proxecto de innovación en dinamización lingüística

21
2010-2011 CEIP SERRA-VINCIOS TRADICIÓNS, USOS E TRADICIÓNS, USOS E TRADICIÓNS, USOS E TRADICIÓNS, USOS E COSTUMES COSTUMES COSTUMES COSTUMES DA NOSA DA NOSA DA NOSA DA NOSA PARROQUIA PARROQUIA PARROQUIA PARROQUIA PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA CURSO 2010-2011 CEIP SERRA-VINCIOS A Serra, Vincios, Gondomar http://centros.edu.xunta.es /ceipserravincios/ http://serravincios.blogspot.com [email protected]

Upload: ceipserravincios-vincios

Post on 30-Mar-2016

234 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Este proxecto xira en torno a nosa parroquia, Vincios, da que temos moitas cousas que aprender.

TRANSCRIPT

Page 1: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

2010-2011

CEIP SERRA-VINCIOS

TRADICIÓNS, USOS E TRADICIÓNS, USOS E TRADICIÓNS, USOS E TRADICIÓNS, USOS E

COSTUMESCOSTUMESCOSTUMESCOSTUMES

DA NOSA DA NOSA DA NOSA DA NOSA

PARROQUIAPARROQUIAPARROQUIAPARROQUIA

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

CURSO 2010-2011

CEIP SERRA-VINCIOS

A Serra, Vincios, Gondomar

http://centros.edu.xunta.es /ceipserravincios/

http://serravincios.blogspot.com

[email protected]

Page 2: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

2

ÍNDICE

XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO…………………………………………………………………………………….....3

CONTEXTUALIZACIÓN………………………………………………………………………………………………….4

OBXECTIVOS A LONGO E CURTO PRAZO,

CONTIDOS DO PROXECTO E COMPETENCIAS BÁSICAS…………………………………………………………..7

ACTIVIDADES……………………………………………………………………………………………………………10

ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS……………………………………………………………………………………14

TEMPORALIZACIÓN………………………………………...…………………………………………………………..15

XESTIÓN E OTIMIZACIÓN DOS RECURSOS MATERIAIS E

HUMANOS DO CENTRO E DO CONTORNO………………………………………………………………………….17

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE…………………………………………………………………………………………..18

DESEÑO, PLANIFICACIÓN E EXECUCIÓN DO PROXECTO………………………………………………………..18

DIFUSIÓN DO PROXECTO……………………………………………………………………………………..….……19

PLAN DE AVALIACIÓN DO PROXECTO………………………………………………………………………..…….19

PROFESORADO IMPLICADO………………………………………………………………………………………….20

Page 3: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

3

1. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO

Na nova sociedade, a sociedade da información ou a sociedade do coñecemento, ábrese un

novo paradigma de ensinanza: a ensinanza aberta e colaborativa, herdeira dos principios básicos da

escola activa. Neste contexto, cambian os roles do profesorado, o cal se converte nun mediador e

facilitador das aprendizaxes do alumnado. Os docentes non só debemos transmitir contidos se non

que tamén debemos ensinar a estudar ao alumnado para que aprenda a aprender os contidos

curriculares que lle está ensinando. O alumnado é un ente activo, non un suxeito pasivo recibindo e

memorizando a información que lle proporciona o mestre e o libro de texto.

Neste marco de referencia, imos abrir as portas da escola ao contorno inmediato, a nosa

parroquia, para espertar os nosos sentidos, experimentar, investigar, indagar, descubrir, crear e

abstraer todos eses coñecementos teórico- prácticos que temos diante e non valoramos. Dedicámonos

a memorizar nun libro de texto o que podemos vivir; buscamos en internet contos, cantigas…de

vellos pudendo preguntarllas aos nosos avós, veciños… Hai moitas fontes de coñecemento e non

podemos reducir o proceso de ensinanza- aprendizaxe ao libro de texto. Internet é unha gran fonte de

coñecementos pero son coñecementos que alguén crea, que alguén introduce na rede. Agora nós

imos crealos e compartilos a través da nosa web, na cal a palabra escrita deixará un importante oco a

palabra oral. Co cal as nosas máximas son: apertura ao contorno, experimentación e investigación,

creación creativa, traballo colaborativo, oralidade, diálogo e coñecemento compartido a través dos

mass media e Internet. Xeraremos así unha relación aberta co contorno que entrará nas aulas e nós

sairemos delas compartindo coñecementos, vivenzas, experiencias, xogos, cantigas… en galego.

Este proxecto xorde precisamente da valoración que o Claustro de mestres/as efectuou acerca

da escasa información que ten o alumnado da súa parroquia. Consecuentemente, o proxecto anual

que todo o centro porá en marcha no vindeiro curso escolar céntrase na parroquia de Vincios, nos

seus usos e costumes, na súa xeografía, fauna, flora, nas súas tradicións, no orixe das mesmas, no seu

pasado, no seu presente. Contactaremos coas institucións da zona (Centro Cultural, Banda de

Música, Coral…), con personaxes destacados da parroquia (deportistas, pintores…), coa xente da

vila para que nos fale de Vincios (costumes, celebración das festas, profesións antigas, nova

realidade sociocultural e económica…), faremos rutas de sendeirismo nas que na relación profesor-

alumno a materia de aprendizaxe será viva. Trátase de aprender os contidos curriculares partindo da

súa comprensión e experimentación directa, na medida do posible. Escoitaremos en galego,

falaremos en galego e viviremos en galego no noso lar.

Page 4: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

4

2. CONTEXTUALIZACIÓN

Contorno sociolingüístico do centro

O CEIP Serra-Vincios pertence ao concello de Gondomar; concretamente, está situado no

barrio da Serra, na parroquia de Vincios, unha zona rural, na que a lingua maioritaria é o galego.

O nivel socioeconómico das familias é medio.

Situación do profesorado

O centro consta de 10 unidades: 3 de Educación Infantil e 7 de Educación Primaria. O cadro

docente está formado por 10 mestres/as titores/as, unha mestra de apoio en Educación Infantil, un

especialista en educación física, unha especialista en inglés, unha especialista en música, a mestra de

relixión, a orientadora e a mestra de pedagoxía terapéutica. Ademais, contamos cunha mestra de

Audición e Linguaxe que ven dous días semanais e que pertence ao centro de Donas. A porcentaxe

de profesorado e alumnado do centro implicado pódese dicir que é dun 100 %, xa que participamos

TODOS/AS. De feito, contamos cunha coidadora que tamén participa activamente na posta en

marcha das actividades do centro; así como, dun conserxe que axuda a levalas a cabo.

A maior parte do profesorado conta con destino definitivo no centro.

Os equipos nos que se distribúe o profesorado do centro para a organización do traballo

coordínanse para levalo a cabo:

− Equipo de Actividades Extraescolares.

− Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.

− Equipo de Biblioteca.

− Equipo de PTIC.

Situación do alumnado

O centro conta con 161 alumnos/as que se distribúen como segue:

− Educación Infantil: 55 alumnos/as

− Educación Primaria: 106 alumnos/as

Situación lingüística do centro

A política de centro avoga polo uso do galego en todos os contextos, co cal, o obxectivo

fundamental é a normalización da lingua galega como lingua da comunicación tanto oral como

escrita, como lingua valorada e respectada.

Page 5: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

5

A continuación amósanse uns diagramas cos resultados das enquisas que se pasaron ás

familias no curso 2007-08.

castelán

8%

predomina

o castelán

27%

castelán e

galego

21%

predomina

o galego

18%

galego

25%

outra

1%

Lingua que usa o neno/a

castelán

28%

galego

43%

nas dúas

25%

outra

4%

Lingua na que aprendeu a falar

Page 6: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

6

Necesidades detectadas

O programa do CEIP Serra- Vincios é un programa de mantemento da lingua, se ben vimos

observando que as novas xeracións de alumnos, de Educación Infantil, falan en máis dun 75 % en

castelán, sendo este dato preocupante.

Ademais, valoramos que non estamos rendibilizar axeitadamente os recursos que nos ofrece a

parroquia e que o alumnado descoñece moitos datos do lugar no que vive.

Por outra banda, detéctanse no profesorado necesidades de formación nas TIC. A este respecto,

o equipo de TIC do centro vai organizar sesións formativas quincenalmente ao longo do curso para

unificar coñecementos en materia de TIC, aproveitar os recursos humanos do centro e rendibilizar o

uso das novas tecnoloxías. O profesorado está disposto a formarse no uso das novas tecnoloxías e

está aberto a realización de cursos para tal fin.

castelán

2%

predomina

castelán

21%

castelán e

galego

26%

predomina

galego

19%

galego

30%

outra

2%

Lingua que se fala na casa

Page 7: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

7

3. OBXECTIVOS A LONGO E CURTO PRAZO, CONTIDOS DO

PROXECTO E COMPETENCIAS BÁSICAS

Obxectivos a longo prazo

• Empregar a lingua oral e escrita en galego en contextos diferentes aos cotiás promovendo o

seu uso fóra e dentro das aulas.

• Adquirir un maior coñecemento das nosas raíces e tradición cultural, valorando aos nosos

pais, avós, veciños…como fontes vivas de coñecemento.

• Coñecer a nosa parroquia en profundidade e os recursos que nos aporta.

• Valorar e respectar a lingua galega como lingua propia do noso pobo.

• Mellorar o prestixio da nosa lingua vinculándoa ás novas tecnoloxías da información e da

comunicación.

• Potenciar o traballo colaborativo e en equipo do alumnado e do profesorado.

• Propiciar a colaboración entre colexio e contorno, abrindo canles de cooperación.

• Favorecer a socialización, o respecto mutuo e a igualdade de oportunidades entre ambos

sexos.

Obxectivos a curto prazo

Alumnado

• Usar a lingua galega nas comunicacións.

• Aproveitar as oportunidades de lecer que nos ofrece a nosa vila.

• Coñecer as costumes, tradicións, etnografía, xeografía…de Vincios.

• Usar a biblioteca escolar como lugar de encontro, de divertimento, de aprendizaxe, de

investigación, de descubrimento, de soños…

• Crear unha guía de Vincios en soporte papel e audiovisual.

• Celebrar as festas tradicionais e conmemoracións típicas de Vincios.

• Interaccionar co medio cunha actitude de respecto e coidado, valorando a nosa terra e as súas

posibilidades.

• Analizar con retrospectiva os cambios na situación socioeconómica e cultural da vila en

función das nosas posibilidades.

• Valorar aos demais como fonte de coñecemento.

• Reflexionar e avaliar o seu proceso de aprendizaxe.

• Relacionar o que aprenden con outras experiencias da vida cotiá.

• Traballar en contextos de colaboración.

Page 8: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

8

• Involucrarse en procesos de investigación.

• Empregar ás novas tecnoloxías para elaborar presentacións e exposicións que comuniquen o

que pensamos (radio, vídeos, power point, EDI, etc), para buscar información (Internet…) e

para transmitir ideas, sentimentos…(páxina web, blog, radio….)

• Crear unha sala de exposicións aberta á comunidade.

• Valorar e respectar as opinións dos demais, mantendo unha actitude positiva na relación cos

outros e non discriminativa.

Profesorado

• Crear material audiovisual en galego para presentar actividades de aprendizaxe motivadoras.

• Estimular a atención e a motivación do alumnado.

• Potenciar o proceso de investigación, descubrimento e experimentación dos nosos

alumnos/as.

• Promover unha maior coordinación e traballo en equipo.

• Establecer canles de comunicación e colaboración co contorno, aproveitando os seus

recursos.

• Empregar ás novas tecnoloxías para xerar coñecementos e para compartilos.

• Avaliar as aprendizaxes realizadas e o proxecto programado.

Familias e contorno

• Colaborar coa comunidade educativa no desenvolvemento do proxecto.

• Participar nas actividades propostas polo centro.

• Favorecer o intercambio de información coa escola e abrir canles efectivos de comunicación.

Contidos

o Emprego da lingua galega en distintos ámbitos.

o Valoración da nosa cultura e lingua como señas da nosa identidade.

o Creación de material audiovisual en galego.

o Investigación, exploración e experimentación.

o Emprego das novas tecnoloxías para comunicarnos.

o Valoración da biblioteca como fonte de coñecemento e como lugar de lecer.

o Actitude positiva cara o traballo en equipo.

o Fauna, flora, xeografía, xeoloxía. O Monte Galiñeiro como fonte de recursos para a xente da

vila (ir ao monte a recoller o toxo para estrar as cortes, buscar piñas, ir buscar fento para a

Page 9: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

9

matanza do porco…) e referente importante da parroquia, lugar de lecer (ira ao monte a

merendar) e para facer sendeirismo.

o Arquitectura. Elementos constructivos: muíños, lavadeiros, tipo de vivendas, igrexas, peto das

ánimas, fontes de auga.

o Arqueoloxía: petroglifos, mámoas, muralla, Pedra da moura (cama da moura).

o Festas e tradicións.

- Celebración das cabazas

- Magosto

- Matanza do porco

- En Nadal, Cantos de Reis.

- Entroido

- Festas da vila: Santa Mariña (18 de xullo), Santa Lucía (13 de decembro), San Antonio

(13 de Xuño. Poxas de San Antonio), Corpus coa alfombra de flores e a Festa da

primavera que é recente.

- Curro

- Fogueira de San Xoán e de San Pedro.

o Usos e costumes sociais. Xogos populares.

o Literatura popular: contos, cantigas, refráns…

o A época da rega antigamente.

o A agricultura como actividade para uso propio. Época de colleita

o Agrupacións: banda de música, coral, grupo de Cantareiras, rondalla, Centro Veciñal, equipo de

fútbol, Clube de Tenis de Mesa de Vincios…

o Industria.

o Figuras importantes da parroquia: deportistas, corredores de rally…

Competencias

Trátase dun proxecto de traballo global e integrador que pon o seu énfase nas seguintes

competencias.

- Competencias lingüísticas, poñendo o seu énfase na oralidade: entrevistas, escoita e

narración de historias...

- Competencia social e cidadá, favorecendo o traballo en equipo, o contacto coa xente da

parroquia…

- Competencia dixital, promovendo o emprego das TIC

Page 10: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

10

- Competencia cultural e artística, a través do coñecemento das tradicións, usos,

costumes…da nosa parroquia.

- Competencia en coñecemento e interacción no mundo físico, a través da investigación,

análise e interacción co medio que nos rodea

- Competencia en autonomía e iniciativa persoal, a través da participación no proceso de

toma de decisións, na planificación, na busca de información…

- Competencia matemática, en canto o emprego e lectura de planos e a resolución de

problemas cotiás.

- Competencia para aprender a aprender.

O proxecto está inmerso no Proxecto Educativo e no Proxecto Curricular de Centro.

4. ACTIVIDADES

“Rutas de Sendeirismo”

No mes de setembro confeccionaremos un mínimo de tres rutas de sendeirismo, unha por

trimestre. Os obxectos desta actividade son o contacto coa natureza, ver no sendeirismo unha

actividade de lecer e de coidado do noso corpo e mellora dos nosos hábitos de saúde e afianzamento

dos lazos sociais. Ademais trátase de coñecer a nosa vila, a súa xeografía, os elementos constructivos

significativos, os seus usos e costumes, entrar en contacto coa xente da vila…

Elaboraranse actividades para efectuar durante as rutas que os nenos/as terán que ir realizando

e anotando nun caderno. A información recollida (características dos muíños, utilidade dos

lavadeiros, situación, elementos naturais característicos do Monte Galiñeiro…) será plasmada no

Libro- guía de Vincios.

“Libro-guía de Vincios”

Desde o EDL, en colaboración cos demais equipos do centro, elaboraremos un modelo marco

de libro que recollerá aspectos xeográficos, as rutas de sendeirismo realizadas, flora, fauna,

elementos constructivos da zona, aspectos etnográficos, literatura popular, figuras destacas da vila,

situación socioeconómica…Este libro adaptarase en función da idade dos nenos/as e as súas

características. Cada neno/a creará o seu libro- guía da vila, no que haberá espazo para a creatividade

e promoverase a creación literaria propia (fomentando a creación de poesías sobre aspectos que

destaquemos da zona…). O formato será en A5 en folios de cores e encadernado con espirais.

Page 11: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

11

Material audiovisual de Vincios. Traballamos con movie maker, programas tipo slide, podcast

En colaboración co equipo de TIC iremos recollendo os aspectos traballados e crearemos

vídeos, slide… coas fotografías da vila, os vídeos das rutas de sendeirismo, a información

recompilada, as ilustracións do alumnado…Estes traballos proxectaranse cando se abra a sala de

exposicións ás familias e alumnado doutros centros. Ademais, colocarase na web do centro a

disposición da comunidade educativa. Cada trimestre, cada curso elaborará a lo menos un vídeo,

power point, slide…co que aprendeu da vila coa colaboración do equipo de TIC e EDL.

Versión galega de obras literarias universais

I Concurso de banda deseñada

O equipo de biblioteca organiza un concurso de banda deseñada que terá como tema a nosa

parroquia, Vincios.

O Xornaliño

O Xornaliño é a nosa revista escolar, edítase trimestralmente, e vai ser a voz da parroquia este

curso escolar. A gran maioría do contido da revista recollerá o que vaiamos descubrindo da nosa

parroquia.

“Fiando palabras”

Invitaremos á xente da vila que nos poida contar cousas sobre Vincios: que festas celebraba e

como, a que se dedicaba a xente da vila fai uns anos, como vivía, que costumes había…Para levalo a

cabo realizaremos unha distribución temática por trimestres.

- No primeiro trimestre invitaremos a xente da parroquia que nos poidan contar cousas sobre

festas e como se celebraban antigamente.

- No segundo trimestre centrarémonos en profesións actuais e antigas.

- No terceiro trimestre basearémonos na tradición oral, usos e costumes. Por exemplo, contos

populares, refráns, costumes, tradicións, vestido, etc.

Día Internacional da Muller Traballadora, 8 de marzo

Invitaremos a varias mulleres da parroquia para que nos falen do papel da muller en Vincios,

das profesións que realizaban nun pasado e da situación actual. Tamén trataremos de invitar a

mulleres que realicen algún oficio considerado tradicionalmente de homes, co obxectivo de reforzar

a Igualdade de oportunidades entre ambos sexos.

Page 12: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

12

Celebramos as nosas festas, actos e conmemoracións

Celebraremos as festas, actos e conmemoracións tradicionais ou características da nosa

parroquia, indagando sobre as súas orixes. As máis significativas son:

- Día das Cabazas

- Magosto

- Celebración do Nadal

- Entroido

- Alfombra de flores

- San Xoán, poxas de San Xoán.

Ademais, celebraremos as conmemoracións xa tradicionais no centro:

- Día Internacional da Muller Traballadora, xa citado.

- Día do medio ambiente, 5 de xuño. As actividades deste día xirarán sobre a nosa vila e o

contorno natural.

“Creamos unha sala de exposicións”

No terceiro trimestre habilitaremos o antigo laboratorio do centro, que agora está baleiro,

como sala de exposicións. A nosa exposición recollera fotos antigas de lugares da parroquia e

obxectos antigos ou tradicionais.

Invitaremos ás familias a ver a exposición. Os nenos/as transformaranse en guías da

exposición. Ademais invitarase a outros centros a ver a exposición a proxeccións dos vídeos creados

sobre Vincios efectuados no centro, para o cal se empregará a sala de audiovisuais.

Reportaxe fotográfica de Vincios

Ao longo das nosas rutas de sendeirismo, mestres e alumnos irán fotografando a nosa

parroquia paso a paso, facendo unha memoria gráfica de onde vivimos que será proxectada á

comunidade e recollida na páxina web.

Xogos populares da parroquia

Recolleremos os xogos populares e faremos xornadas de xogos tradicionais co alumnado. No

caso de xogos moi antigos, invitaremos a xente da parroquia que os domine para que llos ensine aos

rapaces.

Page 13: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

13

Atopa a resposta!

O equipo de Biblioteca porá en marcha un concurso para que o alumnado aplique os

coñecementos adquiridos en educación documental. O concurso consiste na formulación de

preguntas que o alumnado terá que resolver, se lles dará pistas sobre material que poden usar para

resolvelo; é dicir, nun primeiro momento facilitaráselle a bibliografía que terán que consultar para

acadar a solución, pero logo terán que iniciar a súa propia busca na biblioteca para achar a resposta.

O EDL colaborará coa biblioteca neste proxecto, antesala das Cazas do Tesouro e as webquest, que

trataremos de poñer en marcha coa colaboración do equipo de TIC.

Exposición trimestral

Cada trimestre, realizaranse exposicións para todo o centro escolar cos achados sobre o noso

traballo de investigación, a nosa parroquia. Distribuiranse os cursos por trimestres, de xeito que cada

trimestre expoñan determinados cursos.

Contacontos

Quincenalmente realízase na biblioteca unha actividade de contacontos. É voluntaria pero o

curso pasado tivo un éxito rotundo, participaron nais, mestres e alumnado na narración de contos.

Ademais, houbo unha gran afluencia de público para ser unha actividade de asistencia voluntaria que

rouba dez minutos ao recreo. O EDL participará nesta actividade promovendo o uso do galego.

Mochilas viaxeiras

Esta é unha actividade de fomento da lectura que promove o Equipo da Biblioteca e coa que

se colaborara para o fomento da lectura en galego.

A Biblioteca virtual

É o espazo que ten a b.e. na nosa web en colaboración co Equipo de TIC. Os libros creados e

editados en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística recolleranse na biblioteca do centro

e na virtual.

Blog do centro

En colaboración cos distintos equipos promoverase o emprego do blog. A biblioteca recolle

no seu proxecto precisamente un taller de creación de textos no blog para integrar cultura impresa e

dixital.

Page 14: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

14

Elaboración de actividades para EDI relacionadas coa nosa vila

Esta é unha tarefa onde colabora todo o profesorado. Partimos de que o Equipo de TIC, dará

unhas clases quincenalmente, os martes pola tarde, para aprender a empregar axeitadamente a

pizarra, aportar materiais e tamén para usar outros programas (impress, power point, issuu, movie

maker, audacity, any video converter, slide, uso do blog, introducción de contidos na web…)

Celebración das Letras Galegas

A festa grande do noso centro é a do Día das Letras Galegas. Nesta festa os nenos/as son

cantantes, actores e actrices…e poñen en xogo todas as súas calidades a favor do teatro, a música, a

canción…É unha celebración plenamente cultural en galego a que se invita a todas as familias.

Concurso A Xoaniña

Tódolos anos, en maio, celébrase un Certame literario no que o alumnado participa coas súas

creacións de narrativa ou poesía en galego. O premio do Certame consiste en libros, contos, CD, etc.

en galego.

Concurso En Nadal, tamén en galego

Pola Nadal, realízase un concurso de ilustración con temática de Nadal. A ilustración

gañadora envíase como postal ás familias para desexar unhas boas festas. A felicitación elabóraa a

clase de 6º curso. Ademais, realizamos un certame de Panxoliñas en galego.

Intercambio con centros

Tralo festival das Letras Galegas levamos a cabo un intercambio cultural con outro centro, no

que se levan a cabo actividades de teatro, cancións…Neste caso, o centro co que se efectúa o

intercambio cultural é o CEIP Xosé Neira Vilas.

Colaboración co contorno

Entraremos en contacto coa comunidade para contemplar a posibilidade de realizar actividades

conxuntas ou a complementación das actividades do centro.

5. ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS

A incorporación das competencias no currículo require reconsiderar a práctica educativa para

permitirlle ao alumnado integrar as súas aprendizaxes relacionándoas con diferentes tipos de

Page 15: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

15

contidos (conceptos, destrezas e actitudes), usar eses contidos con efectividade e transferilos a

contextos e situación variados. Consecuentemente, a nosa práctica educativa basearase en:

• Procurar que o alumnado aprenda a aprender, para o cal promoveramos a súa participación na

planificación e toma de decisións, o emprego de estratexias de aprendizaxe e unha maior

autonomía e seguridade persoal.

• Dotar os contidos dun enfoque integrador e globalizado.

• Favorecer o traballo cooperativo e en equipo, promovendo o compromiso democrático e a

resolución pacífica de conflitos.

• No principio de individualización da ensinanza.

• No principio de socialización.

• No principio de actividade, tanto mental como física, de modo que se promova a adquisición

de aprendizaxes significativos.

• No principio de actividade lúdica.

• Na funcionalidade, orientando as aprendizaxes cara a súa aplicación en distintos contextos.

• Potenciar a formulación de hipóteses, a investigación e a experimentación, como elementos

fundamentais do pensamento científico.

• Promover o uso cada vez máis autónomo da biblioteca e as TIC, promovendo estratexias de

busca de información, selección e valoración crítica da mesma, en función das características,

idade…do alumnado.

• Colaborar co contorno.

6. TEMPORALIZACIÓN

MESES

ACTIVIDADES

SETEMBRO

Reunión do EDL para establecer as rutas de sendeirismo. Reunión do claustro de mestres para revisar as rutas. Documentación sobre a nosa vila. Difusión do proxecto á comunidade.

OUTUBRO

Contacto con xente da parroquia para fiar palabras co alumnado sobre festas e celebracións tradicionais na parroquia. Buscamos as orixes das festas e conmemoracións. Celebramos o Samaín. Iniciamos o contacontos na biblioteca, que se realizará quincenalmente. Concurso Atopa a resposta!

Page 16: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

16

Iniciamos o Libro-guía de Vincios Actualizar a web e o blog.

NOVEMBRO

Empezar a elaborar material para a EDI. 1º ruta de sendeirismo. Reportaxe fotográfica. Celebración do Magosto. Recoller o material elaborado en formato audiovisual Actualizar a web e o blog.

DECEMBRO (Vacacións de Nadal: desde o día 23 de decembro)

1º Exposición da Biblioteca. O Xornaliño. En Nadal, tamén en galego. Actualizar a web e o blog. Avaliación do proxecto no 1º trimestre

XANEIRO (vacacións de Nadal: ata o 7 de xaneiro)

Celebración do Día da Paz. Xornada de xogos tradicionais e populares. Actualizar a web e o blog.

FEBREIRO

Actualizar a web e o blog. 2º ruta de sendeirismo.

MARZO (vacacións Entroido: 7, 8, 9 de marzo)

Celebración do Entroido. Contactamos con xente da parroquia para que nos fale de profesións. O Día Internacional da Muller, invitaremos a mulleres a falarnos de profesións, a súa situación pasada e actual… Realizarase trala volta das vacacións do Entroido. Actualizar a web e o blog. Avaliación do proxecto no 2º trimestre.

ABRIL (vacacións Semana Santa: 18 de abril ata 25 de abril)

2º exposición da Biblioteca. Xornaliño. Recollemos o material elaborado en formato audiovisual. Convócase o Concurso A Xoaniña. Actualizar a web e o blog.

MAIO

Festival do día das Letras Galegas. Premios Certame Literario A Xoaniña. Intercambio con Peitieiros. Alfombra de flores. Creamos a sala de exposicións Actualizar a web e o blog.

XUÑO (vacacións a partir do 22 de xuño)

Invitación a sala de exposicións. O Xornaliño. Ruta de sendeirismo. 5 de Xuño Día do Medio ambiente. 3º exposición da Biblioteca. Actualizar a web e o blog. Culminación do Libro-guía de Vincios. Avaliación do proxecto no 3º trimestre.

Page 17: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

17

7. XESTIÓN E OPTIMIZACIÓN DOS RECURSOS MATERIAIS E

HUMANOS DO CENTRO E DO CONTORNO

a) Recursos do centro

i) Humanos

• Profesorado

• Alumnado

• Conserxe

• Coidadora

• Asociación de pais/nais

Todos estamos comprometidos para levar a cabo este proxecto de forma conxunta e

cooperativa. A distribución por equipos fará posible o artellamento da nosa actividade: equipos de

ciclo, de Biblioteca, de TIC, EDL, de Actividades Extraescolares. A comunicación e colaboración

coa ANPA será vital para o desenvolvemento do proxecto.

ii) Materiais

o Fondos da biblioteca.

o Aula de informática con 12 ordenadores

o Aula de audiovisuais dotada de proxector, EDI e ordenador portátil.

o Encadernadora/ plastificadora/fotocopiadora /escáner

o Cámara de fotos e vídeo.

o Radio, mp3, altofalantes, micrófonos.

o Ordenador. Programas: smart board, power point, audacity, CLIC, VSO image resizer, movie

maker…

o Internet/ e-mail/ blog

o Sala de usos múltiples.

o Antigo laboratorio.

Ademais, o centro conta con páxina web e blog educativo, ao que podes acceder desde a páxina web.

b) Recursos do contorno

Recurriremos a todos os recursos humanos do contorno:

Page 18: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

18

o Contacto con nais/pais/avós/avoas/veciños…da vila que veñen a Fiar palabras con nós.

o Colaboración co Concello de Gondomar e co Centro Cultural de Vincios.

o Colaboración con centros da zona, especialmente co CEIP Xosé Neira Vilas.

o Contactaremos coa banda de música e a coral.

En resumo aproveitaremos todos os recursos humanos que nos sexa posible, ademais, de

tódolos recursos que nos ofrece a vila en si (xeografía, fauna, flora, xeoloxía, industria, etnografía,

literatura popular….)

8. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Este é un proxecto que promove a investigación, o descubrimento, a exploración e, non só, do

noso contorno, se non da nosa lingua e da nosa cultura. Cada neno/a vai iniciar esa exploración desde

as súas posibilidades e coñecementos e nós como mestres e mestras colocaremos os “andamios”

suficientes para que todos os alumnos/as leven a cabo unha aprendizaxe significativa en función das

súas capacidades e necesidades, sen ningún tipo de discriminación.

9. DESEÑO, PLANIFICACIÓN E EXECUCIÓN DO PROXECTO

O EDL foi o encargado de deseñar o Proxecto de Innovación en dinamización lingüística en

colaboración cos demais equipos de centro.

O EDL do centro será o encargado de velar porque se leve a cabo o proxecto segundo a

planificación e de avaliar a súa execución. Por proposta da dirección do centro, Ana Rosa Villar

Comesaña, con destino definitivo no centro, será a persoa coordinadora do proxecto de innovación

en dinamización lingüística.

O proxecto será posto en práctica polo centro no seu conxunto que se compromete a levalo a

cabo. Está integrado no proxecto educativo e no proxecto de fomento da lingua galega do EDL, xa

que é este o que o promove.

Levarase a cabo coa colaboración co contorno, para o contorno e dentro do contorno.

Consecuentemente, trátase dun proxecto altamente motivador. Ademais, o feito de que parte do

profesorado é residente na vila pode ser unha importante fonte de coñecementos.

O profesorado amósase participativo e disposto a compartir coñecementos, sobre todo para

mellorar a súa formación en TIC. Está comprometido coa lingua galega e coa realización de

actividades de formación.

Page 19: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

19

10. DIFUSIÓN DO PROXECTO

Tomaranse as seguintes medidas de difusión do proxecto:

- Informar á comunidade educativa do proxecto que imos pór en marcha.

- Publicar o proxecto de innovación na rede, detallando as actividades.

- Lembrar o correo electrónico da biblioteca para contactar co centro e onde se nos poida

enviar información.

- O profesorado en cada aula informará e motivará ao alumnado no desenvolvemento do

programa.

- Informar as institucións colaboradoras, enviándolles o proxecto.

- Exposicións no centro.

- Elaboración de carteis.

- O Xornaliño e a páxina web son importantes medios e canles de difusión de información.

11. PLAN DE AVALIACIÓN DO PROXECTO

A avaliación do proxecto realízase partindo do Modelo evaluativo de programas educativos de Ramón

Pérez Juste.

a) Avaliación inicial

Avaliase a calidade intrínseca do programa, a adecuación ao contexto e a situación de partida.

Consideramos que o programa é coherente co Proxecto Educativo de Centro e as bases psicosocio-

pedagóxicas. Adecúase aos suxeitos, situacións e necesidades. Especifícanse precisa e claramente as

metas do proxecto. Consideramos que é un programa realizable e factible, viable e realista, xa que

parte dos propios recursos do centro.

b) Avaliación procesual

O obxectivo da avaliación de procesos é a acumulación de información para a toma de

decisións de mellora. Partimos de dous criterios básicos. Por unha banda, a conformidade coa

planificación, a través da constatación da existencia de desfases e desaxustes, a comprobación de

resultados parciais, a observación da aparición de efectos non planeados e a incardinación efectiva no

Proxecto Educativo de Centro. Por outra banda, a satisfacción do persoal, constatada a través de

entrevistas a persoas e grupos (mestres, ANPA…) e as valoracións que as familias realizan nas

reunións trimestrais que o profesorado realiza cos pais/nais/titores legais do seu alumnado.

Page 20: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

20

O EDL reunirase trimestralmente para levar a cabo unha avaliación da posta en marcha do

proxecto.

Avaliaranse na posta en marcha do programa:

- Se se toman as iniciativas pertinentes para que a implantación do programa sexa ben acollida.

- Se a metodoloxía empregada resulta axeitada aos obxectivos do programa.

- Se o alumnado amosa interese e motivación

- Se os niveis parciais de logro se consideran adecuados.

Avaliaranse no marco de aplicación do programa:

- O ambiente xeral do centro

- Se se detecta algún conflito entre os obxectivos e plantexamentos do programa cos do

proxecto educativo ou cos doutros mestres do equipo.

- Se se aprecia satisfacción nos responsables do programa, nos destinatarios e nas demais

partes implicadas.

c) Avaliación final

Avaliaranse os logros e valoraranse os resultados. Elaborarase un cuestionario para o

profesorado e o alumnado co gallo de coñecer a valoración que estes fan do proxecto.

d) Institucionalización da avaliación do programa

A avaliación do programa formará parte do mesmo programa, co obxectivo de que o proceso

de elaboración do programa, aplicación, avaliación de resultados, propostas de cambio e mellora

formen parte dun continuo.

12. PROFESORADO IMPLICADO

Coordinador/a:

Ana Rosa Villar Comesaña

Profesorado:

María Luisa Varela Nogueiras

Juan Manuel Novoa Vila

María Cristina Fernández Piñeiro

Filomena Salgueiro Moure

Ana María Iglesias Iglesias

Nuria González Díaz.

Page 21: Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística

PROXECTO DE INNOVACIÓN EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA. 2010-11 CEIP SERRA - VINCIOS

21

Silvia Dapena Lojo

Irene Miñambres Justo

Judith María Cambeiro Vázquez

Beatriz Rodríguez Villaverde

Isolina Piñeiro Rodríguez

María Salomé Salgado Rodríguez

María Angeles Barreiro Sabajanes

María del Carmen Rivera Alén

María Begoña Fernández Gómez.

María Molinos Rodríguez.

Agustina Mateos Reinoso

Todo o claustro de mestres deu o seu visto e prace ao proxecto e todo o profesorado que

imparte docencia no centro está disposto a levalo a cabo. Preséntase unha relación do profesorado

que imparte docencia no centro e que elaborou o proxecto a data de 29 de xuño e na solicitude,

segundo modelo de instancia que figura como anexo I á convocatoria, recóllese o profesorado que

estará no centro o vindeiro curso escolar e que se compromete a realización do mesmo.

En Vincios, a 29 de xuño de 2010

Asdo. Coordinador/a do proxecto Asdo.: Director/a do centro

Ana Rosa Villar Comesaña María Luisa Varela Nogueiras