o 23 de · 2012. 11. 20. · que o piano é o gran protagonista, e nos que propón unha música...
TRANSCRIPT
O 23 de novembro de 1955 nacía en
Turín Ludovico Einaudi, hoxe
un dos pianistas máis
recoñecidos dentro da corrente musical
denominada ambient music
Fillo do editor Giulio Einaudi e
sobriño do presidente da
República italiana Luigi
Einaudi, gozou dun entorno
familiar propicio ó
desenvolvemento da creatividade,
que el decidiu enfocar cara a
música
Na súa mocidade combina os seus
estudios de piano clásico coa
participación nun conxunto de
jazz rock chamado
Venegoni & Co., máis ós 27 anos
recibe unha beca para ir
completar estudios a EE.UU.
A partir de mediados dos
anos 80 comeza a compoñer pezas para grupos de cámara, e
tamén bandas sonoras para
películas, series de televisión,
teatro e espectáculos de
danza
Ó mesmo tempo, graba os seus
propios Lps, nos que o piano é o
gran protagonista, e nos que propón
unha música apta para a
meditación e a reflexión, dentro
dun estilo compositivo que o
achega ás tendencias
minimalistas
AUTOR: Alfonso Blanco, a suxerencia de Ángel Martínez Porrúa
MÚSICA: Divenire, de Ludovico Einaudi