o petróglifo das pedragueiras no concello de muros · boliza o primeiro fito no estudo e...

16
52 Neste artigo queremos recoller a nova da existencia preto do lugar de Taxes no Concello de Muros dun ben conser- vado conxunto de gravados rupestres da nosa Prehistoria. Iniciamos deste xeito a nosa andadura como colectivo neste concello da Costa da Morte. O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros Asociación cultural Colectivo A Rula RESUMO Nova sobre o descubrimento no lugar das Pedragueiras, no concello coruñés de Muros, dun conxunto de gravados de arte rupestre prehistórico ó aire libre, e unha primeira aproximación descritiva do xacemento co obxecto de dar a coñecer esta estación, así como o de insistir na necesidade de protexer estas mani- festacións da nosa prehistoria recente incluíndoas no correspondente Catálogo de Bens Culturais do Plan Xeral de Ordenación Municipal, entre outras medidas. Analizáronse os soportes materiais e os motivos representados nelas perseguindo un resultado de carácter fundamentalmente descritivo que sirva de base para estudos posteriores Palabras clave: petróglifo, Idade do Bronce, arte rupestre, Muros, Galicia, Prehistoria. ABSTRACT Report about the discovery in As Pedragueiras, in Muros, A Coruña, of a set of rock engravings of pre- historic origin in an open space and a first descriptive aproximation of the archaeological site with the ob- jective of introduce it. As well as insist in the need of protect this our nearly prehistoric demonstration by adding in the appropriate “Catálogo de Bens Culturais do Plan Xeral de Ordenación Muncipal”, besides others decisions. It been analysed the materials media and the represented motifs in, chasing a result fun- damentally projective that it can be used in future researchs. Keywords: petróglifo, Bronce Age, rock engravings, Muros, Galicia, Prehistory. RESUM Aquest article tracta sobre el descobriment a Pedragueiras, al concello coruñés de Muro, d’un conjunt de gravats d’art rupestre prehistòric a l’aire lliure i una primera aproximació descriptiva del jaciment con l’objectiu de donar a conèixer aquest jaciment, així com d’insistir en la necessitat de protegir aquestes ma- nifestacions de la nostra prehistòria recent incloent-les al corresponent “Catálogo de Bens Culturais do Plan Xeral de Ordenación Muncipal”, entre altres mesure. Analitzant els suports materials i els motius repre- sentats en ells perseguint un resultat de caràcter fonamentalment descriptiu que serveix de base per estu- dis posteriors Paraules Clau: petróglifo, Edat de bronze, art rupestre, Muros, Galicia, Prehistòria. Estrat Crític 7-8. (2014): 52-67 Rebut: 30 gener 2014; Acceptat: 15 març 2014

Upload: others

Post on 18-Jun-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros · boliza o primeiro fito no estudo e di-vulgación da arte rupestre no Concello de Muros. Malia todo non será ata finais dos

52

Neste artigo queremos recoller a novada existencia preto do lugar de Taxesno Concello de Muros dun ben conser-vado conxunto de gravados rupestres

da nosa Prehistoria. Iniciamos destexeito a nosa andadura como colectivoneste concello da Costa da Morte.

O petróglifo das Pedragueiras no concello deMuros

Asociación cultural Colectivo A Rula

RESUMONova sobre o descubrimento no lugar das Pedragueiras, no concello coruñés de Muros, dun conxunto degravados de arte rupestre prehistórico ó aire libre, e unha primeira aproximación descritiva do xacementoco obxecto de dar a coñecer esta estación, así como o de insistir na necesidade de protexer estas mani-festacións da nosa prehistoria recente incluíndoas no correspondente Catálogo de Bens Culturais do PlanXeral de Ordenación Municipal, entre outras medidas. Analizáronse os soportes materiais e os motivosrepresentados nelas perseguindo un resultado de carácter fundamentalmente descritivo que sirva de basepara estudos posteriores

Palabras clave: petróglifo, Idade do Bronce, arte rupestre, Muros, Galicia, Prehistoria.

ABSTRACTReport about the discovery in As Pedragueiras, in Muros, A Coruña, of a set of rock engravings of pre-historic origin in an open space and a first descriptive aproximation of the archaeological site with the ob-jective of introduce it. As well as insist in the need of protect this our nearly prehistoric demonstration byadding in the appropriate “Catálogo de Bens Culturais do Plan Xeral de Ordenación Muncipal”, besidesothers decisions. It been analysed the materials media and the represented motifs in, chasing a result fun-damentally projective that it can be used in future researchs.

Keywords: petróglifo, Bronce Age, rock engravings, Muros, Galicia, Prehistory.

RESUMAquest article tracta sobre el descobriment a Pedragueiras, al concello coruñés de Muro, d’un conjunt degravats d’art rupestre prehistòric a l’aire lliure i una primera aproximació descriptiva del jaciment conl’objectiu de donar a conèixer aquest jaciment, així com d’insistir en la necessitat de protegir aquestes ma-nifestacions de la nostra prehistòria recent incloent-les al corresponent “Catálogo de Bens Culturais do PlanXeral de Ordenación Muncipal”, entre altres mesure. Analitzant els suports materials i els motius repre-sentats en ells perseguint un resultat de caràcter fonamentalment descriptiu que serveix de base per estu-dis posteriors

Paraules Clau: petróglifo, Edat de bronze, art rupestre, Muros, Galicia, Prehistòria.

Estrat Crític 7-8. (2014): 52-67

Rebut: 30 gener 2014; Acceptat: 15 març 2014

estrat critic_2015_7_8:Maquetación 1 21/10/2014 12:46 Página 52

Page 2: O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros · boliza o primeiro fito no estudo e di-vulgación da arte rupestre no Concello de Muros. Malia todo non será ata finais dos

Foi a casualidade a que quixo que, o 21de abril do ano pasado, durante a visitaque un grupo de amigos estabamos arealizar a algúns dos máis destacadospetróglifos muradáns, o veciño deTaxes Domingo Rama Martínez nos in-formase da súa existencia.

Cando visitamos a laxe a sensación deperplexidade foi común. Custábanosaceptar como posible que unha estaciónde arte rupestre tan visible como esta,tanto pola súa monumentalidade comopolo seu bo estado de conservación,non estivese incluída na lista dos bensde interese cultural catalogados poloConcello.

Durante a exploración do xacemento eno camiño de volta volveron soar ve-llas conversas sobre a necesidade de or-ganizarse para tentar obrigar ásdistintas administracións a cumprir assúas obrigas na defensa, conservación eposta en valor da nosa fráxil arte ru-pestre. Debemos pois ás Pedragueirasque nos servise de definitiva empurradapara constituírnos como asociación eesa débeda queremos pagala.

Dous días máis tarde o xornal La Vozde Galicia publicou a nova1 e ó día se-guinte a correspondente resposta porparte dos responsables do Concello deMuros, na que indicaban que solicita-rían a Cultura que realizase un estudodo novo petróglifo para a súa posteriorinclusión no Catálogo de Bens do Plan

Xeral de Ordenación Municipal2.

O 15 de xaneiro de 2014 remitimosunha comunicación á Dirección Xeralde Patrimonio e ó Concello de Murossolicitando a catalogación deste xace-mento. Con data de 17 de febreiro de2014 recibimos resposta da DirecciónXeral de Patrimonio Cultural confir-mando que o xacemento non era coñe-cido ata o momento e indicando queremiten “unha copia ó Concello deMuros para que o inclúan como un ele-mento protexido no Plan Xeral de Or-denación Municipal actualmente entramitación”.

Na actualidade descoñecemos as medi-das tomadas ó respecto por parte doConcello de Muros e a Dirección Xeralde Patrimonio.

Este desleixo por parte das distintas ad-ministracións públicas na execucióndas funcións que lle corresponden porlei fixeron que, a día de hoxe, a esta-ción das Pedragueiras siga a ser unhainteresante manifestación cultural dasociedade da nosa Prehistoria en perigode desaparición, descoñecido por granparte da comunidade e sen un estudopolo miúdo. Un ben que pertence á so-ciedade pero ó que paradoxalmentenon pode acceder. Por desgraza non éesta unha situación pouco común enGalicia, todo o contrario.

Por tanto, pretendemos con esta pe-

53 Estrat Crític 7-8 (2014): 52-67

Asociación cultural Colectivo A Rula

estrat critic_2015_7_8:Maquetación 1 21/10/2014 12:46 Página 53

Page 3: O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros · boliza o primeiro fito no estudo e di-vulgación da arte rupestre no Concello de Muros. Malia todo non será ata finais dos

54

quena publicación achegar unha pe-quena “descrición de urxencia”, un tes-temuño, fundamentalmente gráfico quebusca a sinxeleza e tenta evitar a aná-lise polo miúdo do soporte e os moti-vos, convencidos como estamos danecesidade dun estudo o máis detalladoposible seguido da posterior posta envalor do xacemento por parte daquelesaxentes sociais que teñen a obriga legale/ou moral de defender, conservar eamosar á sociedade este interesante ecomplexo exemplo da arte rupestreprehistórica do noso país. Entendemoso coñecemento da existencia do bencomún como o primeiro paso dun pro-ceso inevitable que sirva para devol-verllo á sociedade, como lexítimapropietaria que é. E que este proceso através da catalogación, do estudo edunha posta en valor do xacementoachegue o seu deleite a todo aquel queo pretenda.

Breve relación dos estudos sobre aarte rupestre muradá.

Antes de proceder á descrición destaestación realízase un breve repaso doslabores arqueolóxicos efectuados nesteconcello co fin de contextualizar estadescuberta na serie de achados que seviñeron producindo ó longo da segundametade do século pasado.

Así, o achado no ano 1956 da excep-cional Laxe das Rodas polo etnógrafo elingüista Agustín González López sim-

boliza o primeiro fito no estudo e di-vulgación da arte rupestre no Concellode Muros.

Malia todo non será ata finais dos anossetenta e principios dos oitenta candoos petróglifos muradáns se dean a co-ñecer á comunidade científica. Os arti-gos de Alonso Romero , 1979 “Sobrelos orígenes del calendario y el petro-glifo del Laxe das Rodas (Louro,Muros)”, 1981 “El Calendario ritualde Laxe das Rodas (Louro, Muros)” e1983 “Nuevas consideraciones sobreel significado del petroglifo de Laxedas Rodas (Muros, Galicia)”), de For-moso Romero e Costa Calderón, 1980“Estación rupestre de Muros de SanPedro”, de Monteagudo García, 1981“El petroglifo de Lagea das Rodas” ede García Martín, 1983 “Estacións dearte rupestre de Carnota e Muros (ACoruña)” comezan a reflectir a riqueza,abundancia e singularidade dos petró-glifos da comarca muradá que hoxe po-demos datar dende o Neolítico ata osprimeiros séculos da Idade do Ferro,sen esquecer interesantes mostras depetróglifos históricos datados no Me-dievo e na Idade Moderna. Na actuali-dade o número de estacións rupestressupera amplamente as vinte, desta-cando polo seu elevado número de xa-cementos as parroquias de Louro eSerres.

A primeira catalogación xeral dos xa-cementos rupestres ata entón coñecidos

Estrat Crític 7-8. (2014): 52-67

O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros.

estrat critic_2015_7_8:Maquetación 1 21/10/2014 12:46 Página 54

Page 4: O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros · boliza o primeiro fito no estudo e di-vulgación da arte rupestre no Concello de Muros. Malia todo non será ata finais dos

(uns quince nese intre) acometeuse noano 1984. O resultado final foi a pri-meira ”Guía de los petroglifos deMuros” dos arqueólogos Pepa Rey eJ.J. Eiroa. Unha obra divulgativa e ano-vadora nese momento ó concibirsecomo unha guía de man que facilitabaa visita dos gravados, non só ós estu-dosos, senón tamén ós veciños e visi-tantes de Muros. Deste xeito distribúenas diferentes estacións de petróglifos entres rutas que detallan nun pequenoplano de situación adxunto. Logo dunprólogo sobre a panorámica xeral sobreos estudos da arte rupestre no nosopaís, a guía analiza polo miúdo cadaunha das estacións inventariadas quecomplementan con fotos e deseños.

Esta guía foi a ferramenta base empre-gada para os pequenos informes e es-tudos de campo dos anos noventa e,máis recentemente, polo equipo inter-disciplinario de especialistas constitu-ído polos profesionais do Grupo deEstudos para a Prehistoria do NoroesteIbérico (GEPN), do Departamento deHistoria I da Facultade de Xeografía eHistoria da USC, do Concello deMuros, da Xunta de Galicia e doequipo da Área de Prehistoria da Uni-versidade de Murcia. Un amplo equipode especialistas dirixidos polos arqueó-logos Josefa Rey Castiñeira, Jorge J.Eiroa García e Manuel A. Franco Fer-nández que realizaron, durante os anos2006 e 2009, novas prospeccións quepermitiron descubrir e catalogar novas

estacións de petróglifos. Non obstante,o seu labor principal focalizouse no es-tudo integral dos conxuntos da Cova daBruxa na parroquia de Serres e a Laxedas Rodas en Louro, as dúas estaciónsmáis complexas do Concello. Un feitosalientable foi a importante participa-ción de arqueólogos e técnicos do pro-pio termo municipal no proxecto. Asnovas técnicas de análise de campo eno gabinete, os modernos equipos tec-nolóxicos e as visións globais interpre-tativas dende diferentes eidos, nonempregadas nos anos oitenta, permiti-ron afondar no coñecemento destas es-tacións. Parte dos resultados obtidosdifundíronse en varios artigos publica-dos pola Universidade de Murcia3 e através do proxecto multimedia e web“muros arqueolóxico” que lamentable-mente non tivo continuidade notempo4.

Máis recentemente, cabe destacar aachega das filólogas e investigadorasMaría Aurora Lestón Mayo e MilagrosTorrado Cespón sobre a singular“Pedra da Pía” en Esteiro5. Un singularcaso de litolatría galega onde as súasautoras realizan un “estudio y puesta enrelieve de un altar precristiano [...] enel contexto de un conjunto monumen-tal de origen prehistórico”. Unha laxecon gravados de diferentes períodostanto prehistóricos como históricos, naque as cruces insculturadas apuntan ácristianización dun culto anterior. Alaxe atópase á beira do vello camiño

55 Estrat Crític 7-8 (2014): 52-67-

Asociación cultural Colectivo A Rula

estrat critic_2015_7_8:Maquetación 1 21/10/2014 12:46 Página 55

Page 5: O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros · boliza o primeiro fito no estudo e di-vulgación da arte rupestre no Concello de Muros. Malia todo non será ata finais dos

56

que conduce ó chamado Pedregal deEsteiro, con grandes batolitos de for-mas diversas que constitúen unha pa-raxe singular e relevante con fonda

pegada dentro do patrimonio inmaterialmuradán.

Breve descrición da estación.

Estrat Crític 7-8. (2014): 52-67

O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros.

Para chegar ata a estación7 é de granutilidade un gran piñeiro seco situado ócarón do afloramento, xa que pode serempregado como unha útil referenciapara a orientación do visitante.

O afloramento destaca sobre seu con-torno, localizándose as superficies gra-vadas principalmente no lado este e noslados norte e sur, pero non se debe des-cartar a presenza de mais insculturasnon localizadas por nós, que poderíanvisualizarse despois dunha boa limpezae unha detallada observación posterior(visualización a distintas horas do día econdicións e fotografía con luz rasanteartificial). Noutras superficies graníti-cas do afloramento son visibles pías na-turais de diversas dimensións.

Panel núm. 1Descrición do elemento: laxe conforma de triángulo irregular e superfi-cie lisa e regular que conserva grancantidade de motivos insculturados.Oriéntase cara ó leste e ten unhas di-mensións de, aproximadamente, 3x2metros. A superficie ten unha marcadatendencia á horizontalidade, cunha es-casa inclinación cara ó leste.

Descrición do soporte: laxe de gra-nito de gran fino, de superficie regular,con poucas diáclases e algún pequenofilón de cuarcita que cruzan a rocha ensentido norte/sur. A laxe atópase ó pédo afloramento granítico, orientadacara ó leste, cara a un terreo baixo pe-chado por pequenas elevacións. Na ac-tualidade a pedra está rodeada por unhadensa vexetación de xestas e toxo, o

estrat critic_2015_7_8:Maquetación 1 21/10/2014 12:46 Página 56

Page 6: O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros · boliza o primeiro fito no estudo e di-vulgación da arte rupestre no Concello de Muros. Malia todo non será ata finais dos

57 Estrat Crític 7-8 (2014): 52-67-

Asociación cultural Colectivo A Rula

que dificulta a visibilidade dos moti-vos.

Descrición dos motivos: a caracterís-tica principal desta laxe é a presenza decazoletas de gran diámetro, de máis de10 cm na maioría dos casos, e profun-didade, á imaxe das presentes na pró-xima Laxe das Rodas. Os sucospresentan sección en U aberta e consi-derable profundidade. Gran cantidadede motivos insculturados que cobren acase totalidade da superficie, configu-rando un conxunto que transmite uncerto barroquismo no espectador.

Poden observarse ata 28 cazoletas dediversas dimensións conformando di-versos aliñamentos e agrupacións, epolo menos 13 combinacións de círcu-los concéntricos e coviña/megacoviñacentral, gran parte delas con só un oudous círculos concéntricos realizadospor medio dun forte rebaixe e delimi-tado por un suco pechando o exteriordo círculo. No sector central da laxedestaca un motivo de forma oval e ou-tros sucos indeterminados asociados avarias coviñas e combinacións circula-res.

Panel núm. 28

Descrición do elemento: sitúase narocha inmediata polo noroeste ó panelnúm. 1, a maior altura (aproximada-mente 2 metros), no mesmo aflora-mento granítico. Laxe de formas moiirregulares, disposto en chanzos, en

catro superficies horizontais principais,a modo de bancais, á súa vez divididosnoutros máis pequenos, que conservagran cantidade de gravados e nos quetamén as superficies verticais estánprofusamente insculturadas.

Descrición do soporte: granito degran fino. Así como sucede co veciñonúm. 3 ambos paneis destacan sobre oterreo circundante case dous metros.

Orientado ó panel 1 o afloramento pre-senta varios chanzos nos que tanto assuperficies horizontais como as verti-cais están gravadas. Sobre a superficieatópase gran cantidade de liques emusgos que dificultan a visión dos mo-tivos.

Descrición dos motivos: pese á irre-gularidade da superficie esta albergagran cantidade de motivos transmi-tindo a sensación de que os gravadoresaproveitaron calquera superficie sus-ceptible de acoller unha inscultura,conformando, como ocorre co panelnúm. 1, un conxunto que transmite unevidente barroquismo no espectador.Os sucos presentan sección en U abertae considerable profundidade.

Presenta gran cantidade de motivos entodas as súas superficies sendo maiori-taria a presenza de coviñas e cazoletasde distintas dimensións e formas (cir-culares, elípticas, irregulares…). Ob-sérvanse varias combinacións de

estrat critic_2015_7_8:Maquetación 1 21/10/2014 12:46 Página 57

Page 7: O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros · boliza o primeiro fito no estudo e di-vulgación da arte rupestre no Concello de Muros. Malia todo non será ata finais dos

58

círculos concéntricos, con ou sen co-viña central, rebaixes na rocha e covi-ñas das que parten tres sucos“principais” cara ó exterior que asociannumerosos motivos situados a distintasalturas, conformando un conxunto degran plasticidade. Esta distribución pre-senta moitas similitudes con motivosdo petróglifo do Petón da Campaíña,no Concello de Corme. Nunha das su-perficies situadas a menor altura, nosector central do panel, atópase unhaposible inscrición moi erosionada ondese observan varios alfabetiformes, deposible orixe histórica.

Entre as distintas superficies horizon-tais, aparecen motivos insculturados nasuperficie vertical a modo de rebaixes,adaptacións morfolóxicas, ou os men-cionados sucos que poñen en relaciónos motivos dos distintos planos. Nosector central das superficies, a maioraltura, destaca un conxunto de motivosconfigurados por un forte rebaixe apro-veitando unha pía natural modificadaque ten a súa continuidade nos chanzosinferiores por medio doutros profundosrebaixes. No extremo norte da superfi-cie horizontal central consérvase unconxunto de cinco combinacións decírculos concéntricos, de pequenas di-mensións, e coviña central, pouco oumoi potenciada, xunto cunha cazoletacon forma de rectángulo cas esquinasredondeadas, en contraste coas presen-tes no panel número 1. O suco destesmotivos é menos profundo que o dos

outros motivos desta laxe. Na mesmasuperficie, nunha posición central, des-taca un motivo conformado por dúasmedias cazoletas elípticas acaroadas ásuperficie vertical que conforma ochanzo superior e rodeadas por doussucos en forma de U unidos dos queparte un suco que remata nun pequenocírculo simple.

Panel núm. 39

Descrición do elemento: sitúase narocha inmediata, polo oeste ó panelnúm. 1, a maior altura, máis de 2 me-tros, no mesmo afloramento granítico,e polo sur ó panel número 2. Ten unhasuperficie máis regular cunhas dimen-sións aproximadas de 2x1 metros eunha orientación leste. A superficie tenunha lixeira forma convexa.

Descrición do soporte: granito de granfino. Destaca sobre o terreo máis dedous metros. Situase en direcciónoeste, inmediato ó panel núm. 1, etamén acaroado polo sur ó panel núm.2. A superficie deste panel tamén estáafectada pola presenza de abondosos li-ques e musgos.

Descrición dos motivos: presenta nocentro da superficie unha pía, de pro-bable orixe natural, co bordo exteriorparcialmente remarcado. Coviñas ecombinacións de círculos concéntricosde difícil visualización completan osmotivos presentes neste panel.

Estrat Crític 7-8. (2014): 52-67

O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros.

estrat critic_2015_7_8:Maquetación 1 21/10/2014 12:46 Página 58

Page 8: O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros · boliza o primeiro fito no estudo e di-vulgación da arte rupestre no Concello de Muros. Malia todo non será ata finais dos

Panel núm. 4Descrición do elemento: laxe de pe-quenas dimensións situada a uns 5 me-tros ó suroeste do panel número 1.Atópase fragmentada en varios anacos.A laxe aparece parcialmente apoiadasobre outras superficies graníticas doafloramento. Semella tratarse dun ele-mento exento situado sobre o aflora-mento do que tería formado parte.

Descrición do soporte: granito de granfino. Forma parte da irregular cima doafloramento rochoso. Ten unhas di-mensións aproximadas de 1x3 metros,orientándose cara o leste. Lixeira formaconvexa da superficie.

Descrición dos motivos: cazoletas emegacazoletas de distintas dimensiónse de boa profundidade. A aliñación des-tas cazoletas en sentido oeste/este su-xire aventurar a súa posibleprocedencia ou alteración nunha orixeantrópica.

Panel núm. 510

Descrición do elemento: a escasosmetros, uns 10, ó norte do afloramentoonde se atopan os paneis núm. 1,2 e 3.Laxe de pequenas dimensións que casenon sobresae do terreo. Cunhas dimen-sións de aproximadamente 4x2 metrossitúase ó norte do afloramento graní-tico.

Descrición do soporte: granito de granfino. Laxe de superficie moi lisa, plana

e regular.

Descrición dos motivos: no centro dalaxe dúas combinacións de 3 círculosconcéntricos e coviña central con va-rios sucos de saída, un deles que os aso-cia unindo ambos motivos. Unha dascombinacións atópase moi erosionada,en contraste coa boa conservación daoutra. Outros motivos moi erosionados.Os sucos presentan sección en Uaberta.

ConclusiónEste conxunto, que destaca pola súamonumentalidade e bo estado de con-servación, encadrarse dentro do deno-minado Grupo Galego de ArteRupestre11. Á súa vez, estas manifesta-cións culturais sitúanse dentro do co-ñecido como Arte rupestre Atlánticoque se distribúe por toda a fachadaatlántica europea e norte de África.Dentro deste grupo os autores veñendelimitando dous grandes conxuntos demotivos: os motivos xeométricos e osmotivos naturalistas. A diferenza fun-damental entre ambos conxuntos residena posibilidade de intuír o seu signifi-cado ou coñecer a realidade que tentaamosar, é o caso dos motivos naturalis-tas12 , ou non é posible facer esta iden-tificación como ocorre cos motivosxeométricos.

Son estes motivos xeométricos os pre-sentes nesta estación, e que ó mesmotempo son os que presentan maiores

59 Estrat Crític 7-8 (2014): 52-67-

Asociación cultural Colectivo A Rula

estrat critic_2015_7_8:Maquetación 1 21/10/2014 12:46 Página 59

Page 9: O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros · boliza o primeiro fito no estudo e di-vulgación da arte rupestre no Concello de Muros. Malia todo non será ata finais dos

60

paralelismos coas insculturas de xace-mentos de Irlanda, Escocia, Gales enorte de Inglaterra.

Esta Arte Atlántica é un produto cultu-ral dunhas sociedades dedicadas ó pas-toreo e á incipiente agricultura que sedesenvolven desde finais do Neolítico,durante o Calcolítico e toda a Idade doBronce13. Na actualidade algúns auto-res sitúan a súa realización nun períodomáis limitado, a transición do III ó IImilenio a.C.14 , mais outros autores pro-poñen outras cronoloxías e períodosevolutivos diferentes15.

Non queremos rematar esta exposiciónsen instar á acción ó Concello deMuros, á Dirección Xeral de Patrimo-nio da Xunta de Galicia, ás universida-des galegas, CSIC, e demaisinstitucións con obrigas e deberes le-gais na conservación do noso patrimo-nio, así como ás numerosas asociaciónse colectivos a favor da conservación dopatrimonio galego a que amplifiquen ocoñecemento da existencia deste xace-mento para que poidamos exercercomo sociedade o dereito a coñecelo evisitalo en condicións axeitadas, que ómesmo tempo eviten o perigo que su-poñen os lumes, o uso de maquinariapesada para explotación forestal oupara a construción de pistas e outrosaxentes que na actualidade poñen enperigo a súa subsistencia.

Bibliografía.La Voz de Galicia (2013) 23 de abrilde 2013. “Un cazador de Muros descu-bre un petroglifo en el monte O Areal”.

La Voz de Galicia (2013): 24 de abrilde 2013. “El gobierno de Muros pediráque se examine el petroglifo descu-bierto en O Areal”.

RTVG (2013):. 7 de maio de 2013. Uncazador de Muros descobre un petró-glifo de catro mil anos de antigüidade.

VVAA. (2010): “Catálogo de bens cul-turais do Concello de Muros”.(2010).PXOM

ALONSO ROMERO, F. (1983):“Nuevas consideraciones sobre el sig-nificado del petroglifo de Laxe dasRodas (Muros, Galicia)”. Zephyrus:Revista de prehistoria y arqueología,ISSN 0514-7336, Nº 36, páxs. 79-91.

ALONSO ROMERO, F. (1981): Elcalendario ritual del Laxe Laxe dasRodas (Louro, Muros). Primera Reu-nión Gallega de Estudios Clásicos.Santiago de Compostela. Páxs. 32-45.

EIROA GARCÍA, J.J. e REY CAS-TIÑEIRAS, J. (2009-2010):“Arte dela Edad del Bronce. Los grabados ru-pestres de Cova da Bruxa y Laxe dasRodas (Muros, A Coruña) : actuaciónaqueológica y revisión interpretativa”.Anales de prehistoria y arqueología.

Estrat Crític 7-8. (2014): 52-67

O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros.

estrat critic_2015_7_8:Maquetación 1 21/10/2014 12:46 Página 60

Page 10: O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros · boliza o primeiro fito no estudo e di-vulgación da arte rupestre no Concello de Muros. Malia todo non será ata finais dos

ISSN 0213-5663, Nº 25-26. Páxs. 77-118.

EIROA GARCÍA, J.J. e REY CAS-TIÑEIRAS, J. (1984): Guía de los pe-troglifos de Muros. Santiago deCompostela, Imp. Paredes ISBN 84-398-1995-1.

FORMOSO ROMERO, M.J. eCOSTA CALDERÓN, J. (1980):“Estación rupestre de Muros de SanPedro”. Brigantium. Páxs. 13-45.

FRANCO FERNÁNDEZ, M.A.(2001):“Petróglifos de Muros: análisee conservación”. Traballo de investi-gación presentado na USC.

FRANCO FERNÁNDEZ, M.A.;EIROA GARCÍA, J.J. E REY CAS-TIÑEIRAS, J. (2008a): “Puesta envalor del patrimonio arqueológico deMuros (A Coruña). Los grabados ru-pestres de Cova da Bruxa y Laxe dasRodas”. Estudios sobre desarrollo re-gional. Grupo de Investigación: Histo-ria y Geografía del Urbanismo;Universidad de Murcia. ISBN 978-84-8371-794-3. Págs. 131-156.

FRANCO FERNÁNDEZ, M.A.;EIROA GARCÍA, J.J. E REY CAS-TIÑEIRAS, J. (2008b): “Documenta-ción e rexistro da estación rupestre deCova da Bruxa, Muros (A Coruña)”.Férvedes: Revista de investigación,ISSN 1134-6787, Nº. 5. Congreso In-

ternacional de Arqueoloxía de Vilalba(1. 2008. Vilalba)

MONTEAGUDO, L. (1981): “El pe-troglifo de Lage das Rodas”. PrimeraReunión Gallega de Estudios Clásicos.Santiago de Compostela. Páxs. 37 e ss.PEÑA SANTOS, A. E REY GAR-CÍA, J.M. (2001). “Petroglifos de Ga-licia”. Vía Láctea Editorial. Oleiros.ISBN 9788489444829.

SANTOS ESTÉVEZ, M. (2013):“Unha visión diacrónica da Arte Atlán-tica dentro dun novo marco cronoló-xico”. Actas da 1ª Mesa Redonda ArtesRupestres da Pré-História e da Proto-Historia Paradigmas e Metodologiasde Registo. (Vila Nova de Foz Côa-Nov. 2010). Trabalhos de Arqueología54. Páxs. 219-234

VÁZQUEZ VARELA, J.M. E PEÑASANTOS, A. (1979): Los Petroglifosgallegos. Grabados rupestres al airelibre. Edicios do Castro. Sada. ISBN.8485134990.

61 Estrat Crític 7-8 (2014): 52-67-

Asociación cultural Colectivo A Rula

estrat critic_2015_7_8:Maquetación 1 21/10/2014 12:46 Página 61

Page 11: O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros · boliza o primeiro fito no estudo e di-vulgación da arte rupestre no Concello de Muros. Malia todo non será ata finais dos

62

Foto 1. Localización dos paneis nº 1 e 5. Os paneis 2, 3 e 4 están dispostos de forma contigua ao nº1.

Estrat Crític 7-8. (2014): 52-67

O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros.

FOTOGRAFIAS DO XACEMENTO

Foto 2. Vista do contorno desde o Panel núm. 1 1.

estrat critic_2015_7_8:Maquetación 1 21/10/2014 12:46 Página 62

Page 12: O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros · boliza o primeiro fito no estudo e di-vulgación da arte rupestre no Concello de Muros. Malia todo non será ata finais dos

63 Estrat Crític 7-8 (2014): 52-67-

Asociación cultural Colectivo A Rula

Foto 4. Panel núm. 1. Vista parcial dos motivos centrais.

Foto 3. Panel núm. 1. Vista xeral desde o panel núm.3, o oeste.

estrat critic_2015_7_8:Maquetación 1 21/10/2014 12:46 Página 63

Page 13: O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros · boliza o primeiro fito no estudo e di-vulgación da arte rupestre no Concello de Muros. Malia todo non será ata finais dos

64Estrat Crític 7-8. (2014): 52-67

O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros.

Foto 5. Panel núm. 2. Vista xeral desde o noroeste.

Foto 6. Vista parcial do Panel núm. 2 e 1 Foto 7. Vista parcial do Panel núm. 2

estrat critic_2015_7_8:Maquetación 1 21/10/2014 12:46 Página 64

Page 14: O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros · boliza o primeiro fito no estudo e di-vulgación da arte rupestre no Concello de Muros. Malia todo non será ata finais dos

65 Estrat Crític 7-8 (2014): 52-67-

Asociación cultural Colectivo A Rula

Foto 9. Panel núm. 4. Vista parcial dos motivos.

Foto 8. Vista parcial do Panel núm. 2. Sucos conectando motivos.

estrat critic_2015_7_8:Maquetación 1 21/10/2014 12:46 Página 65

Page 15: O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros · boliza o primeiro fito no estudo e di-vulgación da arte rupestre no Concello de Muros. Malia todo non será ata finais dos

66Estrat Crític 7-8. (2014): 52-67

O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros.

Foto 11.Detalle da inscrición do panel núm. 2.

Foto 10. Vista parcial do Panel núm. 5

estrat critic_2015_7_8:Maquetación 1 21/10/2014 12:46 Página 66

Page 16: O petróglifo das Pedragueiras no concello de Muros · boliza o primeiro fito no estudo e di-vulgación da arte rupestre no Concello de Muros. Malia todo non será ata finais dos

67 Estrat Crític 7-8 (2014): 52-67-

Asociación cultural Colectivo A Rula

NOTES

1 Na nova de La Voz de Galicia de 23 deabril de 2013 a estación aparece co nomede petróglifo do Areal. Despois de compro-bar na cartografía optamos pola denomina-ción de petróglifo das Pedragueiras,topónimo máis correcto e específico. Omonte do Areal está inmediato ó sur do xa-cemento.2 Instrumento básico para a regulación dodesenvolvemento urbanístico do concello.O Catálogo de Bens Culturais defínesecomo o primeiro elemento de protección deaqueles bens que polo seu valor artístico,histórico e cultural son merecentes da de-bida protección.3 FRANCO FERNÁNDEZ, M.A.; EIROAGARCÍA,J.J.; REY CASTIÑEIRAS, J.(2008): “Puesta en valor del Patrimonio Ar-queológico de Muros (A Coruña): Los gra-bados rupestres de Cova da Bruxa y Laxedas Rodas”; Estudios sobre desarrollo re-gional, Grupo de Investigación: Historia yGeografía del Urbanismo; Universidad deMurcia. Págs. 131-156.

REY CASTIÑEIRAS, J., EIROA GAR-CÍA, J. J., Arte de la Edad del Bronce: losgrabados rupestres de Cova da Bruxa yLaxe das Rodas (Muros, A Coruña): actua-ción arqueológica y revisión interpretativa,AnMurcia, 25-26. 2009-20104 Manteñen un perfil no Facebook. 5 LESTÓN MAYO, MARÍA AURORA &TORRADO CESPÓN, MILAGROS: “Elaltar rupestre de «A Pedra da Pía» (Esteiro,Muros, Galicia)”, Anuario Brigantino,2011; (34): 41-56). 6 Datum WGS 84. AS coordenadas corres-ponden ó Panel núm. 1.7 Ruta para chegar o petróglifo das Pedra-gueiras desde A Laxe das Rodas:

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=56156658 Coordenadas UTM. 29 x: 494191 y:

4735603.9 Coordenadas UTM. 29 x: 494191 y:

4735603.10 Coordenadas UTM. 29 x: 494205 y:473560911 Denominación acuñada por Antonio dela Peña Santos a finais da década dos oi-tenta do pasado século. 1.Congrés Interna-cional de Gravats Rupestres i Muralsorganizado polo Institut d ́Estudis Illerdencs(Lleida 1992).12 I12 Zoomorfos, armas, ídolos, antropomor-fos13 Vázquez Varela e Peña Santos, (1979).14 Peña Santos, A e Rey García, J.M.(2001), p. 23-57.15 Santos Estévez, M. (2013).

estrat critic_2015_7_8:Maquetación 1 21/10/2014 12:46 Página 67