Paco Martín

Download Paco Martín

Post on 24-May-2015

219 views

Category:

Documents

5 download

Embed Size (px)

TRANSCRIPT

<ul><li> 1. Literatura Galegado Sculo XX e da Actualidade Paco Martn EntrevistaIES Manuel Garca Barros A Estrada Texto: Cc-by-sa-3.0 Fotos: Todos os dereitos reservadosviernes 17 de febrero de 2012</li></ul> <p> 2. Paco Martn1. Que opina sobre os certames literarios? Cumpren estes unha funcin importante na normalizacin dunha literatura?Imaxino que si. Sobre todo no caso de linguas como a nosa que, malia estaren minorizadas, teen unha moi prestixiosa tradicinliteraria. Os certames literarios serven, cando menos, para que moitas das persoas que cren na escrita como arte para compartir teanunha porta aberta pola que lles sexa posible entrar nese mundo ao que aspiran.A participacin nun certame literario pode axudar a que outras persoas, polo xeral con intereses semellantes, teanoportunidade de saber da obra do concursante e mesmo facer que poida ser coecida por outros. Son, ben o sabedes, moitas asescritoras e moitos os escritores que comezaron a sa carreira grazas a un destes certames.2. Que supn para Vostede que lle recoezan o seu labor literario coa concesin dun premio literario? Con cal dos premios que lle outorgaron se sente mis satisfeito? Se hei contar verdade a mia participacin en certames foi mis ben escasa. Creo que soamente me cheguei a presentar a dous... Outra cousa son aqueles premios aos que non te tes que presentar. En calquera caso creo que sempre resulta satisfactorio que algun pense que aquilo que fas non de todo intil. Resultoume moi gratificador o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, especialmente porque aquela foi a primeira vez que se lle conceda un premio nacional a un libro escrito en galego.3. Que feito o motivou a comezar a escribir? Marcou esta circunstancia a sa posterior obra literaria? Alumnos de Literatura Galega do s.XX cos libros doados por Paco Martn.Eu pertenzo a unha xeracin na que a importancia da palabra, falada e escrita, era enorme, na que se contaban historias, os cativoscontabamos aos demais a pelcula que o domingo puideramos ir ver ao cine... Escoitar, ler e falar eran as fiestras ao mundo, as canlespolas que era posible deixar que descorresen os nosos soos e en calquera deles nos era permitido intervir. Chegou, despois, a tiranados mass media e aqueles que tiveramos o noso papel, mis ou menos importante, de actores pasamos a simples espectadores-receptores do que a radio, a tele ou as axencias de noticias tian a ben botarnos na maseira para que ns soamente o consumiramos.Supoo que, ademais de todas esas razns que xa todos coecedes, posible que houbese tamn un aquel de rebelda contraaquel silencio sutilmente imposto. Lembro agora o poema de Novoneyra: De tanto calar, xa falo eu sEst claro que ese afn de comunicar, de compartir soos e sentimentos, de te sentir algo que anda pode ser activo, ten moitoque ver con isto da escrita. Eu teo un amigo que vive lonxe e ao que soamente vexo de cando en vez. Cando iso se d e lle pregunto:Como vai todo? El engurra os ombros e, sorrindo, contesta: Bulimos!Pois iso: que se saiba que bulimos.viernes 17 de febrero de 2012 3. Paco Martn 4.Que opina da situacin actual da lingua e literatura galega? Hai futuro para ambas? Eu son de natural optimista mais recoezo que os esforzos que estn a facer aqueles que xogan no equipo contrario ao que eu defendo son moitos, moi fortes e case sempre ben pagos cos cartos de todos- o que lles d vantaxe. A desconsideracin e descarada falla de respecto ao idioma s que os leva a ignorancia, esa fontica vallisoletana que utilizan xornalistas, autoridades e todos aqueles que pretenden afastarse do comn dos falantes, ese instrumento nefasto -que tanto dieiro pblico custou e que non me estraara nada que fose proxectado co fin de facer o mal que faia- que o tradutor automtico casteln-galego (que todos sabemos que non ten sentido nin nunca preciso foi), estragador implacable da nosa sintaxe e axudante de conselleiros que digan Desvn de los Monjes, a triste pobreza lxica e sintctica dos que mis falan nos medios e que en teora deberan dar exemplo. O Presidente actual da Xunta - ao igual que o anterior e mais o seu vicepresidente- pensan que falan galego cando utilizan un casteln mal traducido, desprezando a lingua que lle deben respecto (e mesmo os cartos que cobran) e o que producen tristura, carraxe e tamn noxo. Esta xente, se en verdade sentise unha miga de consideracin por ela, deberan saber que cuns meses de relativo esforzo e nas mans de algun que en verdade saiba facelo poderan dignificar a sa fala ao tempo que tamn se dignificaran eles. Tampouco non estou moi convencido de que tean demasiado interese no que aqu se escribe nin sequera no que antes se escribiu, pero iso de limitar a importancia da literatura ao momento da fotografa coa autora ou o autor do bestseller do momento non exclusivo deste noso pas. Tamn certo e moito mis importante- que anda hai moitas persoas que si se interesan, que len, que escriben coezo moitas rapazas e rapaces, moi novas de idade e dunha excelente formacin cultural, literaria e superior calidade humana-, e que fan, con seguridade e conviccin, canto cren que deben facer para que sexamos quen somos as mil primaveras mis que Cunqueiro desexou. 5. Sntese personificado nalgunha obra que escribiu? Pode unha obra dun autorser allea case totalmente ao devalar existencial do seu autor? Non. Ou polo menos non teo conciencia de que as sexa nin nunca o pretendn. Outra cousa que resulte practicamente imposible evitar que en calquera obra, literaria ou non, apareza a presenza, mis ou menos explicitamente, algo do autor e daquilo que o rodea. Paco Martn nunha cerdeira.viernes 17 de febrero de 2012 4. Paco Martn 6.Cal o pblico para o que lle gusta escribir? por identificacin ou ben por outras circunstancias? O que en verdade me gusta escribir. Para que pblico? Pois para aquel que encontre na mia escrita algo co que conecte. Non creo demasiado no reparto da literatura por idades ags nos primeiros niveis, claro-. Cando se fala de literatura infantil e xuvenil debera falarse de libros que tamn len as rapazas e mais os rapaces, sen que iso tea carcter de exclusividade. Nin moito menos. certo que os que fomos mestres nun tempo no que era imposible obter material de traballo na nosa lingua vimonos na necesidade de facelo ns. Entre as mis significadas carencias estaban as lecturas, de a que sexamos moitos os ensinantes que viemos dar niso que chaman escritores de literatura infantil pero que en realidade escribimos para todos. Como ben sabedes hai libros da mia autora situados polos editores en todos os chanzos de idade. O que si resulta innegociable o do idioma. O que non quere dicir que estea en contra das traducins de feito por a andan as que fixeron aos meus libros-. 7. Gustaralle que algunha obra sa fose levada ao cine? E se as cal lle gustara? Xa se fixeron algunhas curtas. Sei que moita da mia escrita debedora do cine en maior ou menor medida e que, polo tanto, non de todo allea a esa linguaxe. Son se cadra debera dicir fun- un cinfilo recalcitrante e a Paco Martn nunha homenaxe no 2011 mia afeccin non esmoreceu, pero non teo un especial interese en que se faga cine a partir do que escribo. Son modos distintos de narrar.8.Cal cree que foi a sa obra que tivo mis aceptacin entre os lectores? Cal sera esa circunstancia ou temtica que produciu esasimbiose obra-lector? Sen dbida Das cousas de Ramn Lamote, que leva 25 ou 26- edicins e pasa dos 100.000 exemplares en galego.Supoo que o personaxe, non demasiado usual pero si doadamente identificable, o lugar onde se move e as circunstancias nas que o fai, que poden darse en calquera parte, e ese algo indefinible -e para min descoecido- que fai que sexa recoecido por igual en calquera vila de Galiza ou de Andaluca, en Costa Rica, Mxico, Buenos Aires ou Nova York...A min, con case trinta ttulos publicados, non me parece moi xusto que as sexa., pero...viernes 17 de febrero de 2012 5. Paco Martn9. Hai algn tema sobre o que lle guste especialmente escribir? En caso afirmativo, cal sera o motivo desa temtica?Intersanme esencialmente as xentes. Os temas, como marco no que elas se moven, tamn,mais sen preferencias. 10.Vostede foi mestre de escola dende o 1961 ata o 2000. Con que faceta se sente mis identificado, o ensino ou a escritura denovelas? Beberon estas ltimas da sa profesin? A estas alturas sei xa que seran case imposibles unha sen a outra polo que sempre estiven identificado por igual coas das.Dira que o meu traballo de mestre serviu en moita medida para o desenvolvemento da mia faceta de escritor, e tamn que as mias inquedanzas literarias serviron moito para o meu labor como mestre. CUESTIONARIO XENRICO A TODOS/-AS OS/AS ESCRITORES/-AS Resltame imposible responder a este modelo de cuestionarios nos que non se permite mis ca unha resposta a cada pregunta. Non son quen a facelo. Nunca fun, nin quixera ser, tan tallante nos meus criterios. Estou fabricadocon demasiados vimbios: libros, pelculas, musicas, xentes e lugares..., feito de moitas vivencias... E sei tamn que -falo por min, claro- aquilo que un da definiu case por enteiro o paradigma do que eu imaxinaba para algn aspecto determinado acabou, co tempo e a experiencia, sendo substitudo, e sen que este substituto chegase tampouco a definitivo...Cando recibu o E de escritor. Creo que a este tipo de preguntas non posible dar respostassinceras, por mis que se pretenda. Desculpdeme, pero as . Prgovos que fagades por comprender estas mias carencias. Moitas grazas.viernes 17 de febrero de 2012</p>