páx. 70 “a seda” - wordpress.com · 2020. 3. 23. · c. natureza- unidade 5/ os animais...

2
C. NATUREZA- UNIDADE 5/ OS ANIMAIS INVERTEBRADOS (1) 1 Le atentamente na páx. 70 “A seda”. Responde as cuestións (sen escribilas) e serás quen de coñecer a orixe dos fíos dos tecidos, e o invento da seda. METAMORFOSE GUSANO DE SEDA O proceso de fabricación da seda ocorre do seguinte xeito: críanse vermes ata a formación da crisálida e recóllense os casulos. Estes sécanse ao aire e, unha vez que as crisálidas se desecan, amolécense os casulos con auga, despois límpanse e sácase de cada un deles un fío. VOLVORETA E OVOS GUSANOS DE SEDA CRISÁLIDA E CASULOS Únense varios fíos para formar outros máis grosos e despois retórcense para que teñan unha maior resistencia. Finalmente, fórmanse as bobinas de fío.

Upload: others

Post on 24-Jan-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • C. NATUREZA- UNIDADE 5/ OS ANIMAIS INVERTEBRADOS (1)

    1

    Le atentamente na páx. 70 “A seda”.

    Responde as cuestións (sen escribilas) e serás quen de coñecer a orixe dos

    fíos dos tecidos, e o invento da seda.

    METAMORFOSE GUSANO DE SEDA

    O proceso de fabricación da seda ocorre do seguinte xeito: críanse

    vermes ata a formación da crisálida e recóllense os casulos. Estes

    sécanse ao aire e, unha vez que as crisálidas se desecan, amolécense

    os casulos con auga, despois límpanse e sácase de cada un deles un

    fío.

    VOLVORETA

    E OVOS

    GUSANOS DE SEDA

    CRISÁLIDA E CASULOS

    Únense varios fíos para formar outros máis grosos e despois

    retórcense para que teñan unha maior resistencia. Finalmente,

    fórmanse as bobinas de fío.

  • C. NATUREZA- UNIDADE 5/ OS ANIMAIS INVERTEBRADOS (1)

    2

    Colle diferentes pezas de roupa que tes ordenadas nos armarios e

    caixóns. Como manteis, panos, blusas, chaquetas… feitas de algodón, liño,

    seda ou la. Tócaas, comproba a súa composición. Podes distinguir os

    diferentes tecidos?

    Propóñoche varias actividades.

    Intenta realizalas todas ou a maioría.

    Le a páx. 71. Podes responder as cuestións?

    1- Cales son os seis grupos máis importantes de animais invertebrados?

    Esta semana vas estudar as páxinas 73 e 74. Primeiro

    le o título e os subtítulos. A continuación le atentamente

    cada apartado. Atención, se atopas algunha palabra

    que non entendes, búscaa no dicionario.

    Realiza no caderno as actividades da páx. 73/ 2 e 3. Tamén

    as seguinte pregunta. Copia os enunciados na túa libreta.

    Busca debuxos, imaxes dos animais estudados. Tamén

    podes debuxalos ti.