programa 75 aniversario do pasamento m. díaz

2
Actos conmemorativos do 75 aniversario do pasamento de Dr. Manuel Díaz González [1886-1936] O Pequeniño do Incio 26 e 27 de Novembro de 2011 “Recórdao ti e recórdallo aos outros” Luís Cernuda A memoria é a condición necesaria para o logro da nosa identidade” “El uso moral de la conciencia” Carlos Castilla del Pino A roseira do recordo ten as rosiñas a centos; ni- as pode queimar o sol ni- as pode arrincar o vento: florece cando se quere e dálle o delor recendo. “Pombas feridas”. Vento Mareiro. Ramón Cabanillas Coa colaboración: Concello de O Incio

Upload: iemminhor-minhoranos

Post on 02-Mar-2016

215 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Programa do pasamento

TRANSCRIPT

Page 1: Programa 75 aniversario do pasamento M. Díaz

Actos conmemorativos do 75 aniversario do pasamento de

Dr. Manuel Díaz González

[1886-1936]

O Pequeniño do Incio

26 e 27 de Novembro de 2011

“Recórdao ti e recórdallo aos outros”Luís Cernuda

A memoria é a condición necesaria para o logro da nosa identidade”

“El uso moral de la conciencia” Carlos Castilla del Pino

A roseira do recordo ten as rosiñas a centos;

ni- as pode queimar o solni- as pode arrincar o vento:

florece cando se queree dálle o delor recendo.

“Pombas feridas”. Vento Mareiro.Ramón Cabanillas

Coa colaboración:

Concello de O Incio

Page 2: Programa 75 aniversario do pasamento M. Díaz

Día 26/11/2011

Hora: 16,30 horas.Lugar: Salón de actividades da Casa do Concello do Incio

Conferencia – coloquio coa intervención dos seguintes participantes:

Coordinador: Xosé Ramón Fandiño Veiga Escritor e xornalista.

Poñentes:

Xosé Alvilares Moure Teólogo e escritor.

Lourenzo Fernández PrietoCatedrático de Historia Contemporánea na USC e director do Proxecto Interuniversitario “Os Nomes, As Voces”).

Claudio Rodríguez FerCatedrático de Literatura na USC, poeta e estudoso da represión vinculada á Guerra Civil.

David Simón LordaMédico psiquiatra, estudoso da represión no colectivo médico en Galicia.

José Luis Díaz GómezMédico investigador da Universidade Nacional Autónoma de Méxi-co e autor, entre outros, de dous libros sobre o homenaxeado do que é sobriño.

Día 27/11/2011

Hora: 11,00 horas.Lugar: Casa do Concello do Incio.

Visita, en compañía da Sra. Alcadesa - presidenta do concello do Incio, membros da corporación municipal e familiares de don Manuel Díaz González, á mostra documental sobre o que foi médico municipal.

Hora: 12,00 horas.Lugar: Parque biosaudable de Cruz do Incio.

Descubrimento do busto erixido en memoria do doutor Don Manuel Díaz González [1.886-1.936], O Pequeniño do Incio, en compañía de representantes municipais, familiares e públi-co en xeral.

Actuación de gaiteiros do Incio con outros músicos e recital do poeta Claudio Rodríguez Fer.

Hora: 13,00 horas.Lugar: No castiñeiro da Casilla da Serra, ao pé da

estrada que de Rubián conduce ao Incio.

Descubrimento do monólito erixido en memoria do doutor Don Manuel Díaz González [1.886-1.936], O pequeniño do Incio, en compañía de representantes municipais, familiares e pú-blico en xeral. Con actuación de gaiteiros do Incio con outros músicos e breve recital do poeta Claudio Rodríguez Fer.

Posteriormente, celebrarase un xantar na carpa que se instalará nas proximidades do parque. Os interesados en asistir deberán retirar as tarxetas en diversos establecementos do Incio.