petrarca

18
FRANCESCO PETRARCA Francesco Petrarca naceu en Arezzo en 1304. Contaba oito anos cando se instalou cos seus pais en Aviñón (Provenza, Francia), onde por entón residía a corte papal. Nesta cidade e nos seus arredores viviu longas tempadas durante a súa mocidade, interrompidas polas súas estancias en Montpellier e en Bolonia para estudar Leis.

Upload: mrc558688

Post on 14-Apr-2017

504 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Petrarca

FRANCESCO PETRARCAFrancesco Petrarca naceu en

Arezzo en 1304. Contaba oito anos cando se

instalou cos seus pais en Aviñón (Provenza, Francia), onde por entón residía a corte papal.

Nesta cidade e nos seus arredores viviu longas tempadas durante a súa mocidade, interrompidas polas súas estancias en Montpellier e en Boloniapara estudar Leis.

Page 2: Petrarca

Foi tamén en Aviñón onde, en 1327, coñeceu a Laura, de quen se namorou instantaneamente e que sería para sempre a inspiradora de toda a súa poesía amorosa.

A distancia que sempre mantiveron non foi suficiente para apagar no poeta o ardor amoroso; por iso recibirá con gran dor, en 1348, a noticia de que Laura morrera como unha das miles de vítimas da peste que arrasaba Europa desde o ano anterior.

Page 3: Petrarca

En 1330 recibiu ordes menores para poder vivir do desempeño de cargos eclesiásticos, cos que dispor de certo lecer para dedicarse ás letras.

Petrarca viaxou incansablemente por Italia e por numerosas cidades europeas.Nas súas viaxes estableceu amizade con moitas personalidades da cultura da época, entre elas, a que lle uniu inquebrantablemente con Giovanni Boccaccio, nove anos máis novo que el.

En 1341 recibiu o máis alto galardón que podía esperar un poeta: foi coroado poloSenado romano como poeta excelso, distinción da que sempre se enorgulleceu.

Page 4: Petrarca

Dedicou a maior parte da súa vida ao labor filolóxico de recuperar e divulgar os clásicos latinos, así como á súa propia creación literaria, que someteua constante revisión.

Morreu en Arquá, a poucos quilómetros de Padua, en 1374.

Page 5: Petrarca

Obra

Francesco Petrarca cultivou tanto a literatura en latín (de feito, esta é afaceta da súa obra pola que foi laureado en Roma) como na lingua vernácula italiana.

En lingua vulgar escribiu dúas obras:

o Cancioneiro, do que nos ocupamos máis adiante, e Os triunfos, longo poema alegórico-narrativo co que

Petrarcaseguiu o ronsel da Divina comedia de Dante.

Page 6: Petrarca

Os triunfos

Escrito igualmente en tercetos encadeados, o poema divídese en seis «triunfos»: Do amor, do pudor, da morte, da fama, do tempo e da eternidade.

Esta organización mostra claramente o sentido transcendental do poema, exposto como un longo itinerario cara á divindade.

Aínda que o poema é brillante en ocasións, adoita considerarse que o verso narrativo de Petrarca carece da fondura expresiva do seu predecesor florentino.

Page 7: Petrarca
Page 8: Petrarca

…. La Muerte entonces arrancó una hebrade su pelo dorado con la mano;así la flor más bella de este mundoeligió por mostrarse, y no por odio,con mayor claridad entre lo excelso.

¡Cuantas lágrimas fueron derramadas,cuando esos bellos ojos se cerraron,por los que ardí y cante tan largo tiempo!

Y entre tanto sollozo y tanto duelo,alegre y sosegada reposaba,recogiendo los frutos de su vida.

"¡Descansa, pues, en paz, oh mortal diosa!",decían: y así fue, pero de nadasirvió contra la Muerte cruel y terca.

 

Page 9: Petrarca

CancioneiroHabería de ser a vea lírica amorosa de Petrarca a que influíse renacentista europea, dandolugar á corrente denominada petrarquismo.

Todas as composicións líricas en lingua italiana recolleunas Petrarca no Cancioneiro, que foi ampliando ao longo de toda a súa vida desde 1330 e que someteu a constantes revisións ata o momento mesmo da súa morte, dando mostras dunha gran preocupación polo legado da súa obra á posteridade.

Page 10: Petrarca

Na súa forma definitiva, o Cancioneiroconsta de 366 composicións, con predominio absoluto dos sonetos (317), aínda que figuran tamén cancións e outros subxéneros líricos.

Page 11: Petrarca

No Cancionero conflúen tres correntes: A da tradición provenzal, cuxo código do amor

cortés segue exercendo un importante influxo; A da poesía da corte siciliana do século anterior,

que impuxo as súas innovaciónsformais, e

A influencia máis directa do dolce stil novo.

Page 12: Petrarca

En termos estritamente métricos, existe unha gran homoxeneidade.

A grande innovación radica en unir pezas dispares nunha soa colección coherente e moi traballada.

A estrutura é bipartita: unha primeira sección (a máis extensa) dedicada ao seu amor por Laura mentres vivía e unha segunda que alude á supervivencia da súa paixón logo que ela xa morreu.

Page 13: Petrarca

Uns vinte sonetos conteñen referencias cronolóxicas precisas que miden o paso do tempo desde 1327 ata 1358, dez anos despois do falecemento de Laura.

• O primeiro soneto abarca en si mesmo o tempo ao representar a perspectiva dun poeta maior e máis sabio que mira cara atrás e contempla os erros de mocidade.

• Pero o tema dominante faise presente ao longo do cancionero: o amor por Laura “in vita “ e “in morte”.

Page 14: Petrarca

1ª parte (in vita)

1º Dominada pola influencia stilnovista. Comeza a desenvolverse o motivo das queixas amorosas

2º Mito de Laura (loureiro,brisa/medusa, Eva). Sublimación do desexo carnal obxecto de culto.

Louvanza: cantada pola beleza e virtude / altiveza e desprezo.

Tensión: razón/desexo; deseperación e esperanza, atrevemento e medo… expresadas en metáforas como o “lume que xea” (dolce amaro).

Sonetos do presentimento: anúnciase a morte de Laura.

2ª parte (in morte)

Morta, convértese 1º en imaxe obsesiva. Levada ao ceo, convértese nunha muller comprensiva, consolo e camiño de salvación.

O poeta chama pola morte, confesa o erro por tela amado demasiado.

Page 15: Petrarca

Nas dúas últimas Cancións do ciclo, leva a cabo un acto de contrición definitivo, depositando todas as súas esperanzas en Deus e rezándolle á o Virxe María, a quen ofrece unha peza de amor pedíndolle misericordia e bo consello, o fin dos seus sufrimentos e un comezo de salvación.

Page 16: Petrarca

No estilo empregado para a expresión do amor son de notar os seguintes trazos:

O uso dunha linguaxe sinxela e á vez exquisita, cunha depurada selección léxica en busca do refinamiento e a elegancia, e que habería de marcar o camiño da lingua poética de séculos posteriores.

O emprego abundante de recursos retóricos que contribúen a suxerir matices moi variados do sentimento. Destacan as figuras baseadas nas oposicións (antíteses, paradoxo, oxímoro) e, especialmente, as metáforas, algunhas de grande orixinalidade.

Page 17: Petrarca

Soneto CCLXXIXSi llanto de las aves, o el murmullodel aura entre las ramas en verano,o el ronco murmurar de claras aguasse escuchan por la verde y fresca orilla,donde de amor yo escriba pensativo,a quien guarda la tierra, y mostró el cielo,entiendo, y oígo, y veo que aún vivadesde lejos responde a mis suspiros.“Ay, ¿por qué antes de tiempo te consumes? —me dice con piedad— ¿por qué derramasun río doloroso por tus ojos?Por mí no llores más, porque la muerteen la luz interior me volvió eterna,cuando al cerrar los ojos los abría”.

Page 18: Petrarca

SONETO CXXXIV 

Pace non trovo e non ho da far guerra e temo, e spero; e ardo e sono un ghiaccio; e volo sopra 'l cielo, e giaccio in terra; e nulla stringo, e tutto il mondo abbraccio. 

Tal m'ha in pregion, che non m'apre nè sera, nè per suo mi riten nè scioglie il laccio; e non m'ancide Amore, e non mi sferra, nè mi vuol vivo, nè mi trae d'impaccio. 

Veggio senz'occhi, e non ho lingua, e grido; e bramo di perire, e chieggio aita; e ho in odio me stesso, e amo altrui. 

Pascomi di dolor, piangendo rido; egualmente mi spiace morte e vita: in questo stato son, donna, per voi.