maio 2012 senda 2014a rápida... · e prepárate a comezar. amosarase o nome, un resumo e a súa...
TRANSCRIPT
![Page 1: Maio 2012 SENDA 2014a rápida... · e prepárate a comezar. Amosarase o nome, un resumo e a súa duración. Pulsa en “Entrar”, e accederás a páxina de inicio do curso. Os cursos](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022050604/5fabb45e97ac51415346b713/html5/thumbnails/1.jpg)
SENDA 2014
Como rexistrarse na Rede CeMIT e utilizar o Espazo Multimedia de Aprendizaxe?
Maio 2012
1
![Page 2: Maio 2012 SENDA 2014a rápida... · e prepárate a comezar. Amosarase o nome, un resumo e a súa duración. Pulsa en “Entrar”, e accederás a páxina de inicio do curso. Os cursos](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022050604/5fabb45e97ac51415346b713/html5/thumbnails/2.jpg)
Podes darte de alta premendo no botón “Inscríbete na rede CeMIT” que figura na sección de destacados da web CeMIT.
Se aínda non es usuario/a da Rede CeMIT?
Amosarase o seguinte pantallazo A continuación, cumprimenta os campos do formulario cos teus datos persoais. Unha vez chegues ao dato de Localidade, teclea a túa localidade de procedencia. A aplicación fará unha busca sobre as localidades da provincia e despregarase unha lista para que selecciones a axeitada. Seleccionada a localidade, preme en “Enviar solicitude”, e xa che permite realizar a preinscrición.
Realizada a preinscrición, a aplicación proporcionarache o teu identificador. A alta na Rede será notificada no correo electrónico ou no teléfono proporcionado no formulario. En caso de non recibir a notificación ponte en contacto coa Oficina CeMIT enviando o teu identificador ou NIF ao enderezo electrónico
Nota: a aplicación é compatible cos exploradores Mozilla Firefox e Google Chrome
![Page 3: Maio 2012 SENDA 2014a rápida... · e prepárate a comezar. Amosarase o nome, un resumo e a súa duración. Pulsa en “Entrar”, e accederás a páxina de inicio do curso. Os cursos](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022050604/5fabb45e97ac51415346b713/html5/thumbnails/3.jpg)
Xa como usuario da Rede CeMIT, podes acceder aos cursos de teleformación premendo no botón “EMA” que figura na sección de destacados.
Como acceder ao Espazo Multimedia de Aprendizaxe?
Amosarase o seguinte pantallazo
A continuación, introduce o teu usuario ou usuaria e contrasinal da Rede CEMIT e preme “Acceso”. O usuario/a e contrasinal serán os proporcionados no momento de rexistro na Rede CeMIT.
![Page 4: Maio 2012 SENDA 2014a rápida... · e prepárate a comezar. Amosarase o nome, un resumo e a súa duración. Pulsa en “Entrar”, e accederás a páxina de inicio do curso. Os cursos](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022050604/5fabb45e97ac51415346b713/html5/thumbnails/4.jpg)
Unha vez dentro do Espazo Multimedia de Aprendizaxe (EMA), encontrarás no espazo central o apartado CATEGORÍAS:
Como acceder aos cursos de teleformación?
Poderás escoller entre as categorías formativas seguintes:
• Alfabetización dixital: no caso de que queiras realizar unha formación autodidacta en calquera das temáticas existentes.
• Multimedia e audiovisual: se estas matriculado nalgún dos cursos multimedia e queres acceder aos materiais formativos dispoñibles.
• Iniciativas: se estás inscrito nalgunha iniciativa da Rede CeMIT.
• Voluntariado: se estás rexistrado como voluntario dixital.
Se non estás matriculado en ningún curso ou charla específico, preme en Alfabetización dixital. Amosarase o listaxe dos 9 cursos dispoñibles.
![Page 5: Maio 2012 SENDA 2014a rápida... · e prepárate a comezar. Amosarase o nome, un resumo e a súa duración. Pulsa en “Entrar”, e accederás a páxina de inicio do curso. Os cursos](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022050604/5fabb45e97ac51415346b713/html5/thumbnails/5.jpg)
Xa dentro do apartado Alfabetización dixital, preséntase unha listaxe cos cursos dispoñibles e a súa duración en horas.
Como acceder aos cursos de teleformación?
Escolle o curso segundo a temática que máis che interese e prepárate a comezar.
Amosarase o nome, un resumo e a súa duración. Pulsa en “Entrar”, e accederás a páxina de inicio do curso.
Os cursos levan un pre – test e un test final autocorrixible, que che axudarán a coñecer o grao de avance nos teus coñecementos.
Poderás facer tódolos cursos do catálogo formativo en liña e tódalas veces que queiras sen límite de tempo. A duración presentada é unha estimación do tempo que leva a asimilación dos coñecementos (polo que está suxeita a variacións).
![Page 6: Maio 2012 SENDA 2014a rápida... · e prepárate a comezar. Amosarase o nome, un resumo e a súa duración. Pulsa en “Entrar”, e accederás a páxina de inicio do curso. Os cursos](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022050604/5fabb45e97ac51415346b713/html5/thumbnails/6.jpg)
Unha vez dentro, aparecerá a páxina de inicio do curso, co panel de revisión.
Unhas nocións básicas sobre os cursos en liña …
Premendo este botón, desaparecerá o panel de revisión.
Panel de navegación
Panel de revisión
A través deste panel, poderás moverte durante o curso. O botón central ^ lévate á páxina de inicio do curso.
O “Panel de revisión” serve de guía para saber en todo momento onde te atopas dentro do curso, o que levas feito e o que che queda para rematalo. Para visualizar mellor o curso podes ocultar este panel.
Ademais, durante todo o curso tes a túa disposición o “Panel de navegación”. A través deste panel podes ir adiante e atrás, en función das túas necesidades.
![Page 7: Maio 2012 SENDA 2014a rápida... · e prepárate a comezar. Amosarase o nome, un resumo e a súa duración. Pulsa en “Entrar”, e accederás a páxina de inicio do curso. Os cursos](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022050604/5fabb45e97ac51415346b713/html5/thumbnails/7.jpg)