presentacion economia
DESCRIPTION
Presentación da materia de Economía de primeiro de bacharelatoTRANSCRIPT
IES Fontexería
Departamento de Economía
Aprovisionamento
Produción
Comercialización ou marketing
Dirección e organización
Financiamento e investimento
Estrutúranse en dous cursos con dúas materias independentes:
ECONOMÍA en primeiro
Estuda a realidade económica dun país
Microeconomía: as forzas do mercado
Macroeconomía: problemas e actuacións dos gobernos para corrixilos
ECONOMÍA DA EMPRESA en segundo
Estuda a vida das empresas
É unha iniciación aos conceptos
básicos de Economía, para
comprender mellor os mecanismos
básicos do sistema de economía de
mercado que rexen na nosa sociedade
e que tanta influencia teñen na vida
cotiá
INDICADA PARA…
Estudar… ou pensar que vou a estudar? Non sei que é peor …
INDICADA PARA… Para comprender o mundo en que vivimos.
Para aprender a tomar mellores decisións económicas: previr o endebedamento excesivo, mellorar as decisións de aforro, favorecer os investimentos produtivos, incentivar o investimento en capital humano, formación como consumidores responsables,…
• Preparar estudos universitarios:
– Os relacionados co mundo das Ciencias Sociais e Xurídicas como Economía, Empesariais, Administración e Dirección de Empresas, Comercio, Comercialización e Loxística, Ciencia Política e da Administración, Publicidade e Relacións Públicas, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Dirección e Xestión Pública,…
– Tamén para os que opten por títulos como Dereito, Turismo, Socioloxía ou os relacionadas coas Ciencias da Información (Xornalismo, Comunicación Audiovisual, etc.).
INDICADA PARA…
• Preparar futuros estudos de formación profesional:
– Familia de Administración e Xestión (Administración e Finanzas, Secretariado,…),
– Familia de Comercio e Marketing (Xestión Comercial e Marketing, Comercio Internacional, Xestión do Transporte, Servizos ao consumidor…)
– Familia de Hostalería e Turismo.
INDICADA PARA…
Máis información na páxina do centro oferta
educativa / Bacharelato /
Materias/Economía
Onde tedes enlaces ás distintas titulacións ás que
podedes acceder coas materias de Economía e
Economía da Empresa
• Para os que se formulen o seu futuro tratando de levar adiante os seus propios proxectos empresariais, dando continuidade a pequenas empresas familiares ou busquen un posto de traballo de tipo administrativo ou relacionado con actividades comerciais, hostaleiras ou turísticas.
• Para concienciar sobre os problemas actuais.
INDICADA PARA…
Algunhas dúbidas
• En Economía ¿só se fala de diñeiro?
• ¿Cantas matemáticas atoparei nun curso de Economía?
• ¿Todo o contido da materia se explica con gráficos?
• ¿Que requisitos previos son necesarios para estudar un curso de Economía?
– Ganas de estudar.
– Saber ler e entender un texto, ter certa capacidade de abstracción e a mente aberta para razoar, relacionar e entender.
– Non fai falta moita memoria: a economía esixe máis entender os conceptos e as relacións que aprenderse moitos textos de memoria. Non se debe abordar o estudio da economía de forma memorística, xa que iso non serve de nada e ademais é contraproducente.
Non obstante, aprender economía non é doado nin se fai en dúas tardes
Organización do curso
Horario
Libro de texto
Contidos
Avaliación
Horario
A materia ten asignadas
catro horas semanais
Isto supón unhas
130 horas durante
o curso
Tres horas semanais na aula
ordinaria e unha hora na
aula de informática
Para traballar na aula de informática TEDES QUE TRAER PAPEL E BOLÍGRAFO.
A cada alumno se lle asignará un equipo para todo o curso e non pode cambiar sen permiso da profesora.
O alumno responsabilízase do seu equipo. Debe informar á profesora de calquera problema ou incidencia ao principio da clase. Calquera dano será atribuído ao seu último usuario.
O alumno debe responsabilizarse do seu contrasinal e nome de usuario da aula virtual e da súa conta de correo.
Ao rematar a clase hai que apagar o equipo (ordenador e monitor) debidamente.
Para gardar os arquivos da materia o alumno creará un cartafol en Documentos co seu nome.
Libro de texto
Economía
Primeiro de bacharelato
Andrés Cabrera e outros
Editorial SM Xerme
Para aprobar UNHA AVALIACIÓN hai que obter un mínimo de 5 puntos, tendo en conta que:
• Os exames pondéranse como mínimo co 80% e s actividades e cun máximo do 20%. O redondeo farase tendo en conta a actitude.
• Non se compensará ningunha nota inferior a 4 . Para aprobar é necesario ter polo menos un 4 en cada exame e actividade e un 5 na cualificación final.
• Faltas de ortografía: Erros de tildes descontarán 0,1 punto e as faltas de ortografía ou de expresión 0,2 puntos. Tamén se valorará a caligrafía e a presentación
A CUALIFICACIÓN FINAL será a media das tres avaliacións. Para aprobar o curso, a media será de polo menos 5 e terán que estar aprobadas as 3 avaliacións. Tamén se pode aprobar por media tendo unha soa avaliación suspensa polo menos cun 4.
Para subir a cualificación ao final do curso, os alumnos poderán presentarse a unha proba final coa que só poderán mellorar a súa cualificación.
Sobre os exames:
• Haberá dúas probas específicas de contidos teórico-prácticos por avaliación.
• As cuestións teóricas serán fundamentalmente preguntas curtas, pero haberá polo menos unha pregunta de exposición.
• Todas as probas terán a mesma ponderación. Se non fose axeitado, informárase previamente ao alumnado.
Sobre as actividades e traballos:
• Non serán admitidos en datas posteriores á de entrega, salvo casos de forza maior.
• Na aula virtual é imprescindible lembrar o contrasinal e ningún alumno pode cambiar de grupo sen autorización, pois a actividade será cualificada cun cero.
• As actividades voluntarias cualifícanse aparte e poderá aumentar a cualificación dunha avaliación nun punto.
• Algún dos contidos pode ser avaliado cun traballo. Para superar a materia é imprescindible entregar completos estos traballos e en prazo.
Sobre a actitude:
• Aspectos positivos que redondean á alza (e os contrarios á baixa):
– A asistencia e puntualidade.
– A participación (en particular con noticias económicas).
– A regularidade no trimestre.
– O respecto ás normas de convivencia e as normas da aula de informática.
– A colaboración co grupo.
– A expresión oral.
• Comportamentos inadecuados: restan 0,25 puntos por cada vez e 1 punto se o alumno é enviado á aula de convivencia ou a xefatura de estudos.
• Faltas de asistencia non xustificadas do trimestre: un 0,1 puntos pola primeira, 0,2 na segunda e 0,25 na terceira ou sucesivas.
• As actividades de recuperación poden consistir en: realización de traballos, repetición de actividades e a realización dunha proba específica por avaliación e/ou unha proba final en xuño.
• Se non se supera a cualificación de 4 nun exame, só se realizará a recuperación de dita parte.
• A recuperación consistirá na repetición de determinadas actividades cando se cualificaran estas con menos de 4.
• As recuperacións non teñen carácter obrigatorio.
• Proba extraordinaria de setembro: será sobre os contidos se traballaron na aula ao longo do curso e o día da proba esixirase a presentación dos traballos que se asignen a cada alumno suspenso no mes de xuño.
Alumnado con faltas de asistencia:
• Para alumnado con faltas de asistencia xustificadas:
Poderánse realizar tarefas para compensar esas faltas. Os exames que non se poideran realizar faránse o mesmo día da recuperación.
• Para alumnado con faltas de asistencia sen xustificar:
Neste caso as actividades non desenvolvidas cualifícanse cun cero. Os exames que non se poideran realizar faránse o mesmo día da recuperación.
• Para alumnado que perda o dereito á avaliación continua:
Presentaranse a unha proba única en xuño sobre tódolos contidos da materia e poderase esixir a presentación duns traballos que terán unha valoración que se indicará ao alumno previamente.
AVALIACIÓN DATA TEMAS
PRIMEIRA
Principios novembro
1. O problema básico da economía.
2. A produción de bens e servizos.
3. Axentes económicos e sistemas económicos
Finais decembro 4. A empresa e as súas funcións.
5. O mercado e as súas forzas: a oferta e a demanda.
SEGUNDA
Mediados febreiro
6. Os modelos de mercado
7. O mercado de traballo e o emprego.
8. Os indicadores económicos.
Finais marzo 9. A intervención do estado na economía.
10. O equilibrio macroeconómico e os cambios na economía.
TERCEIRA
Principios maio 11. Os orzamentos xerais do estado e a política fiscal
12. O diñeiro.
Finais xuño
13. O sistema financeiro español e a política monetaria
14. Comercio internacional.
15. A globalización da economía.
16.Desequilibrios económicos actuais.