novelas ambientadas na Época dos reis … · capa y espada (fernando fernán-gómez). a novela...
TRANSCRIPT
NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA
DOS REIS CATÓLICOS E A MONARQUÍA HISPÁNICA
1588 no tengo más que darte (Santiago Juan Zurita
Manrique). Ficción ambientada nos días anteriores á morte
do marqués de Santa Cruz, o responsable da construción da
Armada Invencible. Mentres se rematan os preparativos en
Lisboa, suceden aventuras con emboscadas, amores e
actuacións da Inquisición.
Adonde llegan las nubes (Juana Aurora Mayoral). Novela
xuvenil que narra os episodios máis relevantes da conquista
de México por Cortés e as súas tropas.
Amarilis (Antonio Sarabia). Mentres se representa unha
obra teatral nun corral de comedias madrileño, un actor
comenta os últimos días da vida do seu autor, Lope de
Vega.
Ángeles de la hoguera (Janine Garrisson). Nun pobo do
país vasco francés viven atemorizados polas persecucións
dun xesuíta que, co pretexto de perseguir a supostas meigas,
provoca un clima de odios e vinganzas persoais entre os
seus habitantes.
Bajo el signo de los dioses (Francisco Morales Lomas).
Entre os séculos XVI e XVII móvense as aventuras de
Rodrigo Calderón, un dos personaxes máis poderosos da
época.
Boabdil. Un hombre contra el destino (Antonio Soler).
Historia de dos personaxes que son símbolo dos seus
destinos: Boabdil, o derradeiro monarca nazarí de Granada,
e o vitorioso capitán Gonzalo Fernández de Córdoba, o
Gran Capitán ao servizo dos Reis católicos.
Caminarás con el sol (Alfonso Mateo-Sagasta). Narración
sobre un personaxe singular: Gonzalo Guerrero, un español
que ao mando dun exército de maias presentou batalla aos
seus compatriotas na zona de Iucatán. Traidor ou heroe?
Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza
un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso
asasinato de Juan de Tassis, conde de Villamediana, un
personaxe odiado e envexado a partes iguais.
Catalina de Aragón (Almudena de Arteaga). Biografía
novelada de Catalina, filla dos reis Católicos, que casou en
Inglaterra con Arturo e logo, tras enviuvar, co seu irmán
Henrique VIII. Repudiada polo seu marido, a situación
orixinou o cisma anglicano, foi recluída e morreu en 1536
tras anos de sufrimento.
Colón, tras la ruta de Poniente (María Isabel Molina). Un
mozo portugués emparentado coa familia de Colón, traballa
como copista de mapas. Cando un pirata rouba un destes
mapas, foxe e acaba viaxando con Colón.
Crónica del rey pasmado (Gonzalo Torrente Ballaester).
Divertida estampa da Corte española. A comezos do século
XVII, o xoven rei de España desexa ver á súa muller espida.
Ante a negativa da Igrexa e do Goberno, busca a
complicidade dun nobre e dun xesuíta portugués cos que
conseguirá ver cumprido o seu desexo.
Cuerpos de cobre, corazones de jade (Juana Aurora
Mayoral). Sinxela reconstrución dos trazos da civilización
azteca nos momentos inmediatamente anteriores á chegada
de Cortés.
Decidnos, ¿quién mató al conde? (Néstor Luján). En 1621
foi asasinado o conde de Villamediana, unha morte para a
que se deben buscar os culpables e as causas que os levaron
a cometer o crime.
Don Carlos, príncipe de tinieblas (Bernardo Montagud
Pierra). O arresto e morte en prisión do infante Carlos, fillo
de Filipe II, deixa sen aclarar moitas preguntas sobre as
verdadeiras razóns que levaron a seu pai a impoñer tan
severo castigo.
Al Abencerraje (Antonio e Villegas). Amores imposible no
medio das guerras de reconquista do século XV.
Abindarráez está namorado de Jarifa e cando cae preso por
Rodrigo de Narváez, suplícalle que lle deixe tan só tres días
para poder casar con ela.
Al abogado de Indias (Amós mIlton). A finais do século
XVI a cidade de Sevilla é a única porta pola que entra e sae
o comercio con América, razón pola que a cidade aumenta
en habitantes e riquezas. Neste ambiente prospera Alonso,
un rapaz de clase humilde que debe superar duras probas
para poder ascender na escala social ata se converter en
personaxe importante no ámbito das leis.
El ángel negro (Nieves Hidalgo). Os dous fillos do duque
de Sobera son acusados de alta traizón e desterrados, pero
son capturados polos piratas e vendidos como escravos no
mercado de Port Royal. Conseguirán vingarse, pero non
contan con que o amor é máis poderoso que o odio.
El aventurero de Dios, Francisco Javier (Pedro Miguel
Lamet). Relato das viaxes e empresas de san Francisco
Xabier na cristianización de Asia.
El caballero de las dos banderas (Pedro Miguel Lamet).
Relato da axitada vida de Ignacio de Loiola, o fundador da
Compañía de Xesús.
El cielo en un infierno cabe (Cristina López Barrio). O
tribunal da Inquisición xulga en Toledo a unha suposta
meiga, pero o proceso complícase cunha tráxica historia na
que se mesturan amores, maxia e beatería.
El corazón de piedra verde (Salvador de Madariaga). Co
fondo histórico do descubrimento de América, o autor relata
unha historia e intrigas e aventuras en dous mundos en
conflito, o de México antes e despois da conquista.
El corazón del océano (Elvira Menéndez). Aventuras
pasadas pola primeira expedición de mulleres españolas a
América para casar con conquistadores.
El demonio de Lavapiés (Pedro Herrasti). No barrio
madrileño de Lavapiés teñen lugar unha serie de crimes que
a xustiza debe esclarecer a través dun alguacil e un frade
dominico.
El diamante de la reina. El amor francés de Felipe II (
Mari Pau Domínguez). O rei máis poderoso do mundo trata
de gañar o amor da xoven esposa cun impresionante regalo:
un soberbio diamante tallado expresamente para ela.
El diario de a bordo (Cristóbal Colón). Notas da primeira
viaxe de Colón que permite coñecer as vicisitudes da viaxe
e a chegada a América.
El enigma del Curi-Cancha (Juana Aurora Mayoral).
Novela xuvenil de fondo histórico centrada na época das
loitas fratricidas dos gobernantes do imperio inca no século
XVI.
El escudo de Granada (Mario Villén Lucena). Anos finais
do reino musulmán de Granada, coas disputas entre os
descendentes de Muley Hassam e a guerra declarada polos
Reis Católicos . Gran parte da narración está centrada na
defensa do castelo de Moclín, inexpugnable fortaleza na
que un cristián promete axudar aos granadinos a cambio de
quedarse coas súas terras.
El gabinete de las maravillas (Alfonso Mateo Sagasta). O
arquiveiro encargado de ter ao día un gabinete que reunía
todas as maravillas coñecidas do mundo é asasinado,
iniciándose a investigación para localizar os culpables.
El galeote de Argel (Bartolomé Bennassar). Visión da vida
no Mediterráneo a finais do século XVI a través da vida dun
prisioneiro convertido en rico pirata.
El Gran Capitán (Juan Granados). Historia sobre a
personalidade e destacadas actuacións deste gran militar do
século XVI ao servizo dos Reis Católicos.
El hereje (Miguel Delibes). A través das aventuras do
protagonista, o autor traza un espléndido retrato das xentes
e costumes de Valladolid na época de Carlos V.
El informe Manila (Pepón Bouzas). Filipe II recibe un
informe que conta a historia de Isabel Barreto, a muller que
dirixiu unha expedición de conquista do novo mundo.
El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha (Miguel
de Cervantes). Obra culmen da literatura universal que narra as
aventuras do Fidalgo trastornado pola lectura dos libros de cabalerías e a que se contrapón realismo do seu escudeiro
Sancho Panza.
El lazarillo de Tormes ( Anónimo). Autobiografía dun
rapaz desde a súa mísera infancia, na que é explotado polos
seus amos, ata o seu matrimonio.
El libro de las tinieblas (Pedro Herrasti). Ambiente de
pousadas e vida de clases populares en Madrid como telón
de fondo da investigación da morte dun soldado dos terzos
de Flandres.
El mancebo que amaba las palabras (José Luis Olaizola).
Novela xuvenil na que un mozo estremeño viaxa ao Novo
Mundo en busca de en busca de fortuna e gloria a acaba por
se converter no intérprete de Pizarro durante a conquista de
Perú.
El manuscrito carmesí (Antonio Gala). Boabdil, o
derradeiro monarca nazarí de Granada escribe sobre papeis
carmesís as experiencias dunha vida marcada polo sino da
traxedia, da fin dunha época de grandeza que sucumbe ante
a conquista dos Reis Católicos.
El manuscrito de Calderón (Francisco Morales Lomas).
Narra as aventuras de Pedro Capablanca, fidalgo de escasos
medios, que se dedica a investigar asuntos que a xustiza non
pode ou non quere resolver.
El manuscrito de piedra (Luis García Jambrina). Na
Universidade de Salamanca é asasinado un catedrático de
Teoloxía a na investigación xorden tensións entre razas,
culturas e relixións, todo elo no contexto do Humanismo
renacentista.
El médico hereje (José Luis Corral). Relato do proceso e
execución na fogueira do médico Miguel Servet en 1553
por defender teorías contraías á opinión da igrexa católica.
El médico judío (Pedro Gargantilla). Novela ambientada
no norte de España na que se mesturas asasinatos, misterios,
conspiracións… que deben resolven un médico xudeu e o
seu axudante.
El misterio de la dama desaparecida (Concha López Narváez). Durante as festas polo nacemento dunha filla do rei
Filipe IV aparece unha fermosa muller que desaparece ao pouco
tempo e non dan resultado os intentos por atopala.
El oro de los sueños (José María Merino). Narración das
aventuras dun rapaz de 15 anos na época da conquista
americana.
El pergamino de la seducción (Gioconda Belli).
Realmente, a raíña Xoana, toleou por amor ou foi vítima de
traizóns e loitas polo poder? Será o que trate de resolver
unha historiadora.
El quinto real (Scott O´Dell). Varios personaxes, con
diferentes obxectivos, participan nunha expedición en
América, pero se atopan ouro deberán entregar a quinta
parte ao rei de España.
El reino de los hombres sin amor (Alfonso Mateo-
Sagasta). En 1615, mentres España e Francia están a punto
de selar unha alianza matrimonial, sucédense historias de
intrigantes aventuras, homes sen amor, damas namoradas e
ouro que flúe e que todos desexan por riba de case todo.
El retrato (Nacho Ares). Historia na que se mesturan
influentes personaxes do reinado de Filipe II cos desexos
dos ingleses de coñecer os planes españois de organizar
unha grande expedición de conquista da illa.
El ritual de las doncellas (José Calvo Poyato). A morte de varias mulleres en similares circunstancias en Sevilla
conmociona a vida da cidade, pois dos inicios da investigación parece derivarse un ritual que pode provocar incalculables
consecuencias.
El secreto de Maribárbola ( María Teresa Álvarez). A
partir dun dos personaxes do cadro das Meniñas, a autora
tece a historia dunha familia nobre madrileña da época.
El soportal de los malos pensamientos (Juan Antonio de
Blas). Novela de capa e espada que ten a Quevedo como
centro da acción dunha trama conspirativa para dar un golpe
de estado en Venecia.
El sueño del comunero (Esther Soto). En Toledo, e tras a
derrota dos comuneiros en Villalar, a viúva dun dos seus
líderes, María Pacheco, continúa enfrontándose ao poderoso
emperador Carlos V.
El último abad (Martí Gironell). Ante a decandencia da
maioría dos mosteiros cataláns e a compracencia nesta
situación do rei Filipe II, o abade de Sant Benet proponse
que a situación cambie a pesar das dificultades que sabe que
se vai atopar.
El último hijo de Juana la Loca (Arsenio Lope Huerta).
Fernando, o derradeiro fillo de Xoana, foi criado en España
e seu avó intentou que reinase en lugar do seu irmán Carlos,
pero tivo que marchar a Gante.
En busca del hogar (Juan Martín Salamanca). Na batalla de
Lepanto, un soldado cae prisioneiro dos turcos e vendido
como escravo; co seu amo viaxará por Europa e vivirá
aventuras; servirá ao rei de España na Invencible e acabará
como pirata asolando as costas americanas.
En compañía del sol (Jesús Sánchez Adalid). Narración
ambientada nos tempos da conquista de Navarra, ordenada
ao Duque de Alba polo rei Fernando o católico. A nobreza
desprazada ten que adaptarse á nova situación, como un dos
protagonistas, Francés de Jassu, que irá a estudar á
Universidade de París; alí coñece a Íñigo, a quen
acompañará a Oriente impulsado por un misterioso ímpetu
místico.
Esa dama (Kate O´Brien). Historia de Ana de Mendoza,
princesa de Éboli, intrigante muller na corte de Filipe II
identificada polo parche que lucía para ocultar a falta dun
ollo.
Florentius (Fernando Lalana). A novela describe a viaxe
que realizaron os príncipes Xoana de Castela e Filipe de
Habsburgo desde Bruxelas a Toledo en 1501.
Francisco Pizarro, crónica de una locura (José Luis
Olaizola). Relato da vida deste conquistador español do
imperio dos incas.
Golpe a Venecia (Manuel Ayllón). Baseado en feitos reais,
centra a atención nas intrigas do duque de Osuna, quen
confiará a Quevedo o éxito dunha operación secreta para
facerse co control da república de Venecia.
Hierro y plomo. Cuentos de los tercios viejos (Antonio
Villegas González). Relatos en primeira persoa de soldados
dos Terzos de Flandres do século XVII
Historia de la vida del buscón llamado don Pablos
(Francisco de Quevedo). Relato da aventuras de Pablos, un
pícaro que desexa mellorar a súa condición social en varias
cidades españolas; fracaso no seu intento, a última
esperanza será embarcarse ás Indias.
Isabel de Safarad (Kendall Maison). Os Reis Católicos
decretaron a expulsión dos xudeus dos seus reinos, pero
Isabel non obedecerá para salvar o seu amor, aínda que para
iso teña que vestirse de home e servir como soldado.
Inés del alma mía (Isabel Allende). Unha moza estremeña
vai ao Novo Mundo en busca do seu marido, ao que
encontra morto, pero alí encontra un amor apaixoado, o do
conquistador Pedro Valdivia.
Jaque a la Reina (José García Poyato). Durante a rexencia
de Mariana de Austria, nai de Carlos II, desátense fortes
tensións por parte de Xoán Xosé de Austria, fillo ilexítimo
do monarca falecido.
Juan de Fuca. El famoso desconocido (Carlos Alonso
Mendizábal). Biografía novelada do capitán Juan de Fuca
quem durante o reinado de Filipe II estivo ao servizo do
poderoso monarca. Por ser o descubridor do paso do
noroeste, entre Vancouver e Seattle, os cartógrafos déronlle
seu nome: Paso de Juan de Fuca.
Juana la loca (José Luis Olaizola Sarria). Xoana de
Castela, unha raíña vítima do seu trastorno e das intrigas e
loitas de poder que se desenvolveron ao seu arredor.
Juana la loca. Una mujer marcada (Guillem Viladot).
Visión intimista que fai de Xoana un personaxe entrañable e
universal polas penas e paixóns que tivo que pasar.
Juana la loca: la cautiva de Tordesillas (Manuel
Fernández Álvarez). Documentada evocación desta pobre
raíña, que morreu soa e afatadas dos seres que máis quería,
seus fillos.
Juana la reina loca de amor (Yolanda Scheuber). Vida
novelada da raíña enferma de celos e das intrigas e turbias
manipulacións tecidas ao seu arredor.
La abadesa. María la excelenta (Toti Martínez de Lezea).
En 1517 Maria Esperanza, abadesa do mosteiro de Nosa
Señora de Gracia, recibe unha carta do papa Xulio II que a
recoñece como filla ilexítima de Fernando o Católico, pero
non menciona quen era a nai. Esta noticia suponlle un
cambio radical na súa vida e desde entón inicia unha
investigación para descubrir á súa nai.
La aventura equinoccial de Lope de Aguirre (Ramón J,
Sender). Historia do conquistador Lope de Aguirre que
soñaba con localizar o mítico reino de O Dourado.
La beltraneja (Almudena de Arteaga). Cando a princesa
Xoana de Portugal vén aCAstela para casar co seu rei pensa
que cos seus encantos conseguirán que naza un herdeiro e
calarán os rumores sobre a dubidosa virilidade de Henrique
IV. Pero non conseguiu os seus desexos e acabou sufrindo o
desamparo e o desprezo da súa propia familia.
La casa de los siete pecados (Mari Pau Domínguez). Ano
de 1570, chega a España Ana de Austria para casar co rei e
tío, Filipe II. Desexa darlle un herdeiro, pero tamén ser
feliz. Unha estraña casa que invita á tentacion interponse no
seu camiño mentres o monarca vive as súas propias
aventuras.
La cátedra de la calavera (Margarita Torres). Universidade
e Inquisición resultan dificilmente compatibles. Con este
fondo, a comezos do século XVI, Salamanca comeza a
forxar a súa sona e a competir coas grandes Universidades
europeas do momento grazas ao labor dos seus profesores,
entre os que destacou Luisa Medrano.
La Celestina (Fernando de Rojas). Clásico da literatura
española centrada nos amores de Calixto e Melibea e a
intermediación da intrigante celestina.
La comunera de Castilla (María Teresa Álvarez). María
Pacheco, viúva do comuneiro Xoán Padilla, non admite a
derrota e continúa a loita contra Carlos I, pero acaba
derrotada e, para escapar da morte, terá que exiliarse a
Oporto.
La comunera. María Pacheco, una mujer rebelde (Toti
Martínez de Lezea). Historia de a leoa de Castela, como é
coñecida esta valente opositora ao desmedido poder do rei
Carlos V e dos nobres.
La conjura de Cortés (Matilde Asensi). Derradeira entrega
da serie de aventuras de Martín Ojo de Plata, alter ego de
Catalina Solís, e as súas aventuras por España e América.
Nesta ocasión, a protagonista desenmascara unha conxura
para derrocar ao rei e España. A aparición dun mapa que
indica onde está o lendario tesouro de Cortés permitiralle
descubrir os traidores.
La conjura del Greco (Manuel Ayllón Campillo). A novela
revela a existencia dunha conspiración da organización
secreta Fraternitas Charitatis para derrocar a Filipe II e
coroar no seu lugar a Xoán de Austria.
La cruz de ceniza (Fran Zabaleta; Luis Astorga). Dous
náufragos chegan ás costas de Galicia: un frade anabaptista
e un chaval que é fillo secreto do rei e Francia Francisco I
ao que buscan os axentes das cortes europeas.
La dama de la reina Isabel (César Vidal). Novela inspirada
na vida da reíña Isabel I de Castela a través da lembranza
dunha das súas damas.
La emperatriz. Isabel y Carlos V, amor y gobierno en la
corte española del Renacimiento (Alfredo Alvar Ezquerra).
Entre a novela e o ensaio, o autor recrea a vida e as claves
de goberno da muller de Carlos V.
La expedición perdida (Elvira Menéndez). Mencía de
Calderón acaba de enviuvar e decide seguir adiante a
expedición que organizaba seu marido.
La hilandera de Flandes (Concepción Marín Albesa).
Unha descendente de xudeus expulsados de España
convértese en famosa fiandeira en Bruxelas. Alí ten un
romance co xoven Carlos ao que acompaña a España cando
sexa coroado rei. Deste modo poderá coñecer a cultura e os
lugares nos que viviron os seus antepasados.
La lengua de Dios (Santiago Miralles). Ambientación e
descrición de edificios e personaxes destacados do mundo
das artes e da política de Madrid do século XVII, coas filias
e as fobias que mantiñan entre eles.
La leyenda del ladrón (Juan Gómez Jurado). Libro de
aventuras épicas na Sevilla do século XVI.
La mano de fátima (Ildefonso Falcones). Rebelión e
derrota dos mouriscos nas Alpujarras en 1568. Un dos
superviventes debe aceptar a nova situación pero non
renunciará ao amor da valerosa Fátima.
La otra orilla (Carlos Villanes). O irmán menor dos
mariñeiros Niño, propietarios dunha das naves do
descubrimento, embrácase como grumete na Santa María e
faise amigo de Colón.
La pícara Justina (Francisco López de Úbeda). Narración
autobiográfica das aventuras dunha moza de orixe xudía, un
relato encadrable na denominada picaresca feminina.
La princesa de Éboli (Almudena de Arteaga). Vida e
aventuras deste intrigante e poderosa muller que manexou
moitos dos fíos da corte de Filipe II.
La princesa fiel (Philippa Gregory). A historia de Catarina
de Aragón, filla dos reis católicos enviada a Inglaterra para
casar. Vida que rematou en desgrazada soidade tras o
divorcio imposto polo seu segundo marido, Henrique VIII.
La reina comunera (Jorge García Abad). A novela narra os intentos dos comuneiros para que Xoana se poña á fronte da
revolta e as accións os axentes de seu fillo Carlos para impedir a
operación.
La reina de las dos lunas (José Manuel García Marín).
Historia sobre dous personaxes reais –un escravo cristián e
unha das mulleres dun sultán- que se coñeceron en Fez e
viviron en Mijas no século XVI.
La ruta de las estrellas (Ignacio Merino). Biografía
noveladas do navegante e cartógrafo cántabro Juan de la
Cosa.
La Senhora (Catherine Clément). Epopeia dos xudeus
expulsados a través da reconstrución novelada de dous
personaxes históricos: Gracia Nasí e seu sobriño Josef Nasí.
Viaxes, negocios, intrigas, asasinatos e grandes batallas
configuran o fondo deste intensa historia.
La Señora. Beatriz de Bobadilla, señora de Gomera y
Hierro (Carlos Álvarez). Narración que afonda nas raíces
da conquista das Canarias. A raíña Isabel de Castela, para
afastar a Beatriz dos amores co seu marido o rei Fernando,
amaña a súa voda con Hernán Peraza, señor das illas de
Gomera Y hierro, ao tempo que selaba unha alianza coa que
controlar aos insubmisos guanches.
La tabla de Flandes (Arturo Pérez-Reverte). A finais do
século XV, un pintor flamengo introduce nun dos seus
cadros, en forma de partida de xadrez, a clave dun secreto
que podería cambiar a historia de Europa. Pasados cinco
séculos, unha restauradora de arte, un anticuario e un
xogador de xadrez unen as súas forzas para resolver o
enigma.
La visita en el tiempo (Arturto Uslar Pietri). Biografía
novelada de Juan de Austria, o irmán bastardo de Filipe II,
o heroe de Lepanto
La voz del viento (Pemón Bouzas). A coezos do século
XVII, a vila de Cangas fíxose famosa polos procesos
inquisitoriais contra varias mulleres da vila acusadas de
meigas. Entre elas estaba María Soliño, unha das defensoras
da localidade cando foi atacada polos piratas en 1617.
Ladrones de tinta (Alfonso Mateo-Sgasta). Intrigas e
relacións entre literatos españois do século XVII centradas
arredor da publicación da segunda parte do Quijote, aproveitando
o éxito da primeira. Na investigación descúbrense máis problemas dos esperados.
Las damas del rey (María Pilar Queralt del Hierro). Relato
sobre as fillas menos coñecidas dos Reis Católicos, María e
Sabela, raíñas en Portugal e, como as outras irmás, moeda
de cambio político para os intereses de estado.
Las dos caras del sol (José Ignacio de Arana). Historia dun
médico en Madrid que se ve envolto nunha conspiración
para asasinar ao duque de Lerma, polo que terá que fuxir a
Lisboa e logo a América.
Las aventuras del capitán Alatriste (Arturo Pérez-Reverte). Hisorias
noveladas dun capitán veterano das guerras de Flandres que malvive como
espadachín a soldo no Madrid do século XVII, no medio dunha Corte corrupta
e en decadencia. Títulos publicados: El capitán Alatriste, Limpieza de sangre,
El sol de Breda, El oro del rey, EL caballero del jubón amarillo, Corsarios
de Levante, El puente de los asesinos.
Las hogueras del rey (Pedro Casals). Os ingleses envían a
un espía portugués para matar ao rei Filipe II e a través da
súa visión reflíctese a España do século XVI.
Las islas de la felicidad (José Luis Olaizola). Crónica
dunha apaixonante viaxe en compañía do gran navegante
Andrés de Urdaneta, o descubridor da ruta marítima das
especias.
Las mujeres de Felipe II (Pilar Queralt del Hierro). A
autora presenta ao poderoso monarca na intimidade familiar
e mesmo como unha persoa entrañable, lonxe do personaxe
frío e cerebral que a historia nos legou.
Leonor de Habsburgo (Yolanda Scheuber). Reconstrución
da vida da raíña Leonor, consorte de Portugal e de Francia,
filla de Xoana, unha vida de obediencia ao servizo dos
intereses políticos do seu irmán Carlos.
Lirios de agua para una diosa (Juana Aurora Mayoral).
Novela xuvenil ambientada na civilización maia anterior á
chegada de Colón.
Loca de amor (Catherine Hermany-Vieille). Crónica
novelada de Xoana de Castela, a herdeira do maior imperio
da época, viviu 46 anos recluída no castelo de Tordesillas,
apartada da familia.
Lope de Aguirre, la aventura de El Dorado (Blas
Matamoro). Vida e aventuras deste temperamental
conquistador español na súa loita por conseguir o mítico
reino de ouro.
Lorenzo Ferrer Maldonado. El misterio del paso del
noroeste (Carlos Alonso Mendizábal). Biografía novelada
de quen descubriu o paso entre os océanos Atlántico e
Ártico a finais do século XVI, un paso esquecido durante
séculos e redescuberto a comezos do século XX.
Los espejos paralelos (Néstor Luján ). Imaxinaria
recreación da vida dos personaxes do cadro As Meniñas de
Velázquez, así como do ambiente do Madrid da época.
Los trece de la fama (Juana Aurora Mayoral). Narración
novelada dos primeiros momentos da conquista de Perú
polo reducido exército de Pizarro.
María das Batallas (Alfredo Conde). Historia centrada en
María Pita organizada en tres momentos: o cerco inglés de
1589, a viaxe de Drake a Portobello a bordo do Defiance en
1596 e Sigrás en 1643 con recordos da filla de María Pita.
Matar a Lutero (Mario Escobar). As ideas de Lutero son
perseguida e a súa cabeza ten prezo, polo que debe
refuxiarse e, no seu retiro, traduce a Biblia ao alemán.
Mentres, as conxuras para matalo continúan.
Memorias del Nuevo Mundo (Homero Aridjis). Mestura de
personaxes reais e ficticios na viaxe do descubrimento e
inicios da conquista americana.
Memorias de un hombre de palo (Antonio Lázaro).
Inventos e proxectos no século XVI en Toledo e un moi
especial: un soldado autómata invencible coñecido como o
home de palo.
Mi abuelo Moctezuma (María García Esperón). Unha
adolescente mexicana redacta un exercicio de clase no que
di ser descendente do derradeiro emperador azteca. Outro
alumno interésase polo tema e trabarán amizade.
Mi huída del auto de fe de Valladolid (Anónimo). Novela
histórica centrada nos tempos da Inquisición española do
século XVI.
Mi padre el Greco (Mariano Serrano Pintado). A modo dun
diario, o Greco lembra recordos da súa vida e obra mentres
está no cárcere de Toledo.
Miel de avispas (Miguel Ángel Torre). Galería das vidas de
variados personaxes no ambiente madrileño do século
XVII.
Muerte dulce (Félix G. Madroño). Balmaseda, 1683. Pedro
Urtiaga acaba de ser envelenado e nas últimas horas de vida
escribe a seu amigo, o doutor Zúñiga, que vengue a súa
morte. Este descubrirá que a morte tiña relación cunha
partida de carta dun novo xogo: o mus.
Muerte súbita (Álvaro Enrigue). Unha historia ambientada
no século XVI que conta unha historia: un duelo entre o
pintor Caravaggio e o poeta Quevedo que se enfrontan nun
singular partido de tenis.
Oria (Artemio García Fernández). Historia ambientada en
Asturias durante o século XVII e centrada na vida dunha
muller que aproveita a súa beleza para superar a infancia de
miseria e penalidades.
Rebelión en Nueva Granada (Luis Leante). Relato das
dificultades que tivo que pasar na travesía do Océano a filla
dun capitán destinado en América para reunirse con seu pai
e o seu prometido.
Relato de las aventuras de Inés Saldaña (Vicente García
Oliva). Relato imaxinativo no que Inés, farta da
intransixencia paterna, enrólase con Colón baixo o nome de
Rodrigo de Triana.
Rey Tiniebla (Antonio Enrique). A través dun argumento
visionario, o autor mostra ao poderoso Filipe II como un
home coma os demais, que precisa ser asistido por un mozo
de retrete que o asiste na súa interminable agonía.
Rojo amanecer en Lepanto (Luis Zueco). Narración
ambientada na batalla de Lepanto, na súa preparación e
desenvolvemento seguindo a algúns dos seus principais
actores, os brillantes militares españos que destacaron no
triunfo final.
Rónin (Francisco Narla). Ronin (Francisco Narla ). En
1614 chega a España unha embaixada xaponesa que se
dirixe a Italia para pedir protección para os católicos
xaponeses que están sendo perseguidos.
Sangre y honor (Juan Carlos Losada). Realidade e ficción
nesta biografía de quen foi un dos maiores militares do
século XVI, Fernando Álvarez de Toledo, duque de Alba,
exaltado por uns e odiado por outros.
Serás reina del mundo (Alexandra Lapierre). Novela que
narra as aventuras de Isabel Barreto, esposa do navegante
Álvaro de Mendaña, a primeira muller que dirixiu unha
expedición e tivo a categoría de almirante.
Siete historias para la infanta Margarita (Miguel
Fernández Pacheco). Para facer menos aburridas as longas
sesións posando para que Velázquez pintase os cadro das
Meniñas, as compañeiras do cadro cóntanlle historias.
Sobra un rey (José García Abad). Tras a morte de Sabela I
de Castela, disputan o reino seu viúvo, Fernando de Aragón
e seu xenro, Filipe de Habsburgo. Todo está permitido para
conseguir o obxectivo de reinar en Castela.
Tiempo de conquistadores (Alberto Vázquez Figueroa). Na
conquista española de América tamén houbo espazos para
personxes que se levantaron contra a inxustiza da
escravitude, aínda que por iso tivesen que pagar un alto
prezo.
Tierra firme (Matilde Asensi). Novela de aventuras
ambientada no século XVII coa que autora inicia a serie
centrada na extraordinaria vida de Martín Ojo de Plata.
Treinta doblones de oro (Jesús Sánchez Adalid). A finais
do século XVII a cidade de Sevilla ve mermado o seu
poderío e riqueza pola perda do monopolio do comercio con
América. Neste contexto, os personaxes móvense nun estilo
de picaresca e viven todo tipo de aventuras.
Una diosa para el rey (Mari Pau Domínguez). Unha mirada
sobre a vida de Filipe II. O relato iníciase en Salamanca en
1543, onde o monarca agarda a chegada da súa primeira
muller, a princesa portuguesa María Manuela mentres
suspira polo seu amor, Isabel de Osorio. O rei casará tres
veces máis, pero o seu corazón sempre estivo ocupado por
Isabel.
Venganza en Sevilla (Matilde Asensi). Sevilla, 1607.
Catalina Solís, a protagonista de Tierra firme, debe
completar o seu plan de vingar as ultraxes feitas a seu pai
adoptivo na cidade andaluza.
Yo, Juan de Austria (Joaquín Javaloys). A partir das cartas
escritas polo irmanastro de Filipe II, o autor desvela
secretos e o pensamento dun personaxe ao que a historia
destaca polos seus méritos militares.