memoria anual 2012 - feafes galicia...memoria anual 2012 federación de asociacións de familias e...
TRANSCRIPT
Memoria Anual
2012
Federación de Asociacións de Familias e Persoas con
Enfermidade Mental de Galicia
© Feafes Galicia
Non está permitida a reprodución total ou
parcial desta publicación, nin o seu
tratamento informático, nin a transmisión de
ningunha forma ou por calquera medio, xa
sexa electrónico, mecánico, por fotocopia,
por rexistro ou outros métodos, nin o seu
préstamo, aluguer ou calquera outra forma
de cesión de uso do exemplar, sen o
permiso previo e por escrito dos e das
titulares do Copyright.
Edita:
Feafes Galicia
Rúa Belgrado, 1, baixo
15707 Santiago de Compostela
E-mail de contacto:
Autores:
Feafes Galicia, Departamento
de Comunicación
Fotografías:
Feafes Galicia / Photopin
Deseño e Maquetación:
Feafes Galicia
Presentación
Quen somos?
Asociacións e xunta directiva
Servizos e recursos
Atención sociofamiliar
Asesoría xurídica
Emprego
Ocio e deportes
Comunicación e sensibilización
Balance económico
Resumo de actividades 2012
Colaboradores
Índice
5
6
7
8
10
12
14
16
18
21
22
23
PresentaciónUn ano máis é unha honra dirixirme a vós como presidente de Feafes Galicia para presentar os resultados obtidos pola nosa federación durante o ano 2012.
Hai case 30 anos, en 1983, tres asociacións de Álava, Murcia e Valencia fundaron a primeira plataforma estatal de defensa das persoas con enfermidade mental e os seus familiares coa intención, naquel momento, de promover o peche dos manicomios e de reivindicar unha atención axeitada ao noso colectivo así como apoio para os familiares que, na gran maioría dos casos, eran e siguen sendo os únicos coidadores.
Eran os aires reformadores procedentes de E u r o p a , o p r o c e s o c o ñ e c i d o c o m o “desinstitucionalización psiquiátrica”, un dos movementos en dereitos humanos máis importantes promovidos polas democracias representativas occidentais a fins do século XX. Trinta anos despois podemos presumir de ser un potente movemento social formado por 290 entidades. Aquí, en Galicia, somos 14 asociacións e 5.000 persoas asociadas.
Os datos oficiais da Xunta de Galicia falan de q u e n a a c t u a l i d a d e a s p e r s o a s c o n discapacidade por mor de enfermidades mentais ascenden a 41.447 persoas, sendo xa a segunda causa de discapacidade despois da causas físicas e superando claramente a outras moito máis recoñecidas socialmente pero con moito menos impacto social, como son as discapacidades sensoriais ou as intelectuais.
Hoxe sabemos que o noso colectivo é o que maior discapacidade e carga asistencial e familiar xera, ademais de ser unha das principais causas de exclusión social (persoas sen fogar, reclusos e persoas sen ningún tipo de apoio e/ou recurso de atención tanto nas cidades como no rural). Enfermidade mental e exclusión social son caras da misma moeda.
O balance que os familiares e persoas con enfermidade mental facemos destas tres décadas non pode ser demasiado positivo. Temos a sensación de que perdimos unha gran oportunidade ao non ser capaces de aproveitar a etapa de expansión económica que vivimos antes da crise actual e de avanzar na equiparación en dereitos e recursos co resto da poboación e, máis concretamente, co resto das personas con discapacidade. Aínda que hai que recoñecer certos avances na atención comunitaria en Galicia, que é o modelo de atención que defendemos por ser o único que ofrece uns resultados asumibles, tamén é certo que queda moitísimo por facer e construír.
Nestes momentos, a crise económica pon en p e r i g o o s a í n d a e s c a s o s a v a n c e s conseguidos nestes anos dende as políticas públicas sanitarias e sociais e dificulta enormemente a posta en marcha de novas liñas de actuación, servizos e programas que dende o movemento asociat ivo son irrenunciables, independentemente da situación económica que se estea a vivir.
A solución ao problema precisa dunha atención integral e dun esforzo compartido e coordinado dende os departamentos de sanidade, benestar social, educación e emprego e, por outro lado, dun intenso apoio e protección aos familiares, que somos case o único soporte asistencial na actualidade.
Neste documento recollemos todas as liñas de actuación de Feafes Galicia realizadas para lograr esa atención integral ás persoas con enfermidade mental. Invítolles a ler a compilación dos resultados da nosa federación no 2012, que traballa día a día para mellorar a calidade de vida do noso colectivo.
Xosé Ramón Girón García Presidente de Feafes Galicia
5
Quen somos?A Federación de Asociacións de Familiares e
Persoas con Enfermidade Mental de Galicia é
unha entidade sen ánimo de lucro, creada en
1995 e que actualmente agrupa a 14
asociacións con presencia en 28 localidades
galegas.
Que é a enfermidade mental?A enfermidade mental é un termo moi amplo
que agrupa a varios tipos de trastornos.
Pódese definir como unha alteración de tipo
emocional, cognitivo e/ou do comportamen-
to, na que quedan afectados procesos
psicolóxicos básicos. Entre as enfermidades
mentais máis frecuentes atópanse o trastorno
bipolar, a esquizofrenia, os trastornos da
personalidade ou os trastornos depresivos.
A nosa misiónA misión de Feafes Galicia consiste na
mellora da calidade de vida das persoas con
enfermidade mental e as súas familias e/ou
coidadores, a defensa dos seus dereitos e a
representación do movemento asociativo en
Galicia, brindando apoio e coordinación ás
asociacións que a integran.
A quen nos diriximos? Ás persoas con enfermidade mental e aos
seus familiares.
Aos profesionais relacionados coa saúde
mental.
Á sociedade en xeral.
Os nosos obxectivos Defender os dereitos e as necesidades das
persoas con enfermidade mental e dos seus
familiares.
Ofrecer serv izos que teñen como
obxectivo mellorar a calidade de vida deste
colectivo.
Asesorar e representar ao movemento
asociativo e defender os dereitos do
colectivo.
Levar a cabo campañas antiestigma e de
sensibilización sobre a enfermidade mental.
Traballo en rede e coordinación Para ofrecer unha atención integral ás
persoas con enfermidade mental e as súas
famil ias, levamos a cabo un traballo
multidisciplinar e coordinado coas diferentes
entidades do ámbito sociosanitario.
Apostamos pola calidadeFeafes Galicia fai unha aposta importante por
implementar procesos de calidade e mellorar
a nosa atención aos usuarios. Este camiño
comezou en 2007, cando o servizo de
inserción laboral conseguiu a certificación
ISO 9001:2008. Ademais, desde 2009 somos
unha das poucas entidades galegas que
obtivo a certificación para toda a entidade do
sistema de excelencia europea EFQM, un dos
modelos de calidade máis estendidos e que
gozan de maior prestixio en Europa.
6
Asociacións e xunta directiva
PresidenteXosé Ramón Girón García Asociación A Creba
VicepresidenteManuel Fernández Prado Asociación Alume
SecretariaElena Ferrío RodríguezAsociación Apem
TesoureiroFélix Pena CalvoAsociación Portanova
Vogais
Jaime Figueroa Cerdeira. Asociación Lenda
Mª Ángeles Fernández Araújo. Asociación Morea
Leopoldo Robla Álvarez. Asociación Doa
Carmen Blanco Rodríguez. Asociación Alba
Amelia Varela Artusio. Asociación Lar
Mª Iris Castro Meitín. Asociación A Mariña
Francisco Guitián González. Asociación Albores
Neves Piñeiro Gaviño. Asociación Avelaíña
Mª Mar Piñeiro Sobrido. Asociación Fonte da Virxe
Omaira Tuirán Ruiz. Asociación Andaina
7
Servizos e recursosInformación e atención sociofamiliarFeafes Galicia proporciona ás persoas con
enfermidade mental e aos seus familiares
información e asesoramento sobre saúde mental,
recursos e servizos. Os nosos profesionais
ofrecen atención individualizada e personalizada.
Asesoría xurídicaDispomos dun servizo de asesoramento legal
gratuíto para todas aquelas persoas con
enfermidade mental, familiares, asociacións e
profesionais que necesiten orientación en temas
de pensións, herdanzas, incapacitacións,
problemas penais ou laborais.
Formación e inserción laboral En Feafes Galicia contamos co Observatorio de
Emprego para Persoas con Enfermidade Mental
(OEDEM), que ten como misión facilitar a
inserción laboral a través de accións de
información, orientación, formación, prospección
e intermediación laboral coas empresas e apoio
para a consecución e o mantemento do posto de
traballo. Ademais, as asociacións dispoñen de
centros ocupacionais e centros especiais de
emprego.
Programa de habilidades da vida diariaEn colaboración coa Consellería de Traballo e
Benestar, as asociacións que integran Feafes
Galicia realizan este programa con distintos
talleres nos que se traballaron aspectos como
autocuidados, limpeza doméstica, manexo
social, habilidades sociais, lecer, formación e
emprego. O obxectivo é adquirir habilidades que
permitan levar unha vida autónoma.
Proxecto de atención integral en centros
penaisEste programa, financiado pola Fundación Barrié
de la Maza, xorde ante a alta porcentaxe de
reclusos con enfermidade mental. O proxecto
segue as pautas do Programa de Atención
Integral a Enfermos Mentais (PAIEM) e del
benefícianse tanto os internos como os seus
familiares.
Programa de atención social a domicilio no medio ruralA través das asociacións federadas aplícase este programa en toda Galicia. Grazas a plans individualizados, lógrase que persoas con enfermidade mental e as súas familias estean informadas dos recursos dispoñibles, que melloren o seu coñecemento da enfermidade e recuperen capacidades para aumentar a súa autonomía persoal.
Ocio e respiro familiarAs actividades de lecer e deportes organizadas por Feafes Galicia permiten mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e das súas familias. Así, os participantes rompen coa rutina diaria, realizan actividade física dende unha perspectiva lúdica, enriquécense culturalmente, socializan e intégranse na sociedade. Á súa vez, permite un respiro aos familiares na súa tarefa de coidadores.
Comunicación e sensibilizaciónO departamento de comunicación é responsable de difundir unha imaxe positiva das persoas con enfermidade mental entre a sociedade. Para iso, e s t a m o s e n c o n t a c t o c o s m e d i o s d e comunicación, elaboramos publicacións, material d ivu lgat ivo e rea l i zamos campañas de sensibilización.
Centros de rehabilitación psicosocial e laboralOs centros de rehabilitación psicosocial e laboral prestan unha atención diúrna, global e multidisciplinar ás persoas con enfermidade mental crónica. Estes centros teñen como obxectivo manter á persoa con enfermidade mental no seu ámbito, promovendo e apoiando a súa in tegrac ión ps icosoc ia l , pa ra que desenvolvan unha maior autonomía.
VivendaPara as persoas con enfermidade mental que non teñen posibilidade de convivir cos seus familiares ou de maneira independente, as nosas asociacións ofrecen dúas alternativas de vivenda p r o t e x i d a : o s p i s o s t u t e l a d o s e a s minirresidencias. En ambos casos, están atendidos por persoal especializado.
8
9
Servizos e recursos
ÁREA SANITARIA PRAZAS
A CORUÑA CENTRO REHABILITACIÓN PISO TUTELADO MINIRRESIDENCIA C. OCUPACIONAL C. ESPECIAL EMPREGO
Apem-Betanzos
Apem-Cambre
Apem-Carballo
Apem-Cee
Apem-A Coruña
Apem-Culleredo
Apem-Vimianzo
15
20
25
20
80
--
15
5
5
5
25 mixtas 25
56 traballadores
Portanova-Narón
Portanova-Cerdido
55
15
12 20
Fonte da Virxe-Santiago
Andaina-Dodro
A Creba-Noia
A Creba-Ribeira
A Creba-Barbanza
50
15
40
20
4 + 8
20 mixtas
16 2 traballadores
LUGO
Alume-Lugo
Alume-Gutiriz
A Mariña-Burela
A Mariña-Ribadeo
Albores-Chantada
Albores-Monforte
50
15
25
20
15
25
13 mixtas
5 mixtas
4 homes
OURENSE
Morea-Ourense
Morea-O Barco
Morea-Verín
50
20
20
10 mixtas 20
PONTEVEDRA
Lar-Vilagarcía
Alba-Pontevedra
55
50
10
20 mixtas
20
Doa-Vigo
Doa-Cangas
Avelaíña-A Guarda
Avelaíña-Gondomar
Lenda-Redondela
Morea-Lalín
64
25
30
25
45
15
34 mixtas
4 homes
TOTAL GALICIA 919 184 65 66 58 traballadores
20
10
Descrición do servizoFeafes Galicia proporciona ás persoas con enfermidade mental e aos seus familiares información e asesoramento sobre saúde mental, recursos e servizos que lles poidan resultar de utilidade. Os nosos profesionais ofrecen atención individualizada. Os temas sobre os que máis información demandan os usuarios son os recursos de Feafes, apoio emocional, as prestacións económicas e o certificado de minusvalía.
Liña telefónica gratuíta Este número está a disposición da cidadanía para ofrecer información sobre saúde mental. 900 102 661
En total, no 2012 atendéronse:
4.879 chamadas
Persoas atentidasAo longo do 2012, o Servizo de Atención Sociofamiliar de Feafes Galicia, atendeu un total de 581 persoas.
Durante o 2012, atendemos a persoas con e n f e r m i d a d e m e n t a l , f a m i l i a r e s e profesionais. Se reparamos no diagnóstico das persoas con enfermidade mental temos a seguinte clasificación:
Atención directa e información e orientaciónO servizo de atención sociofamiliar, ofrece atención presencial aos usuarios e familiares, tanto de información xeral como de seguimento. En total realizáronse:
314 consultas presenciais
Intervención temperáO programa experimental de intervención temperá desenvolto na área sanitaria de Santiago de Compostela está dirixido a familiares e persoas con enfermidade mental de recente diagnóstico. O obxectivo principal é facilitarlles o manexo das dificultades derivadas da nova situación familiar a través de asesoramento, formación sobre a enfermidade mental, información sobre recursos e apoio emocional.
- In te rvenc ión con persoas con enfermidade mental A finalidade é ofrecerlle orientación e atención psicolóxica directa e individualizada ás súas necesidades. Atendéronse un total de:
114 persoas con enfermidade mental
- Intervención con familiares
Ten como obxectivo principal dotar aos
familiares/coidadores de información e
habilidades que lles permitan acadar unha
adecuada calidade de vida dende o inicio da
enfermidade, evitando o deterioro que
xeralmente aparece como consecuencia da
presenza dun diagnóstico de saúde mental no
núcleo familiar. Nel atendemos a:
153 familiares
Atención sociofamiliar
10
PERSOAS
ATENDIDAS
2011 2012
460 581
T.O.C
.
Outro
s
Esquizo
frenia
Tras
t. per
sonal
idad
e
Tras
t. dep
resiv
os
Tras
torn
o bip
olar
4%
28%
25%18%
14%11%
0
10
30
20
Xestión de recursosAdemais da información, damos apoio para
realizar informes e trámites relacionados coa
solicitude de recursos. En 2012, Feafes
Galicia xestionou un total de:
118 recursos
Programa de atención a persoas
con enfermidade mental sen fogar Durante o 2012 púxose en marcha este
programa a partir da realidade observada en
Galicia, onde existen aproximadamente 1.500
persoas sen fogar. Delas, unha gran
porcentaxe posúen enfermidades mentais
graves, constituíndo así un grupo marxinado
que xera unha importante preocupación
social. En total, atendeuse a:
6 persoas
15 consultas presenciais
Proxecto de atención integral en
centros penitenciariosEste programa, financiado pola Fundación
Barrié de la Maza, xorde ante a alta
porcentaxe de reclusos con enfermidade
mental. O proxecto segue as pautas do
Programa de Atención Integral a Enfermos
Mentais (PAIEM) e del benefícianse tanto os
internos como os seus familiares. O programa
aplícase nos diferentes centros penais a
través das asociacións que forman parte de
Feafes Galicia. En concreto, Alume traballa en
Bonxe e Monterroso, Apem en Teixeiro, Morea
en Pereiro de Aguiar e Lenda na Lama. Grazas
a este programa, atendeuse a un total de:
139 persoas con enfermidade mental
ValoraciónNo cuestionario de satisfacción realizado aos
usuarios obtéñense uns resultados moi
positivos. Sobre 5 puntos, este servizo obtivo
un 4,05. Entre os puntos máis valorados polos
nosos usuarios está a atención recibida polo
traballador social e a psicóloga.
Atención sociofamiliar
11
Consultas e tipo de usuariosAo longo de todo o ano 2012, o servizo de asesoría xurídica de Feafes Galicia atendeu un total de 201 consultas.
Á hora de analizalas, podemos comprobar que as peticións proveñen de diferentes vías:
Segundo a orixe xeográfica Así mesmo, segundo a súa orixe xeográfica, podemos comprobar que a maioría das consultas proceden da provincia da Coruña.
Segundo o xénero
En canto ao xénero, o 57,71% proceden de
mulleres, fronte ao 42,29% de homes.
Asesoría xurídicaDescrición do servizoO servizo de asesoramento legal que ofrece Feafes Galicia é de carácter gratuíto e está destinado a todas aquelas persoas con enfermidade mental, familiares, asociacións e institucións que necesiten orientación en asuntos de pensións, incapacitacións, herdanzas, problemas penitenciarios ou laborais.
40
familiares
26
profesio-
nais
124
persoas con
enfermidade
mental
116
consultas
85
consultas
12
CONSULTAS2011 2012
175 201
- D e n t r o d a o r d e a d m i n i s t r a t i v a rexistráronse:
30 casos
- Dentro da orde penal, rexistráronse:
19 casos
ValoraciónDentro dos bos resultados da enquisa de satisfacción, o servizo de asesoría xurídica tivo unha puntuación media de 4,16. Concretamente, o máis valorado polos usuarios é que se pode acceder ao servizo nun tempo razoable e que o avogado emprega unha linguaxe clara.
Tipoloxía das consultas- Dentro da orde civil, rexistráronse:
79 casos
- Dentro da orde social, rexistráronse:
73 casos
Asesoría xurídica
Seguridade social
Problemas laborais
13
incapacidades civís
asuntos de familia
internamentos involuntarios
asuntos diversos
procesos sancionadores
reclamacións de usuarios
cuestións lexislativas
20
35
17
53
6
21 asuntos diversos
15
4
4
7
9
5
5 asuntos diversos
asuntos de ámbito familiar
orde pública e patrimonio
Entre elas, figuran talleres e cursos de formación ocupacional da Xunta e outras actividades formativas de carácter privado.
Taller de motivación e técnicas de busca activa de emprego e taller de novas tecnoloxías aplicadas á busca de emprego, dentro do Programa Integrado para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar. 60 persoas. Taller de habilidades sociais e persoais. Programa de Inclusión Social. Santiago. 15 persoas Curso de limpeza. FSC Inserta. Lugo. 10 persoas Curso de alfabetización informática. FSC Inserta. A Coruña. 15 persoas Curso de Internet. FSC Inserta. Vigo. 15 persoas
Talleres prelaboraisA s h a b i l i d a d e s p r e l a b o r a i s s o n imprescindibles na convivencia laboral, polo que axudamos aos usuarios a adquirir, recuperar ou potenciar unha adecuada interacción con compañeiros e xefes, a c a p a c i d a d e d e i n i c i a r e m a n t e r conversacións, a capacidade para solicitar e ofrecer axuda, a administración do tempo de lecer, etc. Para o desenvolvemento de ditas habilidades facemos talleres que permitan adquirilas nun espacio formativo para xeralizar as mesmas a outros entornos reais.
Fixéronse talleres de motivación e técnicas de busca de emprego, para afrontar unha entrevista, de asertividade laboral e coloquios laborais. Realizáronse un total de 27 talleres, nos que participaron:
375 persoas
Descrición do servizoO Observatorio de Emprego para Persoas con Enfermidade Mental (OEDEM), centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia desde 2002, ten como misión facilitar a inserción laboral a través de accións de información, or ientación, cursos, prospección e intermediación laboral coas empresas e apoio para a consecución e o mantemento do posto de traballo.
Orientación laboral A través do OEDEM, en toda Galicia, reciben orientación laboral un total de:
2.040 persoas
Realizamos Itinerarios Personalizados de Inserción que son o deseño, a realización e o seguimento dunha secuencia de accións dirixidas a mellorar a empregabilidade dos demandantes de emprego. No ano 2012 realizáronse:
270 itinerarios personalizados de inserción
Preparación para o emprego FormaciónFacilitamos a mellora da cualificación profesional de cada persoa en relación ás súas capacidades e obxectivos vocacionais. No ano 2012, os usuarios accederon a:
482 actividades formativas
Emprego
14
BENEFICIARIOS 2011 2012
Pontevedra 714 812
A Coruña 578 713
Ourense 224 270
Lugo 222 245
Prácticas non laborais A realización de prácticas non laborais en empresas ordinarias busca aumentar a capacitación laboral e incrementar as posibilidades de inserción laboral do noso colectivo. Durante o ano 2012, accederon a prácticas non laborais en empresas:
39 personas
Prospección e intermediación laboral Este servizo busca facilitar o acceso ao emprego das persoas con enfermidade mental a través de accións de sensibilización, apoio e información sobre a boni f icación da contratación de persoas con discapacidade.
ProspecciónContactamos con 262 empresas e foron visitadas 152. O resultado destas accións son a sinatura de 32 convenios de colaboración para a realización de prácticas non laborais de 39 usuarios e a inserción de 41 demandantes de emprego a través de intermediación.
Insercións laboraisAo longo de 2012, o equipo de orientación e intermediación laboral logrou un resultado de:
126 persoas contratadas190 contratos laborais
Destacamos que predomina o contrato a xornada completa, resultando ser o 48% dos contratos a xornada completa, o 14% media xornada e o 38% contratos por hora.
Seguimento e apoio no empregoDas 126 persoas que accederon a emprego a través 190 contratos laborais, os traballadores solicitan apoio para 120 contratos aos profesionais de Feafes Galicia co obxectivo de facilitar o mantemento no posto de traballo.
Proxectos e programas Programa INCORPORA da Fundación La Caixa. Programa de intermediación laboral do que se beneficiaron 247 demandantes de emprego, dos cales se insertaron 41 e conseguiuse a vinculación de 25 empresas. Programa Colaborativo. No marco do Programa Incorpora, participamos na implementación dunha guía de boas prácticas na integración laboral de persoas con enfermidade mental. Participan en este proxecto piloto máis de 83 usuarios. Proxecto de Emprego con apoio da Consel ler ía de Trabal lo e Benestar, beneficiáronse 15 persoas. Proxecto Practicum. Subvencionado pola Deputación de Pontevedra, fomenta a realización de prácticas non laborais en empresas. 15 participantes. Programa experimental de emprego: Proxecto ORLA. Financiado por Traballo e Benestar, do que se benefician 60 usuarios, dos que 36 accederon a un emprego. Programa de Apoio e acompañamento formativo cara o emprego. Financiado pola Consellería de Inclusión Social, participaron 18 persoas. Dirección Xeral de Inclusión Social. Programa Juntos Somos Capaces. En colaboración coa Fundación Konecta y Fundación Mapfre realizamos proxectos formativos, sociais e de inserción laboral de apoio ás persoas con discapacidade. Adheríronse ao programa un total de 33 beneficiarios e 27 empresas.
ValoraciónEste servizo foi valorado moi positivamente, cunha puntuación de 4,16 sobre 5. O que máis aprecian os usuarios é a atención ofrecida polos orientadores, cun 4,41.
Emprego
15
A CoruñaPontevedra OurenseLugo TOTAL
190
4441 60 34
71
22 25 19
126
Viaxes Ao longo do ano 2012 visitáronse os
seguintes destinos:
Las Palmas de Gran Canaria
Asturias
Cabeza de Manzaneda
Puerto de la Cruz
Camiño de Santiago
Mallorca
187 persoas con enfermidade mental
Programa culturalAsistencia a partidosCon esta actividade os usuarios gozan dunha
xornada de oc io normal izado como
espectadores de partidos de alto nivel do
Obradoiro, do Compostela, do Deportivo, do
Celta e do Azkar Lugo:
465 persoas con enfermidade mental
Descrición do servizoAs actividades para disfrute do tempo libre organizadas por Feafes Galicia permiten mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e facilitar a súa plena integración social. Así, os participantes nas actividades rompen coa rutina diaria, realizan actividade física, enriquécense culturalmente, socializan, adquiren autonomía e intégranse na sociedade. Á súa vez, permite un respiro aos familiares na súa tarefa de coidadores, que gozan de máis tempo libre, á vez que mellora o ambiente familiar.
Número de beneficiariosO número de beneficiarios das actividades que o servizo de Ocio e Deportes realizou ao longo de 2012 experimentou un forte crecemento:
Actividades en 2012Estancias vacacionaisUn ano máis, realizáronse estancias turísticas na nosa casa da Guarda, tanto de fin de semana como de semana completa, o que supón un respiro aos familiares e permite aos usuarios adquirir habilidades da vida diaria.
247 persoas con enfermidade mental
Ocio e deportes
Beneficiarios 2008 2009 2010 2011
Directos 149 117 138 196
Indirectos 427 255 282 435
16
BENEFICIARIOS 2011 2012
Persoas con enfermidade 500 671
Familiares
(Beneficiarios indirectos)
875 1054
Visitas culturaisAdemais, en 2012 realizáronse visitas culturais nos concellos da Coruña, Santiago e Vigo e fixéronse excursión á praia.
194 personas con enfermedad mental
Programas deportivos Esta liña de actividade ten a finalidade de fomentar a práctica de deportes entre as persoas con enfermidade mental para mellorar a súa saúde e a súa socialización.
528 persoas con enfermidade mental
Dende 2007 o rgan i zamos en t re as asociacións a Liga de Futbol Sala e o Campionato de Fútbol Sala, unha iniciativa que cada vez ten máis éxito, cun grande aumento de participantes e de público. Os usuarios poden ver como mellora o seu estado de ánimo e o seu benestar físico.
Ademais de fútbol sala, ao longo de todo o ano realízanse outras prácticas deportivas: bautismos de mar e de buceo, visitas ao Aquapark , equ i tac ión , sende i r i smo, piragüismo e termalismo.
Clubs de OcioEsta actividade é unha das principais
demandas dos usuarios do servizo de
inserción laboral de Feafes Galicia que
queren mellorar a súa rede social e que non
acoden a outros recursos. Ten como
finalidade normalizar a súa vida en todos os
planos, realizando actividades de diversión
cotiás. Ademais, supón un alivio para os
coidadores, que gozan dun tempo de
descanso. O número de participantes
aumentou un 62% no último ano.
ValoraciónO resultado do servizo de Ocio e Deportes na
enquisa de satisfacción realizada entre os
usuarios é moi positivo, xa que se trata dun
dos mellores valorados, cunha puntuación de
media de 4,19 sobre 5. Un dos elementos
máis valorados é a satisfacción coa atención
prestada polos monitores. Ademais, hai que
salientar que as actividades preferidas son as
excursións organizadas por Feafes, as
actividades deportivas e os clubs de ocio.
Ocio e deportes
17
BENEFICIARIOS 2011 2012
Santiago de Compostela 86 119
A Coruña 51 68
Lugo 69 74
Ourense - 32
Vigo - 51
TOTAL 206 344
Descrición do servizoEn Feafes Galicia traballamos a diario para
erradicar a imaxe equivocada que existe sobre
as persoas con enfermidade mental.
Pretendemos mellorar a percepción social
das persoas con enfermidade mental e as
súas familias e ofrecer unha imaxe de
in tegrac ión na sociedade. Para iso,
elaboramos material divulgativo e facemos
campañas de sensib i l izac ión e lo i ta
antiestigma. Durante o 2012, o departamento
de comunicación realiza un traballo de
difusión que tivo como resultado numerosas
aparicións nos medios de comunicación.
Segundo o tipo de medio, podemos facer esta
clasificación dos impactos informativos:
39 en prensa escrita
24 en televisión
14 en radio
9 en medios online
3 en axencias de noticias
SensibilizaciónPretendemos mellorar a percepción social
das persoas con enfermidade mental e as
súas familias e ofrecer unha imaxe de
integración na sociedade. Para iso, facemos
campañas de sensib i l izac ión e lo i ta
antiestigma.
Proxecto Nise
Feafes Galicia participa no Proxecto Nise, en colaboración coa Consellería de Sanidade, a Fundación Caixa Galicia e a CRTVG. Esta iniciativa ten como obxectivo loitar contra o estigma asociado á enfermidade mental e para iso realizáronse numerosas actividades, como cursos de formación e o ciclo de cine 'Nos vieiros da mente'.
Campaña Mentalízate
O programa de sensibilización Mentalízate ten como obxectivo mellorar o coñecemento das enfermidades mentais por parte dos alumnos de Secundaria. Os profesionais de Feafes Galicia e as asociacións federadas impartiron o programa a 475 alumnos e os seus docentes de 13 centros educativos.
475 alumnos 13 centros de educación secundaria
Información na redePáxina web: feafesgalicia.orgEn 2011, Feafes Galicia estreou a súa nova páxina web, que en 2012 rexistrou 21.900 visitas anuais. O portal é de gran utilidade para dar a coñecer todas as nosas noticias e actividades.
Comunicación e sensibilización
89 aparicións en
medios de
comunicación
18
APARICIÓNS EN
MEDIOS
2011 2012
71 89
Camiño de Santiago
No mes de setembro, o Servizo de Ocio e Deportes de Feafes Galicia organizou unha actividade a través da cal 60 persoas percorreron o Camiño de Santiago, entre persoas con enfermidade mental, familiares e monitores. A actividade tivo unha boa acollida entre os medios de comunicación, xa que esta viaxe ten unha dobre finalidade: ademais de facer deporte, permite ofrecer á sociedade unha imaxe normalizada das persoas con enfermidade mental e loitar pola súa integración e a sensibilización.
FormaciónAo longo de 2012, Feafes Galicia realizou unha serie de actividades formativas dirixidas a profesionais, familiares e representantes de persoas con enfermidade mental. En total, acadouse unha cifra de:
202 persoas formadas
“Curso de dereitos das persoas con enfermidade mental e seus familiares: Incapacitacións e herdanzas” (20 persoas).
“Habilidades sociais na intervención policial: Trastorno menta l e modi f icación da capacidade” (30 persoas).
“A tutela. Persoas con enfermidade mental e as súas familias” (93 persoas).
“Obradoiro de Coidados do Paciente con Trastorno Mental”, NISE 2012 (38 persoas).
Formación de voluntarios (7 persoas).
Formación do Comité de Persoas con Enfermidade Mental (14 persoas).
Redes sociais: Facebook e Twitter
O perfil de Feafes Galicia en Twitter e, sobre todo, a páxina de Facebook, convertéronse pouco a pouco en importantes ferramentas para difundir as nosas novidades. Nos dous casos, foi incrementándose paulatinamente o número de seguidores. Segundo as estatísticas, o perfil da persoas que nos le nas redes sociais é unha muller de entre 25 e 34 anos residente na provincia da Coruña.
574 seguidores
450 seguidores
EventosDía Mundial da Saúde Mental
Como cada 10 de outubro, en 2012 Feafes Galicia tamén conmemorou o Día Mundial da Saúde Mental, que este ano levou por lema “A mellor inversión, a túa saúde mental”. Sen dúbida, este é o evento que máis repercusión xera entre os medios de comunicación. Ese día celebrouse unha rolda de prensa na que interveu o presidente de Feafes Galicia, Xosé Ramón Girón, acompañado por Carlos Mañas, membro do Comité de Persoas con Enfermidade Mental. O evento creou grande expectación entre os medios e tivo unha gran repercusión social.
IV Xornada de Emprego e Saúde Mental
A IV Xornada de Emprego e Saúde Mental de Feafes Galicia celebrouse o 29 de novembro no Auditorio Areal de Vigo e congregou a máis de 100 asistentes. Ademais dunha difusión entre os posibles interesados en acudir como asistentes ás conferencias, dende o Departamento de Comunicación realizouse unha difusión das xornadas á sociedade en xeral a través dos medios. Así, as Xornadas tiveron unha notable repercusión en prensa escrita e televisión, con aparicións en Faro de Vigo, Televigo e Televisión de Galicia.
Comunicación e sensibilización
19
VoluntariadoDurante o ano 2012, Feafes Galicia contou
coa colaboración dun grupo de persoas
voluntarias que participaron, principalmente,
en actividades de ocio, xornadas e apoio na
procura de emprego. En total contamos con:
7 voluntarios
Asistencia a feirasAo longo de 2012, Feafes Galicia asistiu a
unha serie de feiras e encontros multisectorial
que permitiron que as nosas asociacións
acudisen para realizar unha mostra e venda
dos seus produtos de artesanía. Ademais,
estos eventos permiten informar á poboación
en xeral da problemática da enfermidade
mental na sociedade, co obxectivo de
concienciar e sensibilizar. Os encontros aos
que se asistiu foron:
Feira Multisectorial ExpoOrdes
Feira “Un paseo pola Saúde” do Concello de
Ourense.
Feria Internacional Semana Verde de Silleda.
EmpoderamentoComité de persoas con enfermidade
mental de Galicia
O Comité de Persoas con Enfermidade Mental
de Feafes Galicia, que naceu en abril de 2012,
ten como obxectivo dar voz propia ás persoas
con enfermidade mental e crear un marco de
diálogo e debate, enfocado á consecución de
acordos concretos, co fin de que sexa órgano
asesor da Xunta Directiva. O obxectivo deste
Comité é que sirva de impulso para o
cumprimento da Estratexia en Saúde Mental e
se converta nun foro de ideas dende o que se
deseñen vías de solución. Así mesmo, grazas
ao Comité, Feafes Galicia conta cun grupo de
voceiros preparados e con formación
específica que poden contar ante os medios
de comunicación a súa experiencia coa
enfermidade mental de primeira man.
Comunicación e sensibilización
20
As contas anuais de Feafes Gal ic ia
correspondentes ao exercicio 2012 integran a
totalidade dos ingresos e dos gastos da
institución.
Neste ano, obtivéronse uns ingresos de
1 . 1 0 7 . 2 8 1 , 9 5 e u r o s , p r o c e d e n t e s
pr inc ipa lmente de f inanciamento de
administracións públicas e de entidades
privadas. Por outro lado, realizouse un gasto
de 1.100.255,00 euros, destinados na súa
maior parte a persoal, prestación de servizos a
asociacións, gastos xerais e prestación de
servizos e programas. Así pois, o resultado
final é un balance positivo de 7.026,95
euros.
Ingresos
Gastos
Balance económico9
17
.,9
25
�
14
5.8
09
�
25
.85
7 �
5.9
69
�
Fina
ncia
ción
adm
óns.
púb
licas
Fina
ncia
ción
entid
ades
priv
adas
Aporta
ción
s
usua
rios
ocio
Cot
as a
nuai
s
asoc
iaci
óns
Pers
oal
cont
rata
do
Pres
taci
ón s
ervizo
s
asoc
iaci
óns
Gas
tos
xera
is
Pres
taci
ón d
e
serv
izos
e p
rogr
amas
Gas
tos
finan
ceiro
s
Amor
tizac
ións
Axud
as u
suar
ios
de e
mpr
ego
Cot
as s
ocio
s or
g.
terc
eiro
nivel
Gas
tos
Xunt
a
Dire
ctiva
51
6.5
38
�
31
9.8
75
�
13
8.0
57
�
66
.88
9 �
25
.11
6 �
18
.47
7 �
6.8
80
�
4.1
16
�
2.9
61
�
21
1.5
06
�
5.4
61
�
4.7
54
,95
�
Doa
zóns
Inve
rsió
ns
Ingr
esos
extra
ordi
nario
s
Gas
tos
extra
ordi
nario
s
1.3
46
�
Resumo actividades 2012
22
2011 2012 Variación
Consultas e asesoramentos
Teléfono de atención gratuíta 3.600 4.879 1.279
Visitantes distintos á web 15.000 21.900 6.900
Redes sociais (Facebook e Twitter) 627 1.024 397
Mentalízate -- 475 475
TOTAL 19.227 28.278 9.051
Intervención directa con usuarios
Inserción laboral 1731 2.040 309
Asesoramento presencial 460 581 121
Apoio en trámites 61 118 57
Asesoría xurídica 175 201 26
TOTAL 2.427 2.940 513
Servizos para usuarios das asociacións
Ocio e deporte 500 671 171
Actividades da vida diaria 48 48 0
Atención a domicilio no rural 33 33 0
Atención en centros penitenciarios 94 127 33
TOTAL 675 879 204
Outros servizos e programas
Aparicións en medios de comunicación 71 89 18
Voluntariado 3 7 4
Formación de profesionais 150 181 31
Comité de Persoas con Enfermidade Mental 0 14 14
TOTAL 675 879 67
Defensa dos intereses das asociacións e potenciación do movemento asociativo
Representante na Comisión de elaboración dos criterios para un reparto equitativo da financiación en Discapacidade (Protocolo Cermi-Xunta)
Vogalía no Consello Galego de Benestar Social en representación de Feafes Galicia, Down Galicia, Fegadace e Autismo Galicia
Negociacións Consellería de Traballo e Benestar Negociacións Consellería de Sanidade Negociacións Consellería de Educación
Negociacións Valedor do Pobo Negociacións FUNGA
Pertenza a entidades de terceiro nivel
Confederación Feafes
Cermi Galicia
EAPN Galicia
23
ColaboradoresInstitucións públicas
Fundacións Empresas e entidades privadas