manual de prevenciÓn de riscos laborais · É para min unha satisfacción presentar este manual de...
TRANSCRIPT
PRESENTACIÓN
É para min unha satisfacción presentar este Manual de prevención de riscos laborais
en atención primaria, elaborado polos profesionais das unidades de prevención das tres áreas
sanitarias e a dirección asistencial desta XAP de Lugo.
Adquirimos o compromiso de velar pola seguridade e a saúde dos traballadores e, polo
tanto, de facilitarlles as ferramentas necesarias para evitar os accidentes laborais e previr as
enfermidades profesionais.
O propósito deste documento é o de mellorar o coñecemento dos diferentes riscos pro-
fesionais segundo marca a Lei de prevención (31/1995) e a adquisición dos recursos para mini-
mizalos, ao mesmo tempo que concienciar a xefes de servizo/unidade, coordinadores e traba-
lladores para que integren na súa xornada laboral as medidas máis axeitadas para previr os
riscos derivados da súa actividade e a maneira máis eficiente de minimizalos.
Agradecerlles, por último, a todos os que interviñeron neste proxecto que pretende inte-
grar formación e información con seguridade e autoprotección en todo o ámbito da atención
primaria desta XAP.
María Josefa Díaz OteroXerente da XAP de Lugo
3
ÍNDICE
- Presentación- Índice- Colaboradores- Introdución
1. Seguridade- Caídas, almacenamento, equipos de tra-ballo, electricidade.- Instalacións xerais do centro, osixenotera-pia, nitróxeno líquido, saídas ao exterior.- Incendios.
2. Riscos hixiénicos físicos- Iluminación, radiacións ionizantes e radia-cións non ionizantes.
3. Contaminantes biolóxicos- Hepatite B, hepatite C, VIH/SIDA,- Que facer en caso de exposición?, Quefacer en caso de vertido? Outros contami-nantes biolóxicos
4. Xestión de residuos- Residuos sanitarios, eliminación de resi-duos, identificación de residuos
5. Contaminantes químicos - Risco químico, látex, mercurio- Citostáticos
6. Protección da maternidade
7. Riscos ergonómicos e psicosociais- Trastornos músculo-esqueléticos,Manipulación de cargas, empuxe e tracciónde cargas, posturas estáticas.- PVD, factores psicosociais, estrés, violen-cia no traballo.
ANEXO:- Comunicación de accidente laboral- Obrigacións dos traballadores- Contactos de interese- Xustificante de recepción
COLABORADORES
José Luis López JiménezDirector Asistencial XAP de Lugo
Dolores García Muriel Médico do Traballo UPRL de Lugo
María Teresa Alvarellos AlejandroEnfermeira de Empresa UPRL Lugo
Carmen Elvira Folgar GalánTécnico de Hixiene Industrial UPRL deLugo
Eliseo Pallares MartínezTécnico de Seguridade UPRL de Lugo
Alberto Villarroya LópezTécnico de Ergonomia UPRL Lugo
Carlos Gómez ZunzuneguiMédico do Traballo UPRL de Monforte
Flor Gómez CuquejoEnfermeira de Empresa UPRL Monforte
Maria González NoresTécnica de Hixiene Industrial UPRLMonforte
José Luis Fernández GarcíaTécnico de Seguridade UPRL Burela
Xosé Lois López RábadeEnfermeiro Empresa UPRL Burela
4
INTRODUCIÓN
Antes de comezar unha actividade debe coñecer os seus riscos específicos etomar as medidas ao seu alcance para minimizalos na medida do posible.
Non dubide en preguntarlle, ao seu superior xerárquico ou á Unidade dePrevención de Riscos se poden axudalo a resolver calquera dúbida.
Non realice tarefas con equipos de traballo, instalacións ou produtos químicosdos que descoñeza os seus perigos e como minimizalos.
Non realice traballos de risco aínda que sexan esporádicos se non dispón dainformación, formación e medios necesarios.
Solicite información sobre as medidas preventivas, indicacións escritas ouprocedementos de traballo e dispoña dos medios de protección axeitados antes deiniciar o traballo.
Unha vez que dispoña da información e dos medios de protección é súa a res-ponsabilidade de comportarse con seguridade, e de controlar os riscos que para vos-tede e os seus compañeiros da área de traballo supón a tarefa que vai realizar.
Ante calquera dúbida sobre a idoneidade das medidas adoptadas para elimi-nar ou diminuír un risco no seu lugar de traballo, ou se observa condicións ou actosinseguros, a súa obrigación é comunicarllo ao seu responsable.
Infórmese de quen son os seus delegados de prevención, son os seus repre-sentantes sindicais en materia de prevención de riscos laborais
5
1. SEGURIDADE
• CAÍDAS:
Ao mesmo nivel:
As présas, a presenza de substancias esva-
radías, a existencia de obxectos ou anomalí-
as no chan e a utilización de calzado aberto
ou inadecuado son factores de risco impor-
tantes para sufrir unha caída ou un mal xesto
que provoque un sobreesforzo.
Recolla todos os vertidos tan pronto como se
produzan. Sinalice o chan durante as tarefas
de limpeza o en días de chuvia para a entra-
da e escaleiras.
Evite andar ás carreiras.
Non deixe nunca obxectos nin cables en
zonas de traballo ou de paso. Avise rapida-
mente se observa algunha deficiencia no
chan.
Opte por un calzado pechado non esvaradío.
A distinto nivel:
Utilice medios específicos (por exemplo, ban-
quetas) para acceder a obxectos inaccesibles
en altura. Revisalos periodicamente. Non uti-
lice cadeiras con rodas.
Se debe utilizar unha escaleira de man ou
outro medio para subirse solicite información
preventiva específica.
• ALMACENAMENTO
As condicións existentes nos almacéns,
aínda que sexan pequenos poden ser orixe
de diferentes riscos como poden ser caídas
de obxectos desprendidos, incendios, caídas
ao mesmo nivel etc., que se poden evitar
seguindo unhas sinxelas medidas preventi-
vas.
Os armarios deberán estar convenientemente
suxeitos para evitar caídas.
Os obxectos voluminosos e pesados non se
colocarán nas parte superior destes.
As existencias deberán estar adecuadas á
capacidade do almacén.
Evite utilizar zonas de paso como lugar de
almacenamento.
Minimice, na medida do posible, o almacena-
mento de papel, cartón e outras substancias
inflamables.
6
• EQUIPOS DE TRABALLO
Os equipos de traballo, máquinas e ferramen-
tas existentes no centro se non están en con-
dicións axeitadas ou non se usan de forma
correcta poden implicar a existencia de riscos
eléctricos, atrapamentos, cortes, queimadu-
ras, risco biolóxico, incendio, caída de obxec-
tos, etc.
Todos os equipos e ferramentas de nova
adquisición deben contar con marcado CE,
declaración escrita de conformidade e
manual de instruccións en español. A informa-
ción contida no manual estará á disposición
dos traballadores para a súa consulta.
Antes de comezar a utilizar un novo equipo
ou ferramenta solicite a información que pre-
cise para poder traballar con seguridade.
Utilice o equipo ou ferramenta segundo as
indicacións recibidas e/ou o disposto polo
fabricante ou subministrador.
Non anule os dispositivos de protección dun
equipo ou instalación. Utilice o equipo só para
a tarefa para a que foi deseñado.
Realice ou solicite que se realicen (en función
da súa capacitación) os mantementos especi-
ficados no manual de instrucións.
Notifique inmediatamente calquera anomalía
que observe no equipo, ferramenta ou insta-
lación. Se non está capacitado e non dispón
da formación e información necesaria non
intente arranxalo vostede mesmo.
Non manipule unha máquina o un equipo
eléctrico se non está capacitado para iso.
• ELECTRICIDADE
A electricidade non se ve, nin se ole, nin se
sente pero pode provocar graves accidentes
por contacto directo, contacto indirecto ou
como orixe dun lume.
Non tire dos cables para desenchufar un apa-
rato, fágao dende o enchufe.
Non se debe traballar con equipos ou instala-
cións que presenten defectos nos cables ou
enchufes. Se se observa algunha deficiencia,
avise inmediatamente o servizo de mante-
mento para que sexa emendada.
Non sobrecargue enchufes coa utilización de
ladróns ou regretas de forma abusiva. Se fose
necesario instalar novos equipos hai que
comunicalo ao servizo de mantemento.
Os traballadores deberán recibir por parte do
seu responsable unhas indicacións básicas
sobre a instalación eléctrica do centro.
Deberán saber onde se encontra o cadro ou
cadros xerais (os circuítos deberán estar indi-
cados) e saber as manobras que poden reali-
zar para poñelos en funcionamento con segu-
ridade.
7
• INSTALACIÓNS XERAIS DO CEN-TRO:Dependendo do tamaño ou das característi-
cas do centro poden existir neste unha serie
de instalacións técnicas (caldeiras, gases,
instalación eléctrica, S.A.I., grupo electróxe-
no, compresor, cuarto do transformador,
maquinaria ascensores, grupo de presión
etc.)
Se non ten a capacitación e as indicacións
expresas por parte da Xerencia non debe
manipular en ningunha destas instalacións,
xa que se pode expoñer a un risco importan-
te.
En caso de observar unha situación anómala
notifíquello inmediatamente ao servizo de
mantemento e espere instrucións.
• OSIXENOTERAPIA
O osíxeno non é combustible pero activa a
combustión de calquera materia inflamable e
pode aumentar o risco de incendio
Siga as instrucións de utilización do fabrican-
te. Todas as botellas deberán estar suxeitas
de forma segura para evitar a súa caída.
Utilice os carros portabotellas para movelas.
Non force as conexións e utilice ferramentas
non metálicas para apertar ou desapertar as
conexións.
NON
Xamais engraxe unha botella de osíxeno ou
as roscas de conexións; límpeas cun pano, se
segue tendo problemas póñase en contacto
co provedor ou servizo de mantemento a tra-
vés do seu responsable.
O osíxeno favorece a combustión.
Non utilice unha chama para detectar unha
fuga. Se se sospeita unha fuga peche a bote-
lla, ventile o espazo. Sáquea a unha zona
segura, o exterior, por exemplo, e ventile a
súa roupa durante uns minutos.
8
• NITRÓXENO LÍQUIDO
O nitróxeno líquido é utilizado nalgúns cen-
tros de saúde para crioxenoterapia.
Non é tóxico pero pode desprazar o osíxeno
do aire co conseguinte risco de asfixia, de
forma inadvertida.
Debido ao seu estado, a moi baixa tempera-
tura pode provocar queimaduras importantes.
Use os equipos de protección recomendados
(se é necesario luvas e lentes específicas)
para manipulalo.
Se ten unha derrama o unha fuga nun espa-
zo pechado, saia e ventile antes de permitir a
entrada doutras persoas.
Non bote auga nun vertido de nitróxeno líqui-
do.
Ante unha salpicadura á pel e ollos lave con
auga fría a zona durante 15 minutos.
• SAIDAS Ó EXTERIOR:
Nos desprazamentos ó exterior do centro de
saúde deberá cumprirse de forma rigorosa o
código de circulación.
En caso de actuacións na vía pública debera-
se contar con roupa reflectante, de abrigo, e
medios de sinalización adecuados. Xamais
se levarán zocos ou calzado aberto.
Conduza de acordo co estado do seu vehícu-
lo, das condicións meteorolóxicas, e o estado
da vía pola que circula.
Levar as luces de cruce prendidas, mesmo de
día, pode incrementar moito a súa visibilida-
de.
No caso de levar botellas de osíxeno fíxeas
firmemente dentro do vehículo e ventile de
forma constante o interior abrindo as ventás.
9
• INCENDIOS
- Normas xerais:
Siga as medidas preventivas para evitar ris-
cos eléctricos: non sobrecargar enchufes e en
caso de observar algunha deficiencia avise
inmediatamente ao servizo de mantemento
para a súa emenda.
Se observa que un equipo eléctrico se
requenta, desprende fumes ou cheiros non o
use, sinalíceo claramente como “avariado”,
póñao fora de servizo e tome as medidas
necesarias para evitar a súa utilización.
Non sitúe produtos inflamables nin a presión
nas proximidades de fontes de calor como
estufas, autoclaves etc.
Peche os frascos de produtos inflamables
(alcohol u outros) tras a súa utilización.
Nun centro sanitario esta prohibido fumar en
todas as dependencias.
Evite acumulacións de papel, cartón, plásti-
cos e outras sustancias inflamables dentro do
centro.
Mantén as vías de evacuación libres de
obxectos que poidan interromper o paso.
Nos centros onde existen plans de urxencia
os novos traballadores deberán ser informa-
dos polo responsable sobre os aspectos que
debe coñecer deste.
Os traballadores deberán coñecer onde se
atopan os medios de extinción e ter unhas
nocións básicas sobre a súa utilización.
Se é necesario pola complexidade do centro
deberán coñecer cales son as vías e saídas
de urxencia.
Se o centro dispón de centrais de incendios
os traballadores deberán coñecer como se
acciona e como funciona o sistema de alar-
ma.
Deberanse coñecer onde se corta a instala-
ción eléctrica e as instalacións de gas para
poder facelo con seguridade en caso de
incendio.
- Se detecta un incendio:
Nos centros que dispoñen dun Manual deautoprotección deberanse seguir as indica-cións que se recollen no documento corres-pondente (Plan de Emerxencia).
En xeral deberá:
Se o lume está en fase inicial solicite axuda a
un compañeiro para tratar de sufocalo co
extintor máis preto. Se non obtén resultados
inmediatos, déalle a alarma ao resto do per-
soal, comece a desaloxar, con calma e orde-
nadamente, a pacientes e acompañantes, e
revise os servizos e todo local no que puide-
ra quedar xente sen avisar.
Se existe un servizo de bombeiros na súa
zona, teña o seu número a man, senón
chame ao número de urxencias 112 e trans-
mita a súa situación e o tipo de lume o máis
claramente posible.
Se pode facelo sen perigo retire os materiais
inflamables e desconecte os aparellos eléctri-
cos e instalación de gas antes da chegada de
axuda. Póñase á súa disposición colaborando
en todo o que sexa necesario.
10
- En caso de evacuación:
IIndependentemente doutras tarefas específi-cas asinadas no plan de urxencia:
Actúe con serenidade e calma.
Durante a evacuación manteña o silencio oufale en voz baixa. Non berre.
Siga o itinerario de evacuación sinalizado ouo que coñeza pola información recibida.
Se circula por un ambiente cargado de fumee gases de combustión, agáchese ou inclusogatee, protéxase a súa boca e nariz cunpano.
Nunca volva cara atrás no seu percorrido.
Peche todas as portas e fiestras que teñamos
entre nós e o lume.
Camiñe con rapidez pero sen precipitación
Diríxase directamente ao punto de concentra-
ción previsto seguindo os itinerarios específi-
cos e alí confirmente a súa presenza.
Se o centro dispón de ascensores non os uti-
lice, nin permita que o fagan, en caso de
incendio.
Se arden as roupas, non correr, botarse ao
chan e rodar, se é posible envolvémonos
nunha manta.
- Cómo utilizar un extintor:
11
1º Descolgar oextintorcollelo polamaneta ou asa fixa e deixalosobre o chan enposición vertical.
2º Asir a embocadurada mangueira doextintor ecomprobar, en casoque exista, que aválvula ou disco deseguridade está enposición sen riscopara o usuario.Sacar o pasador deseguridade tirandoda súa anella.
3º Empuxar apanca dacabeza doextintor, en casode que existaapertar a pancada embocadura erealizar unhapequena descargade comprobación.
4º Acercarse lentamente ao lume ata unmáximo aproximadamente dun metro.
Dirixir o chorro á base das chamas conmovemento de varrido.
2. RISCOS HIXIÉNICOS• ILUMINACIÓN
- Definición
Para falar de iluminación é
preciso contar coa existencia
dunha fonte produtora de luz e un obxecto
para iluminar.
Calquera actividade que desenvolvamos
necesita unha iluminación axeitada para des-
envolver o traballo sen risco para a segurida-
de e saúde.
A iluminación correcta é aquela que permite
distinguir as formas, as cores, os obxectos en
movemento e apreciar os relevos, e que todo
isto, se poida facer sen fatiga, é dicir, que
asegure o confort visual permanente.
- Tipos de iluminación:
Hai dous tipos de iluminación: natural e artifi-
cial nos lugares de traballo, e pode ser xeral
ou localizada.
O nivel de iluminación mídese en lux
(lx):Fluxo luminoso por unidade de superficie.
- Riscos asociados
Disconfort visual por:
a) falta ou exceso do nivel de ilu-
minación
b) cegamentos por brillos excesivos
c) desequilibrio de luminancias.
- Medidas Preventivas
Sempre que sexa posible, os lugares de tra-
ballo terán unha iluminación natural, que se
deberá completar cunha iluminación artificial
cando non se garantan as condicións de visi-
bilidade adecuadas.
a) Niveis de iluminación mínimos (R.D.
486/97)
b) Os cegamentos elimínanse evitando unha
visión directa da fonte de luz, por exemplo
incorporando cortinas nas ventás, difusores
sobre luminarias, e utilizando superficies de
traballo mates.
c) Manter un equilibrio de luminancias no
local de traballo: os niveis de iluminación non
deben variar de forma brusca nunha mesma
zona.
12
Lugar de TraballoNivel mínimo deiluminación (Lux)
Zonas onde se executen tarefas con:
1. Baixas esixencias visuais
100
2. Esixencias visuais moderadas
200
3. Esixencias visuais altas
500
4. Esixencias visuais moi altas
1000
Areas ou locais usoocasional
50
Areas ou locais usohabitual
100
Vías circulación usoocasional
25
Vías circulación usohabitual
50
• RADIACIÓNS IONIZANTES
- Definición
Son radiacións de alto contido
enerxético.
A radiación ionizante, ao igual que a calor e a
luz, é unha forma de enerxía. Inclúe partícu-
las e raios emitidos por material radiactivo, as
estrelas e equipos de alto voltaxe. A maior
parte ocorre naturalmente e certa parte é pro-
ducida por actividades humanas. En doses
moi altas, a radiación ionizante pode causar
enfermidades ou a morte.
A única fonte de radiación ioni-
zante nos centros de atención
primaria son os aparellos
xeradores de raios X, e soamente emiten no
momento do disparo.
- Riscos Asociados
Os efectos dependerán da cantidade de
radiación, do tempo de exposición, da distan-
cia á fonte e dos factores persoais (sexo,
idade, estado saúde). A exposición a altas
dosis pode causar queimaduras, caída do
cabelo, náuseas, malformacións conxénitas,
efectos sobre a función mental…
- Medidas Preventivas
En España existe regulamentación específica
sobre protección sanitaria contra as radia-
cións ionizantes, que inclúen as medidas que
se van tomar para os traballadores expostos
(Real decreto 783/2001), entre elas: os equi-
pos soamente serán utilizados por persoal
con licenza de operador, a zona estará clara-
mente sinalizada, protexida e delimitada
(zona controlada, zona vixiada)...
Como medida de control existen os dosíme-
tros de área e persoais.
Os recoñecementos médicos do persoal
exposto seguirán o regulamentado no proto-
colo de vixilancia sanitaria específica.
• RADIACIÓNS NON IONIZANTES
- Definición
Son radiacións de baixo contido enerxético.
Os equipos emisores destes tipos de radia-
cións son os utilizados en fisioterapia:
� Radiofrecuencias
� Microondas
- Riscos Asociados
A normativa sobre a exposición ocupacional
refírese exclusivamente os efectos a curto
prazo debido principalmente á elevación da
temperatura dos tecidos por estas radiacións
(MO e RF).
Non existe unha certeza científica sobre os
efectos a longo prazo sobre a saúde das per-
soas debido a este tipo de radiacións.
- Medidas Preventivas
A lexislación que regula a exposición ocupa-
cional a RNI é a Directiva 2004/40/CE do par-
lamento Europeo e do Consello do 29 de abril
de 2004.
O evitar exposicións innecesarias (permane-
cer afastado do equipo en funcionamento), a
instalación e o uso dos equipos segundo as
especificacións do fabricante e procedemen-
tos de traballo adecuados, constitúen as
mellores formas de protexer os traballadores
dos posibles efectos nocivos destas radia-
cións.
13
Ultravioleta Luz
Microonda
Infravermello
3. CONTAMINANTESBIOLÓXICOS
Defínense segundo o Real decreto 664/1997
como os microorganismos, con inclusión dos
xeneticamente modificados, cultivos celulares
e endoparasitos humanos, susceptibles de
orixinar calquera tipo de infección, alerxia ou
toxicidade.
Entre os traballadores de ámbitos sanitarios,
os principais microorganismos que hai que ter
en conta son:
-Virus da Hepatite B e C
-VIH,
-Tuberculoses,
-Tétanos e
-Gripe.
PERSOAL EXPOSTO (1/2/3)
Todos os traballadores que poden estar en
contacto con sangue e outros fluídos orgáni-
cos de pacientes potencialmente infectados,
ben polo seu traballo habitual ou por contacto
accidental.
1. HEPATITE B
É a causa máis frecuente de infección ocupa-
cional entre o persoal sanitario.
O virus da hepatite B atópase presente no
sangue, saliva, líquido espermático e fluxo
vaxinal e outras secrecións e excrecións dos
paciente infectados.
O contaxio pódese producir por vía parenteral
e sexual. Tamén se pode transmitir vertical-
mente (de nai a fillo).
No medio sanitario, o mecanismo máis fre-
cuente de transmisión é a través de exposi-
ción parenteral accidental (cortes, picadas),
ou por contacto cutáneo-mucoso, se existen
feridas en pel ou se producen salpicaduras a
mucosas.
2. HEPATITE C
No medio sanitario, o mecanismo máis fre-
cuente de transmisión é a través de exposi-
ción parenteral accidental (cortes, picadas),
ou por contacto cutáneo-mucoso, se existen
feridas en pel ou se producen salpicaduras a
mucosas.
3. VIH/SIDA
Demostrouse a súa transmisión por exposi-
ción parenteral ao sangue ou derivados
hemáticos contaminados (a causa máis fre-
cuente de infección no medio sanitario), por
vía sexual, por recepción de órganos de doa-
dores infectados e de nai a fillo.
14
- Medidas Preventivas: PrecauciónsUniversais
As denominadas “precaucións universais”
constitúen a estratexia fundamental para a
prevención do risco laboral para todos os
microorganismos vehiculizados polo sangue.
O seu principio básico é que o sangue e
outros fluídos corporais se deben considerar
potencialmente infecciosos.
Débese aceptar que non existen pacientes de
risco senón manobras ou procedementos de
risco, polo que se deben adoptar precaucións
utilizando barreiras protectoras axeitadas en
todas as manobras ou procedementos nos
que exista a posibilidade de contacto co san-
gue e/ou fluídos corporais a través da pel ou
das mucosas.
É de especial importancia que todo persoal
estea informado das ditas precaucións e
coñeza as razóns polas que deba proceder
da maneira indicada.
Deberase vacinar todo o persoal que desen-
volva o seu labor en ambientes que teñan
contacto directo ou indirecto con sangue e
outros fluídos biolóxicos potencialmente
infecciosos. Principalmente hepatite B, téta-
nos e gripe.
Débense cubrir as feridas e lesións das mans
con apósitos impermeables ao inicio da activi-
dade.
O lavado de mans débese facerse ao come-
zar e rematar a xornada de traballo e despois
de realizar calquera técnica que implique con-
tacto con material infeccioso. Este farase con
auga e xabón líquido neutro.
Non debe comer, beber e fumar na área de
traballo.
Débense utilizar sempre os elementos de
protección de barreira axeitados cando se
poñan en contacto directo co sangue e os flu-
ídos corporais dos pacientes.
15
O dito contacto pódese producir tanto de
forma directa como durante a manipulación
do instrumental ou de materiais extraídos
para fins diagnósticos.
As máscaras e protección ocular débense
empregar naqueles casos nos que, pola índo-
le do procedemento que se vai realizar, se
prevé a produción de salpicaduras de sangue
ou outros fluídos corporais que afecten as
mucosas do ollo, boca ou nariz.
As batas deberanse utilizar nas situacións
nas que se poida dar o contacto con sangue
ou outros fluídos orgánicos que poidan afec-
tar as propias vestimentas do traballador.
O uso de luvas é aconsellable sempre. É obri-
gatorio cando:
- Presente feridas non cicatrizadas, lesións
dérmicas exsudativas ou zumegantes, cortes
ou lesións cutáneas etc.
- Manexe fluídos corporais contaminados con
sangue, tecidos etc.
- Se poña en contacto coa pel non intacta ou
mucosas.
- Manexe obxectos, materiais ou superficies
contaminados con sangue.
- Realice procesos invasivos.
- Medidas Preventivas: precaucións no
manexo de obxectos cortantes e punzan-
tes
Tomar precaucións na utilización do material
cortante e punzante, das agullas e das xirin-
gas durante e despois da súa utilización, así
como nos procedementos de limpeza e de eli-
minación.
Non reencapuchar as agullas nin obxectos
cortantes nin punzantes, nin sometelas a nin-
gunha outra manipulación.
Os obxectos punzantes e cortantes (agullas,
bisturís, e outros instrumentos afiados) depo-
sitaranse nos contedores específicos para tal
fin.
Estes débense encher só ata as _ partes da
súa capacidade. Situaranse o máis próximo
posible e ao mesmo nivel da zona de traballo.
O persoal sanitario que manexe obxectos cor-
tantes e punzantes é responsable da súa eli-
minación e desbotaraos inmediatamente des-
pois da súa utilización.
Nos desprazamentos ao exterior do centro
levar contedor específico para eliminar os
residuos xerados.
16
•¿QUE FACER EN CASO DE EXPOSICIÓN?
Inmediatamente, tras o accidente, realizaran-
se as seguintes accións:
- Retirar o obxecto co que se produciu.
- Limpar e lavar a ferida con auga corrente e
xabón.
- Desinfectar e colocar apósito se fora preci-
so.
- En caso de salpicaduras de sangue ou fluí-
dos á pel e mucosas é necesario lavado con
xabón e auga abundante. Se fose nos ollos
lavar con soro salino.
- Comunicar o accidente segundo o protocolo
establecido.
•¿QUE FACER EN CASO DE VERTIDO?
Se se produce un vertido de sangue ou dos
fluídos antes indicados, os traballadores sani-
tarios deberán:
- Colocar luvas de látex ou nitrilo.
- Recoller o vertido con material absorbente.
Limpeza e desinfección da zona segundo o
protocolo existente.
•OUTROS CONTAMINANTES BIOLÓXICOS
Ante un paciente con tuberculose ou sospei-
ta de padecela actuaremos indicándolle a
necesidade de que se cubra a boca e o nariz
ao tusir, e que aprenda a forma de utilizar
correctamente as máscaras.
Para que se transmita o tétanos fai falta a
existencia dunha porta de entrada (habitual-
mente ferida sucia), que permita a reprodu-
ción do bacilo. Transmítennolo principalmente
os animais e moi raramente o home, por con-
tacto directo ou indirecto co chan ou con
feces contaminadas. A medida preventiva
máis axeitada e unha boa hixiene (lavado de
mans e das feridas con auga osixenada).
Outra das enfermidades que hai que ter en
conta é a gripe que se ve facilitada nos cen-
tros sanitarios pola alta densidade de poboa-
ción, a gran porcentaxe de enfermidade asin-
tomática e o contacto con secrecións de per-
soas doentes.
Vacinacións
O persoal dos centros de saúde é un dos
colectivos nos que está especialmente indica-
da a vacinación fronte ao tétano e a gripe.
Tamén se recomenda para todos os traballa-
dores a vacinación da rubéola e varicela,
especialmente para mulleres en idade fértil.
17
4. XESTIÓN DE RESIDUOS
•RESIDUOS SANITARIOS
- Definición
Enténdese por residuo sanitario calquera
substancia ou obxecto xerado polas activida-
des sanitarias do cal se desprenda ou teña a
intención ou obriga de se desprender o seu
posuidor, en virtude das disposicións legais
en vigor nesta materia.
Na nosa comunidade autónoma, os residuos
sanitarios regúlanse polo Decreto 460/1997,
de 21 de novembro.
- Clases de residuos
Clase I: residuos sólidos urbanos, xerados no
traballo administrativo, no almacén ou nas
salas de espera, como papeis, cartóns, restos
de comida, envases baleiros de medicamen-
tos etc.
Clase II: residuos sólidos asimilables a urba-
nos, xerados pola actividade sanitaria, pero
procedentes de pacientes non infecciosos ou
infecciosos non incluídos no anexo I do
Decreto 460/97, como material de curas, son-
das, luvas, xiringas etc.
Clase III: residuos sanitarios especiais, xera-
dos na actividade sanitaria e cos que temos
que ter especiais medidas de prevención:
• Cortantes e punzantes.
• Citostáticos.
Clase IV: Residuos de natureza química
• Xerados nas Unidades de Radioloxía.
• Produtos farmacéuticos.
• Outros produtos de natureza química.
•ELIMINACIÓN DE RESIDUOS
Clase I e Clase II: Residuos sólidos urbanos
e asimilables a urbanos, BOLSA Negra.
Clase III: Residuos cortantes ou punzan-
tes: CONTEDOR RÍXIDO ESPECÍFICO DE
COR AMARELA.
Cando o contedor está a 3/4 do seu volume
pechalo e poñerlle o adhesivo de risco bioló-
xico como se observa na foto anterior.
Finalmente levalo ao lugar de almacenamen-
to establecido para este tipo de residuos.
18
Para os desprazamentos ao exterior do cen-
tro existen contedores específicos como o
que se observa na seguinte foto
Residuos Citostáticos: CONTEDOR
RÍXIDO ESPECÍFICO DE COR AZUL.
Considérase residuo citostático o resto de
medicamento antineoplásico non apto para o
seu uso terapéutico e tamén o material sani-
tario dun só uso que estivese en contacto co
medicamento (agullas, xiringas, bolsas,
luvas, batas).
Todo este material colocarase nos contedores
que se observan na ilustración anterior.
Taparase axeitadamente e levaranse ao lugar
de almacenamento establecido para este tipo
de residuos. Estes contedores colocaranse
dentro doutros máis grandes como os que se
observan na ilustración seguinte
Clase IV: residuos de natureza química,
CONTEDOR RÍXIDO. Xestionaranse a través
dun xestor externo autorizado.
• IDENTIFICACIÓN DE RESIDUOS
A identificación externa das bolsas, recipien-
tes e contedores destinados á recollida de
residuos dos grupos III e IV e citostáticos,
será a seguinte:
Clase II: non precisarán identificación.
Clase III: "Residuos de biorrisco".
Citostáticos: Material contaminado quimica-
mente. Citostáticos".
19
5. CONTAMINANTES QUÍMICOS
- Definición
Entendemos como tales toda materia orgáni-
ca ou inorgánica, natural ou sintética, caren-
te de vida propia, que se atopa presente no
ámbito natural onde se desenvolve a activida-
de laboral.
Estes contaminantes poden producir altera-
cións non desexables no organismo humano.
•RISCO QUÍMICO
1. No centro sanitario manipúlanse produtos
e substancias perigosas e/ou tóxicas. Os
accidentes máis frecuentes na manipulación
son: pola inhalación, contacto con pel e
mucosas ou a inxestión de produtos quími-
cos; entre os que imos considerar como máis
significativos: fármacos citostáticos e inmuno-
supresores, desinfectantes coma o glutaral-
dehido, látex, mercurio e fume de tabaco.
2. Os produtos químicos perigosos poden
causar distintos tipos de lesións, como afec-
tar o sistema nervioso, atacar a pel e as
mucosas, ocasionar reaccións de hipersensi-
bilidade, provocar cancro, afectar a capacida-
de reprodutora, provocar malformacións do
feto, efectos mutáxenos etc.
3. As lesións causadas polas substancias
perigosas pódense producir despois dunha
soa exposición (efecto agudo) ou por unha
acumulación a longo prazo (efecto crónico).
4. O almacenamento incorrecto de determina-
das substancias pode orixinar accidentes que
afecten a saúde dos traballadores e tamén o
medio.
- Medidas preventivas
A etiqueta e as fichas de datos de seguridade
(FDS) dos produtos químicos así como a
ficha técnica, os prospectos e a etiquetaxe
dos medicamentos, facilitan a información
necesaria para coñecer as substancias e as
súas características, a forma de emprego, as
precaucións de uso e as actuacións no caso
de exposición accidental.
A ficha de datos de seguridade (FDS) ou o
prospecto do medicamento deben estar a dis-
posición das persoas que os utilizan.
A eliminación dos produtos químicos realiza-
ranse segundo un plan establecido.
20
• LÁTEX
A sensibilización aos derivados da goma
vense incrementando nos últimos anos debi-
do ao uso máis frecuente das luvas, como
medida de precaución xeral contra outros
axentes (sangue, deterxentes...).
Debemos previr o desenvolvemento desta
sensibilización evitando o contacto co látex,
tanto nos alérxicos coma nos que non o son,
porque poderían chegar a selo.
Atópase principalmente e:
• Luvas
• Sondas e drenaxes
• Fonendoscopios
• Manguitos de tensión
• Ambú
•Sistemas de infusión venos, etc...
- Persoal exposto
Os traballadores dos centros sanitarios.
- Manifestacións clínicas
Pódese producir dermatite de contacto e aler-
xia respiratoria. No caso de sospeita acudir
ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
- Medidas de prevención
Usar luvas de látex de baixo contido en prote-
ínas e sen po para evitar a sensibilización.
Substitución do látex por outros materiais
alternativos (por exemplo as luvas de vinilo ou
nitrilo) en persoas alérxicas.
Vixilancia da saúde.
•MERCURIO
En moitos locais sanitarios rompen un ou
máis termómetros de mercurio.
Anacos deste mercu-
rio poden quedar nas
gretas, furados ou
esquinas e, aínda len-
tamente, evaporarse.
O vapor é inhalado
polas persoas que se atopen nos locais con-
taminados e pode producir intoxicación.
- Medidas preventivas
- Facer unha limpeza xeral dos locais tratan-
do de recoller o mercurio depositado.
- Cando se rompa un termómetro ou outro
aparello, recoller o mercurio derramado.
- Unha boa ventilación favorece a eliminación
e dilución dos vapores de mercurio contami-
nantes.
- Nun horizonte próximo estará prohibida a
súa comercialización, polo que é aconsellable
unha progresiva substitución por outro tipo de
tecnoloxía.
-Vixilancia da saúde.
21
• CITOSTÁTICOS
- Definición
Os citostáticos son fármacos de uso crecente
en atención primaria para o tratamento de
diversos problemas reumatolóxicos, aínda
que os eu uso principal é o tratamento de
tumores.
Son mutaxénicos, xenotóxicos, tóxicos para
a reprodución e canceríxenos, polo que se
deben adoptar todos os mecanismos de pro-
tección para evitar a exposición a estes axen-
tes.
Utilízase fundamentalmente o metotrexato e
a ciclofosfamida a baixas doses por vía i.m.
- Persoal exposto:
Persoal de enfermería: a exposición pode
ocorrer sobre todo pola inhalación de aero-
sois e a absorción cutánea, durante a recons-
titución de vías, retirada de agullas da vía,
expulsión de aire da xiringa, a eliminación de
agullas usadas, ou no caso de accidentes por
punción, salpicaduras ou vertidos. Outra tare-
fa importante con risco de exposición a axen-
tes citostáticos do persoal de enfermería é na
retirada dos reservorios subcutáneos.
Persoal sanitario, do servizo de limpeza ou
familiares, se entran en contacto cos ouriños
ou feces dos pacientes nos días seguintes a
súa administración.
- Medidas Preventivas
É aconsellable que se utilicen as presenta-
cións en solución en lugar de liofilizado, dado
que a reconstitución do medicamento consti-
túe unha circunstancia engadida de exposi-
ción pola formación de aerosois.
Para a administración recomendamos que,
ademais de seguir as medidas habituais de
hixiene aplicables a calquera técnica de
enfermería e as normas xerais para a admi-
nistración intramuscular de calquera fárma-
co, deben pórse en práctica medidas especí-
ficas para diminuír posibles riscos.
Colocar os equipos de protección individual
necesarios:
Cubrir o mesado de preparación cun embebe-
dor impermeable e absorbente na superficie
de traballo.
Ter a man o contedor de residuos citostáticos.
Seguir todas as indicacións específicas dos
protocolos de citostáticos establecidos.
En caso de manexo de reservorios subcutá-
neos seguir o protocolo establecido.
22
- Actuación en caso de accidente
a) Actuación en caso de derrame
-Sobre a superficie de traballo: recoller o líqui-
do derramado con panos absorbentes, limpar
a zona con auga xabonosa e posteriormente
con alcohol de 70º. Eliminar os panos no con-
tedor de citostáticos.
-Se unha vía rompe ao caer, recoller os cris-
tais cun cepillo e unha paleta. Limpar a zona
con auga xabonosa e posteriormente con
alcohol de 70º. Eliminar os residuos no conte-
dor de citostáticos.
b) Actuación en caso de salpicadura sobre
as persoas
Se se produce sobre a roupa, sen chegar a
entrar en contacto coa pel substituír inmedia-
tamente as pezas contaminadas.
Se contacta coa pel, lavar con auga e xabón
a zona durante 10-15 minutos e posterior-
mente valoración médica. Declarar como
accidente laboral.
Se a salpicadura se produce nos ollos, lavar
con soro salino durante 15 minutos e poste-
riormente valoración médica. Declarar como
accidente laboral.
c) Actuación en caso de corte ou inocula-
ción
Aclarar a zona con abundante auga morna e
posteriormente limpala con auga xabonosa.
Declarar como accidente laboral.
-Manexo axeitado dos residuos:
Deberanse desbotar no contedor especi-
fico para citostáticos.
6 PROTECCIÓN DA MATERNI-DADE
A Lei 39/1999, do 5 de
novembro, para promo-
ver a conciliación da vida
familiar e laboral das
persoas traballadoras,
establece as medidas de
protección durante o
período de embarazo.
Recoméndaselle á traba-
lladora que lle notifique
por escrito o seu estado
de xestación ao seu res-
ponsable, para que se
poidan efectuar as medi-
das de prevención axeitadas, entre as que se
atopa a vixilancia da saúde. Esta notificación
é voluntaria.
23
7. RISCOS ERGONÓMICOS
•TRASTORNOS
MÚSCULOESQUELÉTICOS
Riscos
Son os procesos que lles afectan ás partes
brandas do aparello locomotor (tendóns, ner-
vios, músculos e estruturas articulares), que
se exteriorizan con dores que poden chegar a
limitar o traballo.
Os riscos laborais manifestados danse na
manipulación manual de cargas, as posturas
forzadas e os movementos repetitivos, sendo
o persoal sanitario unha das profesións
expostas.
Medidas preventivas
- Adoptar unha postura correcta no posto de
traballo e reducir no posible as esixencias físi-
cas.
- Empregar ferramentas e útiles de traballo
seguindo as instrucións do fabricante, cando
así se especifique.
- Realizar exercicio físico adecuado.
- Evitar a fatiga, introducindo períodos curtos
de descanso sempre que a actividade laboral
o permita.
- Vixilancia da saúde.
• MANIPULACIÓN DE CARGAS
Riscos
A mobilización de cargas supón un risco mús-
culo-esquelético significativo, en especial
para a zona dorsolumbar. Considérase de
potencial risco dorsolumbar toda carga maior
de 3 kg, o cal se poderá ver agravado cando
a carga se manexe afastada do corpo ou ben
co torso virado ou flexionado.
Cando a carga sexa maior de 25 kg procura-
rase non manipular sen axuda doutros com-
pañeiros ou de medios técnicos.
Medidas preventivas O risco minimizarase coa axuda doutros com-pañeiros ou cos medios técnicos dispoñiblesque faciliten o labor. Se o traballador se atopasó e sen medios técnicos, deberá adoptar asseguintes precaucións habituais para o seumanexo:
- Aproximarse á carga e separar os pés.
- Manter os xeonllos dobrados e as costasrectas.
- Aproximar a carga ao corpo e flexionar osxeonllos, realizando o esforzo coas pernas enon coas costas.
- Levantar sen brusquidade.
- Non virar o tronco, senón mover os pés.
- Evitar transportar máis carga da debida.
- Non manipular cargas en posición sedente.
Así, procurarase manipular as cargas pretodo tronco, coas costas rectas, evitando xirose inclinacións que aumenten as forzas com-presivas na zona lumbar e tratar de non mani-pular cargas nos lugares onde o espazo ver-tical sexa insuficiente.
24
• EMPUXE E TRACCIÓN DE CARGASRiscos
Algunhas actividades que comportan oempuxe de cadeiras de rodas, padiolas oucarros de limpeza supoñen unha tracción decargas que pode entrañar un risco importan-te, en particular dorsolumbar. Os factores derisco principais son:
Individuais
- Falta de aptitude física.
- Patoloxía dorsolumbar previa.
- Falta de formación na manipulación de car-
gas. Laborais
- Carga demasiado pesada ou voluminosa.
- Exercicio físico excesivo en posición inesta-
ble ou demasiado frecuente.
Medidas preventivas
- Educación do persoal para o coñecementodo risco, adecuando a actividade laboral a unempuxe adecuado.- Realizar pausas que alivien a sobrecarga.- Limitar, no posible, o desprazamento longo(máis de 10 metros). - Adecuar os rodamentos á actividade, esta-blecendo un programa de mantemento deles.Do mesmo xeito, evitarase no posible oempuxe en chans con desniveis.- Exercicios musculares para aliviar a carga
física da musculatura ao final da xornada detraballo. - Vixilancia da saúde.
• POSTURAS ESTÁTICAS
Riscos
Trátase de factores que no desenvolvemento
da actividade comportan unha posición está-
tica e mantida para o corpo e a zona dorso-
lumbar. Para evitar a fatiga muscular non con-
virá manter a mesma postura durante un
tempo prolongado.
Medidas preventivas
- Será apropiado realizar cambios frecuentes
da posición do corpo.
- Realizaranse pausas que alivien a sobrecar-
ga, así como movementos de estarricamento
dos músculos, para aliviar a tensión e incre-
mentar a circulación.
- Procuraranse alternar as posturas estáticas
cas dinámicas.
- Sempre que sexa posible, corrixiranse os
instrumentos de traballo que poidan orixinar
sobrecarga estática.
- Vixilancia da saúde.
No caso de adoptar unha postura sentada,
adoptaranse as seguintes medidas preventi-
vas:
- Non arquear as costas.
- Regular o respaldo da cadeira para realizar
un correcto apoio lumbar.
- Evitar xiros parciais do tronco.
- Alternar tarefas en postura de pé e sentado.
25
•PANTALLAS DE VISUALIZACIÓN DE
DATOS
Riscos As tarefas con pantallas de visualización dedatos (PVD) adoitan requirir posturas prolon-gadas que en ocasións orixinan fatiga e tras-tornos músculo-esqueléticos. As posturasinadecuadas máis frecuentes nun posto conPVD son: - Elevación dos ombreiros por un axuste inco-rrecto da altura mesa-cadeira. - Falta de apoio para pulsos e antebrazos. - Falta de apoio nas costas.- Xiros de cabeza.Así, os riscos derivados que atopamos no tra-ballo con PVD son: - Fatiga visual (molestia nos ollos, visiónborrosa). - Fatiga física (dor na rexión lumbar, cervicalou dorsal).- Fatiga mental (monotonía e sobrecarga). - Microtraumatismos en dedos por incorrectaposición das mans, combinada coa frecuen-cia de pulsación.Medidas Preventivas
As recomendacións preventivas en traballoscon PVD son:- Colocar o monitor ao mesmo nivel dos ollospara evitar fatiga de pescozo e cabeza esituar a pantalla nun campo visual de 60º.
-Sentarse preto do escritorio para evitar cur-varse ao traballar. Axustar a altura da cadeirade tal forma que os pés estean planos cochan e a superficie de traballo levemente porencima da cadeira.
Para iso, deberá adecuarse no posible oposto de traballo, alternando posturas e tare-fas, e realizando pausas periódicas.
Outros factores a considerar nun posto conPVDs son:
- Limitar a exposición continuada ás PVD.
- Realizar un traballo diverso, variando os
contidos do mesmo.
- Efectuar exercicios musculares para aliviar
a sobrecarga física que supón a postura fron-
te ao ordenador. Así mesmo, será convenien-
te un apropiado autocoidado das costas, rea-
lizando exercicio físico de forma regular.
- A cadeira será ergonómica, regulable en
altura e profundidade, e existirá un espazo
suficiente para os pulsos ante o teclado.
A) Prevención da fatiga visual:
- Situarase a PVD a un ángulo de 30º e aunha distancia maior ou igual de 55 cm dosollos, de forma que o bordo superior do moni-tor coincida en altura cos ollos do traballador. - Procurarase mirar a pantalla de forma fron-tal, sen manter posturas forzadas, e orienta-rase adecuadamente a pantalla, evitando osreflexos e cegamentos sobre esta pola inci-dencia da iluminación, tanto natural como arti-ficial.- Non convirá situarse fronte á fiestra ou a
fontes emisoras de luz, para evitar os contras-tes de iluminación entre a pantalla e o entor-no percibido polo ollo.- Será beneficioso relaxar a vista periodica-
mente, (10 minutos cada hora e media de tra-ballo) apartándoa da pantalla e mirando caraa algún punto afastado.
26
B) Prevención de alteracións musculo-
esqueléticas:
- Deberase ocupar toda a base do asento, en
toda a súa profundidade, ata apoiar a zona
lumbar no respaldo, procurando que as cos-
tas se manteñan nunha postura recta.
- Colocarase o teclado de maneira que permi-
ta o apoio do antebrazo e a man na mesa.
Débese escribir cos pulsos apoiados, e evitar
a torsión destes cando se utilice o rato.
- Evitar os xiros de tronco e cabeza que se
fagan de xeito continuado ou que sexan
demasiado bruscos.
FACTORES PSICOSOCIAIS Riscos As características da organización e das con-dicións de traballo poden chegar a afectar asaúde das persoas a través de diversosmecanismos psicolóxicos. As ditas altera-cións de saúde dependen de múltiples facto-res organizacionais, individuais ou do propioposto de traballo.Medidas Preventivas - Será axeitado ofrecer unha informaciónapropiada sobre a tarefa que se vai realizar. - Traballarase pola mellora das relacións per-soais entre os superiores xerárquicos e oscompañeiros de traballo.
Así mesmo, recoméndase que, na medidado posible, cada traballador poida:- Traballar en equipo.- Respectar a todos os traballadores do seu
contorno laboral e promover unhas relaciónscorrectas.
- Favorecer a comunicación no seu contorno
de traballo e participar na incorporación de
melloras.
- Desenvolver as súas habilidades acudindo
á formación que teña ao seu alcance.
•ESTRÉS
Riscos
O estrés aparece en momentos de atención e
soporte emocional a pacientes graves, víti-
mas de accidentes e familiares. Outros facto-
res estresantes son as tarefas a quendas, tra-
ballos nocturnos, a sobrecarga física ou men-
tal, a conciliación da vida laboral e familiar e a
responsabilidade inherente á toma de deci-
sións.Medidas Preventivas
- Aprender a coñecer as situacións capaces
de xerar malestar psíquico e enfrontarse a
elas de xeito positivo.- Procurar crear un ambiente positivo de tra-ballo e saudable, baseado nunha boa comu-nicación cos compañeiros.- Coñecer as propias limitacións e capacida-des. - Coidar no posible aspectos da vida cotiácomo a dieta, o exercicio físico e o sono.• VIOLENCIA NO TRABALLO
A violencia no traballo aparece a raíz duneventual acoso verbal, físico ou psicolóxicodoutras persoas (pacientes, familiares oucompañeiros). Como en toda organización onde se traballaen equipo, coidaranse as relacións persoais eevitaranse situacións de estrés entre compa-ñeiros de traballo (apoio social adecuado).Máis info: www.sergas.es
27
ANEXO: COMUNICACIÓNACCIDENTE LABORAL
Os traballadores dispoñen dun procedemento
específico de comunicación de accidente
laboral. O superior xerárquico informará do
contido deste procedemento de traballo. De
maneira resumida os principais pasos son os
seguintes:
Cando se produza un accidente de traballo, a
persoa afectada acudirá ao superior xerárqui-
co, ou no seu defecto, á persoa que este últi-
mo designe, para cubrir debidamente o docu-
mento de comunicación de accidentes labo-
rais (Ver páxina seguinte).
Enténdense que cando se trate de accidentes
graves, será prioritaria a asistencia sanitaria
do traballador fronte ao feito de cubrir os
rexistros, que se fará con posterioridade. A
asistencia sanitaria da persoa accidentada
levarase a cabo en calquera centro sanitario
dependente do Sergas.
Unha vez ocorrido o accidente, o superior
xerárquico débelle remitir a U.P. de
Prevención, copia do documento de
Comunicación de accidentes laborais (Ver
páxina seguinte). En función das característi-
cas do accidente a U.P. de Prevención valora-
rá que actuación son necesarias para a inves-
tigación e seguimento do accidente e cubrirá
o parte de investigación de accidente.
O accidentado ten a responsabilidade de lle
remitir copia do documento de Comunicación
de accidentes laborais ao Departamento de
Persoal da Xerencia de Atención Primaria. No
caso de que as lesións producidas causen
incapacidade temporal acudirá ao seu médico
de familia para que lle prescriba, se é o caso,
a incapacidade temporal por continxencias
profesionais.
DOCUMENTO DE COMUNICACIÓN DE
ACCIDENTES LABORAIS
Unidade de Prevención de Riscos Laborais
de: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
D/Dª . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Xefe do Servizo/Unidade de . . . . . . . . . . . . .
COMUNICA, que o traballador/a
D/Dª . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
con categoría profesional de
........................... , sufriu un accidente laboral
ás............... horas, do día...............................
nas seguintes circunstancias: . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Descrición das lesións:
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Causa baixa laboral SI _ NON _
En ..............,a.........., de............, de................
O Xefe do
Servizo/Unidade: O traballador:
Asinado: Asinado:
28
OBRIGAS DOSTRABALLADORES
O artigo 29 da Lei de prevención de riscos
laborais asígnalle ao traballador a obriga de
velar pola súa propia seguridade e saúde no
traballo e pola daquelas outras persoas as
que poda afectar a súa actividade profesional.
En particular os traballadores en función da
súa formación e seguindo as instrucións reci-
bidas deberán:
Usar adecuadamente as máquinas, aparatos,
ferramentas, substancias perigosas, equipos
de transporte e, en xeral calquera outros
medios cos que desenvolvan a súa activida-
de.
Utilizar e manter correctamente os medios e
equipos de protección facilitados e solicitar a
súa reposición en caso de deterioración.
Non poñer fóra de funcionamento e utilizar
correctamente os dispositivos de seguridade
existentes.
Informar de inmediato o seu superior xerár-
quico directo sobre calquera situación que, ao
seu xuízo, entrañe un risco para a seguridade
e a saúde dos traballadores.
Cooperar para que se poidan garantir unhas
condicións de traballo que sexan seguras e
non entrañen riscos para a seguridade e a
saúde.
O artigo 19.m da Lei do estatuto marco do
persoal estatutario dos servizos de saúde
establece como deber cumprir as normas
relativas a seguridade e saúde no traballo, así
como as disposicións adoptadas no centro
sanitario en relación con esta materia.
No artigo 72 desta lei establécense as clases
das faltas:
Falta moi grave
A negativa expresa a facer uso dos medios de
protección dispoñibles e seguir as recomen-
dacións establecidas para a prevención de
riscos laborais, así como a neglixencia no
cumprimento das disposicións sobre seguri-
dade e saúde no traballo por parte de quen
tivera a responsabilidade de facelas cumprir
ao establecer os medios adecuados de pro-
tección.
Falta grave
A neglixencia na utilización dos medios dispo-
ñibles e no seguimento das normas para a
prevención de riscos laborais, cando haxa
información e formación adecuadas e os
medios técnicos indicados, así como o des-
coido no cumprimento das disposicións sobre
seguridade e saúde no traballo por parte de
quen non tivera a responsabilidade de facelas
cumprir ou de establecer os medios adecua-
dos de protección.
Falta leve
O descoido no cumprimento das disposicións
expresas sobre seguridade e saúde.
30
CONTACTOS DE INTERESE
Pode contactar cos profesionais do Servizo
de Prevención do Sergas na unidade periféri-
ca da súa área de saúde:
Unidade Periférica de Lugo
CH Xeral-Calde
Severo Ochoa, s/n – 27004 – Lugo
982 296445
Unidade Periférica de Monforte
Hospital Comarcal de Monforte
c/ Corredoira, s/n
Monforte de Lemos – Lugo
Teléfono 982 417988
Unidade Periférica de Burela
Hospital da Costa
Rúa Rafael Víor s/n
27880 Burela (Lugo)
Télefonos: 982 586231/982 586393
Fax :982 586231
XUSTIFICANTE DE RECEPCIÓN
Recibín o Manual de prevención de riscos
laborais para os centros de primaria da pro-
vincia de Lugo que inclúe as medidas preven-
tivas básicas de traballo e un resumo das
obrigacións dos traballadores contidas no
artigo 29 da Lei de prevención de riscos labo-
rais e graduación das faltas recollidas no arti-
go 19 da Lei do estatuto marco do persoal
estatutario dos servizos de saúde.
DATA
........................................................................
NOME DO TRABALLADOR
........................................................................
CENTRO
........................................................................
D.N.I.
........................................................................
SINATURA
........................................................................
Unha vez lido o manual cubrir esta folla e
entregar ó superior xerárquico.
31