nº 184 abril 2019 os concursos de muimenta co rural vilalba...

40
abril 2019 nº 184 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba vibrará con boa músi- ca o 26 e 27 de abril . Pax. 3 Muimenta co rural A vila chairega celebra do 5 ao 7 a XXXV Moexmu 2019, que dará paso á popular Festa da Filloa o 1 de maio, tamén no mesmo recinto feiral A Deputación anunciou a apertura da residencia de Pol no mes de abril, para a que xa está aberto o pra- zo de inscrición, e comezou coas contratacións. Tamén licitou as obras da residencia da Casa da Boca de Guiriz, que ofrecerá ata 52 prazas. Malia estas actuacións, os alcaldes da provincia acusa- ron ao PP de acudir á xusza para impedir a apertura des- tes centros. Pax. 6, 8 e 32 Un novo paso adiante para as residencias de Pol e Guiriz Muimenta acollerá a fin de semana do 5, 6 e 7 de abril a XXXV edición da Mostra Exposición Moexmu 2019, que englobrará un novo con- curso de gando frisón, unha mostra de raza rubia galega e a poxa de gando selecto. O programa contará con di- versas acvidades, postos de artesanía e co Concurso Mo- nográfico de Raza Can de Pa- lleiro. Pero non será a única celebración da primavera na vila, xa que o 1 de maio será a quenda da Festa da Filloa. Malia que non se coñece o programa, esmase que se empezará coa elaboración deste postre desde primeira hora da mañá. Pax. 10 e 11 A comisión organizadora das dúas citas, co presidente da Deputación O Concello de Rábade cele- brará o 30 de abril e o 1, 3, 4 e 5 de maio unha nova edición do Concurso de Tapas, que xa vai pola séma edición. Nes- ta ocasión parciparán dez locais da vila. Pola súa banda, a localidade de Castro Ribei- ras de Lea terá tamén o seu popular concurso os días 5, 6, 7, 12, 13 e 14 de abril, coin- cidindo coas fins de sema- na. E xa son seis as edicións desta cita coa gastronomía. Nos dous concursos, as tapas terán un prezo de 2 euros e haberá agasallos para os que se acheguen a degustar estas deliciosas tapas e completen as rutas. Pax. 12 e 18 Os concursos de tapas chegan a Rábade e Castro Ribeiras de Lea muras. A Festa do Poldro xa é de Interese Turísco Galego. Pax. 19 pastoriza. Inician a cuarta fase de escavacións no Castro de Saa. Pax. 15 xermade. O Concello in- vesrá 208.000 euros en es- tradas rurais. Pax. 5 guiriz. O Concello reno- vará as luminarias de Guiriz, Parga e Os Vilares. Pax. 9 meira. Listo o programa de acvidades da Semana Santa . Pax. 24 vilalba. A tradicional Feira do Queixo San Simón será o 6 e 7 de abril. Pax. 2 abadín. A Festa da Xu- ventude será o día 13 de abril. Pax. 14 Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro A tradicional cita será o 14 de abril. Pax. 23 Nova edición do Máster de Futbolín Preparado o torneo de Sema- na Santa de Rábade. Pax. 12 EXEMPLAR GRATUÍTO

Upload: others

Post on 06-Sep-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019 nº 184

O FIV 2019 pecha o seu cartel

Vilalba vibrará con boa músi-ca o 26 e 27 de abril . Pax. 3

Muimenta co ruralA vila chairega celebra do 5 ao 7 a XXXV Moexmu 2019, que dará paso á popular Festa da Filloa o 1 de maio, tamén no mesmo recinto feiral

A Deputación anunciou a apertura da residencia de Pol no mes de abril, para a que xa está aberto o pra-zo de inscrición, e comezou coas contratacións. Tamén licitou as obras da residencia

da Casa da Botica de Guitiriz, que ofrecerá ata 52 prazas. Malia estas actuacións, os alcaldes da provincia acusa-ron ao PP de acudir á xustiza para impedir a apertura des-tes centros. Pax. 6, 8 e 32

Un novo paso adiante para as residencias de Pol e Guitiriz

Muimenta acollerá a fin de semana do 5, 6 e 7 de abril a XXXV edición da Mostra Exposición Moexmu 2019, que englobrará un novo con-curso de gando frisón, unha mostra de raza rubia galega e a poxa de gando selecto. O programa contará con di-versas actividades, postos de artesanía e co Concurso Mo-nográfico de Raza Can de Pa-lleiro. Pero non será a única celebración da primavera na vila, xa que o 1 de maio será a quenda da Festa da Filloa. Malia que non se coñece o programa, estímase que se empezará coa elaboración deste postre desde primeira hora da mañá. Pax. 10 e 11 A comisión organizadora das dúas citas, co presidente da Deputación

O Concello de Rábade cele-brará o 30 de abril e o 1, 3, 4 e 5 de maio unha nova edición do Concurso de Tapas, que xa vai pola sétima edición. Nes-ta ocasión participarán dez locais da vila. Pola súa banda, a localidade de Castro Ribei-ras de Lea terá tamén o seu popular concurso os días 5, 6, 7, 12, 13 e 14 de abril, coin-cidindo coas fins de sema-na. E xa son seis as edicións desta cita coa gastronomía. Nos dous concursos, as tapas terán un prezo de 2 euros e haberá agasallos para os que se acheguen a degustar estas deliciosas tapas e completen as rutas. Pax. 12 e 18

Os concursos de tapas chegan a Rábade e Castro Ribeiras de Lea

muras. A Festa do Poldro xa é de Interese Turístico Galego. Pax. 19

pastoriza. Inician a cuarta fase de escavacións no Castro de Saa. Pax. 15

xermade. O Concello in-vestirá 208.000 euros en es-tradas rurais. Pax. 5

guitiriz. O Concello reno-vará as luminarias de Guitiriz, Parga e Os Vilares. Pax. 9

meira. Listo o programa de actividades da Semana Santa . Pax. 24

vilalba. A tradicional Feira do Queixo San Simón será o 6 e 7 de abril. Pax. 2

abadín. A Festa da Xu-ventude será o día 13 de abril. Pax. 14

Riotorto celebrará a XIII Feira do Ferro

A tradicional cita será o 14 de abril. Pax. 23

Nova edición do Máster de Futbolín

Preparado o torneo de Sema-na Santa de Rábade. Pax. 12

EXEMPLAR GRATUÍTO

Page 2: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

actualidade2 abril 2019

NOVAS vilalba

O Grupo Comarcal de Mans Unidas de Vilalba organizou un festival solidario para recadar fondos para un proxecto en Kataboi, Turkana, ao noroeste de Kenya que As Hermanas Misioneras de Cristo Crucificado solicitan para mellorar a nu-trición infantil e empoderamento das mulleres. Estas misioneiras contan xa cunha horta comunitaria onde producen froitas, verduras e legumes para as gar-derías da zona. Pero queren aumentar a produción e así para poder axudar a máis xente. Para isto precisan dispoñer dunha traída de auga e poder almacenala para as épocas de seca para o que necesitan construír dúas cisternas, dous tanques, un sistema para filtrar a auga e unha placa solar. O importe total ascende a 47.137,00 Euros. O proxecto beneficia de forma directa a 523 nenos e a 15 mulle-res pero afecta a 1.232 persoas.Os artistas colaboradores foron os Jin Tony’s Son, que interpretan versións dos mellores temas de rock, pop, blúes e jazz co único obxectivo de divertírense e de divertir a quen asista aos seus concer-tos; Estrella Naseiro e Carmen Gómez Mato, dúas artistas plásticas que deu a nosa Terra Cha, de todos e todas coñeci-das pola súa pintura levada a importan-tes exposicións; Toxos e Froles, puxeron o broche de ouro ao festival xa que puxe-ron sobre o escenario o coro con tres gaitas, unha pandereta, un bombo, un tambor e dous conchas facendo un total 34 voces mixtas acompañadas do seu propio grupo instrumental.No acto colaboraron tamén o Concello, a imprenta Junor, a Carnicería Generosa, Representaciones Cabarcos, Xamóns e Embutidos Elote, Panadería Iglesias, Pa-nadería Martiñán, Tahona Currás, Entre-pinares, Dispravia e Estrella Galicia.En total recadaronse 3.671,15 euros, dos cales 2.215 foron pola venda de entra-das, 553,5 en donativos, 112,5 que foron depositados na urna colocada á entrada do salón de actos do auditorio e 790,15 recaudados nas colectas nas parroquias.

Mans Unidas recadou 3.671 euros no festival

O Concello de Vilalba acollerá, un ano máis, a primeira fin de semana de abril unha nova edición da Feira do Queixo da San Simón da Costa, que leva apare-llado un concurso de tapas cunha gran relevancia e onde o prato estrela é este lácteo de fama internacional.Como en anos anteriores haberá dous días de feira, o 7 e o 8 de abril, e desen-volverase na praza da Constitución, onde se colocarán os stands de artesáns e pro-dutos gastronómicos que todos os anos completan o panorama festivo.O pregón deste ano estará a cargo do ac-tor Luis Zahera, goya ao mellor actor de reparto 2019, que dará o pistoletazo de saída oficial ás 18.00 horas do sábado. Será tamén o momento no que se fará entrega dos premios do Concurso de ta-pas, que terá a súa final na mañá do día 6. Tamén se fará entrega aos gañadores do concruso de carteis.Previamente, ás 13.00 horas, terá lugar a actuación de La Musgaña, na Alameda. Pola, tarde, ás 16.30 representarase a co-mida Saaabor! na praza da constitución, antes da entrega de premios da competi-ción ciclista, que será ás 17.30 horas.A progamación completarase o mesmo sábado coa actuación da Orquesta Mon-dragón no auditorio Carmen Estévez. As entradas para este concerto xa están á venda na Casa da Cultura e a través da web ataquilla.com.O domingo estará dedicado con máis amplitude á cociña con dous showcoo-king, a primeira, ás 12.00 horas a cargo de Jacobo Santiero, do Mercado Street-food de Lugo; e o segundo, de Marcos Morán, do restaurante Casa Gerardo, que conta cunha estrela Michelín.Durante toda a mañá Airiños da Freba e Festicultores percorrerán as rúas de Vilal-ba animando a xornada coa súa música.Coincidindo coa celebración do vixésimo-quinto aniversario da feira, a Once edita-rá o sábado 6 un cupón conmemorativo,

tal e como explicou a concelleira de cul-tura, Cheri Grandío. A concelleira contou co apoio do xerente do Consello Regula-dor, Anxo Ramil, para tramitar a solicitu-de e animou a comprar o cupón, que se venderá a dous euros e ofrece a posibli-dade de gañar o Sueldazo da Once.

CONCURSO DE TAPAS. Previamente á celebración da feira, Vilalba acolleu a celebración da fase previa do Concurso de tapas no que este ano participaron un total de 39 locais da capital chairega, un máis que o ano pasado, que ofreceron as súas creacións culinarias durante a se-gunda quincena de marzo. Cinco dos lo-cais presentáronse na categoría de tapa creativa e o resto na de tapa tradicional.As tres tapas máis votadas en cada unha das categorías pasarán o sábado á gran final. Serán cociñadas en directo e un xu-rado experto elixirá as gañadoras.

Vilalba prepárase para a celebración da tradicional Feira do Queixo San Simón

Unha imaxe da edición da festa do ano pasado e, á dereita, o cartel da edición actual

A Denominación de Orixe Protexi-da volveu superar o ano 2018 o medio millón de queixos elabora-dos, producindo unha nova cifra histórica, 534.656 unidades, que lle permitiu á DOP unha factura-ción de 3,66 millóns de euros.As unidades de queixos vendidas o ano pasado supuxeron un incre-mento do 3,62% respecto ao ano anteior, no que se certificaron 515.998 unidades.Actualmente, a denominación conta con dez queixerías fun-cionando, as mesmas que o ano

pasado, que significou un aumen-to tamén na produción en quilo-gramos, pasando de 480.680 a 503.698 kg do pasado exercicio.No tocante á facturación, as dez produtoras (oito do Concello de Vilalba, unha de Abadín e outra de Castro de Rei) sumaron en to-tal 3.666.924 euros fronte aos 3.499.344 do ano anterior.Aumentou tamén o número de gandeirías implicadas na produ-ción do queixo, pasando de 346 en 2017 a 350 no exericio pasado.

A venda de queixos da D.O. aumentou un 3,62% no 2018

Page 3: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019actualidade 3

A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol organiza unha excursión ás Rías Baixas que terá lugar o 14 de abril para visitar as localidades de Combarro, O Grove e a Illa da Toxa ademais de rea-lizar unha viaxe en catamarán con de-gustacións de mexillóns incluída. A saída desta actividade será ás 8.00 horas da mañá da igrexa de Árbol. Es-tablécese tamén unha data límite para anotarse do 8 de abril. Os interesados en apuntarse deberán facelo a través dos teléfonos 655 582171 (Paula) e 617 626003 (Bea).

A asociación de Árbol organiza unha viaxe ás Rías Baixas

O FIV de Vilalba 2019, que se celebrará na capital da Chaira os días 26 e 27 de abril, ten colgado xa o cartel de entradas esgotadas. Cos abonos esgotados des-de principios do mes de marzo, o festival sacou á venda a un lote de 200 entradas de día, tamén esgotadas nunhas horas.O festival contará como banda principal do seu cartel con Los Planetas, a banda granadina que se subirá por primeira vez ao Escenario Mahou vilalbés para facer un repaso dalgúns dos máis gran-des himnos da música indie en español.Los Planetas encabezarán así o cartel da mítica cita musical galega. A banda gra-nadina chegará ao FIV co seu primeiro disco en directo a piques de estrearse, con adianto o 29 de marzo, e inmersa no vórtice de creación do seu novo traballo xunto a Niño de Elche, Fuerza Nueva, do que xa se publicaron algúns adiantos e que verá a luz o 12 de outubro de 2019. A troupe subirase ao Escenario Mahou vilalbés para facer un repaso dalgúns dos seus temas máis coreados, desde o seu primeiro álbum, Super 8 (1994), ata o último, Zona temporalmente au-tónoma (2017). Á confirmación de Los Planetas súmanse tamén as La Sonrisa de Julia, Sidonie DJs e a Banda de Músi-ca de Vilalba.Con estas novas confirmacións, o FIV de Vilalba 2019 pecha unha programación na que brillan tamén nomes como os de Iván Ferreiro, Dorian, La M.O.D.A., Miss Caffeina, Depedro, Siloé, Marem Ladson e Cheese and Bacon DJs. Aínda que os abonos para o FIV de Vilalba 2019 están xa esgotados, nos próximos días anun-ciarase o cartel concreto para venres e sábado e sairá á venda unha pequena cota de entradas de día que poderán adquirirse a través da páxina web oficial www.fivdevilalba.com. Por terceiro ano consecutivo, Mahou é un dos patrocina-dores principais do FIV de Vilalba, com-pletando a oferta de lecer do festival e poñendo de manifesto o seu apoio á música, así como a súa aposta por com-partir a paixón, a alma e a proximidade entre os artistas e o público ao desen-volver experiencias únicas que achegan ás persoas aos seus artistas favoritos.

Nesta edición, a cervecera complemen-tará a oferta de lecer do evento co Con-certo Sorpresa Mahou Cinco Estrelas. Trátase da actuación dun artista sorpresa que terá lugar o sábado 27 de abril antes da apertura de portas do festival. Este concerto está ideado para que o público teña a oportunidade de asistir a unha actuación única e especial grazas á proxi-midade ao artista que brinda o espazo, un dos lugares máis emblemáticos do municipio de Vilalba: a Torre do Parador.

ACTIVIDADES PARALELASO FIV de Vilalba é unha cita para todos os públicos que ofrece formación e gastronomía nunha contorna natural e cultural única. Durante as súas últimas dúas edicións, o encontro incorporou ao seu programa exposicións, proxección de películas e unha serie de conferen-cias abertas ao público sobre temáticas relacionadas coa música, impartidas por grandes profesionais do sector. Desde o IVE cultural á fotografía en festivais, que xeran debates e fomentan o intercam-bio de ideas e opinións, enriquecendo aos asistentes sobre os diferentes ámbi-

tos da industria cultural.Nesta undécima edición do festival, o FIV programou dúas charlas: unha de-las a cargo do xornalista musical Javier Becerra, baixo o título Grandes historias do pop para xente pequena, co fin de in-troducir aos nenos no mundo da música e as súas máis grandes figuras a golpe de diversión e sorpresa. Pola súa banda, a Social media Manager Ana Medina conducirá a conferencia Que se esconde detrás dos community managers dun festival? A fin de semana do FIV proxec-taranse as películas 20.000 días na Terra –un filme sobre o músico e icona cultu-ral Nick Cave- e Oasis: Supersonic -unha mirada en profundidade á vida e a músi-ca da famosa banda británica. Así mesmo, á cita non faltará tampouco un concerto gratuíto o sábado ao me-diodía no Auditorio Carmen Estévez, a modo de plataforma para artistas emer-xentes, que conta tamén coa participa-ción da Banda de Música de Vilalba, que será a encargada de abrir a sesión cun divertido recital de versións do mellor pop-rock nacional e internacional.Este 2019, a exposición do FIV estará

tamén protagonizada pola Banda de Música de Vilalba. A mostra asomarase á historia da formación desde as súas orixes ata a actualidade a través dunha completa colección de fotografías. “En Vilalba creamos un lugar de encon-tro, onde diferentes xeracións viven o FIV como unha experiencia compartida entre amigos, pais e fillos, etc. Todos teñen cabida nun encontro aberto que ofrece moito máis que unha sucesión de concertos. É o que chamamos a expe-riencia FIV, nunha contorna idílico for-mado polas praderías da Terra Chá, con carreiros cincelados por ríos e praias flu-viais e paisaxes configuradas polas mon-tañas de O Xistral e miradoiros como o de Monseivane, que fan de Vilalba un pequeno paraíso dentro do territorio galego”, explican os organizadores. Á fronte do patrimonio cultural atópase o Parador de Vilalba, coa Torre dos An-drade, do século XI, como xoia da coroa. Vilalba posúe, ademais, unha gastrono-mía moi persoal. O polbo, o capón ou o queixo de San Simón fan as delicias de todos os que se animan a degustar as veleidades culinarias da rexión.

Todo completo no FIV 2019Los Planetas encabeza o cartel no que haberá once concertos ademais de proxecccións e charlas

Unha imaxe da festa do ano pasado e o cartel da edición deste ano, presentado a semana pasada

Durante o mes de abril haberá dife-rentes concertos entre os que desta-can o 6 de abril será o concerto de Javier Gurruchaga e a Orquesta Mon-dragón, que celebran o seu 40 ani-versario cunha gran xira. O prezo da entreda te 10 euros anticipada e 12 o día da actuación. O concerto será no auditorio Carmen Estevez de Vilalba.La penúltima, Tributo a Sabina actua-rá no auditorio Carmen Estévez de Vi-lalba o día 13 de abril ás 20.30 horas. As entradas que terán un prezo de 5 euros e poden mercarse xa na web ataquilla ou na Casa da Cultura. La penúltima está integrado por Car-los García-Boente (vocalista), Sergio Abuín e Javier Gómez (guitarras), Die-go López (baixo), Sara Pérez (coro), Manuel Sánchez (teclado) e José An-tonio “Tapi” García (batería).A Rondalla de Aguinho actuará ta-mén no auditorio. Nesta ocasións será o 14 abril ás 18:00 horas e con entrada de balde.O 21 abril, coincidindo coa Semana Santa, ás 13:30 horas, na igrexa de Santa María haberá un Concerto de Pascua a cargo da soprano luguesa Noemí Mazoi con entrada de balde.

Catro concertos no auditorio marcan a programación cultural de abril

Page 4: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

4 abril 2019 actualidade

A través do seu novidoso programa de Vilalba Decide, unha novidosa ferra-menta de participación online, Villaba Aberta un total de 76 propostas, ás que – lembran dende a formación - cómpre sumarlle o conxunto de iniciativas e ideas que semana a semana lles chegan, tanto a través do correo electrónico coma ao conxunto das súas redes sociais.Uns resultados que, tal e como apuntaba na mañá de hoxe o seu voceiro e candi-dato á Alcaldía, Modesto Renda, “non fan máis que reafirmar o cumprimento do noso obxectivo fundamental de im-plicar á veciñanza, involucrando tanto aos barrios da vila, coma ás parroquias, así como aos profesionais e aos traba-lladores e autónomos do conxunto do Concello na creación dun Programa que, por enriba de todo, puxo de relevancia a nosa intelixencia colectiva, a través dun método participativo que fixo posible que decenas de veciños tomaran parte na creación, discusión e priorización das súas inquedanzas.

SILOS. Vilalba Aberta trasladará ao vindei-ro e último Pleno Ordinario da lexislatura a problemática relativa ao “descontrol municipal” na reciclaxe dos plásticos do silo nas parroquias. Unha denuncia, que chega logo de contrastar o seu voceiro e Candidato á Alcaldía, Modesto Renda, o “deixamento de funcións” do Goberno Municipal, en relación coa situación de “incumprimento sistemático da norma-tiva municipal” establecida polo mesmo en sesión plenaria.“O Goberno Municipal é o encargado último de velar por que os plásticos de uso agrícola se depositen nos lugares da parroquias especificamente habilitados” declaraba esta mañá un Modesto Renda, que afeou a “total pasividade do Gober-no Municipal e máis do Alcalde”, pois, remarcou, “de nada serve establecer a norma se non se traballa e fiscaliza o seu correcto cumprimento”.

GOIRIZ. O grupo Vilalba Aberta tamén acusou ao Concello de desleixo de fun-

cións no que ten que ver co estado do camiño real á entrada de dúas vivendas do barrio do Caxigal, na parroquia de Goiriz., onde segundo aseguran, “dende o Concello incluso se chegou a deposi-tar zahorra ao carón da última casa para que foran os mesmo veciños os que pro-cederan á actuación.”Engaden tamén que dende o pasado 20 de agosto a luz acende de día e apágase de noite, e tras as queixas veciñais a si-tuación non se resolveu. Modesto Renda anunciou que lle entregará ao alcalde o conxunto dos correos electrónicos sen resposta, ao respecto do que definiu coma “a enésima tomadura de pelo mu-nicipal”.A este respecto, anunciou Modesto Renda que preguntará ao alcalde pola problemática relativa á caída e tardía reacción por parte do Concello na co-locación do STOP do cruce do Alto do Sumeiro, xustamente á saída do ante-dito acceso e tamén situado na parro-quia de Goiriz.

Vilalba Aberta recolleu no seu programa 76 propostas veciñais

O director de Proxectos de Mobilida-de de Naturgy, Alfonso do Río, e o xe-rente da estación de servizo Vallibria, Adolfo Pérez Díaz, subscribiron o con-trato para a construción da primeira estación pública dual de gas natural licuado e comprimido (GNL/ GNC) en Galicia. A gaseira estará situada na es-tación de servizo vilalbesa de Vallibria en Martiñán, na N-634, unha localiza-ción de gran valor estratéxico pola súa proximidade á autovía A-8, punto de partida do corredor cantábrico.A estación dispoñerá dun tanque de 60 m3 de GNL, un chafariz de GNL e dous de GNC e permitirá a reposi-ción de vehículos, tanto lixeiros como pesados. A construción desta gaseira, prevista para o mes de outubro, dará competitividade ao sector do trans-porte galego e cubrirá con iniciativa privada a carencia de infraestrutu-ras de GNL no corredor cantábrico, xa que a A-8 non está incluída nos proxectos de desenvolvemento de transporte europeo, proxectos que dispoñen de axudas para o fomento

deste tipo de infraestruturas.A posta en marcha desta nova esta-ción de subministración de gas natu-ral enmárcase no proxecto de fomen-to da mobilidade de Naturgy, cuxo obxectivo é potenciar a utilización do gas natural como combustible como a mellor alternativa sustentable fronte aos combustibles fósiles derivados do petróleo e impulsar a rede de esta-cións en Galicia, xa que dará apoio ás

estacións de GNC que a compañía ten en San Cibrao das Viñas (Ourense) e ás que están actualmente en construción en Santiago de Compostela e Vigo.Así, a creación da nova gaseira en Vi-lalba permitirá que o transporte con pasaxeiros póidase realizar en vías urbanas mediante un transporte ECO, grazas ao recente desenvolvemento dos primeiros autobuses interurbanos con Gas Natural.

Vilalba terá a primeira gaseira dual de Naturgy en Galicia

Firma do convenio para a posta en marcha da gaseira en Vilalba

O alcalde de Vilalba, Agustín Baamon-de, indicou que investirán este ano medio millón de euros para diferentes actuacións no medio rural. Ademais do rebacheo de camiños inclúense os cursos de dinaminación nas parro-quias así como a construción de oito novo puntos de recollida de plásticos agrícolas. Deste xeito terminarase coa construción destas infraestruturas das que xa están feitas tres, oito que se farán este ano e as outras oito que se farán o que vén.Baamonde indicou que o Concello in-vestirá 300.000 euros do Plan Único nas obras de rebacheo das estradas de Alba a Buriz e de Corvite a Román e destinarán outros 124.000 do Plan de Camiños da Xunta a arranxar o Camiño da Ribeira en Belesar.O Pleno do Concello de Vilalba apro-bou na última sesión o modificación do contrato de redacción do PXOM para reiniciar o Plan Xeral. Este paso foi necesario debido ao cambio de titularidade da empresa que estaba a redactalo e das modificacións introdu-cidas pola nova lei do Solo. Na actuali-dade a empresa encargada do Plan Xe-ral é Alfonso Botana SM. O obxectivo do Concello é poder desenvolver este plan ao longo do ano que vén.Por outra banda, tamén foi aprobada a modificación das normas subsidia-

rias para resolver o problema do grupo Pedrosa Latas, as casas baratas, no que existía un problema coas edificacións que faltan e que impedía dar licencias. Esta modificación inclúe a ordenación da zona e a eliminación dunha rúa fan-tasma no Cotarón, unha rúa imposible de executar, que non deixa edificar e impide que se poda facer a rúa.Tamén trataron a modificación da califi-cación de solo dotacional, dese mesmo proxecto, e que afecta a zonas que exis-tían pero non estaban calificadas, como é o caso do cuartel da Garda Civil.Levaron tamén ao Pleno a ordenanza para a posta en marcha dos pivotes na rúa Basanta Silva. Unha vez aprobada esta ordenanza e antes de poñelos en funcionamento dita ordenanza debe-rá ir a exposición pública novamente por 30 días máis. Segundo indicou o alcalde, cando esté aprobada esta fase procederase á instalación do pivote automático.O alcalde anunciou tamén que o proxecto de posta en marcha das cá-maras de vixilancia no polígono indus-trial non se levou a este pleno por falta de tempo pero tentarán incorporalo á orde de día do próximo. Segundo indi-cou Baamonde, trátase dun proxecto complexo que implica un gran traballo para facelo “correctamente e para que logo non xurdan problemas”.

O Concello investirá medio millón de euros no rural este ano

O próximo 13 e 14 de abril celebrarase a III Feira de Oportunidades organizada pola asociación de empresarios Sete-Pontes xunto co Concello de Vilalba, e que estará situada na carpa da praza da Constitución, onde poderanse encontrar produtos con descontos do comercio lo-cal. A asociación de empresarios organiza a iniciativa, en cuxo programa figura ta-mén un desfile de moda da tempada de primavera-verán, que terá lugar o sábado ás 20.00 horas. Unha carpa colocada na Praza dá Consti-tución acollerá os actos: a feira empezará ás 10 da mañá os dous días aínda que pe-

chará as 22.00 horas o sábado e ás 20.00 horas o domingo. Senllas zonas de lecer infantil e de restauración completarán os alicientes da xornada, en especial o domingo, que está prevista algunha ac-tuación e un sorteo. Na feira participarán distintos negocios da capital chairega, que ofrecerán descontos nos seus pro-dutos que irán do 40% ao 70%. Trátase dunha nova iniciativa da asociación para incentivar a compra no comercio local.Este ano participan Acheite, Carapuchiña Vermella, Cárber Moda, Intermoda, Ma-ymar, Novalux Óptica, Retoños, O Tende-rete, Texas, Urbo, Zokos.

A III Feira de Oportunidades terá lugar o 13 e 14 de abril

Page 5: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019 5actualidade

A oposición socialista de Vilalba vén de presentar unha queixa na que solicita solucións para as persoas que seguen sen ter un lugar de estudo debido ás obras que se están realizando na biblio-teca.Segundo indican Vilalba leva máis de tres meses sen poder empregar os ser-vizos da biblioteca municipal. As per-soas que acudían con asiduidade á aula de estudo localizada nestas instalacións non teñen unha alternativa axeitada ás súas necesidades. Así o veñen de subli-ñar desde o Grupo Municipal Socialista logo de recoller as queixas das persoas usuarias destes servizos. Tralo anuncio das obras para o cumplimento da Lei 10/2014 de accesibilidade, neste caso coa instalación dun ascensor na biblio-teca, o edificio leva pechado desde o mes de decembro, propoñendo como alternativa a biblioteca do conservatorio profesional de música, situada na última planta do mesmo.Segundo a voceira socialista, Elba Velei-ro, “ademais da demora nas obras que imposibilita o habitual funcionamento da biblioteca, a alternativa ofrecida para a veciñanza é totalmente insuficiente”, subliña, afirmando que “por unha ban-da, os horarios restrinxen moito as po-sibilidades das persoas que empregan agora a aula de estudo do conservato-rio, e por outra, as condicións, polo fin mesmo deste lugar de ensinanza musi-cal, non son as máis axeitadas para ler ou estudar”. Ademais, Veleiro incide en que a xestión do goberno munici-pal “volta ser un fracaso, coincidindo no mesmo espazo ao longo de varias semanas a posibilidade de estudo con ensaios dalgunhas asociacións, e sen ter coñecemento da situación nin as persoas que acuden nin os grupos de ensaio”. Mais non só afecta á aula de estudo, senón tamén á usabilidade do salón de actos, negando a solicitude do mesmo para a celebración dalgún acto por parte de distintas organizacións.O Grupo Socialista reproba unha vez máis ao alcalde pola perda dunha sub-vención que Baamonde solicitou á Xunta para o proxecto de “Mellora en accesibilidade da bibliotecamunicipal

de Vilalba”. O importe total da obra sumaba 71.995 euros, dos cales o Exe-cutivo galego financiaría o 70%, é dicir, unha contía de 50.396,50 euros sobre o total, e o Concello o restante, preto de 22.000 euros.

“Sumamos unha de tantas subvencións perdidas por non ter executado as obras a tempo, e reprobamos a xestión de Ba-amonde porque xa non se pode tolerar a desidia coa que gobernan cos cartos de todos e de todas”, zanxa Veleiro.

O PSOE reclama alternativas para os usuarios da biblioteca

O PSOE de Vilalba “alégrase” de que o alcalde do PP execute iniciativas promovidas polo grupo municipal socialista como a instalación de pivo-tes automáticos na rúa Basanta Silva. A voceira, Elba Veleiro, explicou que foron os socialistas os que presenta-ron esta iniciativa no pleno do mes de maio do 2018 e foi o PP, coa súa maioría absoluta, o que rexeitou esta proposta votando en contra.“Comprácenos ver que o rexedor e o seu equipo de goberno dan marcha atrás e cambian a súa postura inicial, pero deberán explicar aos vilalbeses porqué tardaron 6 meses en poñer en marcha un proxecto tan necesario para paliar os problemas de circula-ción desta zona urbana do Concello. Non ten sentido mellorar a peonali-zación das rúas se os vehículos con-

tinúan aparcando das mesmas pola falta de control”.Elba Veleiro censurou que o PP non teña ningún tipo de reparo en apro-piarse de iniciativas da oposición e subliñou que “estas situacións son un exemplo máis da incapacidade deste executivo, sen ideas e sumido en continuas contradicións. Parece que agora que están próximas unhas eleccións municipais ao señor Baa-monde éntranlle as presas por facer o que non fixo durante estes 4 anos de lexislatura”.A voceira socialista lamentou a “indo-lencia” e a “desidia” do grupo popular e remarcou que dende o PSOE segui-rán traballando e levando propostas que “repercutan positivamente e melloren a calidade de vida dos vilal-beses”.

Ledicia nas filas socialistas pola execución das súas iniciativas

Rúa Basanta Silva, onde aconsellaron a colocación de pivotes automáticos

xermade

O alcalde de Xermade, Roberto García anunciou que o concello destinará un total de 208.000 euros do Plan Único da Deputación a mellorar estradas e pistas en Roupar de Arriba, Aveás, A Veiga, As Folgueiras, Castiñeiras de Xermade, Bi-dueiro (en Momán), Requengo, Xemaré, Vilariño, na propia Xermade e en Cazás, entre outras. Tamén se destinarán para amañar as beirarrúas de Momán uns 25.339 euros da mesma partida.Segundo indicou o mandatario, dentro da partida prevista para o concello, de 301.000 euros, desintarán 23.403 para o Servizo de Axuda. Tamén haberá par-tidos dirixidas a incentivar a actividade cultural no termo municipal, con axudas para a realización do Encontro dos Tor-neiros, o campo de traballo da excava-ción arqueolóxida da Neveira, así como do resto de cursos e actividades que se organizan durante o ano. Completan a partida con cartos para o Depuemprego e unha axuda para Protección Civil.

O alcalde indicou tamén que destinarán tamén os cartos do Fondo de Compen-sación Ambiental á compra dun rodillo pisón para as estradas e os campos de fútbol, que ten un custe de 30.000 euros. Neste capítulo tamén se incluirá un filtro para a rede de abastecemento da auga en Roupar cun orzamento de 12.000 eu-ros, así como a contratación dun arqui-tecto e un traballador para a maquinaria muncipal.O alcalde anunciou tamén que o Conce-llo vén de rematar a obras de construción dunha pista forestal en Cabreiros, entre Vilacide e Cabreiros na zona de concen-tración parcelaria, que ten o obxetivo de dar servizo ás granxas e poder explotar os montes xa que os propietarios non tiñan acceso para poñer a producir os terreos. Ten unha lonxitude de 1,7 km.Ademais, fíxose en Candamil outra pista para unir dúas pistas de concentración parcelaria tamén de zahorra en Catiñei-ras de Xermade.

Xermade investirá 208.000 euros en estradas rurais

O xurado do premio Xermade na His-toria declarou deserto o premio nesta edición xa que só se presentou os tra-ballos e segundo o xurado, non cubría os requisitos das bases.Po outra banda, a Biblioteca Pública celebrará este venres, 5 de abril, ás 6 da tarde, o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. As actividades darán comezo coa lectura dun manifesto. A continuación, haberá unha sesión de contos a cargo de Celtia Figueiras Rama: Contos de Primavera, que vai dirixido a nenas e nenos a partir dos 2 anos. Finalizarán coa entrega de pre-mios do Certame de Poesía Infantil Nadal 2018 e a lectura dos poemas premiados polas súas autoras.

Queda deserto o premio Xermade na Historia O Concello de Xermade organiza para o 6

de abril a súa IV Comida Popular, que co-mezará ás 14:00 horas coa sesión vermú amenizada co Dúo Venus, para a conti-nuación dar paso ao gran xantar popular.Xa a partir das 21:30 horas será a Festa da Xuventude co Trío Kalima 3.0. O menú da festa consta de paella de marisco, xa-rrete de tenreira con patacas e pemen-tos, sobremesa típica con larpeira e tarta de mazá, ademias de pan, viño, refres-cos, auga, café e chupito. Terá un prezo de 25 euros para os adultos, 12 para os nenos de entre 6 e 12 anos e gratis para os máis cativos.Para apuntarse haberá que mercar os ti-quets no bar Casal, bar O Pita, na Farma-cia de Xermade ou na Peluquería Kabelos de Candamil. Para máis información po-dese chamar ao 652 046 679, 671 199 804 e no 636 544 784.

A Comida Popular será o 6 de abril

As parroquias vilalbesas de Ladra, Nete e Noche volverán celebrar este ano a Festa da Amizade, unha celebración que reúne aos habitan-tes destas parroquias veciñas baixo unha mesma carpa.A celebración terá lugar o día 27 de abril. O acto principal será a cele-bración dun xantar no propio cam-po da festa servido polo cátering Chao da Brea. O menú constará de entrantes, merluza en salsa de marisco, sol-momillo de porco en salsa con co-gomelos, pan, bebida, postres, todo por un prezo de 23 euros. Xa antes, sobre as 13.30 dará comezo a se-sión vermú, que estará a cargo da

orquestra Principal. Unha vez rema-tado o xantar, haberá unha actua-ción musical a cargo da Asociación Cultural Andrade, do Grupo Mes-tura de Nete e do trío Innovación. A festa, que non parará durante a tarde contará con sorteos.O fin de festa será a gran verbena, que estará a cargo tamén dos gru-pos do día, o trío Innovación e a or-questra Principal.Os interesados en apuntarse a este xantar poden facelo, dependendo da parroquia con distintas persoas. Así, en Noche faise a través de Ja-vier (650 365 554), en Nete a través de Carral (686 186 912) e en Ladra por Félix (616 937 428).

Nete acollerá o día 27 a II edición da Festa da Amizade, que contará cun xantar

Page 6: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

actualidade6 abril 2019

Concepción Burgo, portavoz de Cultura do Grupo Socialista, presentou unha pregunta en Comisión para pedirlle á Xunta que protexa catro xacementos arqueolóxicos romanos do século I a.C. atopados en Lugo e Ourense polo gru-po de investigadores da USC Romanar-my perante a posibilidade de que unha reforestación do monte deteriore par-cial ou totalmente un dos xacementos.Burgo explicou que esta reforestación supón un “perigo real”, xa que “non sería a primeira vez que por unha re-forestación do monte se destrúen xa-cementos arqueolóxicos” facendo re-ferencia á destrución duns xacementos na fronteira entre Lugo e O Bierzo.Polo tanto, a deputada fixo fincapé en que o xacemento en perigo, o de Pe-nedo dos Lobos que se atopa en Man-zaneda, é o máis antigo e relevante. Burgo explicou que “é un campamento

temporal, os cales non se atopan en Galicia, e pertence á época da invasión dos romanos en Gallaecia e as guerras cántabras, unha época da que existen moi poucos xacementos en Galicia”.A deputada socialista levou á Comisión os descubrimentos arqueolóxicos de Romanarmy e puxo de relevo a im-portancia de cada un dos xacementos. Explicou así que estes foron atopados respectivamente en A Penaparda (no concello de A Fonsagrada), Monte de Ventín (no concello de Pol), Penedo de Lobos (concello de Manzaneda) e en Cabeza de Pau (concello de Petín).Burgo levou, polo tanto, as demandas do grupo de investigadores da USC para aumentar as prospeccións e as equipas de teledetección e sondeo arqueoló-xico, necesarias para protexer os catro xacementos tendo en conta que “corren un serio risco de desaparición”.

O PSOE quere protexer o xacemento arqueolóxico de Monte de Ventín

O Monte de Ventín, vista isométrica do xacemento sobre modelo 3D

pol

O BNG presentou ao candidato á Alcaldía de Pol para as eleccións municipais de maio. Óscar Carballés, que opta por pri-meira vez a formar parte da corporación municipal, indicou que “o proxecto do BNG para Pol é o dun concello moderno e eficaz, ben xestionado e con transpa-rencia”. Dende o BNG estase traballando para aportar ao concello un cambio responsa-ble, “un concello con bos servizos públi-cos, como a Residencia con Centro de día esixido polo BNG xa no ano 2007”.“Estamos recibindo mostras de apoio por

que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, con proxecto para os concellos e para Galicia e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Carballés. Dende o BNG cualificouse como “desgastado e sen proxecto” ao actual equipo de goberno e argumentouse que “Pol precisa ideas novas e xente con ilusión para levalas a cabo”.O candidato á alcaldía afirmou “imos a por todas porque estamos convencidos de que é o momento de darlle un cambio á política deste concello”.

Óscar Carballés será o candidato do BNG

Óscar CarballésA Carballeira de Mosteiro acollerá o día 7 de abril a novena edición do encontro Astur-Galaico de sendeirismo que orga-nizan nesta ocasión o grupo Roteiros de Pol xunto ao Concello.Esta cita anual reúne nunha actividade conxunta a asociacións galegas e astu-rianas cuia finalidade principal é parti-cipar en diferentes rutas de sendeiris-mo percorrendo as dúas comunidades autónomas. Nesta ocasión, o encontro

terá lugar en Pol onde farán dúas rutas por varios puntos do termo municipal dende Rioxoán ao límite con Ribeira de Piquín. As rutas terán lugar a partir das 10.00 ho-ras e ten previsto o final sobre as 14.00 horas. Media hora máis tarde terá lugar o xantar, que se celebrará nunha carpa situada na Carballeira de Mosteiro. Ao remate do mesmo haberá unha actua-ción musical.

Pol acollerá o día 7 un encontro astur-galaico

O voceiro do Executivo da Deputación, Álvaro Santos Ramos, xunto ao alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega, informou sobre a aprobación na Xunta de Go-berno da contratación das prestacións de limpeza, manutención e asistencia básica para o centro de maiores de dito municipio chairego. Son 1,9 millóns de euros para 4 anos. A adxudicataria resultou ser Mensaje-ros de la Paz debido ás melloras oferta-das e á redución de custes á administra-ción, pois exime á Deputación do pago do 4% polo IVE.Entre as melloras ofertadas destacan as 78 horas mensuais de actividades para o envellecemento activo dos maiores; atención especializada en áreas como nutrición, respiración, hidratación, hixiene persoal, mobi-lidade ou traslados; a prestación de servizos complementarios e gratuítos como sesións mensuais de podoloxía, peluquería ou barbería; menús adap-tados a cada maior por nutricionistas; pratos elaborados con produtos da tempada, con certificación de orixe e mercados en establecementos da zona; pratos especiais en aniversarios, celebracións, visitas de familiares que poderán comer cos seus maiores...; servizo de limpeza continúa, con pro-

dutos respectuosos co medio ambien-te, reciclaxe, separación de residuos...; prestación dun servizo de lavandería continuo e que inclúe traballos de xas-trería... Vén de abrirse o prazo de soli-citude das prazas do centro de maiores de Pol. Este proceso estano a desenvolver traballadores sociais do Concello e De-putación, que avalían as necesidades e situación de cada maior para establecer o prezo en función da súa capacidade económica, pois fixouse que sempre conten cun 25% dos seus ingresos libres para o seu día a día.

Hoxe hai 15 veciños de Pol interesados nas prazas. O centro ofrece 36 prazas de residencia e 15 prazas no centro de día. Estas poden ser máis, pois a resi-dencia conta con habitacións dobres e as prazas no centro de día dependen das xornadas (media ou completa) que necesiten os usuarios.A Xunta de Goberno tamén aprobou iniciar a compra de toallas, sábanas, ba-beiros...todo o material de lencería para os centros de maiores de Trabada, Pol e A Fonsagrada, pois o de Ribadeo conta co el. O prezo de licitación é de 35.000 euros. Hai 5 días para presentar ofertas.

A Deputación contrata as prestacións da residenciaXa está aberto o prazo de inscrición e espera iniciar a actividade en abril

O alcalde de Pol e o presidente da Deputación, no día de portas abertas

Page 7: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019 7publicidade

Page 8: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

actualidade8 abril 2019

O Concello de Guitiriz abrirá en abril o prazo de inscrición para o Punto de Atención á Infancia. Os días nos que deberá facer a inscrición será entre o 16 e o 30 do próximo mes. A documen-tación deberá presentarse entre estas datas nas oficinas dos Servizos Sociais de Guitiriz en horario de mañá. Os pais deberán presentar, ademais da solici-tude, copia do libro de famlia, dni dos pais, última declaración da renda, co-pia das nóminas e calquera outra docu-mentación que acredite unha situación familiar a destacar.

Abre en abril o prazo de inscrición no PAI

O presidente da Deputación, Darío Cam-pos, xunto á alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, e á concelleira de Benestar, Laura Ageitos, informou que o Executivo Pro-vincial aprobou en Xunta de Goberno a contratación das obras de construción da residencia na Casa da Botica en Guitiriz. Fíxoo con 1,2 millóns de euros, aforrando 400.000 con respecto ao prezo de licita-ción, que se destinarán ao equipamento.Campos Conde destacou que “termina unha longa batalla para moitísimos veci-ños de Guitiriz que liderou a súa alcalde-sa. Hoxe é un día de ledicia e celebración. Síntome especialmente orgulloso de ter contribuído a este importante e necesa-rio proxecto social, que non sería posible sen o esforzo e implicación de Regina Po-lín, alcaldesa e veciña de Guitiriz”.A residencia na Casa da Botica ofrecerá ata 52 prazas, pois hai 26 habitacións que poden ser dobres. Seguindo o modelo de Deputación e Concellos, os veciños de Guitiriz terán prioridade de acceso, logo os dos restantes municipios da Comarca da Terra Chá e, seguidamente, lucenses en xeral. Do mesmo xeito, o prezo da pra-za adaptarase á capacidade económica

de cada maior para que todos poidan acceder á mesma.Cóntanse cos permi-sos de Concello, Fomento e Patrimonio, quedando pendente só o informe favo-rable da Xunta para poder iniciar a exe-cución das obras que se espera resolver nos vindeiros días. O conxunto final da edificación da Casa da Botica constará de tres plantas e disporá de 26 habitacións individuais para uso normal, que poden converterse en habitacións dobres, e 1 habitación, a maiores, para uso de enfer-mería por residentes que precisen unha atención sanitaria importante.A planta baixa do edificio existente refor-marase para albergar a cociña e zonas de servizo anexas, o comedor, o despacho de dirección, os aseos adaptados e unha sala de reunións, así como un distribui-dor e unhas escaleiras que comunicarán esta planta coas superiores. Na zona de nova construción situarase o acceso principal da residencia, a recepción, o monta-padiolas (que servirá tamén de ascensor), un pequeno almacén de rou-pa, 5 dormitorios para residentes, con cuarto de baño adaptado cada un deles, así como os vestiarios e aseos do persoal.

Nesta parte do edificio situarase outra escaleira que unirá esta planta coas altas.A primeira planta albergará na zona do edificio existente unha sala multiuso, un local para fisioterapia, un ximnasio, un despacho médico, unha habitación de enfermería con baño incorporado adap-tado, e dous aseos para uso para uso xeral adaptados. Na parte de nova cons-trución haberá 6 habitacións cada unha

delas cun baño adaptado incorporado e un local para baño xeriátrico, así como unha pequena zona de estar.Na segunda planta haberá 9 habitacións cada unha delas con baño adaptado in-corporado, mentres que a parte de nova construción albergará 6 habitacións con baño adaptado cada unha, así como un pequeno local para almacén e útiles de limpeza.

A Deputación contrata as obras da residencia da Casa da Botica

A alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín García, informou que o equipo de Go-berno decidiu non cobrar aos veciños a taxa de auga de 3 meses tralos proble-mas relacionados coa subministración de auga potable debido a unhas avarías. A rexedora destacou que “esta medida suporá un aforro considerable no recibo correspondente aos meses de outubro, novembro e decembro”. O Concello en-viou unha carta a cada veciño explican-do dita iniciativa.Regina Polín aclarou que durante o ve-rán producíronse diferentes danos que provocaron problemas na auga da traí-da, acentuándose notablemente a tur-bidez que case todos os anos se detecta na auga encorada no pantano de San Xoán. A partir de setembro detectouse unha alarmante coloración por mor da elevada concentración de ferro. “Des-pois de moitos estudos levados a cabo, confirmamos que o problema provía de dentro do encoro e solucionalo resul-tou moi complexo polo período de seca durante o outono. Isto ocasionou que o municipio estivese sen suministro de

auga potable para o consumo humano por un tempo” apuntou a socialista.A alcaldesa de Guitiriz destacou que o goberno municipal socialista investiu 41.000 euros para instalar un desferri-zador co que se conseguiu eliminar o exceso dese mineral na auga. Tamén se procedeu á limpeza profunda dos depósitos para eliminar calquer resto de elementos que puidesen afectar á calidade da auga.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS. Regina Polín avanzou que “dende o Concello esta-mos traballando para cambiar os filtros da potabilizadora e renovar a tubaxe que bordea o pantano, consultando con técnicos para comprobar se é po-sible unha limpeza do encoro co fin de manter o suministro nas mellores con-dicións e evitar novos problemas nos vindeiros anos”. A rexedora subliñou que o Concello está buscando novos aportes de auga que poidan ser empre-gados no caso de presentarse etapas de seca.

O Concello non cobrará a taxa de auga dos tres meses con problemas de potabilización

O delegado do Goberno en Galicia, Ja-vier Losada, comprometeuse a axilizar os trámites para abordar as diferentes demandas suscitadas pola alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín. Estas están vin-culadas coa seguridade vial, a situación dun carreiro do Camiño de Santiago e os trámites do Plan Xeral de Ordena-ción Municipal (PGOM).Acompañado pola subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, du-rante a visita, Javier Losada percorreu o tramo da nacional VI no municipio e abordou xunto á alcaldesa as posibles actuacións, como o carreiro do Cami-ño de Santiago entre Baamonde e San Alberte e a cesión da Casa de Peóns Camineros en Roca para Centro de In-terpretación dos Camiños ou a restau-ración da estrada.Relacionado coa seguridade vial, co-mentaron a posibilidade de construír pasos de peóns seguros á vez que se arranxa o tramo urbano da N-VI, que debe contar con beirarrúas na zona, en especial no tramo entre o parque

infantil e o fin do percorrido en sentido cara á Coruña.O delegado do Goberno, que estivo na casa consistorial para asinar o libro de ouro, interesouse pola situación do PXOM, iniciado en 2004 e aínda pen-dente de aprobación. Neste punto, tamén mostrou o seu interese para acurtar os prazos.

O delegado do Goberno comprométese con varias obras en Guitiriz

O delegado visitando Guitiriz

O presidente da Deputación e a alcaldesa, o día da presentación das obras

O restaurante La Casilla coa súa propos-ta Vieira en sopa de mar foi o gañador do sétimo concurso de tapas Que Bo Estás Guitiriz!, no que participaron do 7 ao 17 de marzo un total de 14 locais de hostalaría, espallados por Guitiriz, Par-ga e Os Vilares. Este prato conseguiu a mellor valoración por parte do público, situándose no máis alto dun podio que completaron o bar Recreo de Parga con Variante xa!!! e Casa Guinea dos Vilares con Se non hai lomo... de todo como. A asociación de hostaleiros De Bares, que organiza o concurso coa colaboración do Concello, Fotografía Kantero, Auto-móviles Losada, Estrella Galicia e Coto Mayor, indicou que se prepararon arre-dor de 18.000 tapas nos once días que durou o certame.

La Casilla gaña o certame de tapas

O vindeiro domingo 7 de abril celebrara-se na Casa Habanera un taller de autode-fensa e seguridade en horario de 11:00 h a 14:00 h e dirixido exclusivamente ao colectivo femino. Todas as interesadas en asistir poden anotarse de xeito presen-cial no Concello ou por e.mail en [email protected] ou por teléfono no 982 370 109. Os obxectivos do taller son aumentar a autoestima e seguridade da muller, eliminar o medo, elevar a con-fianza en si mesma, interiorizar hábitos realistas de prevención, aprender a utili-zar técnicas de defensa persoal, sinxelas, contundentes e accesibles para defen-derse dunha agresión, asesorar e orien-tar á muller, poñer en práctica situacións reais de perigo, preparar física e psico-loxicamente á muller ante unha agresión e preparar técnicas de mantemento de calma. Trátase dunha actividade gratuíta enmarcada dentro do programa de acti-vidades Guiados por Rosalía e Díaz Cas-tro: tempo de Lecer en familia”.

Taller de autodefensa para mulleres

Page 9: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019actualidade 9

guitiriz

A que foi alcaldesa de Guitiriz durante 12 anos, Regina Polín, anunciou que se retira da vida política e cederá o seu lugar como cabeza de lista do Partido Socialista ao fronte do Concello A Marisol Moran-deira. A decisión de Polín foi tomada tras 16 anos en política e tras chegar entrar no seu tempo de xubilación co obxecti-vo de “dar un paso atrás e deixar a xente máis moza presentar as súas iniciativas”.Regina Polín accedeu á Alcaldía no ano 2003 dando a sorpresa e desbancando ao Partido Popular e grazas ao apio do único edil electo do BNG.

Nas seguintes eleccións sairía revalidada a súa xestión cunha maioría absoluta que perdeu catro anos máis tarde ante o em-presario local Xosé María Teixido, candi-dato sorpresa do PP. No 2015 e tras catro anos na oposición volveu a Alcaldía.Marisol Morandeira, é dende fai máis dun ano a secretaria xeral da agrupación socialista en Guitiriz, foi escollida polo partido en asamblea como a súa substi-tuta. Marisol Morandeira, funcionaria da Seguridade Social de profesión, é natural da Coruña pero leva 25 anos afincada en Guitiriz.

Marisol Morandeira sustitúe a Regina Polín ao fronte do PSOE

outeiro de rei

O BNG presentou ao candidato á Alcaldía no concello de Outeiro de Rei. O actual voceiro do BNG na corporación, Xosé Fe-rreiro, será a persoa que encabece a lista do BNG para as eleccións municipais de maio. Ferreiro afirmou “temos un equi-po para gobernar, formado por persoas de recoñecida solvencia e integridade” e engadiu “Outeiro de Rei precisa proxec-tos novos e ilusionantes para converterse nun polo de atracción para que xente nova veña a vivir no noso concello.

Dende o BNG estase traballando para aportar ao concello un cambio respon-sable “que remate co caciquismo deste goberno” e argumentouse que “Outei-ro de Rei precisa das políticas do BNG para levalo a cabo”. “Estamos recibindo mostras de apoio por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en cla-ro ascenso, cun proxecto para Outeiro e para Galicia e temos o respaldo de moi-tos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Xosé Ferreiro.

Xosé Ferreiro, candidato do BNG á Alcaldía

Xosé Ferreiro, fronte á Casa Consistorial de Outeiro de Rei

O Colexio de Educación Infantil e Pri-maria (CEIP) Laverde Ruíz, de Outeiro de Rei, rematou as obras de amplia-ción e incorporou o mobiliario, equipa-mento e servizos que permitiron que neste momento xa estea plenamente operativa a segunda planta e os novos espazos.O volume de matrícula no centro me-drou en case un 40% nos últimos sete anos, pasando de 199 alumnos e alum-nas no curso 2012-13 (81 en Educación Infantil e 118 en Primaria), aos 277 do curso actual (96 en Educación Infantil e 181 en Primaria). Este aumento fixo necesaria unha primeira ampliación no 2014 con tres novas aulas e a constru-ción desta nova planta para habilitar oito aulas máis así como despachos e

aseos en 806 metros cadrados.A cuberta foi demolida e reconstruída sobreelevada sobre os espazos educa-tivos xerando un lucernario perimetral que evita que se reduza a iluminación na zona central. Ao mesmo tempo, os ventanais de peche dos corredores cara ao patio substituíronse por varandas. O proxecto incluíu tamén reordenar os espazos na planta baixa, para ampliar o corredor, incorporar unha baixada ao exterior con escaleira e rampla adapta-da, reorganizar os aseos e ampliar a sala de profesores. Incrementáronse as medidas de pro-tección contra incendios, (construción dunha escaleira exterior de seguridade e bocas de incendio) e instalouse unha nova caldeira de gasóleo.

Remata a ampliación no Ceip Laverde Ruíz

A partir do día 15 de marzo e ata o 30 de abril , ambas datas incluídas, estará aber-to o prazo de solicitudes de admisión para o curso escolar 2019/2020 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei.Durante este período de tempo os pais ou titores dos nenos que estean na ac-tualidade matriculados no centro debe-rán presentar a solicitude de reserva de praza, no caso de querer continuar na escola infantil no próximo curso.Paralelamente, os pais ou titores de ne-nos que desexen acceder a este servizo no próximo curso escolar deberán pre-sentar solicitude de inscrición.Para ambos supostos hai modelos nor-malizados que poden obterse na escola infantil, no Concello de Outeiro de Rei e a través desta web municipal accédese aos impresos ou premendo no banner que aparece na pantalla de inicio destinado á Escola Infantil Municipal.

O Concello abriu o prazo de inscrición na Escola Infantil

O Concello de Guitiriz vén de acadar unha subvención da Unión Europea por valor de 288.000 euros a través do Fondo Europeo de desenvolve-mento rexional (Feder), para renovar o sistema de alumeado público de Guitiriz, Parga e Os Vilares. “Dende o equipo de goberno presentamos este proxecto co principal obxectivo de re-ducir a contaminación lumínica e as emisións de dióxido de carbono no municipio, dentro da nosa aposta por facer de Guitiriz un referente de Con-cello verde en toda Galicia” destacou a rexedora, Regina Polín.A alcaldesa explicou que o investimen-to total do proxecto, do que xa está feita a súa redacción, é de 360.000 eu-ros, dos que o 20%, uns 72.000 euros os ten que achegar o Concello. “Imos a levar ao Pleno unha modificación de crédito para poder adxudicar ditos traballos e cumprir os prazos de execu-ción que marca a Unión Europea para non perder dita subvención”.Serán un total de 640 novas lumina-rias de baixo consumo e 11 cadros de luz os que se renovarán no casco urbano de Guitiriz, Parga e Os Vilares.

En concreto, nas avenidas Poeta Díaz Castro e Ponte Veiga, nas rúas De-putación, do Carme, Vista Alegre, da Paz, así como na zona do colexio de Parga, nas Reixas e Ansede.“Isto suporá un aforro anual de máis de 43.000 euros na factura da luz para todos os veciños, cos que poderemos investir en mellorar outras presta-cións publicas municipais” apuntou Regina Polín.O proxecto de renovación do sistema de iluminación de Guitiriz, Parga e Os Vilares forma parte do conxunto de iniciativas presentadas e levadas a cabo polo Concello dentro do seu compromiso por dinamizar o rural, a través da transición enerxética. Neste eido, a alcaldesa iniciou o proxecto para rehabilitar 5 núcleos rurais das parroquias de O Buriz e Os Vilares. “Os Concellos temos un papel moi importante na transición enerxética. É fundamental que sexamos os go-bernos os que lideremos estes pro-cesos por iso dende Guitiriz estamos desenvolvendo un modelo urbanís-tico enfocado na sustentabilidade”, puntualizou Polín.

O Concello renovará as luminarias de Guitiriz, Parga e Os Vilares

Duás veciñas de Outeiro de Rei resulta-ron gañadoras do III Concurso de Foto-grafía A muller traballadora no Concello de Outeiro de Rei, que recibiron 200 eu-ros e un diploma acreditativo.Na sección de fotografías antigas gañou a fotografía titulada Meu Leitiño, ache-gada por Vanesa Lozano Corral cunha escena tomada en Guillar no ano 1968.Na sección de fotografías actuais gañou a fotografía Na procura de calorciño para o inverno, realizada en 2018 en Matela e achegada por Teresa Rodríguez Barreiro.Meu Leitiño foi cualificada polo xurado como “imaxe singular que serve para lembrar o papel das mulleres nas eco-nomías domésticas, onde labores como muxir as vacas, facer os queixos ou des-natar o leite estiveron reservados ao sexo feminino, e deron lugar a oficios como os de queixeira ou leiteira”.Sobre Na procura de calorciño para o in-verno din que é “unha imaxe actual que mostra unha muller exercendo unha ac-tividade non remunerada no seu ámbito privado, unha actividade reservada tra-dicionalmente aos homes como é a de cortar a leña para ter o fogar abastecido cara ao inverno”.

Dúas veciñas foron premiadas no certame de fotografía

Page 10: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

actualidade10 abril 2019

O Concello de Cospeito, e máis con-cretamente Muimenta, acollerá a fin de semana do 5, 6 e 7 de abril a XXXV edición da Mostra Exposición Moexmu 2019, que englobrará un novo concurso de gando frisón (na súa XXIII edición), unha mostra de raza rubia galega (XXIII edición) e a poxa de gando selecto (na súa edición número XIII).O programa arrincará o venres ás 10:00 horas, momento no que terá lugar a inauguración oficial e a apertura do recinto ferial Manuel Vila López. O pre-gón, que se lerá ás 19:20 horas, estará a cargo do xornalista da TVG Manuel Cruz, redactor e presentador do pro-grama Labranza dende o 2004. De fei-to, este día inaugural estará adicado á terceira idade, polo que varios autobu-ses percorrerán o concello de Cospeito para facilitar o acceso aos maiores ao recinto. O sábado 6 terá lugar, a partir das 10.00 horas, será a apertura das ins-talacións para poder ver a exposición do Centrad, e despois ás 12:00 comezará a poxa de gando selecto, e ás 15:30 será a quenda do concurso de gando frisón, o único concurso de gando que ten lugar na provincia.Benjamín Parga Álvarez nado en 1923 e Ahmed Taleb Folgueira nado este ano, serán os veciños que inaugurarán a fei-ra nesta edición. Benjamín foi zoqueiro, barbeiro e mestre, e como paradoxas da vida, o bisavó de Ahmed era amigo ínti-mo de Benjamín.No concurso deste ano haberá 18 sec-cións e campionatos entre xatas, xoven-cas e vacas, e haberá trofeos para os máis destacados participantes. De feito, o propietario da vaca campioa recibirá 1.750 euros, 500 para a xovenca cam-pioa e 250 para o mellor criador. Nesta edición había rexistrados 75 animais, 60 para concurso e 15 para a poxa. Esta edición é a máis baixa dende fai dúas décadas.Hai 10 gandeirías entre o concurso e a poxa. Por outra banda, na exposición de Raza Rubia Galega participarán 9 exemplares. O xuíz encargado este ano do concurso será Santiago García Souto, que é propietario da gandería Finca La Asunción da Coruña.A tarde do sábado cobrará protagonismo a parte exposi-tiva da feira, na que será a apertura do Museo da Zoca e da Escola Vella.Hai un total de 25.000 metros cadrados adicados a exposición, dos cales, 15.000 serán ocupados por maquinaria nova

e usada, coches e motos. Haberá 110 expositores con stands nos que poderá verse artesanía popular galega, produ-tos de calidade, viños, mel e utensilios entre outras variedades. A representa-ción galega é a máis destacable aínda que tamén acudirán expositores das provincias limítrofes.O domingo 7 haberá concurso de ma-nexadores pola mañá e a entrega de trofeos aos gañadores das diferentes seccións do concurso de gando. Todo isto antes do xantar, cando se clausu-rará oficialmente a feira.Nesta edición, o programa ampliarase á tarde do domingo cunha nova de-mostración dun ferreiro, a actuación da Asociación Cultural Charanga de Betanzos e o Concurso Monográfico de Raza Can de Palleiro. A cita está prevista a partires das 16:30 horas aínda que o labor dos xuíces comen-zará media hora máis tarde, no propio Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta.Dito concurso está reservado para os cans da mencionada raza, inscritos no Libro de Oríxenes da Xunta de Galicia e maiores de tres meses. Dito concur-so é puntuable para o Campionato de Mellor Can de Palleiro en Galicia 2019..O orzamento total da mostra ronda os 55.000 euros e na súa finan-ciación participan Deputación Provin-cial e Xunta de Galicia ademais dou-tras entidades públicas e privadas.

Arrinca a Moexmu 2019 Será a primeira fin de semana de abril no recinto feiral Manuel Vila López

Os membros da comisión organizadora da Moexmu 2019

O Concello de Cospeito organi-zará un ano máis a Feira da Ma-quinaria Usada, Artesanía e Anti-güidades, que terá lugar a fin de semana do 27 e 28 de abril.A que xa é a XXX edición desta celebración intentará continuar como un referente nos sectores da maquinaria usada e nova, agrícola e industral, a artesanía, os anticuarios, a floricultura e todo tipo de dispositivos que se poidan ver nunha feira.A feira abrirá as súas portas o sábado 27 ás 10.00 no recinto feiral e media hora máis tarde farano o pavillón dos deportes, onde estará ubicada a exposición de anticuarios. Aínda así, a inauguración oficial coas autoridades será ás 13.30 horas. Estas dúas mostras per-manecerán abertas ata as 20.30 horas. O domingo repetirase o horario, desde as 9.00 horas tamén coa clausura oficial ás 20.30.

XXX edición Feira da Maquinaria Usada, Artesanía e Antigüidades

O PSOE de Muimenta, que preside Rosa Morán manifestou o descontento dos veciños de Muimenta pola poda realizada polo Concello nos carballos da praza Maior, poda que calificou de “indiscriminada”. A voceira socialista indicou que se trata de árbores que te-ñen moitos anos e durante o verán son os encargados de dar sombra á zona e ao parque infantil, “e con esta acción deixaron a praza sen sombra para o verán”, indicou. Morán explicou que cando se fixo a remodelación da praza botouse cemento e algunhas das árbo-res secaron quitando esplendor á praza. “E agora, en lugar de facer a poda con coidado, fana fóra de época, cortando brotes, e impedindo o seu crecemento de cara ao verán”, explicou. A socialista queixouse do pouco coidado feito nes-ta acción e de ter “pouco coidado coas cousas que son patrimonio de todos”.

CASA DA CULTURA. Os socialistas de Cospeito no conseguiron o respaldo de Pleno sobre o estado da Casa da Cultura de Feira do Monte, xa que o alcalde do PP, Armando Castosa, negouse a deba-ter a moción alegando que era mentira que estivera pechada. Segundo expli-cou a representante socialista, Rosa Morán, “aínda que se negue a debater nada a casa segue pechada e o que fixo no pleno foi negarse a debater unha evidencia”. Os socialistas aseguran que a Casa da Cultura leva moito tempo pechada sen explicación e nun estado lamentable.“Ademais das goteiras, tamén na caldei-ra da calefación como todo o entrama-do de tuberías están sumamente dete-

riorados e recentemente caeu a cornixa da parte superior da fachada”, recalca.Os socialistas afirman que hai graves problemas coa cociña da planta sótano, tamén con goteiras e humidades.

PARQUES INFANTÍS. Os socialistas si obtiveron o apoio do Pleno na moción na que pedían arranxar o estado de deterioro no que se atopan os parques infantís de Feira do Monte e Muimenta, cumprindo así coa normativa vixente. Segundo o alcalde, os parques “non es-tán tan mal e revísanse todos os anos”. Aínda así, o Pleno acordou facer aten-ción a estas instalacións e pedir unhas subvencións da Xunta de Galicia.

XUÍZ DE PAZ. O tema da elección do candidato do PP á Alcaldía de Burela, Manuel Rouco, como xuíz de paz de Cospeito levantou moita discusión no Pleno. Como constataron os socialis-tas, o Tribunal Superior de Xustiza non aceptou ningún dos tres candidatos presentados por acordo plenario e de-cidiu nomear a esta persoa para o car-go malia non ter relación co Concello.Os socialistas, que non entraron a va-lorar a decisión do Tribunal, si quixeron afear a conduta do alcalde que en nin-gún momento comunicou a decisión do ente ao concelleiros nin aos tres candidatos escollidos. Do mesmo xei-to, reclamaron que non pedise explica-cións sobre tal nomeamento cando se presentaron tres candidatos en tempo e forma e non se optou por ningún mentres que noutros concellos foi es-collida unha das persoas presentadas.

PUNTO LIMPO. A voceira socialista de Cospeito alegou tamén que o punto limpo de Cospeito non ten as acre-ditacións oficiais como punto limpo. Segundo explicou trala investigación realizada sobre a documentación sub-ministrada polo Concello, porque este non enviou a documentación solicita-da pola Xunta para conseguir dita acre-ditación. A razón que esgrimiu o Con-cello é a falta de fondos para realizar ditas xestións.Rosa Morán asegura que a situación non mellora e tras unha limpeza da parte exterior en días pasados, volve estar todo estrada de desperdicios.

Os socialistas protestan polas podas indiscriminadas de árbores en Muimenta

Unha das árbores podadas

Page 11: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019 11actualidade

cospeito

O recinto feiral Manuel Vila de Muimen-ta acollerá novamente o 1 de maio unha nova edición da Festa da Filloa, a XXVIII.Aínda que non se coñece aínda o progra-ma, estímase que continuará a mesma liña de edicións anteriores coa elabora-ción deste postre desde primeira hora da mañá. Aínda que non será o único para xantar ese día porque non faltará tam-pouco o churrasco.Espérase chegar ás cifras do ano pasado vendendo entre 17.000 e 18.000 filloas ao longo da xornada, que terán un prezo de 3 euros ración.Espérase tamén que o organización faga públicos xa os actos que completarán o programa, que, ao ser os mesmos orga-nizadores da Moexmu, esperan ata que acabe esta para rematar o programa.

CONCURSO. O que si, xa foi convocada a XX edición do Concurso de Debuxo e Relato – Filloa 2019 e tamén foron en-viadas as bases aos diferentes centros escolares de primaria e secundaria de toda a comarca da Terra Chá, un total de 25.Nesta edición os nenos terán que facer os seus traballos sobre A Festa da Filloa e as Zocas na que a idea principal é que os máis novos intenten vincular estas dúas tradicións galegas, a Filloa e as Zocas, para lograr que sigan vivas na sociedade. Aínda que as bases especifican as Zocas, como dedicatoria ao Museo da Zoca que Xotramu inaugurou no Pórtico da Igrexa

Vella de Muimenta, pode relacionar con calqueira outro oficio da cultura galega.Os traballos gañadores serán expostos durante a celebración de dita festa gas-tronómica e os galardonados recibirán os seus premios despois do pregón da Festa o vindeiro primeiro de maio.Espérase contar, como ven sendo habi-tual dende o ano 2010 cunha colabora-ción por parte da Universidade de Santia-go de Compostela, que será entregado a un dos dezaseis premiados, premios nos que tamén se espera contar coa colabo-ración do Concello de Cospeito, da De-putación, e as entidades Abanca, Caixa

Bank e Sabadell Gallego entre outras.Igualmente, o vindeiro 26 de abril, a co-misión está a organizar unha viaxe ao programa Luar para a promoción da XX-VIII edición da Festa da Filloa de Muimen-ta. Quen desexe ir de público debe apun-tarse na tenda Desexos de Muimenta.Lembran que dende que se comezou a organizar a Festa da Filloa, colaboraron desinteresadamente os veciños de Mui-menta e dos pobos limítrofes, alcanzando case os douscentos colaboradores, que durante toda a xornada realizan filloas, churrasco, queimada, café e atenden á xente que se acerca ese día a xantar.

Nova edición da Festa da Filloa Terá lugar, como todos os anos, o día 1 de maio. A organización convocou aos 25 colexios da comarca chairega a un novo concurso de debuxo e relato

O presidente da Deputación, Darío Cam-pos Conde, coñeceu xunto a zoqueiros da zona, membros de Xotramu e veciños, o novo Museo das Zocas de Muimenta, ao que a Deputación achegou 8.000 eu-ros, para o acondicionamento do espazo, a construción de expositores e a recupe-ración das pezas.Este novo museo do patrimonio etno-gráfico lucense está situado no conxun-to artístico da Igrexa Vella de Muimenta xunto á unha vella escola restaurada e reconvertida en museo pedagóxico. Está tamén rodeada dun campo con árbores excepcionais incluídas no Catálogo de Ár-bores Senlleiras de Galicia, converténdo-se nun entorno único tanto para veciños como para visitantes.O novo museo, froito da colaboración da Deputación con Xotramu, pon en valor a longa tradición dos zoqueiros desta localidade na que aínda viven 8 profesionais, 4 en activo e 4 xubilados. Campos Conde felicitou “aos veciños de Muimenta pola súa dedicación, traballo e compromiso na recuperación deste pa-trimonio etnográfico lucense e na posta en valor do antigo oficio dos zoqueiros. Dende a Deputación sumámonos a esta iniciativa dos veciños para que recursos etnográficos formen parte do patrimonio cultural da nosa provincia, ao tempo que homenaxeamos e recoñecemos o oficio

e traballo artesán dos zoqueiros, que de-dicaron a súa vida a esta actividade”.O novo espazo expositivo duns 80 me-tros cadrados, exhibe unha recompila-ción de pezas relacionadas co oficio de zoqueiro como son zocas antigas de hai 50 anos e zocas de nova elaboración, as ferramentas de traballo e os materiais utilizados na súa confección.Na exposición, pódese contemplar ao redor de 40 pares de zocas de diferentes cores e ornamentos. Ademais das típicas zocas para homes e mulleres empre-gadas nas tarefas agrícolas destacan as zocas “chinelas” decoradas cun dese-ño máis elegante para ser usadas polas mulleres nos días festivos e as zocas con

caña alta de coiro que servían para pro-texerse mellor da auga.Grazas a intensa labor da veciñanza o Museo das Zocas de Muimenta pode exhibir ferramentas do traballo dos zo-queiros hoxe en día case desaparecidas como a ‘aixola’ para dar forma a zoca, a ‘trade’ para facer o buraco ou o ‘gubias’ entre outras moitas.Neste conxunto etnográfico destaca ta-mén un antigo banco de traballo de zo-queiro e un carro restaurado e cargado con troncos de abidueiro no que trasla-daban a madeira. A mostra complétase con fotografías do proceso de elabora-ción das zocas e tamén dos oito zoquei-ros desta localidade.

Uns 40 tipos de zocas e instrumentos senlleiros, no novo museo de Muimenta

Un momento da presentación do Museo das Zocas

Page 12: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

actualidade12 abril 2019

rábade

Tal e como anunciou o alcalde de Rá-bade, Francisco Fernández Montes, marcha a bo ritmo as obras que se es-tán a realizar na rúa Lope de Vega, no tramo que une o Concello coa avenida de Vilalba. Segundo as estimacións, a obra podería estar finalizada no prazo dun mes. Dentro desta mesma previ-sión está o aglomerado da rúa Rosalía de Castro entre o campo da feira e ta-mén a avenida de Galicia, obra que se realizará nos próximos días.Nesta obra, que ten un orzamento de 80.000 euros, estase a realizar a pavi-mentación e ampliación de beirarrúas

para pasar a ser unidireccional. Esta re-paración realízase con cargo aos plans de estradas da Deputación Provincial.

OBRADOIRO DE EMPREGO. A parte de Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción do obradoi-ro de emprego Cumes da Terra Chá III iniciará nos próximos días a constru-ción dunha praza diante do colexio. Nesta obra traballarán os dez alumnos do ciclo (6 en Begonte e 4 en Rábade).Ademais, e con cargo ao Plan Único farase tamén un aparcamento diante tamén do colexio e ao lado da N-VI.

As obras de Lope de Vega rematarán nun mes

O XXII Máster Nacional de Futbolín de Rábade terá lugar o 18, 19 e 20 de abril coincidindo, un ano máis, coa celebra-ción da Semana Santa e levando a Rá-bade parellas vidas de todos os rincóns da xeografía española.Trátase dunha cita que ano a ano logra atraer a un maior número de persoas, entre participantes e veciños da co-marca que se achegan a presenciar un espectáculo único na provincia. Así, xa se poden comezar a inscribir, xa que o prazo comezou o día 1 de abril.Como en anteriores edicións, haberá cinco modalidades de xogo e tres niveis, onde se repartirán 10.000 euros en be-cas deportivas. Ademais, haberá pre-mios para todas as modalidades e cami-setas de recordo para os participantes.O Gran Máster Nacional de Futbolín contará novamente este ano con bater o récord de participantes e poder che-gar aos 500. O ano pasado foron 424 xogadores, dos cales había 52 parellas novas, é dicir, 104 xogadores que com-petían por primeira vez. A organización anunciou que este ano se repartirán un total de 10.000 euros en premios. O maior será o de campión en move-mento que este ano estará dotado de 1.400 euros e trofeo, mentres que o de parado recibirá 1.200 euros. O resto de premios, ata un total de 22, oscilarán

entre os 700 e os 50 euros.Ademais da cuantía económica, os tro-feos serán diferentes xa que se elabo-rarán de forma personalizada e terán un deseño exclusivo e orixinal. “A idea era facer un trofeo diferente e orixinal. Esperamos que sexa do gusto dos par-ticipantes”, explica Lolín, organizador e impulsor deste evento deportivo.Haberá tamén o trofeo Alejandro Fi-nisterre, para o xogador máis regular, o trofeo Concellería de Deportes para o mellor xogador, o trofeo Concello de Rábade para a mellor xogadora e o trofeo David García, para o mellor porteiro.

Os gañadores das categorías raíña reci-birán ademais do premio económicos a estancia do ano que vén no Coto Real. Tamén repartiranse entre toudos rou-pa deportiva dos moitos colaboradores do evento.

TURISMO. Este evento é para Rábade un impulsor da economía da zona du-rante a Semana Santa xa que trae para o concello un gran número de turistas, que aproveitan os días festivos para pa-sar as vacacións coa familia na zona. De feito, veñen parellas de afeccionados de todas as partes do territorio espa-ñol. Para todos o prezo de inscrición é de 25 euros por persoa.A comisión organizadora deste evento xa ten todo listo para esta nova edi-ción, que, como sempre, se disputará no pavillón do colexio e nas cafeterías Papyrus e Os Castro.O mércores 17 de abril darase o pis-toletazo de saída coa presentación do evento e o sorteo de equipos, aín-da que as competicións iniciaranse o xoves a partir das 16.00 horas coa modalidade infantil e de parellas ce-gas. O venres será o día dedicado ás modalidades en parado e feminina e o sábado pola mañá a de movemento. As finais serán o sábado a partir das 21.00 horas.

Preparada a nova edición do Máster de Futbolín, entre o 18 e o 20 de abril

A Oficina do Censo Electoral (OCE) anu-lou 15 posibles votantes en Rábade tras a impugnación presentada polo PSOE. Os socialistas solicitaron esta semana a invalidación do censo para as eleccións xerais polo incremento de residentes significativo e inxustificado no último semestre de 2018.A OCE explica na resolución que o Con-cello de Rábade, tras as investigacións realizadas, determinou que 15 persoas non residen no municipio ou non pui-deron verificar a súa residencia. Ante esta situación, a OCE decidiu retrotraer

a estes cidadáns á súa anterior inscri-ción municipal polo que non poderán votar no Concello de Rábade.Dende o Partido Socialista informa-ron que as persoas afectadas teñen a posibilidade de presentar un recurso contencioso administrativo nun prazo de 5 días.Os socialistas valoraron positivamente o ditamen da OCE porque “asegura a integridade nas votacións para as elec-cións xerais” pero lamentaron que su-cedan este tipo de irregularidades que “ensucian a imaxe da política”.

O Censo Electoral anula 15 posibles votantes

O Concello de Rábade celebrará a par-tir do 30 de abril unha nova edición do Concurso de Tapas, que xa vai pola séti-ma edición.Nesta ocasión participarán dez locais do concello: Ágora, Arcos, Avenida, Bréte-ma, A Cantina, Os Castro, Bar Centro, Bar Cruz, Mozart e Papyrus, que ofertarán aos seus clientes unha tapa da súa propia creación e que terá un prezo de 2 euros.Estes pequenos entremeses serviranse en todos estes locais e comezarán o 30

de abril pola noite, o día 1 durante todo o día, o día 3 pola noite, e 4 e 5 de maio durante todo o día.O concurso, que está organizado pola Asociación de Hostaleiros e da Alimen-tación de Rábade en colaboración co Concello de Rábabe, sorteará varios agasallos entre todos aqueles que com-pleten a ruta e que consistirán en doce prazas para visitar unha bodega aínda por confirmar con desprazamento e co-mida incluídos e unha tablet.

Dez locais acollerán en maio o concurso de tapas

A Casa Niño Meu Ben de Rábade, situa-da na avenida de Vilalba, abriu o día 2 de abril o prazo de preinscrición de matrícu-la para o vindeiro curso. Dito prazo per-manecerá aberto ata o 9 de abril e para poder facer a reserva pode contactarse co Ana Bamonde, directora do centro, a través do teléfono 666 48 68 30.A Casa Niño Meu Ben de Rábade é un espazo educativo de atención á infancia dirixido a nenos con idades comprendi-das entre os 0 e os 3 anos. Contará con 5 prazas que cubrirán as necesidades básicas de alimentación, hixiene e des-canso de acordo coas idades dos peque-nos durante 8 horas. Terán prioridade os censados no concello. É un servizo totalmente gratuito e financiado con fondos Feder.

Abre a inscrición na Casa Niño Meu Ben

O Concello de Rábade vén de mercar o inmoble do Cine Man, un histórico local da vila que foi tamén a sala de festas Agarimo, para convertilo nun local multiusos para os rabadenses.Dende o Concello están moi con-tentos por esta adquisición xa que foi un lugar importante na vila raba-dense e ademais evítase a desapari-ción de edificios emblemáticos. Con esta premisa pretende darlle unha vida máis útil para calquer tipo de evento.O edificio, ubicado na rúa Ángel

Pena, moi preto da Casa Consistorial, abriu as súas portas no ano 1945 e foi unha sala de cine que contaba con 415 prazas e pratea ata os anos 70. Máis tarde pasou a ser a sala de festas Agarimo, que foi un dos mellores negocios de salas de baile que había en Galicia ata os 80, para despois pechar tras varios proxectos fallidos ou de curta duración.Este edificio conserva moitos ele-mentos característicos da constru-ción orixinal como o esceario ou o lenzo da parte traseira.

O Concello compra o Cine Man para ser local social

Antigo Cine Man de Rábade

Page 13: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019 13publicidade

Page 14: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

actualidade14 abril 2019

A Casa do Concello de Abadín celebrou no mes de marzo a súa inauguración oficial coa presenza entre outras moi-tas autoridades do presidente da Xun-ta, Alberto Núñez Feijóo. O Goberno da Deputación foi un dos organismos presentes, xa que achegou para esta obra en 2017, 32.300 euros para o sub-ministro e colocación de falsos teitos, revestimentos interiores, carpintería de madeira, sanitarios e revestimento de escaleiras interiores na casa consis-torial.No 2018, o Executivo Provincial ache-gou un total de 170.600 euros dos ca-les 165.000 euros foron destinados a rematar coas obras e 5.600 euros des-tináronse para a adquisición de mobilia-rio para equipar o edificio. Deste xeito, nestes dous últimos anos, o Executivo Provincial realizou unha achega de máis de 200.000 euros para renovar e mo-dernizar o edificio consistorial.A deputación Mayra García Bermúdez sinalou que “despois de moitos anos re-matouse un dos proxectos máis espera-

dos do Concello chairego. A casa consis-torial permitirá mellorar a atención que se presta aos veciños e que o concello teña unhas instalacións públicas amplas e funcionais. Ademais esta obra permi-tiralle ao municipio ter un novo salón de actos”.Durante a visita as novas instalacións da Casa Consistorial de Abadín, o pre-sidente galego destacou este munici-pio como exemplo de colaboración

institucional. Así, subliñou que este concello benefíciase do Fondo de Compensación Ambiental, recibindo en 2018 máis de 270.000 euros proce-dentes do canon eólico. E en materia de emprego, lembrou que ademais Abadín ten un obradoiro de emprego compartido con Vilalba e un plan de emprego con Vilalba e Mondoñedo. Iniciativas das que se benefician 120 persoas.

Inauguran a nova Casa Consistorial

Pilar Fernández López naceu nunha casa no Coto, Abeledo, concello de Abadín. Trátase da casa na que aínda segue vi-vindo. Pili ten mobilidade reducida cun grao de discapacidade do 84% e precisa cadeira de rodas.Fai uns corenta anos botóuselle pedra ao camiño que pasa xusto por diante da casa e converteuse nunha pista que quedaba practicamente ao nivel da entrada da casa. Dende hai vinte anos a pista foi asfaltada como mínimo tres veces, polo que o nivel da mesma pasou máis de 12 centímetros por riba da en-trada da casa. Estas obras ocasionáronlle un problema importante, xa que o desnivel coa en-trada da súa casa é tan grande que non pode saír da vivenda sen axuda xa que o desnivel supera xa o límite.No 2013, 2014 e 2015 Pili tivo coñece-mento de que ían volver botar aglome-rado sobre a pista e presentou varios escritos ante o concello de Abadín so-licitando que nese novo amaño non só non aumente se non que se elimine a

barreira, pero non recibiu resposta por parte do Concello.Xa no 2016 a Valedora do pobo con-testoulle dicindo que iniciou “xestións directas co concello”, e que tras falar co alcalde de Abadín este dixolle que xa o intentara e que ademais había dificulta-des técnicas. Por esta razón a Valedora pediu ao Concello un informe técnico sobre a solución do problema e que tan pronto como o recibira poñeríase en contacto con Pili para dar conta das ac-tuacións. O alcalde contestou e dixo que non lle fora posible poñerse en contacto co redactor do proxecto e que desexaba tal cousa para concretar todos os extre-mos do mesmo.A finais do 2016 o alcalde de Abadín concertou unha cita cun representan-te do grupo de apoio para darlle unha solución “rápida” a todo este asunto. Un ano despois a Valedora do pobo insta de novo ao concello de Abadín a que no prazo de 15 días facilite in-formación sobre este problema. En marzo de 2018 a Valedora do pobo in-

dicou que “o Concello de Abadín per-siste na súa actitude de non enviar a información requirida en relación coa súa queixa, a pesar de que a deman-damos en tres ocasións”.Na manifestación polo Día da Muller de Vilalba do 2019 expúxose o caso de Pili e deuse lectura a un manifesto que a pro-pia Pili fixo sobre o seu caso.”O concello de Abadín castiga a Pilar Fer-nández López, unha muller da parroquia rural de Abeledo, xubilada, con grave discapacidade a non poder entrar e saír pola porta da súa casa, esa que con tan-to esforzo mellorou e adaptou durante toda unha vida”.Change.org acolle unha petición, con máis de 2.543 firmas ata agora contra a “violencia institucional” do Concello de Abadín. Tamén lle presentaron un estu-do técnico que valoraba en 5.600 euros a modificación necesaria pero nada lle fai rectificar ao alcalde.Pasaron xa cinco anos e medio dende o primeiro escrito de Pili e aínda non recibiu resposta, aín-da segue sen poder saír pola porta da súa casa coa cadeira de rodas de xeito autónomo.

abadín

Representantes de todas as institucións, o día da inauguración

Dous rapaces de Abadín organizan a terceira edición da Festa da Xuventude que se celebrará o día 13 de abril e na que haberá música e xogos.O acto central desta celebración será un xantar popular. No menú desta comida figuran xamón cocido, polbo, churrasco con criollos, postre, café e chupito. Para os adultos, o prezo do xantar será de 25 euros, mentres que os rapaces de 4 a 10 anos deberán abonar 10 euros. A recollida de tíckets para este xantar debe facerse antes do 7 de abril nos es-tablecementos de Goás, Niza, O Paso, Pulpería Boavista, Regueira e o Claudio en Abadín; Javi en Corvite e Picos en Mon-celos. Previsiblemente, a festa terá o seu inicio ás 14.00 horas cunha sesión vermú a cargo da orquestra Paladium, que ame-nizará tamén o inicio do xantar popular, que estará a cargo de Hermanos Debasa de Vilalba.Tralo xantar haberá xogos para adultos e pequenos a cargo de Puzzle Animación, con toro mecánico e inchables incluídos sen que faltan tamén os sorteos. Pola noi-

te e como fin de festa haberá dobre sesión de verbena coa actuación das orquestras Palladium e Tania Veiras, gañadora de Re-canteiros do Luar. Tamén haberá cea, a un prezo de dez euros para os que o desexen, con inscrición o mesmo día da festa, e fo-gos de artificio. A celebración terá lugar no campo da igrexa e haberá carpa para protexerse das inclemencias do tempo.

Abadín celebra a Festa da Xuventude o día 13 de abril

Pilar Fernández, fronte a súa casa

Unha veciña demanda unha reforma para poder saír da súa casa

Entre os viveiros que poderán lucir o distintivo de Planta de Galicia atópan-se dous na provincia, Viveros Cabalei-ros en Lourenzá e Costa de Lóngaras de Abadín. Entregouse o certificado de calidade á Asociación de Viveiristas do Noroeste (Asvinor) para o seu uso na distinción da planta ornamental. Para a certificación deste viveiros Galicia Calida-de impulsou xunto con Asvinor, a Funda-ción Juana de Vega e Agaexar (Asociación de Empresas de Xardinería) a norma de calidade Pranta Ornamental de Galicia, unha iniciativa pioneira que permitirá di-ferenciar un produto dunha calidade tan contrastada e recoñecida nos mercados nacionais e internacionais como é a pran-ta ornamental galega.Esta norma pretende homoxeneizar a planta producida en distintos viveiros da comunidade, establecendo un ca-tálogo de producións, incluíndoas nas bases de construción e arquitectura da paisaxe e establecendo o distintivo Planta de Galicia, que irá coa marca Ga-licia Calidade.

Un viveiro local consegue o distintivo Planta de Galicia

O alcalde de Abadín, Xose María López Rancaño, anunciou que este ano o Concello investirá máis de 700.000 euros no aglomerado de camiños nas 19 parroquias do ter-mo municipal.Este montante vén de tres partidas diferentes, por unha banda 300.000 euros procedentes do Plan Único 2019 da Deputación Provincial, ou-tra cantidade similar con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental e preto de 100.000 aportados pola Consellería de Medio Rural a través do Plan de Camiños.Os traballos a executar repartiran-se por todo o termo municipal e a intención é comezar e rematar con todas as obras antes da chegada do verán. Os traballos consistirán na limpeza e desbroce das cunetas, reparación do trazado e aglomerado en quen-te, para rematar con traballos de pintura.

O Concello investirá 700.000 euros en aglomerado de camiños municipais

Page 15: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019 15actualidade

O coñecido empresario a nivel provincial José Bouso encabezará a lista do PP na Pastoriza; un reto que afronta, asegura, “convencido, con humildade e con moito traballo para recuperar a alcaldía”. Deste xeito, e logo de acadar o apoio unánime da agrupación local nunha reunión man-tida onte, o alcaldable afronta unha pro-funda renovación, liderando “un proxec-to co que acadar a maioría absoluta”.“Preséntome ás eleccións para facer un bo equipo. Son dos que me gusta gañar partidos como cando dirixía o Lugo, e este partido témolo que gañar”, destaca con optimismo e coa filosofía deportiva que caracteriza aos que están e estiveron vinculados co deporte.José Bouso naceu en Bretoña. É un reco-ñecido e prestixioso empresario lugués do sector da construción. Ademais de pola súa profesión, é coñecido na socida-de provincial por ser o vixésimo segundo presidente do Clube Deportivo Lugo; car-go que exerceu dende o ano 2004 ata o 2015, sendo substituído por Tino Saqués.Agora dá un paso máis, encabezando o proxecto dos populares na Pastoriza e agardando facer do Concello e da xestión local unha administración útil e próxima aos veciños. “Os que me coñecen saben que me gusta estar, escoitar e falar coa xente. Iso é que aplico no meu día a día e iso é o que pretendo levar ao Concello”, conclúe.

O empresario José Bouso encabezará a candidatura polo PP

a pastoriza

Un grupo de arqueólogos dirixidos por Emilio Ramil iniciaron estes días a cuar-ta campaña de escavacións no Castro de Saa, na Pastoriza. Esta nova campa-ña, autorizada por Patrimonio, contem-pla o estudo dun total de 88 metros ca-drados próximos á entrada ao mesmo.O obxectivo dos traballos é facer un cor-te na zona da muralla que está situada máis próxima á entrada. Trátase dun corte na parte máis alta que ten como finalidade comprobar o estado do pa-ramento así como a altura do mesmo e supervisar se houbo ocupación. Trátase dun espazo de 76 metros cadrados.Ademais, van traballar tamén noutra zona que ten unha amplitude de 16 metros cadrados, onde os especialistas calculan que pode haber un pozo. Os arqueólogos estiman esta posibilida-de xa que o descuberto ata o de agora está relacionado coa auga, a drenaxe e a canalización da mesma “polo que a existencia dun pozo é unha opción realista”, explican. A continuación, unha vez que poñan ao descuberto os novos achados, farase o proxecto de consoli-dación destes restos.Nesta cuarta campaña están traballan-

do sete persoas, dous arqueólogos, ca-tro auxiliares de arqueoloxía, un piloto de dron e tamén topógrafo e o obxecti-vo é rematar as obras antes de Semana Santa.Esta escavación, ao igual que as reali-zadas anteriormente, están subvencio-nadas en exclusividade polo Concello da Pastoriza e comezaron como un proxecto que puxo en marcha o actual alcalde, Primitivo Iglesias. O obxectivo do Concello é seguir destiñando cartos anualmente para impulsar e estudar en profundidade este lugar representativo do patromonio local.

Inician a cuarta fase de escavacións no Castro de Saa

O voceiro do BNG na Deputación de Lugo, presentou un escrito para so-licitar formalmente a adaptación da limitación de tonelaxe nas estradas da Deputación de Lugo á realidade dos ve-hículos agrícolas e camións de submi-nistro das explotacións agrarias actuais no concello da Pastoriza. Ferreiro infor-mou que “nos últimos tempos estanse a instalar limitacións de tonelaxe nas estradas da Deputación, limitacións que se poñen para preservar o seu es-tado e tamén por imposicións legais, pero que non permitirían a circulación de moitos vehículos necesarios para o normal funcionamento das explota-cións agrogandeiras”.Ferreiro sinalou que “na actualidade, é unha realidade que os vehículos e ma-quinarias agrícola, así como os apeiros asociados e os camións de subministro ás explotacións agrarias, son cada día de maior envergadura, sobrepasando, moitos deles, ese límite de peso co que, coa normativa actual, impediría a súa circulación por estas estradas. Tan-to a normativa actual como o tipo de estradas da Deputación non evolucio-naron ao mesmo ritmo que avanzaron as explotacións agrarias e os vehículos

que estas necesitan para o seu fun-cionamento, estando neste momento completamente obsoletas e necesitan-do unha urxente revisión para adapta-las a realidade actual.Segundo o voceiro do BNG “esta si-tuación afecta a practicamente todos os concellos da provincia, pero algúns deles dunha forma especial dado o seu carácter eminentemente agrícola e as dimensións das súas explotación. Des-te xeito, de non atopar unha solución urxente a este problema, impediría, por exemplo e xa de forma inmediata, o inicio da campaña de ensilado que tería unhas consecuencias demoledo-ras para unha gran cantidade de explo-tacións levando á ruína moitas familias e concellos da nosa provincia.Aínda que dende a Deputación se está a informar que esta limitación de tone-laxe non afecta aos vehículos e maqui-naria agrícola, exención que non inclúe aos camións de subministro e recollida de produtos das explotación e, ade-mais, esta exención non consta oficial-mente en ningún lado, non evitando polo tanto as conseguintes sancións ou inmobilización dos vehículos no caso de incumprimentos da limitación.

O BNG solicita que se acondicionen as sinais de tonelaxe do Concello

O Castro de Saa

Page 16: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

16 abril 2019 publirreportaxe

A parroquia pastoricense da Reigosa celebrou o pasado 28 de outubro o segundo aniversario da recuperación da súa feira mensual. Tras dous anos continuados de traballo, os veciños xa dan por recuperada unha feira que foi unha importante tradición para a zona.Como toda parroquia rural, Reigosa foi epicentro feiral durante o pasa-do menos recente da historia. Como lembran os veciños, “Reigosa foi un dos núcleos importantes da Pastoriza durante moitos anos. Hai 70 anos a nosa aldea contaba con moitas ten-das como farmacia, médico, ferreta-ría, tenda de roupa, bares e ultrama-rinos, entre outros”.Aínda así, o progreso que despobou o rural paulatinamente na ultima parte do século XX tamén castigou a este rincón da Chaira, que foi perdendo poboación pouco a pouco. Co des-censo de veciños, caeron tamén os negocios e tamén as tradicións.Un día desapreceu a súa feira men-sual e ningúen a botou de menos... ata o de agora.A asociación veciñal de Santiago de Reigosa, no labor de salvagardar o seu patrimonio cultural, retomou a súa feira tradicional, que se celebra a última fin de semana de cada mes e tras un ano de traballo e impulso seguen na fenda.“Daquela era unha das únicas feiras da comarca e parecíanos importante recuperar os nosos costumes dándo-lle vida de novo, estamos todos moi contentos de volver a ter esta feira” di a presidenta da asociación de veci-ños Elva Sandamil. O gando era o eixe principal da an-tiga feira e atraía moitísimo público. Hoxe en día, as trabas administrativas impedíronlle a este grupo de veciños recuperar a presenza deste sector pero non faltan os tradicionais postos de calzado, roupa, artesanía, comida, ademais de polbo e churrasco.

ANIVERSARIO. As primeiras feiras de recuperación foron aparecendo e

pouco a pouco foise incentivando á xente a acudir a Reigosa a través de distintas actividades paralelas, sem-pre diferentes e sempre chamativas.No primeiro aniversario a protagonis-ta foi a música tradicional, tanto na animación de rúa coma nos bares. Celebráronse obradoiros de baile tra-dicional e puidose desfrutar de gru-pos de pandereteiras e da gran convi-dada musical que foi Sés, que ofreceu un concerto en acústico.Xa no segundo aniversario optaron por unha sesión vermú ao máis estilo festeiro e como novidade organiza-ron un obradoiro de baile antes da gan foliada vespertina.Pero como a imaxinación non cesa, para atraer máis público, dende a asociación veciñal sempre intentan

facer algunha actividade nova, desde unha exhibición de coches clásicos, a exposicións, ou atraer xente nova cos xogos tradicionais de Xotramu, habi-tuais desta cita mensual vinculada á tradición e á historia da Chaira.Na feira poden adquirirse os produ-tos gastronómicos típicos do país, así como calzado, roupa, artesanía, marroquinería, música, plantas, de-coración, libros, etc. Segue conser-vando ese aire fresco e campestre ao celebrarse ao aire libre no campo da festa e pódese comer o polbo no interior do edificio Mariña Folgueira, que alberga a casa social da locali-dade.A feira ten lugar os derradeiros sába-dos de cada mes facendo honra ta-mén ao pasado desta, que tiña lugar

nas mesmas datas.Non hai dúbida que cada sábado Reigosa vólvese capital da Pastoriza porque acudir á feira mensual é casi unha cuestión obrigada para todos aqueles amantes da feira e da tradi-ción. Ademais, en todas as ocasións xurde unha sorpresa vinculada a unha actuación.Esta última feira estivo adicada ao cine coa proxección da película O Bosque Animado xunto coas tra-dicionais actividades adicadas aos máis pequenos. Esto é así porque Reigosa está crecendo, ten unha natalidade en auxe e para incluír aos máis pequenos na vida diaria saben que teñen que pensar en eles á hora de organizar as súas activi-dades.

PARQUE INFANTIL. A feira de xaneiro estivo adicada precisamente aos pe-quenos cunha gran festa infantil, que se celebrou a media mañá e que se fixo coincidir precisamente coa inau-guración do parque infantil, ao lado do centro social. Houbo actividades de todo tipo para os máis cativos, como coreografías, globoanimación, xogos con música e moitas sorpresas.Foron os propios veciños a través da súa asociación os que fixeron chegar ao concello a demanda de contruír un parque infantil nesta zona. Esto foi debido a que nos últimos tempos au-mentou a poboación infanil e agora son máis de 20 os rapaces que resi-den na zona.Esta obra, que contou cun orzamento de 35.000 euros, foi financiada con cartos do Plan Único da Deputación provincial. Segundo indica o alcalde, Primitivo Iglesias, “localidades como Pastoriza e Bretoña tiñan este tipo de infraestrutura e nos faltaba Reigosa por conseguila”.O parque conta cunha importante zona definida para tal fin e integrada na controna. Ademais de contar con moitos xogos totalmente homologa-dos e aptos para disintas idades.

OUTRAS ACTIVIDADES. Pero a fei-ra é un eixo principal no traballo da asociación, pero non o único. Duran-te todo o ano celebran unha xeira de actividades para todos os gustos e idades, como obradoiros de coci-ña ou de adornos e cursos de todo tipo. O importante é conseguir fixar a poboación en Reigosa, algo no que están colaborando todos coa súa par-ticipación e empuxe.Outas das actividades centrais desta asociación é a celebración do concur-so de redacción Mariña Folgueira que vén de publicar as súas bases anuais precisamente o 1 de abril.Esta iniciativa ten como fin pór en valor a cultura e a lingua galega e nace tamén co ímpeto de conseguir espertar nos escolares o interese por contar historias.

Cita co pasado o último sábado de mesA asociación de veciños da Reigosa recuperou fai un ano e medio a feira anual, que desaparecera por causas descoñecidas

Diferentes vistas dos postos da feira

Edificio do Centro Cultural e social Mariña Folgueira

Page 17: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019 17publirreportaxe

>> Santiago de Reigo-sa é unha parroquia do concello da Pastoriza.

>> 5,7 quilómetros ca-drados.

>> Neste ano hai cen-sados 165 habitantes, dos cales 6 son meno-res de 3 anos.

>> Lugares da parro-quia: As Bargueiras, A Carballeira, A Casa-ría, As Coroas, A Ermi-da, Os Gueimondes, A Grandela, A Igrexa, Os Lagos, O Lameiro, Os Lousedos, Palloza, Se-ñorín, Tuche, A Valiña e O Vilar.

A REIGOSA

A feira é un eixo principal no traballo da asociación de veciños da Reigosa, pero non o único

Cita co pasado o último sábado de mesA asociación de veciños da Reigosa recuperou fai un ano e medio a feira anual, que desaparecera por causas descoñecidas

Posto de froitasVista dos postos

Vista dos postos de roupa

Parque infantil da Reigosa

Posto de queixos e embutidos

Posto de venda de recordos da recuperación da feira

Na feira poden adquirirse os produtos gastronómicos típicos do país, así como roupa, artesanía, plantas, libros...

Page 18: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

actualidade18 abril 2019

castro de rei

O Polo aeroespacial de Galicia estará presente na feira AUVSI Xponential 2019 de Chicago, que é o primeiro encontro mundial do sector que se celebra do 30 de abril ao 2 de maio e supón unha ex-celente oportunidade para que as em-presas participantes poidan establecer contactos comerciais e de colaboración a nivel tecnolóxico. O traballo que se está a desenvolver no Polo Aeroespacial de Galicia estase a ma-terializar grazas á implicación de multina-cionais como Babcock, Indra ou Boeing, e do medio cento de empresas e centros de coñecemento galegos que participan nestes proxectos, con máis de 300 profe-sionais dedicados a eles. Así, o novo equi-pamento do que vai dispoñer a torre de

control, o futuro parque industrial, ou o éxito comercial do helicóptero non tripu-lado Lúa, deseñado por Babcock e fabri-cado pola empresa do Porriño, Soldatec.Ademais o Polo Aeroespacial de Galicia é o primeiro banco de motores de drons do Centro Tecnolóxico da Automoción (CTAG), ou o campo de ensaio do soft-ware de xestión de flotas da compostelá Coremain. E que nel tamén se están a desenvolver, a través da compra pública innovadora, diferentes solucións tecnolóxicas que van permitir aplicar o uso de drons en determinados servizos públicos, con 10 licitacións xa adxudicadas. Entre eles, na seguridade da flota pesqueira ou na xes-tión forestal e do territorio.

O Polo espacial de Rozas estará na Auvsi de Chicago

O Concello de Castro de Rei ten pre-visto poñer en marcha en próximas datas un proxecto de rexeneración de dúas pistas que se atopan dentro da parroquia de Triabá. A execución dos traballos, para os que o consistorio xa realizou o proxecto e solicitou unha axuda do Plan Marco de Camiños da Xunta de Galicia, precisan dun orza-mento de 91.960 euros.A primeira dás pistas que se renovará é a que conduce ao barrio da Granda e que pasa por diante da farmacia

de Triabá. Os traballos consistirán na limpeza de cunetas, a aplicación de aglomerado en quente e o pintado da estrada.Tamén se prevé mellorar dentro do mesmo proxecto a pista que pasa por diante da igrexa parroquial de Triabá e que conduce ao barrio do Folgar. A idea e tamén limpar as cunetas, botar unha capa de aglomerado en quente e facer o pintado do vial. Como explica o alcalde, trátase de dúas pistas que se atopan moi deterioradas.

O Concello proxecta obras de mellora de dúas pistas en Triabá

A Sociedade Deportiva Cultural Amigos do Miño non organizará este ano a súa tradicional Festa da Troita do Río Miño, que tradicio-nalmente tiña lugar durante o mes de abril na parroquia de Ponte de Outeiro. Pola contra, o que si fará será dous concursos exclusivos para socios para poder clasificarse para os cam-pionatos provinciais.O día 20 de abril será o concurso de mosca nas zonas dos ríos sen mor-te do Azúmara e do Anllo, e o día 27 será o de lance no río Miño nos coutos de Terra Chá, Castro de Rei e Cospeito.

Este ano non haberá Festa da Troita na parroquia de Ponte de Outeiro

A localidade de Castro Ribeiras de Lea celebrará un ano máis o seu popular concurso de tapas, que terá lugar os días 5, 6, 7 e 12, 13 e 14 de abril, coincidindo coa fin de semana, e que este ano acada xa a sexta edición. Este concurso está organizado por diferentes bares da zona co obxec-tivo de atreaer clientela aos locais ao mesmo tempo que promocio-nan as súas especialidades. Nos poucos anos que leva en funciona-mento aseguran os organizadores que está concurso está consolida-do pola gran cantidade de partici-pantes que atrae.Como en edicións anteriores, se-rán dez locais desta vila os que presentarán a súa tapa estrela para que sexa valorada polo pú-blico e por un xurado de expertos. O público cos seus votos decidirá

o gañador, pero tamén haberá un gañador segudo o voto do xurado que este ano conta con expertos como Eduardo propietario do Edu-ri e Caseta da Barra Lugo; Carlos cociñeiro do Merenzao de Sober; e David cociñeiro da Mirandilla de Rinlo.Os locais partipantes son: Río Lea, Arrincadeira, Chus, Suso, Amén-doa, L&M, Fénix, Mariva, Sagi-tario, Paco. Os visitantes que se acheguen a degustar as tapas dos dez bares entrarán nun sorteo que ten cinco premios 600, 300, 150, 100 e 50 puntos, que son un gran alicerce para achegarse á vila du-rante as dúas fins de semana. As tapas serán propostas innova-doras, que serán servidas en hora-rio de 20:00 a 00:00 horas, e cun prezo de dous euros. Haberá un servizo de buses que fará o per-

corrido dos bares durante toda a noite e de balde.O luns 15 darase a coñocer os ga-ñadores polo xurado popular e de expertos.

O concurso de tapas terá lugar as primeiras fins de semana de abril

O Concello de Castro vén de poñer en marcha 14 cámaras de videovixilancia do parque empresarial de Castro Ribeiras de Lea, instaladas no pasado mes de setem-bro cun orzamento total de 27.000 euros cunha achega da Consellería de Econo-mía e Industria.Mediante a resolución notificada o día 14 de marzo, o delegado do goberno en Galicia autorizou a posta en marcha das 14 videocámaras fixas instaladas no par-que empresarial de Castro, que funcio-narán dende as 20:00 horas ata as 8:00 horas, tal e como se solicitara por parte do Concello para garanter a seguridade dentro do recinto industrial.Trátase de once cámaras tipo IP con gra-vación día e noite, 3 cámaras lectoras de matrícula, un disco duro para o sistema de gravación de imaxes e datos e a ins-talación dos armarios onde se gardará o cableado e o disco duro.Básicamente, son cámaras de control de tráfico e están ubicadas na entrada e saída do propio polígono co obxetivo de aumentar a seguridade das empresas, xa que aínda que están previstas para o trá-fico farán un efecto disuasorio para evitar roubos.As gravacións deberán ser destruídas dentro do prazo dun mes dende a súa

obtención, salvo nos supostos nos que estean relacionadas con asuntos de ca-rácter penal, e en todo caso só terán ac-ceso ás mesmas os responsables das for-zas e corpos de seguridade dos estado.Dende o Concello están moi satisfeitos polo escaso tempo transcorrido entre a petición de autorización e a resolución que autoriza a posta en marcha das vi-deocámaras, que sen dúbida permitirá incrementar a seguridade de todo o par-que empresarial, algo que sempre foi de-mandado por empresarios que sufriron roubos nas súas instalacións.Esta iniciativa está apoiada pola asocia-ción de empresarios do polígono, que din que “tanto son boas para regular o tráfico como para aumentar a segurida-de. Polo menos agora terano máis com-plicado”.O último roubo no polígono foi no 2016 na nave multiusos que ten o propio Con-cello da que os cacos levaron un todote-rreo e maquinaria municipal.No polígono de Castro existen case 30 empresas de diferentes sectores, e xa non quedan par-celas libres, por iso, dende a asociación de empresarios do polígono insisten na ampliación, que podería sumar 4,5 hec-táreas que farían un total de 22 novas parcelas.

As cámaras de videovixilancia do parque empresarial, en marcha

Page 19: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019actualidade 19

muras

O Consello Galego de Turismo por fin recoñeceu a declaración da Feira do Poldro de Muras como Feira de Intere-se Turístico Galego. ”Ademais da axuda anual de 3.000 euros, o que máis nos importa é o prestixio e o bo nome que dá para Muras”, di o alcalde Manuel Requijo, “é unha feira con tantos even-tos, con tanta asistencia que é moi im-portante para a zona”.A Festa do Poldro de Muras celébrase desde hai máis de 30 anos. Esta cita naceu pola iniciativa dun grupo de ve-ciños para a exaltación e comercializa-ción do poldro e a súa carne, un pro-duto autóctono, criado en liberdade e cunha alimentación natural.Esta aprobación chega no medio da tramitación de axudas para este tipo de eventos, que este ano duplicará a partida ata superar os 600.000 euros. Deste modo as festas poderán optar a unha subvención por parte do Gober-no autonómico de ata 6.000 euros.

EDICIÓN 2018. Un total de 400 cabezas de gando e cinco curros, 3.000 coches e máis de 6.000 visitantes foi o balance da IX edición da Feira do Poldro que se celebrou en Muras o 22 e 23 de setem-bro do ano pasadoSegundo informou o alcalde, Manuel

Requeijo, foi unha das máis concurri-das dos últimos anos tanto en número de cabezas de gando como en visitan-tes, un fenómeno no que tivo moito que ver o bo tempo que fixo os dous días e un programa con varias novida-des que causaron sensación entre o público.Ademais, dúas actividades causaron sensación entre os asistentes, a poda

en altura de Husqvarna así como as carreiras de cabalos que mantiveron á xente na feira ata as oito da tarde.O éxito de visitantes tamén quedou reflectido nas 550 hamburguesas Ga-ñidoira que repartiu o Concello na súa carpa e que se esgotaron aos poucos minutos. Este produto está elaborado ao 80% con carne de poldro e o resto de porco celta.

A Festa do Poldro xa é de Interese Turístico Galego

No 2018 houbo uns 6.000 visitantes e baixaron 400 cabezas de gando

O Concello de Muras vai rehabilitar completamente o estado da piscina municipal ubicada na área recreativa da Veiga, na que amañará o vaso de adul-tos facendo unha impermeabilización do mesmo, porán un novo acabado de baldosas cerámicas e mellorarán os sis-temas de depuración de augas.Na zona infantil farán un vaso novo de 8 metros de diametro e 50 cm de pro-fundidade que comunicará co máis pe-queno que ten 4 metros de diametro e 30 cm de profundidade, ademais de colocar barandas para a seguridade dos máis cativos. Para esta obra o goberno municipal destina 110.000 euros e ten

un prazo de execución de dous meses co cal estará aberta para o seu desfrute no verán.”Todo está enmarcado na mellora e pos-ta en valor da área recreativa da Veiga, e ademais pecharemos con peche vexetal para facer un espazo un pouco máis re-collido” di o alcalde, Manuel Requeijo.”Estamos potenciando a zona, é di-cir, a piscina, as rutas de sendeirismo que parten da área e o bar restauran-te O Peregrino que se vai adxudicar a súa xestión nos próximos días. A idea é crear un espazo de dinamización do Concello a partir de todo esto”, engade o rexidor.

PONTE BERMUZ. Trinta anos despois da construción da Ponte Bermuz, que une os municipios de Muras e Vilalba, pasa-rá pola rehabilitación da ponte vella.Xa está pechado o prazo de licitación para a obra de rehabilitación da Ponte, unha construción do século XIX. Nos próximos días procederase a apertura dos sobres para a adxudicación da obra.Despois de xuntazas dos alcaldes de Muras e Vilalba co presidente da Depu-tación para buscar unha solución para a esta zona por fin “vaise levar a cabo e imos acabar con esta vergoña que foi un exemplo de despilfarro de cartos públi-cos”, di o alcalde.

O Concello remodelará a piscina da Veiga antes do verán

O Concello de Begonte vén de re-matar as obras de aglomerado de vías municipais nas parroquias de Trobo, Felmil e Saavedra. Estas obras corresponden ao Plan Único do ano pasado e poñen fin ao final do orzamento para este capítulo, así como tamén remataron as obras que quedaban por executar do Plan de Camiños da Xunta.

Segundo indicou o alcalde da loca-lidade, José Ulla, están a redactar o plan de obras que se incluirán no Plan Único da Deputación Provincial e no que se se destinará unha parti-da, un ano máis, as obras de aglome-rado. “Seguimos co compromiso de cambiar toda a rede viaria a aglome-rado en quente e seguirmos a facelo durante este ano”, indicou Ulla.

O Concello remata obras en tres parroquias

begonte

O Concello de Begonte celebrará o día 6 de abril a Festa da Xuven-tude, unha celebración na que se busca ofrecer unha alternativa de ocio á xente moza do Concello e que conta cunha gran demanda.A festa, que terá lugar en sábado na praza do Concello, contará coa actuación do Grupo Cañón e de La Fórmula, orientados á música dos máis novos e que manterá aos asistentes cun surtido musi-cal ata altas horas da madrugada.A festa arrincará ás 21.00 horas cunha churrascada popular á que están invitados a participar todos os veciños.

Begonte celebra o día 6 a Festa da Xuventude

A Asocicación Castiñeiro Milerario de Begonte vén d organizar o I Ciclo de Cine Galego que contará coa proxec-cións de catro filmes de temática varia-da e de forte implicación social. Cine no que poderase ver como eran aqueles mariñeiros que embarcaban e levaban a música tradicional polos confíns do mundo; como un caso de corrupción e de explotación feminina fai tremer toda unha sociedade como a lucense co Caso Carioca, tan de actuali-dade estes días; como uns mozos che-gan a unha pequena parroquia galega para intentar coñecer a súa profunda

idiosincracia e para rematar, poder coñecer ao gran Camilo de Dios, unha personaxe loitadora pola libertade e a memoria histórica.O ciclo, que comezou na Casa do Pobo de Castro o 9 de marzo coa proxección Dos Gaiteiros do mar, trasladarase á Casa da Cultura de Begonte o 13 de abril coa proxección de Benvidas ao Club de Carmen Granxeiro. O día 4 de maio será a vez de Entrar aos Vilares de Cibrán Tenreiro, e Camilo, o último gue-rrilleiro de Alba Sánchez, porá o punto final ao ciclo o 25 de maio. As proxec-cións serán ás 19.00 horas.

Castiñeiro Milenario organiza o I Ciclo de Cine Galego

Page 20: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

20 abril 2019 publirreportaxe

A presenza do Plan Único na Chaira

CONCELLO TOTAL

Abadín 329.275,80 euros

Begonte 290.246,58 euros

Castro de rei 380.025,14 euros

Cospeito 354.704,69 euros

Friol 398.304,97 euros

Guitiriz 429.524,47 euros

Meira 218.660,34 euros

Muras 283.387,68 euros

Outeiro de rei 344.203,47 euros

Pastoriza (a) 317.851,11 euros

Pol 261.969,64 euros

Rábade 193.177,35 euros

Riotorto 234.354,98 euros

Vilalba 500.000,00 euros

Xermade 301.341,24 euros

Totais 4.837.027,46 euros

Os quince concellos da comarca recibiron un total de 4,8 millóns de euros

O 50% dos fondos teñen que ser destinados a obras

Dos fondos asignados, deberán destinarse un mínimo para o Servizo de Axuda no Fogar

CONCELLO MÍNIMO SAF

Abadín 25.107,27 euros

Begonte 22.040,64 euros

Castro de rei 18.860,92 euros

Cospeito 14.054,06 euros

Friol 25.788,74 euros

Guitiriz 24.766,53 euros

Meira 7.978,86 euros

Muras 24.766,53 euros

Outeiro de rei 21.359,16 euros

Pastoriza (a) 23.062,85 euros

Pol 22.040,64 euros

Rábade 18.292,53 euros

Riotorto 22.040,64 euros

Vilalba 27.833,17 euros

Xermade 23.403,58 euros

Totais 321.396,12 euros

Page 21: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019 21publirreportaxe

Usuarios do SAF de Guitiriz

>VILALBA

Co DEPUEMPREGO reforzouse a prestación de servizos municipais aos veciños do municipio, coa contratación de 9 traballadores>GUITIRIZ

77.000 euros para prestar atención profesional aos maiores co

SAF e a teleasistencia>CASTRO DE REI

175.000 euros para a mellora da rúa Xosé Trapero Pardo, en Cas-tro Ribeiras de Lea.>OUTEIRO DE REI

Con 223.000 euros melloráronse os accesos a 18 núcleos rurais de 14 parroquias>FRIOL

A través do DEPUEMPREGO os veciños beneficiáronse dun investi-mento de máis 200.000 euros para a contratación de 20 veciños que estaban no paro.>A PASTORIZA

Rehabilitación da Casa Galocha tamén coñecida como Casa do Médico xa se habilitou unha pequena praza, abriuse unha rúa e creouse un novo espazo axardinado.>BEGONTE

A III Carreira Popular de Begonte converteuse nunha ocasión espe-cial de desfrute para grandes e pequenos.>ABADIN

Achegaronse máis de 200.000 euros para renovar e modernizar o edificio consistorial.>XERMADE

Apoio da Deputación no Encontro de torneiros, unha cita interna-cional que xa se atópa máis consolidada que nunca. >MEIRA

A nova área de autocaravanas ofrecerá un total de oito prazas, conta cun orzamento de 38.000 euros.>RÁBADE

As escolas deportivas reciben 8.000 euros e aumentan ano a ano, contan hoxe en día con máis de 100 usuarios.>POL

A Festa do Emigrante recibe unha achega de 4.000 euros a esta festa, dentro da súa aposta pola celebración de eventos lúdicos e culturais.>MURAS A través do orzamento de 175.000 euros rehabilitáron-se ducias de accesos rurais e melloras en sistemas de iluminación públicas.

RESULTADOS

Casa da Galocha da Pastoriza

Depuemprego en Friol

Carreira popular de BegonteÁrea de autocaravanas

O Plan Único é un plan pro-pio de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal, en cuxa elabo-ración deben participar os concellos da provincia. O plan deberá conter unha memoria xustificativa dos seus obxectivos e dos cri-terios de distribución dos fondos, criterios que en todo caso han de ser obxec-tivos e equitativos e entre os que estará a análise dos costes efectivos dos ser-vizos dos concellos. Pode-rá financiarse con medios propios da Deputación, as achegas municipais e as subvencións que acorden a comunidade autónoma e o Estado con cargo aos seus respectivos orzamentos.

Page 22: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

actualidade22 abril 2019

AO NOSO CARÓN

O Concello de Friol convocou a a terceira edición do seu concurso de investiga-ción cultural no que diferentes traballos de tipo histórico, cultural e etnográfico relacionados con costumes, festexos ou tradicións do municipio optan a ser pre-miados. Un ano máis o concello establece un pri-meiro premio de 2.000 euros e un segun-do de 500.Segundo indicou o alcalde, José Ángel Santos, “o Concello realiza un importan-te esforzo económico ao facerse cargo do montante dos premios, ao mesmo tempo que leva a cabo diferentes medi-das para tratar de promover e difundir o patrimonio cultural do municipio, unha delas é continuar con esta actuación de importante valor para Friol”.O rexedor anima a que participen o maior número de persoas achegando os

seus traballos para esta nova edición, á vez que destaca a cantidade e alta cali-dade dos traballos das edicións anterio-res. Sinala tamén o seu agradecemento pola colaboración e implicación desde a Facultade de Ciencias da USC e Carballo Vivo, “xa que sen a súa colaboración e achega posiblemente este premio non fose unha realidade”.Neste acto de presentación estiveron presentes as tres entidades que pro-moven o premio, o Concello de Friol, representado polo alcalde popular, José A. Santos; a asociación Carballo Vivo, re-presentada polo seu presidente José Ma-nuel Igrexas, e a de Facultade de Ciencias de Educación, representada polo profe-sor universitario Jesús Rodríguez. Todos eles coinciden na importancia de seguir traballando pola posta en valor do patri-monio do municipio.

Convocan a III edición do concurso de investigación

Presentación da nova edición do concurso de investigación

O Concello de Friol ten previsto destinar unha parte importante dos cartos pro-cedentes do Plan Único ao acondicio-namento de varias pistas municipais en diferentes parroquias do municipio.Debido á gran extensión do municipio e á numerosa cantidade de quilómetros de pistas e estradas que comunican o mesmo, desde o equipo de Goberno do Concello de Friol apostan “por seguir investindo na mellora dos seus viarios, xa que debido ás condicións meteoroló-xicas adversas o tránsito diario e o paso do tempo fan dano ao estado das vías”.Este investimento está dividido en dous proxectos de execución, así nesta oca-sión, parte do Plan Provincial Único de colaboración cos concellos está destina-do á pavimentación de diferentes vías e accesos nas súas parroquias. Actuarase nuns 28 kms da rede viaria municipal, nesta ocasión en accesos da parroquia de Ramelle, na Rocha, no núcleo do Vi-lar, parroquia de Xiá, en Fonte do Can, Condes, Lagouzos, parroquia de Cotá,

no Mozón e Quintiá, pertencentes á parroquia de Ousá, en Pradeda, Lea. Ta-mén se pavimentarán accesos na Fraga, Toxo, as Pozas, e en Prado de Abaixo. No núcleo de Lamas repavimentarase a to-talidade dos accesos e nas Pardellas.O rexedor friolense manifesta que o POS é un plan vital para o noso concello, pois temos comunicadas por diferentes estradas 32 parroquias polo que inves-tir na súa mellora supón beneficiar a calidade de vida dos nosos veciños”, así pois, neste plan invístense en total uns 300.000 euros cos que se pretenden sanear e repavimentar os viarios que comunican parroquias, “pois debido ás condicións meteorolóxicas adversas e outras factores vanse deteriorando”.Dende o equipo de Goberno “continúa-se cos esforzos necesarios para tratar de manter e mellorar os accesos no rural do municipio, algo primordial para mellorar o nivel de vida dos veciños e que iso repercuta na rendibilidade das explota-cións asentadas no mesmo”.

Destinan 300.000 euros do Plan Único á mellora das estradas municipais

A Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá volveu facer historia e logrou un novo récord de visitantes e de ven-tas. De feito, Friol colapsouse tanto pola afluenza de visitantes como de vehículos. A media mañá xa non ha-bía onde aparcar, tanto as rúas como as instalacións que desde o Concello habilitaron para ese fin quedaron pe-quenas debido ao gran número de vehículos que foron chegando a Friol.Estímase que a cifra de visitantes des-te ano superou as 20.000 persoas, algo inédito nesta cita que este ano rompeu con todos os récords que tiña ata a data.Os 13.500 queixos que se expuxe-ron non chegaron a nada para tanta demanda e sobre as 13:00 horas xa non quedaban existencias. En canto ao pan, máis do mesmo. As preto de 4.000 pezas de pan e derivados esgo-táronse a media mañá.Tanto as queixerías como as panade-rías non daban crédito do que estaba a suceder, estaban afeitos a vender case todo, pero segundo testemuños, “nunca sucedeu tal cousa”, sacában-llos das mans e en cuestión de dúas horas desde a apertura da feira que-daron esgotados os dous produtos estrela.O acto de inauguración, consistente no corte de cinta, estivo a cargo da queixeira Estrella Buján, acompaña-

da polo recentemente xubilado mu-nicipal do Concello Manuel Prado, ambos acompañados polo alcalde de Friol, José Ángel Santos, todos os concelleiros do equipo de Goberno e o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. Á edición deste ano asistiron visitantes chegados dende todos os puntos de Galicia, con auto-buses desde Vigo, Culleredo, Ourense e visitantes particulares de Asturias ou mesmo de Portugal.Nesta masiva afluencia de visitantes tivo moito que ver as especiais condi-cións meteorolóxicas, cun día espec-tacular, pero “tamén parte do gran éxito de visitantes é debido ao esfor-

zo que este ano o Concello fixo na di-fusión e na publicitación do evento”, indicou o alcalde da localidade.A través de Correos, ademais do gran número de carteis que se difundiron por toda a xeografía galega, tamén se fixo un buzoneo en 71.000 vivendas, a difusión nos diferentes medios de comunicación e dos programas des-tes que lle dedicaron nesta 27 edic-ción.O alcalde agradeceu e felicitou ás queixerías e panaderías que partici-paron nesta cita e animounos a que fagan un esforzo en canto a produción para o próximo ano e así aproveitar o tirón que está a ter este evento.

Récord de visitantes e de ventas na Feira do Queixo e Pan de OusáEsgotáronse as existencias a media mañá trala visita de 20.000 persoas

As instalacións previstas quedáronse pequenas pola gran afluencia de visitas

friol

O veciños das parroquias de Seoane e Mundín, en Friol, veñen de lembrar á Xunta a necesidade de acelerar o proce-so de concentración parcelaria solicita-do no ano 2007 á Consellería de Medio Rural. Entre ambas as parroquias suman 370 hectáreas das cales o 95% están des-tinadas ao uso agrario. Na actualidade existen 22 explotacións de vacún, das ca-les 14 están destinadas a vacún de carne e as restantes á produción de leite, en to-tal suman unhas 600 cabezas de gando.Nos últimos anos as explotacións destas dúas parroquias levaron a cabo unha im-portante transformación para poder ser máis competitivas, cun investimento sen precedentes na zona, que se achega a uns 11.000.000 euros.Os veciños consideran prioritario “a exe-cución da súa concentración parcelaria para que as familias poidan subsistir me-diante as súas explotacións e poder con-tinuar co crecemento do sector gandeiro na zona, dado que se non é posible de-vandito crecemento quedarían descol-gados das demandas do mercado e por tanto tenderían ao peche e á desapari-ción das súas explotacións, único medio de vida en ambas as parroquias.

Un dos problemas que carrexa o de non dispoñer das parcelas concentradas é o manexo do día a día do gando que pasto-rea nas leiras.Nos últimos anos incorpo-ráronse ao sector agrario nestas dúas pa-rroquias nove novos, os cales se atopan agora cunha problemática importante, dado que uns dos compromisos adqui-ridos coa administración Autonómica no momento da xustificación das distintas subvencións que lles foron concedidas, era dimensionar as súas explotacións, compromiso que na actualidade non po-den levar a cabo debido ao minifundis-mo da zonas. Outro dos factores que se lles complica é o de laborear parcelas de tamaño reducido, encarece dunha ma-neira considerable o gasto en sementar, abonar e recoller a forraxe.O alcalde, unha vez escoitado aos veci-ños transmitiulles o apoio total e incon-dicional ás súas demandas, e “considera inxustificable que un expediente de con-centración parcelaria solicitado hai 12 anos e cos informes sectoriais favorables, non fose executado por parte da Conse-llería, á vez que ve como algo fundamen-tal para o correcto desenvolvemento da zona que o demanda”.

Seoane e Mundín piden axilidade na concentración parcelaria A oficina de Extensión Agraria de Friol,

en colaboración co Concello, celebra-rán o 4 de abril unha charla informativa das novidades na tramitación das soli-citudes da PAC aberta de carácter gra-tuíto. A conferencia terá lugar a partir das 11.00 horas no Centro Socio-Culu-tral de Friol, situado na rúa Deputación e será Fernando López, xefe do Servizo do FOGGA, o encargado de dar as expli-cacións e atender ás preguntas que os asistentes desexen plantexar.

Charla sobre a PAC

Un ano máis, a Festa do Porco Celta de Friol celebrarase no mercado gandeiro de Friol o día 4 de maio. Na que xa é a cuarta edición participarán produtores deste ani-mal que o que buscan é poñer en valor a calidade da carne deste porco de antiga raza e promocionar aos criadores da zona de Friol, xa que esta raza porcina é a única autóctona de Galicia de protección espe-cial e en perigo de extinción.Espéranse bastante afluencia de público, como nestes últimos anos. Haberá unha cea, que constará dun menú baseado nes-te tradicional alimento e unha orquestra que amenizará a noite.

Festa do Porco Celta

Page 23: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019actualidade 23

meira

O Concello de Meira organizou un novo obradoiro de Poda para o sá-bado 6 de abril, que terá lugar entre as 10.00 e as 14.00 horas e de 16 a 20 horas. Este obradoiro substitúe ao previsto para o 23 de marzo. Neste caso o obradoiro avanzado de poda tratará especies que non se viron nos outros obradoiros, así coma árbores decorativas e de xardín (tuias, olivas, camelias, magnolios, etc) e afondara-se na poda que xa deron noutros cur-sos para sacarlle o máximo proveito.

Engadirán tamén a parte de xardine-ría posto que algunhas desas árbores son usadas en xardíns ou con moti-vos estéticos, e de paso comezarán a aprender como sacarlle proveito ao xardín, ideas novas, propostas deco-rativas e funcionáis, etc.O prazo de inscrición estará aberto ata cubrir as prazas por orde de inscri-ción ata completar aforo (20 prazas) na Oficina de Turismo de Meira, no Tfno: 618.679.632, por mail a: [email protected].

Obradoiro de poda o día 6

O alcalde de Meira, Antonio de Dios, visitando as obras

Tres Institutos de Educación Secunda-ria lugueses participan este curso no programa Apuntámonos a non beber, dirixido a alumnado de 1º da ESO. Na provincia de Lugo toman parte no proxecto un aula do do IES Pedregal de Irimia de Meira, ademais do IES Río Cabe de Monforte de Lemos e do IES do Camiño de Palas de Rei.O programa desenvólvese durante este segundo trimestre e o terceiro. Ten entre os seus obxectivos específicos atrasar a idade de inicio do consumo de alcohol na adolescencia; potenciar as habilidades para saber dicir que non ante as presións grupais; reforzar as ac-cións preventivas sobre o alcohol reali-zadas previamente na aula e potenciar a realización das actividades en grupo, para favorecer a introdución das men-saxes de hábitos de vida saudables.As actividades veñen de comezar nos centros participantes cunha primeira xornada de formación inicial, na que téc-nicos responsables do programa se en-cargan de proporcionar nocións básicas sobre o concepto de dependencia, abor-dar os mitos sobre o consumo de alcohol e aspectos relativos á prevención do seu consumo en menores de idade.

A seguinte fase, de investigación, consiste en recompilar anuncios pu-blicitarios ou promocións de bebidas alcohólicas e analizar as estratexias empregadas para captar aos consumi-dores.Na terceira e última fase, os alumnos e alumnas poden escoller entre dúas categorías de participación: realizar unha análise crítica dunha campaña publicitaria dun produto xa comercia-lizado, ou ben elaborar unha campa-ña de contrapublicidade dun produto alcohólico publicitado. Ao final ou-torgaranse dous premios, un en cada categoría, entre os traballos realizados polo alumnado das diferentes aulas participantes.O proxecto Apuntámonos a non beber é dun dos programas educativos ofer-tados dentro do plan Proxecta da Con-sellería de Educación. Pretende involu-crar a toda a comunidade educativa e busca, entre outros obxectivos, que os rapaces coñezan a relación do alcohol coa saúde e cos riscos de exclusión so-cial; que non se normalice a conduta de consumir alcohol nos adolescentes e fomentar os valores de prevención entre as familias.

Alumnado súmase ao programa ‘Apuntámonos a non beber’

O Concello de Meira segue na súa liña de mellorar a accesibilidade no propio edificio consistorial. Así, está preparando o oco para un as-censor adaptado e homologado, ademais de levar as ramplas de acceso ao mesmo.Aínda que o Concello meirego for-ma parte do que fora un monasterio medieval, estanse a respetar os ma-teriais e as zonas. Así o Concello des-tinou unha partida de 70.000 euros para este proxecto, no que ademais entra a reubicación da oficina de tu-rismo, que estaba na praza do Con-vento e agora estará na parte frontal do consistorio.Tamén, dende o Concello comuni-can que queren instalar en Meira a oficina comarcal de Correos, que

beneficiará a todos os veciños da contorna, ademais de ser unha rei-vindicación dos comerciantes e em-presarios da zona, xa que a oficna actual ten un horario moi reducido que é de luns a venres ata ás 11.00.

AUTOCARAVANAS. Ademais co fin de atraer a máis turismo, están a crear unha área de autocaravanas nunha leira de titularidade munici-pal situada fronte á residencia de maiores, na rúa Fray Vidal.Esta nova instalación ofrecerá un total de oito prazas. O proxecto con-ta cun orzamento de 38.000 euros, financiado co Plan Único 2018, e in-clúe tomas de auga, luz e desaugues químicos, así como zona verde con bancos.

Comezan a instalar o ascensor no Concello

A Confraría Nosa Señora do Pedregal ten preparado xa o programa de Semana Santa deste ano no que se conmemora tamén o décimo aniversario da creación desta entidade.Tamén, por primeira vez, esta confra-ría irmandouse coas dúas existentes na Pontenova e celebrarán de forma conxunta a Semana Santa. De feito, os actos repartiranse do seguinte xeito, os meiregos visitarán A Pontenova o Xoves Santo e estes últimos acudirán a Meira o Venres Santo.Para celebrar a popular Semana Santa en Meira abrirán a programación o 14 de abril, Domingo de Ramos, coa procesión da Borriquita, na que participan uns 40 nenos e nenas, tendo lugar a bendición dos ramos ás 19 horas na praza Maior, e a continuación a celebración da euca-ristía. O 17 de abril terá lugar a popular Tamborrada, ás 22 horas. As dúas for-macións de percusións participantes, Peña Santa María e Peña O Formento, sairán da igrexa e percorrerán as rúas da vila anunciando o comezo da Semana Santa. O 18 de abril, Xoves Santo, será a celebración da Última Cea ás 18 horas. A continuación, a Confraría Nosa Señora do Pedregal participará na procesión que se celebra na Pontenova.

O Venres Santo terá lugar o Vía Crucis so-lemne ás 12 horas polas naves da igrexa (rito tradicional dos monxes de cando o cenobio estaba aínda habitado). Ás 20:30 horas celebración da Paixón e a conti-nuación Procesión do Santo Encontro coas imaxes da Virxe das Dores, o Cristo Nazareno e o Cristo Crucificado, na que participan máis de 300 persoas, a Banda Municipal de Música, Banda Municipal de Gaitas e as Confrarías da Pontenova (Confraría do Cristo da Agonía e Confraría da Esperanza).Paralelamente aos actos relixiosos, ha-berá unha exposición na igrexa de Meira dende o domingo 14 ao domingo 21, dos 10 anos de historia da confraría, así como imaxes das procesións, hábitos dos con-frades, carteis, etc.

DÉCIMO ANIVERSARIO. Este ano, con motivo do décimo aniversario, elaborou-se unha revista conmemorativa das dis-tintas actividades que se levan realizado dende a súa creación.A Confraría Nosa Señora do Pedregal creouse o 22 de febreiro do 2009 con 80 confrades, sendo na actualidade 470. Realiza actividades durante todo o ano, tales como o Belén vivinte, Cabalgata de Reis, mercadiños benéficos, obradoiros,

xantar popular, alfombras florais, choco-latada de Nadal, etc.No 2011 organizaron as alfombras florais de Lugo con motivo da festividade de Corpus, alfombrando a praza de Espa-ña, a praza de Santa María e a contorna da Catedral. Ademais, a confraría está a estudiar a celebración dun concerto de música medieval de cara ao verán. Para conmemorar o aniversario da confraría, teñen previsto celebrar o día 17 de maio un xantar de irmandamento.

O irmandamento coas confrarías da Pontenova marcan a Semana Santa

Felipe Neito será a persoa que volva a encabezar a lista do BNG para as eleccións municipais de maio. Dende o BNG estase traballando para aportar ao concello un cambio responsable “que impulse políticas para que este concello conte cos servizos que se anuncian pero non se poñen en mar-cha” e argumentou “Meira precisa das políticas do BNG para activar moitos proxectos que están estancados den-de fai moito tempo”.Nieto afirmou “temos un equipo para gobernar, formado por persoas de recoñecida solvencia e integridade” e engadiu “Meira precisa proxectos novos e ilusionantes para converterse nun polo de atracción para que xente nova veña a vivir no noso concello. O candidato á alcaldía, con experien-cia na vida municipal afirmou “imos a por todas por que estamos convenci-dos de que é o momento de darlle un cambio á política deste concello que provoque o aumento da autoestima das nosas veciñas e veciños”.

Felipe Nieto encabezará a candidatura do BNG

Page 24: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

actualidade24 abril 2019

riotorto

O Concello de Riotorto organiza unha excursión a Oporto que se desenvolverá os días 4 e 5 de maio. A actividade está organizada polo Concello e dirixida a to-das as persoas empadroadas, tendo pre-ferencia as inscritas nas actividades dos centros veciñais. A organización estable-ceu un límite de 50 prazas e a inscrición deberá facer no teléfono 608 897 418. A excursión, que ten un prezo de cen eu-ros, sairá ás 7.30 horas de Riotorto con parada en Santiago ás 9.00 e chegada a Oporto ao mediodía para xantar.Pola tarde haberá unha visita guiada pola cidade do Douro e unha cea nun restau-rante local. Ao día seguinte está previsto un paseo en barco polo Douro e degusta-ción de viño nas adegas locais. Tras comer na vila, á tarde visitarán Valença do Miño volvendo a Riotorto sobre a medianoite.

O Concello organiza unha viaxe a Oporto

A Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que chega este ano a súa edición número XIII, terá lugar o domingo 14 de abril. Esta festa está organizada pola Asociación de Ferreiros en colaboración co Concello de Riotorto e subvencio-nada pola Deputación Provincial e a Xunta de Galicia. Non deixa de ser unha das celebracións de máis trancendencia en Riotorto acollen-do todos os anos unha gran canti-dade de visitantes que se achegan a ver traballar a estes artesáns en directo.A organización do evento xa ten preparado todos os pormenores dunha celebración única e fixo pú-blico o programa, que arrincará o sábado pola noite, ás 22.00 horas, cunha comida popular co polbo como protagonista. A propia feira terá lugar o domingo e abrirá as súas portas ás 11.00 ho-ras comezando xa de seguido coas demostracións de oficios, nas que haberá pirogravado, torneado de madeira, cestería, alfarería e cris-tal tallado.Trala presentación do libro A ida-de do Ferro, de Xosé Salgado, terá lugar a actuación do Coro de Rio-

torto, xusto antes da inauguración, que será ás 12.15. Neste acto prin-cipal participarán os representan-tes das distintas administracións xunto ao alcalde da localidade, Clemente Iglesias.A continuación terán lugar as de-mostracións en vivo da artesanía do ferro, acto central do día e que causa unha gran atracción pola súa espectacularidade. Estas demos-tracións estarán a cargo de ferrei-

ros de Riotorto e da Fonsagrada así como do Centro de Interpretación de la Forja (Navarra) e de Forxa Chago, de Santiago de Composte-la. Destarán tamén os traballos in-dividuais de Alberto Leis, Friedich Brasmsteidl e Antonio do Corgo.A continuación, dará comezo un obradoiro infantil do ferro a car-go do ferreiro astríaco Griedrich Brasmsteidl animado pola actua-ción da charanga Louband reali-zará unha animación itinerante co espectáculo a cargo de Pepe Pena-bade.Este mesmo espectáculo será o en-cargado de abrir, ás 16.30 horas, as actidades da tardeTralas novas demostracións en vivo da tarde, que darán comezo ás 17.00 horas, un espectáculo in-fantil no atrio da igrexa, sobre as 19.00 horas, porá o punto e final. A organización lembra que haberá animación musical durante todo o día cos Gaiteiros de Riotorto e a propia charanga Louband.O recinto feiral estará cuberto con carpa e haberá degustación de pol-bo e outros pratos de comida.O Concello anima a todos a ache-garse a presenciar este espectáculo.

Riotorto celebrará XIII edición da Feira do Ferro o 14 de abrilA Casa Niño A Croa, situada no centro da

vila, abriu esta semana o prazo de preins-crición de matrícula para o vindeiro cur-so. Dito prazo permanecerá aberto ata o 4 de abril e para poder facer a reserva pode contactarse co centro a través de facebook ou no propio edificio, situado na praza das Rodrigas, nos baixos da Casa Consistorial.A Casa Niño A Croa é un espazo educa-tivo de atención á infancia dirixido a ne-nos con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos, mediante o cal se facilita a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral. Comprende a atención específica das necesidades básicas de ali-mentación, hixiene e descanso de acordo coas idades dos pequenos e a contribu-ción ao seu desenvolvemento físico, mo-tor, afectivo, intelectual e social.Ten un máximo de cinco prazas co obxectivo de que os pequenos poidan desfrutar dun espazo máis familiar e dunha atención máis individualizada. É un proxecto con carácter gratuíto na modalidade de atención diurna de luns a venres.A Casa Niño abriu as súas portas no mes de marzo do ano pasado, nas instalacións da antiga biblioteca, e cubriu a totalida-de das prazas no seu primeiro ano. A súa necesidade fíxose imperiosa ao non ter o Concello un lugar para o coidado dos pe-quenos xa que tampouco ten o número necesario de nenos para unha gardería.

Abre o prazo de inscrición para a Casa Niño A Croa

O vindeiro 11 de maio arrincará a unha nova edición dos Cantos de Taberna de Riotorto. Trátase da cuarta edición do evento, no que haberá actuacións de di-versos grupos. O Concello organiza esta iniciativa, que ten por costume rematar cunha gran foliada de todos os grupos participantes a partires das medianoite.Para poder inscribirse haberá que cha-mar ao 657010208.

Haberá Cantos de Taberna o 11 de maio

Page 25: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019actualidade 25

as pontes

A xunta de goberno local do Concello das Pontes acordou adxudicar traba-llos por valor de 380,215 euros, que se acometerán en vindeiras datas. A empresa TYC Canosa será a empresa responsable da subministración e instalación de catro módulos prefa-bricados no lago, dous dedicados a baños e duchas e dous a kiosko-bar, de 14,75 metros cadrados cada un, cun orzamento de 122.003,28 euros, con cargo ao Plan de Servizos e Obras da Deputación.A través da instalación destes mó-dulos ofrecerase un maior servizo á veciñanza, acorde coas súas nece-sidades, substituíndo os baños quí-micos por unha instalación perma-nente, sostible, resistente, durable e acorde coa contorna do lago. Nun dos módulos se instalará un servizo de biblioteca no que os usuarios do

lago poderán ter acceso á lectura de libros, prensa e revistas e está previs-to que o Concello saque a concurso público a concesión da explotación do servizo de quiosco-bar.Tamén se aprobou a adxudicación, cun orzamento de 99.113,28 euros, da subministración e instalación dun módulo prefabricado en Pontoibo, de 130 metros cadrados, para ins-talacións complementarias de ac-tividades socioculturais, á mesma empresa.O módulo instalarase nos terreos adquiridos polo Concello das Pontes para o esparexemento dos veciños e para outros usos públicos que propo-ña a asociación veciñal para dar así resposta a unha vella demanda da veciñanza. O módulo, de madeira e acorde coa estética da zona, alberga-rá aseos públicos, un almacén para

dar servizo a calquera actividade que se realice e un espazo cuberto, mul-tiusos .Asemade adxudicáronse as obras de reparación e mellora de firme en O Pazo, Os Cadavás, Paipaz, Pereira, Porvelo e A Bouza nas parroquias da Faeira, San Pedro de Eume e O Apa-rral, cun investimento de 159.099,99 euros con cargo ao POS +2018. Plan Adicional á empresa Canarga S.L. Esta actuación permitirá a rehabilita-ción de todos os viarios co obxectivo de dotalos dunha óptima calidade, tanto superficial como estrutural, aumentar a súa comodidade e segu-ridade para o que se levarán a cabo tarefas de varrido da superficie, lim-peza das marxes, fresado dos entron-camento con outras vías, bacheado e extensión de novas capas de rodaxe, entre outros traballos.

A Xunta de Goberno adxudica obras por valor de 380.200 euros

Comezaron as obras de mellora da ac-cesibilidade e pavimentos na avenida de Castelao Fase II, no tramo que vai desde o cruzamento coa rúa Coruña ata a intersección coa rúa Vilalba. Esta actuación, cun orzamento de lici-tación de 161.138,68 euros financiada, integramente, pola Deputación da Co-ruña a través do POS (Plan de Obras e Servizos) permitirá eliminar o desnivel existente entre a estrada e as beira-rrúas, mellorar a iluminación e separar a rede de drenaxe da rede de sanea-mento.O proxecto tamén inclúe a renovación do pavimento do viario, a instalación de mobiliario urbano (papeleiras, xar-dineiras e bancos) e a colocación de captafaros leds nos pasos peonís, tra-ballos que no seu conxunto lle darán continuidade ao proxecto de rehabi-litación e humanización do centro ur-bano.O goberno local mellora así unha das principais arterias de comunicación do concello e impulsa o acceso a dous espazos esenciais na vida social, edu-cativa e cultural das Pontes, como son a biblioteca municipal e o colexio de educación primaria Santa María, apos-tando pola súa modernización e por un modelo de mobilidade no que se da prioridade os peóns, garantindo a súa seguridade, seguindo a mesma liña es-trutural e estética deseñada para todo o centro urbano do municipio.

SAN XOÁN. O goberno local das Pontes adxudicou tamén as obras de rehabili-tación da rúa San Xoán, no casco vello do municipio, e continúa, así, coa súa aposta pola conservación, protección do patrimonio e a revitalización do conxunto histórico.A obra, financiada pola Deputación da Coruña a través do Plan de Obras e

Servizos ( POS 2017) suporá un inves-timento de 218.576 euros e permitirá a reforma integral da rúa, seguindo os mesmos criterios estruturais e estéti-cos aplicados na recuperación da Vila.O proxecto prevé a renovación da ac-tual rede de abastecemento, deterio-rada debido á antigüidade da mesma, a través da execución dunha nova ca-nalización e a instalación de todos os elementos (válvulas, arquetas, bocas de rega) e as acometidas domiciliarias precisas para o óptimo funcionamento do novo servizo público.Ademais está proxectada unha nova rede de saneamento unitaria en PVC cos correspondentes pozos de rexistro e sumidoiros e a substitución das cana-lizacións da iluminación pública e baixa tensión.Unha vez instaladas as diferentes redes de servizos, procederase á reposición do pavimento da rúa, tanto da calza-da como das beirarrúas. Deste xeito, a actual base de soleira de formigón será substituída por laxa de granito no caso do viario e por lastras do mesmo mate-rial nas beirarrúas, seguindo a mesma formulación da rúa Real, o calexón do Trigo e a rúa Perfolla.

POBOADO DA FRAGA. A semana pasa-da comezaban as obras da última fase de mellora de pavimentos e servizos no Poboado da Fraga, financiadas pola De-putación da Coruña a través do Plan do Obras e Servizos ( POS 2018)Esta actuación, coa que se alcanza a quinta fase de rehabilitación do Poboa-do da Fraga, supón un investimento de 126.441,25 euros, superando todo o proxecto, incluíndo o aglomerado dos viarios, os 670.200 euros.Os traballos están encamiñados a me-llorar o servizo público de iluminación coa instalación de novas canalizacións

e a disposición de novos báculos e lu-minarias ao longo de todo o percorrido das beirarrúas.Procederase tamén á renovación da rede de saneamento mediante a subs-titución das actuais instalacións de plu-viais, por colectores de PVC, e a reno-vación das arquetas de paso e os pozos de rexistro.Este proxecto tamén suporá a mellora dos pavimentos das beirarrúas e a re-novación do parque infantil existente na zona, coa ampliación da área de xogo, a substitución do pavimento de caucho e a varanda de protección e a instalación de novos elementos de xogo, seguindo as normas de segurida-de vixentes.

RÚA NARÓN. Tamén deron comezo as obras de mellora de pavimentos e ser-vizos na rúa Narón, un proxecto acor-dado cos veciños que ten como obxec-tivo prioritario promover a seguridade, a accesibilidade e a mobilidade na rúa.As actuacións previstas contemplan a substitución do pavimento das bei-rarrúas, a rehabilitación do firme da calzada, a mellora das redes dos ser-vizos de alumeado e de saneamento así como a colocación de mobiliario urbano e a plantación de arborado. Ademais procederase a modificar a circulación do viario, que pasará a ser de sentido único, ampliando o an-cho do paso nas beirarrúas e creando unha banda de aparcadoiro en batería deixando unha praza reservada para as persoas con mobilidade reducida.O proxecto, que será acometido pola empresa Innova Profesional Desarro-llos, suporá unha inversión de 133.824 euros, con cargo ao POS da Deputación da Coruña e está encamiñada a incre-mentar os niveis de funcionalidade e calidade da rúa.

O concello inicia varias obras de mellora en distintas rúas da vila

De arriba a abaixo, as rúas Narón, San Xoán e o Poboado da Fraga

A xunta de goberno local do Concello das Pontes aprobou a semana pasada a licitación, por valor de 80.000 euros, da campaña de roza das estradas de titula-ridade municipal.Os traballos que se van a centrar, de ma-neira prioritaria, na limpeza das cunetas, dos caños e obras de drenaxe, teñen como obxectivo evitar a degradación e a deterioración ambiental dos viarios garantindo a visibilidade das sinais e o correcto drenaxe das estradas para au-mentar a seguridade viaria en máis de 200 quilómetros de estradas municipais e evitar, ao mesmo tempo, os incendios forestais.As obras consistirán no perfilado, roza e limpeza, en ambas as marxes, de maleza, herbas e arbustos existentes dentro do dominio público das estradas do munici-pio das Pontes. Para estes traballos em-pregarase dous tractores con rozadoras de brazo articulado así como os medios materiais e humanos necesarios para

cubrir os traballos de sinalización e segu-ridade e saúde.Nas zonas nas que os equipos mecánicos non poidan acceder para eliminar a vexe-tación, unha cuadrilla de traballo forma-da por dous operarios, rozará e limpará os espazos manualmente, utilizando maquinaria lixeira. Tamén procederán, de forma manual, á eliminación de vexe-tación de muros e bordos.Dentro desta campaña de roza tamén se contempla a limpeza manual de caños e obras de drenaxe obstruídos pola vexe-tación ou outro tipo de elementos e in-clúese, asemade, a limpeza das arquetas, pozos e areeiros.Ademais eliminarase todos aqueles ele-mentos estraños que taponen as cune-tas, dificultando o paso da auga a través delas. Por outra banda tamén se proce-derá á limpeza dos sinais verticais para garantir a súa correcta visibilidade, me-llorando a seguridade das vías e evitando o risco de accidentes de tráfico.

Destina 80.000 euros á roza das estradas municipais

Page 26: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

actualidade26 abril 2019

O alumno do conservatorio municipal de música profesional do Concello das Pon-tes, Gonzalo Fernández, fíxose co segun-do premio do V Concurso de Clarinete Cidade de Ourense, un certame que ten como finalidade incentivar e estimular a novos intérpretes de clarinete de idades comprendidas entre os 8 e os 26 anos.O alumno do conservatorio pontés par-ticipou na categoría D e tivo que inter-pretar o programa establecido pola or-ganización que estaba conformado polas pezas Menuet de Lois de Çaix d´ Herve-

lois, Nocturne de Chopin e Papageno´s Aria de Mozart. Un diploma acreditativo, un lote de material para clarinete e libros da disciplina instrumental compoñen o galardón recibido polo mozo no concur-so ourensán no que tamén participaron David Otero e Antía García, alumnos do conservatorio pontés. Este galardón acredita o bo facer de Conservatorio Mu-nicipal de Música Profesional, unha das grandes canteiras de músicos das bandas e orquestras en Galicia e do profesor da especialidade, Marcel Chirilov.

Un pequeno da vila, premiado nun concurso de clarinete

Os pequenos participantes no certame de clarinete

O Concello das Pontes inaugurou a área recreativa Xosé Ferro, situada na con-torna do Parque da Fraga, cunha xor-nada de portas abertas que permitiu á veciñanza coñecer o novo local de usos múltiples, antigamente coñecido como a caseta do polbo.Durante esta xornada pública e aberta, que contou coa presenza do alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, membros da corporación municipal, unha nutrida representación do tecido asociativo local e máis dun centenar de veciños e veciñas, tivo lugar un sinxelo acto institucional mediante o que se nomeou, de forma oficial, a esta a nova área recreativa, á beira do río Eume, que inclúe o Muíño de Prieto, o edificio sociocultural do Hexágono e o local de usos múltiples.Ademais, o Concello de As Pontes ren-deu unha pequena homenaxe a José Marcial Doutor López de Pablos, presi-

dente do Grupo Plásticos Ferro e antigo propietario do Muíño de Prieto, cedido ao municipio para uso e goce de todos os veciños e veciñas.González Formoso tomou a palabra para subliñar a importancia deste novo espazo que permite poñer en valor e dotar de maior dinamismo a unha zona emblemática do municipio, idóneo para a realización de actividades de lecer e tempo libre, nunha contorna privilexia-da.“Desde hoxe, os veciños e veciñas de As Pontes contan cunhas instalacións mo-dernizadas e acondicionadas aos usos e necesidades actuais. O goberno local impulsa, deste modo, unha nova zona de recreo, pasatempo e convivencia para toda a veciñanza e confiamos en que todos saberemos gozar dela, coi-dándoa e sendo conscientes da necesi-dade de compartir e respectar o que é de todos e todas” remarcou o rexedor.

Inaugurada a área recreativa Xosé Ferro

Un momento da inauguración da área recreativa

O Concello das Pontes deu por concluído o obradoiro de Emprego Pontes de Em-prego III, un programa dual de emprego e formación dirixido á obtención do certi-ficado de profesionalidade en confección e publicación de páxinas web.Durante o acto de clausura deste obra-doiro, que contou coa presenza da con-celleira de Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego, Ana Pena, e o director xeral de orientación e promoción laboral da Xunta de Galicia, José Alfonso Marno-tes, fíxose entrega dos diplomas acre-ditativos aos doce alumnos e alumnas que participaron nesta acción formativa e presentouse, publicamente, a páxina web dedicada á cultura e os puntos de in-terese turístico local na que estiveron tra-ballando durante os últimos seis meses.Ana Pena felicitou ao alumnado polo tra-ballo realizado e animounos a aproveitar os coñecementos e a cualificación adqui-rida de cara a unha futura incorporación laboral nun sector en auxe e cun alto vo-lume de demanda de profesionais, que non deixa de medrar, ano tras ano.A concelleira quixo tamén remarcar o compromiso do goberno local con todas aquelas iniciativas que poidan contribuír a mellorar a empregabilidade da veci-

ñanza, facendo uso de todas as ferra-mentas posibles para procurar, promover e impulsar a competitividade laboral da mocidade.Pontes de Emprego é o terceiro obradoi-ro de emprego que o Concello das Pon-tes pon en marcha, coa colaboración da Iniciativa de Emprego Xuvenil da Conse-llería de Economía, Industria e Emprego e o Fondo Social Europeo, co obxectivo de mellorar a empregabilidade, a cualifi-cación e a inserción profesional das mo-zas e mozos, menores de 30 anos, da vila.Este obradoiro tivo unha duración de

874 horas durante as cales o alumnado ademais de formación teórica e práctica sobre deseño de estrutura web, trata-mento de etiquetas e marcas, creación de plantillas e formularios e alta de páxi-nas en buscadores, recibiron formación complementaria en materia de riscos laborais, sensibilización en igualdade de xénero, sensibilización ambiental.Ase-made, tamén foron asesorados laboral e empresarialmente durante toda a dura-ción do obradoiro e aprenderon nocións básicas sobre procura activa de empre-go. O orzamento é de 145.696,50 euros.

Remata o Pontes de Emprego III

Os beneficiarios do último programa Pontes de Emprego

O Concello das Pontes, a través da Con-cellería de Deporte e Xuventude, pon en marcha o proxecto, AS PONTES XOVE...E ACCIÓN!, co obxectivo de achegar, á mo-cidade pontesa, ao mundo da creación audiovisual.Esta iniciativa, gratuíta, dirixida a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos e coordinada por unha produtora audiovisual local, permitirá aos seus participantes, a través de cinco cursos que se impartirán na Casa Dope-so e en distintos emprazamentos ao aire libre do municipio, adquirir coñecemen-tos básicos sobre elaboración de guións, storyboard, dirección artística, fotografía e gravación de vídeo.Serán 64 horas de formación teórico-práctica que comezará o venres, 5 de

abril, ás 20:00 horas, cun curso sobre Guión, impartido por Roberto Rego e Marina Pérez. Durante tres horas o alum-nado achegarase ás ferramentas e es-tratexias necesarias para elaborar unha historia e os personaxes dunha peza au-diovisual e adquirirá nocións básicas so-bre a industria cinematográfica, linguaxe audiovisual e estruturas dramáticas.O sábado, 6 de abril, desde as 10:00 ata as 14:00 horas, será a quenda para o curso de dirección artística. A forma-ción estará a cargo de Isabel O’Connor e Carol Díguele e ten como obxectivo ensinar aos participantes a plasmar, es-teticamente, unha idea nunha produción audiovisual, definindo aspectos como a ambientación, o vestiario, a estética dos personaxes, a localización, etc.

Desde o 12 de abril ata o 24 de maio, os venres, de 20:00 a 23:00 horas, e os sábados, de 17:00 a 19:00 horas, Noela Penabad, será a responsable de introducir ao alumnado do proxecto AS PONTES XOVE...E ACCIÓN!, no mundo da Fotografía, mostrándolles concep-tos básicos sobre o equipo e a técnica fotográfica e facilitándolles ferramen-tas para o desenvolvemento de disci-plinas como o retrato ou a fotografía de paisaxes.Entre o 13 de abril e o 18 de maio, todos os sábados de 10:00 a 14:00 horas, le-varase a cabo o curso de Storyboard. A partir do 31 de maio e ata o 8 de xuño, volverá a formación a cargo de Roberto Rego e Marina Pérez co curso de Edición e Gravación de vídeo.

O Concello pontés pon en marcha un proxecto audiovisual para a mocidade

O Concello das Pontes asinou na sede da Asociación de Veciños 25 de xullo, un convenio de colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) para a convocatoria dun concurso de ideas do que xur-dirán os proxectos de rehabilitación da Praza de América e a Praza do Barreiro.Mediante a sinatura deste acordo, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a través da súa delegación en Ferrol, asumirá as tarefas da redacción do prego das bases que rexerán o concurso de ideas, dan-do a oportunidade ao sector para participar activamente no desenvol-

vemento das ideas e garantindo a viabilidade dos proxectos.O Concello das Pontes, a través da convocatoria deste concurso de ideas, busca, dada a importancia ur-banística e social de ambos espazos, obter o maior número de solucións urbanísticas posibles para, deste xeito, poder realizar unha avaliación máis completa e optar, finalmente, por aquelas ideas que mellor se axusten ás demandas e necesidades dos veciños de As Pontes, tanto des-de o punto de vista estrutural como funcional e estético.En ambos casos, o obxectivo do executivo local é dotar a ambas

as zonas de maior protagonismo, apostando por mellorar a accesibili-dade e a funcionalidade das prazas, racionalizando a distribución dos espazos para, principalmente, re-cuperar o seu uso como lugares de encontro, de lecer e esparexemento de toda a veciñanza e para recobrar o papel que tiveron noutras épocas.Estas actuacións ademais, permi-tirán ao Concello das Pontes con-tinuar co seu proxecto de rehabi-litación urbanística, concedendo maior importancia aos peóns e apostando por mellorar a calidade de vida de todos os veciños e veci-ñas do pobo.

Asinado un convenio co COAG para rehabilitar dúas prazas

Page 27: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019actualidade 27

O Concello das Pontes botaba a andar unha nova edición da iniciativa As Pon-tes, as nosas mulleres a través da que se recoñece a contribución dun grupo de pontesas ao desenvolvemento local, á visibilización do colectivo feminino do municipio e á consecución dos dereitos das mulleres traballadoras.Xa tivo lugar a primeira reunión coas asociación de veciños das Pontes, na que participou a concelleira de Turismo, Co-mercio, Hostalaría e Emprego, Ana Pena, e durante a que se acordou o sistema para elixir ás mulleres homenaxeadas.As asociacións veciñais serán as encar-gadas de elaborar unha proposta cos nomes das candidatas na que terán que

sinalar os motivos polos que deben ser homenaxeadas, baixo a premisa da súa contribución directa no avance da equi-dade de dereitos, tanto desde un punto de vista persoal, profesional como social.As entidades veciñais teiveron ata o fi-nais de marzo para propoñer os nomes de todas as mulleres que serán home-naxeadas polo Concello, nun acto público que se celebrará o 18 de xullo, e no que se amosará, a través da proxección dun vídeo, algunhas pinceladas sobre a vida destas mulleres e os motivos polos cales son merecedoras do recoñecemento.Asemade, o Concello das Pontes editará un libro no que recollerá a historia destas mulleres.

Arrinca a V edición de ‘As Pontes, as nosas mulleres’

Imaxe do primeiro día da sesión inicial do programa

O goberno local das Pontes, durante a última sesión plenaria ordinaria, deci-diu, cos votos a favor do PSOE e o PP e os votos en contra do BNG e Xuntos por As Pontes, seguir adiante co proxecto de creación dun paseo fluvial na marxe esquerda do río Eume, no tramo com-prendido entre a ponte de Isabel II e a ponte dos Chaos.Este proxecto, que conta cun investi-mento de 159.000 euros e que sufra-gará, integramente, a Deputación da Coruña, ten como obxectivo esencial recuperar un dos espazos de maior in-terese natural e máis importante do municipio, poñendo en valor a beira do río Eume, promovendo o patrimo-nio ambiental e natural do municipio, creando unha senda accesible para to-dos os veciños.A tenente de alcalde, Montserrat Gar-cía, durante o transcurso do pleno, fixo fincapé en que se trata de “un proxecto co que se intenta dar resposta a unha demanda de todos os veciños e veciñas de As Pontes, consensuado e consulta-do con expertos en sendeirismo, para impulsar un acceso universal e crear unha senda completamente transitable, coas condicións axeitadas para o paso de carriños de bebés e cadeiras de ro-das, evitando a súa degradación, espe-cialmente durante o inverno”.Por outra banda, García recalcou que con esta actuación o goberno local con-

tinua co seu proxecto de creación dunha rede de paseos accesibles, que conecta-rán a zona urbana do municipio, desde o parque da Fraga ata o lago, dous dos puntos con maior interese ambiental do pobo xunto ao río Eume, respectando a contorna, con mínimo impacto ambien-tal, visual e estético.A actuación contempla a reutilización da senda existente e a instalación de pa-vimentos de jarbe, un material empre-gado en moitas sendas peonís e zonas protexidas, con nulo impacto ambiental e compatible coa conservación das es-pecies vexetais, para mellorar a mobili-

dade na zona e o tránsito dos peóns, así como o ancheado da senda naquelas áreas nas que sexa necesario.Este proxecto tamén permitirá a cons-trución de tres áreas de descanso ao longo do novo tramo, a instalación de varandas de seguridade e dun sistema de iluminación pública, deseñado para minimizar o impacto ambiental, que po-tenciará a seguridade da zona e impul-sará a súa accesibilidade. García sinalou que todos aqueles que desexen coñecer o proxecto con maior detalle poden po-ñerse en contacto co Concello para soli-citar o acceso ao documento.

O Concello continúa adiante co paseo fluvial polo río Eume

Un momento do último pleno celebrado nas Pontes

A aplicación Línea Verde posta en mar-cha no Concello das Pontes en marzo do ano 2018, solucionou, durante o seu primeiro ano de vida, 800 incidencias.Desde a implantación desta canle de comunicación directa co goberno local, deseñada para informar sobre danos localizados no municipio e así poder solucionalos do xeito máis rápido e áxil, foron postas en coñecemento do grupo de goberno 896 incidencias.O 90% dos avisos xa foron soluciona-dos, o 2% está en proceso e o 9% res-tante corresponde a notificacións que no están tipificadas na aplicación, tales como infraccións de tráficos ou asuntos relacionados cos servizos sociais e que deben ser comunicadas a través dou-tras canles administrativas.O tipo de incidencias que máis se co-

municaron foron as que fan referencia ó estado das beirarrúas, vías e sina-lización (26,6%), seguido dos avisos sobre o estado dos servizos públicos de saneamento, alumeado e abaste-cemento (15,5%) e, en terceiro lugar cuestións relacionadas coa limpeza das rúas e residuos (11,5%). Outros temas que preocuparon á veciñanza foron os parques e xardíns (9%), as incidencias comunicadas) o tráfico e a mobilidade (8%) e o mobiliario urbano, tema que supuxo o 6,7% dos avisos realizados a través da aplicación Línea Verde.O usuario debe acceder a Google Play ou a APP Store, en función da tecno-loxía empregada no seu smartphone (Android / iOS), buscar a aplicación e, unha vez localizada, proceder a súa a descarga (de balde).

Línea Verde soluciona 800 incidencias nas Pontes

O Concello das Pontes, co respaldo dos catro grupos políticos con representa-ción municipal, presentou alegacións contra os anteproxectos de explotación de servizos públicos de transporte de viaxeiros por estrada da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia.Así, o Concello das Pontes solicita que se axusten as liñas, horarios e frecuencias existentes ás necesidades da veciñanza para, desta forma, optimizar os servizos. Ao mesmo tempo reclama a posta en marcha de novas liñas para facilitar aos veciños e veciñas das Pontes a utilización do transporte público por estrada.O Consistorio solicita que se manteñan os contratos, vixentes, das liñas V-0730 e

V-7068, que unen As Pontes con Coruña e Lugo, pero establecendo novos hora-rios, adecuándoos á demanda existente.Así mesmo, reclama a creación dunha liña de transporte regular que permita aos veciños e veciñas das Pontes des-prazarse ata o Hospital Arquitecto Mar-cide, centro hospitalario de referencia, á primeira hora da mañá, con retorno ás 14:30 horas, para poder acudir ás probas e citas médicas; un servizo que, por outra banda, sería esencial para garantir o des-prazamento do alumnado universitario pontés ao Campus de Ferrol.As Pontes pide tamén a integración com-pleta das rutas escolares xa que esta per-mitiría a conexión das parroquias pon-

tesas, sen servizo público de transporte, co centro de saúde e co centro urbano. Ademais insta á Xunta de Galicia a estu-dar a viabilidade dun servizo, a demanda, desde as parroquias. Reclama a creación dunha liña As Pontes-Ortigueira que da-ría servizo aos veciños e veciñas das Pon-tes que teñen que acudir á AEAT, situada no municipio veciño, e, que en sentido inverso, permitiría á veciñanza de Orti-gueira e Cariño acudir á oficina do INEM no municipio das Pontes.Finalmente, o Concello solicita novos ho-rarios vespertinos para a liña que une As Pontes coa Coruña e garantir a conexión cos campus de Lugo, Coruña e Ferrol, os venres e domingos pola tarde.

Presentadas as alegacións ao Plan de Transporte Público da Xunta

Page 28: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

actualidade28 abril 2019

TERRA CHÁ

Un total de 40 centros educativos da pro-vincia de Lugo inscribíronse este curso nas actividades do programa de Almor-zos Saudables e Saúde Bucodental. As ac-tividades deron comezo nos colexios de Meira e A Pontenova e están dirixidas ao alumnado de quinto e sexto de Primaria.Ofrécense dúas modalidades para que cada centro elixa a máis conveniente ao seu caso. A primeira opción consiste nun-ha charla formativa sobre alimentación saudable xunto cunha parte práctica: o consumo dun almorzo saudable elabo-rado previamente no centro, para o que será imprescindible que conte coas insta-lacións e o persoal necesario.A segunda posibilidade é ofrecer dúas charlas formativas e motivacionais, unha sobre alimentación saudable e outra so-bre hábitos hixiénicos bucodentais im-partida por un dentista colexiado. Entre

os obxectivos destes programas figuran que o alumnado se afiance en hábitos hixiénicos e dietéticos saudables, cunha alimentación san que permita cubrir as súas necesidades nutricionais e diminuír o risco de enfermidades cardiovascula-res, obesidade ou diabetes.Durante a charla, persoal experto en nu-trición catalogará os diferentes grupos de alimentos e explicará a importancia do consumo de froitas e verduras, cereais e tubérculos, legumes, produtos de orixe animal -lácteos, peixe, carne e ovos- e de graxas saudables.Tamén se deterá na importancia de co-mezar o día cun almorzo san así como nos produtos que se deben evitar ou consumir poucas veces nunha dieta sau-dable (bolería, galletas, lácteos azucra-dos, snacks, fiames ou bebidas azucra-das, entre outros).

Un total de 40 centros participan nos Almorzos Saudables

Segundo precisaron os responsables da empresa Norvento, marchan a bo ritmo as obras de construción do novo parque eólico Pastoriza, que se estende polos concellos lugueses da Pastoriza, Mondo-ñedo e Riotorto.Esta infraestrutura, na que a empresa ga-lega Norvento inviste preto de 30 millóns de euros, contará cunha potencia de 36MW, e permite a creación ou mante-mento de preto de 430 postos de traballo na fase de construción e 7 na de explota-ción. Ademais, suporá unha importante fonte de ingresos para os concellos be-neficiados, tanto a través dos impostos municipais como do canon eólico.Segundo os datos que manexa a Xunta, do total de 16 parques eólicos que se están a construír nestes momentos en Galicia, 12 corresponden a Lugo, onde se están a investir máis de 330 millóns de euros. Estas actuacións, ademais, per-miten crear ou manter preto de 4.800 empregos na fase de construción e 64 na fase de mantemento.

A posta en marcha da nova Lei de implantación empresarial está con-tribuíndo á dinamización do sector eólico, que supón unha oportunidade para avanzar no desenvolvemento de proxectos vinculados coas enerxías

renovables e, de xeito particular, coa eólica. A nova Lei ofrece unha regu-lación máis áxil e máis transparencia e seguridade, sen perder as máximas garantías urbanísticas, técnicas e am-bientais.

Continúa a bo ritmo a construción do novo parque eólico da comarca

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, avanzou que o orga-nismo provincial promoverá a recupe-ración da Vía Rexia do Norte, unha ruta de peregrinación que atravesa 8 con-cellos da provincia de Lugo e de Astu-rias, concretamente dende Castropol a Lugo. O primeiro documento existente sobre esta ruta de peregrinación data do 1240, o que a converte na ruta máis antiga da provincia. Fíxoo nun encontro con representantes de varios destes Concellos no que informou do inicio este mesmo ano do proxecto para o estudo e recuperación deste vía, que abrangue aos Concellos de Meira, A Pontenova, Riotorto, Pastoriza, Castro de Rei e Lugo así como 2 asturianos, Vegadeo e San Tirso de Abres.A pesares de que a Vía Rexia do Norte non é unha ruta recoñecida oficialmen-te, conta cada vez con máis camiñantes pola provincia de Lugo. Tendo en conta esta situación, a Deputación e os Con-cellos implicados, buscan establecer no-vas medidas para recuperar, protexer e promover a ruta, co fin de que sexa, nun futuro, recoñecido oficialmente.As actuacións enmarcadas dentro desta iniciativa arrancan este mesmo ano cun-ha primeira fase de estudo global para recuperar o trazado histórico, co fin de respectar ao máximo o camiño orixinal para, no 2020, realizar labores de sina-lización tanto da propia Ruta como dos itinerarios culturais, medioambientais e arquitectónicos da zona.Tal e como avanzou o presidente, o que se busca é recuperar esta vía, e os itine-rarios de cada un dos Concellos que in-tegran a Vía Rexia, co fin de conseguilo antes do Ano Xacobeo 2021.

ACTUACIÓNS. Este proxecto arranca coa fase de delimitación do trazado da Vía Rexia. A primeira das actua-cións é a delimitación do trazado orixinal mediante o estudo previo de documentación existente sobre os tramos históricos, que permanecen en uso con características tradicio-nais, e sobre aqueles camiños que se perderon fisicamente pero dos que quedan vestixios históricos do-cumentados. A continuación, reali-zaranse bases cartográficas dos Con-cellos polos que pasa a Vía Rexia, así como de toponimia.De seguido, e nunha segunda etapa, búscase a mellora e reforma dos ca-miños existentes, co fin de sinalar este percorrido que arranca en Castropol e Lugo, que enlaza tamén con outros

itinerarios do Camiños de Santiago. Ademais de iniciar a recuperación do trazado orixinal peonil, tamén se identificarán todos os puntos no que é necesario realizar obras, e farase un profundo estudo de bens patrimoniais e dos lugares integrados nesta ruta.No acto de presentación deste proxec-to en impulso da Vía Rexia partici-paron o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o alcalde de Meira, Antonio de Dios, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López; alcalde de Castro de Rei, Francisco Ba-lado; o alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega, o alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, o alcalde de Vegadeo, Cesar Álvarez, e a alcaldesa de San Tirso de Abres, Goretti Quintana.

A Deputación dirixe o proceso de recuperación da Vía Rexia

Un momento da presentación do proxecto na Deputación

As obras que se están levando a cabo actualmente na zona

O portavoz socialista de Gandaría, José Manuel Pérez Seco, denunciou hoxe a “falta de atención por parte da Xunta aos accidentes de tráfico causados po-los xabarís”. No debate dunha pregunta oral no Ple-no do Parlamento, sinalou que en 2018 rexistráronse en Galicia máis de 4.800 accidentes de tráfico causados pola fau-na salvaxe en, 2.500 deles provocados polos xabarís.O parlamentario socialista lamentou o desleixo do goberno galego diante desta situación, que “abarca case todo o territorio galego, converténdose nun dos principais problemas de seguridade viaria”.Pérez Seco amosou a súa preocupación polos danos materiais que estes acci-dentes están a causar, afectando tanto ás vías secundarias como ás autoestra-das. Ao producirse pola noite, Explicou,

aumenta o risco vital dos cidadáns debi-do á escasa iluminación e o corto perío-do de tempo que teñen os condutores para percibir a presenza do xabaril e evitar o impacto.O portavoz socialista advertiu de que a mala xestión das poboación de xabarís por parte do goberno está ocasionando “problemas tamén para agricultores ao provocar desfeitas nas colleitas e a ero-sión no solo, derivando en malas collei-tas para os agricultores, e diminuíndo a actuación de outras especies como os pequenos roedores ou as aves”.Para os gandeiros está sendo tamén un problema, amosou o deputado, debido ao “enorme gasto que teñen que facer en alimentación para o seu ganado, xa que os xabarís destrozan as súas plan-tacións para poder alimentar o gando, ocasionando máis custes e polo tanto menos beneficios”.

Os socialistas acusan á Xunta de desleixo ante os accidentes provocados polos xabarís

Dous rapaces da Terra Chá, Miguel de Castro de Rei e Carlos de Abadín, veñen de crear unha aplicación para os teléfonos móbiles para estar ao día das esquelas e das funerarias.Ante a necesidade de achegar es-tes eventos ás novas tecnoloxías decidiron desenvolver Esquelas do día, a aplicación para dispositivos móbiles e a web na que manterse ao día ou comunicar a actualidade funeraria.“Non so é unha aplicación enfocada á terceira idade” di Miguel, “tamén conta cun directorio de funerarias

preto á ubicación seleccionada”.Esta aplicación filtra a búsqueda por concellos e funerarias e é de fá-cil manexo e de descarga gratuíta. “Comezamos a falar coas funerarias e mandáronos a información nece-saria para poder engadir á aplica-ción, hai que agradecerlles o traba-llo de colaboración” engade Miguel.Como explican os creadores deste sistema, “hai unha necesidade de achegar as esquelas ás novas tecno-loxías para que sobre todo a xente máis moza poda estar en contacto con esta realidade”.

Dous mozos da comarca crean unha app de esquelas

Page 29: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019actualidade 29

Estase a traballar na modernización e actualización dos dispositivos para o se-guimento e información meteorolóxica e de calidade do aire, polo que ao longo do mes de marzo instalaronse 12 novas estacións meteorolóxicas e 21 pantallas de información en 30 concellos galegos.Así, procedeuse á instalación de 12 no-vas estación meteorolóxicas nos conce-llos de O Valadouro (2, co casco urbano e Cadramón), Riotorto, Cospeito, Mon-dariz, Porriño, Portomarín, As Neves, Monforte, Laxe, Baiona e Forcarei; men-tres que as pantallas de información disporanse nos municipios de Santiago (dúas pantallas), A Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Monforte, Verín, Ribadeo, Baiona, Lalín, Porto do Son, Ribeira, Sanxenxo, O Grove, Foz, Fisterra, O Cebreiro, Sarria e Melide.As novas estacións ampliarán a actual rede de estacións meteorolóxicas, composta por mais de 150 dispositivos meteorolóxicos instalados por toda a xeografía galega; para o seguimento meteorolóxico, a detección de fenó-menos adversos meteorolóxicos, a ela-boración da predición meteorolóxica e fines climáticos e agrometeorolóxicos.Estas están dotadas con sensores de velocidade e dirección do vento, humi-dade, presión, choiva, temperatura ex-terior e tamén temperatura no interior

do chan e sobre o chan (a 10 cm de pro-fundidade e a 10 de altura sobre o solo).A previsión foi iniciar en marzo a insta-lación das mesmas, traballos que rema-taron a finais deste mes, e a partir dese momento os datos estarán dispoñibles a tempo real na páxina web de Meteo-Galicia (www.meteogalicia.es) e tamén na aplicación móbil de MeteoGalicia.Asemade, outra liña de actuación cén-trase na instalación e posta en marcha de 21 pantallas dixitais, co fin de mello-rar a información á poboación no eido da calidade do aire e a meteoroloxía. Es-tes dispositivos tamén permiten a facer públicos outras cuestións de interese, como os avisos ante fenómenos meteo-rolóxicos extremos ou posibles eventos sobre a calidade do aire.Estas pantallas, co-financiadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexio-nal (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, serán instaladas e postas en funcio-namento en varias cidades e pobos de Galicia, en distintos puntos de interese.A información que proporcionarán as pantallas será específica para o lugar pero tamén para o tipo de localiza-ción, diferenciando a información de interese segundo a zona.

Riotorto e Cospeito terán unha estación meteorolóxica

Os concellos de Meira e Riotorto veñen de convocar a terceira edición do Cer-tame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz, aberto a toda a poboación e co obxectivo de loubar a figura deste representante da cultura na zona.O concurso dividirase en catro categorías de idade, de 3 a 8 anos, de 9 a 12, de 13 a 17 e de 18 en adiante. Os máis pequenos só terán categoría de debuxo e os demáis teñen as dúas opcións. No apartado de debuxo, poderán presentarse obras en formato e temática libre, mais os poemas deberán estar escritos en galego, cunha

extensión mínima de oito versos e unha máxima de 80, con Arial 12pt.O prazo de presentación é ata o 23 de abril e o lugar de recollida de traballos é a Asociación Avelino Díaz de Meira. Os premios constan de diplomas, lotes de material escolar ou libros. O gañador na categoría de 9 a 12 anos recibirá un libro electrónico, o seguinte unha tablet e os adultos terán un pre-mio económico. 300 para o gañador, 200 para o segundo e 100 para o terceiro. O fallo do xurado darase a coñecer o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Convocada a III edición do Certame Avelino Díaz

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presentou unha campaña que pon en marcha a Dirección Xeral de Tráfico para mellorar a seguridade dos peóns nas estradas da provincia. O acto tivo lugar na N-VI, ao seu paso polo municipio de Guitiriz. Na presen-tación, a subdelegada do Goberno esti-vo acompañada polo xefe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez; o tenente xefe do destacamento de Tráfico da Garda Civil en Lugo, Diego Orviz, e pola alcal-desa de Guitiriz, Regina Polín. A subdelegada do Goberno explicou que a Dirección Xeral de Tráfico desen-volverá, nas estradas da provincia unha Campaña especial de prevención de atropelos en estrada co obxectivo de concienciar aos peóns da importancia de facerse ver na estrada. Con esta campaña, a DXT trata de sen-sibilizar aos peóns dado o número de peóns que sofren atropelos. No ano 2018, a estatística de persoas mortas por atropelo en estradas interurbanas de Galicia –na que non se computan os accidentes en travesías ou vías ur-banas- pechouse con 14 vítimas mor-tais, 9 peóns faleceron en vías conven-cionais e 5 en autovías ou autopistas, neste caso foron persoas que por algún

motivo sairan do seu vehículo e esta-ban no arcén. No que vai de ano, xa son 7 os peóns que perderon a vida atrope-lados en estradas galegas.Nas estradas interurbanas da provincia de Lugo, o ano pasado faleceu 1 peón, 7 resultaron feridos graves e 15 sofri-ron feridas leves. No que vai de ano, xa houbo unha morte por atropelo, 1 peón resultou ferido grave e 2 leves. O obxectivo desta campaña é fo-mentar entre os peóns hábitos de comportamento que aumenten a súa seguridade cando camiñan po-las estradas, como pode ser o uso de elementos reflectantes. Con esta finalidade, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda civil entregarán chalecos de alta visibilidade e reflec-tantes aos peóns que se despracen polas vías sen facer uso deste tipo de prendas e tamén os entregarán a aqueles condutores que abandonan momentaneamente os seus vehícu-los para facer algún reparto ou xes-tión, como é o caso dos repartidores. Ademais, Tráfico lembra aos con-dutores a obriga de levar aceso o alumeado do vehículo no caso de meteoroloxía adversa para facerse visibles ao resto dos usuarios.

Tráfico inicia unha campaña contra os atropelos en estradas

Un momento da presentación da campaña

Está aberto ata o 2 de agosto o prazo de solicitude do Bono Coidado, un progra-ma que inclúe axudas directas para con-tratar a unha persoa coidadora da filla e fillo ante necesidades puntuais.O programa posto en marcha en 2016, presenta como principal novidade na convocatoria deste ano que as nais e pais solicitantes poderán destinar esta axuda económica a pagar o custe dun servizo de coidado infantil non conti-nuado, como por exemplo as ludotecas e outros espazos infantís, a diferenza do que acontecía ata o de agora que se limitaba exclusivamente a servizos do-miciliarios.O Bono Coidado conta cun orzamento inicial de 1,2 millóns de euros (amplia-bles para atender todas as solicitudes que se reciban) e del poderán benefi-ciarse as persoas con nenos e nenas me-nores de 12 anos que residan en Galicia e que conten cunha renda da unidade familiar que non supere os 45.000 euros ou os 13.500 euros per cápita.Subvencionaranse un máximo de 80 horas por familia para o totalidade do período de vigor da convocatoria, que cubrirá os servizos recibidos entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de novembro de 2019. O número de horas incremen-tarase un 15% por cada nena ou neno menor de doce anos.A contía da axuda estará determinada por tramos segundo a renda per cápi-ta familiar, ata os 3.750 euros obterán unha axuda de 14 euros por hora de servizo a contratada, ata os 7.500 eu-ros será de 11 euros por hora, as fami-lias con renda per cápita ata os 10.000 euros terán unha achega de 9 euros por hora de coidador e para aquelas de máis de 10.000 euros, e sempre que non supere o tope establecido, a subvención por hora de servizo de coi-dador contratada será de 7 euros. Ade-mais, as mulleres vítimas de violencia de xénero recibirán en todo caso a con-tía máxima da axuda.O abono da axuda farase efectivo logo de achegarlle á xefatura territorial da Consellería de Política Social correspon-dente a solicitude e as facturas orixinais da contratación do servizo acompaña-das do xustificante bancario que acredi-ten o seu pagamento.

Abre o prazo para solicitar as axudas do Bono Coidado

Page 30: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

actualidade30 abril 2019

DEPORTES

O Club Ciclista tera Chá celebrará un ano máis a Ruta BTT Terra Chá do Queixo San Simón da Costa, que terá lugar o 6 de abril, coincidindo coa ce-lebración en Vilalba da popular feira. Nesta ocasión, a ruta desenvolverase entre os concellos de Vilalba, Muras e Xermade e terá tres percorridos diferentes, de 35, 48 e 68 quilóme-tros. As tres probas contan con dife-rentes niveis de dificultade, así como dificultades técnicas e físicas. A saída e a chegada terá lugar na praza da Constitución de Vilalba onde se esta-rá a celebrar tamén a feira e despois de tanto desgaste repoñerase forzas cunha comida no Restaurante Mon-tero. Como todos os anos cada par-ticipante levará un queixo cortesía da asociación de queixeiros de San Simón e como novidade un tarro de mel por parte do Concello de Muras.Esta desenvolverase a partir das 9.00 horas da mañá e está previsto o seu final sobre as 14.00 horas.

LAGOA COSPEITO. O grupo BTT Lagoa de Cospeito celebrará o 8 de xuño a terceira edición da xúa quedada anual tralo éxito acadado nas edicións anteriores.A ruta transcorrirá por car-balleiras e camiños de varias parro-quias do concello, incluíndo tamen sendeiros pola beira do río Támoga. Os intesados en inscribirse poden poñer-se en contacto co club, que establece como hora de saída s 8.30 da mañá.

CASTRO. O club ciclista BTT Cas-tro celebrará o 14 de abril a cuarta edición da súa quedada anual, que leva o nome de Kdd BTTCastro. A proba consistirá nunha ruta ciclotu-rista polo Concello de Castro de Rei, que non terá carácter competitivo, polo que non será cronometrada. O obxectivo desta actividade será de facer unha excursión á que poda su-marse o maior número de amantes

do ciclismo posible. Por todo isto, non terá moitas dificultades téc-nicas e a organización lembra que non terá asistencia polo que cada un debe estar en condicións de rematar a proba e levar os repostos que con-sidere necesarios (cámara, parches, bomba de aire, etc...). Os participan-tes irán todos identificados con dor-sais que será obrigatorio colocar nun lugar visible. Hai prazas limitadas,

polo que se recomenda a inscrición o antes posible.

GUITIRIZ. O Concello de Guitiriz e o Club Ciclista Btteiros Cova da Serpe estrearon o 14 de outubro a segun-da tempada das rutas BTTeando por Guitiriz. A primeira foi a ruta da pedra de Xosé Xosé María Diaz Cas-tro, un recorrido moi entretenido e precioso. As rutas do programa BT-TEANDO por Guitiriz, consisten na celebración dunha serie de saídas en bicicleta polo concello co obxec-tivo de dar a coñecer o patrimonio do mesmo e fomentar a práctica do deporte e os hábitos de vida sauda-bles. A organización lembra que é necesario o uso de casco e aconse-llable o de luvas e chuvasqueiro en caso de choiva. Ademais de levar sempre unha peza de froita e auga.Este tipo de acti-vidades, que non teñen carácter competitivo, fanse un domingo ao mes ata maio. Cada ruta ten unha duracción aproximada de 3 ou 3 ho-ras e media. O 14 de abril será a ruta do Cami-ño Norte de Santiago que sairá ás 9:30 do campo da feira de Guitiriz e as 10:00 de San Alberte. Será unha ruta lineal polo Camiño Norte ao seu paso polos Concellos de Guitiriz e Friol e por último o 12 de maio farase unha ruta sorpresa para clau-sar así a tempada.

Comeza a tempada de BTTs Os clubs ciclistas da comarca preparan unha serie de quedadas antes do verán

O deputado de Deportes, Pablo Rive-ra Capón, o concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel Fernández Méndez, o xefe provincial de Deportes, Ma-nuel Otero Méndez, o xogador de Álex Llorca, e o director deportivo da AX Sagrado Corazón, Rubén Engroba, presentaron no Pazo de San Marcos, a cuarta edición do Campus Álex Llorca, que se celebrará na capital luguesa do 8 ao 14 de xullo.O campus está organizado pola Aso-ciación Xuvenil Sagrado Corazón e celebrarase no Pazo dos Deportes de Lugo e nos pavillóns anexos. Ata a data, xa hai máis de 50 inscritos pro-cedentes de todas as provincias de Galicia, así como de Castela e León, Madrid e Barcelona.Rivera Capón, agradeceu a Álex Llorca pola súa aposta decidida polo balon-cesto e sinalou que “contribuímos a facer posible este campus que ten a capacidade de difundir valores, é un encontro deportivo moi proveitoso para os nenos xa que combina múlti-ples actividades”.Pola súa parte, Álex Llorca agradeceu a colaboración de Deputación e Con-

cello e apuntou que “os nenos intere-sados en participar poden apuntarse a través da web do campus na que exis-ten tres rexistros de inscrición”.

INSCRICIÓN. O campus está dirixi-do aos rapaces nacidos entre o ano 2001 e 2011, terán a posibilidade de inscribirse baixo tres modalida-des: réxime externo, semiexterno ou interno. O campus conta con oito pistas cubertas de parqué flotante para nenos. Como Residencia para internos e lugar para comidas e ceas empregaranse as instalacións do CE Santa María. Así mesmo, o Concello de Lugo pon a disposición dos parti-cipantes as piscinas municipais para os momentos de lecer. O director técnico é Mateo Rubio, pri-meiro adestrador do equipo júnior do Fútbol Club Barcelona. Toda a informa-ción irase publicando nas redes sociais do campus e na web do mesmo www.campusalexllorca.com, onde ademais poderán inscribirse xa e sumarse aos preto de medio centenar de prescritos que xa se apuntaron. En total hai preto de 120 prazas dispoñibles.

A Deputación convoca o Campus Álex Llorca

A estas alturas da tempada al-gunha liga toca seu fin, así en primeira galega, o equipo do Ba-santa Souto xogou a súa derra-deira xornada de liga en Vilalba, perdendo por 4-1 ante o terceiro clasificado, o Breogan Oleiros D.Con este resultado, o equipo do Tdm Vilalba Basanta Souto finali-zou a liga como último clasifica-do. O equipo que durante toda a primeira volta estivo colocado no medio da táboa, na segunda debido as lesións e baixas dos xogadores viu menguando o seu potencial e os resultados non acompañaron, e caeron ao final da táboa.En segunda galega o equipo de Limpezas Garcia impúxose por 4-1 ao terceiro clasificado o na-ron Castro Eiravedra, este equi-po suma os seus últimos partidos por vitorias.En segunda nacional feminina as xogadoras desprazáronse a Baña a disputar os seus partidos da quinta concentración, non foron capaces de puntuar en ningún dos catro partidos disputados. Pero si mostran boa progresión para ser o primeiro ano que compiten. Na vindeira xornada soamente competirá o Limpezas Garcia que se despraza o sába-do a Coruña para xogar contra o Grumico.

O TDM de Vilalba remata a liga cunha derrota

Biciclistas Galegos. Estes días celebrouse a VIII Xuntanza BTT Biciclistas Galegos Lugo, actividade organizada pola da asociación cicloturista do mes-mo nome co apoio do Concello e Deputación de Lugo. Un nutrido grupo de seguidores da bicicleta de montaña chegados de distintos puntos de Galicia realizaron un recorrido deseñado por membros da asociación e que contou cunha distancia total de 33 km. Tralo roteiro, os participantes desfrutaron dun xantar nun restaurante da zona.

O pasado 17 de marzo disputouse na localidade coruñesa das Pontes o Cam-peonato Galego de 5 km e onde os de-portistas do Atletismo Friol lograban un total de catro podiums. Noelia Sánchez amosaba unha vez máis o seu bo momento de forma nesta tem-pada e lograba o subcampionato galego da especialidade na categoría sub 18, facendo en meta un tempo de 19.15 minutos, mentras que a súa compañei-ra de equipo María Carballido tamén se facía coa segunda posición na categoría sub 20 e, polo tanto, lograba a medalla de prata, cun tempo final de 19.40 mi-nutos.Tamén tivo unha actuación destacada Nerea Lage, que se adxudicaba a me-dalla de bronce na categoría sub 18, facendo un tempo final de 19.43 minu-tos, mentres que, por último, Nemesio Gutierrez tamén finalizaba na terceira posición cun tempo de 19.05 minutos.Polo que respecta á carreira popular que se disputaba en paralelo a esta proba, tamén houbo podiums para os representantes de Friol, xa que Noelia Sánchez e María Carballido lograban a segunda e terceira posición da clasifi-

cación xeral, ademáis de gañar as súas respectivas probas tanto na categoría sub 18 como sub 20. Nerea Lage era se-gunda na categoría sub 18.

MARÍN. Tamén tiveron unha boa actua-ción no Campeonato Galego de fondo en pista disputado en Marín o pasado 24 de marzo, e onde os representantes friolenses lograban un total de catro podiums. Así, Lucía Varela conseguía a vitoria na proba dos 5.000 metros lisos

da categoría sub 18, e o facía cun tempo de 19.42 minutos, mentres que a súa compañeira de equipo Noelia Sánchez era segunda e, polo tanto, medalla de prata, cun tempo de 19.43. Nerea Lage remataba na cuarta posición nesta mes-ma categoría. Tamén subía ao podium María Carballido, que lograba a medalla de bronce cun tempo de 19.47 minutos e por último, Nemesio Gutierrez lograba o subcampionato na proba dos 10.000 metros lisos na categoría máster M60.

Catro podiums para os atletas de Friol no campionato das Pontes e Marín

O podium das Pontes coa representante de Friol

Page 31: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019actualidade 31

O Muimenta rematou a Liga como equipo de Segunda Autonómica tras conseguir o ascenso directo á seguinte categoría unha xornada antes do final. O Muimenta, que se mantivo líder toda a tempada sofriu nas últimas semanas unha xeira de derrotas e empates que lle impediron, tralo último partido, pa-sar como cabeza de lista da táboa. Aín-da así, puido festexar o ascenso unha semana antes do final da liga.O outros dous equipos da comarca do grupo Norte de Terceira loitarán nos play off por un novo asento en Segun-da. Castro Roldas e Matela xa teñen

asegurada a súa praza para a competi-ción e loitarán xunto ao Milagrosa e o Celta Barreiros.En Segunda, Guitiriz, Roupar, Xermade e Cabreiros ocupan da terceira á sexta praza da táboa á espera de ocupar al-gún dos asentos do ascenso que agora teñen Folgueiro e Lourenzá. E en Pri-meira o Outeiro de Rei quere volver a Preferente dende a segunda posición na clasificación que ocupa actualmen-te tralo Lemo co que se enfontará precisamente esta fin de semana. Pol, Friol, Riotorto e Pastoricense están en zona de permanencia.

O Muimenta SD logra o ascenso a Segunda antes do final da LigaPor terceiro ano consecutivo, a Escola

de Movemento de Vilalba ten a posi-bilidade de participar no Clasificatorio para o Mundial de Danza acadando ré-cord de participación tanto en número de coreografías presentadas como en número de participantes, xa que este ano chegan ata os 90 rapaces e rapa-zas, que teñen entre 2 e 20 anos.A escola presentará á competición un total de 12 coreografías, que foron preparadas polos adestradores José Luis Puentes, Raquel Díaz e Noelia Blanco. Con estas 12 coreos compe-

tirán en distintas modalidades e ca-tegorías dende o 11 ao 14 de abril en Burgos, xogándose o pase ao Mundial de Danza, ao que accederon nos dous anos precedentes.A competición dará comezo o venres 12 de abril con Lets get Loud, coreo-grafía defendida por 21 nenas de 8 a 13 anos; Ni una más, por 12 nenas de 10 a 20 anos, e A Carolina, defen-dida por 15 nenas de 9 a 13 anos.O sábado presentarán Redeiras, co-reografía formada por 21 nenas de 4 a 20 anos; Unha volta e un poe-

ma, con 3 nenas de 10 e 11 anos, e Super-mini-héroes, formada por 48 nenas e nenos de 2 a 9 anos. O domingo competirán con Wild dances, coreografía defendida por 34 nenas e nenos de 3 a 20 anos; Aí ven o maio, con 17 nenas de 4 a 9 anos, Tombola, coreografía defendi-da por 22 nenas de 7 a 13 anos; La Chica Yeye, con 15 nenas de 8 a 13 anos; Super Héroes, defendida por 11 nenas e nenos, e Osito Gominola, coreografía defendida por 13 nenas de 4 a 9 anos.

A escola de Movemento estará no Mundial de danza con 12 coreos

Nesta ocasión os cadetes Rubén Fraga Cal e Samuel García Miragaya desputaron os Campionatos de Es-paña da categoría cadete que se ce-lebraron en Torre del Campo, Xaén. Rubén competiu en menos de 71 kg acadando o bronce tras unha gran xornada na que venceu todos os seus enfrontamentos ata que se cruzou co loitador madrileño Gabriel Iglesias, que acabou por dominar a categoría.Samuel loitou en menos de 61 kg, e

malia comezar gañando os dous pri-meiros enfrontamentos non puido chegar á final ao perder co andaluz Ferrusola, mandando ao vilalbés á repesca na loita polos bronces. Xa no combate na loita polo terceiro lugar Samuel cedeu o posto no po-dio nun axustado combate ante o madrileño Javier Doblas, tendo que conformarse cun 5º posto moi me-ritorio pois o vilalbés é aínda cadete de primeiro ano.

Bos resultados para dous loitadores cadetes

Os concellos lucenses de Riotor-to, Castro de Rei e Begonte están a mellorar algunhas infraestrutu-ras que serán obxecto de refor-ma ao longo deste 2019. En Riotorto, a pista de pádel será cuberta proximamente a través dunha axuda de 65.000 euros. Ademais, vaise a construir unha pista multideporte que terá un custo duns 30.000 euros. Así máis veciños de Riotorto suma-ranse á práctica da actividade física.En Castro de Rei, vaise construir un campo de adestramento cun orzamento de 230.000 euros, preto do campo de fútbol de Ri-beiras de Lea, o Club Deportivo Castro na actualidade milita na Preferente Norte e conta con máis dun centenar de licenzas.Por último, na área recreativa de Baamonde vaise instalar unha nova pista de pádel que contará cun orzamento total de 25.000 euros.

Varios concellos lucenses mellorarán as infraestruturas deportivas

Rubén e Samuel, do Club de Loita de Vilalba

Celebración dos xogadores do Muimenta tralo partido co Fonsagrada

Vanesa Gómez resultou gañadora dun-ha medalla de ouro de natación na ca-tegoría de 50 m costas nos Xogos Mun-diais de Verán de Olimpíadas Especiais celebrados do 14 ao 21 deste mes en Abu Dhabi. Esta rapaza, nada e resi-dente na vila de Outeiro de Rei, formou parte da delegación de Apsnais Lugo que participou nas citadas olimpíadas, delegación que acadou varios premios.Estes xogos mundiais celébranse cada dous anos e neles compiten atletas con discapacidade intelectual; nesta ocasión competiron 192 países e 7.500 atletas.

Vanesa Gómez, ouro nas Olimpíadas Especiais

A Sociedade Deportiva Pol celebrou o 30 de marzo a festa do cuarenta aniver-sario da súa fundación. Para esta ocasión, o club de fútbol fixo unha churrascada popular na carballei-ra de Mosteiro nunha carpa climatizada colocada para a ocasión.A parte musical estivo a cargo de Luar na Lubre e da orquestra Xacobeo, na que viviron unha xornada importante.O club milita actualmente en Primeira Autonómica tras ascender o ano pasado e, a falta de seis xornadas para que re-

mate a Liga, teñen asegurada a perma-nencia na categoría tras estar situados por riba do medio da táboa.O conxunto polense xoga no campo Manuel Luna, que está en proceso de remodelación. De feito, aproveitando o ascenso do Pol a Primeira Autómica, o concello instalou unha pequena tribuna no fondo sur para acoller aos afeccio-nados os días de tempo inclemente de inverno e tamén milloraron o terreo de xogo, de herba natural, para poder xo-gar en condicións.

A SD Pol festexou o seu 40 aniversario

Vanesa, coa súa medalla

O domingo 28 de abril disputarase a VII edición da Carreira Popular de Friol, organizada polo Concello en colaboración co club de atletismo lo-cal. Este ano haberá novo regulamen-to, que está feito para dar un maior atractivo a carreira e, sobre todo, tendo en conta o espírito auténtica-mente popular deste evento.Como novidade, este ano haberá unha categoría por parellas, que percorrerán 5 quilómetros, que se disputa xunto coa absoluta. A parti-cipación por parellas non é compati-ble coa clasificación por equipos, e se fará a través da inscrición habili-tada na páxina de championchipnor-te, a mesma onde se poden facer xa

as incricións en todas as disciplinas.Levarán trofeos os oito primeiros clasificados das categorías sénior e máster; os tres primeiros equipos clasificados, tanto a categoría mas-culina como feminina; as tres primei-ras parellas na categoría masculina, feminina e mixta e os mellores das categorías inferiores. Tamén haberá medallas para todos os participantes das carreiras e camiseta técnicas de manga longa para os participantes na carreira absoluta. Ademais, habe-rá outras moitas sorpresas e xa está aberta a inscrición.A carreira, que completa este ano a sétima edición, terá a saída dian-te do colexio de Friol, na Praza de

España. Dende aí xirarán á dereita tomando a avenida de Lugo. Pasada a gasolineira, collerán a estrada de Ousá ata a rotonda, onde se tomará a circunvalación de Friol dirección ao pobo. Alí collerán a rúa Santa Isa-bel ata enlazar outra vez coa avenida de Lugo. Unha vez que se chegue á altura do colexio, darase unha volta ao mesmo para entrar na meta.Nesta edición haberá cinco catego-rías: a absoluta, con saída ás 12:00 horas e percorrerá 5km; a sub14 ás 11:40 e 1.400m.; a sub12 ás 11:30 horas e 1.400m; a sub10 ás 11:25 horas farán 700m.; prebenxamín ás 11:20 serán 300m e pitufos ás 11:15 que percorrerán 100m.

O 28 de abril disputarase a VII Carreira Popular de Friol

Page 32: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

actualidade32 abril 2019

O presidente da Deputación, Darío Cam-pos Conde, e os alcaldes da Fonsagrada, Pol, Ribadeo, Trabada, Pedrafita do Ce-breiro e Ribas de Sil denunciaron conxun-tamente este xoves que “o Partido Popu-lar non quere que abran as residencias” e “está a empregar fondos públicos para tentar paralizalas de xeito inmediato, posto que presentou recursos contencio-sos nos que reclaman medidas cautela-res en contra dos centros, cargando isto ás arcas de Suplusa. Por moito que lle pese ao PP, imos a seguir coa nosa folla de ruta e co noso traballo para abrir entre abril e maio as primeiras residencias”.Sempre que a xustiza non diga o contra-rio, autorizando ditas medidas cautela-res, en abril e maio poderán abrir os cen-tros de maiores de Trabada, Ribadeo, Pol e A Fonsagrada. Pois onte mesmo, arran-caron os procesos de solicitude das pra-zas das residencias de Trabada e Ribadeo que precisamente están a desenvolver os traballadores sociais da Deputación recentemente contratados para os cen-tros de maiores xunto aos dos concellos. Hoxe, en Pol hai 15 maiores interesados.Trabada, Ribadeo e Pol conta coas presta-cións de limpeza, cociña e asistencia bási-ca contratadas e a semana seguinte será a vez da Fonsagrada. Tamén aprobarase a compra de todo o material de lencería que se require. Ademais de traballadores sociais, a Deputación conta con psicólo-gos e ATS para as residencias. A vindeira semana, terán lugar os procesos de se-lección pública de terapeutas ocupacio-nais e fisioterapeutas, e rematarán os de administrativo, tendo deste xeito todo o persoal público da Deputación necesario para o funcionamento dos centros. Están os convenios, regulamentos e ordenan-zas, así como os PIA das residencias de Trabada, Pol e Ribadeo. Agárdase que a Xunta conceda o da Fonsagrada. “Se todo transcorre con normalidade, é dicir, se as intencións do PP fracasan e non se admiten as medidas cautelares, non hai problemas relativos ás contra-tacións que estamos a facer e a Xunta nos conceden o PIA da Fonsagrada,

poderíamos abrir estes 4 centros entre abril e maio con 200 prazas de residen-cia e centro de día, facendo realidade un proxecto pioneiro, pois institucións locais poríamos a disposición dos nosos maiores servizos públicos de residencia e centro de día nas súas localidades ou Comarcas, con prioridade de acceso para lucenses e con prezos en base a súa ca-pacidade económica para que todos, con independencia da súa situación, poidan contar con estas prestacións sociais”, ex-plicou Campos Conde.

CONTENCIOSOS. Presidente e alcaldes explicaron que “o Partido Popular, fa-cendo uso da súa maioría absoluta no Consello de Administración de Suplusa, a que lle outorgan os Deputados e tamén alcaldes do PP en Mondoñedo, Begonte, Outeiro de Rei, Guntín, ademais do alcal-dable popular en Sarria, autorizou a pre-sentación do primeiro recurso contencio-so administrativo, pedindo a paralización inmediata das residencias de Pol e A Fon-sagrada. Chegarán novos contenciosos, posto que o Partido Popular xa aprobou presentalos tamén contra a apertura das residencias de Trabada e Ribadeo e as obras de construción da de Guitiriz, que imos a poñer en marcha seguidamente logo de contratalas. Previsiblemente, fa-rán o mesmo coas residencias de Pedrafi-ta do Cebreiro, Ribas de Sil, Meira e Navia

de Suarna, posto que xa reclamamos a Suplusa, é dicir, ao Partido Popular que ten a maioría absoluta neste organismo no que unha soa persoa nada pode facer, que as entrege á Deputación para poder poñelas en marcha respectando sempre a autonomía local dos concellos”. O alcalde de Pol, Lino Rodríguez, desta-cou que “en primeiro lugar quero dar as gracias a este equipo de Goberno enca-bezado por Darío Campos e a todos os xurídicos desta casa que fixeron posible que a residencia de Pol avanzara e estea nunha situación de poder abrir as súas portas. Teño claro que a residencia de Pol se vai a abrir, respectando sempre a xusti-za que sigo confiando nela. Tamén quixe-ra pedirlle perdón aos meus veciños por-que levamos un retardo de algún tempo e isto é motivado pola actuación do PP. Xa cando puxemos a primeira pedra es-taba aí o PP, e isto é público e notorio, criticando a súa apertura porque era un endebedamento para o Concello, dicían. Eles o que non querían era que se fixera e se abra. Chegado a este punto, quero darlle as grazas á presidenta do PP e al-caldesa de Mondoñedo, Elena Candia, a Jesús Carreira Ferreiro, José Ulla Rocha, José Antonio García e a José Pardo Lom-bao, gustaríame saber que pensarían se o alcalde de Pol estivera impulsando un recurso para que non se puidera abrir unha residencia no seu Concello”.

Alcaldes da provincia culpan ao PP de non abrir as residencias

DEPUTACIÓN

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou que o Gober-no Provincial levou unha proposta ao Pleno para incrementar en 1,6 millóns os investimentos do Orzamento de 2019 na provincia mediante a incorpo-ración de remanentes. A proposta, aprobada na sesión plena-ria só cos votos dos deputados do PSOE, supón 100.000 euros para reeditar o Plan de Recuperación de Terras Aban-donadas e 1,5 millóns para mellorar servizos públicos nos concellos en base ás súas necesidades.Campos Conde explicou que “o Plan de Recuperación de Terras Abandonadas foi todo un éxito, pois máis de 350 gan-deiros da provincia recibiron axudas das anteriores convocatorias desta progra-mación e puxeron en produción 2.000 hectáreas que estaban baldías. Os 100.000 euros que destinamos agora permitirán recuperar outras 200 hectá-reas, poñendo en valor o noso territorio

e contribuíndo á actividade gandeira”.Sobre os 1,5 millóns de euros de trans-ferencias aos concellos, o presidente apuntou que, ao igual que se fixo cos remanentes de 2018, estes fondos des-tinaranse á mellora de servizos públicos nos municipios, atendendo ás necesi-dades trasladadas, “que son moitas e que xa nos gustaría poder atendelas a todas”. A única determinada ata o mo-mento é o arranxo do campo de fútbol Pepe Barrera de Ribadeo.O destino destes fondos apróbanse en Xunta de Goberno, unha información que é pública e está a disposición de todos os interesados nunha ligazón específica en www.deputacionlugo.gal. Tal e como se pode comprobar, os remanentes do ano pasado destináron-se a melloras diversas en distintos con-cellos como por exemplo en Guitiriz, onde se melloraron os servizos de auga e alumeado no polígono, entre outras actuacións.

Incrementan en 1,6 millóns os investimentos do Orzamento de 2019

O presidente da Deputación e os alcaldes implicados

A sesión ordinaria do Consello Provincial de Turismo aprobou as bases do novo premio Lugo Cambia, enmarcado dentro do Plan Estratéxico de Turismo, que cons-tará de dúas modalidades; ao turismo e á gastronomía lucense. Con estes galar-dóns, que se convocarán o vindeiro ano, recoñecerase o traballo de persoas, enti-dades ou institucións a prol do fomento da promoción turística da provincia, así como actuacións innovadoras na gastro-nomía lucense.Presentouse o proxecto de implantación de sinalización intelixente a través dun-ha APP de tódolos recursos turísticos da provincia, que xa esta a punto de adxudi-carse. No que se refire à posta en valor dos nosos recursos, participouse en Fitur en colaboración co APEHL, na revista “E para comer Lugo”, realizouse un curso de enoturismo, participouse nas xornadas Estase Cocendo, e impulsouse o micotu-rismo e turismo científico no xeodestino Ancares-Courel.Ademais, o Executivo Provincial conti-núa coa súa programación de impulso ás candidaturas do Xeoparque Mundial

da Unesco de Montañas do Courel e a da Ribeira Sacra. Tamén se puxo en marcha a web de tu-rismo da Deputación, realizáronse folle-tos informativos sobre os xeodestinos e a gastronomía da provincia. E impul-sáronse as redes sociais coa celebración e promoción de eventos turísticos, gas-tronómicos e culturais. E definiuse unha nova estratexia de comunicación en re-des sociais, a través de facebook, tuiter, instagram e youtube, así como a creación dun calendario de eventos da provincia.A maiores, o Goberno da Deputación da man dos 67 Concellos da provincia, participou nas feiras e eventos turísti-cos máis relevantes do panorama tu-rístico, tanto nacionais como autonó-micas. Concretamente estivo presente en Fitur; no Salón Internacional de Gastronomía e Turismo- Xantar en Ou-rense; no Festival Marítimo de Pasaia e no Fairway, III Forum do Camiño de Santiago. E tamén está prevista a par-ticipación en Expo-cidades en Braga, Expo-vacacións en Barakaldo e Terma-talia en Ourense.

O Consello de Turismo aproba os premios Lugo Cambia ao turismo e á gastronomía

A Deputada de Cultura, Pilar García Por-to, presentou no Centrad os 9 cursos de iniciación de artesanía, que comezan dende abril ata novembro, e que ofrece o Goberno da Deputación con 72 prazas dispoñibles. Coiro, xoiería, vimbio, foto-grafía artesanal, tapizaría, bordados de traxes tradicionais, son algúns dos cursos que se impartirán no Centrad e na aula do Centro de Cestería do Río Rato, cun total de 488 horas.Esta convocatoria está aberta ao público en xeral, é convertese nunha oportuni-dade única para achegarse e coñecer

oficios tradicionais como cestería, coiro e tapizaría, ou descubrir outros máis in-novadores como xoiería ou fotografía. No mes de abril comezan os cursos de cestería tradicional galega, complemen-tos en coiro para preparar pezas para o Arde Lucus e tamén un Obradoiro de re-produción de refaixos bordados que im-parte Traxadaina. No mes de maio tamén haberá tres cursos de xoiería técnicas básicas, elaboración de pezas en fibra de roten e un curso de iniciación á tapizaría. No mes de xuño a programación inclúe dous cursos, un de elaboración de figuras

con vimbio e un curso de fotografía arte-sanal. E por último no mes de outubro un curso de xoeira creativa. Os intere-sados deben inscribirse a través da web da Deputación, onde haberá un banner habilitado, e onde se indica a matrícula a pagar en cada curso. Para consultar ou recibir información sobre esta progra-mación esta dispoñible o teléfono 982 21 00 66. Os participantes nestes obra-doiros deberán indicar os seguintes da-tos; nome e apelidos, teléfono de con-tacto e indicar en cal das programacións quere participar.

Os novos cursos de iniciación á artesanía comezarán en abril

Page 33: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019 33sociedade

Xuntaza realizada en Lestedo entre as organizacións da festas da Filloa de Pedra da Baña, Muimenta e a propia anfritrioa do evento.

No obradoiro de Cociñar sen sucre de Guitiriz, desfrutaron apren-dendo cos pequenos e maiores sobre como almorzar e merendar.

O Concello das Pontes disfrutou da súa animada Cabalgata de Entroido, onde participaron centos de per-soas polas rúas da vila.

Un momento do obradoiro de emprego Eume II de atención sociosa-nitaria no domicilio do Concello das Pontes.

O GRD Ingeniería-Jansu Vilalba participou na fase provincial Escolar de técnica realizado en Taboa-da, onde os pequenos deportistas e os non tan pequenos desfrutaron desta actividade.

Na Pastoriza adquiriron material deportivo para os máis pequenos das escolas deportivas, para a práctica deportiva dende os primeiros anos.

Momento do Programa Integrado de Emprego de Galicia Pontes de Emprego, que está orientado á restauración e na que adquiriron coñecementos en servizos básicos de cociña e repostería.

Page 34: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

34 abril 2019 sociedade

A asociacion A Xuntanza de Castro de Rei fixo unha comida de celebración de Entroido, na que todos des-frutaron e bailaron.

Os nenos do colexio da Pastoriza recibiron unha charla sobre igualdade aproveitando o Día Internacional da Muller.

Os máis pequenos de Bretoña celebraron e desfrutaron da festa do Entroido con disfraces orixinais e cho-colatada para todos.

Os Cabaleiros de Labrada de Abadín tiveron unha cea baile, na que desfrutaron dun cocido e de variados premios.

A última edición do Expogrelo de Abadín convidou a moita xente a probar e mercar este produto. Ademais, repartiu os seus premios aos mellores produtores, mellores madas e mellor produto.

Pura Caaveiro foi recoñecida pola súa vila, As Pontes, nun emotivo acto no que se lle fixo entrega dunha placa.

Polo colexio Pedregal de Irimia voltou un grupo de ex-alumnos para compartir a súa experiencia, tanto universitaria como nos ciclos formativos

Hugo e José, da Pastoriza, foron dous dos gañadores do concurso, Debuxando en igualdade, organizado polo CIMuller de Mondoñedo.

Page 35: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019 35sociedade

Os guitiricenses máis cativos tiveron a súa recompensa polos seus bos disfraces. Foi un festival moi concu-rrido no que non faltou a diversión.

Visita de alumnado de FP Básica de Informática e Mecánica de Vilalba á Cova do Rei.

Os veciños de Begonte puideron bailar e gañar moitos premios no seu animado desfile de Entroido, cele-brado a fin de semana do 9 e 10 de marzo.

O Vilalbés entregou a cesta de entroido a Samuel e Aldara Iglesias Ba-rrio. Agradecen a colaboración dos establecementos, e a Suso e Mon.

Máis de 60 nenos disfrutan do baile de entroido infantil do Concello de Riotorto. Non faltou a imaxi-nación nos disfraces para unha tarde de xogos.

Os veciños de Abadín puideron visitar a nova casa consistorial e todas as súas instalacións.

Asistentes ao concurso de condución visitando A Pastoriza. Os asistentes aproveitaron a xornada de motor para coñecer os rincóns máis representativos do concello.

Os alumnos do Pedregal de Irimia de Meira fixeron o seu propio con-curso de Entroido aos mellores disfraces.

Page 36: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

36 abril 2019 opinión

COLABORACIÓNS

Non é que o que vou co-mentar sexa nada novo, nin que me colla por sor-presa, pero,ainda así, non podo evitar que me remo-

va por dentro e que me pregunte como pode haber xente, que non persoas, dis-postas a todo e, porén, a utilizar a quen sexa, con tal de acadar os seus fins.Estou a referirme a utilización sen escrú-pulos que se fai da violencia de xénero e das súas vítimas cando, como ocorre agora, hai unhas eleccións a porta.Da igual a cor política, a esquerda ou a dereita, ou os que non o teñen nada claro, que tamén os hai. Todos, por moi-to que presuman de ser diferentes uns dos outros, teñen algo en común, ben desprezable, por certo: Unha ambición desmedida por chegar ao poder, ou por mantelo, se é que xa deron o salto a él.Todo vale para lograr o seu obxectivo, e por eso non dubidan en utilizar sen es-crúpulos a que, por moi mal que soe, é a causa de moda, a causa que vende. E por desgraza, a violencia de xénero non soamente vende, se non que pode che-gar a ser, e de feito o fai, un lucrativo e suculento negocio para moitos.Da igual a indiferenza que exhibiron sen pudor durante anos, mentras os asasi-natos de mulleres se sucedían, mentras eran mais que evidentes as mentiras que nos contaban dicindo que nos esta-ban a protexer, mentras quedaba claro que as medidas que dicían tomar eran puro atrezzo, que se utilizaban cando o teatro o requería para facer un decora-do que pretendían víramos como real, e que se aparcaba cando a función chega-ba ao seu fin.Ficaban indiferentes ante vidas e mais vidas salvaxemente segadas, e non soa-mente de mulleres. Son xa moitos os nenos e nenas aos que a violencia ma-chista se levou por diante.Tan so abandoaban o seu letargo para desplegar toda a súa hipocresía neses noxentos e ineficaces minutos de silen-cio, ou para protagonizar algún acto deses protagonizados por “vips”, sem-pre a procura da foto e da imaxe coa que venderse como implicados, para retornar o mais rápidamente posible a esa vida súa plácida onde a violencia de xénero semella non existir.Agora ben, no momento que as elec-cións comezan a albiscarse, e como se un toque de diana deses que nos tempos nos que ainda existía a mili espertaba aos soldados lles fixera rexurdir do seu sono, un sono algo mais que profundo, toda a conciencia, a implicación e a em-patía coas mulleres que están a ser mal-tratadas brotaran de súpeto, e a esgalla.As promesas, que case sempre rematan sendo o mesmo: mentiras baleiras, as

baterías de medidas case máxicas, os actos onde exercen o postureo mais im-púdico, o achegamento as vítimas ou a determinados colectivos que fan moito ruido e pouco mais, pero cos que teñen un excelente entendemento, por razóns obvias, xa que ese toma e daca favo-rece a todas as partes, comezan a ser, durante meses, o pan noso de cada día, un pan que a xente que coñecemos de preto a dor da violencia de xénero,que vivimos cada día en primeira persoa o terror de moitas mulleres as que mes-mo respirar lles resulta case imposible, fai que se nos revolva o estómago e nos den desexos de berrar ou de agocharnos ata que o show, porque eso é o que é, puro show, remate, de carraxe, de pura impotencia.Sobrevoan como voitres a menor opor-tunidade de sair na foto, de demostrar a súa “sensibilidade”, e toda a pasividade que os caracterizou ata ese momento e substituída por unha actividade frenéti-ca que, mesmo sabendo que forma par-te do espectáculo, consigue, as veces, dar a sensación de que realmente nos van a axudar, de que se preocupan por rematar con ese feminicidio que, lonxe de remitir, semella medrar case cada día. Charlas aquí, xornadas alá, obra-doiros noutro lado, xuntanzas con quen queda ben na foto, van ser o seu día a día ata que a campaña remate, ata que algúns deles consigan, por fin, o tan an-siado poder.Eu teño claro que non serviría para po-lítica, e o meu xa afastado e efímero achegamento a ela non fixo mais que confirmarmo. Non concibo, nin son quen de entender como se pode xogar coa dor, cos sentementos, tan só a procura de votos e dunha cadeira que a mais dun e dunha lles vai se non a solucionar a vida, se a mellorala notablemente.Pola contra, o que si teño claro, porque a propia vida fixo que así fora, e que, ma-lia que semelle ser unha frase feita, ou un tópico que non chega a facerse real, o tempo vai poñendo a todos no seu sitio, vai dando e quitando razóns. Non falla. Poida que as veces sintamos que se demora demasiado, e a miudo así é, pero soamente se trata deso, dunha de-mora. Que ninguén o dubide. E quen se move soamente por interese, por puro afán de poder, ao final recollerá o que sementou, por moito que poida seme-llar imposible nos momentos de “gloria”.Ainda así, e mentras chega ese momen-to, que, insisto, chegará, señores e se-ñoras políticas, permitan que as vítimas de violencia de xénero, as súas crianzas, cantos traballamos codo con codo con eles cada día tentando tenderlles unha man lles fagamos un rogo: deixen de utilizarnos.Non somos mercadorías, nin estratexias electorais.Somos persoas, persoas con moita dor as costas. Se queren medrar, hai dúas opcións que tal vez deberan considerar. Traballo e honestidade.Saben de que lles falo?.

As vítimas de violencia de xénero somos persoas.Non estratexias electorais

Marta R. EngrobaAsc. Si, hai saída.

COUSAS DA VIDA MESMA

D íaz Castro vive, non é ese poeta ao que lle adi-can as letras galegas e fica no limbo de dúcias de nomes para a honrosa

listaxe de escritores protagonistas dun 17 de maio esquecidos ao ano seguin-te. Sigue vivo en Xermolos, a entida-de cultural máis importante da Terra Chá empeñada en convertir a súa casa na Casa da Xente con Alfonso Blanco Torrado, curtido en mil batallas de dignidade, termando dunha bandeira de utopías posíbeis. Díaz Castro sigue vivo porque os seus versos prenderon nos corazóns de novos bardos gui-tiricos, nimbos de luz inconformista que máis aló de soños institucionais, acreditan que a palabra, convertida en poesía, é o instrumento máis po-deroso para mudar o mundo. Así, ese grupo de poetas, bautizados na Igrexa dos Vilares un 3 de Outubro de 2015 como NPG Nova Poesia Guitirica por

Armando Requeixo no 25 cabodano do pasamento de Pepe do Vilariño, si-guen sen desmaio catro anos despois, a facer actividades co poeta das cou-sas pequenas sempre como motor e inspirador das súas creacións.Unha das máis orixinais e exitosas é o Certame VILARIÑAS, que non pre-tende ser un concurso poético senón unha canle de participación en forma de micropoemas que leve a dar nome propio a un xénero que ten adoitado unha descrición técnica fría (micro-poema) como nome de pila, ou un termo importado do outro lado do mundo (HAIKU) para chamalos. O Vi-lariño dos Cregos nos Vilares, lugar de orixe do poeta e a referencia poética á “herba pequerrechiña” do seu poema Esmeralda, foron a fonte de inspira-ción das VILARIÑAS, ese símbolo do valor e importancia das cousas pe-quenas, que tan ben ten ensalzado o poeta e que con só dúas edicións, xa teñen acadado un importante éxito de participación e popularidade, que mesmo ten sorprendido ao presiden-te da Real Académia Galega, Víctor Freixanes, que se ten declarado dis-posto a defender as VILARIÑAS como

nome próprio para os micropoemas en galego, sabedor de que tan fer-moso nome prenderá con orgullo, co paxariño da creatividade na cabeza, da figura da artista Viki Rivadulla, que as representa. Porqué renunciar a ter un fermoso nome para os pe-quenos poemas poemas cando a nosa língua ten capacidade danondo para nomear, e máis aínda candonde poe-sía se trata?Porqué recurrir a nomes doutras línguas ou a termos tan pouco poéticos como “micro-poemas tendo unha palabra tan agarimosa, como VILARIÑA? Como di André da Ponte outro grande poeta vilarego, “Fazer um poema longo requer de força dos braços: Uma Ilíada; escrever uma “vi-larinha” requer uma força de concen-tração extraordinária... Sabemos que Matsuo Bashô escreveu essas “vilarin-has” com um rigor inigualável... Pois isso... Vivam as VILARINHAS!!!” de aquí en diante, a quen escriba ou reci-te un micropoema, e co maior dos res-petos á creación nas outras línguas do mundo, nós temos nome próprio, así que, daquí en diante “Non me Chames Haiku, chámame VILARIÑA”!

Non me chames haiku, chámame vilariña

Anton Manuel Tenreiro Ferreiro

CARTA ABERTA

Na meirande parte das ocasións o ser humano non come por fame se-nón por outros factores como eventos sociais,

rutinas, horarios ou estados de ánimo, dentro destes últimos os que máis se relacionan coa comida son a tristeza, a ansiedade, o cansazo e o aburrimen-to, aínda que tamén pode relacionarse coa felicidade (“hoxe foi un bo día, imos mercar doces para celebralo”). Polo tanto, non sempre a gana de comer pode relacionarse cunha sensación de fame real, o que fai que as calorías dia-rias inxeridas supere as necesidades de cada quen, producíndose un aumento no peso corporal así como unha mala relación coa comida.Aínda que parece fácil recoñecer este tipo de fame relacionada coas emo-cións, ou emocional, non resulta tan sinxelo, posto que pode aparecer en va-rios momentos do día incluídos a hora da comida ou da cea, facendo que se prolongue ese momento de inxestión ate chegar a un estado de saciedade pleno ou incluso unha sensación de in-comodidade ou dixestión pesada.Habitualmente a fame emocional aparece de forma repentina, non é gradual e non ten por que responder a horarios fixos, especialmente pre-séntase no momento no que a persoa

está na casa que é polo xeral durante a tarde-noite. As ganas do alimento ou alimentos son moi fortes e, a dife-rencia da fame real, non se pode pos-por a inxestión de ditos produtos sen aumentar o nivel de ansiedade. Cando aparece este tipo de fame tén-dese a buscar alimentos con alto con-tido enerxético, sexan saudables ou non: chocolate, galletas, embutidos, froitos secos, queixo, pan... A rutina adoita ser comer uns tras outros e de forma rápida, sen mastigar ben e sen saborear os alimentos en cuestión. Ás veces dita inxestión realizase de for-ma inconsciente, e non é ata parar de comer, cando o individuo decátase do volume consumido.Esta ansiedade pola comida, preocupa a moitos e fai crear unha sensación de inseguridade persoal e crenza de im-posibilidade para levar a cabo unha vida ou dieta saudable. Sen embargo, non toda a alimentación basease nos momentos do picoteo e aínda que hai que traballalos, comezar facendo cambios noutros momentos do día, resultaría igualmente adoitado.Para controlar ou evitar os momentos de “fame” por ansiedade, existen al-gúns trucos.Non chegar con fame: A sensación de fame real pode desencadear nunha inxestión abusiva de alimentos, debi-do a rápida velocidade adquirida no momento da comida que fai que se tarde uns bocados máis dos precisos en estar saciados. Unha opción para evitar chegar tan famentos é consu-mir algo antes, por exemplo optar por

comer unha froita á saída do traballo ou de camiño á casa. Outra opción, se é posible, é facer unha merenda ou media mañá sempre que o corpo xa comece a ter fame a esas horas do día.Non existen alimentos apropiados para ese tipo de fame posto que ó non ser fame real toda kcal inxerida contabilizará como extra. Así pois, cambiar os alimentos calóricos por alimentos máis saudables e con me-nos aporte enerxético, como froitas, iogures, xelatinas... pode ser unha al-ternativa a corto prazo pero a longo prazo debe optarse por eliminar cal-quera tipo de inxestión. Buscar actividades alternativas que precisen unha concentración eleva-da é a mellor forma de esquecer ese momento de ansiedade relacionado coa comida. No primeiro momento no que apareza este tipo de fame, hai que buscar entreter o cerebro con outra acción. As que mellor funcionan son aquelas máis minuciosas como coser, pintar, facer traballos manuais ou ler unha novela, aínda que tamén son boas opcións saír a camiñar, to-mar unha ducha, xogar có móbil ou calquera outra actividade que permita relaxarse e desconectar.Se non funciona ningunha destas al-ternativas, é aconsellable acudir a un especialista en psicoloxía para que traballe directamente a ansiedade. Un nutricionista pode ser tamén de gran axuda para regularizar a inxestión de calorías e nutrientes ó longo do día e así evitar desencadear este tipo de fame.

Marta P.FandiñoNutricionista de Nutripasos

Fame real ou emocional?NUTRICIÓN PASO A PASO

Page 37: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019 37opinión

Unha reportaxe televi-siva sobre o despo-boamento achegounos un “concejo” asturiano chamado Yernes y Ta-

meza, con cento corenta habitan-tes censados, pero con pouco máis de trinta os que relamente viven a diario. Nese lugar só hai un menor de idade, ó cal lle preguntaban ca-les eran as súas actividades habi-tuais. Adrián, así é o seu nome, de trece anos, explicaba que unha vez de volta do instituto, tras xantar, axúdalle ó seu pai na explotación gandeira familiar. Primeiro, tirar o cucho –esterco-, e logo a atención ás vacas. Traballar e traballar, re-petía ante a cámara con ese acen-to tan caracerístico dos nosos veci-ños, tendo como amigo o seu can, sen as distraccións típicas doutros rapaces da súa idade. Pero a frase pola que o simpático de Adrián se fixo viral nas redes sociais en cues-tión de horas foi, á pregunta de se non botaba en falta outros nenos

do seu tempo, que estaba moi a gusto el só, “sin que nadie me to-que los cojones”. Así, literalmente, sen rodeos de ningunha clase, con toda naturalidade e contundencia. O que nun primeiro momento se podería pensar sobre el, que é un maleducado e que esa expresión é impropia dun cativo de trece anos, derivou de contado nunhas reac-cións positivas, maioritariamen-te, xerando unha empatía cara a súa persoa, recibindo polo xeral loubanzas á forma no que dixo o que dixo. Adrián amosou neses se-gundos de conversa un absoluto apego pola terra e un amor pola vida no rural, sen ningún tipo de complexo nin vergonza. Esa fra-se, pronunciada por este bandido, como lle di seu pai, está chea de forza, de orgullo e de dignidade. Porque non é unha simple arrou-tada na boca dun adolescente que percorre máis de vinte quilómetros en autobús tódolos días para ir a clase, senón que reflicte a triste realidade desas áreas xeográficas que se baleiran, entre as se ato-pan tamén as nosas bisbarras do interior, unha tendencia que dura décadas e semella non cambiar. Galicia, Asturias, Aragón, Estrema-

dura, Castela… sufrimos un mesmo mal no campo, despoboamento e avellantamento da poboación, onde non existe o tan necesario recambio xeracional para garan-tir a continuidade das comunida-des. Adrián, con ese razoamento de home adulto, é un exemplo da proximidade das relacións interxe-racionais que se deron sempre nas aldeas, onde a convivencia entre as diferentes idades era real e efec-tiva. De aí que este pequeno fale como o faría seu pai ou un dos ve-ciños cos que trata no seu entorno, os cales son os seus referentes, non personaxes falsos e cheos de hipo-cresía que contemplamos nalgúns programas televisivos. O guaje Adrián aspira a aprender mecánica, coma o seu tío. A boa fe que o conseguirá. O tempo dirá se a súa vida continúa entre esas paraxes montañosas de extraordi-naria beleza ou por outros lares. Mentres, a espontaneidade e ho-nestidade das súas palabras que-darán gravadas na nosa memoria. A Adrián non lle gusta que llos to-quen. O problema é que ó rural non só llos levan tocando, senón que tamén apretan ata case afogar.

Pablo Veiga

Adrián e a súa frase viralCOA NOSA VOZ

A pesar de que a couce da pataca xa chegou a Ga-liza no ano 2015 é unha praga que aínda nos si-gue afectando. Entón so

había tres concellos afectados, pero como desde aquel ano a Xunta de Ga-liza, a consellaría de Medio Rural e os seus amanuenses, asubiaban e mira-ban para outro lado, na vez de denun-cialo uns e poñer os medios necesarios os outros para combatela, agora xa son moitos os concellos galegos nos que non se vai poder sementar a pa-taca este ano, nin durante uns anos mais.Esta praga é unha mais das que feren de morte ao noso xa maltratado ru-ral, tanto aos que a producen para a venda como os que a sementan para o seu autoconsumo, pois a produción da pataca non é unha tradición, como

dixo a daquela Conselleira de Medio Rural, María Ángeles Vázquez, pois os paisanos non sementan as patacas por amor o arte, nin por darlle gusto a ela, senón porque é un complemento necesario para moitas familias que, debido á situación actual do agro, ven nelas unha axuda a súa economía moi necesaria para a súa subsistencia.Pero esta non é a única praga nin tam-pouco a mais grave, xa que a verda-deira praga, a que maltrata os nosos labregos, mariñeiros e gandeiros, son os sucesivos gobernos que durante tantos anos estiveron na Xunta de Galiza lexislando contra os intereses desas clases populares e a favor das grandes multinacionais do sector lei-teiro, das grandes explotacións minei-ras como a de Erimsa, na comarca de Ordes, que pon en risco a existencia de 200 granxas con 500 empregos direc-tos, para crear so 8 postos de traballo; privatizan o mar onde sempre pesca-ron e mariscaron os nosos mariñeiros para entregárllelo como agasallo ás grandes empresas de acuicultura.

Os membros desa banda de cleptó-manos, prepotentes, irresponsables e mentireiros compulsivos, son os que afirmaban antes que eran os de es-querdas e os nacionalistas os que que-rían quitarlle as terras ós labregos e agora son eles quen nolas rouban para regalarllas aos seus amiguetes das multinacionais para que fagan minas e deixen todo contaminado, cheo de velenos e porcalladas. A súa irrespon-sabilidade ó administrar o diñeiro pú-blico viuse ben no caso de Nova Caixa Galicia, á que despois de saneala con mais de nove mil millóns de euros do erario público, regaláronlla ao capó venezolano Juan Carlos Escotet por mil tres millóns, para que co noso diñeiro siga apoiando a violencia da oposición golpista contra o goberno elixido de-mocraticamente de Nicolás Maduro, na vez de crear unha banca pública galega para dar os créditos necesarios e mellorar a nosa economía.Esta é a verdadeira praga do agro ga-lego, pero ten solución: Está na nosa papeleta o rematar con esa peste.

Raul Río

A couza da pataca, a Xunta de Galiza e outras pestes no agro galegoFAÍSCAS QUE ESPALLA O VENTO

Estou aínda en shock polo secuestro / rapto “autori-zado” da miña tía Raquel, gran “fazaña” que levou a cabo a FUNGA (Fundación

Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas), entidade depen-dente da Xunta de Galicia. Nin que dicir ten que ese secuestro, eviden-temente, foi desautorizado por nós, a súa única familia; pero ante a ne-glixencia e incompetencia do Esta-do nada poden facer dous simples seres humanos.Segundo a RAG (Real Academia Galega), ‘raptar’ é “levar a alguén contra a súa vontade do lugar onde vive habitualmente, valéndose da violencia ou de enganos”, e isto é exactamente o que lle aconteceu á miña querida tía a tarde do xoves 7 de marzo do presente ano. E ti, prezado lector, estaraste pregun-tando como e por que se chegou a esta situación tan anómala e es-pantosa. Pois resulta que miña tía, desde fai xa bastante tempo, está incapacitada xudicialmente debido á enfermidade mental que pade-ce, unha esquizofrenia paranoide. Tanto a miña nai coma eu mesma —especialmente a miña nai—, dedicámonos todos estes anos ao coidado íntegro de Raquel, respec-tando a súa liberdade, apoiándoa durante as súas crises, queréndoa e aportándolle o máis importante: o calor dunha familia e dun fogar.Non obstante, grazas á maliciosa acción duns veciños perversos, cos que a nosa familia mantén unha relación de inimizade desde hai varias décadas, a FUNGA tomou cargo da tutela da tía Raquel, ale-gando que ela non parecía estar correctamente coidada, posto que

había unha veciña que asegurara que nunha ocasión lle dera o des-aiuno a Raquel, e que, tal e como referían estes mesmos veciños honrados, a incapaz permanecería demasiadas horas no xardín que temos anexo á vivenda. Argumen-tos tan necios como falsos. Un ano antes de proceder ao rapto —é di-cir, a comezos do 2018—, a FUNGA retirou da conta da unidade fami-liar unha importante suma de car-tos, deixándonos ás tres (incluída a Raquel) en números vermellos. Para a execución do secuestro, a FUNGA solicitou o “auxilio” dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Deste xeito, a tarde do xoves 7 de marzo, presentáronse diante da nosa casa, sen previo avi-so, 5 coches da Garda Civil e outros dous coches máis, un deles —no que montaron á forza a Raquel— sen rótulo identificativo. Como se pode ver, a actuación, ademais de “heroica”, é digna dunha película de James Bond, coma se nós fóra-mos terroristas perigosas ou ven-dedoras de droga. Pregúntome se a Administración non ten mellores e máis nobres causas nas que em-pregar os impostos dos cidadáns. Debo engadir que nin sequera tive-mos a posibilidade de despedirnos dela nin de prepararlle unha male-ta coa súa roupa. Benquerida FUN-GA, a miña tía é un ser humano, non un saco de patacas. Querida Raquel, por se chegases a ler isto, desexo dicirche dúas cou-sas. A primeira, sen ti a casa non é o mesmo; vexo a túa habitación, as túas cousas, o silencio polo día e pola noite, a túa ausencia, e vénse-me o mundo encima. A segunda, a mamá e máis eu querémoste moi-to, sabes que fixemos sempre por ti todo o que puidemos, oxalá esti-vera na nosa man solucionar esta atrocidade. Que sexa o que Deus queira que sexa.

Lucía Otero Gato

Secuestro autorizado e veciños perversos

UNHA OLLADA POLA VIDA

Page 38: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

38 abril 2019 cultura

AXENDA DA TERRA CHÁ

TELÉFONOS DE INTERESE

Os artigos de opinión publicados reflicten unicamente posturas persoais dos seus autores. O contido dos artigos será responsabilidade do seu autor. Este medio non se responsabiliza das opinións e ideas incluídas no mesmo.

CHARLA SOBRE A PAC4 de abrilFriol

TAPAS DE CASTRO RIBEIRAS DE LEA5, 6, 7 e 12, 13 e 14 de abrilCastro Ribeiras de Lea

FESTA DO QUEIXOSAN SIMÓN DA COSTA6 e 7 de abrilVilalba

V RUTA BTT QUEIXO SAN SIMÓN 6 de abrilVilalba

FESTA DA XUVENTUDE6 de abrilBegonte

IV COMIDA POPULAR6 de abrilXermade

CONCERTO ACÚSTICO DE MARWAN13 de abrilAs Pontes

FEIRA DO FERRO14 de abrilRiotorto

IV BTT CASTRO14 de abrilCastro de Rei

EVENTOSSEMANA SANTA DE MEIRADo 14 ao 19 de abrilMeira

MÁSTER DE FÚTBOLÍN18, 19 e 20 de abrilRábade

FIV26 e 27 de abrilVilalba

TEATRO “INVISIBLES”27 de abrilGuitiriz

VII CARREIRA POPULAR28 de abrilFriol

FESTA DA FILLOA1 de maioMuimenta

EXCURSIÓN A OPORTO4 e 5 de maioRiotorto

TAPAS DE RÁBADE2, 3, 4 e 5 de maioRábade

FESTA DO PORCO CELTA4 de maioFriol

III BTT LAGOA DE COSPEITO8 de xuñoCospeito

CURSOSCURSO DE MÁRKETINGAta o 20 de setembroOuteiro de Rei

CURSO DE COMPRAVENDAAta o 20 de setembroOuteiro de Rei

CURSO DE XABÓNSXermade do 6 ao 13 de abrilCandamil do 11 ao 18 de maio

CURSO DE PODA6 de abrilMeira

CURSO DE AUTODEFENSA7 de abrilGuitiriz

CONTOS DAS LETRAS GALEGASAta o 30 de abril Rábade

CONCURSOS

38 FOTOS DE NATUREZAAta o 21 de abrilCentro de Interpretación Terras do Miño

EXPOSICIÓNS

A PASTORIZAConcello: 982 33 21 97 / 982 33 21 60Garda Civil: 982 34 90 20Centro de Saúde: 982 33 21 41

COSPEITOConcello: 982 52 00 01 / 982 50 40 57Garda Civil: 982 52 00 17Centro de Saúde (cita previa): 982 52 01 20Feira do Monte: 982 50 34 69Consultorio de Muimenta: 982 50 40 57

CASTRO DE REIConcello: 982 31 40 34 / 982 31 41 32Garda Civil: 982 31 40 02Centros de Saúde (cita previa) 982 21 10 18Castro de Rei: 982 31 42 11Ribeiras de Lea: 982 31 11 14

BEGONTEConcello: 982 39 61 43Garda Civil: 982 39 80 08Centro de Saúde: 982 39 69 02

XERMADEConcello: 982 50 10 01 / 982 50 20 03

/ 982 50 10 27Garda Civil: 982 50 10 08Centro de Saúde: 982 50 11 34 / 982 50 10 55

RÁBADEConcello: 982 39 00 62 / 982 39 00 52Garda Civil: 982 39 00 05Centro de Saúde: 982 39 01 01

MURASConcello: 982 50 00 01Garda Civil: 982 50 00 20Centro de Saúde: 982 50 01 23

GUITIRIZConcello: 982 37 01 09 / 982 37 58 00Garda Civil: 982 37 00 01Centro de Saúde: 982 37 21 10Parga P.A.C: 982 37 05 00

VILALBAConcello: 982 51 03 05 / 982 51 07 16Policía Local: 982 51 07 67 / 608 08 00 50Garda Civil: 982 51 03 07Centro de Saúde (cita previa): 982 51 03 11

FRIOLConcello: 982 37 50 01Garda Civil : 982 37 50 02Centro de Saúde: 982 37 10 98Cita Previa 982 37 10 05

OUTEIRO DE REIConcello: 982 39 32 81 / 982 39 30 55Garda Civil: 982 39 00 05Ambulancia: 982 23 16 13Centro de Saúde: 982 39 25 98Cita previa: 982 39 32 67P.A.C.: 982 39 34 00

MEIRAConcello: 982 33 01 02Garda Civil: 982 33 00 04Centro de Saúde: 982 35 69 27 Cita previa: 982 33 02 40

POLConcello: 982 34 50 29Garda Civil: 982 33 00 04Centro de Saúde: 982 34 59 20 / 982 34 53 76

ABADÍNConcello: 982 50 80 21Garda Civil: 982 50 80 11Centro de Saúde: 982 50 81 22

Emerxencias: 112Urxencias Sanitarias: 061

Incendios Forestais: 085Garda Civil: 062

TELÉFONOS DE INTERESE

Teléfonos: www.terrachaxa.com+

AS PONTESConcello: 981 45 31 16Policía Local: 981 45 31 91Garda Civil: 981 45 00 05Centro de Saúde (cita previa): 981 45 12 51

RIOTORTOConcello: 982 34 62 22Garda Civil: 982 34 22 22Centro de Saúde (cita previa): 982 34 66 63

Page 39: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

abril 2019 39cultura

RECOMENDACIÓNS

a elección de...que ler?

que ver?

Elisa e Marcela, dúas mestras galegas, protagonizaron en 1901 un dos primeiros ma-trimonios entre persoas do mesmo sexo. Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño dese ano. Unha vez descuberto o matrimonio sen home, foron obxecto dunha persecución que as obrigou a buscar refuxio, primeiro en Portugal e logo na Arxentina. Neste libro relátase a súa historia. En palabras do escritor Manuel Rivas, “temos un libro que é algo máis que un libro. Aquí está a novela de Elisa e Marcela que non foi quen de escribir dona Emilia Pardo Bazán”. O autor ilumina dúas vidas unidas pola amizade e o amor, reconstrúe a actuación das autoridades académicas e xudiciais e analiza a repercusión pública dos fei-tos. Tamén achega novos datos sobre a andaina de Elisa e Marcela por terras arxentinas.

Elisa e Marcela, amigas e amantesNarciso de Gabriel, 2019t

que escoitar?

Marea, a formación de Berriozar integrada por Kutxi Romeu, á voz; David Díaz Kolibrí e César Ramallo, ás guitarras; Edu Beaumont ‘Piñas’, ao baixo, e Alén Ayerdi, á batería, verán publicado o seu novo disco o próximo 12 de abril. O álbum titularase El Azogue, e será publicado por Warner Music.El Azogue, é o sétimo traballo de estudo de Marea, que verá a luz tras permanecer a banda en barbecho desde finais de 2012

El AzogueMarea, abril 2019

Stan, Steve Coogan; e Ollie, John C. Reilly, coñecidos en España como O gordo e o fraco, embárcanse na súa xira de despedida agora que a súa época dourada parece quedar ancorada no pasado. Coa axuda das súas respectivas mulleres, Lucille, Shirley Henderson; e Ida, Nina Arianda, ambos logran conquistar ao público das salas de Reino Unido grazas ao seu peculiar xeito de interpretar e de entender o mundo. Este biopic afonda na personalidade de ambos personaxes e nas circunstancias persoais que lles converteron en figuras cómicas de lenda.

El Gordo y el Flaco (Stan & Ollie)Jon S. Baird

María Flor Rey Concelleira de Vilalba

un libro un disco

Las hijas del capitánde María Dueñas

Caos de Malú

unha película unha personaxe histórica

Campeones Clara Campoamor

un lugar para visitar un sitio onde vivir

Florencia Vivir “o aquí “ e “o agora” dame igual o lugar

unha comida unha bebida

Calquera, sempre que sexa en boa compañía

Zume natural

Page 40: nº 184 abril 2019 Os concursos de Muimenta co rural vilalba ...terrachaxa.com/wp-content/uploads/2017/07/TRX_ABRIL_2019...nº 184 abril 2019 O FIV 2019 pecha o seu cartel Vilalba

40 abril 2019 reportaxe

Hórreos e cabozos da ChairaDESCUBRINDO O PATRIMONIO CHAIREGO

Dentro das das variada e ricas manifestacións de arquitectura tradicional do rural galego o hórreo foi durante décadas unha

construción fundamental de toda casa labrega, elemento empregado para curar e almacenar o gran (o millo en particular) e outros produtos agrí-colas fora do alcance dos roedores e outros bechos que puidesen ameazar a colleita, os cales comprometerían a arraigada economía de subsisten-cia das aldeas galegas. Hoxe en día o

hórreo chegou a nós como parte do patrimonio de moitas desas antigas casas de labranza, máis as súas fun-cións desdebúxanse co paso do tem-po, perdéndose na maioría dos casos e perigando a súa integridade, pois non son poucos os que por desgraza se atopan en ruínas.Este tipo de construción, abundante sobre todo en Galicia e Asturias, ta-

mén se estende a outras zonas do nor-te da Península (León, Zamora, Canta-bria, País Vasco ou norte de Portugal), áreas cunha climatoloxía que inflúe directamente en longos invernos e na necesidade de acopio de alimentos.A orixe dos hórreos, do latín horreum e do grego, non está totalmente clara, máis as referencias de autores clási-cos sobre agricultura apuntan a que xa se viñan empregando dende as eta-pa prerromana un tipo de almacéns elevados. Para os romanos o horreum designaba toda aquela estrutura des-

tinada a almacenar bens, xa fose viño (horrea vinearia), provisións ou mer-cadoría (horreum penarium), obras de arte, libros, etc., pero primaba aquela connotación de almacén de cereais ou froitos, que podía ser horrea subte-rránea, ou en superficie, destacando aqueles que se elevaban sobre peque-nos pés sobre o chan (horrea pensilia o sublimia). Nembargantes haberá

que esperar ata o século XIII para ato-par a primeira representación gráfica dun hórreo, presente nunha miniatura das Cantigas de Santa María de Alfon-so X o Sabio.En Galicia existe unha ampla varie-dade de tipos de hórreos, diferen-ciados según a forma, tamaño e ma-teriais construtivos (madeira, pedra, lousa,etc) adaptándose ó clima e re-cursos de cada zona. Aínda así todos eles comparten unha estatura ou ele-mentos común: a base (columnas, pia-res, muretes de sostén,etc.), a cámara

de almacenaxe rectangular, un medio de acceso (escaleiras) e os elementos ornamentais e simbólicos (pináculos, cruces, veletas, etc.). Desta variedade construtiva xurdiu tamén unha cla-sificación segundo áreas territoriais: hórreo mariñán, tipo Ribadeo, tipo Coristanco, tipo Tui, tipo Mondoñedo, tipo Vilalba, etc.Na Comarca da Terra Chá predominia

a tipoloxía de hórreo galego con algún exemplo de hórreo cadrado asturiano (zona oriental), construído coa cámara en madeira (tipo Vilalba) e con algún exemplo na zona de Abadín e a Pasto-riza de estrutura mixta, e dicir, coa cá-mara realizada con madeira e pedra. Antigamente tamén era coñecido nes-te territorio a tipoloxía de hórreo pri-mitivo ou cabazo (cabozo, cabaceiro, piorno, canasto), elemento de peque-nas dimensións construído mediante o trenzado de varas (forma circular) e teitume de xesta, asentado sobre pos-

tes ou cepas (muretes de sostén). Como xa mencionamos, Vilalba pre-senta unha tipoloxía construtiva pro-pia que se estende por toda a Terra Chá e que a singulariza en canto a hórreos. O hórreo tipo Vilalba é un hórreo pequeno e estreito que se eleva sobre cepas (maioritariamente de cachotaría) separadas da cámara mediante unhas pezas de lousa co-

ñecidas coma “tornarratos”, podendo ser substituídos por cepas macizas nas que o chan sobresae perimetralmen-te. A cámara está realizada en madei-ra, con doelas verticais cinguidas por unha faixa e cuberta a dúas augas, que se prolonga a xeito de pórtico ou vestí-bulo sobre a porta de acceso. Nos ex-tremos do pórtico érguense dous pun-tais que sosteñen a prolongación da teitume e se unen co piso da entrada, axudando a cerrar a pequena balaus-trada dos laterais. As escaleiras poden ser exentas ou de fábrica, incrustadas

na cepa frontal, e a decoración varia-da (molduras no pórtico, pintura da porta e cámara, etc.).Aínda que a día de hoxe perderan a súa función principal, por fortuna os hórreos teñen unha protección espe-cial por tratárense dunha mostra máis do noso patrimonio, unha mostra do peso da economía rural galega e do cultivo do millo en particular.

Para os romanos

o horreum

designaba toda

aquela estrutura

destinada a

almacenar

bens, xa fose

viño, provisións,

mercadoría, arte,

libros ou cereais

e froitos Hórreo en Boizán, no centro, un en Vilalba, e á dereita, un en Mourence