plan biblioteca
DESCRIPTION
PLAN BIBLIOTECA 12-13TRANSCRIPT
BIBLIOASOREY 2
En xeral proseguiremos coas liñas marcadas na nosa memoria anual que supoñen un
pulo importante aos pasos dados nos cursos anteriores, mais hai aspectos mellorables
que pasamos a indicar.
1. En relación coa organización e xestión.
• Dado o excelente traballo do equipo de BE, unha tarefa pendente da que se
fixeron pequenos intentos sería a integración de alumnos en tarefas cotiás do
centro e na organización de actividades.
• Intensificación da recatalogación dos fondos de acordo cos criterios MEIGA
para unificar as sinaturas de todos os fondos.
• Na medida do posible incorporar sillóns de lectura e taburetes para a sección
de equipos informáticos.
2. En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, a súa
integración no tratamento do currículo e a súa contribución ao desenvolvemento das
competencias básicas do alumnado.
• É preciso deseñar un proxecto ambicioso de educación documental no que
implicar a todos os departamentos, tal como se fixera no proxecto sobre o
escultor Fancisco Asorey no curso 2010/2011.
• As exposicións funcionan de xeito excelente para atraer a atención sobre a BE,
pero sería necesario que se implicase máis aos alumnos e a outros profesores
no seu diseño e elaboración.
BIBLIOASOREY 3
• O traballo no blogue debe abrirse ao alumnado e contar con novas propostas,
ademais de ser un diario de documentación de actividades.
3. En relación coa formación de usuarios e educación para o acceso á información
(competencia para o tratamento da información e competencia dixital).
• Extender actividades de formación de usuarios a alumnos de 2º de ESO,
especialmente no eido da consulta por Internet dos fondos, así como na
localización dos fondos. Neste aspecto a sinalización con nova e clara
cartelería das seccións debe ser un feito decisivo.
• Crear un directorio de direccións útiles de Internet para os alumnos, en
colaboración con profesores que permitan aos alumnos ter referencias seguras
en Internet para o traballo escolar.
4. En relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do Proxecto Lector de
centro.
• Continuar coa política de guías e exposicións temáticas sobre xéneros literarios
e temas que chamen a atención dos posibles lectores.
• Abrir máis canais de suxestións de compras de fondos cos alumnos, profesores
e pais.
• Seguir desenvolvendo seccións que podan atraer lectores: comic, música,
psicología, etc.
5. Outras actuacións.
BIBLIOASOREY 4
• As actividades son o motor da BE, porque constitúen a mellor forma de
mostrala e darlle presenza no centro. Hai que continuar neste camiño e
crear novas ideas chamativas e motivadoras.
6. Criterios e procedementos de avaliación. Indicadores e instrumentos que se van
utilizar.
• Para cada un dos equipos de traballo da biblioteca se plantexarán
obxetivos por trimestres. Ó finalizar o trimestre compararánse os traballos
realizados cós previstos e se explicarán os motivos das desviaciones.
• Cada unha das actividades que se oferten aos alumnos será avaliada por eles a
través dun breve e sinxelo cuestionario de avaliación.
• Tamén se deixarán cuestionarios de avaliación (diferentes ós que se entreguen ós
alumnos) na sala de profesores, para que os que voluntariamente queiran, e
anónimamente, os poidan cubrir.
• Haberá un canal aberto na BE e no correo da BE para suxestións, críticas, etc.
7. Persoa designada como responsable/dinamizadora da biblioteca escolar. Equipo
de apoio. Horario previsto.
O coordinador será o profesor de Lingua Castelá e Literatura, Fernando Tomé
Rodríguez. Contará con cinco membros como equipo de apoio: Atala Paredes,
Domingo Tabuyo, Sara Vidal, Gloria Escudero e Ana Blanco.
O horario cubrirá, na medida do posible, unha franxa horaria ininterrompida dende as
8.45 ata as 14:25.