mulleres galegas: unha biografÍa
DESCRIPTION
BIOGRAFÍA DA SEÑORA CARMEN, EXEMPLO DA MULLER GALEGA DE FINAIS DE SÉCULO XX PRINCIPIOS DO XXITRANSCRIPT
NACIN NO…
CANDO ÍA A ESCOLA…
XOGABAMOS…
OS LABORES…
OS MEUS QUERIDOS…
GUSTÁBAME BAILAR…
A MIÑA PAIXÓN…
TEMPOS DE MEDO…
A VIDA NO PORRIÑO…
A FORTALEZA…
Nace o 8 de xuño de 1925 en Sanguiñeda, Barrio do Monte (Mos).
Púxose moi pronto a traballar por iso non puido ir moito á escola.
Lembra que na escola facían labores e había castigos moi duros.Só había un libro de Historia, moi feo,con letra pequena e con poucos debuxos.
Había que cubrirse cun pano cando chovía porque pingaba dentro da escola.
Daquel tempo xogábase á pincha, á pelota, ás bólas, ás tamancas, ós pelouros...
Por Reis, xogaban con bonecas de cartón.
Quedou orfa aos 14 anos.
Vén dunha familia de mulleres acostumadas a traballar duro: a nai traballaba no campo e ía ao xornal, a tía ocupábase das vacas, outra tía cosía para fóra.
A morte dunha irmá aos 39 anos deixoulle unha pegada inesquecible.
Casou aos 22 anos e aos 23 tivo o seu primeiro fillo.
Ten catro fillos, 12 netos e dez bisnetos.
Traballou moito no campo, na sega, botando o millo apañando ou sementando herba, sachando, botando feixóns.Ía ao muíño.
Percorría as feiras de Redondela, O Porriño, Ponteareas… para vender os produtos. Vendeu moitos anos no mercado.
Levaba tamén gando aos carniceiros.
Ademais, tiña que ocuparse das tarefas da casa ao chegar a noite.
Había moi poucas xa que case todo o tempo se pasaba a traballar.
Asistía ás festas patronais (a pé) e gozaba moito, moito co baile e escoitando as bandas de músicos e gaiteiros.
Mais tarde, cando se popularizou a radio, gustáballe moito escoitala.
Sempre cantou. Cantaba cando ía ao muíño para escorrentar o medo.
Os veciños agochábanse polo campo para escoitala cantar.
Estivo unha década cantando con MALVELA.
Publicou o seu primeiro disco en solitario cando cumpriu 82 anos.
Ao longo da súa vida tivo moitas máis enfermedades e aprendeu a vivir coa dor.
Tocoulle vivir os tempos da guerra civil e os anos posteriores da ditadura nos que o medo facíase sentir en todas partes. Eran tamén tempos de fame e miseria.
Desenvolveu a súa vida no concello de O Porriño e limítrofes.