neve interminable

3
Obra: A neve interminable Autor: Agustín Fernández Paz Colección: Fóra de xogo Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947), tras máis de trinta anos de traballo no ámbito educativo, na actualidade dedícase unicamente á escritura. Escribiu unha chea de libros cos que gañou moitos premios, tales como: As flores radioactivas (Premio Merlín 1989), Contos por palabras (Premio Lazarillo 1990), Trece anos de Branca (Premio Edebé de literatura xuvenil 1994), Cartas de inverno (Premio Rañolas 1995), Cos pés no aire (Premio Raíña Lupa 1998), O único que queda é o amor (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008), etc.

Upload: normalizacioniesn1ordes

Post on 23-Jan-2018

922 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Neve interminable

Obra: A neve interminable

Autor: Agustín Fernández Paz

Colección: Fóra de xogo

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947), tras máis de trinta anos de

traballo no ámbito educativo, na actualidade dedícase unicamente á

escritura. Escribiu unha chea de libros cos que gañou moitos premios,

tales como: As flores radioactivas (Premio Merlín 1989), Contos por

palabras (Premio Lazarillo 1990), Trece anos de Branca (Premio Edebé

de literatura xuvenil 1994), Cartas de inverno (Premio Rañolas 1995),

Cos pés no aire (Premio Raíña Lupa 1998), O único que queda é o amor

(Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008), etc.

Page 2: Neve interminable

A neve interminable “dialoga” con Cartas de Inverno, que é outra obra de

Fernández Paz, tamén de medo e misterio, e co libro de relatos da

mesma temática As fronteiras do medo.

Esta novela conta a historia de Alba Novo, que traballa de guionista de

series de televisión. Un día ten un novo encargo nunha serie de

suspense chamada “As fronteiras do medo”. Contará coa axuda dun

equipo formado por dúas mulleres e dous homes. Para poder

concentrarse mellor, deciden ir a un hostal na Fonsagrada. Ao terceiro

día comeza a nevar sen parar; tanto que se interrompen as

comunicacións e a electricidade. Para inspirarse mellor, comezan a

escribir relatos de terror. Mentres o fan, descubrirán que naquel hostal

ninguén é o que parece e que a súa historia é ironicamente unha

verdadeira historia de medo.

Eu penso que este conto se podería dividir en dúas partes: a historia

principal; contada pola narradora, que á súa vez é a protagonista xa que

está contada en primeira persoa; e os diferentes relatos creados no

hostal: “A casa azul”, de Miro; “Herdanza de sangue”, de Irene; “A néboa

de vinganza”, de Diego e “Un incidente no internado”, de Ruth. Tanto nos

relatos como na trama central, o tema principal é o medo, por iso moitos

dos personaxes son monstros ou seres fantásticos. Aínda así, tamén hai

persoas e algúns seres, como os strogoi, dos cales se ignora a súa

natureza.

A lingua usada é fácil de comprender e penso que a puntuación está ben

utilizada.

Page 3: Neve interminable

O libro é interesante e posúe unha única trama ao longo de todo o

desenvolvemento. Así e todo, a historia principal é bastante curta

quitándolle os relatos. De todos os xeitos, paréceme orixinal e

amosa perfectamente as emocións dos personaxes, sobre todo o

medo, xa que o transmite perfectamente.

O libro ten un desenvolvemento lineal excepto por unha páxina do

comezo que alude ao final da novela. Por iso, ao comezar o conto

empezas un pouco confuso pola culpa deste fragmento: “E menos

aínda podiamos sospeitar que, no decurso desta forzada

incomunicación, nos ocorrerían os sucesos terribles que quero

contar aquí…”

Este libro ten unha parte ecoloxista, aludida ao final do libro, que ten

que ver co cambio climático. Fálase dunha gran nevarada que

cubrirá todo o planeta por culpa de nós mesmos , porque estamos a

destruír o noso planeta.

Agustín Fernández Paz non se cansa de ler obras de dous autores

moi importantes para o mundo da literatura de medo: Howard

Phillips Lovecraft e o seu “mestre” Edgar Allan Poe; creo necesario

nomear os dous por deixarnos relatos de medo memorables e

tamén por seren quizais os que inspiran a Fernández Paz a escribir

obras tétricas.

Miguel Ángel Boado Fernández 2º ESO B