os muiños de batan

6
OS MUIÑOS DE BATÁN INTRODUCIÓN O día 3 de xaneiro fomos facer a ruta dos muiños de Batán. Os muiños son pequenas edificacións á beira dun río onde se moían os cereais . A palabra batán refírese á maquinaria dos muiños que se empregaba para pisar o gran. É un lugar moi bonito con moita vexetación : carballos, fieitos, eucaliptos, silvas… Pódense atopar rastros de xabarís. Hai catorce muiños e algúns están en ruinas. Funcionaban con auga, e como no verán case non había auga no río, fixeron unha pequena central hidroeléctrica para poder moer. Hai dous pozos nos que se almacenaba a auga. Os catorce muiños e a central forman o que se chama Eco- Museo da Costa da Egoa. Din que se chama así porque se levaba o gran para moer en cabalerías (égoas, cabalos, burros…).

Upload: charo-fernandez

Post on 30-Mar-2016

245 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Traballo realizado por nenos de primaria

TRANSCRIPT

Page 1: Os muiños de Batan

OS MUIÑOSDE BATÁN

INTRODUCIÓN

O día 3 de xaneiro fomos facer a ruta dos muiños de Batán. Os muiños son pequenas edificacións á beira dun río onde se moían os cereais . A palabra batán refírese á maquinaria dos muiños que se empregaba para pisar o gran.É un lugar moi bonito con moita vexetación : carballos, fieitos, eucaliptos, silvas…Pódense atopar rastros de xabarís.Hai catorce muiños e algúns están en ruinas. Funcionaban con auga, e como no verán case non había auga no río, fixeron unha pequena central hidroeléctrica para poder moer.Hai dous pozos nos que se almacenaba a auga.Os catorce muiños e a central forman o que se chama Eco- Museo da Costa da Egoa. Din que se chama así porque se levaba o gran para moer en cabalerías (égoas, cabalos, burros…).

Page 2: Os muiños de Batan

FLORA

Nesta zona podemos atopar moita flora como fieitos, silvas…, árbores de folla caduca como o carballo e de folla perenne como o eucalipto.Hai algunha vexetación seca pero a maioría é verde.

Page 3: Os muiños de Batan

OS MUIÑOS

Durante o século XVIII fixéronse catorce muiños de auga , a maioría comunicados entre si por canles de pedra, que aproveitaban a auga do río Abelleira que é un afluente do río Barcés. Hai fervenzas e regatos que percorren os muiños. Algúns destes muiños están en ruinas e outros están restaurados.Funcionaban con auga e como no verán o río levaba pouca auga construiuse a principios do século XX unha pequena central hidroeléctrica para que pudiesen funcionar os muiños. Esta central empregaba electricidade para alimentar os motores dos muiños e mover a auga que estaba almacenada nun pozo.Estes muiños constitúen os inicios do pan de Carral xa que era onde se moía para os fornos de Herves. Había algún muiño para moer trigo pero a maioría eran para moer maínzo. Algúns dos muiños eran dunha persoa que llos arrendaba a outras persoas para moer e outros eran de varios veciños que se turnaban para moer.

Page 4: Os muiños de Batan

ENTREVISTA

Mentres camiñabamos atopamos unha muller do lugar que nos respondeu a unhas preguntas :

- Vive vostede preto de aquí?Si , vivo aí arriba .

- Hai animais por esta zona?Si , hai xabarís , aínda vimos o rastro esta mañá .

- Acórdase de cando funcionaban os muiños?Si , que non son tan nova . Cando eramos nenos viñamos moer , acórdome de ir coa cesta na cabeza . Só había dous muiños de trigo e os demais eran de broa .

- Por que lles chaman os muiños de Batán?Están mal chamados porque a casa de Batán queda bastante lonxe de aquí , xa pertence a Barcia e isto pertence a Veira , son os muiños das Teixoeiras .

- De quen eran os muiños?Os muiños tiñan un dono . O dono arrendaba o muiño á xente que querían moer . Podíase arrendar un día . Uns moían o luns , outros o martes…ou cando estaba libre . Se non había sitio tamén se moía pola noite . Aos que lles tocaba moer de noite como estaba escuro , prendían lume en fachos de palla e un aguantaba a palla para alumear e outro levaba o gran . Había algúns que tiñan que moer moito porque tiñan moito gando e moían de día e de noite . De noite mentres moían aproveitaban para durmir . A nós chegábanos con moer de día . Algúns muiños compartíanse entre varios , nós por exemplo tiñamos un entre catro e turnabamonos para moer.

- Como se lle pagaba ao dono?Pagábaselle con gran . Había unhas medidas que se chamaban maquías e segundo o que se moese (un ferrado , medio , dous…) dábaselle máis ou menos cantidade . Había maquías de diferentes medidas.

-Funcionaban con auga?Si .

- Pero , non hai unha central hidroeléctrica aquí?Nun dos muiños fixose un pozo e puxéronlle un motor para poder moer . No inverno como había moita auga usábase só a auga pero no verán , que había menos , usábase o outro sistema e os dos demais muiños tamén aproveitabamos .

Page 5: Os muiños de Batan

Sandra Fachal e Sara Portela – 5º B