oliveira (olea europaea)
TRANSCRIPT
oliveira(Olea europaea)
olivoolive tree
olivieroliveira
CLASEAnxiospermasORDEXencianalesFAMILIAOleáceas
Árbore de copa baixa, ampla e irregular que pode acadar 15 m de altura. É orixinaria do leste do Mediterráneo e vive en lugares secos. En Galicia ata hai uns anos tivo importancia o seu cultivo na cunca do Sil para elaborar aceite. Atópanse exemplares en moitos adros de igrexas e como especies ornamentais en xardíns e parques.
TALO:O toro dos exemplares vellos é moi torcido e nudoso, curto e ancho na base. A tona é de cor gris plateada con fisuras.
FOLLASPersistentes, simples, opostas, lanceoladas, de cor verde-gris mate e co envés cuberto de finos peliños.
FLORESUnisexuais ou hermafroditas, moi pequenas. O cálice está formado por catro sépalos e a corola por catro pétalos branco-amarelos, agrupadas en acios.
FROITOS (olivas) Drupas de forma oval de ata 3 cm de lonxitude de cor negra-violeta cando están maduras.
CICLO ANUAL-OLIVEIRAFolla
Flor
Froito
xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro
Oliveiras do Pazo de Santa Cruz. Ortigueira (Vedra-A Coruña). Varias fileiras rodeando os prados onde se poden atopar arredor de 500 exemplares plantados desde comezos do século XVI. Os máis grandes miden 13 m de altura e case 4 m de perímetro troncal.
O cultivo das oliveiras tivo certa importancia nos séculos XVII e XVIII e na actualidade está case desaparecido. Consérvanse pequenas plantacións na cunca do Sil. A colleita das olivas faise de decembro a febreiro. Para extraerlle o aceite móense e logo prénsanse nun lagar. Durante o prensado bótaselle auga quente para que axude a escoar o aceite.
Na actualidade so se conserva un muíño de aceite en Bendilló (Quiroga), lugar no que tamén se fai, coíncidindo coa colleita das olivas, a festa do aceite.
Oliveira do Paseo de Alfonso XII. Vigo. Mide 12 m. Plantado arredor de 1815, a partir dunha ponla doutro moi antigo, do século XV, que estaba na Colexiata de Santa María, que, segundo contan, “debaixo del podían traballar sete zapateiros” e que foi cortado en 1814. É o símbolo da cidade de Vigo.
Oliveira en San Ourente de Entíns (Outes)
Oliveiras do Cimeterio de Adina. Iria Flavia. (Padrón-A Coruña). As máis vellas teñen máis de 200 anos.
USOS:Cultívase polo froito e pola madeira, moi valorada para escultura e torno e como cumbustible.En mediciña tradicional as follas usábanse como febrífugas e os froitos son aperitivos e tónicos.
A oliveira é unha árbore de gran simboloxía. Por Pascua lévanse ramos de oliveiras a bendecir e gárdanse na casa todo o ano para que dean boa sorte. Tamén se usaban para espantar as meigas.
ESCOLMA LITERARIA
Moito te queixen un temposimeterio encantador,cos teus olivos escuros,máis vellos que os meus avós;...
Rosalía de Castro.
TRADICIÓNS
-Por Pascua lévanse ramos de oliveiras a bendecir e gárdanse na casa todo o ano para que dean boa sorte.-Os ramos de olivo tamén se usaban para espantar as meigas.
CANTIGADebaixo da oliveiranon chove nin hai orballo,meniña, se has de ser miñanon me deas máis traballo.
MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet