelixencia emocional.
Utilizaranse medidas para detectar e resolver conflitos por medio da vixilancia das
instalacións por parte do profesorado, entrevistas cos alumnos, clasificación das condutas
contrarias ás normas de convivencia tanto graves como leves…
Por outra parte o plan de igualdade elaborouse o curso pasado, destacaremos del o
seguinte:
Obxectivos relacionados coa coeducación:
1. Promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
2. Prevención, detección e intervención en casos de violencia de xénero.
3. Promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual.
4. Prevención, detección e intervención en casos de LGBTIfobia.
O obxectivo xeral do Plan de Igualdade é fomentar as relacións igualitarias desde un
ambiente de colaboración e participación de ámbolos sexos.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
32
A información e a reflexión sobre estos temas poden axudar a previr as consecuencias
negativas da violencia de xénero, presentando a igualdade de xénero como medio para
promover a concordia e a equidade desde o principio do respecto ás diferenzas.
Os obxectivos a perseguir co Plan de Igualdade están distribuídos nos seguintes
apartados:
Medidas concretas de actuación:
1. Organización do centro.
1.- Favorecer a representación de homes e mulleres nos órganos de decisión e
representación de xeito equitativo; por exemplo nos órganos colexiados de goberno,
Consello Escolar e Comisión de convivencia.
2.- Nomeamento da persoa responsable en materia de igualdade no Consello Escolar
para o impulso do Plan de Igualdade. A responsable é Verónica Gómez Conde, xefa do
DO do noso centro e xefa de estudos.
3.- Difusión do plan entre os distintos axentes da comunidade educativa
4.- Promoción da formación e participación do profesorado, das familias e do
alumnado en materia de igualdade; a través de PFPP, plans de formación permanente do
profesorado, a través de liñas de actuación como poden ser “Escola inclusiva e atención
á diversidade”, “Convivencia escolar e clima da aula. Centros saudables” (Resolución 3
de xullo de 2019).
5.-Emprego de unha linguaxe inclusiva e igualataria na actividade do centro; a través de
murais, frases, imaxes,...
6.-Colaboración con outras entidades na realización de actividades coeducativas
dirixidas á igualdade entre homes e mulleres.
7.- Concreción curricular da educación afectivo-sexual dentro de tódalas
programacións docentes, principalmente de aula, para a contribución das competencias
clave.
8.- Promoción de pautas de actualización e revisión de materiais didácticos que
fomenten a inclusión, a igualdade, a coeducación.
9.-Promoción da utilización correcta e moderada das novas tecnoloxías.
2. Eliminación dos estereotipos de xénero na transmisión dos valores e dos saberes.
1.-Revisión das programacións didácticas e da práctica docente desde unha perspectiva
de xénero, coa finalidade de incluír a mulleres relevantes en cada ámbito do saber.
2.-Revisión de materiais didácticos que se utilizan nas aulas, coa finalidade de revisar se
transmiten valores contrarios á coeducación.
3.-Difusión da información a través de taboleiros no centro para resaltar traballos
coeducativos e de igualdade de xénero.
É importante que toda a cartelería do centro recolla os dous xéneros e modificar aquela
existente que recolla só un deles.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
33
4.-Procurar que tódolos documentos informativos do centro sexan redactados utilizando
unha linguaxe inclusiva.
5.-Revisión dos documentos do centro, tanto a nivel organizativo como pragmático e
facer as modificacións pertinentes para que na súa redación apareza a linguaxe inclusiva.
6.-Procurar no desenvolvemento das tarefas docentes, o uso de ambos xéneros, nas
explicacións, diálogos, debates, exposicións,....
3. Xestión dos espazos, dos recursos e as oportunidades de realización vocacional de
xeito inclusivo.
1.- Realización de actividades de sensibilización na aula.
2.-Revisión da idoneidade dos contidos audiovisuais das actividades do centro.
3.-Promoción da participación do sexo menos representado nas actividades científico-
tecnolóxicas, deportivas, artísticas,...
4.-Promoción de lecturas que fomenten a coeducación.
5.-Xestión de actividades dirixidas nos diversos recreos do centro, coa finalidade de
facelos inclusivos, sostibles e dinámicos, mellorando catro claves: participación,
inclusión social, igualdade de xénero e sostenibilidade ambiental.
4. Inclusión dos valores coeducativos na xestión da convivencia escolar.
1.-Promoción do respecto e bo trato entre mulleres e homes.
3.-Utilización de metodoloxías activas participativas e que favorezan o traballo
cooperativo, como o traballo por proxectos, a gamificación, actividades aprendizaxe
servizo (APS), talleres, campañas,...
4.-Respecto cara á diversidade sexual e de xénero para promover escolas inclusivas,
“todos nos beneficiamos de todo”.
5.-Promoción dos principios de YOGYAKARTA, presentados na Sede da ONU en
Ginebra, son principios sobre a aplicación da lexislación internacional dos dereitos
humanos, con relación á orientación sexual e a identidade de xénero.
6.-Potenciar o traballo cooperativo, traballando así a competencia de aprender a aprender
e espírito emprendedor.
SEGUIMENTO E AVALIACIÓN
Indicadores e instrumentos de avaliación.
A avaliación terá carácter continuo; permitirá valorar se os obxectivos propostos están
sendo os adecuados e se as actividades propostas son as correctas para lograr os
obxectivos e así poder realizar as modificacións oportunas.
Valorarase o grado de implicación de cada un dos membros que compoñen a nosa
comunidade esucativa, así como a súa coordinación e o grado de aceptación das distintas
propostas.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
34
Esta avaliación continua complementarase cunha avaliación final onde se recollan os
resultados obtidos, posibles melloras, erros cometidos, necesidades e grado de
satisfacción coas experiencias.
A través dun sistema de indicadores realizarase un seguimento das medidas previstas
no plan que permitirá avaliar o impacto dos seus obxectivos e medidas coa finalidade de
identificar aqueles aspectos no que é necesario incidir para acadar unha educación
igualitaria.
---Revisión de materiais didácticos vinculados a programas e proxectos educativos co
fin de garantir a perspectiva de xénero.
---Fomento de patios dinámicos, alternativos e coeducativos.
---Se a dinámica dos grupos foi fluída e cooperativa.
---Se os materiaris utilizados foron suficientes, de calidade e libres de características
sexistas.
---Fomento das reflexións colectivas e individuais desenvolvendo valores de equidade
e xustiza social.
---Se a linguaxe empregada, verbal e escrita, nos taboleiros, carteis, murais, respectou
os principios coeducativos establecidos.
Os instrumentos empregados serán o diario do mestre, rexistros anecdotarios, traballos
de campo, follas de rexistro a través da observación e de algunha encuesta proposta de
autoavaliación.
11. PLAN DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (E.D.L.G.) do noso centro, pretende
adoptar medidas de dinamización dirixidas a fomentar o uso da lingua galega, tal e como
se establece no Decreto 79/2010 para o plurilingüismo.
1. Composición:
O E.D.L.G. está formado por seis mestras do centro:
Nome Nivel
Mº Carmen Otero Cebral
6º
Mº Esperanza Díaz Sindín
5ºA
Milagros Vázquez Expósito
4º
Ana Isabel Gayoso Aguiar
3º
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
35
Mº Begoña Carballo Quintá
Relixión
Laura Fernández Vázquez Especialista A.L. (coordinadora)
As xuntanzas realizaranse un martes de cada mes de 16: 00 h. a 17:00 h.
2. Plan xeral para o uso do galego
Intentarase levar a cabo propostas para a dinamización da lingua galega tendo en conta
varios aspectos tales como: o marco legal vixente, o estudo sociolingüístico do centro, a
situación do profesorado e do alumnado e a situación lingüística do centro para, a partires
de todos estes aspectos, definir uns obxectivos e unhas actividades axeitadas á
consecución dos mesmos.
Para os casos necesarios, tomaranse as medidas de apoio e reforzo necesarias para
fomentar o dominio das dúas linguas e para iso o Departamento de Orientación coa
colaboración do E.D.L.G. adoptará as medidas de Reforzo ou apoio para que o alumnado
que o precise acade a competencia lingüística necesaria de acordo a súa idade e grao de
escolarización.
Ao final do curso avaliarase a consecución dos obxectivos propostos, analizaranse as
actuacións dinamizadoras levadas a cabo, a implicación dos membros da comunidade
educativa, os materiais e recursos empregados, e o progreso do alumnado na adquisición
de competencias lingüísticas segundo as propostas realizadas.
3. Obxectivos que se pretenden:
- Manter e avanzar na progresiva normativización do galego como lingua empregada
polos distintos membros da nosa comunidade educativa.
- Favorecer a valoración positiva da lingua galega e potenciación do seu uso en tódalas
situacións comunicativas.
- Fomentar o coñecemento e lectura dos nosos autores e autoras.
- Colaborar cos diferentes equipos do centro, no desenvolvemento de actividades en
galego.
4. Actividades propostas
Dadas as circunstancias que estamos a vivir por mor do COVID-19, non se ambientará a
entrada do centro, tal e como era habitual. Intentaremos realizar actividades virtuais pero
tamén actividades presenciais, sempre e cando se poida cumprir coas medidas de
prevención do COVID-19. (uso da máscara, desinfección, ventilación do espazo, pases
por quendas...)
- En relación ás festas e conmemoracións: Programaranse actividades comúns a todo o
centro pero tendo en conta e adaptándonos ás circunstancias deste curso.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
36
Magosto: Preparación dun taller na biblioteca relacionado cos sentidos. Adiviñas no blog.
Cata de castañas
Samaín: Ambientación da biblioteca e contacontos.
Nadal: Actividade “Lotería de Nadal”
Entroido: Elaboraranse materiais por aula.
Letras Galegas: Actuacións dirixidas a coñecer a vida e obra do personaxe homenaxeado.
Xa que o curso pasado, aprazouse a celebración de Carballo Calero dedicarémoslle un
vídeo no blog e o alumnado poderá participar no kahoot.
Tamén se colaborará nas actividades educativas organizadas polo centro para
conmemorar o día da Muller Traballadora, Semana da Prensa, Día do Libro etc.
- Fomento do uso de bibliotecas de aula.
Organización dos recursos didácticos en galego cos que contamos no centro para crear
bibliotecas de aula que favorezan a lectura do alumnado.
- Blog:
Creación dun novo blog por parte do E.D.L.G. para participar en actividades virtuais e
dar a coñecer outras que serán levadas a cabo no centro.
- Apoio á comunidade educativa
Traballaremos no asesoramento e apoio ao profesorado respecto á tradución e elaboración
de documentos. Dentro do posible, dotaremos ao profesorado de materiais en lingua
galega. Coordinarémonos cos distintos equipos do centro en actividades nas que se poida
fomentar o uso do galego.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
37
12. LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS CURRICULARES
EDUCACIÓN INFANTIL
CUARTO CURSO (3 ANOS)
QUINTO CURSO (4 ANOS)
¡A contar! Matemáticas
para pensar.
SANTILLANA ISBN: 9788468029399
SEXTO CURSO (5 ANOS)
RELIGIÓN CATÓLICA ANAYA (Proyecto
Corazón)
ISBN: 9788469829288
Nuevo Jardín de las Letras.
Consonantes 1. Pauta.
Lectoescritura
ALGAIDA ISBN: 9788490677308
Mis números 3 SANTILLANA ISBN: 9788468015286
Mis números 4 SANTILLANA ISBN: 9788468015293
EDUCACIÓN PRIMARIA
PRIMEIRO CURSO
LENGUA PRIMEROS
PASOS PAUTA. SH
CONTIGO ML
SANTILLANA ISBN: 9788468047416
LINGUA MOCHILA
LIXEIRA SABER
FACER
SANTILLANA ISBN: 9788491850588
MATEMÁTICAS
MOCHILA LIGERA
SANTILLANA ISBN: 9788414111109
MÚSICA MELODÍA GALINOVA ISBN: 9788497372220
CIENCIAS DA
NATUREZA SABER
FACER CONTIGO
SANTILLANA ISBN: 9788491850373
CIENCIAS SOCIAIS
SABER FACER
CONTIGO
SANTILLANA ISBN: 9788491850359
STUDENT´S PACK RICHMOND ISBN: 9788466829205
ACTIVITY PACK RICHMOND ISBN: 9788466829601
RELIGIÓN CATÓLICA
1. NUESTRA CASA
SM ISBN: 9788491076445
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
38
SEGUNDO CURSO
LENGUA SH MOCHILA
LIGERA
SANTILLANA ISBN: 9788468047461
LINGUA MOCHILA
LIXEIRA SABER
FACER
SANTILLANA ISBN: 9788491850625
MATEMÁTICAS SH
CONTIGO MOCHILA
VIAJERA
SANTILLANA ISBN: 9788468047478
MÚSICA MELODÍA GALINOVA ISBN: 9788497372381
CIENCIAS DA
NATUREZA SABER
FACER CONTIGO
SANTILLANA ISBN: 9788491850366
CIENCIAS SOCIAIS
SABER FACER
CONTIGO
SANTILLANA ISBN: 9788491850335
STUDENT´S PACK RICHMOND ISBN: 9788466826242
ACTIVITY PACK RICHMOND ISBN: 9788466825948
RELIGIÓN CATÓLICA2.
NUESTRA CASA
SM ISBN: 9788491076476
TERCEIRO CURSO
STUDENT´S PACK RICHMOND ISBN: 9788466825405
ACTIVITY PACK RICHMOND ISBN: 9788466827317
MÚSICA MELODÍA GALINOVA ISBN: 9788497372237
LENGUA SH CONTIGO SANTILLANA ISBN: 9788468047386
LINGUA SABER FACER
CONTIGO
SANTILLANA ISBN: 9788491852285
MATEMÁTICAS SH
CONTIGO
SANTILLANA ISBN: 9788414111864
CIENCIAS DA
NATUREZA SABER
FACER CONTIGO
SANTILLANA ISBN: 9788491852322
CIENCIAS SOCIAIS
SABER FACER
CONTIGO
SANTILLANA ISBN: 9788491852292
RELIGIÓN CATÓLICA
3. AMISTAD
ANAYA ISBN: 9788469842959
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
39
CUARTO CURSO
LENGUA SABER
HACER
SANTILLANA ISBN: 9788468029566
LINGUA SABER FACER SANTILLANA ISBN: 9788499726168
MATEMÁTICAS VICENS VIVES ISBN: 9788468228815
CIENCIAS DA
NATUREZA
INTEGRADO CELME
GRUPO SM ISBN: 9788498545289
CIENCIAS SOCIAIS
INTEGRADO CELME
GRUPO SM ISBN: 9788498545272
MÚSICA MELODÍA GALINOVA ISBN: 9788497372398
RELIGIÓN CATÓLICA ANAYA EN CONEXIÓN ISBN: 9788467883954
BEEP 4 Student's book
pack
RICHMOND ISBN: 978-84-668-1422-5
BEEP 4 Activity book
pack
RICHMOND ISBN: 978-84-668-1458-4
QUINTO CURSO
STUDENT´S PACK RICHMOND ISBN: 9788466828871
ACTIVITY PACK RICHMOND ISBN: 9788466831369
MÚSICA MELODÍA GALINOVA ISBN: 9788497372244
LENGUA SH CONTIGO SANTILLANA ISBN: 9788468048895
LINGUA MOCHILA
LIXEIRA
SANTILLANA ISBN: 9788491852247
MATEMÁTICAS SH
CONTIGO
SANTILLANA ISBN: 9788468048963
CIENCIAS DA
NATUREZA
SABER FACER
CONTIGO
SANTILLANA ISBN: 9788491852353
CIENCIAS SOCIAIS
SABER FACER
CONTIGO
SANTILLANA ISBN: 9788491852339
RELIXIÓN CATÓLICA
5. AMISTAD
ANAYA ISBN: 9788469844465
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
40
SEXTO CURSO
LENGUA SABER
HACER
SANTILLANA ISBN: 9788468031712
LINGUA SABER FACER SANTILLANA ISBN: 9788499724973
BEEP 6 Activity book
pack
RICHMOND ISBN: 9788466815321
BEEP 6 Student's book
pack
RICHMOND ISBN: 9788466815314
MATEMÁTICAS VICENS VIVES ISBN: 9788468215549
CIENCIAS DA
NATUREZA
INTEGRADO CELME
GRUPO SM ISBN: 9788498545319
CIENCIAS SOCIAIS
INTEGRADO CELME
GRUPO SM ISBN: 9788498545302
MÚSICA MELODÍA GALINOVA ISBN: 9788497372404
RELIXIÓN ANAYA ISBN: 9788467884043
13. PROGRAMACIÓN ANUAL DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E
EXTRAESCOLARES
Terán carácter de complementarias aquelas actividades didácticas que se realizan co
alumnado en horario lectivo e que, formando parte da programación, teñen carácter
diferenciado polo momento, espazo ou recursos que utilizan. Así cabe considerar as
visitas, traballos de campo, viaxes de estudoo, conmemoracións e outras semellantes.
Teñen carácter de extraescolares aquelas que, sendo organizadas polo centro e figurando
na programación xeral anual, presentada ó consello escolar, se realizan fóra do horario
lectivo. A participación nas mesmas será voluntaria.
Teñen especial importancia no proceso formativo do alumno/a todas aquelas
actividades que propicien o contacto co contorno, xa que facilitan a inserción da escola na
sociedade e achegan esta á escola.
As actividades complementarias e extraescolares teñen como obxectivos:
- Aproveita-lo tempo libre: educación en e para o ocio.
- Servir de medio permanente de autoeducación.
- Coñecer e comprende-lo medio físico, cultural e social do contorno, de xeito que nos
sintamos parte integrante do mesmo.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
41
- Capacitar para vivir en sociedade, favorecendo o diálogo e desenvolvendo actitudes
positivas cara ás otras persoas.
- Estimular o desexo de saber e a actitude de investigación, fomentando a creatividade ó
ter que resolver problemas con solucións novas.
- Conseguir que a persoa coñeza e acepte a súa situación concreta e persoal.
- Desenvolve-lo espírito crítico dos participantes ó ter que valorar e empregar datos que
lle chegan e que recolle.
- Fomentar no neno/a un maior grao de responsabilidade ó ter que colaborar en
actividades da sociedade.
- Fomentar a relación cos nenos/as de outros centros escolares.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS PROGRAMADAS PARA O CURSO
ESCOLAR
Celebración das Letras Galegas do 2020 a semana do 26 ao 30 de outubro
Celebración do magosto 5 e 6 de novembro
Samain – Halloween 2 e 3 de novembro
Celebración de Nadal.
Celebración do entroido
Obradoiros no centro.
Contacontos e actividades lúdicas no centro.
CONMEMORACIÓNS
Durante o curso escolar celébranse, como mínimo, as conmemoracións previstas
na Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso
2020/2021 nos centros docentes sostidos con fondos públicos naComunidade
Autónoma de Galicia:
Día Universal da Infancia– 20 de novembro de 2020.
Día internacional contra a Violencia de Xénero – 25 de novembro de 2020.
Conmemoración da Constitución e Estatuto de Autonomía de Galicia –do 30 de
novembro ao 7 de decembro de 2020 .
Día Internacional das Persoas con Discapacidade -3 de decembro de 2020.
Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos – 10 de decembro de 2020.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
42
Día da nonViolencia e da Paz – 30 de xaneiro de 2021.
Día Internacional da Muller – 8 de marzo de 2021.
Día Mundial dos Dereitos do Consumidor – 15 de marzo de 2021.
Semana da Prensa – do 8 ao 12 de marzo de 2021.
Día Mundial da Saúde – 7 de abril de 2021.
Semana do Libro – entre o 19 e o 23 de abril de 2021.
Día Internacional contra o Acoso escolar- 2 de maio do 2021.
Día de Europa – 9 de maio de 2021.
Semana das Letras Galegas –do 10 ó 14 de maio de 2021.
Día Mundial do Medio Ambiente - 5 de xuño de 2021.
FESTIVOS LOCAIS
O 29 de setembro, festivo local en Monterroso, cae este curso en martes, así que o centro,
de acordo co IES, solicita o seguinte día como non lectivo:
8 de xaneiro do 2021
SAÍDAS PROGRAMADAS PARA O CURSO 2020/2021
Debido a situación sanitaria estamos á espera de poder realizar algunha saída, en función
de como se desenvolva a situación sanitaria.
HORARIO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Debido a situación sanitaria, este curso 2020/2021 non se contempla a realización de
actividades extraescolares polas tardes no centro.
14. PLAN DE AUTOPROTECCIÓN
Foi aprobado o curso 2011-2012 e está actualmente en vigor por non se ter
producido cambios substanciais nas condicións do centro. Nel detállanse os mecanismos
e medios disponibles para facer frente a calquer incidencia que afecte á seguridade dos
alumnos, profesores e demáis persoas; así como das instalación escolares. Contempla:
-Localización e equipamento das caixas de urxencias. Estas deben estar sinaladas e co
equipamento básico necesario para atender urxencias.
-Plan de evacuación, que recolle con detalle os pasos a seguir ó desaloxar o centro ante
unha emerxencia.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
43
-Control de persoas que acceden ó centro durante as horas de clase.
-Protección do alumnado; só se poderá abandonar o centro en horario escolar con permiso
da dirección ou en quen se delegue debidamente autorizado.
-Localización de saídas de emerxencia: debidamente sinaladas e libres de obstáculos.
-Sistemas de seguridade dos que dispón o centro: muros protectores, alarmas, portas de
seguridade, extintores, indicadores luminosos, …
15. HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO DO EQUIPO DIRECTIVO
HORAS LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
9:35 a 10:30
DIRECTORA XEFA DE ESTUDOS
DIRECTORA
10:30 a 11:25
SECRETARIA SECRETARIA XEFA DE ESTUDOS
XEFA DE ESTUDOS
11:25 a 12:20 XEFA DE ESTUDOS
DIRECTORA
11:25 a 11:55
12:20 a 12:50
11:55 a 12:50
SECRETARIA
12:50 a 13:45
DIRECTORA SECRETARIA
13:45 a 14:35
16:00 a 17:00
TITORÍAS
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
44
16. RELACIÓNS COAS FAMILIAS
A situación creada pola pandemia da Covid-19 obriga a modificar as formas de relación
coas familias. As previsións durante este curso para as relación coas familias recóllense
no “Plan de adaptación á situación Covid no curso 2020-2021” que adxuntamos a esta
PXA.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
45
17. PLAN DE TRANSPORTE ESCOLAR
RUTA SERVIZO PARADA Nº ALUMNOS/AS
99LU0308
Ordinario
EMPRESA MOURENZA Y
PARDO
Esporiz 3
Bidouredo 3
San Lourenzo 2 3
Pedraza 1
Pza. Sta. Lucía
(Dársena) 5
Lourentín 1
Sambreixo 2
Goleta 2
O Fental 1
Ponte dos Carros 2
Ligonde 1
TOTAL 24
99LU0310
Ordinario
EMPRESA GÓMEZ DE
CASTRO
Lorenzo Varela
(Dársena) 2
Fufín 3
Porta da Casa
Grande 4
Tarrío 2
Vilanova 2
Airexe 1
A Pallota 2
TOTAL 16
99LU0312
Ordinario
EMPRESA GÓMEZ DE
CASTRO
Avda. de Lugo 16
Donapel 9
Vilar 5
Penas 1
A Vacaloura 2
Trascastro 2
TOTAL 35
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
46
RUTA SERVIZO PARADA Nº ALUMNOS/AS
99LU0312
Desdobre
EMPRESA GÓMEZ DE
CASTRO
Lorenzo Varela
(Dársena) 5
Colexio nº 1 34
TOTAL 39
99LU0313
Ordinario
EMPRESA MOURENZA Y
PARDO
Estación de
Autobuses 15
Pza. Sta. Lucía
(Dársena) 13
Goimil 1 1
O Bispo 2
Martín 2
Vilance 2
Sindín 1
Ansar 1
TOTAL 37
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
47
18. ORGANIZACIÓN DO COMEDOR
ALUMNADO GRATUIDADE SEN GRATUIDADE TOTAL
Pagan 4,5
€
Pagan 2,5
€ Pagan 1 €
47 Infantil 38 5 2 2
Primaria 89 10 4 4 107
PERSOAL DO COMEDOR
DIRECTOR 1
ENCARGADO 1
PERSOAL DE COCIÑA 3
COLABORADORES CON NÓMINA -
COLABORADORES SEN NÓMINA 8
COIDADORA (DUN ALUMNO NEE) 1
TOTAL PERSOAL DO COMEDOR 14
RESUMO USUARIOS
Con axuda 100% 127
Pago 1 euro 6
Pago 2,5 euros 6
Pago 4,5 euros 15
TOTAL USUARIOS (ALUMNADO) 154
USUARIOS ADULTOS 14
TOTAL DE USUARIOS DO COMEDOR 168
Nº QUENDAS DE COMEDOR ESCOLAR 1
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
48
Protocolo de organización e funcionamento do comedor escolar
O comedor escolar ten capacidade para 195 alumnos/as aproximadamente, na actualidade
son 156 os nenos e nenas que acceden a este servizo e 14 adultos, o que fai un total de
170 comensais.
O comedor é un servizo gratuíto para a meirande parte dos alumnos e está xestionado
pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Os menús elabóranse entre a dirección do centro, o encargado de comedor e a cociñeira
co fin de cumprir o obxectivo nutricional máis importante na idade infantil que é
conseguir un estado de saúde e benestar óptimo co menor risco de enfermidade. Para
conseguir este obxectivo é necesario promover no neno/a hábitos de alimentación e
patróns de vida saudables. Deste xeito son prioridades no noso comedor:
Obxectivos Xerais:
- Desenvolver e fomentar hábitos saudables na escola, educar nutricionalmente, ensinar
un comportamento social e ser centro de desenvolvemento de habilidades de convivencia.
- Cubrir unha parte importante das necesidades nutricionais dos nenos/as, proporcionando
menús escolares saudables.
- Proporcionar unha alimentación variada para garantir a inxestión suficiente e adecuada
dos nutrientes.
- Involucrar ás familias no programa do comedor escolar.
-Cumpri-las normas de convivencia establecidas.
O persoal laboral de comedor está formado por unha cociñeira e dúas axudantes de
cociña.
Colaboran no comedor: a dirección, o encargado do comedor e as 8 colaboradores/as,
que son nais/pais de alumnas/os do noso centro.
As normas que regulan o seu funcionamento están establecidas no seguinte decreto:
Decreto do 132/2013, do 1 de Agosto (DOG 13 de Agosto) e na Instrucción 2/2019.
Obxectivos específicos:
ORGANIZATIVOS:
-Optimizar os recursos persoais e materiais.
-Comunicar mensualmente ás familias os menús para compensar nutricionalmente as ceas
coas comidas. Este curso farase a comunicación de menús a través da páxina web do
centro.
TEMPO DE XANTAR:
-Desenvolver bos hábitos alimentarios.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
49
-Fomentar hábitos desexables na mesa.
-Fomentar a colaboración e boas relacións entre os compañeiros/as de mesa e persoal de
comedor.
- Fomentar hábitos de hixiene persoal.
-Facer cumprir as normas de convivencia e os hábitos de hixiene e alimentación.
Normas xerais
-Elaborar menús sans e equilibrados de acordo coas necesidades dos comensais.
-Informar ás familias do menú de xeito mensual.
-Fomentar bos hábitos na mesa, tanto de alimentación coma de comportamento.
-Fomentar bos hábitos hixiénicos.
-No caso de alerxias a algún alimento ou necesidades de réxime deberá ser comunicado á
dirección do centro por escrito e acompañado de xustificante médico.
-Anotaranse as incidencias de incumprimento de normas de conducta nos partes
correspondentes e aplicaranse as sancións correspondentes.
Funcións dos colaboradores/as
-Ocuparse da vixilancia e coidado dos alumnos/as durante todo o horario da comida ata a
hora da saída.
-Organiza-la entrada ordenada dos alumnos/as.
-Organiza-las saídas do comedor, para a distribución do alumnado nos autobuses
correspondentes.
-Comprobar se está completo o servizo das mesas.
-Animar a comer e probar alimentos novos.
-Dar unha ración axeitada a idade do neno/a, permitindo a repetición se é posible e
vixiando que a inxesta non sexa prexudicial para o neno/a.
-Fomentar o uso correcto da menaxe de comida e axudar cando sexa preciso.
-Ensinar e controlar as normas e hábitos básicos na mesa.
-Procurar que o alumnado probe de tódolos pratos, tendo en conta os casos puntuais de
enfermidade ou malestar do alumno/a.
-Velar polo cumprimento das normas do comedor.
-Cumprimentar un parte de incidencias cando sexa preciso.
Normas de comportamento do alumnado
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
50
-Cada alumno/a entrará no comedor en orde e silencio e colocarase na mesa, no lugar
asignado previamente.
-Durante a comida falarase en voz baixa entre os nenos/as da mesma mesa, evitando
ruídos, voces, berros, …
-Non quedará comida nos pratos, polo tanto o que se serve debe comerse.
-Non deberá encherse moito o vaso de auga, para que non se derrame na mesa.
-Non se tirará comida algunha no chan.
-Non deberá levantarse ninguén da mesa sen permiso.
-Prohíbese sacar calquera alimento fóra do comedor.
-Ó rematar de comer, os alumnos/as permanecerán sentados e falando en voz baixa cos
seus compañeiros/as de mesa ata que a coidadora os autorice a saír.
-Considérase falta grave non amosar o debido respecto ós compañeiros/as, coidadoras e
ó resto do persoal.
-Tratarase o mobiliario correctamente, así como a vaixela e os útiles de comer.
A acumulación de “cinco partes de incidencias por comportamento” notificados polas
coidadoras, implicará a sanción de privación temporal de asistencia ó comedor (tres días),
poñéndoo sempre en coñecemento dos pais ou titores e unha vez consensuada a decisión
por parte da Dirección.
Recórdase a todo o alumnado que o comedor é un servizo voluntario, polo tanto, todos/as
os que incumpran as normas reiteradamente non poderán beneficiarse de dito servizo.
Avaliación
-Observación directa dos responsables do comedor escolar.
-Folla de incidencias do persoal colaborador.
-Valoración do servizo por parte do Consello Escolar.
-Enquisas ós pais/nais e usuarios do comedor escolar.
ENCARGADO DE COMEDOR
Carlos Varela Pérez
COLABORADORAS DE COMEDOR
Nº de colaboradoras por día: 8
Mª Jesús Castro Besteiro
Lizbeth Esmeralda Cutisaca Ramos
Lucía Fernández Andrade
Laura González Ledo
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
51
María Ionela Mocodean
Leonor Mª Pérez Cortabarra (É substituída por Miguel Ángel Cutisaca Floreso 16 de
outubro de 2020)
Lucía Salgado Sánchez
Mª Sonia Varela Andrade
Durante este curso aplícanse algunas medidas especiais no comedor, debido á pandemia
de Covid 19. Estas medidas detállanse na “Adaptación á situación Covid 19 no curso
2020-2021”, que adxuntamos como Anexo II nesta PXA.
19. PLAN DE UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO
O centro consta de dúas plantas: o andar baixo é onde se atopan os despachos
(secretaría, xefatura, dirección, orientación e sala de reunións), baños do profesorado,
almacén de material, sala polivalente, baños dos alumnos/as, comedor, cociña, almacéns,
sala de caldeiras, depóstito de combustible, aula da ANPA e aula de música.
Na zona de infantil, tamén no andar baixo, atopamos a sala de profesores, as tres aulas de
infantil, a aula de música e dúas aulas máis. Unha delas ten o baño que se adaptou con
cambiador para a atención a un alumno con NEE, a outra usarase este curso para impartir
psicomotricidade ó alumnado de infantil, para evitar que usen o ximnasio (reservámolo
así para primaria), tratando así de evitar posibilidades de contaxios
No primeiro andar temos: biblioteca, anexo da biblioteca, aula de informática, aula de
inglés, aula de material de EF, sete aulas de EP, unha aula de relixión, aula de PT, aula
de AL, baños de alumnos/as, vestiarios de alumnos/as e ximnasio. Neste andar temos,
ademáis outras tres aulas. Durante este curso evitarase o seu uso, como explicamos no
anexo II da PXA, pero unha delas utilizarase para os alumnos e alumnas que non cursan
relixión, pois este desdobramento de alumnado é irrenunciable.
No exterior, na parte dianteira, está a entrada principal que ten un patio cadrado e
cuberto. Na parte traseira están o patio cuberto de infantil, o patio de primaria que ten
unha zona verde, unha pista polideportiva e, por último, o pavillón.
Nunha parte lateral do colexio que dá a zona de infantil tamén temos un pequeno patio
para alumnado de infantil.
Ó fondo do recinto están os aparcadoiros para os profesores.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
52
USO DO CENTRO FÓRA DO HORARIO ESCOLAR
Debido á pandemia de Covid 19 a ANPA non vai organizar polo momento actividades
extraescolares no centro e a escola tampoco vai manter a actividade de biblioteca polas
tardes, pois suporía non respectar os grupos estables de convivencia.
20. PROXECTO LECTOR DE CENTRO E ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA
ESCOLAR
PROXECTO LECTOR
A finalidade deste plan é favorece-lo interese pola lectura entre os nenos/as de tódolos niveis
educativos do noso centro. Ademáis da consideración da lectura como instrumento
fundamental para a aprendizaxe en tódalas áreas do ensino e como fonte de entretemento e
pracer.
Levaranse a cabo estratexias didácticas nas dúas etapas educativas:
En Educación Infantil, fomentaránse actividades para traballar a maduración lectora
como son a expresión oral, memoria, atención, percepción, entonación, vocalización,
motivación, adquisición de vocabulario. Actividades para traballar a conciencia
fonolóxica.
En Primaria, realizaránse actividades para o desenvolvemento da comprensión lectora
e da mellora da velocidade lectora. Así levaranse a cabo actividades de normas para a
lectura, en voz alta ou silenciosa; o rexistro dos libros máis lidos; dedicación diaria na
aula cos contos. Este será un momento común con tódolos nives ó que lle chamamos
“Hora de ler”. Cada aula dispón dun lote de libros de consulta e de ficción.
A biblioteca do centro, é considerada como un lugar necesario e imprescindible no noso
centro, un lugar de búsqueda de información, cunha hora semanal reservada para cada aula do
centro. Conta cun equipo dinamizador da biblioteca que se encarga de dirixir as actividades,
da organización dos espazos e do servizo de préstamo de libros.
PLAN ANUAL DE LECTURA E ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA
ESCOLAR
FUNDAMENTACIÓN
Tomamos como referencia o seguinte marco legal (os subliñados son nosos):
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
53
LEY ORGÁNICA 2/2006, 3 de mayo de Educación, modificada por la Ley Orgánica
8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa.
Artículo 14.
5. Corresponde a las Administraciones educativas fomentar una primera
aproximación a la lengua extranjera en los aprendizajes del segundo ciclo de la educación
infantil, especialmente en el último año. Asimismo, fomentarán una primera
aproximación a la lectura y a la escritura, así como experiencias de iniciación temprana
en habilidades numéricas básicas, en las tecnologías de la información y la comunicación
y en la expresión visual y musical.
Artículo 17: Objetivos de la educación primaria
e) Conocer y utilizar de manera apropiada la lengua castellana y, si la hubiere, la lengua
cooficial de la Comunidad Autónoma y desarrollar hábitos de lectura.
Artículo. 19 Principios pedagógicos
3. A fin de fomentar el hábito de la lectura se dedicará un tiempo diario a la misma.
Artículo 113. Bibliotecas escolares
3. Las bibliotecas escolares contribuirán a fomentar la lectura y a que el alumno acceda a
la información y otros recursos para el aprendizaje de las demás áreas y materias y pueda
formarse en el uso crítico de los mismos. Igualmente, contribuirán a hacer efectivo lo
dispuesto en los artículos 19.3 y 26.2 de la presente Ley.
DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da
educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 3. Obxectivos da educación primaria
e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá,
desenvolvendo hábitos de lectura en ambas as linguas.
Artigo 18. Bibliotecas escolares e lectura
1. Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo un programa de
centro de promoción da lectura (Proxecto Lector de Centro) no que integren as actuacións
destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades no uso, no tratamento e
na produción da información, en apoio da adquisición das competencias clave.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
54
Realizada unha enquisa sobre a lectura chegarónse as seguintes conclusións:
- A maior parte do alumnado le, polo menos de cando en vez, pero parece haber
unha grande diferenza entre nenos e nenas, lendo estas máis.
- Poucos alumnos/as afirman que non lles gusta ler, pero hai algún, e son
maioritariamente nenos.
- Len preferentemente ficción e están moi condicionados polos éxitos comerciais
que impulsan as editoriais. Len narrativa e algo de cómic. Case non len poesía ou
teatro. As súas lecturas están bastante condicionadas por estereotipos de xénero,
moi especialmente no caso dos nenos.
- O primeiro fornecedor de libros dos nosos alumnos e alumnas é a biblioteca da
escola.
- Moitos dos alumnos aseguran que non comentan as súas lecturas con ninguén e
hai moi poucos préstamos de libros entre os propios nenos.
- O idioma no que prefiren ler é o castelán, por enriba do galego. A preferencia
polo castelán é especialmente acusado no caso das nenas.
- Na escola case non usan os recursos dixitais, pero si na súa casa. Teñen acceso ás
redes sociais dende os 7 anos (Facebook, Instagram...)
Para escribir teñen moitas dificultades, máis que para ler:
- Falta de esforzo e de interese.
- Pouco vocabulario
- Falta de organización das ideas.
- Pouca creatividade.
- Falta de atención que xera, entre outras cousas, un elevado número de
faltas ortográficas.
- En xeral resúltalles máis difícil escribir en galego que en castelán.
OBXECTIVOS
Os obxectivos do Proxecto Lector e, por extensión, deste Plan Anual de Lectura, son os
seguintes:
Mellora-la capacidade lectora do alumnado, a nivel mecánico e a nivel de
comprensión lectora.
Impulsar o desenvolvemento dun hábito lector persistente no tempo.
Fomentar que o alumnado teña unha actitude reflexiva e crítica fronte ás
informacións ás que accede.
Fomentar actividades de escritura, funcional e creativa, de diferentes textos, en
diferentes soportes.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
55
Fomentar no alumnado a búsqueda documental en diferentes tipos de fontes para
a elaboración de proxectos de traballo.
Axudar ó alumnado a desenvolver estratexias para ler de forma expresiva, con
fluidez e coa entonación axeitada.
Amplia-lo vocabulario e mellora-la ortografía.
Estimula-lo desenvolvemento de valores que impliquen tolerancia, solidariedade e
traballo en equipo.
Estimula-lo desenvolvemento da imaxinación e a creatividade.
Incorpora-las tecnoloxías da información e a comunicación fomentando o seu uso
crítico.
Adquirir responsabilidade e coidado no manexo de fondos documentais e
instrumentos de comunicación.
A consecución destes obxectivos esixe da implicación de todo o profesorado do centro,
pois esixe o desenvolvemento de actividades que afecten a tódalas materias e a tódolos
momentos da escola.
Unha participación importante é a dos membros do equipo de biblioteca do centro.
Dentro deste equipo de biblioteca perseguiremos os seguintes obxectivos, subsidiarios
dos enunciados anteriormente:
Lograr que a lectura cobre maior protagonismo dentro de tódalas actividades do centro.
Facer que a biblioteca se convirta no principal centro de recursos do colexio, onde o
material estea organizado e catalogado, ó alcance de profesorado e alumnado.
Proporcionar ó alumnado novos xeitos de lecer, motivadores e tamén enriquecedores.
Participar no desenvolvemento das competencias que o currículo recolle para o
alumnado.
Colaborar cos equipos docentes en tódalas actividades que se desenvolvan no centro.
Participar no deseño e desenvolvemento do Proxecto Lector e potencia-lo seu uso por
parte de toda a comunidade educativa.
Dun xeito máis específico artellaríamos estes obxectivos da seguinte maneira:
No ámbito organizativo:
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
56
1. Catalogar e organizar os fondos que temos.
Continuar catalogando os fondos da biblioteca con MEIGA..
2. Mellorar os fondos que posuímos, mercando algúns novos, sobre todo en lingua inglesa.
Dentro da lectura de lecer temos que mercar poesía, teatro e banda deseñada, porque a
narrativa ten un peso moi elevado, tanto en galego coma en castelán. No caso da banda
deseñada debemos tamén renovar o que temos, pois están os exemplares moi deteriorados.
Temos que adquirir algún ordenador para usar na biblioteca, pois só temos un, destinado á
xestión. A biblioteca ten a instalación precisa para acceder a internet, e quereríamos poñer
catro postos informáticos, que permitan reproducir soportes multimedia e acceder a internet.
É necesario actualizar o catálogo de películas, no máis amplo senso da expresión. Catalogar,
expurgar, comprobar en que estado están e mercar títulos recentes.
De cara ó alumnado:
1. Interesalos pola lectura con actividades de animación.
2. Achegalos á organización dos fondos con actividades de formación de usuarios.
3. Inicialos na búsqueda e tratamento de información.
4. Motiva-la curiosidade por distintos tipos de documentos.
5. Converte-lo préstamo de fondos en algo motivador e habitual.
De cara ó profesorado:
1. Interesalo pola organización e funcionamento da biblioteca.
2. Atraelo cara ó uso da biblioteca en actividades curriculares.
3. Ofrecerlle un banco de recursos o máis completo posible.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
57
De cara ás familias:
1. Crear un interese pola biblioteca do centro nas familias, para no futuro convertelas
tamén en usuarios.
ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO
O equipo de biblioteca estará composto polas seguintes mestras do centro:
Mª Pilar Fernández Vázquez. Responsable da biblioteca.
Adelaida Diéguez Fernández
Mª Guillermina Mosquera Sánchez
Adara López Rodríguez
As funcións que levarán a cabo a responsable da biblioteca e as compoñentes do equipo serán
as que aparecen recollidas na Orde do 17 de xullo de 2007 pola que se regula a percepción da
compoñente singular do complemento específico para a función titorial e outras funcións
docentes (DOG do 24 de xullo de 2007) O horario de adicación á biblioteca das mestras que
componen o equipo será o seguinte:
HORA LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
1ª Guillermina
2ª
3ª Aida
4ª Pili
5ª Pili
O horario de préstamo comezará en outubro, agás co alumnado de 4º de infantil, que
comezará a levar libros en préstamo no segundo trimestre. Combinamos un horario para o
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
58
préstamo e un horario de uso da biblioteca por parte das clases para visitar as exposición que
se leven a cabo na biblioteca pola situación que estamos a vivir pola Covid-19.
HORA LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
1ª
Préstamo de
1º A
2ª 5º EP 5º EP
3ª 5 anos 4 anos
3 anos//
2º EP
4ª 4º EP Préstamo 3º e
4º
5ª Préstamo 2º e
5º A
6º EP 1º EP 3º EP
Organización dos libros
Os libros estarán organizados en dous grandes bloques:
Por materias seguindo unha adaptación da clasificación universal (CDU), organizados por
orde alfabética de autores. Os libros levarán no seu lombo unha etiqueta coa signatura, pero
cada etiqueta será de unha cor distinta segundo a que ciclo vaia dirixida.
A literatura estará en andeis á parte, tamén coa súa signatura e tamén clasificado por ciclos
usando un tellolo convencional que será dunha cor determinada para cada ciclo (as mesmas
cores que nos libros de non literatura).
Levarán tellolo branco os libros, CDs, DVDs, que non poidan ser levados en préstamo.
Os libros de infantil estarán separados, temos unha sección da biblioteca para o alumnado de
infantil nunha aula no corredor onde están as aulas de educación infantil.
Os CDs e DVDs estarán noutros andeis, cercanos ós reprodutores multimedia.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
59
Debido a que a biblioteca é moi pequeña, crearemos unha sección formada sobre todo por
enciclopedias, materiais curriculares, etc. que están dirixidos ó profesorado e que situaremos
nunha aula pequeniña que está en fronte da biblioteca. Estes fondos estarán catalogados e
localizados, a disposición dos mestres e mestras.
Normas de comportamento da biblioteca.
Este curso escolar utilizarase a biblioteca para desenrolar as actividades de préstamo e a visita
das exposición que se levarán a cabo on colexio debido a situación que estamos a vivir pola
COVID-19.
As normas da biblioteca serán as seguintes:
--Na biblioteca ten que haber silencio.
--Ter coidado de non estraga-los libros, se se atopa algún estragado, deixalo na mesa de
xestión.
Horario extraescolar
Durante o curso 2010/21 non se realizará préstamo en horario extraescolar, posto que moi
poucas horas van estar cubertas polas mestras do equipo de biblioteca.
AS BIBLIOTECAS DE AULA
As bibliotecas de aula estarán catalogadas na medida do posible, pois no equipo de biblioteca
potenciarase o préstamo sobre a catalogación. Están sen catalogar os libros das aulas de 2º a
6º, e neste curso farase o que se poida. A responsabilidade da biblioteca de aula (da súa
organización e conservación) será de cada mestra titora, sen prexuizo de que as mestras do
equipo de biblioteca as poidamos asesorar se se nos solicita.A catalogación destes fondos si se
fará por parte do equipo de biblioteca.
LIÑAS DE ACTUACIÓN PRIORITARIAS
--A liña de actuación prioritaria está enfocada ó préstamo, pois das enquisas que sustentan o
Proxecto Lector do Centro sacamos a conclusión de que a biblioteca da escola é a principal
fornecedora de libros do noso alumnado.
--A segunda liña en prioridade será a organización dos fondos, a catalogación e a adquisición
de fondos para axeita-la colección ás recomendacións da IFLA.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
60
--Por desgraza as horas non chegan para máis e somos conscientes de que en realidade, a
atención ó préstamo nos deixará con moi pouco tempo para a segunda liña.
--As dúas liñas de actuación anteriores correrán a cargo das mestras que forman o equipo de
dinamización da biblioteca, pero hai unha terceira liña para que se precisa a implicación de
todo o profesorado do centro. Esta liña de actuaión, a terceira, iría encamiñada á
xeneralización da hora de ler.
SECCIÓNS
Hai unha sección da biblioteca composta polos libros destinados ós nenos e nenas de infantil.
Estes libros atópanse nunha aula no andar baixo no corredor onde están as aulas desta etapa
educativa. Ten a vantaxe da cercanía, pero ten o inconveniente de que alí os libros son máis
difíciles de atopar (porque non está o ordenador co inventario e os préstamos).
En cada aula hai unha biblioteca, en proceso de catalogación.
Finalmente pretendemos establecer unha sección de materiais destinados ós mestres e
mestras, organizada nunha aula en fronte da biblioteca principal. Pero isto esixirá facer un
expurgo importante (desfacéndonos de moito fondos e catalogando moito material disperso
polo centro).
RUTINAS DE LECTURA
Hora de ler.
Consideramos que é unha práctica necesaria para fomentar e consolidar o gusto
pola lectura. Sería bo programar para cada curso diferentes variantes da hora de
ler: lectura colectiva, lectura en voz alta, lectura dialogada (de obras de teatro),
lectura libre, lectura de poesía, lectura silenciosa, lectura de prensa... Sen
descoidar a lectura en soportes dixitais. Por suposto isto esixe adaptación a cada
nivel, pero sería valioso facelo sen excepción despois do recreo, en tódolos
grupos. Permitiría unha transición dende a excitación do recreo a un clima de
máis relaxación para poder aproveitar máis o traballo e obriga a nenos/as que
habitualmente non len a practicar a lectura.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
61
RECURSOS HUMANOS
Contamos co traballo das mestras que compoñen o equipo de dinamización da biblioteca e
tamén co resto do profesorado do centro, ós que lles pedimos implicación para desenvolver,
sobre todo, a “Hora de ler”.
ITINERARIOS LECTORES
O proxecto Lector do centro recolle os seguintes libros no Itinerario Lector:
PRIMEIRO CICLO
La niña que comía hilo. José A. Ramírez Lozano.
Gato negro, gato blanco.Andrés Guerrero.
Elefante corazón de pájaro.Mariasun Landa
La princesa bromista.Nicoletta Costa
Feliz feroz. El Hematocrito
El tren saltamontes. Alfredo Gómez Cerdá
Lágrimas de risa. Joles Sennell.
Óscar ya no se enfada. Ricardo Alcántara
Los lunares de Renata. Rafael Ordóñez
A vaca que puxo un ovo. Andy Cutbill
O Grúfalo. Julia Donaldson
O bigote de Mimí. Manuel María
Despois da chuvia. Miguel Cerro
Cartas que veñen e van. Mamá Cabra e Susa Herrera
Marcopola. A illa remeira. Jacobo Fernández Serrano.
SEGUNDO CICLO
La pandilla de Tristán. Marie-Aude Muraill
Orión y el Libro de Maravillas. Joan manuel Gisbert
Las tres reinas magas. Gloria Fuertes.
La flaca y el gordo. José Luis Olaizola
Llegó del mar. Carlos Puerto
La jirafa, el pelícano y el mono. Roald Dahl
Pequeño vampiro va a la escuela. Joann Sfar.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
62
As fadas verdes. Agustín Fernández Paz.
Sete casas, sete bruxas e un ovo. Gloria Sánchez
Os soños na gaiola. Manuel María (P)
O raposo e a mestra. Manuel Rivas
Down. An Alfaya
A historia dos bonobos con lentes. Adela Turín.atalogados y a disposición de
todos los tutores/as.
TERCEIRO CICLO
Cuentos en verso para niños perversos. Roald Dahl
El vampiro vegetariano. Carlo Frabetti
Querido hijo: estás despedido. Jordi Sierra i Fabra
El pequeño Nicolás. René Goscinny
Rumbo Sur. Manuel L. Alonso Gómez
Las Brujas. Roald Dahl.
La cabina mágica. Norton Juster.
El fabuloso mundo de las letras. Jordi Sierra i Fabra .
Historias secretas del espacio . Joan M. Gilbert.
Poesía para gorriones, J.R. Barat.
Hilda y el bosque de piedra. Luke Pearson. (C )
No corazón do bosque. Agustín Fernández Paz
Dúas bágoas por Máquina. Fina Casalderrey
Feitizo. Xosé Miranda.
O misterio dos fillos de Lúa. Fina Casalderrey
Historia dunha sobreira. Ramón Caride (T)
O laboratorio do doutor Nogueira. Agustín Fernández Paz.
Dende o equipo de biblioteca aconsellamos que se fagan cada curso, polo menos, dúas
lecturas obrigatorias, un libro en galego e outro en castelán, deste itinerario lector. Por
suposto, está aberto a modificacións.
ACTIVIDADES
Préstamo
Comezaremos o préstamo no mes de outubro, agás no cuarto nivel de educación infantil.
Estes nenos e nenas comezarán o préstamo en xaneiro, posto que o primeiro trimestre é de
adaptación ás rutinas da escola.
Os documentos con tellolo branco non se poderán levar en préstamo, por regra xeral.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
63
O prazo do préstamo será dunha semana, renovable por outra semana.
Levarase só un documento en préstamo.
Non se levarán en préstamo os documentos da sección de novidades.
O préstamo de primaria rexistrarase en Meiga, polas mestras do equipo de dinamización da
biblioteca. No caso de infantil o rexistro será en papel, por parte das mestras titoras.
Blog da biblioteca
Mantemento do blog, tratando de que as familias e o alumnado o visiten e se interesen polo
seu contido.
Catalogación dos fondos.
Priorizaremos o préstamo e as actividades de dinamización. No tempo que nos quede
continuaremos catalogando fondos.
Adquisicións.
Atendendo á análise de necesidades que aparece neste mesmo plan e ás necesidades das
actividades que imos desenvolver ó longo do curso, trataremos de mellorar os nosos fondos
documentais. Tamén trataremos de atender ás necesidades que nos transmita o profesorado do
centro..
Formación de usuarios
Realizaremos actividades cos cursos de primaria para achegalos á comprensión e utilización
da CDU, en función da dispoñibilidade das mestras do equipo.
Celebración do Día do Libro
Con exposicións, con murais, con festivais... Hai moitas maneiras de conmemorar unha
data, pero consideramos que esta é das imprescindibles.
Semana da Prensa
Cada ano o calendario escolar fixa a Semana da Prensa. Consideramos que é
imprescindible tela en conta, non só se trata de traballar un día con xornais na aula,
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
64
senón de extender este traballo durante toda a semana. Para usar os periódicos en papel,
pero moi especialmente para acceder á prensa dixital, cuxa utilización debemos potenciar
nos cursos máis altos de primaria.
Contacontos e autores.
Cada curso procuraremos ter algunha sesión con contacontos e polo menos unha cun
autor/a. Os contacontos fan un grande labor de animación á lectura e sempre sorprenden e
divirten ó alumnado.
Pero ter autores é especialmente valioso (sexan escritores/as ou ilustradores/as) porque
achegan ós nenos e nenas a realidade da obra literaria. É valioso que saiban que eses
contos que lles lemos as mestras ou que eles len na biblioteca, na aula e na casa, están
escritos e/ou ilustrados por xente coma eles, cercanos, normais... e que eles mesmos
poden chegar a ser eses autores/as.
Lectura obrigatoria.
Propoñemos que en cada aula de primaria se lea cada curso polo menos un libro en
castelán e outro en galego de xeito obrigatorio. Estas lecturas deben estar ben escollidas e
deben ser traballadas dalgún xeito no curso por parte da titora ou dalgunha das mestras do
curso.
Pódese traballar a través dos clubs de lectura, a través do taller de escritura ou facendo
traballos sobre ese libro (exposicións orais, lecturas públicas, resumes, comentarios...).
Neste mesmo proxecto lector faremos unha proposta de Itinerario Lector.
Cada titora poderá escoller os libros que considere axeitados, a maneira de asesoramente
incluímos o Itinerario Lector elexido no Proxecto Lector de Centro.
CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN.
A avaliación é un aspecto moi importante para que a biblioteca cumpra de verdade unha
función de promoción da lectura, de formación de usuarios, e de axuda ó tratamento da
información.
A avaliación debe ser continua durante todo o curso, e en primeira instancia realizarase nas
reunións do equipo de biblioteca, que terán, como mínimo unha periodicidade mensual. A
través da observación directa veremos como se desenvolven as actividades programadas e en
que medida se van acadando os obxectivos.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
65
Debemos avaliar varios aspectos:
O espazo físico da biblioteca.
Se o espazo facilita as actividades programadas ou se supón unha dificultade .
Se o alumnado diferencia os espazos e os utiliza de acordo coas expectativas.
Se o espazo resulta acolledor ou se é pouco agradable.
Se o espazo é suficientemente amplo para as actividades que desenvolvemos ou non.
Os fondos.
Se os fondos resultan atractivos para o alumnado.
Se os fondos se axeitan ás actividades que se desenvolveron ou serían precisos outros
documentos.
Detectar os documentos que se usan con moita frecuencia e os fondos que non se usan nunca.
Valorar o nivel de deterioro dos documentos.
Utilización da biblioteca por parte do alumnado.
Valorar se os alumnos usan ou non a biblioteca de xeito voluntario.
Analizar que actividades son as máis frecuentes (préstamo, consulta, etc).
Valora-lo grao de cumprimento das normas de comportamento e de préstamo.
Participación do profesorado.
Se o profesorado participou en moitas das actividades propostas ou non.
Se o profesorado valora positivamenteas actividades desenvolvidas.
Se o profesorado utilizou os fondos da biblioteca en actividades non programadas neste
proxecto.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
66
Se o profesorado fixo consultas e solicitou asesoramento sobre as actividades nas que
colaborou e sobre outras actividades.
As actividades desenvoltas.
Se as actividades se fixeron tal e como estaban programadas ou se introduciron modificacións
e cales.
Se houbo cambios nas actividades e por qué se produciron.
Analizar co profesorado o grao de satisfacción coas actividades desenvoltas.
Se seguiron unha secuencia axeitada ou se estiveron demasiado xuntas no tempo ou moi
separadas.
Se as actividades propostas dende a biblioteca foron útiles para desenvolver as
programacións de cada grupo clase.
Analizando os aspectos anteriores deberiamos poder contestar ás seguintes preguntas:
Aumentou ó longo do curso o uso que se fai da biblioteca escolar?
É a nosa biblioteca unha fonte de recursos para toda a actividade do centro?
Mellorou a calidade dos nosos fondos documentais? Axústanse ás nosas necesidades??
Vemos no alumnado un maior interese pola lectura?
Mellora a avaliación das competencias no alumnado a nivel de centro?
Para responder ás preguntas precedentes usaremos:
Primeiro a observación directa nas actividades que levemos a cabo as compoñentes do
equipo de biblioteca.
En segundo lugar a nosa presenza nos diferentes equipos docentes, para coñecer as
opinións do resto do profesorado, as súas apreciacións na aula, nas actividades que
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
67
eles dirixen, tanto as programadas neste proxecto, coma as desenvolvidas no marco
das diferentes programacións.
Tamén se usará a análise de diversas estatísticas: alumnado que usa a biblioteca
,alumnado que levou documentos en préstamo, documentos máis prestados, alumnado
que participou en actividades voluntarias (e.g. concursos), uso do blog...
Análise dos resultados da avaliación dos alumnos e alumnas.
Na memoria realizada a final de curso reflectiranse as respostas ás preguntas que figuran máis
arriba, dela sairán as propostas de mellora de cara a dar continuidade a este proxecto no curso
seguinte, corrixindo os erros, tirando partido dos acertos e profundizando no grao de
consecución dos obxectivos.
21. PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC
Introdución
A importancia das Tecnoloxías da Información e Comunicación ou TIC no proceso de
ensino-aprendizaxe é cada vez maior, xa que son un elemento imprescindible para o
desenvolvemento e adquisición das competencias básicas do alumnado, sobre todo tendo
en conta a situación de pandemia mundial na que nos atopamos. O noso proxecto de
centro busca adecuar os modelos pedagóxicos ás novas tendencias sociais, científico e
tecnolóxicas, apostando por una educación de calidade, polo que o uso das TIC, contribúe
a potenciar a aprendizaxe do alumando en todas as áreas e materias do curso.
Neste senso, hai que ter en conta que un dos obxectivos xerais da Educación Primaria é
“iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e a
comunicación desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e
elaboran”. A aplicación das TIC ó traballo da aula convértese nunha peza clave na
educación e formación das novas xeracións. A súa importancia social e o lugar preferente
que ocupan xa na vida dos nenos e das nenas, fai que deban estar presentes nos centros
educativos, de modo que adquiran os coñecementos e habilidades necesarias para abordar
con garantía de éxito a súa utilización nos contornos de aprendizaxe, familiares e de
lecer. Trátase de que o alumnado, ao rematar a escolarización obrigatoria, acade unha
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
68
competencia dixital. Esta competencia consiste en dispoñer de habilidades para buscar,
obter, procesar e comunicar información, para transformala en coñecemento. Incorpora
diferentes habilidades, que van desde o acceso á información ata a súa transmisión en
distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das TIC como elemento
esencial.
Por último, malia que non menos importante, a escola debe afrontar o reto de diminuír a
fenda dixital para que todos os discentes, independentemente das súas limitacións físicas,
económicas, sociais, etc. poidan usar satisfactoriamente Internet e os equipos
informáticos, que as aldeas do rural teñen menos accesibilidade.
Obxectivos
O Plan de Integración das Tic para o Curso 2020-2021 busca seguir a liña iniciada en
cursos anteriores para seguir traballando no desenvolvemento da competencia dixital de
todo o centro, tanto do alumnado como do profesorado, facendo especial fincapé no uso
da Aula Virtual do centro. Neste sentido, establecemos os seguintes obxectivos:
Fomentar o uso da páxina web do centro e de Abalar como espazo de
comunicación con toda a comunidade educativa.
Poñer en funcionamento da Aula Virtual do centro e integrala no proceso de
ensino-aprendizaxe dos diferentes niveis educativos e materias.
Empregar a Aula Virtual como unha ferramenta máis do traballo persoal e de aula.
Amosar ao alumnado o funcionamento da Aula Virtual e da metodoloxía que
seguirá no hipotético caso de ter que realizar o ensino a distancia.
Fomentar a formación das Tics por parte do profesorado.
Despertar no profesorado e alumnado o interese polo uso e gozo das novas
tecnoloxías como ferramenta cotiá para alcanzar novas metas e obxectivos.
Coordinar a acción do profesorado de distintas áreas e materias en relación ao
traballo coas TIC.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
69
Acadar, por parte do alumnado, un manexo autónomo e básico dos recursos
acorde a súa idade e nivel.
Utilizar o ordenador como medio de creación, de integración, de cooperación e de
expresión das propias ideas.
Empregar as tecnoloxías da información e a comunicación para o traballo cotián e
nas actividades de aula: programacións, proxectos, explicacións, actividades...
Apoiar a búsqueda de información na rede e a valoración crítica da mesma, como
un elemento de coñecemento do mundo e de formación do alumnado.
Dotar ó centro da infraestrutura necesaria para desenvolver esta competencia
dixital de forma adecuada.
Aplicación das Tics á docencia
Pretendemos integrar o uso das Tics no noso Currículo para que pasen a formar parte,
como un recurso máis, dos procesos de ensino-aprendizaxe. Isto non quere dicir que
discentes e profesorado desenvolvan o seu traballo unicamente a partir de recursos TIC,
senón que se configuren como unha ferramenta da aula, xunto ás convencionais, que
facilita o acceso á información, a comunicación e interacción cos demais e co contorno e
presenta un carácter motívante, sempre dende unha perspectiva crítica das mensaxes
recibidas e elaboradas.
No presente curso, o profesorado utilizará as Tic e, especialmente a Aula Virtual do
centro, como unha ferramenta máis do traballo persoal e de aula. A Aula Virtual
converterase nun medio de perfeccionamento da actividade docente, de coñecemento e
uso de novas fontes de información e recursos, sobre todo no caso de que, debido a
pandemia do Covid-19, se produza algún caso de confinamento total ou parcial dunha
aula.
Deste xeito, seguindo o “Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de
ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021”, a Aula virtual empregarase
co alumnado de terceiro de Educación Primaria ata sexto de Educación Primaria de ser o
caso e “nos supostos de educación a distancia e para o alumnado que parcialmente estea
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
70
en situación de corentena cando non exista suspensión da actividade presencial no
conxunto da aula, sen prexuízo doutras opcións de formación a distancia que poida por en
funcionamento a consellería”. Nestes cursos empregarase a Aula Virtual como medio de
intercambio de experiencias e aproveitaremos os recursos que ofrece Moodle para a
realización de actividades, compartir materiais, avaliar ao alumnado, como medio de
comunicación, entre outros aspectos. Serán os titores dos cursos de terceiro a sexto de
Educación Primaria, os encargados de familiarizar ao alumnado co manexo da Aula
Virtual e de todos os recursos que ofrece ao alumnado.
No caso dos cursos de primeiro e segundo de Educación Primaria quedará a decisión dos
titores o uso da Aula Virtual. Non obstante, para todos os nivesis, habilitaranse diversas
fórmulas de comunicación como foros, correo electrónico, chamadas telefónicas ou
videochamadas para manter contacto coas familias e, de ser posible, fornecer contidos
educativos para o alumnado que teña dificultades para acceder á conexión a Internet.
Por outra banda, fomentaremos a súa utilización dende o segundo ciclo de EI ata o último
nivel de primaria, dinamizando os espazos comúns relacionados coas TIC, utilización da
aula específica, ordenadores portátiles, proxectores, PDI, TABLETs, Bee-Bot na EI,
introdución, na medida do posible, de diverso software que poida facilitar e dinamizar a
aprendizaxe (Snappet, Kahoot, Skype, Drive, Dropbox, Pinterest…), Blogue, entre
outros, ademais da mencionada Aula Virtual.
Finalmente, cómpre destacar que este curso non se continua coa materia de TICs como
materia de libre designación polo centro (Decreto 105/2014 que establece o currículo de
primaria na nosa comunidade autónoma) xa que nesa hora lectiva buscarase profundizar
nas materias instrumentais para reforzar contidos que non se traballaron en profundidade
no curso 2019-2020.
22. ALUMNADO QUE NON OPTA POLO ENSINO DE RELIXIÓN
A LOMCE, Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro establece que a área de
Relixión Católica ten carácter voluntario para o alumnado. No caso da educación
primaria o alumnado que non opte pola ensinanza de relixión cursará a materia de
Valores sociais e cívicos (decreto 105/2014 do 4 de setembro) que establece o currículo
de primaria.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
71
No caso de educación infantil os nenos e nenas cuxas familias non opten pola
relixión recibirán a pertinente atención educativa.
Na formalización da matrícula os pais/nais ou titores/as dos alumnos/as
manifestarán a súa vontade de que os seus fillos/as reciban ou non ensinanzas de relixión,
marcando o apartado correspondente á súa opción Relixión Católica ou Atención
Educativa, no caso de infantil, Valores cívicos e sociais en primaria.
A materia de Valores Cívicos e Sociais será impartida pola mestra de música en
primaria e a atención educativa ó alumnado de infantil pola mestra de apoio.
Valores Cívicos e Sociais (atención educativa en infantil) será impartida en
horario simultáneo ó da ensinanza de relixión.
A distribución do alumnado que non opta pola ensinanza de relixión é o seguinte:
4º EI 5º EI 6º EI 1º EP 2º EP 3ºEP
4ºEP
5ºEP
A
5ºEP
B
6ºEP TOTAL
10 5 8 3 5 10 2 5 5 3 56
Os obxectivos que se van abordar na materia de Valores Cívicos e Sociais aparecen no
currículo de primaria (Decreto 105/2014 do 4 de setembro) . Esta materia será obxecto de
programación como tódalas outras do currículo.
No caso de infantil na hora de atención educativa tratarase de facer fincapé nos contidos
relacionados cos valores sociais e a convivencia, dentro dun enfoque globalizado e
lúdico, e atendendo ós obxectivos e contidos propios da etapa (Decreto 330/2009 de 4 de
xuño que establece o currículo de infantil). En ningún caso esta sesión se usará como
reforzo doutras materias nin “comportará a aprendizaxe de contidos curriculares
asociados ao coñecemento do feito relixioso nin a calquera área da etapa”.
24. TAREFAS EXTRAESCOLARES EN PRIMARIA
No noso centro considérase necesario o uso das tarefas extraescolares en primaria,
co fin de reforzar e amplia-las actividades académicas realizadas en horario lectivo.
Ademáis de para reforzar e ampliar, ditas actividades serán necesarias para fixar
os conceptos traballados na aula.
Intentarase que estas tarefas non supoñan unha carga excesiva para as familias e
que non impidan ó alumnado a realización doutras actividades extraescolares.
O profesorado coordinarase á hora de programar estas tarefas, de tal xeito que
non coincidan de varias materias no mesmo día.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
72
23. PLAN DE ORGANIZACIÓN E COORDINACIÓN DAS TAREFAS DO
PERSOAL NON DOCENTE
CONSERXE
Coidado e vixilancia das instalacións do Centro.
Abrir e cerrar o Centro.
Mantemento das zonas verdes do Centro e limpeza do patio e da planta baixa do
colexio.
COCIÑEIRA E AXUDANTES DE COCIÑA
Preparación dos menús diarios do comedor de forma saudable e sana.
Limpeza da cociña e do comedor.
Rexistrar temperaturas, entradas e saídas dos alimentos.
Contactar cos proveedores para o encargo dos alimentos.
PERSOAL AUXILIAR TÉCNICO EDUCATIVO
Á espera dunha concreción das funcións do persoal coidador na nosa Comunidade,
trázanse unhas liñas, baseadas na lexislación doutras comunidades, sobre que son e en
que consiste o traballo destes profesionais.
Os auxiliares técnicos educativos son traballadores non docentes que dependen da
Consellería de Educación. Complementan aportando técnicas específicas no campo do
desenvolvemento persoal e curricular do alumno.
As súas funcións centraranse na atención ás NEE do alumnado determinado ó que se lle
ditaminou oficialmente como alumnado de NEE que necesita coidador:
FUNCIONS ESPECÍFICAS DOS A.T.E.
As súas funcións teñen carácter educativo e asistencial e, entre outras posibles, participan
nas seguintes:
Colaborar no deseño e execución de programas de autonomía persoal cos
profesionais correspondentes: programas de hábitos básicos, alimentación, vestido
e control de esfínteres.
Colaborar nos traslados do alumnado que o precise, nos cambios de actividade,
entradas e saídas ó centro, co obxectivo de fomentar o desprazamento autónomo
do alumno.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
73
Colaborar activamente na atención, vixilancia e coidado destes alumnos nos
períodos de recreo e descanso, procurando unha adecuada relación co resto.
En función do carácter educativo do comedor escolar, desenvolver as técnicas
necesarias para a adquisición de hábitos e destrezas alimentarias facilitando os
mecanismos necesarios.
Colaborar nas saídas, excursións ou festas, programadas na PXA, que afecten ó
alumnado con NEE.
Acompañamento desde que chega o transporte escolar ata que o alumno con NEE
entra na súa clase.
Colaborar no desenvolvemento dos programas de autonomía social, vinculados a
hábitos de conduta e comunicativos do alumno con NEE en períodos de recreo,
comedor.
Participación nas reunións onde se aborden temas relacionados co alumnado con
NEE que atende, informando do seguimento e aplicación do labor desenvolvido.
Afianzamento e desenvolvemento das capacidades do alumnado con NEE nos
aspectos físicos, afectivos, cognitivos e comunicativos, promovendo o maior grao
posible de autonomía persoal e de integración social.
25. GUÍA DE INTERVENCION PARA A MELLORA TRALAS
AVALIACIÓNS DE TERCEIRO E SEXTO
No curso pasado, debido á situación sanitaria non se realizaron as probas
diagnósticas de avaliación. Nos cursos precedentes a maioría das familias opta por non
enviar o alumnado á escola cando estas probas se realizan, así pois os resultados non son
reflexo da realidade.
De terceiro de primaria, acudiron 2 alumnos ao centro para a realización da
avaliación individualizada de 3º EP, unha alumna en 3º B e un alumno en 3º A.
Á vista dos resultados das avaliacións ordinarias realizadas no centro e da observación
dos traballos cotiáns do alumnado, cremos que debemos seguir incidindo especialmente
na comprensión e a expresión oral e escrita, así como nos procedementos básicos da
linguaxe matemática:
As medidas propostas son as seguintes:
Interconexión entre os diversos niveis, fixando uns mínimos a acadar en tódalas
áreas e compromiso na consecución dos mesmos.
Traballa-la comprensión oral.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
74
Traballa-la competencia lingüística dende tódalas áreas.
Procura-la mellora na mecánica lectora.
Uso sistemático do dicionario en tódalas materias.
Utilizar estratexias que axuden ó alumnado a organiza-la información e a defini-
los conceptos.
Marcar pautas para a expresión escrita.
Adecuar os textos á realidade e ás necesidades dos nenos e nenas.
Implicar ás familias dende infantil no proceso educativo dos seus fillos.
Intervención puntual e temperá nos casos que presenten dificultades nalgúns dos
compoñentes do proceso lector.
Amplia-lo concepto de lectura abarcando distintos obxectivos, distintos soportes e
distintas técnicas.
Axudar ó alumnado a utilizar outros recursos para mellorar a comprensión.
Traballar manipulativamente a competencia matemática.
Traballa-lo cálculo mental e o pensamento lóxico.
Consolida-las aprendizaxes realizadas.
Redacta-los enunciados dos problemas a partir dun resultado xa dado para
traballar a reversibilidade do pensamento.
Facer tarefas con significado para os nenos e nenas mediante o traballo das
competencias básicas e de situacións da vida cotiá.
Traballar a interpretación de gráficos, mapas, planos….
Necesidade de traballo por proxectos para favorecer a estimulación e motivación
do alumnado
Emprego de metodoloxías activas e alternativas para mellorar os resultados
académicos.
26. PLAN XERAL DE AVALIACIÓN DO CENTRO
A avaliación convértese nunha ferramenta de axuda para comprende-la realidade
educativa do noso centro, facilitando a toma de decisións na perspectiva dunha mellor
adaptación ás necesidades do alumnado e das demandas da comunidade educativa, de
igual xeito contribuirá a crear entre o profesorado e a comunidade educativa, unha cultura
de equipo que garantice a solución de conflitos mediante un procedemento democrático e
participativo.
O noso plan de avaliación dividirase en dúas fases:
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
75
1ª fase:
A creación duns indicadores co fin de facer unha valoración global do centro e
das relacións entre a comunidade educativa.
2º fase:
A valoración destes indicadores que aparecerá recollido na memoria de final de
curso a través dun informe redactado polo equipo directivo.
INDICADORES DO PLAN
Os indicadores son aqueles elementos que pola súa relevancia e significatividade
permiten recoller información e analizar cada unha das dimensións.
Os indicadores deben ser:
Representativos
Fáciles de observar
Variados para recoller unha información completa
Claros e precisos Dividiremos os indicadores nas seguintes dimensións:
1. Valoración do proceso de ensino-aprendizaxe.
Condicións materiais:
As instalacións cumpren ou non os requisitos minimos?
O centro require de reformas para estar adaptado ás necesidades?
O mobiliario cubre as necesidades do centro?
Desenvolvemento do curriculo
As programacións atenden a uns criterios comúns elaborados polos equipos
docentes?
As programacións son realistas e coherentes coa realidade?
Establécense obxectivos, contidos, competencias e criterios de avaliación e
estándares de aprendizaxe adaptados á idade do alumnado?
Resultados escolares
Os resultados atenden ós mínimos esixidos na lei?
Estes mínimos aparecen nas concrecións curriculares do centro?
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
76
2. Valoración da organización e do funcionamento
Os documentos do centro
Na elaboración dos diferentes documentos participaron de forma activa as persoas
implicadas?
Os documenrtos son compartidos por tódolos membros da comunidade educativa?
Nas programacións, os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e estándares
de aprendizaxe, están secuenciados por curso dun xeito coherente?
O plan de formación do profesorado está adaptado ás necesidades detectadas?
A programación xeral anual determina de forma concreta os obxectivos xerais
para o curso escolar?
O plan de orientación recolle actividades para atender a diversidade?
O plan de orientación recolle medidas de coordinación con servizos externos?
A programación de actividades extraescolares cumpre os obxectivos de centro?
A programación do equipo de dinamización lingüística / plan lector corresponde
cos obxectivos de centro? Establécese un calendario para o seu desenvolvemento?
Funcionamento dos órganos do centro
O funcionamento do consello escolar / claustro / equipo directivo axústase á
lexislación vixente?
Os compoñentes dos órganos colexiados do centro coñecen as súas funcións e
competencias?
Os equipos docentes reúnense seguindo un plan de traballo?
Os equipos docentes dipoñen de espazo e tempo para as reunións?
Reflíctense en acta os acordos tomados nas reunións dos órganos de coordinación
docente?
Implicación e colaboración
A comunidade educativa participa de forma activa nas actividades do centro?
Convivencia escolar
A dinámica da aula favorece un espírito de colaboración e de diálogo entre o
alumnado?
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
77
O clima da aula facilita as relacións profesor-alumno nun contorno de confianza,
cordialidade e respecto mútuo?
Na aula respéctanse as normas de convivencia?
O clima xeral do centro (recreos, actividades complementarias e extraescolares,
comedor escolar…) favorece a colaboración e o diálogo?
3.- Valoración das relacións co contorno
Relacións con outras institucións
O centro educativo ten unha axeitada relación cos servizos externos?
O centro educativo ten asesoramento de asociación e institucións en relación a
atención á diversidade?
Para a recolIida desta información utilizaranse as seguintes técnicas:
O cuestionario: Consiste nun conxunto de preguntas estruturadas acerca
dun tema que se aplica por escrito a un determinado número de suxeitos.
A observación
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
78
ANEXO I
PAADO
PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE
ORIENTACIÓN
CURSO 2020-2021
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
79
1.- INTRODUCIÓN……………………………………………………………………..80
2.- ÁMBITOS DE INTERVENCIÓN…………………………………………………...80
3.- OBXECTIVOS…………………………………………………………...………......81
4.- ACTUACIÓNS E TEMPORALIZACIÓN…………………………………...……...85
5.- HORARIO DA XEFA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN………...…...87
6.- SEGUIMENTO E AVALIACIÓN…………………………………………………..89
7- CONSIDERACIÓNS FINAIS………………………………………………………..91
8.- PROGRAMACIÓN DE AUDICIÓN E LINGUAXE………………………………..92
9.- PROGRAMACIÓN DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA…………………………..96
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
80
1.- INTRODUCIÓN
A orientación debe ser entendida como un proceso que inclúe a toda a comunicade
educativa, que debe garantirse desde as primeiras idades do alumnado, permitindo así a
prevención e detección temperá das súas dificultades tanto no desenvolvemento persoal
como da aprendizaxe. Sempre co obxectivo final de acadar unha integración persoal,
escolar e social para os nosos alumnos/ as e o desenvolvemento das competencias
básicas.
A elaboración do Plan Anual de Actividades do Departamento de Orientación (PAADO)
ven recollida na Orde do 24 de xullo de 1998, pola que se establece a organización e
funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de
Galicia regulada polo Decreto 120/1998, do 23 de abril, a cal, concretamente no seu
Artigo 11.b. determina que é función da xefatura do departamento de orientación
“responsabilizarse da redacción do plan anual de actividades do departamento, velar polo
seu cumprimento e elaborar a memoria final de curso”.
Neste PAADO establécense as actuacións a desenvolver ao longo deste curso polo
Departamento de Orientación, os responsables de cada actuación, a quen van dirixidas, á
vertente ou ámbito de actuación e a pertinente temporalización. Inclúe tamén o horario
da orientadora tendo en conta a flexibilidade do mesmo en función das necesidades
concretas que se presenten.
2.- ÁMBITOS DE INTERVENCIÓN
As actuacións do Departamento de Orientación desenvólvense en tres vertentes:
Apoio ao proceso de ensino-aprendizaxe.
Acción titorial.
Orientación académica e profesional.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
81
No primeiro ámbito, o obxectivo do departamento é colaborar co profesorado na
prevención, detección e valoración dos problemas de aprendizaxe e na elaboración de
propostas concretas dentro do conxunto de medidas de atención á diversidade. Dentro
destas medidas incluímos a colaboración cos alumnos que presentan máis dificultades,
tanto tecnolóxicas como socio-familiares para unha titorización individualizada (e por
teléfono) dos mesmos ante circunstancias de ensino semipresencial e/ou online.
Na vertente da acción titorial as actuacións do departamento irán encamiñadas a
favorecer a integración do alumnado na vida do centro promovendo actitudes positivas
de respecto cara os demais.
No ámbito de orientación académica e profesional traballarase na etapa de Educación
Primaria no coñecemento do sistema educativo tanto entre o alumnado como entre as
súas familias. Tamén se fomentará o coñecemento de distintas profesións e os
requerimentos tanto aptitudinais como académicos necesarios para chegar a
desenvolvelas.
3. OBXECTIVOS
Temos en conta cinco bloques diferenciados:
1. Obxectivos referidos ao Centro.
2. Obxectivos referidos ao Alumnado
3. Obxectivos referidos ao Profesorado.
4. Obxectivos referidos á familia.
5. Obxectivos referidos ao contorno.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
82
3.1-OBXECTIVOS REFERIDOS AO CENTRO
- Seguir dotando ao Departamento de Orientación de recursos e materiais necesarios para
o seu mellor funcionamento.
- Colaborar na elaboración dos criterios e procedementos previstos para organizar a
atención á diversidade e para o establecemento de Reforzos Educativos e Adaptacións
Curriculares.
- Colaborar na elaboración dos criterios de avaliación inicial, formativa e final da
Educación Infantil, así como na construción de Informes escolares ao rematar cada un
dos cursos de dito nivel. Colaborar na actualización dos indicadores específicos da etapa
infantil.
-Colaborar na redacción e actualización dos distintos documentos programáticos do
centro.
3.2-OBXECTIVOS REFERIDOS AO ALUMNADO
- Contribuír á personalización dos procesos de ensino aprendizaxe, medidas de atención á
diversidade, impulsando iniciativas de compensación de desigualdades.
- Procurar a integración do alumnado no seu grupo e no conxunto da dinámica escolar.
- Identificar as dificultades e potencialidades do alumnado con N.E.A.E., concretando as
pautas de actuación e medidas para a súa atención.
- Asesorar e ofrecer recursos que fomenten a tolerancia e a mellora da convivencia
- Facer partícipes aos alumnos da ensinanza online.
- Apoio académico/ profesional/emocional.
- Facilitar tutoriais sobre o funcionamento dalgunhas plataformas como a aula virtual ou a
páxina web do centro.
- Envío telemático de materiais específico para ACNEAE.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
83
3.3-OBXECTIVOS REFERIDOS AO PROFESORADO
- Revisar e actualizar o Plan de Acción Titorial (P.A.T.) para cada curso que se inicia.
- Fomentar a coordinación entre titores, especialistas de P.T., A.L. e orientadora para a
atención de alumnos/as con N.E.A.E..
- Continuar coa coordinación entre titores / orientadora de forma sistemática ao longo de
todo o curso. Utilizar a coordinación online ou telefónica se é preciso.
- Participar na elaboración de Adaptacións Curriculares, nas reunións de ciclo, etc.
- Aportar información e solicitar colaboración para a realización de avaliacións
psicopedagóxicas apoiando ao profesorado de alumnos/as que necesiten medidas de
reforzo educativo. Asimesmo tamén a avaliación psicopedagóxia será máis sensible na
avaliación dos contextos a través da familia e do profesorado así como tamén nas probas
psicopedagóxicas que utilicemos presencialmente, debido á situación actual da pandemia.
-Asesorar nas xuntas de avaliación.
- Colaborar co profesorado na ensinanza do uso de plataformas educativas.
3.4-OBXECTIVOS REFERIDOS Á FAMILIA
- Contribuír ao establecemento de relacións fluídas cos pais/nais que faciliten a
conexión entre o centro e as familias.
- Implicar aos pais/nais en actividades de apoio á aprendizaxe e orientación dos seus
fillos/as.
- Articular canles de comunicación coas familias para que o profesorado poida conseguir
favorecer a cooperación dos pais/nais na educación dos seus fillos/as.
- Informar, asesorar e orientar aos pais/nais de todos aqueles aspectos que afecten á
educación do seus fillos/as.
-Asesorar ás familias en momentos especialmente delicados como son o inicio da
escolaridade, o inicio da etapa de Primaria e o paso á ESO.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
84
- Proporcionar un banco de recursos para as familias que precisen xestionar material para
continuar coas aprendizaxes vía online.
3.5-OBXECTIVOS REFERIDOS AO CONTORNO
- Fomentar a colaboración dos distintos organismos e institucións da zona co Centro, co
fin de optimizar os recursos: Concello, Servizos Sociais , Centro de Saúde, UDIAF,
Unidades de Atención Temperá.
- Establecer canles de colaboración con entidades que poidan axudar a unha mellor
integración dos nenos/as con N.E.A.E (Atención Temperá do Sergas, E.O.E., ..)
- Plan de seguimento telemático, se é preciso, entre Educadora social e orientadora.
- Valorar, asesorar e axudar en colaboración co concello ás familias que carezan de
recursos ante unha ensinanza online.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
85
4. ACTUACIÓNS TEMPORALIZADAS
1º trimestre Vertente ou ámbito que desenvolve
Axentes
Contitución Dept. Orientación
Orientación XDO
Proposta de aquisición de material do Deparamento
Orientación Membros DO
Proposta de organización dos apoios
Apoio E-A
Profesorado de apoio Equipo directivo XDO
Elaboración de horarios de orientadora, PT e AL
Apoio E-A Profesorado de apoio Xefa de Estudos XDO
Reunións Dept. Orientación Apoio E-A Acción Titorial Orientación
XDO
Actualización e revisión do Plan de Orientación
Apoio E-A Acción Titorial Orientación
XDO
Actualización e revisión do PAT
Apoio E-A Acción Titorial Orientación
XDO Membros Dpto. CCP
Redacción do PAADO Apoio E-A Acción Titorial Orientación
XDO
Valoración das necesidades de orientación do centro
Acción titorial Orientación Apoio E-A
XDO PT, AL Profesorado apoio
Elaboración das avaliacións pedagoxicas pertinentes e os posteriores informes psicopedagóxicos
Orientación XDO
Participar na avaliación do 1º trimestre
Acción titorial Orientación Apoio E-A
Profesorado
Cubrir os datos estadísticos de orientación
Orientación XDO
Elaboración de actividades para o día da vilolencia e o día da discapacidade
Orientación Dept. de orientación
Coordinación cos servizos externos: UDIAF, atención Temperá, Servizos Sociais, EOE.
Acción titorial Orientación Apoio E-A
XDO Membros do dpto.. Responsables dos servizos externos
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
86
2º TRIMESTRE
2º trimestre Vertente Axentes
Reunións Depto. Orientación Acción titorial Orientación Apoio E-A
Dpto. Orientación
Análise resultados avaliación do 1º trimestre
Acción titorial Orientación Apoio E-A
Profesorado
Seguimento apoio alumnado NEAE
Apoio E-A P.T. Titores
Participar na avaliación do 2º trimestre
Acción titorial Orientación Apoio E-A
Profesorado
Elaboración das avaliacións pedagoxicas pertinentes e os posteriores informes psicopedagóxicos
Orientación XDO
Coordinación cos servizos externos: UDIAF, atención Temperá, Servizos Sociais, EOE.
Acción titorial Orientación Apoio E-A
XDO Membros do dpto.. Responsables dos servizos externos
3º TRIMESTRE
3º trimestre Vertente Axentes
Análise resultados 2ª avaliación. Toma de decisión
Acción titorial Orientación Apoio E-A
Profesorado
Orientación ao alumnado de 6º sobre a ESO
Orientación académica e profesional
Titores XDO
Sesións avaliación alumnado Acción titorial Orientación Apoio E-A
Titores XDO
Avaliación medidas de atención á diversidade
Apoio E-A Titores XDO
Reunións Dep. Orientación Acción titorial Orientación Apoio E-A
Depto. Orientación
Organización visita ao IES dos alumnos de 6º
Acción Titorial Orientación
Alumnado
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
87
Avaliación diagnóstica: preparación e colaboración na aplicación e corrección.
Apoio E-A XDO Titores
Avaliación do Plan Anual de actividades do D.O
Orientación Depto. Orientación
Elaboración memoria XDO
5. HORARIO DA XEFA DE DEPARTAMENTO
HORAS LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
08:55-
09:50
Ceip Plurilingüe
Virxe da Luz
Orientación
09:35-
10:30
Ceip Plurilingüe de
Monterroso
Orientación
Ceip Plurilingüe de
Monterroso
Xefatura de estudos
Ceip Plurilingüe de
Monterroso
Orientación
Ceip Plurilingüe de
Monterroso
Orientación
09:50-
10:45
Ceip Plurilingüe
Virxe da Luz
Orientación
10:30-
11:25
Ceip Plurilingüe de
Monterroso
Orientación
Ceip Plurilingüe de
Monterroso
Orientación
Ceip Plurilingüe de
Monterroso
Xefatura de estudos
Ceip Plurilingüe de
Monterroso
Xefatura de estudos
11:10-
12:05
Ceip Plurilingüe
Virxe da Luz
Orientación
11:25-
12:20
Ceip Plurilingüe de
Monterroso
Xefatura de estudos
Ceip Plurilingüe de
Monterroso
Orientación
Ceip Plurilingüe de
Monterroso
Orientación
Ceip Plurilingüe de
Monterroso
Orientación
12:05-
13
Ceip Plurilingüe
Virxe da Luz
Orientación
12:20-
12:50
Garda de recreo
Garda de recreo
12:50-
13:45
Ceip Plurilingüe de
Monterroso
Orientación
Ceip Plurilingüe de
Monterroso
Orientación
Ceip Plurilingüe de
Monterroso
Xefatura de estudos
Ceip Plurilingüe de
Monterroso
Reunión D.O
13:45-
14:35
ITINERANCIA
ITINERANCIA
ITINERANCIA
14:00-
14:50
Ceip Plurilingüe
Virxe da Luz
Orientación
16:00-
17:00
Ceip Plurilingüe de
Monterroso
Titoría
país/alumnos
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
88
17:00-
18:00
Ceip Plurilingüe de
Monterroso
Reunión
depart/equipos..
Orientación: Sesións destinadas á planificación e traballo no Dto incluíndo:
Aulas: Sesións destinadas ao traballo de orientación nas aulas, segundo as
necesidades que se presenten ao longo do curso. Elaboración de material adaptado
para alumnado con AC.
Atención ás familias: Sesión reservada para a atención directa ás familias do
alumnado, podendo alterase o día e horario.
Reunións servizos externos: Habilitarase unha sesión para as reunións que sexan
precisas cos axentes externos ( principalmente servicios sociais)
Reunión semanal coas mestras de PT e AL
Membros do Departamento no curso 2020-21
1. Silvia García Iglesias –COORDINADORA ED. INFANTIL
2. Mª Guillermina Mosquera Sánchez- TITORA DE 1º NIVEL PRIMARIA
3. Ana Isabel Gayos Aguiar-TITORA DE 3º NIVEL PRIMARIA
4. Esperanza Díaz Sindín - TITORA DE 5º NIVEL GRUPO A PRIMARIA
5. Adelaida Diéguez Vázquez- MESTRA DE PT
6. Laura Fernández Vázquez - MESTRA DE AL
7. Verónica Gómez Conde- XEFA DO DEPARTAMENTO
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
89
6.- SEGUIMENTO E AVALIACIÓN.
O seguimento e avaliación do Plan Anual de Actividades do Departamento de
Orientación estará marcado por tres momentos esenciais: unha avaliación inicial, unha
avaliación procesual e unha avaliación final.
_ Avaliación inicial:
Para realizar esta avaliación inicial precisamos da colaboración dos titores/ as, os cales se
atopan directamente vinculados ao seu grupo de alumnos/ as e comparten maior
cantidade de experiencias con eles, e tamén das familias, proporcionándonos información
sobre o desenvolvemento do neno/ a fóra do ámbito escolar, é dicir, no seu entorno
sociofamiliar, para partir sempre da realidade e contexto no que se atopa inmerso o noso
centro e, polo tanto, para coñecer as necesidades dos alumnos/ as que están escolarizados
nel. Esta avaliación proporciónanos información para poder adaptar o noso Plan e máis
explicitamente o proceso de ensinanza-aprendizaxe, podendo deste xeito previr e detectar
dificultades e intervir de xeito precoz, o antes posible, e frenar as posibles consecuencias
negativas para a evolución dos nosos alumnos/ as.
_ Avaliación do proceso:
Esta avaliación implica a recollida sistemática de datos, a súa análise e conseguinte toma
de decisións, mentres ten lugar a implementación das actividades planificadas polo
Departamento de Orientación. Durante todo o proceso e por parte de todos os
responsables irase recollendo información e propostas que permitan adaptar o Plan,
tendo en conta ademais as observacións do equipo docente, así como do alumnado e das
súas familias.
_ Avaliación final:
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
90
Esta avaliación final adopta unha función de análise da consecución dos obxectivos e de
retroalimentación da programación prevista, para tomar as decisión oportunas coa
finalidade de mellorar o propio proceso. No mes de xuño realizarase a avaliación deste
plan, que se incorporará á memoria do Departamento de Orientación.
Para todas estas actividades propostas será preciso avaliar conforme aos seguintes
parámetros:
-Adecuación das actividades propostas.
-Adecuación dos materiais aportados.
-Adecuación da temporalización.
Como indicadores da avaliación utilizaremos os seguintes aspectos:
Adecuación das distintas actividades ás necesidades dos destinatarios.
As actividades programadas que se realizaron.
Consecución das metas ou obxectivos previstos inicialmente nas actividades
realizadas.
Adecuación e suficiencia dos recursos dispoñibles.
Grao de participación das persoas implicadas.
Adecuación da temporalización prevista.
Conclusións e propostas de mellora.
Os instrumentos que empregaremos para a avaliación do plan atenderán a criterios de
variedade e flexibilidade; algúns deles relaciónanse a continuación:
Debates (titores, alumnos/as...)
Observación.
Análises de tarefas.
Entrevistas.
Test e cuestionarios.
Outros.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
91
7. CONSIDERACIÓNS FINAIS.
Este Plan Anual de Actividades do Departamento de Orientación partirá dunha
planificación firme, pero tamén acadará ao longo do curso un carácter moi flexible, xa
que o proceso de ensinanza-aprendizaxe non é unha constante que poida calcularse ao
comezo de curso, senón que precisa unha retroalimentación continua segundo se vai
desenvolvendo o curso escolar, tratando sempre de adaptalo ás necesidades que se
manifesten no profesorado, alumnado e familias. Este curso 2020-21 será ainda máis
imprevisible o seu desenvolvemento, dado ao descoñecemento que ainda temos acerca da
posible evolución da pandemia do Covid-19, polo que resulta imprescindible establecer
medidas de actuación que nos permitan anticiparnos ás distintas circunstancias que se
poidan dar. Esas medidas están recollidas nos ámbitos de intervención e obxectivos do
presente PAADO.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
92
8. PROGRAMACIÓN DE AUDICIÓN E LINGUAXE CURSO 2020-2021
A linguaxe oral é unha das aprendizaxes do ser humano máis complexas e importantes,
xa que constitúe a fonte do pensamento e do coñecemento, e a base das interaccións
comunicativas, en tanto que as persoas somos seres sociais. Ademais é o punto de partida
da aprendizaxe da lectoescritura, requisito imprescindible a alcanzar durante a educación
primaria. Iso Orixina que o traballo do mestre de audición e linguaxe se dirixa a corrixir e
reeducar calquera dificultade que no alumnado xurda entorno ó desenvolvemento da
linguaxe, en calquera dos seus compoñentes: fonético -fonolóxico, léxico -semántico,
morfosintáctico e pragmático, a favor dunha axeitada inclusión e integración na
sociedade que nos rodea.
1. Obxectivo xeral:
Detectar, previr e intervir as alteracións da linguaxe para poder empregala como medio
de comunicación e expresión de ideas e sentimentos, polo tanto o obxectivo xeral é que o
alumnado alcance unha adecuada competencia comunicativo-lingüística. Para lograr dito
obxectivo, será preciso ter en conta outros mais específicos como:
- Facilitar ao alumnado a recuperación das dificultades que presenten na linguaxe
oral e escrita.
- Favorecer a expresión mediante a participación activa do alumnado en xogos e
conversas.
- Solucionar dificultades específicas do alumnado: atención, compresión, dislalias...
- Observar e avaliar o progreso do alumno.
- Conseguir que o alumno con NEAE adquira a formación e capacitación necesarias
para que alcance a autonomía para integrarse na dinámica do centro e no entorno
social no que se desenvolve.
- Coordinar a miña actuación coa orientadora, a especialista en P.T. e especialmente
con todo o profesorado que traballe co alumnado con dificultades, para así
garantir unha mellora no seu proceso de ensino-aprendizaxe.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
93
2. Temporalización
A intervención da especialista en A.L. levarase a cabo ao longo de todo o curso
académico 2020-2021, sendo preciso mencionar que dita intervención é susceptible de
modificacións en función da evolución do alumnado, así como das necesidades do centro
(dar de alta a alumnado que no precise por máis tempo a medida extraordinaria, así como
incorporación de novo alumnado a esta medida se fose posible)
A atención que se leva a cabo é fóra da aula debido as necesidades e as intervencións
diferenciadas que se levan a cabo sendo valoradas pola xefatura do departamento de
orientación.
3. Recursos:
ambientais -Espazo propio para realizar o tratamento individualizado.
humanos -Alumnado, familias, profesorado e persoal non docente.
-Outros especialistas alleos ao centro.
materiais -Ordenador e tablet
-Métodos: Cicerón, Enséñame a hablar, R.F.I. entre outros.
- Mesa de luz e materiais para usala.
- Espello
- Biombo transparente.
- Material de elaboración propia.
- Produtos de desinfección
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
94
4. Metodoloxía:
Mentres a situación actual nos permita estar presencialmente no centro:
No caso do alumnado con dislalias, diferénciase na metodoloxía o tratamento indirecto e
o directo
a) Tratamento Indirecto
Cinco minutos iniciais de motivación, toma de contacto , relaxación.
Cinco minutos repartidos en exercicios de: respiración, sopro, e praxias bucofaciais.
Durante este curso, por mor do COVID-19 non considero conveniente a realización deste
tipo de exercicios, polo que se proporcionará material para poder realizalo en casa.
b) Tratamento Directo
Dez minutos de exercicios específicos do caso a tratar.
Cinco minutos de conversación.
No resto dos casos as actividades propostas estarán adaptadas ao nivel do alumnado,
favorecendo aspectos sensoriais e de ser o caso elaborando materiais de elaboración
propia.
No caso dun novo confinamento:
Utilizarase o blog creado: audicionylenguajemonterroso.blogspot.com. Daranse as sesión
vía telemática, a través de cisco webex, zoom, videochamadas por whatsapp (en función
da plataforma que utilice a familia)
O último plano que se nos pode presentar, é o semi-presencial:
Sempre e cando o alumno/a se encontre cun estado de saúde axeitado, poderá ter
asesoramento vía telemática a través dos mecanismos mencionados no apartado anterior e
mantendo o horario que xa ten asignado.
É importante o traballo coordinado entre todos os membros da comunidade educativa.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
95
a) traballaremos de forma estreita cos mestres titores, xa que son os que máis
tempo pasan cos nenos/as e os que verdadeiramente son conscientes da súa evolución.
Ademais, son os primeiros en detectar novas necesidades no alumnado.
b) así mesmo a colaboración co DO, fundamentalmente coa xefa do departamento,
de cara a unha correcta identificación das necesidades e no establecemento de criterios
comúns á hora de realizar as diferentes actuacións.
c) as familias, pois non podemos esquecer que é o primeiro medio de
socialización do neno e a base da súa educación, de aí que sexa estritamente necesario
que as pautas que se estean a levar a cabo no centro educativo se reflicten no fogar, de
cara á consecución dos obxectivos que plantexamos.
5. Avaliación:
Para iso levaremos a cabo unha avaliación flexible, procesual e continua, que lle permita
estar presente de forma sistemática no desenvolvemento de todo tipo de actividades e non
só en momentos puntuais ou illados.
Terase en conta a singularidade de cada individuo, analizando o seu propio proceso de
aprendizaxe, e as súas características e necesidades.
Realizaremos unha Avaliación Inicial co fin de identificar as necesidades, unha
Avaliación Procesual ó longo da intervención para seguir un control do desenvolvemento
do tratamento e introducir oportunos cambios ou seguir o mesmo plan de traballo e unha
Avaliación Final co fin de destacar os avances e finalizar o tratamento naqueles casos nos
que se superou a alteración.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
96
9. PROGRAMACIÓN DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA CURSO 2020/21
1. INTRODUCIÓN
O CEIP Plurilingüe de Monterroso está situado na vila de Monterroso, na provincia de
Lugo que acolle alumnado de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
Trátase dun centro de liña 1 (só 5º de primaria ten liña 2), cun nº normal de alumnos por
aula, polo que a ratio é adecuada pero coas singularidades e necesidades propias da
diversidade.
A intervención da especialista en pedagoxía terapéutica, no curso 2020-21 irá
dirixida fundamentalmente a intervir, para mellorar, as dificultades de aprendizaxe
presentadas nas áreas instrumentais principalmente (lingua e matemáticas), e á
adquisición de técnicas, habilidades, actitudes e destrezas básicas necesarias para
mellorar o traballo, así como o desenvolvemento da personalidade do alumno.
2. OBXECTIVOS XERAIS DA AULA DE P.T.
- Dinamizar o proceso de integración do alumno con necesidade específica de
apoio educativo (NEAE)
- Colaborar na elaboración das adaptacións curriculares dos alumnos que o
necesiten.
- Proporcionar o reforzo pedagóxico que os alumnos precisen acorde ás
necesidades presentadas.
- Favorecer pautas de actuación comúns nas áreas que os alumnos precisen
apoio.
- Observar e avaliar o progreso do alumno.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
97
- Conseguir que o alumno con NEAE adquira a formación e capacitación
necesarias para que alcance a autonomía para integrarse na dinámica do centro
e no entorno social no que se desenvolve.
- Coordinar a miña actuación co orientador, a especialista en A.L. e
especialmente con todo o profesorado que traballe co alumno con dificultades,
para así garantir unha mellora no seu proceso de ensino-aprendizaxe.
- Fomentar a participación dos pais e implicalos no proceso educativo dos seus
fillos.
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
98
3. ALUMNADO OBXECTO DE INTERVENCIÓN POR PARTE DA
ESPECIALISTA EN PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA.
CURSO
MEDIDA DE
ATENCIÓN Á
DIVERSIDADE
SESIÓNS SEMANAIS
1º DE EP: 1 alumno
escolarizado en primaria
pero con nivel EI.
RE 4
2º DE EP: 2 alumnos con
dificultades tanto en
lecto-escritura coma en
cálculo.
1 alumno con
plurideficiencia que
recibe estimulación na
aula PT.
RE
4
2
3º DE EP: 2 alumnos con
dificultades nas técnicas
instrumentais e con
problemas de atención.
RE 4
4º DE EP: 3 alumnas ás
que lles custa seguir o
normal desenvolvemento
das clases.
5
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
99
4. TEMPORALIZACIÓN
A intervención da especialista en pedagoxía terapéutica levarase a cabo ao longo de todo o
curso académico 2020-2021, sendo preciso mencionar que dita intervención é susceptible de
modificacións en función da evolución do alumnado, así como das necesidades do centro (dar
de alta a alumnado que no precise por máis tempo a medida extraordinaria de apoio de
especialista en pedagoxía terapéutica, así como incorporación de novo alumnado a esta medida
se fose posible)
A atención que se leva a cabo é nuns casos dentro e noutros fóra da aula debido as necesidades
e as intervencións diferenciadas que se levan a cabo sendo valoradas pola xefatura do
departamento de orientación.
De forma máis detallada no punto 3 desta programación pódese observar o número de sesións
semanais que se levan a cabo.
5. AVALIACIÓN
5.1. AVALIACIÓN AO ALUMNADO
Levarase a cabo un diario de clase no que se rexistrarán as actividades realizadas, así como o
desenvolvemento das mesmas por parte do alumnado e a actitude presentada ao realizalas.
Esta información compartirase co profesor-titor e co o orientador do centro.
5.2. AVALIACIÓN DOS PROGRAMAS DE INTERVENCIÓN
Os programas de intervención deben ser constantemente reevaluados para poder saber se estes
están logrando acadar os obxectivos propostos, así como introducir os cambios necesarios para
que a intervención se adapte as necesidades e evolución do alumnado.
Teremos en conta se as actividades propostas son motivadoras para o alumnado, así como se
están adaptadas a súa competencia (nin demasiado sinxelas para non aburrir, nin demasiados
difíciles para non desmotivar)
PXA 2020-2021 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
100
Tamén é necesario avaliar a miña propia función como docente, tendo en conta as
interaccións que se establecen co alumando, sendo sensible ás súas necesidades e
circunstancias persoais, respectando o seu momento evolutivo e téndoo en conta á hora de
plantexar as distintas actividades, así como o nivel de esixencia.