memoria de actividades das comisións cultural e de … · puideran servirlles de axuda no futuro...
TRANSCRIPT
Memoria de actividades das Comisións Cultural e de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación2011-2014
Facultade de Ciencias da EducaciónCampus Vida Campus Norte
Coordinación da obra
M.ª del Carmen Gutiérrez Moar
Silvia Puga Castro
Xesús Rodríguez Rodríguez
Comisión Cultural
Cela Vázquez, Francisco Xavier
Gómez Morgade, Alba Mª
Gutiérrez Moar, Mª del Carmen
Jiménez Aleixandre, María Pilar
Leranoz Iglesias, Martín
Pazos Hermida, Nuria
Puga Castro, Silvia
Rego Agraso, Laura
Rodríguez Rodríguez, Xesús (Presidente)
Santos Cabanas, Xose Luis
Vargas Callejas, Germán
Grupo “Enlata Teatro” (Directora Lorena Conde).
Comisión de Normalización Lingüística
Álvarez Seoane, Carmen Denébola
Barreira Cerqueiras, Eva María
Cela Vázquez, Francisco Xosé
Costa Rico, Antón
Chao Rivas, Saleta
García Antelo, Beatriz
González Ben, Antía
Puga Castro, Silvia
Rodríguez Rodríguez, Xesús (Presidente)
Rubal Rodríguez, Xosé
Sánchez Rodríguez, Helena
Silva Valdivia, Bieito
ISBN: 978-84-8408-812-7
DL: C 513-2015
“Queremos expresar o noso agradecemento ao Servizo de Normalización Lingüistica da USC
pola súa revisión do traballo”
Memoria de actividades das Comisións Culturais e de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación2011-2014
Introdución
Esta memoria recolle as actividades promovidas e organizadas polas Comisións
Cultural e de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación
no período 2011-2014. Na liña dos anos anteriores, procuramos que as iniciativas
estiveran impulsadas polo profesorado, alumnado e o persoal de administración e
servizos co fin de contribuír ao coñecemento e difusión do noso patrimonio cultural
e a promover a normalización lingüística na nosa Facultade.
Un dos obxectivos principais do traballo proposto polas comisións centrouse en
preparar o noso alumnado para o coñecemento de experiencias e recursos que
puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido,
cómpre destacar a organización de diversas xornadas e ciclos a través dos cales
pretendemos atender a este tipo de cuestións.
Igualmente, unha das intencións fundamentais desta memoria é poñer de relevo o
contido das actividades efectuadas e axudar a identificar as principais achegas que
supuxeron as iniciativas formuladas na formación do noso alumnado e profesorado.
Entendemos igualmente que a memoria axuda a identificar posibles vías e roteiros
cara a onde poder encamiñar a programación cultural e de normalización lingüística
dos próximos anos.
Unha boa parte das actividades foron emprendidas conxuntamente polas dúas
comisións, pero tamén queremos destacar a colaboración que se mantivo con
asociacións e colectivos de dentro e de fóra da universidade na organización de
moitas das actividades. Entre outras, cómpre destacar o apoio brindado pola
Vicerreitoría de Cultura e Estudantes da USC, a Rede de Centros Socioculturais de
Santiago, o Consello de Relacións Veciñais, o Colexio de Educadores e Educadoras
Sociais de Galicia (CEESG), o Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación
Ambiental (SEPA), a Rede de Investigación e Formación para a Cidadanía e a
Sociedade do Coñecemento (RINEF-CISOC), a MESA pola Normalización Lingüística.
No caso da Comisión de Normalización Lingüística, é necesario poñer de relevo o
apoio humano e económico prestado polo Servizo de Normalización Lingüística
da USC e a interesante colaboración mantida coa Coordinadora Galega de Equipos
de Normalización Lingüística, Nova Escola Galega e a Asociación de Escritores en
Lingua Galega.
Especial atención prestamos a que as actividades tiveran como referente funda-
mental a relación cos dous campus (Norte e Vida) e consideramos moi necesario
atender as necesidades dos diferentes colectivos (alumnado dos tres ciclos, do
IV ciclo universitario e os estudantes dos graos e másters formativos ao abeiro
do Espazo Europeo de Educación Superior, estudantes inmersos nos distintos
programas de mobilidade (ERASMUS, SÉNECA, SICUE…), persoal de administración
e servizos (PAS) e persoal docente e investigador (PDI).
Detrás deste conxunto de actividades cómpre visualizar o esforzo dun importante
número de profesorado e alumnado que durante estes anos promoveu diversas e
variadas iniciativas e proxectos ao servizo da Facultade. Trátase dun importante
número de actividades que foron concibidas co fin de axudar a xerar espazos de
formación COMPARTIDOS entre o alumnado e o profesorado da Facultade, tan
necesarios nestes momentos. Así mesmo, algunhas das propostas das comisións
estiveron dirixidas a apoiar o desenvolvemento da actividade docente das materias
e a contribuír a través de conferencias, seminarios e obradoiros á súa dinamización.
En nome dos membros da Comisión Cultural e da Comisión de Normalización
Lingüística, gustaríanos rematar esta memoria agradecendo aos compañeiros/
as da Facultade os esforzos realizados para poder programar unha oferta plural e
variada. Sen a súa axuda e apoio, resultaría imposible desenvolver este programa.
Graciñas a todas e todas.
Xesús Rodríguez Rodríguez
Presidente Comisións Cultural e de Normalización Lingüística.
6 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
Memoria de actividades da Comisión Cultural da Facultade de Ciencias da Educación
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 9
Introdución
O dereito á cultura é un dereito humano
recoñecido e establecido no ámbito mundial no
artigo 27 da Declaración Universal dos Derechos
Humanos aprobada pola Organización das Nacións
Unidas (ONU) en 1948. No dito artigo recoñécese que:
“Toda persoa ten dereito a tomar parte libremente na vida
cultural da comunidade, a gozar das artes e a participar no progreso científico e
nos beneficios que del resulten”, e no punto segundo: “Toda persoa ten dereito
á protección dos intereses morais e materiais que lle correspondan por razón das
producións científicas, literarias ou artísticas de que sexa autora”.
Para a Comisión Cultural e para a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade
de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o
dereito á cultura como dereito humano ten que asegurar o disfrute cultural e os seus
compoñentes en condicións de igualdade, dignidade humana e sen discriminación
ningunha. Son dereitos que deben garantir a identidade cultural relativos á defensa
da lingua; a produción cultural e artística; a participación na cultura; a defensa do
patrimonio cultural; os dereitos de autor, etc. nun marco xeral de pluralidade e a
diversidade no que as sociedades plenamente democráticas teñen que traballar.
Boa parte das actividades desenvolvidas durante os cursos académicos presentan
unha certa continuidade temporal.
Xustificación
Esta memoria é o remate final dunha andaina iniciada no ano 2006, onde os
distintos membros da comisión cultural e da comisión de normalización lingüística
buscan xerar procesos educativos máis aló dos microespazos das aulas na procura
da defensa dunha educación ao longo da vida.
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
10 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
Como se menciona na Memoria de Responsabilidade Social da USC (2013) existen
dúas dimensións: interna e externa. A medio camiño entre ambas sitúase a xestión
social do coñecemento caracterizada pola transferencia do coñecemento e a
formación transversal. Mantendo esta mesma división, na cara interna está o noso
centro, a Facultade de Ciencias da Educación e a súa configuración cun goberno
democrático; unha estrutura organizativa estable; a busca dunha xestión de calidade
e eficiente; o rendemento de contas e a transparencia… Ao seu carón está o lado
interno. Dende a Comisión Cultural e da Comisión de Normalización Lingüística, o
eixo central é a participación a través da acción voluntaria e desinteresada de todos
os seus membros coa colaboración e coordinación dos compañeiros e compañeiras
do centro que coas súas propostas damos corpo ás programacións do centro que
manteñen como fin a promoción social, a difusión da cultura e o coñecemento e, en
última instancia, a formación en valores desde o ámbito da educación.
Quen somos?
A Comisión Cultural e a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de
Ciencias da Educación da USC é un grupo plural onde están integrados alumnado
de todas al titulacións do centro, Persoal de Administración e Servizos (PAS) e
Persoal Docente e Investigador (PDI). Todos nós elixidos democraticamente tras
presentarnos como candidatos.
Obxectivos
En xeral, os obxectivos que se desexan acadar responderán a parte dos principios
que a Comisión Cultural e a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de
Ciencias da Educación da USC teñen. Estes son:
w Tentar na medida do posible vincular oferta e formación das actividades ao profesorado e ás diferentes materias que se desenvolven nos distintos plans de estudos (graos de Mestre, Educación Social, Pedagoxía e Psicopedagoxía e Másters).
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 11
w Tentar que as actividades teñan como referente fundamental a relación dos
dous campus (Norte e Vida).
w Cadaquén é responsable da súa actividade e cómpre que se encargue da súa
xestión e tramitación aínda que todos traballamos en equipo para acadar os
logros.
Deste xeito os obxectivos xerais quedan referenciados nos principios anteriores e
ademais serán obxectivos específicos os seguintes:
Defender a cultura e a lingua no eido do noso contexto socioeducativo e cultural,
onde a educación sexa un referente da educación ao longo da vida (proceso de
formación permanente e integral dos educandos, docentes e PAS, cidadanía
compostelá, etc.).
Crear e difundir a cultura no centro desde o seu abano de actividades. Presentar
todo o traballo realizado a través do emprego de múltiples vías: exposicións,
exhibicións de canto e baile, uso das novas tecnoloxías, etc.
Montar un espazo no que reflictamos a nosa tradición educativa e profesional
no eido da animación sociocultural e do lecer.
Desenvolver unha Xornadas de Portas Abertas á Comunidade Santiaguesa
onde mostremos que o noso centro educativo e a universidade en xeral ten
e responde a súa responsabilidade social universitaria coa cidade na que se
asenta desde hai máis de cincocentos anos.
Facer que a Facultade de Ciencias da Educación manteña una proxección
exterior cara a cidade educadora de Compostela.
Destinatarios/as
Toda a comunidade universitaria en sentido amplo, a Facultade de Ciencias da Educación (alumnado do IV Ciclo Universitario, estudantes dos graos e másters formativos ao abeiro do EEES, estudantes inmersos nos distintos programas de mobilidade (Erasmus, Séneca-Sicue…) que chegan á USC, Persoal de Administración
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
12 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
e Servizos (PAS), Persoal Docente e Investigador (PDI) en particular, e a comunidade santiaguesa en xeral.
Familias de actividades
Dentro de cada ano académico desenvolvemos dúas programacións axustadas aos
cuadrimestres-semestres, salvo excepcións. Accións programáticas desenvolvidas
pola Comisión Cultural en solitario ou en colaboración coa Comisión de Normaliza-
ción Lingüística da Facultade de CCEE.
Unha forma didáctica de presentar os retallos da nosa memoria historia é a través
de familias ou grupos de actividades efectuadas. Esta memoria histórica vén a
designar o esforzo consciente dos grupos humanos por entroncar co seu pasado,
valorándoo e tratándoo con especial respecto, pero sen esquecer o presente e o
futuro próximo.
CONFERENCIAS
A realización de conferencias traen ao noso espazo formativo novas realidades e experiencias que nutren e dan sentido á territorialización da educación do mesmo xeito que se defende o dereito a ela.
“Os recursos do Centro de Documentación Socio-lingüística da Galicia”Conferenciante: Susana Mayo Redondo
Web do Centro de Documentación Sociolingüística da Galicia; http://consellodacultura.gal/cdsg/
Data: 20 Novembro de 2011
Organiza: Prof. Xesús Rodríguez Rodríguez
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
Nesta conferencia foron presentados recursos sobre información sobre a lingua galega coma é o caso de Loia1, un proxecto do Consello da Cultura Galega, a través
1 http://consellodacultura.gal/cdsg/loia/acerca.php?idioma=1
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 13
da súa Sección de Lingua e o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia con catro áreas: información lingüística e gramatical básica, historia social da lingua e literatura galegas, situación sociolingüística de Galicia e unha sintética listaxe de institucións, colectivos e recursos en rede que serven como referencia para o estudo, a defensa ou o cultivo do idioma galego.
“O Xadrez como recurso didáctico”Conferenciante e responsable do taller: Alfonso Fernández
Data: Maio de 2011
Organiza: Prof. Xesús Rodríguez.
Lugar: Centro Sociocultural do Ensanche e Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
A idea central desta iniciativa é identificar o xadrez coma un recurso beneficioso
para o desenvolvemento integral dos estudantes. Ensinar e aprender a xogar ao
xadrez facilita desenvolver o pensamento científico (capacidade de observación,
organización de datos, técnicas e métodos para a toma de decisións…), ensinar
valores, facilitar a adquisición de hábitos, estimular a creación e estabilización de
habilidades e destrezas, asóciase con procesos do pensamento (atención, memoria,
concentración, expresión numérica e verbal, análise, síntese…). Excelente estímulo
que favorecer a intuición, a autoestima, a intelixencia, a creatividade e a iniciativa.
“A violencia filio-parental: Causas e Consecuencias”Conferenciante: Concepción Aroca Montolío
Data: 26 de Marzo de 2012
Organiza: Profa. Mª del Mar Lorenzo Moledo
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida)
Este tipo de violencia intrafamiliar que foi encuberta
polas vítimas e desmentida polos agresores vai en
aumento, activando a alarma social e cubrindo a actualidade
cun amplo espazo entre os medios de comunicación (prensa, radio, TV e Internet).
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
14 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
Como consecuencia desta actualidade a profesora do Departamento de Teoría da
Educación da Universidade de Valencia Concepción Aroca Montolío preséntanos
a realidade dos fillos e fillas maltratadores aproximándose a coñecer causas
e consecuencias para, así, establecer liñas de investigación e programas de
intervención con proxenitores, vítimas e mozos e xoves agresores.
“Sensibilizándonos coas Matemáticas”Conferenciante: María Salgado Somoza
Data: Maio de 2012
Organiza: Profas. Mª Jesús Salinas Portugal e Mª Teresa Fernández Blanco
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).
A mestra María Salgado Somoza, especialista en Educación Infantil,
coa súa conferencia indica que os docentes deben facer que as matemáticas
resulten motivadoras e fáciles. Os mestres teñen que saber como aprenden as
matemáticas os nenos/as e por que ás veces non as aprenden. As situacións propias
da aprendizaxe das matemáticas extráense daquelas que ocorren normalmente
na vida diaria que son significativas e útiles para os nenos/as. É unha obriga dos
mestres de infantil poder avaliar a aprendizaxe da competencia matemática entre
os 0-6 anos dende unha concepción das matemáticas como a ciencia que se
converte nun instrumento para comprender, comunicar, solucionar, etc. de forma
funcional a vida cotiá dos nenos/as de infantil.
“Lóva (A ópera como vehículo de aprendizaxe)”Conferenciante: Lara Valcuende Loma
Data: 11 de febreiro de 2013
Organiza: Profa. Cecilia Portela López
Páxina web: http://proyectolova.es/
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 15
Lóva é un proxecto educativo centrado no desenvolvemento emocional, social
e cognitivo dos alumnos/as. LóVA é un reto que abre a aula ás emocións, á
imaxinación, ao esforzo compartido e ao descubrimento e aceptación de todas
as capacidades. Iníciase no 2006 cando Mary Ruth McGinn o trae a España. LóVA
experimenta un crecemento constante grazas aos docentes que encontran en LóVA
a resposta as súas inquietudes pedagóxicas. O proxecto está sendo realizado por
titoras/es nas súas aulas durante un curso escolar completo. Converten as clases
nunha compañía de ópera que crea, desde cero, unha ópera ou breve peza de
teatro musical. O obxectivo dos docentes que levan LóVA á aula é educar a través
da creación dunha ópera.
“A aprendizaxe dunha lingua estranxeira en Serbia”Conferenciante: Andjelka Pejovic
Data: 17 de Abril de 2013
Organiza: Prof. Germán Conde
Lugar: Aula 23 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).
A aprendizaxe dunha lingua estranxeira é unha viaxe
emocionante na formación dunha persoa. Mantendo
esta máxima a profesora Pejovic fala da aprendizaxe do
español en Serbia tendo en conta que os sistemas fraseolóxicos
do español e o serbio non teñen moitos riscos en común.
“Proxecto recriando historia, sobre a recuperación da historia local”Conferenciante: Tania M. Braga García (Universidade Federal de Curitiba (Brasil).
Data: 12 de Febreiro de 2014 as 10:30h
Lugar: Aula 6-7 do Módulo A da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
Organiza: Prof. Xesús Rodríguez Rodríguez.
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
16 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
PRESENTACIÓNS
“Proxecto Ponte nas Ondas”Data: 17 de Febreiro de 2014
Lugar: Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
Organiza: Prof. Xesús Rodríguez Rodríguez.
Ponte nas Ondas! celebra o seu 20º aniversario coa XX
Xornada Multimedia de Comunicación. Ponte nas Ondas!,
naceu como un programa para unir alumnado e profesorado de Galicia e Portugal
construíndo a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal dende a base social. Traballo
colectivo que respecta a cultura tradicional e o entendemento entre os pobos como
o gran valor deste proxecto internacional.
EXPOSICIÓNS
Coas exposicións queremos facer convocatorias públicas onde levamos ao noso
centro ou a un espazo do Concello de Santiago experiencias desenvolvidas por
organismos, asociacións, fundacións… da comunidade galega ou doutros lugares
ou países, que teñen un fondo didáctico co fin de facilitar procesos de ensinanza-
aprendizaxe, recordar elementos da nosa historia, conectarnos con outras
realidades socioculturais, etc.
“Xoguetes tradicionais”Alumnado de Educación Social
Data: 23-27 de abril de 2012
Organiza: Profa. Laura Rego e Prof. Xesús Rodríguez Rodríguez.
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
A necesidade de xogar é unha acción que se transmite de xeración
en xeración aínda que os xoguetes poden variar moito dunhas épocas a outras. Con
esta actividade recollemos os xoguetes tradicionais galegos como son: asubíos,
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 17
barcos de noz, buxainas, tiracroios, mariolas, chapas, bólas… a maioría, vinculados
co medio natural, porque eles conservan un alto valor educativo e pedagóxico entre
os nenos e nenas galegos e son un bo recurso para os técnicos da educación que
buscan xerar aprendizaxes e relacións sociais, exercendo o xogo coma elemento
motivador que amosa unha manifestación cultural que na actualidade prográmase
coma unha acción educativa interxeracional. En última instancia a actividade
ocúpase de recoller o patrimonio lúdico galego.
“Xogos matemáticos”Alumnado de 3º de Educación Infantil
Data: 23-27 de abril de 2012
Organiza: Profas. Mª Teresa Fernández Blanco e Mª Jesús Salinas Portugal.
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).
A Facultade de Ciencias da Educación no Campus Norte acolle nunha exposición
todos os xogos que foron elaborados polo alumnado de 3º de Educación Infantil
da USC como resultado do Obradoiro de Xogos Matemáticos que organizaron as
profesoras Mª Teresa Fernández Blanco e Mª Jesús Salinas Portugal.
“Gundián: Un achegamento a unha paisaxe natural e humana”Data: 1º Cuadrimestre–Semestre novembro 2012
Responsable: Asociación Raiceiros
Páxina Web: http://raiceiros.wordpress.com/
Organiza: Prof. Xesús Rodríguez.
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
A asociación Raiceiros investigou desde o ano 2004
a historia da construción do viaduto ferroviario
do Gundián sobre o río Ulla, que foi inaugurado
oficialmente o 8 de setembro do 1958 e no que
traballaron ducias de veciños da Ulla.
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
18 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
Con motivo do 50 aniversario da inauguración da obra, Raiceiros preparou unha
exposición e publicou un pequeno libro conmemorativo no que, ademais, se dan
a coñecer a historia da contorna da ponte, as lendas e moitas anécdotas sobre a
construción do viaduto e da vía. A mostra, estreada por Raiceiros en 2008, púidose
ver en novembro e parte de decembro na Facultade de Ciencias da Educación no
Campus Vida, no horario de apertura do centro.
OBRADOIROS
A nosa vontade é crear eventos culturais, artísticos e atractivos, nos que participe
xente de dentro e fóra do centro. Tamén pretendemos colaborar con actos culturais
da nosa contorna.
“Xogos matemáticos”Alumnado de 3º de Educación Infantil
Datas: 7-11 de maio de 2012
Organiza: Profas. Mª Teresa Fernández Blanco e Mª Jesús Salinas Portugal.
Aula: María Barbeito da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).
Esta iniciativa, na que colabora o alumnado de 3º curso de Educación Infantil co
gallo do Día Escolar das Matemáticas (12 maio) ten coma finalidade ensinar, dende
un enfoque lúdico, conceptos e procedementos matemáticos básicos tratados
na escola infantil, intentando cambiar a actitude negativa que pode existir cara
estes coñecementos. Ao obradoiro puideron achegarse todas aquelas persoas que
desexaron poñer a proba o seu enxeño.
“Xogos matemáticos”Alumnado de Educación Primaria
Data: 12 de maio de 2014
Organiza: Área de Didáctica das Matemáticas.
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 19
O Día escolar das Matemáticas converteuse nunha oportunidade para que un día
ao ano os centros educativos realizaran actividades extraordinarias para visualizar
as matemáticas e a súa importancia na nosa sociedade. Nos centros educativos
de primaria e secundaria escolleuse como día das matemáticas a data do doce
de maio, por ser o doce de maio do 2000 o centenario do nacemento de Pedro
Puig Adam, discípulo de Julio Rey Pastor, un dos primeiros matemáticos españois
con amplas preocupacións didácticas, plasmadas en varias obras. Catedrático no
Instituto San Isidro de Madrid e profesor na Escola de Enxeñeiros Industriais, é
considerado o primeiro renovador da ensinanza das matemáticas en España.
Con motivo da Celebración do Día Escolar das Matemáticas, en maio de 2014
celebrarase a decimoquinta edición co tema “Matemáticas e computación”, onde
o que se pretende é mostrar como aprender matemáticas cun ordenador e tamén
a través de Internet.
“A fotografía como ferramenta na aula de primaria”Docente: Guillermo Calviño Santos
Datas: 7, 8, 15, 22 e 29 de novembro de 2012
Organiza: Profa. Carmen Franco
Lugar: Aula 7 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).
Na actualidade a fotografía converteuse nun medio
ao alcance de todo o mundo, especialmente nos últimos anos,
coa aparición das cámaras dixitais. Deste xeito a afección a facer fotografías
xeneralizouse extraordinariamente. Hoxe podemos dispor dunha pequena cámara
dixital que cabe nun peto e permite tomar fotografías sen ter que estar pendentes de
mercar, cambiar, carrear e revelar carretes. Así, a maioría do alumnado dos centros
escolares medrou vendo pantallas dixitais en móbiles, cámaras, ordenadores, etc.
A finalidade da conferencia foi amosar o valor didáctico da fotografía dixital. O
profesorado ten como misión que o alumnado coñeza secuencialmente todos os
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
20 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
pasos que se deben seguir dende a captación da fotografía coa cámara dixital
ata a súa impresión así coma o uso que dela fan na aula para xerar o proceso de
ensinanza-aprendizaxe de contidos a través do emprego da cámara dixital.
“Djembé terapia do ritmo, nivel I”Docente: Guillermo Calviño Santos
Datas: 14 e 15 de xullo de 2014
Imparte: Jorge C. Pérez Mestre Profesor Superior de Música
Organiza: Profa. Carol Gillanders
Lugar: Aula 7 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).
A temática desta actividade céntrase na aprendizaxe do
djembé e os seus beneficios psicosociais. A terapia con tambores é un método
natural que permite utilizar o poder do ritmo e a música e a súa aplicación
individual e grupal ofrece un enfoque holístico da curación. Traballar con grupos
de tambores rompe as barreiras sociais, promovendo a liberdade de expresión,
a comunicación non verbal, a unidade e a cooperación. Esta terapia esperta
emocións latentes e inexplicables sentimentos de entusiasmo, paz e benestar;
reduce a depresión, a ansiedade e o estrés, estimula o funcionamento do sistema
inmune e a saúde física.
CHARLAS-COLOQUIO e MESAS DE DEBATE
A organización de mesas de debate ten como intención dar resposta aos
interrogantes que os cambios e transformacións deixan en distintos ámbitos da
realidade (social, política, económica, educativa, etc.). Para poder actuar coma
cidadáns comprometidos o primeiro banzo é estar informados, polo que sempre
deixamos abertas as portas da nosa casa para que os fluxos do exterior social
tamén teñan a palabra.
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 21
“A lei Wert a análise”Data: Marzo 2013
Organiza: Profa. Carmen Moran de Castro.
Lugar: Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
Visibilizáronse as claves para entender a reforma educativa que vén configurada
como unha transformación parcial da Lei Orgánica de Educación (LOE 2006). Estes
cambios dan lugar á sétima lei educativa da democracia baixo a denominación de
Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE, 2013).
Como técnicos do ámbito da educación analizáronse os pros e contras que desde a
comunidade educativa (padres, profesores e alumnado) se lle outorgan á reforma
que está por vir.
“O liño, arte e cultura”Mesa redonda e presentación do vídeo
Data: 02 de maio de 2013
Lugar: Museo do pobo Galego
Organiza: Prof. Xesús Rodríguez Rodríguez.
Presentación e proxección do documental sobre
todo o traballo e as tarefas que xiran en torno ao
liño co título: ‘O liño, arte e cultura’. O vídeo conta con
representacións dos distintos procesos para a elaboración do
liño, recreados polas mulleres de Insua, así como testemuñas e unha parte musical
a cargo do grupo tradicional pontés Muxarega.
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
22 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
CICLOS DE TEATRO
Esta iniciativa teatral desde o ámbito da educación é un traballo conxunto entre as
Comisións Cultural e de Normalización Lingüística e o Grupo de Teatro da Facultade
de CCEE con distintos apoios: Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación
Continua, Facultade de Filoloxía, Rede de Centros Socioculturais de Santiago,
Consello de Relacións Veciñais de Santiago, Colexio de Educadoras e Educadores
Sociais de Galicia, Grupo de Investigación SEPA, etc.
A nosa intención foi achegarnos ao teatro das diferentes agrupacións que traballan
en Galicia e ao significado da arte escénica nas nosas aldeas e vilas, coa finalidade
de manter unha fonda tradición galega e crear un ciclo teatral estable que tamén
sirva para concienciar os futuros educadores na importancia do teatro como forma
de innovación educativa.
Así naceu o Certame de Teatro (é) Educación que no período 2011-14 acolle as catro
últimas edicións.
No IV Ciclo de Teatro Comunitario “Enlata Teatro” subiu ao escenario a obra titulada:
“Ubú no Outeiro”, baseada en “Ubu sur la Butte”, de Alfred Jarry.
O V Certame do Ciclo de Teatro Comunitario: Teatro (É) Educación presta especial
atención ás iniciativas e proxectos teatrais vencellados ao
ámbito da educación social e do desenvolvemento comunitario
en diferentes ámbitos e contextos educativos.
Tivo lugar os días 27 e 28 de febreiro e 7 e 9 de marzo de 2012.
Nesta V convocatoria do Ciclo de Teatro Comunitario: Teatro (É)
Educación na Facultade de Filoloxía, a compañía “Enlata Teatro”
o Grupo de teatro da Facultade de Ciencias da Educación,
representa o 8 de marzo de 2012 de 20:00 a 22:00h. a obra
‘Turandot’, de Bertold Brecht.
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 23
Na VI edición do Ciclo de Teatro Comunitario Teatro (é) Educación creado pola
Comisión Cultural, o grupo de teatro da Facultade de Ciencias da Educación e
realizado na Facultade de Filoloxía tenta achegarnos á vida teatral que está máis
preto de Compostela.
Tivo lugar os días 12, 13 e 19, 20 de marzo de 2013.
Para a convocatoria da VI do Ciclo de Teatro Comunitario Teatro (é) Educación. O
día 20 de Marzo de 2013 de 20:00-22:00 h. a compañía “Enlata Teatro” representou
“Morrer en Polonia. Por que?”
A VII Edición do Ciclo de Teatro Comunitario que organiza a Comisión Cultural da
Facultade de Ciencias de la Educación e Enlata Teatro inicia unha nova orientación
desenvolvendo o proxecto Ad hoc, cuxa finalidade é reunir varias compañías de
teatro afeccionado para a creación dunha peza
por compañía participante.
Esta nova liña de acción teatral aposta por unha
apertura cara a un teatro revolucionario, de
creación, no que as agrupacións poidan establecer
contacto con outros modos de facer e afrontar un
proxecto teatral onde as compañías interesadas
en participar desenvolverán unha creación
colectiva orixinal ideada e creada especificamente
dentro do grupo de traballo, para unha duración
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
24 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
escénica de 12 a 15 minutos e coa convivencia entre linguas como eixo temático,
cuestión que será tratada libremente por cada compañía.
As compañías de teatro afeccionado: Carauta, Enlata e Teatro de Peto presentaron
as súas microcreacións dramáticas entre os días 2 e 4 de abril de 2014 no Centro
Sociocultural de Santa Marta dende as 17.30 horas.
Aínda que con outra dinámica, o ciclo mantén vixente a súa orientación cara ó
alumnado, persoal da USC e cidadanía en xeral interesada no mundo teatral.
Durante a VII Edición do Ciclo de Teatro Comunitario o Grupo de teatro da Facultade
de Ciencias da Educación “Enlata Teatro” pon en escena a obra: ‘A face e o envés’.
O VIII Ciclo de Teatro Comunitario está en marcha e as temáticas que tratarán os
grupos de teatro versarán sobre o tema que a Comisión Organizadora propón: a
violencia obstétrica.
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 25
REPRESENTACIÓNS TEATRAIS
O Grupo de Teatro da Facultade de Ciencias da
Educación «Enlata Teatro» cada curso académico vén
pondo en marcha unha representación escénica en
todas as edicións do Ciclo de Teatro Comunitario: Teatro
(É) Educación, no día do patrón do centro, o 9 de marzo data d a
conmemoración do natalicio de Frei Martín Sarmiento, participando en certames
teatrais universitarios dentro e fóra da USC ou no espazo teatral Compostelán.
A USC converteuse do 18 de maio ao 6 de xuño de 2010 na capital do teatro
universitario galego. Celebrouse en Compostela a XI Mostra de Teatro Universitario de Galicia. Nesta evento, un dos máis destacados do teatro universitario galego,
citáronse trece compañías representando a totalidade dos Campus galegos e con
especial presenza dos grupos xurdidos no seo da USC.
Nesta ocasión ‘Chekov en xogo’ é a representación que levará a escena Enlata Teatro
o día 4 de xuño no Salón Teatro. O libreto é un texto propio a raíz de textos Chekov.
O teatro universitario galego presentará as súas producións ao público compostelán
do 23 de maio ao 1 de xuño de 2011, dentro da programación da XII Mostra de Teatro Universitario de Galicia. Son un total de 14 representacións levadas a escena polas
aulas de Teatro das tres universidades galegas así como por compañías xurdidas no
seo das comunidades universitarias. O 26 de maio de 2011 no Salón Teatro ás 21,30
h. a compañía Enlata Teatro (USC) representa “Ubú no Outeiro”; adaptación de “Ubu
sur la Butte” de Alfred Jarry, de Alfred Jarry. Duración: 90 minutos.
Do 8 ao 31 de maio de 2012, no Salón Teatro, no Teatro Principal e na Sala Roberto
Vidal Bolaño acóllense as representacións que forman o programa da XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia.
O día 29 de maio no Salón Teatro ás 21 h. a compañía Enlata Teatro representou
‘Turandot’, de Bertold Brecht. Coa que gañou o Premio ao Mellor Vestiario.Duración:
100 minutos.
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
26 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
A Facultade de Ciencias da Educación conmemora
a festividade do seu patrón “Frei Martín Sarmiento”
o día 10 de marzo de 2014. Logo da clausura da
cerimonia académica por parte do reitor da USC,
no Colexio Fonseca o grupo teatral ‘Enlata teatro’
puxo o colofón da sesión coa representación dun
extracto da peza ‘A face e o envés’.
Do 21 ao 30 de abril de 2014 no Salón Teatro e no
Teatro Principal acollen diversas representacións
que forman o programa da XV Mostra de Teatro Universitario de Galicia, evento organizado pola
Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación
Continua da Universidade de Santiago.
O luns 28, no Teatro Principal, ás 19.30 horas a
compañía Enlata Teatro representa O envés,
obra de Lorena Conde.
Nos Premios da XV Mostra de Teatro Universitario de Galicia 2014 concedéuselle o Premio ao Mellor vestiario, Mellor espazo escénico para Lorena Conde e Mellor iluminación para Javier Quintana na XV Mostra de Teatro Universitario
de Galicia.
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 27
CICLOS DE CINE
A relación do mundo audiovisual coa educación da pe a
encontrar recursos variados que sirvan para iniciar proxectos
didácticos. Na maioría dos casos unha película, una serie ou
un documental permiten mesturar os contidos das disciplinas
que favorezan o desenvolvemento das competencias básicas nas distinta áreas do
saber ou configurarse como un contido transversal.
Para nós o cine é un elemento formativo, un apoio metodolóxico para xerar procesos
de intervención pedagóxica e, polo tanto, algunhas profesións poderán aproveitar
a sétima arte como soporte para a adquisición de competencias técnicas.
“Ciclo de cine Social: Ficción ou Realidade”Data: 16 e 17 de novembro e 22 de decembro 2011
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
Responsables: Alumnado de Terceiro Ciclo
Organizan: Profas. Carmen Morán de Castro e Mª del Carmen Gutiérrez Moar.
“V Ciclo de cine e historia 2011”Data: 16 e 17 de novembro e 22 de decembro 2011
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).
Responsables: Asociación Cultural Sine Nómine e Nova Escola Galega
Organizan: Prof. Ramón Facal
Páxinas Web: http://www.nova-escola-galega.org/ e http://sinenomine1931.blogspot.com/
“Ciclo de cine: Cine e Educación: Unha Mirada a través”Data: 1º Cuadrimestre-Semestre novembro 2012
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
Responsables: Alumnado de Educación Social.
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
28 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
“Cine de animación e a súa dimensión educativa: Microciclo.”A guerra e as súas consecuencias”Data: 2o e 27 de febreiro e 6 de marzo de 2013
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).
Organiza: Prof. Antonio García Vinuesa.
“Ciclo de cine: Educación, medioambiente e comunidade”Data: 21-24 de abril de 2014
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
Organiza: Prof. Germán Vargas Calejas.
CURSOS E SEMINARIOS DE FORMACIÓN
Neste grupo recollemos todas aquelas actividades que se centran no fomento de
novas aprendizaxes dun xeito lúdico e divertido. Non é mais ca unha forma de
innovar nas aprendizaxes dos contidos. As experiencias foron as seguintes:
“I Curso de Linguaxe de Signos”Datas: 23 e 24 de abril de 2012
Profa. Yaiza Ageitos Sobradelo
Organiza Prof.: Xesús Rodríguez Rodríguez
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
Neste curso específico dedicado á linguaxe de signos o obxectivo
xeral era aprender basicamente que as mans teñen voz. Con esta intención a
profesora amosou que é signar, ensinou o alfabeto español e presentounos un
espazo mixto entre xordos e oíntes.
“II Curso de Achegamento á Lingua de Signos e á figura do interprete de Lingua de Signos (ISLE) no ámbito educativo”Datas: Primeiro cuadrimestre-semestre do ano académico 2012-13
Profa. Yaiza Ageitos Sobradelo
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 29
Desde a aprendizaxe da linguaxe de signos damos un paso máis cara ó labor do
Interprete de Lingua de Signos (ISLE) no ámbito educativo, traballando man con
man xunto aos mestres e profesores para unha integración académica real do
alumnado xordo.
“Seminario sobre o alumno/a xordo na aula: Cuestión xerais para a intervención”Datas: Primeiro cuadrimestre do ano académico 2012-13
Profa. Yaiza Ageitos Sobradelo
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)
Duración: 30 h.
A finalidade do seminario é facer visibles as orientacións para a atención educativa
de alumnos xordos atendendo ás necesidades educativas do alumnado xordo nas
áreas cognitiva, afectiva e lingüística sen esquecer contemplar o seu reflexo no
proxecto educativo e curricular que facilite a integración dos nenos/as ou mozos/
as xordas.
“Curso de Formación: O Teatroforo como ferramenta de participación social”Datas: abril 2013
Imparte: Feitoría Verde, S. Cop. Galega.
Páxina Web: http://ugacota.coop/es/cooperativas/feitoria-verde-s-coop-galega/
Duración: 30 h. (20 h. presenciais e 10 h. para a elaboración da memoria).
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
Organiza: Facultade de Ciencias da Educación e Vicerreitoría de Cultura.
Alumnos xordos: todos ¡guais, todos diferentes
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
30 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
O Teatroforo na cafetería”Data: 20 de marzo de 2013
Imparte: Factoría Verde, S. Cop. Galega.
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
Unha sesión de teatroforo parte da representación dunha
escena breve que explica un conflito. A personaxe protagonista
cede fronte ao conflito. Así a continuación os dinamizadores da s e s i ó n
invitan aos espectadores a subir á escena para mellorar as accións do protagonista.
Os participantes, mediante a súas actuacións cos actores, poden intervir e propoñer
pensamentos, desexos, estratexias e solucións coma alternativas de acción.
Nesta ocasión contamos cun curso de formación e a posta en marcha dunha
experiencia práctica de teatroforo.
MOVENDO O ESQUELETO: A BAILAR!
Neste grupo recollemos aquelas actuacións que teñen como finalidade aprender
a bailar traballando co noso corpo, vivir a música e coordinala co movemento, etc.
Nunca se esgotan as posibilidades de aprender e de divertirse a través do mundo
do baile e as súas aprendizaxes.
O “Obradoiro de danza galega” para seguir mantendo as nosas raíces na práctica
de muiñeiras, xotas, pandeiradas, alalás… e da nosa música (gaitas, pandeiretas,
tamboril…) nas distintas zonas de Galicia.
“Obradoiro de danza galega”Datas: Luns de 20 a 21:30h. de novembro a maio de 2012
Datas: Martes de 20 a 21:30h. de novembro a maio de 2013
Prof. Marcos Botana García
Organiza Profa.: Carol Gillanders
Lugar: Ximnasio da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 31
Outra expresión do movemento corporal ao son da música son “Os Bailes de
Salón” ese bailar en parella, procurando non pisala, con distintos ritmos como
son vals, chachachá, fox, pasodobre, tango, bolero, polca, etc, o vestiario, a
maquillaxe...
“Os Bailes de Salón”Datas: Mércores de 16 a 17 h. de outubro a maio de 2012
Prof. Manel López Ruíz
Organiza Profa.: Carol Gillanders
Lugar: Ximnasio da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).
XORNADAS
“II Xornadas de Innovación Educativa no Mundo Rural”Datas: 15 e 16 de xuño de 2011
Organiza: Alumnado de 3º Ciclo
Aula: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
“III Xornadas de Innovación Educativa no Mundo Rural” Datas: 13 e 14 de xuño de 2012
Organiza: Alumnado de 3º Ciclo
Aula: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
“IV Xornadas de Innovación Educativa no Mundo Rural”Datas: 2 e 3 de maio de 2013
Organiza: Alumnado de 3º Ciclo
Aula: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
32 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
Estas Xornadas teñen como finalidade afondar no coñecemento e a difusión de
boas prácticas desenvolvidas en contextos rurais, promovendo a reflexión acerca
das dinámicas socioambientais, culturais, educativas e económicas que lles atinxen.
As relacións sociais de proximidade sostidas nun territorio ao longo do tempo,
posibilitan o xermolo de experiencias que, á súa vez, poden constituírse en modelos
de desenvolvemento comunitario local, polo que nestas Xornadas pretendemos
analizar os espazos rurais como potenciais catalizadores.
A través do aproveitamento e a optimización dos recursos endóxenos (materiais,
humanos, relacionais, etc.) e por medio da posta en práctica de certas iniciativas de
innovación pedagóxica, entendemos que é posible favorecer un desenvolvemento
integral -económico, social, cultural, etc. – dos territorios.
Neste senso, esta actividade está pensada para todas aquelas persoas interesadas
en promover a mellora das condicións de vida no medio rural, así como en coñecer
experiencias innovadoras levadas a cabo, tanto no ámbito “formal” como “non
formal”, neste contexto.
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 33
ROLDAS DE PRENSA
“Rolda de Prensa: Presentación de libros, publicacións dos/
das investigadores da Facultade de Ciencias da Educación”Data: 23de Xaneiro de 2013 ás 10:30h.
Responsables: Comisión Cultural da Facultade de Ciencias da Educación
Lugar: Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
Coordina: Rocío García Pazos, Rebeca García Murias.
Entre as funcións básicas do quefacer universitario están a docencia, a investigación
e a extensión cultural.
Con esta actividade da rolda de prensa enlazamos as tres do seguinte xeito: A
responsabilidade desta iniciativa corresponde á Comisión Cultural da Facultade de
Ciencias da Educación dentro do seu compromiso de xerar espazos compartidos
para a información e a formación da Comunidade Universitaria en particular, e da
Compostelá, en xeral.
Todo o saber e coñecemento científico que se obtén dos distintos procesos de
investigación teñen que reverter positivamente na docencia desempeñada para a
formación inicial dos futuros profesionais que estudan na nosa casa da USC e da
formación en servizo dos técnicos que buscan a formación permanente das súas
competencias. Por esta razón, o profesorado do centro fai públicas as súas achegas
a través das obras que presentan nesta Rolda de Prensa.
“Rolda de Prensa: Presentación de libros, publicacións doas/as investigadores da
Facultade de Ciencias da Educación”
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
34 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
Data: 28 de marzo de 2014 ás 10:30h.
Responsables: Comisión Cultural da Facultade de Ciencias da Educación
Lugar: Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).
CAFé INFORMATIVO E PROXECCIÓN
“Educación en transición”Datas: 20 de novembro de 2012
Responsable Miguel Pardellas Santiago
Lugar: Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
O relator indícanos como o movemento pola transición
centrado no esforzo colectivo de persoas e grupos
que optan por organizarse para facer fronte de xeito
creativo ao desafío do Pico do Petróleo, o Cambio Climático e a Crise Económica,
desenvolvendo iniciativas nas comunidades (barrios, pobos, illas, veciñanzas,
cidades...) que aumentan a capacidade de supervivencia e benestar.
A USC participa no Programa en Transición, posto en marcha polo Plan de
Desenvolvemento Sostible da Universidade, tendo o obxectivo de dinamizar a
comunidade universitaria para promover modelos de vida máis sustentables que
contribúan a reducir a débeda ecolóxica e aumentar así á súa resiliencia. Estas
iniciativas tamén levan a falar da Educación en transición porque dende o ámbito
da educación a comunidade educativa aprende e ensina para crear alternativas
de mellora. Expresa o seu compromiso ético e o seu sentimento de comunidade
reducindo a súa dependencia enerxética; aumentar su resiliencia a través de
procesos participativos, estratexias educativo-ambientais e creativos.
OUTRAS ACTIVIDADES
As “Presentacións” teñen como fin deixar constancia das iniciativas levadas a
cabo por distintas institucións, organismos, revistas, etc.
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 35
Presentación da Memoria de actividades das Comisións Cultural e de Normalización Lingüística da Facultade de
Ciencias da Educación da USC (2006-2010). http://www.usc.
es/export/sites/default/gl/centros/cc_educacion/Memoria_de_
actividades_2006-2010.pdf.
Con esta iniciativa todos os membros das distintas comisións neste
período 2006-2010 damos sinais de quen somos e as finalidades que perseguimos.
É un reflexo da realidade social e universitaria nas que nos desenvolvemos e como
traballamos por un proceso de educación ao longo da vida.
Presentación do número 50 da Revista Galega da Educación (1986-2011).
Organizan: Profs. Antón Costa Rico e Xesús Rodríguez
Rodríguez.
O número 50 da Revista Galega de Educación realiza un
percorrido polo que foi a educación en Galicia no último
cuarto de século. Neste tempo analízanse cuestións como as
normas educativas fundamentais e a Lei de Normalización
Lingüística.
A publicación leva estado presente na comunidade educativa galega desde 1986,
cunha paréntese entre 1999 e 2005. Son 25 anos de traballo.
A revista ten a función de dar a coñecer os grandes retos que ten a educación en
Galicia e configúrase como un espazo para que os mestres e profesores podan
comunicarse entre si e coñecer iniciativas innovadoras levan a cabo en distintos
puntos da nosa comunidade autónoma.
MEMORIA DE ACTIVIDADES · COMISÓN CULTURAL
36 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
COMISIóN CULTURAL
Facultade de Ciencias da Educación
Cela Vázquez, Francisco Xavier
Gómez Morgade, Alba Mª
Gutiérrez Moar, Mª del Carmen
Jiménez Aleixandre, María Pilar
Leranoz Iglesias, Martín
Pazos Hermida, Nuria
Puga Castro, Silvia
Rego Agraso, Laura
Rodríguez Rodríguez, Xesús (Presidente)
Santos Cabanas, Xose Luis
Vargas Callejas, Germán
Grupo “Enlata Teatro” (Directora Lorena Conde).
2011-2014
Memoria de actividades da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación
MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 39
Xustificación
Así como na Comisión Cultural, tamén realizamos a memoria de actividades da
Comisión de Normalización Lingüística, como peche a unha etapa comezada no
ano 2006. O traballo desta comisión foi encamiñado a defender e normalizar o uso
da lingua galega en todos os niveis educativos e na comunidade en xeral.
Quen somos?
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación
da USC é un grupo plural onde está integrado alumnado de todas al titulacións do
centro, Persoal de Administración e Servizos (PAS) e Persoal Docente e Investigador
(PDI). Todos nós elixidos democraticamente tras presentarnos como candidatas.
Persoas destinatarias
toda a comunidade universitaria en sentido amplo, a Facultade de Ciencias, Persoal
de Administración e Servizos (PAS), Persoal Docente e Investigador (PDI) en
particular e a comunidade compostelá en xeral.
Familias de actividades
as actividades principais desta comisión son as Xornadas de Recursos Educativos
en Galego, das cales xa acadamos a sétima edición; e as Xornadas de Educación
e Linguas, das que xa celebramos a súa quinta edición. Nestes dous últimos anos
levamos a cabo un Certame Literario e seguimos participando nos premios á
calidade e á excelencia lingüística dos traballos académicos en lingua galega; así
como participamos na novidosa iniciativa de Gústame o Galego.
XORNADAS RECURSOS EDUCATIVOS EN GALEGO
As xornadas dos recursos educativos en galego naceron coa intención de coñecer
os recursos educativos en lingua galega, así como de dispor dun espazo para a
reflexión desta realidade. Con elas preténdese ofrecer ao alumnado e profesionais
MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA
40 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
do ensino os recursos que existen en lingua galega para que poidan utilizalos na súa
práctica educativa, así como obter ideas para crear e adaptalos na súa realidade.
Nas edicións anteriores fíxose un percorrido polos niveis de educación infantil,
primaria e secundaria obrigatoria. Nestes últimos catro anos, que aquí describimos,
dedicáronse ao bacharelato, á formación profesional, e as dúas últimas edicións á
educación social.
Os obxectivos das xornadas foron sempre:
w Coñecer os recursos educativos existentes en lingua galega.
w Definir estratexias e criterios para buscalos e seleccionalos.
w Promover a creación de recursos educativos e materiais didácticos propios
adaptados ás necesidades contextuais e lingüísticas de Galicia.
w Impulsar a difusión de experiencias socioeducativas centradas na utilización e
elaboración de recursos didácticos en lingua galega.
IV XORNADA OS RECURSOS EDUCATIVOS EN GALEGO. BACHARELATO
Data: 16 e 17 de decembro 2011
Lugar: Facultade Ciencias da Educación (Campus Vida, USC)
Nestas xornadas deuse a coñecer a realidade da existencia de recursos educativos
en galego para a etapa do bacharelato. Inauguráronse da man de Marilar Jiménez
Aleixandre (USC) coa conferencia Problemas auténticos para desenvolver o
pensamento crítico. Seguiu a xornada con varias experiencias da man do IES de
Ames Antropoque? e do IES Fontem Albei de A Fonsagrada, Profe, cando facemos
outro vídeo?, entre outras. Así mesmo, leváronse a cabo dous obradoiros baixo o
nome de Construción de instrumentos musicais do noso folclore do CEIP Campanario
de Porto do Son e Ferramentas para a normalización: taller de audioarte de Lorena
Conde e Patricia A. Janeiro.
MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 41
V XORNADA OS RECURSOS EDUCATIVOS EN GALEGO. FORMACIÓN PROFESIONAL
Data: 16 e 17 de novembro de 2012
Lugar: Facultade Ciencias da Educación (Campus Vida, USC)
Esta xornada deu a coñecer os recursos educativos en galego na Formación
Profesional. Foron inauguradas por Xosé Romaríns Lens (xefe do Servizo de
Ordenación e Formación Profesional da Xunta de Galicia) coa conferencia Os
recursos educativos en galego para a Formación Profesional. A continuación
leváronse a cabo diferentes experiencias de familia de servizos á comunidade ou
de novas tecnoloxías. Así mesmo realizáronse dous obradoiros: O ritmo percusivo
de Juan Collazo e Recursos didácticos da xeografía de Galicia de David Santomil.
VI XORNADA OS RECURSOS EDUCATIVOS EN GALEGO. A EDUCACIÓN SOCIAL.
Data: 8 e 9 de novembro de 2013
Lugar: Facultade Ciencias da Educación (Campus Vida, USC)
Despois de pasar polos diferentes niveis de ensino infantil, primaria, secundaria
obrigatoria, bacharelato e formación profesional, neste ano as xornadas dedicáronse
á educación social. Foron inauguradas coa conferencia Contributo da Educación
Social na Normalización Lingüística en Galicia presentadas por Sofía Riveiro Olveira
(Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia), Duarte Crestar Pena
(Educador Social) e Xosé Manuel Cid Fernández (Universidade de Vigo). Ao longo
das xornadas leváronse a cabo experiencias tales como Unidades didácticas polo
Día das Letras Galegas, por Brais Fernandes (Xandobela), Galego para estranxeiros-
as, por Raúl Piñeiro e Xogos do Mundo, por María J. Caride Delgado (Solidariedade
MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA
42 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
Internacional). Así mesmo leváronse a cabo dous obradoiros, un de regueifa e outro
de recursos TIC. Unha experiencia moi enriquecedora foi a presentación de Bancos
de Recursos.
VII XORNADA OS RECURSOS EDUCATIVOS EN GALEGO. EDUCACIÓN SOCIAL
Data: 2 de outubro de 2014
Lugar: Facultade Ciencias da Educación (Campus Vida, USC)
Neste ano repetiuse a temática das xornadas anteriores, a educación social, coinci-
dindo a súa celebración co Día Mundial da Educación Social. Foron inauguradas por
Sofía Riveiro, presidenta do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Gali-
cia, por Carmen Morán, Coordinadora da Titulación de Educación Social e por Xesús
Rodríguez, presidente da Comisión de Normalización Lingüística. Leváronse a cabo
mesas de experiencias da man de Lucía Mosquera Miramontes con Experiencias e
recursos no ámbito da cultura, Isabel Presas Cacheda, educadora social de Quérote+
que presentou Experiencias en recursos de educación sexual en Galicia, e Millán Brea
Castro con Campo de traballo do social orientado a maiores. Tamén se realizaron
obradoiros de ámbitos medioambientais, educativo-sexuais e de maiores.
MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 43
XORNADAS EDUCACIÓN E LINGUAS EN GALICIA
As xornadas de Educación e Linguas xorden para debater a
situación da lingua.
Os obxectivos son:
w Valorar a planificación lingüística como ferramenta para a
normalización lingüística dos centros escolares e da súa contorna.
w Reflexionar sobre o papel dos profesionais da docencia na planificación
lingüística escolar.
w Coñecer experiencias de planificación lingüística escolar nos diferentes niveis
educativos e en contexto diversos.
w Coñecer a experiencia das liñas de galego en educación infantil.
III XORNADAS EDUCACIÓN E LINGUAS EN GALICIA: O IMAXINARIO SOCIAL SOBRE O GALEGO
Data: 25 e 26 de novembro de 2011
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida, USC).
Seguindo coa iniciativa, acadouse a terceira edición das xornadas de Educación e
Linguas. Desta volta foron inauguradas por Manuel C. Núñez Singala, director do
SNL da USC coa conferencia: Simplificacións sobre a lingua galega. Seguiuse coa
realización da mesa redonda de En galego, sen complexos, con experiencias como A
experiencia dos ENDL de Valentina Formoso Gosende e A experiencia de R de Duarte
Crestar Pena. Outra conferencia de interese foi Ser plurilingüe: sumar, non restar, da
man de Artur Noguerol e Rosa María Ramírez Palau. Houbo mesas redondas de:
En galego, sen complexos (II), coas intervencións de Belén Regueira (xornalista),
Xurxo Souto (cantante, escritor e locutor), Jorge Mira (Divulgador científico) e Javier
Gómez Noya (Triatleta).
Pechouse coa actuación do grupo de teatro da Facultade.
MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA
44 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
IV XORNADAS EDUCACIÓN E LINGUAS EN GALICIA: A LINGUA GALEGA E O PLURILINGÜÍSMO
Data: 19 e 20 de outubro de 2012
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida,
USC).
As xornadas foron inauguradas por Mariló Candedo
Gunturiz coa conferencia O plurilingüísmo e o decreto
do plurilingüísmo. Interviron nunha mesa redonda sobre O
decreto do plurilingüísmo e a súa aplicación en centros de ensino non plurilingües,
Ánxela Trillo Díaz (profesora da Compañía de María), Antón Amil (profesor IES Otero
Pedrayo) e Helena Gómez Vecino (presidenta da federación provincial de ANPAS),
entre outros. En contraposición interviñeron noutra mesa redonda denominada O
decreto do plurilingüísmo e a súa aplicación en centros de ensino plurilingües, Lois
Trigo (director do CEIP López Ferreiro) e Laura Prego de Oliver (alumna do IES de
Ames), entre outras.
Contamos coa conferencia Ensino Plurilingüe: quo vadis? de José Manuel Vez
Jeremías.
Para pechar fíxose unha proxección do filme Crebinsky e posterior coloquio con
membros do equipo.
MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 45
V XORNADAS EDUCACIÓN E LINGUAS EN GALICIA: 30 ANOS DA LEI DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE GALICIA
Datas: 25 e 26 de outubro do 2013
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida, USC).
As xornadas foron inauguradas por Dalila Dopazo, Maxistrada do Xulgado do Social
de Lugo coa conferencia 30 anos da lei de normalización lingüística. Análise do seu
cumprimento. Realizouse unha mesa de experiencias acerca da situación da LNL,
entre as cales se situaban: A lingua galega no ensino: reflexións sobre os decretos
que desenvolvan a LNL, da man de Xosé Luís Janeiro Espiñeira e O galego no ensino
de universitario, de Isabel Vaquero Quintela, entre outras.
Realización dunha mesa de experiencias sobre a situación do galego en diversos
ámbitos sociais, entre as cales destacaban O galego no deporte, de Mercedes
Barrientos e O galego na comunicación, de Belén Regueira,
entre outras.
Realización dunha mesa de experiencias relacionadas
co galego nas escolas, concretamente Escola de
ensino galego da Semente e Cooperativa de ensino
popular da Avoaescola. Visualización do filme
Vilamor para pechar.
PREMIOS Á CALIDADE E Á EXCELENCIA LINGÜÍSTICA DOS TRABALLOS ACADéMICOS EN LINGUA GALEGA
É un concurso da USC que premia os mellores traballos académicos, traballos fin
de grao, proxectos fin de carreira ou traballos fin de mestrado escritos en galego.
Esta comisión participou cada ano nesta iniciativa, apoiando que o alumnado da
facultade utilice a lingua galega para a realización dos traballos académicos.
Dada a transcendencia dos premios considerouse oportuno realizar a súa entrega
no acto do día do Patrón da Facultade.
MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA
46 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
CERTAME LITERARIO
No curso académico 2012/2013 a Comisión de
Normalización acordou por en marcha unha nova
iniciativa, un certame literario aberto a toda a
comunidade educativa da Facultade de Ciencias da
Educación, cuxa temática sería libre pero o requisito
fundamental era que as composicións estivesen escritas
en lingua galega e fosen orixinais e inéditas.
Dado o éxito de participación e calidade das composicións da primeira
convocatoria, no segundo ano decidiuse dar dous premios, un para poesía e
outro para narración.
PARTICIPAMOS…
O pasado setembro de 2013 participamos na campaña Gústame
o galego.
GÚSTAME O GALEGO: Gústame o galego é unha campaña xeral
de fomento da lingua coa que se visibiliza o apoio individual de
persoas ao proceso de normalización lingüística a través de fotos
con frases suxestivas sobre o uso do galego en diversos ámbitos e situacións.
Levouse a cabo na USC durante setembro do 2013, baixo lemas como:
Gústame...
1. o galego na USC!
2. que non abandones o galego ao chegares á universidade, aínda que eu non cho
dea falado
3. ter ;-) química en galego (e o resto dos graos, tamén!)
MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA
FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN · 47
4. como soa o galego do alumnado que vén doutros países
5. biblioteca, aula informática, deporte, teatro, residencia... e USC.NOTAS en
galego! =:-)
6. as aulas, as asembleas, os seráns de biblioteca e os xoves de troula... na nosa
lingua!
7. aprender e ensinar en galego e que as clases sexan maXistrais!
8. que me lembren dando clase en galego
9. os exames e traballos en galego ... e que sexan de matrícula de honra!
10. poder pescudar, facer ciencia e divulgala no noso país e na nosa lingua
MEMORIA DE ACTIVIDADES · nORMAlIzACIón lIngÜíSTICA
48 · FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIóN
Membros da Comisión de Normalización Lingüística
Álvarez Seoane, Carmen Denébola
Barreira Cerqueiras, Eva María
Cela Vázquez, Francisco Xosé
Costa Rico, Antón
Chao Rivas, Saleta
García Antelo, Beatriz
González Ben, Antía
Puga Castro, Silvia
Rodríguez Rodríguez, Xesús (Presidente)
Rubal Rodríguez, Xosé
Sánchez Rodríguez, Helena
Silva Valdivia, Bieito
Índice
Memoria de actividades da Comisión Cultural da Facultade de Ciencias da Educación 05
Introdución 07
Xustificación 07
Quen somos 08
Obxectivos 08
Destinatarios 09
Familias de actividades 10
Conferencias 10
Presentacións 14
Exposicións 14
Obradoiros 16
Charlas-coloquio e mesas de debate 18
Ciclos de teatro 20
Representacións teatrais 23
Ciclos de cine 25
Cursos e seminarios de formación 26
Movendo o esqueleto: a bailar! 28
Xornadas 29
Roldas de prensa 31
Café informativo e proxección 32
Outras actividades 32
Memoria de actividades da Comisión de Normalización Lingúística da Facultade de Ciencias da Educación 35
Introdución 37
Xustificación 37
Quen somos 37
Persoas destinatarias 37
Familias de actividades 37
Xornadas Recursos educativos en galego 37
Premios á calidade e á excelencia
lingúística dos traballos académicos
en lingua galega 43
Certame literario 44
Participamos 44
Facultade de Ciencias da EducaciónCampus Vida Campus Norte
Esta memoria recolle as actividades promovidas e organizadas polas Comisións Cultural e de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación no período 2011-2014. Na liña dos anos anteriores, procuramos que as iniciativas estiveran impulsadas polo profesorado, o alumnado e o persoal de administración e servizos co fin de contribuír ao coñecemento e difusión do noso patrimonio cultural e a promover a normalización lingüística na nosa Facultade.
Un dos obxectivos principais do traballo proposto polas comisións centrouse en preparar o noso alumnado para o coñecemento de experiencias e recursos que puideran servirlles de axuda no futuro na súa vida persoal e laboral. Neste sentido, cómpre destacar a organización de diversas xornadas e ciclos a través dos cales pretendemos atender a este tipo de cuestións.
Unha boa parte das actividades foron emprendidas conxuntamente polas dúas comisións. Tamén queremos destacar a colaboración que se mantivo con asociacións e colectivos de dentro e de fóra da universidade na organización de moitas das actividades.
En nome dos membros da Comisión Cultural e da Comisión de Normalización Lingüística, gustaríanos rematar esta memoria agradecendo aos compañeiros/as da Facultade os esforzos realizados para poder programar unha oferta plural e variada. Sen a súa axuda e apoio, resultaría imposible desenvolver esta ampla programación.
Graciñas a todas e todas.