memoria-pfac formaciÓn bÁsica abalar-12-13

22
1 MEMORIA PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR CEIP PLURILINÜE IRMÁNS VILLAR OURENSE – CURSO 12- 13 COORDINADORA: LUZ Mª VÁZQUEZ CARIDE

Upload: ceipirmansvillar-ceipirmansvillar

Post on 25-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

1

MEMORIA

PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR

CEIP PLURILINÜE IRMÁNS VILLAR OURENSE – CURSO 12- 13 COORDINADORA: LUZ Mª VÁZQUEZ CARIDE

Page 2: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

2

ÍNDICE O noso proxecto de formación en centro................................................ 3 I.- Análise do contexto no que se desenvolveu o proxecto ………... 4 II.- Xustificación das variacións introducidas respecto do proxecto inicial……………………………………………………........ 9 III.- Consecución dos obxectivos………………………………………..... 11 IV.- Contidos desenvolvidos e actividades realizadas………………….. 11 V.- Criterios e procesos de avaliación empregados…………………….. 13 VI.- Conclusións, logros e incidencia no centro………………………..... 15 VII.- Materiais elaborados……………………………………………......... 16

Page 3: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

3

O NOSO PROXECTO DE FORMACIÓN Recordamos o plantexamento do noso proxecto de formación en centro, “Formación Básica Abalar” que se encontra aloxado na nosa páxina web e na plataforma ISSUU: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipirmansvillar/node/680 http://issuu.com/ceipirmansvillar/docs/pfac-formaci__n_b__sica_abalar-12-1

Page 4: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

4

I – ANÁLISE DO CONTEXTO NO QUE SE DESENVOLVEU O PROXECTO. O CEIP Irmáns Villar atópase na rúa Pena Trevinca, nº 41, no barrio de San Francisco e escolariza a uns 400 alumnos/as procedentes, na súa maioría, dun medio socioeconómico de nivel medio e o seu Claustro está composto por 33 mestras e mestres. Nos últimos anos, este centro leva feita unha aposta seria e decidida pola incorporación das TICs ao proceso de ensinanza-aprendizaxe, tanto dende o punto de vista humano coma do material. Os membros do Claustro levan realizado esforzos para porse ao día no emprego das ferramentas TICs e o centro ten adicado unha parte importante do seu presuposto para incrementar a dotación das aulas. A nosa incorporación á Rede de Centros Abalar supuxo un gran paso adiante e moi significativo, tanto para os mestres/as como para os alumnos/as. Despois desa incorporacion, era preciso realizar a tarefa de formación do profesorado para que a implatación do Proxecto Abalar resultase efectiva e beneficiosa para toda a comunidade educativa do centro; tendo como consecuencia última a mellora da calidade do ensino. Así, as aulas de 5º de Primaria contan cunha dotación de material específico, moi atractivo e motivante que facilita o emprego das ferramentas TIC nas tarefas diarias da aula, coa finalidade de acadar un cambio de mentalidade e na maneira de impartir o ensino. O proxecto de formación en centro “FORMACIÓN BÁSICA ABALAR” pretendeu dar resposta ás demandas de formación nestas novas tecnoloxías, dar un pulo ao desenvolvemento das TICs no noso centro e mellorar o tratamento da competencia dixital e da información. O punto de partida foi dende un nivel básico, para ir acadando maiores cotas de dominio destas ferramentas coa conseguinte repercusión nas tarefas diarias do proceso de ensinanza aprendizaxe. Evidentemente, o ritmo de aprendizaxe de cada un foi diferente, en función dos seus coñecementos previos e das posibilidades de levar á prática o aprendido, xa que non todos

Page 5: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

5

os participantes imparten clases nunha aula abalar. O número de membros que solicitaron a súa participación no PFAC foi de 15 e ao remate do curso, só dúas compañeiras causaron baixa. A asistencia ás reunións de traballo levouse a cabo con regularidade. Antes de iniciar o PFAC, a coordinadora participou no curso de formación de Coordinadores Abalar organizado polo CFR e que se desenrolou no mes de outubro. Empezamos o desenrolo do PFAC sen contar coa infraestructura completa das aulas abalar; dispoñíamos do EDI e do portátil do mestre, pero non dos ultraportátiles dos alumnos. A infraestructura completa das aulas abalar quedou instalada na semana anterior ás vacacións de Nadal e foi operativa dende o mes de xaneiro.

Creamos o blog PFAC-ABALAR-CEIP IRMÁNS VILLAR ao que podemos acceder dende a na nosa páxina web e que se atopa aloxado en bloguer. http://www.edu.xunta.es/centros/ceipirmansvillar/

Page 7: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

7

Neste blog fóronse deixando os distintos materiais empregados para a nosa formación : titoriais, vídeos, presentacións, enderezos etc... O profesorado tentou aplicar o aprendido e leváronse a cabo diferentes actividades, enmarcadas na marcha diaria do Centro e tendo en conta o desenvolvemento do presente curso escolar. O desenrolo das diferentes sesións de traballo levouse a cabo, básicamente, do seguinte xeito: 1º- Unha convocatoria previa na que se plantexaba o traballo a realizar. 2º- Incorporación ao blog do plantexamento de cada sesión, onde se facilitaban varios enderezos, titoriais, vídeos e outra documentación a empregar. 3º- Nas primeiras sesións de traballo houbo que facer adaptacións para ir superando o inconvinte de non contar coa infraestructura total das aulas abalar. 4º- En función do tipo de sesión, traballouse en gran grupo, en pequeno grupo e tamén houbo traballo individual. 5º- As sesións de traballo leváronse a cabo, fundamentalmente, nunha das aulas abalar, pero tamén se usaron outros recursos cos que conta o centro. As sesións de docencia desenvolvéronse segundo o previsto, coa salvedade das modificacións que houbo que facer no primeiro momento a causa de non contar cos ultraportátiles dos alumnos/as. Os contidos programados tamén se traballaron segundo o previsto ainda que o apartado de imaxe e son quedou incompleto. Houbo certos problemas técnicos cos equipos informáticos: bloqueos, colgarse, non cargar páxinas..., que se deberon, fundamentalmente, ás características particulares do funcionamento das aulas abalar, e a certos fallos de actualización dende a Consellería de Educación. Para o profesorado, traballar cos ultraportátiles dos alumnos resultou algo dificultoso polo seu pequeno tamaño. Os iconos e as letras preséntanse nun

Page 8: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

8

tamaño moi pequeno e fai que a vista se teña que esforzar demasiado. Por suposto, os alumnos/as non notan este pequeno atranco. A páxina web do centro estivo moi dinamizada e foi un referente onde se podían atopar enlaces para acceder a recursos variados en función da temática que nos ocupaba. Dentro desa páxina creouse un apartado chamado “ Abalar-Tic” na que se ía incluindo todo o que se consideraba útil para o traballo do profesorado segundo o momento do curso.

Acudíuse tamén, con frecuencia, ao repositorio abalar e a os recursos do servidor do centro

Page 9: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

9

II – XUXTIFICACIÓN DAS VARIACIÓNS INTRODUCIDAS

Podemos afirmar que durante o desenrolo do PFAC non houbo variacións respecto do proxecto inicial. Citaremos únicamente algúns pequenos axustes ou imprevistos a causa de non contar, nun primeiro momento, coa infraestructura total das aulas abalar e a certos fallos de funcionamento. NOTA: Temos que facer constar que, a nivel de traballo no centro e sen ánimo de lucro, usamos imaxes e sons, sen ter en conta os dereitos de autor. Cítanse as fontes, ninguén ten intención de aproveitarse da propiedade doutros, pero empréganse como ferramentas para elaborar materiais cos que motivar aos alumnos nos traballos diarios. Consideramos que a nivel de ensino, esa esixencia non debería ser tan ríxida, xa que o que está na rede emprégase habitualmente no traballo diario e sen pretensión de perxudicar a ninguén.

III – CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS

► OBXECTIVOS PROPOSTOS: O obxectivo principal foi: “Acadar a formación básica para o desenrolo do Proxecto Abalar” Por outra banda, pretendíamos dar continuidade ás diferentes accións formativas levadas a cabo ao longo dos últimos cursos en relación á integración das TICs na práctica docente. Tendo sempre como referencia o obxetivo xeral, os obxectivos

Page 10: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

10

concretáronse en: - Dar resposta ás necesidades de formación do profesorado para a incorporación do noso centro á rede Abalar. - Familiarizarnos co equipamento das aulas Abalar. - Coñecer as características do: EDI, proxector, ultraportátiles dos alumnos, portátil do profesor e armario de carga. - Reflexionar sobre o uso adecuado do equipamento Abalar . - Establecer potocolos e principios de organización e uso didáctico dos recursos TIC das aulas Abalar. - Fomentar o emprego dos recursos das aulas Abalar nas diferentes materias. - Mellorar as competencias necesarias para usar as ferramentas dixitais na práctica docente. - Aprender a buscar na rede, descargar, catalogar e acceder con facilidade a recursos didácticos para as diferentes áreas, materias ou temáticas. - Potenciar entre o profesorado o intercambio, a través de Internet, de experiencias educativas, materiais didácticos e curriculares, etc. - Dotarnos das ferramentas necesarias que posibiliten o traballo colaborativo e a creación de comunidades de aprendizaxe. - Potenciar o uso das aplicacións incluídas no proxecto das webs dinámicas: drupal (portal web do centro), coppermine (galerías de imaxes) e moodle (xestor de contidos e ferramenta de teleformación). - Coñecer os distintos tipos de licenzas para poder empregar material que atopamos na rede. - Elaborar material didáctico utilizando as ferramentas educativas da web 2.0. - Empregar o espazo Abalar. - Potenciar o uso de software libre e gratuíto.

► OBXECTIVOS NON ACADADOS: Quedaron sen sen acadar plenanemente os seguintes obxectivos:

- Os relativos á imaxe e son. - Ferramenta de control dos traballos dos alumnos. - Profundizar nas diferentes aplicacións que nos ofrece abalar.

Page 11: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

11

IV – CONTIDOS DESENVOLVIDOS E ACTIVIDADES REALIZADAS ► CONTIDOS: Citamos a relación de contidos traballados e que figuraban no proxecto: - Presentación do proxecto Abalar. - Coñecemento da aulas Abalar: equipamento e funcionamento: - Coñecemento básico de GNU/Linux: interface, gestión de arquivos e cartafois. - O servidor do centro. - Protocolo de uso das aulas Abalar. - Páxina web do centro. - As contas de correo electrónico. - O Encerado Dixital Interactivo. - Creación de presentacións multimedia con IMPRESS. - REDEIRAS: rede social do profesorado. - Recursos educativos na rede e búsqueda avanzada. - Tipos de licenzas: Creative Commons. - Tratamento básico da imaxe: fotografía, video e audio. - Páxinas e enlaces interesantes. - Creación de blogs. - Titoriais. - O espazo Abalar ► ACTIVIDADES: As actividades realizadas estiveron dirixidas ao coñecemento e profundización dos diferentes aspectos das aulas abalar e enmarcadas no acontecer diario e na marcha do curso escolar. Houbo parte de docencia e parte práctica, tal e como estaba previsto no proxecto. Entre outras, podemos citar as seguintes actividades: - Ter coñecemento do proxecto Abalar. - Estudo das características do material das aulas Abalar.

Page 12: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

12

- Manipulación e prácticas cos recursos que nos ofrece a aula. - Elaboración das normas e protocolos de uso das aulas Abalar. - Creación de textos para o seu uso nas diferentes materias, acadando así unha maior motivación do alumnado. - Creación de presentacións con impress sobre temáticas específicas e variadas. - Aportacións á paxina web do centro contribuindo ao seu enriquecemento: datos, traballos e presentacións. - Elaboración de documentos empregando o tratamento das imaxes. - Navegación pola rede. - Busca, selección e recopilación de materiais e actividades da rede útiles para o traballo de aula. - Ter en conta os diferentes tipos de licenzas dos materiais da rede. - Elaboración de unidades didácticas propias. - Facer uso do espazo “Abalar-Tic” da nosa páxinas web. - Consultar habitualmente o noso blog “PFAC-ABALAR-CEIP IRMÁNS VILLAR” - Visitar e participar en REDEIRAS - Maior uso das contas de correo para comunicacións entre o profesorado. - Maior coñecemento da páxina web do centro o que contribuíu ao seu dinamismo. - Participación nas convocatorias feitas dende o centro sobre diferentes temas. - Aproveitamento dos recursos que nos ofrecen as editoriais: libros dixitais, DVD... - Consultar a EnciclopediaPlaneta Saber en Red - Emprego de diferentes titoriais para a autoformación. - Aumento da presencia das TICs no plantexamento do traballo diario cos alumnos e alumnas: aula de informática, aulas de EDI, demanda de material.... - Uso frecuente dos recursos do repositorio abalar e do servidor do centro. - Entre a temática sobre a que se traballou podemos citar:

A vendima

Adiviñas

Normas da aula.

Animación á lectura.

Magosto.

Unidades didácticas sobre diferentes temas.

O Nadal.

Page 13: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

13

V – CRITERIOS E PROCESOS DE AVALIACIÓN EMPREGADOS

Para realizar a avaliación do proxecto de formación en centro tivemos en conta os seguintes criterios: 1º- Análise e valoración das produccións do grupo e da docencia recibida: Fomos realizando as valoracións dos distintos traballos e temáticas a tratar, vendo se eran axeitados, cambiando cousas, incluindo outras novas.... Tamén se fixo unha valoración expresa no documento de seguimento que nos trasladou a nosa asesora do CFR. Por outra banda, o asesor abalar de zona tamén nos pasou dúas enquisas para valorar o uso e a repercusión nas aulas da infraestructura abalar do noso centro.

2º- Aplicación e repersusión na práctica educativa: Todo o que se traballou no PFAC repercutíu na práctica educativa, xa que o profesorado ía aplicando nas súas clases o aprendido. Temos que ter en conta que non todos os mestres/as que participaron no proxecto imparten clases nas aulas abalar, polo tanto, o xeito de aplicar os recursos na aula foi diferente.

3º- Adecuación da metodoloxía aplicada: Segundo o plantexado, a metodoloxía foi activa e colaborativa. Potenciouse o traballo en equipo e a aplicación práctica na aula. Fixéronse grupos por niveis e materias, de xeito que os intereses eran similares. Tamén se traballou en gran grupo e a nivel individual. En cada sesión de traballo partíase dunha convocatoria previa e no noso blog, PFAC-ABALAR-CEIP IRMÁNS VILLAR, adxuntábase o material de traballo, enderezos, titoriais, vídeos e documentación a empregar para acadar a formación adecuada. 4º- Grao de satisfacción co traballo realizado: O grupo tiña un número de participantes que facilitaba a coordinación, a formación inicial era variada pero os intereses, en xeral, eran comúns e había unha predisposición positiva cara o desenrolo do proxecto. Esto facilitou a

Page 14: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

14

dinamización do grupo e podemos afirmar que o grado de satisfacción é elevado, a pesar do esforzo que supuxo participar no proxecto despois dunha agotadora xornada de traballo.

5º- Organización dos recursos humanos e materiais: Os recursos foros os axeitados, agás destacar o feito de que, nun principio, non contamos con toda a infraestructura abalar e que, en ocasións, os equipos non responderon ás necesidades do momento. O centro conta cunha boa dotación de material TIC. 6º- Reflexións realizadas, logros e incidencia no centro: - Valórase como moi positivo o esforzo realizado para levar a cabo este proxecto de formación. - Percíbese un cambio no xeito de traballar do profesorado que tamén repercute no grao de satisfación. - Aumentou o intercambio de experiencias entre os compañeiros/as. - Os alumnos/as sentíronse máis motivados con este novo xeito de traballar e polo feito de contar cun material novedoso e motivante. - Obsérvanse certas carencias á hora de controlar o traballo dos nenos dende o ordenador do profesor ( ainda que, parece ser, que xa hai unha aplicación que facilita esto). - Considerase tamén que limitarse a traballar con aplicacións de código libre ten certos invonvintes á hora de traballar con material que o profesor prepara na súa casa.

7º- Propostas de mellora e/ou de continuidade do traballo:

- Demándase máis material TIC para as clases e así continuar desenrolando o aprendido.

- Os temas que non se traballaron poderían ser materia para desenrolar outros proxectos de formación.

- En xeral, o profesorado está motivado e anímase a traballar cos alumnos/as todo o que foi aprendendo.

- Hai inquietude por incorporar cada vez máis recursos ás aulas.

- Para o 2º ano da implantación do Proxecto Abalar poderíase solicitar outro pfac que completase a formación do profesorado.

Page 15: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

15

VI – CONCLUSIÓNS: LOGROS E

INCIDENCIA NO CENTRO

Como conclusión podemos dicir que o desenrolo do PFAC resultou, en xeral, moi positivo para os profesores/as, para os alumnos/as e para o centro.

Non estivo exento de dificultades dado o número horas de formación, pequenos atrancos técnicos, cansazo, etc, que se foron superando grazas ao esforzo de cada un dos participantes.

A convivencia foi agradable e cada membro ía facendo as súas aportacións e modificando a súa dinámica de traballo a medida que avanzaba o curso. Así, elaboráronse traballos moi interesantes que repercutiron na actividade diaria cos alumnos/as. O interés por facer cousas novas medraba segundo aumentaban os coñecementos.

Documentos, presentacións, elaboración do protocolo de uso dos elementos abalar, emprego dos recursos do espazo abalar e da rede, páxina web, uso dos EDI e aproveitamento do diverso material con que conta o centro foron algunhas das actividades realizadas.

Consideramos que tivo lugar un cambio na forma de enfrentarse ás novas tecnoloxías e de aproveitar as posibilidades que nos ofrecen e tamén aumentou a motivación para por en práctica todo o aprendido e continuar con máis formación.

Os alumnos das aulas abalar (5º curso), foron os que máis cambios experimentaron, mostrándose moi motivados e respondendo positivamente ás indicacións que se lles fixeron en relación ao protocolo de uso dos elementos abalar.

Ao remate do curso, todos estamos cansados pero satisfeitos e ilusionados, tentando dar un cambio á dinámica das nosas clases.

Page 16: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

16

VII – MATERIAIS ELABORADOS

Citamos os materias elaborados e clasificados por centros de interés, que

entregaremos coa presente memoria:

● O NADAL: - Presentación do “Concurso de Postais de Nadal” elaborada para o

“Festival de Nadal 2013”

● A VENDIMA: - Presentación elaborada cos traballos dos alumnos de 3º curso.

● O MAGOSTO: Documento elaborado cos traballos dos alumnos de 4º curso.

Page 17: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

17

● NORMAS DA AULA: Unha presentación e un documento coas normas da aula.

● BOTAR ÁS SORTES: Documento elaborado cos

traballos dos alumnos de 6º curso.

● VARIAS UNIDADES DIDÁCTICAS:

* Iniciación al tenis

Page 18: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

18

* El sustantivo

* Rios e relevo de España

* Inglés: Family and Friends

* O Sistema Solar

Page 19: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

19

* Relixión: A Pascua

* Las fracciones

● ANIMACIÓN Á LECTURA:

* Proposta de lectura para o 3º ciclo:

“Chamádeme Simbad”

Page 20: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

20

● ADIVIÑAS: Presentacións con adiviñas.

● COPLAS DOS MAIOS: Coplas elaboradas para

participar na festa dos MAIOS

● ROBERTO VIDAL BOLAÑO: Proposta de traballo para as Letras Galegas 2013.

Page 21: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

21

● ELABORACIÓN DO PROTOCOLO DE

USO DOS ELEMENTOS ABALAR

● PRESENTACIÓN DA CANTIGA “A SAIA DA CAROLINA”

● TRABALLOS DE RECOPILACIÓN DOS ALUMNOS DE 6º CURSO

Page 22: MEMORIA-PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13

22

● ESPAZO “ABALAR-TIC” DA NOSA WEB: Co que se pretendeu facilitar o

traballo dos compañeiros do centro, facilitando recursos e enlaces en función da

temática que nos ocupaba ao longo do curso. Recóllense tamén os traballos dos

nenos.

● BLOG PFAC- ABALAR-CEIP IRMÁNS VILLAR: Onde se foron deixando

todos os recursos e materiais que empregamos para a nosa formación. Tamén se

subirán todos os traballos elaborados.

Ourense, 23 de maio de 2013

A COORDINADORA

Asdo.: Luz María Vázquez Caride