mes do libro (abril 2014): horarios contacontos e talleres

5
Biblioteca PDB Lemos xuntos, ti e eu. Vemos que as letras forman palabras e as palabras convértense en libros que estreitamos nas nosas mans. Oímos murmullos e ríos bulliciosos nas súas páxinas, esas que cantan graciosas melodías á lúa. Entramos en misteriosos castelos e das nosas mans soben ata as nubes árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan e nenos que atrapan as estrelas. Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas, percorrendo o mundo coa alegría nos libros. Pat Mora Neste mes do libro dende a biblioteca queremos disfrutar co alumnado léndolles palabras que forman contos e contos que forman o noso universo común de fantasía.

Upload: bibliobrozos

Post on 18-Jul-2015

1.220 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Mes do libro (Abril 2014): Horarios Contacontos e talleres

Biblioteca PDB

Lemos xuntos, ti e eu.

Vemos que as letras forman palabras

e as palabras convértense en libros que estreitamos nas

nosas mans.

Oímos murmullos e ríos bulliciosos nas súas páxinas,

esas que cantan graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos

e das nosas mans soben ata as nubes árbores florecidas.

Vemos nenas valentes que voan

e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas,

percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

Pat Mora

Neste mes do libro dende a biblioteca queremos disfrutar co alumnado léndolles

palabras que forman contos e contos que forman o noso universo común de

fantasía.

Page 2: Mes do libro (Abril 2014): Horarios Contacontos e talleres

Biblioteca PDB

A continuación vos especificamos as datas nas que vos agardamos na biblioteca e

na aula de contos de Educación Infantil.

4º Infantil

LUNS 28, 10:20 - 4ºC e 4ºD

MARTES 29, 11:10 - 4ºA e 4ºE

MÉRCORES 30, 11:10 - 4ºB

5º Infantil

LUNS 5, 10:20 - 5ºC e 5ºE e metade de 5ºD

MÉRCORES 7, 13:35 - 5ºA, 5ºB e metade de 5ºD

6º Infantil

MARTES 6, 11:10 - 6ºA, 6ºC e metade de B

XOVES 8, 13:35 - 6ºD, 6ºE e metade de B

Primeiro Ciclo de Educación Primaria

LUNS 28, 10:20 - 1º A e 1º B

MARTES 29, 11:10 - 1ºC e 1º D

MARTES 29, 12:45 - 2ºA, 2º C e metade de B

MÉRCORES 30, 10:20 - 2ºD, 2ºE e metade de B

MÉRCORES 30, 12:45 - 1ºE e 1º F

Día do Libro 2014 www.bibliotecapdb.blogspot.com

Page 3: Mes do libro (Abril 2014): Horarios Contacontos e talleres

Biblioteca PDB

Taller: “A Silueta” (3º de Educación Primaria)

“Os científicos din que estamos feitos de átomos pero un paxariño díxome que

estamos feitos de historias”

Eduardo Galeano.

De que estamos feitos en realidade? Seguro que de historias, pero

tamén de recordos, de imáxenes, de arrecendos, sabores,

lugares… de sensacións, sentimentos e recordos.

Vide e descubride na biblioteca de que estades feitos.

Só tedes que traer unha silueta humana debuxada nun papel

continuo branco, os vosos estoxos e, o máis importante: os

vosos sentidos ben despertos e os vosos recordos nos petos.

A continuación vos especificamos as datas nas que vos

agardamos na biblioteca.

3ºA: Luns 28, 11:10h

3ºB: Mércores 30, 13:35h

3ºC: Luns 28, 13:35h

3ºD: Luns 5, 10:20h

3ºE: Martes 29, 9:30h

Día do Libro 2014 www.bibliotecapdb.blogspot.com

Page 4: Mes do libro (Abril 2014): Horarios Contacontos e talleres

Biblioteca PDB

Taller: “Galería de monstros” (4º de Educación Primaria)

MONSTRO:

Ser fantástico que causa espanto, xeneralmente caracterizado de forma negativa

pola súa maldade, fealdade ou tamaño.

Na biblioteca buscamos pequenos Dr. Frankensteins que nos

axuden no noso laboratorio de creación de monstros.

Se vos asustades con facilidade, non veñades. Esta é unha tarefa

que só os máis ousados poden afrontar. Os que teñades medo,

quedade nas vosas aulas agardando a que os monstros invadan o

colexio cos seus superpoderes, pero si sodes valentes, estaremos

agardándovos na biblioteca nas seguintes datas.

4ºA: Luns 5, 11:10h

4ºB: Mércores 7, 11:10h

4ºC: Martes 6, 09:30h

4ºD: Luns 5, 13:35h

4ºE: Martes 6, 11:10h

Día do Libro 2014 www.bibliotecapdb.blogspot.com

Page 5: Mes do libro (Abril 2014): Horarios Contacontos e talleres

Biblioteca PDB

Taller: “Charlie e a fábrica de chocolate”

(5º e 6º de Educación Primaria) “Só escribo acerca do que é divertido ou excitante. Os nenos saben que estou da súa parte”

"A chave do éxito consiste en conspirar cos nenos contra os adultos. Pode ser unha fórmula simpliña, pero funciona. Os pais e os mestres son o inimigo”

Teredes que vir a biblioteca a descubrir quen dixo estas frases,

pero non só descubriredes iso… Descubriredes tamén que un

libro cumpre 50 anos, que ás veces a vida cambia nun segundo,

que os soños poden facerse realidade e que o cine e a literatura

van da man para crear pequenas xoias.

Traede con vós os vosos soños, desexos e tamén os vosos

medos. Tentaremos facer algo con eles.

A continuación vos especificamos as datas nas que vos

agardamos na biblioteca.

5ºA: Xoves 8, 09:30h 6ºA: Xoves 8, 12:45h

5ºB: Mércores 7, 13:35h 6ºB: Xoves 8, 13:35h

5ºC: Mércores 7, 12:45h 6ºC: Luns 12, 10:20h

5ºD: Venres 9, 10:20h 6ºD: Luns 12, 13:35h

Día do Libro 2014 www.bibliotecapdb.blogspot.com