p.e · relaciÓns co entorno 17 10.avaliaciÓn do proxecto 18 11.bibliografÍa 18 2. 1....

18
P.E.C ESCOLA INFANTIL DE VILA DE CRUCES 1

Upload: others

Post on 11-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: P.E · RELACIÓNS CO ENTORNO 17 10.AVALIACIÓN DO PROXECTO 18 11.BIBLIOGRAFÍA 18 2. 1. INTRODUCCIÓN A escola infantil de Vila de Cruces nace como un proxecto educativo-asistencial

P.E.CESCOLA INFANTIL DE

VILA DE CRUCES

1

Page 2: P.E · RELACIÓNS CO ENTORNO 17 10.AVALIACIÓN DO PROXECTO 18 11.BIBLIOGRAFÍA 18 2. 1. INTRODUCCIÓN A escola infantil de Vila de Cruces nace como un proxecto educativo-asistencial

INDICEPÁXINA

1. INTRODUCCIÓN 3

2. MARCO LEXISLATIVO 3

3. CONTEXTUALIZACIÓN 7

3.1. UBICACIÓN XEOGRÁFICA 73.2. CARACTERÍSTICAS SOCIOECONÓMICAS 73.3. RECURSOS DA ZONA 7

4. A ESCOLA 9

4.1. DATOS DE INDENTIFICACIÓN 94.2. INFORMACIÓN XERAL DO CENTRO 94.3. CARACTERÍSTICAS DO CENTRO 94.4. SERVIZOS 104.5. AS FAMILIAS 104.6. OS NENOS E AS NENAS 104.7. O EQUIPO EDUCATIVO 114.8. PERSOAL NON DOCENTE 11

5. SINAIS DE IDENTIDADE 12

6. PRINCIPIOS METODOLÓXICOS 12

7. OBXECTIVOS 13

7.1. PARA O ALUMNADO 137.2. DO CENTRO PARA O CENTRO 137.3. DO CENTRO CARA A CONVIVENCIA 147.4. DO CENTRO PARA AS EDUCADORAS 147.5. DO CENTRO CARA ÁS FAMILIAS 14

8. ESTRUCTURA ORGANIZATIVA 14

8.1. PARELLA EDUCATIVA 148.2. SISTEMA ROTATORIO 148.3. CALENDARIO DA ESCOLA 148.4. PERÍODO DE ADAPTACIÓN 15

9. RELACIÓN COA COMUNIDADE 16

9.1. RELACIÓNS COAS FAMILIAS 169.1. RELACIÓNS CO ENTORNO 17

10. AVALIACIÓN DO PROXECTO 18

11. BIBLIOGRAFÍA 18

2

Page 3: P.E · RELACIÓNS CO ENTORNO 17 10.AVALIACIÓN DO PROXECTO 18 11.BIBLIOGRAFÍA 18 2. 1. INTRODUCCIÓN A escola infantil de Vila de Cruces nace como un proxecto educativo-asistencial

1. INTRODUCCIÓN

A escola infantil de Vila de Cruces nace como un proxecto educativo-asistencial con identidade propia inserto na filosofía dunha ampla Rede Galega de Escolas Infantís (A Galiña Azul).

Onde traballamos para que as familias dispoñan dun espazo seguro e confortable onde deixar ós seus fillos e fillas, partindo de que todos e cada un dos momentos que as crianzas permanecen na escola son momentos educativos, polo que as rutinas cotiáns se converten nun recurso educativo de primeira orde.

Este documento responde a catro preguntas básicas:

Onde estamos?Quen somos?Que pretendemos?Como nos organizamos?

Ás que esta escola irá respostando a partir dos seus sinais de identidade que a farán orixinal na busca coherente e racional dos obxectivos que a sociedade e o propio centro se marcan.

2. MARCO LEXISLATIVO

Para levar a cabo o noso traballo na escola infantil de Vila de Cruces é imprescindible que nos enmarquemos dentro da lexislación vixente, que neste caso é:

• Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.• Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo de educación

infantil na comunidade Autónoma de Galicia.• Decreto 329/1991, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e

os centros de atención á infancia. • Regulamento de Réxime Interno de Galescolas.

Nestas leis pararémosnos brevemente a posteriori. A continuación nomeamos outras leis do noso interese nas que está inmerso o noso traballo diario.

• Lei 3/1983, de 15 de xuño, de Normalización ligüística.• Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do

galego no sistema educativo• Orde do 12 de novembro de 1992 sobre evaluación en Educación infantil.• Decreto 320/1996, do 26 de xullo, de ordenación da educación de alumnos e

alumnas con necesidades educativas especiais.• Lei galega 7/2004 do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes.• Orde do 27 de febreiro pola que se regula o procedemento de adxudicación de

prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para o curso 2008/2009.

3

Page 4: P.E · RELACIÓNS CO ENTORNO 17 10.AVALIACIÓN DO PROXECTO 18 11.BIBLIOGRAFÍA 18 2. 1. INTRODUCCIÓN A escola infantil de Vila de Cruces nace como un proxecto educativo-asistencial

Principios xerais

Artigo 2fins

LOEArtigo 12

A educación infantil constitue unha etapa educativa con identidade propia que atende a nenos e nenas desde o nacemento ata os seis anos de idade.

Desenvolverá as seguintes capacidades

Coñecer o seu propio corpo e dos outros, as suas posibilidades de acción e aprender a respetar as diferencias.Desenvolver as suas capacidades afectivasAdquirir progresivamente autonomía nas suas actividades habituais.Iniciarse nas habilidades lúdiico-matemáticas, na lectoescritura e no movemento, o xesto e o ritmo.Observar e explorar o seu contorno familiar, natural e social.Relacionarse cos demais e adquirir progresivamente pautas elementais de convivencia e relación social, así como exercitarse na resolución pacífica de conflictosDesenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión.

4

a) O pleno desenvolvemento das capacidades dos alumnosb)A educación no respecto aos dereitos e libertades fundamentais, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidades.c) A educación no ejercicio da tolerancia e a liberdade dentro dos principios democráticos e convivencia, así como na prevención de conflictos e a resolución pacífica dos mesmos.d)A educación na responsabilidade individual e no mérito e esforo persoal.e) A formación para a paz, o respeto aos dereitos humanos, a vida en común, a cohesión social, a cooperación e a solidariedade entre os pobos así como a adquisición de valores que propicien o respeto cara aos seres vivos e o medio ambiente, en particular ao valorar os espazos forestais e o desenvolvemento sostible.f) O desenvolvemento da capacidade dos alumnos para regular a súa propia aprendizaje, confiar nas súas aptitudes e coñecementos, así como para desenvolver a creatividade, a iniciativa persoal e o espírito emprendedor.g)A formación no respecto e recoñecemento da pluralidade lingüística e cultural de España e da interculturalidade como un elemento enriquecedor da sociedade.h)A adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo, de coñecementos científicos, técnicos, humanísticos, históricos e artísticos, así como o desenvolvemento de hábitos saudables, o ejercicio físico e o deporte.i) A capacitación para o ejercicio de actividades profesionais.j) A capacitación para a comunicación na lengua oficial e cooficial, de habela, e nunha ou máis linguas extranxeiras.k)A preparación para o ejercicio da cidadanía e para a participación activa na vida económica, social e cultural, con actitude crítica e responsable e con capacidade de adaptación ás situacións cambiantes da sociedade do coñecemento.

Page 5: P.E · RELACIÓNS CO ENTORNO 17 10.AVALIACIÓN DO PROXECTO 18 11.BIBLIOGRAFÍA 18 2. 1. INTRODUCCIÓN A escola infantil de Vila de Cruces nace como un proxecto educativo-asistencial

Cada área divídese en obxetivos e bloques de contidos.

5

DECRETO 330/2009, DO 4 DE XUÑO DE 2009, POLO QUE SE ESTABLECE O CURRÍCULO DE EDUCACIÓN INFANTIL NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

A educación infantil configúrase en dous ciclos. O primeiro ata os tres anos e o segundo dos tres aos seis. Esta organización ten como finalidade contribuir á concreción e determinación dos seus contidos, así como o modo de evaluar a practica educativa

O primeiro ciclo vaise a caracterizar, no seu tratamento na escola, por:

A) A presenza de contidos orientados a consecución da autonomía doneno e da nena,na satisfacción das suas necesidades básicas.B) Unha rica e variada estimulación sensorial.C) O establecemento das pautas comunicacionais gratificantes, quefavorezan o desenrolo da linguaxe verbal e a fluidez expresiva.D) Un traballo motriz centrado sobre todo nos movementos grosos, nosdesprazamentos e na exploración espacial e corporal, asi como nadescentración de movementos, na coordinación motriz e no afinamento doequilibrio.

ARTIGO 6 O currículo da educación infantil estructurase en torno as seguintesáreas de coñecemento:A) Coñecemento de si mesmo e autonomía persoalB) Coñecemento do contornoC) Linguaxes: comunicación e representación.

As áreas deben concebirse cun criterio de globalidade e de mutuadependencia e desarrollarase mediante a realización de experienciassignificativas para desenrolo global dos nenos e das nenas.- A organización por áreas constituirá un instrumento para que os profesoresde educación infantil sistematicen, ordeen e planifiquen a sua acción pedagóxica.Dende o 1º ciclo prestarase atención ao desenvolvemento da autonomía da nena e do neno, á creación dos primeiros vínculos sociais e á conquista da linguaxe. Fomentarase unha primeira aproximación á lectura e á escritura,así como a experiencias de iniciación temperá en habilidades numéricas básicas, nas tecnoloxías da información e a comunicación e na expresión visual e musical.

A diferenza do anterior currículo (426/1991), este ten a novidade de que contén de forma diferenciada un currículo para o 1º ciclo e outro para o 2º ciclo.

Page 6: P.E · RELACIÓNS CO ENTORNO 17 10.AVALIACIÓN DO PROXECTO 18 11.BIBLIOGRAFÍA 18 2. 1. INTRODUCCIÓN A escola infantil de Vila de Cruces nace como un proxecto educativo-asistencial

6

329/91

Artigo 4º.-Centros de atención á infancia.Son centros de atención á infancia aqueles equipamentos que, calquera que sexa a súa denominación, organizan o coidado dos nenos/as no seo dun grupo co fin de contribuír ao seu benestar e ao seu proceso evolutivo, facilitando a conciliación da vida laboral e familiar das familias mediante a súa garda e custodia.Para o seu funcionamento precisarán, en todo caso, dunha autorización administrativa que responda a algunha das tipoloxías establecidas neste decreto.

As escolas infantis:Artigo 22: DefiniciónArtigo 23 UsuariosArtigo 24: FinalidadeArtigo 25: Calendario e horario de aperturaArtigo 26: Servizo de comedorArtigo 27: Requisitos específicos

-Requisitos materiais e arquitectónicos-Ratios e requisitos específicos de persoal

RRI

O RRI é un documento que regula o funcionamento das escolas infantís xestionadas polo CGSIB

Consta de 7 capítulos:1. Obxeto e ámbito de aplicación2. Dereitos e deberes3. Estructura orgánica4. Participación do concello5. Persoal da galescola6. Procedemento de adxudicación de prazas e finanzamento7. Normas de convivencia

É moi importante que as familias coñezan e teñan a man este documento.

Page 7: P.E · RELACIÓNS CO ENTORNO 17 10.AVALIACIÓN DO PROXECTO 18 11.BIBLIOGRAFÍA 18 2. 1. INTRODUCCIÓN A escola infantil de Vila de Cruces nace como un proxecto educativo-asistencial

3. CONTEXTUALIZACIÓN

3.1 UBICACIÓN XEOGRÁFICA

Vila de Cruces é un concello que está situado no centro-oeste de Galicia, na Comarca do Deza, na Provincia de Pontevedra. Limita cos concellos de: Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso, pola Coruña, e Silleda, Agolada e Lalín xa en Pontevedra.

Ten unha superficie de 154,96 km², dividida en 28 parroquias: Añobre , Arnego, Asorei, Bascuas, Besexos, Bodaño , Brandariz , Camanzo, Carbia, Vila de Cruces, Cumeiro, Duxame, Ferreirós, Fontao, Gres, Larazo, Loño, Merza, Santomé de Obra, Oirós, Ollares, Piloño, Portodemouros, Sabrexo, Salgueiros, San Pedro de Losón, Insua, Toiriz. A súa vez estas están divididas en lugares.

3.2. CARACTERÍSTICAS SOCIO-ECONÓMICAS

A poboación do concello de Vila de Cruces é duns 7000 habitantes, a súa pirámide é bastante equilibrada en canto a sexos.

A actividade fundamental está desenvolta nos sectores de agricultura e servizos, posto que é unha zona fundamentalmente agraria e na que abundan os recursos turísticos, en especial as casas de turismo rural. Aínda que o sector industrial (madeira e metal), e o sector de construcción tamén ocupan a unha grande parte da poboación.

3.3. RECURSOS DA ZONA

Educativos:

• C.E.I.P Nosa Señora da Piedade, centro ó que asistirán a maioría dos/as nenos/as desta escola, polo que a día de hoxe xa coordinan algúns métodos de ensinanza, se intercambia información co persoal do mesmo o mesmo tempo que se estreitan os lazos por medio de visitas organizadas.

• I.E.S. Marco do Camballón• C.E.I.P. de Cerdeiriñas • C.E.I.P. de Merza • Escola Infantil de Vila de Cruces

Sanitarios:

Centro médico

Naturais:

Vila de Cruces é un concello con un gran número de recursos naturais:

• Ríos Ulla, Arnego e Deza.• Sobreiral do Arnego.• Monte Carrio.• Rutas de sendeirismo “Dos Mosteiros”, Das Cruces” e De Portodemouros.• Embalse Portodemouros.• Área recreativa “A Carixa”.

7

Page 8: P.E · RELACIÓNS CO ENTORNO 17 10.AVALIACIÓN DO PROXECTO 18 11.BIBLIOGRAFÍA 18 2. 1. INTRODUCCIÓN A escola infantil de Vila de Cruces nace como un proxecto educativo-asistencial

• Área recreativa “O Abeseiro”• Illas de Gres• Illa de Remesquide• Antigas minas de Wolfran de Fontao

Artísticos:

• Mosteiro de Camanzo• Pazo de Porras de Raíndo• Pazo da Torre• Casa-Museo “A Solaina”

Servizos:

• Biblioteca municipal “Xosé Neira Vilas”• Residencia da Terceira Idade

Outros:

O concello é un dos poucos municipios galegos que conta cun observatorio astronómico.

Asociacións:

• Asociacións de Mulleres Rurais de Santa Cruz de Piloño, Brincadeira de Carbia, de Camanzo, de Cumeiro, de Loño, de Merza, de Santomé de Obra, de Sabrexo, de Insua, Duxame e Portodemouros, De Santa María de Oirós, de Toiriz, de San Pedro de Losón, de Fontao...

• Asociacións Deportivas de Cruces, de Piñoño, de Veteranos de Merza, Clube de Loita Keltoi...

• Asociacións de Veciños: Nsa. Sra. Da Piedade, Santa Mª de Ollares, San Pedro de Cumeiro, Santa Rita de Añobre, San Juan de Larazo, Deza de Merza, Parroquial de Insua, A Costiña de Sabrexo, Santa María de Arnego, Casstromouzo de Gres, Cultural de Portodemouros, Amigos de Salgueiros, Veciños de San Cidree, del Valle de Bascuas, Santiago de Fontao, Veciños de San Xoan de Toiriz, Santa Margarita de Loño, San Miguel de Duxame, Minas de Brea...

O persoal coñece a súa existencia, e pouco a pouco vai estreitando lazos cos responsables dos mesmos co obxectivo de compartir información. Os recursos do contorno son de vital importancia a nivel educativo, xa que debemos partir sempre dos contidos e recursos próximos ás crianzas.

8

Page 9: P.E · RELACIÓNS CO ENTORNO 17 10.AVALIACIÓN DO PROXECTO 18 11.BIBLIOGRAFÍA 18 2. 1. INTRODUCCIÓN A escola infantil de Vila de Cruces nace como un proxecto educativo-asistencial

4. A ESCOLA

4.1. Datos de identificación

CENTRO Escola Infantil de Vila de CrucesENDEREZO Avenida da Residencia s/nLOCALIDADE Vila de CrucesPROVINCIA PontevedraCÓDIGO POSTAL 36590TELÉFONO/FAX 986 582 327ENDEREZO ELECTRÓNICO escolainfantil.viladecruces@igualdadebenestar.

org

4.2. Información xeral do centro

Trátase dun centro adicado á primeira etapa de educación infantil que ten tres unidades unha por tramo de idade:

• Unha de 0-1• Unha de 1-2• Unha de 2-3

Estas suman unha totalidade de 41 prazas

4.3. Características do centro.

O edificio é de nova construcción, independente e de utilización exclusiva situado nunha zona de servizos.

Posúe unha soa pranta de forma rectangular que está distribuida nas seguintes dependencias:

• Un entrada ampla que se utiliza como recibidor. Nela está situado o panel de información e o buzón de suxerencias, o mostrador para a atención ó público e un espazo adicado ás familias.

• Dirección. Pequeno e funcional dotado do mobiliario e material básico para albergar as funcións administrativas do centro.

• Sala de traballo de equipo educativo. Está conectada con dirección.

• Aula de 0-1 anos. Nela atopamos a aula propiamente dita coas súas respectivas zonas de hixiene, alimentación, actividade e de descanso

• Aula de 1-2 anos. Nela atopamos a aula máis unha zona de hixiene.

• Aula de 2-3 anos. Igual ca aula anterior. Ámbalas dúas aulas están comunicadas pola zona de hixiene.

• Unha unidade que permanece pechada en atención a demanda existente, que sirve para usos múltiples e almacén.

9

Page 10: P.E · RELACIÓNS CO ENTORNO 17 10.AVALIACIÓN DO PROXECTO 18 11.BIBLIOGRAFÍA 18 2. 1. INTRODUCCIÓN A escola infantil de Vila de Cruces nace como un proxecto educativo-asistencial

• Tódalas aulas teñen comunicación co exterior a través de portas de seguridade.

• Patio interior. Zona ampla dende a que se accede a tódalas dependencias da escola. Utilizase como aula de usos múltiples, zona de xogos, etc.

• Patio exterior con equipamento infantil apropiado. Ten unha zonas diferenciadas de herba(con árbores e arbustos), caucho e formigón e o patio está rodeado por unha cerca de madeira.

• Outras dependencias:

A parte do anteriormente citado o centro conta cun aseo/vestiario con casilleiros para o persoal, un aseo de minusválidos e un terceiro que se utiliza como almacén e cuarto da lavadora,ademais ten unha cociña con mobiliario doméstico,unha lacena e o comedor .Tódalas estancias do centro cumplen coa normativa vixente e os requisitos mínimos establecidos no Decreto 329/2005 polo que se regulan os centros de atención a infancia

4.4. Servizos

O centro conta con servicios de comedor e cociña, que abarca o xantar e a merenda.

4.5. As familias

Os trazos máis destacados de composición das familias que asisten ao centro son os seguintes:

Composición das familias (Adultos)

Tipos Monoparental Biparental Extensa con avósNúmero de familias Escaso Maioritarias Menos frecuente.

Composición das familias (Número de crianzas)

1 fillo/a 2 fillos/as 3 fillos/as Máis de 3 fillos/asMaioritaria Abundante Pouco frecuente

Non existe unha distribución homoxénea dos proxenitores en canto a súa formación o que inflúe tanto na disparidade dos niveis socioeconómicos como na diferencia en canto a intereses, necesidades e demandas. Asimesmo, tamén o abano de ocupacións é moi amplo.

As familias da escola infantil de Vila de Cruces teñen un contacto diario coa mesma xa que a maioría traen persoalmente as súas criaturas.

As familias están interesadas en colaborar activamente, ben para saídas, festas e/ou obradoiros.

4.6. Os nenos e nenas

As características psicoevolutivas dos nosos nenos e nenas, seguindo a J. Piaget, abarcan o período sensoriomotriz e o tránsito ao período preoperatorio.

10

Page 11: P.E · RELACIÓNS CO ENTORNO 17 10.AVALIACIÓN DO PROXECTO 18 11.BIBLIOGRAFÍA 18 2. 1. INTRODUCCIÓN A escola infantil de Vila de Cruces nace como un proxecto educativo-asistencial

A maioría das familias teñen ascendencia galega, excepto algún caso de familias inmigrantes, dentro dos cales atopamos unha situación moi común nesta zona como son os emigrantes retornados que esta escola acollerá dacordo co principio de integración e normalización. Ó igual que fará con nenos e nenas con N.E.E. creando as circunstancias axeitadas para a súa seguridade, o seu benestar e o estímulo das súas capacidades

4.7. O equipo educativo

O equipo educativo da escola infantil de Vila de Cruces está composto por seis persoas, catro educadoras e dúas mestras, unha delas con funcións de dirección.

Carmen Gónzalez Iglesias, mestra con función de dirección

Vanesa Sobrado García, mestra

Paula Fernández Ríos, educadora

Andrea Costoya Rabasco, educadora

Lorena Somoza López, educadora

Rosa Diéguez Taboada, educadora

Tanto mestras como educadoras teñen un horario de 35 horas semanais de adicación directa aos nenos e nenas, dúas horas de traballo persoal, titorías, reunións, e dúas horas de formación continua.

Todo o persoal do centro comparte os mesmos principios educativos e transmítenllos ás persoas que chegan novas, facendo un esforzo(en tempo e forma) por traballar en equipo xa que esto posibilita o intercambio, constitúe a base dun obxectivo común: integrar a tarefa de todos par ofrecer os/as nenos/as coherencia co proxecto educativo. Unha parte moi importante deste traballo en equipo queda reflexada na asistencia ás reunións mensuais de coordinación.

4.8. Persoal non docente

A liña educativa da escola é compartida polo persoal non docente. E está composto por:

Ana Presas Mazorra, persoal de servizos xerais

Oscar Miranda Golmar, cociñeiro. Este servizo está suxeito á xerencia da empresa Ponte das Donas.

Estas persoas, ademais da importante labor que desempeñan no centro, teñen un contacto diario cos nenos e nenas e as súas familias. Coñecen e comparten os criterios educativos do equipo docente e colaboran directa e indirectamente en determinadas actividades.

11

Page 12: P.E · RELACIÓNS CO ENTORNO 17 10.AVALIACIÓN DO PROXECTO 18 11.BIBLIOGRAFÍA 18 2. 1. INTRODUCCIÓN A escola infantil de Vila de Cruces nace como un proxecto educativo-asistencial

5. SINAIS DE IDENTIDADE

TITULARIDADEA escola infantil de Vila de Cruces é un centro educativo que forma parte da rede galega de

escolas infantís de 0 a 3 anos xestionada polo CGSIB. Ten carácter público e defende os dereitos da infancia e a igualdade de dereitos entre homes e mulleres.

ACONFESIONALIDADETen unha actitude de respecto ás crenzas tanto do persoal do centro coma das crianzas e as

súas familias.

LINGUAGarante unha oferta educativa en galego fomentando o plurilingüismo.

ATENCIÓN A DIVERSIDADEA nosa escola está aberta a promover a integración de nenas e nenos con necesidades

educativas especiais fomentando deste xeito a igualdade e o respecto como valores esenciais da convivencia

COEDUCACIÓN E IGUALDADETen o firme compromiso de educar a nenas e nenos en igualdade, libres de estereotipos de

xénero ou de calquera outra discriminación.

PARTICIPACIÓNA participación é a nosa forma de organización e funcionamento democrático. Crearanse

espazos e canles para garantir comunicacións e colaboracións recíprocas e fluídas por parte de tódolos membros da Comunidade Educativa.

6. PRINCIPIOS METODOLÓXICOS

Os principios metodolóxicos da nosa escola son:

INDIVIDUALIZACIÓNO proceso ensinanza - aprendizaxe estará fundamentado na individualidade e orixinalidade de cada neno/a.

APRENDIZAXES SIGNIFICATIVASAs aprendizaxes que o/a neno/a realiza conectarase coas súas experiencias previas, para que sexan aprendizaxes significativos.

INTERESEAs actividades faranse en función dos intereses dos/as nenos/as

GLOBALIZACIÓNAs experiencias educativas relacionarán os diferentes contidos, procedementos e actitudes.

ACTIVIDADE

12

Page 13: P.E · RELACIÓNS CO ENTORNO 17 10.AVALIACIÓN DO PROXECTO 18 11.BIBLIOGRAFÍA 18 2. 1. INTRODUCCIÓN A escola infantil de Vila de Cruces nace como un proxecto educativo-asistencial

A/O nena/o será axente do seu propio desenrolo.

XOGOPromoveremos o xogo libre e dirixido dependendo da práctica educativa.

EDUCACIÓN INTEGRALTódalas actividades terán carácter educativo.

AMBIENTEPlanificarase para a consecución dos obxectivos educativos a través da organización dos espazos. Será flexible, adaptándose ós cambios evolutivos dos/as nenos/as.

COORDINACIÓNPara garantir a consecución plena dos obxectivos educativos é preciso unha boa coordinación entre as persoas que forman a equipa educativo e as familias.

7. OBXETIVOS

7.1. Para o alumnado

• Fomentar o uso da lingua galega en tódalas situacións educativas• Satisfacer de maneira adecuada as necesidades fisiolóxicas das crianzas,

potenciando a autonomía e utilizando a vida cotía como eixe organizador do traballo educativo.

• Xerar un clima de seguridade, afecto e relacións positivas, no que as crianzas experimenten confianza e estabilidade emocional.

• Potenciar hábitos de respecto cara os demais resolvendo os conflictos de xeito razoado e aprendendo a articular progresivamente os propios intereses, puntos de vista e aportacións cos demais.

• Estimular os/as nenos/as a través de actividades para que descubran novas formas de expresión: corporal, música pintura...e desfruten delas.

• Desenvolver hábitos de coidado cara ás dependencias e materiais compartidos por todo o centro e fomentalo uso autónomo dos mesmos por parte dos escolares.

• Potencir o uso dos xoguetes sen distinción en función do sexo.• Fomentar actitudes de respecto as diferencias culturais e a igualdade entre homes e

mulleres.• Estimular a curiosidade, a iniciativa e a reflexión facéndoos protagonistas do

proceso de aprendizaxe.

7.2. Do centro para o centro

• Potenciar o carácter educativo desta etapa, deixando atrás o concepto de garda e custodia• Crear unha escola aberta, globalizadora e integradora.• Defender valores coma a tolerancia, solidaridade e respecto.• Fomentar o gusto pola crítica e a autocrítica.• Potenciar unha escola innovadora e que permañeza en continuo reciclaxe.

13

Page 14: P.E · RELACIÓNS CO ENTORNO 17 10.AVALIACIÓN DO PROXECTO 18 11.BIBLIOGRAFÍA 18 2. 1. INTRODUCCIÓN A escola infantil de Vila de Cruces nace como un proxecto educativo-asistencial

7.3. Do centro cara a convivencia

• Establecer relacións en colaboración coa comunidade para o intercambio de experiencias.

• Fomentar os obradoiros puntuais para a preparación de eventos que haxa na escola.• Facer saídas onde os nenos e nenas poidan coñecer o entorno inmediato utilizando

os servizos do Concello.

7.4. Do centro para as educadoras

• Favorecer as relacións do equipo educativo co Concello.• Espertar o interese de seguir as tradicións e costumes do entorno.• Aproveitar os recursos da comunidade ( veciños, recursos naturais, museos, etc..)• Elaborar proxectos que favorezan o traballo en equipo.• Perfeccionar os profesionais a través da investigación, a formación e o reciclaxe.• Realizar actividades de formación continua.

7.5. Do centro cara as familias

• Fomentar unha conciencia de escola e a importancia da escolarización nos primeiros anos de vida.• Favorecer a comunicación, participación e cooperación entre as nais e pais e a escola.• Ofertar información ás familias relacionadas coa educación dos seus fillos/as proporcionando canles de comunicación, participación e formación a través da escola de pais.• Favorecer unha escola aberta e comunicativa, colaborando estreitamente cas familias.

8. ESTRUCTURA ORGANIZATIVA

8.1. Parella educativa

Dúas educadoras traballarán cun mesmo grupo de crianzas durante a maior parte da xornada escolar aportando maior riqueza, complexidade e experiencia ó grupo, posibilita a diversificación e funciona como sistema de control mutuo.

8.2. Sistema rotatorio

A mesma parella educativa seguirá a traxectoria dun grupo de nenos e nenas, é dicir, as crianzas terán sempre as mesmas educadoras de referencia tódolos anos que permanezan escolarizados.

8.3. Calendario da escola

O curso dará comezo en setembro para rematar en xuño xa que nos meses de xullo e

14

Page 15: P.E · RELACIÓNS CO ENTORNO 17 10.AVALIACIÓN DO PROXECTO 18 11.BIBLIOGRAFÍA 18 2. 1. INTRODUCCIÓN A escola infantil de Vila de Cruces nace como un proxecto educativo-asistencial

agosto o horario poderá verse reducido en función da demanda das crianzas, véndose afectada por esta situación a programación didáctica. O centro permanecerá pechado os días festivos establecidos polo Estado e a Comunidade Autónoma e festivos locais aprobados pola corporación municipal anualmente. Pechará ás 15 horas os días:

-24 de Decembro-31 de Decembro-5 de Xaneiro

A franxa horaria ofertada é de 7:30h a 21:30h, establecendo un horario propio de centro da demanda de cada curso escolar.

Con base nesta forma de funcionamento, desenvolverase o traballo con nenos e nenas organizando a xornada segundo as rutinas e necesidades básicas das crianzas e utilizando, entre outros, os seguintes métodos no momentos da actividade educativa diaria:

• Recantos de actividade . A organización da clase por “zonas” fai posible a participación activa dos nenos e nenas na construción dos seus coñecementos, definíndose esta participación desde o respecto aos intereses e ás eleccións individuais. Estes espazos estables permiten unha distribución espacial da aula e unha mellor estruturación e aproveitamento dos materiais, facilitando as oportunidades de actividade e a rotación segundo as prioridades de elección do neno/a. Esta forma de traballo permítelle as educadoras a observación e a escoita activa, o reaxuste das actividades, a detección de conflitos e a avaliación non só do resultado do traballo senón tamén do proceso de posta en práctica.

• Obradoiros. Organización do traballo en torno a unha tarefa concreta, da que se obtén un resultado material ou non material e permite a participación de toda a Comunidade Educativa, ao tempo que produce novas formas de participación e innovación. O docente ten aquí un papel motivador e facilitador, achegando non só o material e o coñecemento das técnicas, senón tamén creando un ambiente acolledor, seguro e estimulante.

• Pequenos proxectos. Partindo dun enfoque integrador e aberto, os proxectos constitúen un excelente procedemento de aprendizaxe; neles o obxectivo non é a adquisición mecánica de coñecementos, senón de procedementos para aprender de forma autónoma. As educadoras son un catalizador de propostas, un organizador de intereses e un potenciador da busca de solucións.

Na medida do posible encadraremos estas formas de traballo nas unidades didácticas programadas.

8.4. Período de adaptación.

A planificación e o desenvolvemento da adaptación das nenas e nenos á escola é obxecto de especial coidado para o equipo educativo da mesma, debido á importancia e incidencia que ten no aspecto afectivo-emocional tanto do propio neno/a como da súa familia.

Cando un pai oun nai se separa do seu fillo ou filla é un momento moi especial e crítico. Por iso é preciso un período de adaptación para pais, nenos e nenas e todo o persoal da escola.

Pouco a pouco educadora e crianza van establecendo unha relación afectiva que permite que ambos se coñezan e que a nena ou neno vaia sentindo tranquilidade e seguridade no entorno escolar. Esta confianza afianzarase grazas a unha estreita relación famila-escola.

A crianza poderá ir pouco a pouco explorando os espacios, materiais e relacionándose co grupo. A medida que se vai incorporando e integrando nestes factores, independizarase da educadora e

15

Page 16: P.E · RELACIÓNS CO ENTORNO 17 10.AVALIACIÓN DO PROXECTO 18 11.BIBLIOGRAFÍA 18 2. 1. INTRODUCCIÓN A escola infantil de Vila de Cruces nace como un proxecto educativo-asistencial

comezará a descubrir e desfrutar de tódalas posibilidades que lle ofrece a escola.A adaptación producirase de maneira progresiva, escalonada e axustada ó ritmo de cada neno/a.

• Adaptación dos nenos que non están na escola.O primeiro día asistirá ó centro mentres a súa familia, nunha estancia aparte, mantén unha

primeira entrevista coa educadora ou educadorProgresivamente e individualizadamente iranse aumentando ós tempos ata chegar á xornada

completa. A partir de este momento a educadora decidirá, segúndo sexa o ritmo de adaptación de cada

nena ou neno, a maneira en que se irá a sua estancia no centro ata chegar a xornada completa.

• Adaptación das crianzas que xa están na escola:O seu período de adapatación será máis rápido e fácil, pero sin descoidar aqueles cambios que

se produzan en cada caso. Polo que os tempos tamén serán flexibles e adaptados a crianza.

9. RELACIÓNS COA COMUNIDADE

9.1 Relación coas familias.

AS FAMILIAS.

A escola infantil comparte coa familia un obxectivo común que é a educación das crianzas. A cordialidade das relacións escola–familia e a confianza mutua entre pais, nais e educadoras e educadores, repercuten de maneira especialmente notoria no comportamento do neno e da nena neste ciclo da Educación Infantil.

Por esto, dende a escola deben plantexarse de forma clara e explícita as pautas de relación e comunicación coas familias.

Traballaremos cos seguintes recursos e estratexias para conseguir este obxetivo:

REUNIÓNS

• Reunión inicial con todo o grupo de familias, para transmitir información de orde xeral: presentación do equipo do centro, metodoloxía, organización, normas e proxecto educativo do centro…• Pódense convocar reunións noutros momentos do curso nos que se considere necesario.

ENTREVISTAS

• No momento da matrícula, é o primeiro encontro de cada familia coa escola. Nela trataranse aspectos como:a) Recollida de documentaciónb) Funcionamento do centro: horario, normas…• Entrevista inicial coas educadoras, nela terá lugar un importante intercambio mutuo de información:- As familias facilitarán diferentes aspectos relacionados co desenvolvemento e hábitos da

crianza de gran importancia de cara o traballo educativo.- Informarase da importancia do periodo de adaptación da crianza na escola e

plantexaranse as pautas organizativas, calendario e criterios a seguir durante o mesmo.

16

Page 17: P.E · RELACIÓNS CO ENTORNO 17 10.AVALIACIÓN DO PROXECTO 18 11.BIBLIOGRAFÍA 18 2. 1. INTRODUCCIÓN A escola infantil de Vila de Cruces nace como un proxecto educativo-asistencial

• Entrevista final , para transmitir a evolución observada no neno ó longo de todo o ano.• Ademais destas realizaranse tódalas que sexan precisas, a requerimento tanto das familias coma das educadoras preferentemente nas horas de titorías, marcadas na PXA.

CONTACTOS E INFORMACIÓN DIARIA

• Dous momentos privilexiados de relación son a chegada e a saída das crianzas ó centro. Estes poden darse dentro da aula e neles debe coidarse os temas a tratar, pois o neno está presente. Principalmente falarase sobre o estado da crianza e sobre anécdotas e aspectos da xornada escolar.

• Ademais contamos coas axendas viaxeiras onde familia e escola aportan diariamente diversos aspectos sobre o día a día da crianza.

• Panel de actividades, onde as familias poderán coñecer cada día as actividades propostas para cada aula.

OUTRAS FORMAS DE COMUNICACIÓN

• Contamos no centro cun espazo adicado ás familias, lugar acolledor e dinamizado polo persoal do centro con información e xeral e aberto a múltiples suxerencias.• Taboleiro de anuncios, este está na entrada do centro e albergará información do centro: titorías, horarios, menús…• Paneis fotográficos, onde as familias poderán ver as crianzas participando en actividades e distintos momentos da vida no centro.• Circulares, para transmitir calquera información relevante ás familias, éstas irán nas axendas.• Buzón de suxerencias, tamén situada no espazo das familias.

IMPLICACIÓN DIRECTA DAS FAMILIAS

• O periodo de adaptación é unha das actividades de cooperación máis importante para o benestar do neno.• Participación e preparación nas diversas festas e saídas que se celebren ó longo do ano.• As familias serán un recurso a ter en conta na programación didáctica.• Dende o centro estase a fomentar a formación da ANPA.

9.2. Relacións co entorno.

• O concello participa na vida do centro mediante as seguintes vías:- No consello de participación, mediante dous representantes- Xunto co CGSIB forma a Comisión Mixta de Seguimento.

Os cometidos destes dous órganos atópanse recollidos no RRI das escolas infantis. Ademais o concello asume os compromisos recollidos no convenio de xestión da mesma e presta apoio en función das necesidades educativas do centro.

• Próximo á escola contamos co C.E.I.P. “Nosa Señora da Piedade“, como xa comentamos, a Residencia da Terceira Idade, recurso con grandes posibilidades, o pavillón polideportivo e un parque infantil de uso público.

17

Page 18: P.E · RELACIÓNS CO ENTORNO 17 10.AVALIACIÓN DO PROXECTO 18 11.BIBLIOGRAFÍA 18 2. 1. INTRODUCCIÓN A escola infantil de Vila de Cruces nace como un proxecto educativo-asistencial

• Outros establecementos e entidades da vila tamén colaboran con nós para que as crianzas poidan coñecer a súa actividade, nos acheguen material…

10. AVALIACIÓN DO PROXECTO

Este documento está suxeito a modificacións por iso será avaliado anualmente. Deberá ser coñecido e compartido por toda a comunidade educativo polo que a nosa labor será difundilo.

Criterios de revisión do mesmo:

• Grado de coñecemento do PEC na comunidade educativa.• Grado de aceptación do mesmo.• Modificación do mesmo.• Coherencia cos demais documentos do centro.• Consecución dos obxetivos propostos, para o que se establecerán criterios

específicos en cada caso.• Colaboración e participación dos distintos sectores da comunidade.

Ademais da avaliación do propio proxecto será fundamental controlar con afán de mellorar todos e cada un dos elementos que inflúen no proceso educativo, que se reflexarán na programación xeral anual e na correspondente memoria de fin de curso.

11. BIBLIOGRAFÍA.

• Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.• Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo de educación infantil na comunidade autónoma de Galicia• Decreto 329/1991, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia. • Regulamento de Réxime Interno de Galescolas.• Lei 3/1983, de 15 de xuño, de Normalización ligüística.• Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo• Orden do 12 de novembro de 1992 sobre evaluación en Educación infantil.• Decreto 320/1996, do 26 de xullo, de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais.• Lei galega 7/2004 do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes.• Orde do 27 de febreiro pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para o curso 2008/2009.

18