presentación xogos populares
DESCRIPTION
Xogos PopularesTRANSCRIPT
Presentación dalgúns xogos populares
Nivel: Educación Primaria e Secundaria
Autor: Iván López Arias
Os xogos Populares posúen un
compoñente lúdico e educativo e
ademais do gran valor sociocultural que
entre todas e todos debemos tratar de
conservar.
Son os xogos dos nosos avós e os
nosos pais, algúns deles son os
seguintes:
(para saber algo máis de cada un deles pica
nas fotos ou no nome).
- A Porca
Xogo con semellanzas co “golf” ou co “hokey”.
- A Billarda
Esencialmente consiste en darlle cun pao
(panca) a outro máis pequeño (billarda), para
que salte e golpealo enviándoo o máis lonxe
posible.
- O Trompo
É unha peza de madeira dura de forma cónica
rematada nunha punta de metal, sobre a que se
lle fai xirar tirando dunha corda que se enreda
arredor dela.
- As Chapas
Xogo de habilidade no que se fai unha carreira
nun circuíto debuxado no chan e no que hai que
respetar certas regras.
- O Turra-soga
Xogo de equipo, no que o importante é a forza e
no que o obxectivo é turrar da corda máis que o
equipo contrario.
- Tres en raia
É un xogo para dúas persoas, no que cada un
xoga con tres fichas, tratando de colocalas en
raia xogando por turnos.
- A Rá
É un xogo no que se trata de introducir as pezas
metálicas nas diferentes ranuras que ten a caixa
da rá.
- O Brilé
Xogo de dous equipos co mesmo número de
xogadores. É necesario dividir o campo en
dúas partes iguais e tamén unha pelota de
goma de tamaño medio.
- O Pano
Xogo de equipo con número igual de
compoñentes. É necesario un xuíz que se
encarga de aguantar o pano polo que teñen que
competir os participantes.
- O Aro
Xoguete no que normalmente se utilizaba un
aro metálico dunha llanta de bicicleta e un ferro
con forma de gancho para empurrar o aro.
Continuará…