oficios tradicionais galegos. alba fernández lópez

13

Upload: pilarfzx

Post on 11-Jul-2015

1.004 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Oficios tradicionais galegos. alba fernández lópez
Page 2: Oficios tradicionais galegos. alba fernández lópez

Telleiros

Os telleiros cocían os ladrillos e as tellas nos seus fornos. A materia prima que usan é o barro. As ferramentas e materiais que utilizan os telleiros no seu traballo son: o gribo, gradilla, madeira, rodo, pintura e o banco. O telleiro tamén usa terra vexetal, que estende no banco para que non se pegue o barro. O equipo de telleiro está composto por: pieiro,que é o que amasa o barro; carretilleiro, fai o servizo; oficial, corta as tellas; e o tendedor que é o que pon as tellas no chan a secar.

Page 3: Oficios tradicionais galegos. alba fernández lópez

Alfareiros Os alfareiros facían olas, pratos e

cántaros necesarios na vida cotiá. Por algunhas partes de Galicia aos alfareiros chámanlle “oleiros” e “cacharreiros” e pola nosa zona reciben o nome de “cazoleiros” que son os que fan precisamente as cazolas e outras vasillas ou recipientes, mentres que os outros traballadores do barro son os que facían e fan tellas e ladrillos que recibían o nome de “telleiros” ou “cavaqueiros”.

Page 4: Oficios tradicionais galegos. alba fernández lópez

Cesteiros

Os cesteiros facían ou fabricaban cestas para transportar os podutos do campo: como por exemplo o pan e outros alimentos. Tamén os tiñan as veces para a decoración de casas. Usaban un tipo de herba especial moi forte para que os cesto non romperan.

Page 5: Oficios tradicionais galegos. alba fernández lópez

Teceláns

Os teceláns facían os vestidos cando aínda non había fábricas téxtiles. Usaban tecidos especiais para a súa fabricación.

Page 6: Oficios tradicionais galegos. alba fernández lópez

Ferreiros e Ferradores

Os ferreiros fabricaban as ferramentas para o campo como o arado, mentres que os ferradores estaban especializados en ferraduras para os cabalos. Os ferradores necesitaban moito fogo para a fabricación de ferraduras...

Page 7: Oficios tradicionais galegos. alba fernández lópez

Carpinteiros

O oficio de carpinteiro consiste en fabricar as estructuras das casas, os mobles a os barcos. Algunhas ferramentas para os carpinteiros son: a serra, martelo, taladro, lixa, lapis, rebaixadora, serra caladora, serra circular...

Page 8: Oficios tradicionais galegos. alba fernández lópez

Canteiros

Era un dos oficios máis prestixiosos. Traballaban o granito da nosa terra para facer desde muíños ata espléndidas catedrais. Os canteiros galegos tiñan sona en toda España e mesmo en Europa. Chegaron a ter privilexios reais e ata posuían a súa propia linguaxe, que só entendían entre eles.

Page 9: Oficios tradicionais galegos. alba fernández lópez

Zoqueiros

Os zoqueiros facían zocos e zocas, imprescindibles para poder camiñar polos camiños cubertos de lama, para ir coas vacas, para ir pola auga...

Page 10: Oficios tradicionais galegos. alba fernández lópez

Fragueiros e Rodeiros

Os fragueiros eran os homes que facían os carros de madeira ou ferro, e os rodeiros eran xente que fabricaba as rodas para os carros.

Page 11: Oficios tradicionais galegos. alba fernández lópez

Palilleiras

As palilleiras eran as mulleres que facían os encaixes cos palillos, tamén as palilleiras fan puntilla de bolillos.

Page 12: Oficios tradicionais galegos. alba fernández lópez

Chocolateiros

O chocolateiro é a persona que ten por oficio a fabricación ou venta de productos elaborados a base de chocolate. Entre os productos que vende o chocolateiro encontranse: tabletas, bombóns, ovos e outras figuras, así como chocolate en po e chocolate líquido...

Page 13: Oficios tradicionais galegos. alba fernández lópez