los sprinters un artigo de antonio castro

35
1 LOS SPRINTERS por Antonio Castro Los Sprinters foron o grupo musical por antonomasia de Ferrol, dos anos sesenta. Esta formación fundouse entre 1965 e 1966, cando xa outros paisanos seus, Los Player’s tiñan gravados un par de discos… 1 Pero aínda así, Los Sprinters son a banda que perdura na lembranza, e é moi común hoxendía, que cando a un ferrolterrán se lle pregunta pola música daquela época, este se refira a eles coma «os nosos Beatles». “(…) Asomeime aos Beatles en versións, en español, de Los Sprinters, un grupo de Ferrol que animaba as sesións vermú dunha sala de festas do meu pobo, e nos singles de Los Mustang.” Ramón Pernas (La Voz de Galicia, 2005). No Ferrol da segunda metade da década dos sesenta, a música se vivía dun xeito moi intenso. Ademais de Los Player’s e Los Sprinters, existían outros grupos ferroláns coma: The Silver Dragons, Los Telstar, Los Frap, Los Zares, Los Redógenos, Los Truenos, The Wryders, o Grupo Jockeys, de Narón, etc… 1 Los Player’s foron un conxunto ferrolán, a medio camiño entre as orquestras e mailo pop, algo semellante aos primeiros tempos dos noieses Los Tamara. No seu caso, foron pioneiros na introducción da música e mailos ritmos modernos na bisbarra ártabra, xa que se formaron no ano 1960, e mesmo chegaron a actuar por escenarios de toda Europa. Pasaron por Los Player’s: José Manuel Couce Fraguela (guitarrista e cantante dende 1964), Manuel Pardo, José Luís Peña María, José Antonio Gómez Rivera, Lino, Serafín… Os mencionados primeiros dous discos, que publicaron foron: “Sheiba” (EP Polydor EPH 27 059, 1964) e “Galicia dos meus amores” (EP Polydor 350 FEP, 1966).

Upload: infofelipop5060

Post on 19-Jun-2015

705 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

1

LOS SPRINTERS por Antonio Castro

Los Sprinters foron o grupo musical por antonomasia de Ferrol, dos anos sesenta. Esta formación fundouse entre 1965 e 1966, cando xa outros paisanos seus, Los Player’s tiñan gravados un par de discos… 1 Pero aínda así, Los Sprinters son a banda que perdura na lembranza, e é moi común hoxendía, que cando a un ferrolterrán se lle pregunta pola música daquela época, este se refira a eles coma «os nosos Beatles».

“(…) Asomeime aos Beatles en versións, en español, de Los Sprinters, un grupo de Ferrol que animaba as sesións vermú dunha sala de festas do meu pobo, e nos singles de Los Mustang.”

Ramón Pernas (La Voz de Galicia, 2005).

No Ferrol da segunda metade da década dos sesenta, a música se vivía dun xeito

moi intenso. Ademais de Los Player’s e Los Sprinters, existían outros grupos ferroláns coma: The Silver Dragons, Los Telstar, Los Frap, Los Zares, Los Redógenos, Los Truenos, The Wryders, o Grupo Jockeys, de Narón, etc… 1 Los Player’s foron un conxunto ferrolán, a medio camiño entre as orquestras e mailo pop, algo semellante aos primeiros tempos dos noieses Los Tamara. No seu caso, foron pioneiros na introducción da música e mailos ritmos modernos na bisbarra ártabra, xa que se formaron no ano 1960, e mesmo chegaron a actuar por escenarios de toda Europa. Pasaron por Los Player’s: José Manuel Couce Fraguela (guitarrista e cantante dende 1964), Manuel Pardo, José Luís Peña María, José Antonio Gómez Rivera, Lino, Serafín… Os mencionados primeiros dous discos, que publicaron foron: “Sheiba” (EP Polydor EPH 27 059, 1964) e “Galicia dos meus amores” (EP Polydor 350 FEP, 1966).

Page 2: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

2

Pero tamén solistas como Andrés Do Barro 2, Vicente Araguas Álvarez, Xosé

Manuel Lasén «Marcof», Xoán Rubia Alejos (que era natural de Mugardos)…, dúos folk coma Emilio e Fernando, etc… E había un montón de lugares onde se podía tocar, en directo, coma o «Bambú Club», «El Parque», «Breogán»… O panorama do «pop sesenteiro» ferrolán completase, de xeito indirecto, coa figura de Víctor Auz Castro, 3 director e guionista da película “Codo con codo” (1967), protagonizada por Bruno Lomas, Micky y Los Tonys, Massiel e Pilar Velázquez, e rodada en Madrid.

2 Andrés Lapique Dobarro (Narón, 1 de Outubro de 1947; Madrid, 22 de Decembro de 1989) era fillo dun mariño da Armada Española, destinado na cidade departamental. Escomenzou os seus estudios de mariño mercante, que ben cedo abandonou, para adicarse á súa paixón pola música. Primeiro, no seu propio grupo musical, e logo coma intérprete solista. O día 3 de Novembro de 1969, sae ao mercado o seu primeiro disco sinxelo, que asemade estaba cantado en galego, “O tren” / “Miña Maruxa” (Single RCA Victor 3-10442, 1969), e sorpresivamente, pouco tempo despois, acadaría o número 1 de ventas discográficas en España. Dende ese intre, sería acompañado por Los Sprinters. Andrés Do Barro practicou un pop fresco, saudoso e bastante atemporal, con elementos de cantautor e reminiscencias da tradición musical popular galega, que o paso do tempo revaloriza, aínda que no seu día, foi moitas veces acusado de facer música doada e sen calidade (ata inclusive chama-lo músico mediocre). Hoxe, afortunadamente, a súa figura é reivindicada como o creador do Pop Galego. A súa popularidade chegou a ser tan importante que ata debutou na pantalla grande, protagonizando a longametraxe “En la red de mi canción” (Mariano Ozores Puchol, 1971), xunto a Conchita Velasco e Alfredo Mayo, na que tamén saen Los Sprinters. Cara o ano 1976, a súa carreira musical entrou en barrena, ata desaparecer completamente da escena. 3 Víctor Auz Castro (Ferrol, 27 de Marzo do 1935), licenciado en Dereito, ocupou varios cargos de importancia, dentro do organigrama cultural do franquismo, coma se-lo de xefe do Departamento Nacional de Actividades Culturais do S.E.U. (Sindicato Español Universitario), membro do Consello Superior do Teatro e da Comisión dos Teatros Nacionais, e no ano 1966, obtivo o posto de Comisario dos Teatros Nacionais. Como autor, escribiu varios contos, obras de teatro e unha decena de guións cinematográficos. “Codo con codo” (1967), foi a única película que dirixiu. Na actualidade é Cónsul Honorario Xeral da República de Irlanda, xefe de protocolo da Comisión Delegada do Corpo Consular, en Las Palmas de Gran Canaria e Vicepresidente da Federación Canaria de Golf… Ademais de profesor na MBA Business School.

Page 3: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

3

O primeiro sprint. “Este mundo é moi duro e pouco estable”.

Alfredo Mella Álvarez (baixista de Los Sprinters). Miguel Varela, «O Tranquilo», procedía doutros conxuntos departamentais, o

primeiro dos cais se chamaba The Silver Dragons, nos que ingresou cando tiña tan só 16 anos, e logo tamén formaría parte de The Wryders. Tempo despois, coincide con Alfredo Mella, e con outros dous xóvenes estudiantes ferroláns máis, Ramón e José, algún deles procedente doutros conxuntos coma Los Telstar, fundan un novo grupo: Los Sprinters. Todos eles eran admiradores confesos de The Beatles, as bandas instrumentais (The Shadows, The Tornados, The Ventures, etc…), e dos conxuntos do «Liverpool sound», que ademais de invadi-lo territorio ianqui, tamén conqueriron render Galicia, ao son das súas músicas, armados tan só de guitarras eléctricas… Naqueles primeiros intres de Los Sprinters, as súas actuacións pola bisbarra ferrolterrán, sempre escomenzaban co tema instrumental “Telstar”, de The Tornados, deixando ben claro as súas preferencias musicais de partida. Los Sprinters, sen dúbida algunha, a mellor banda de Ferrol dos anos sesenta, eran un cuarteto (con estructura «beat»), e tiveron unha vida breve -coma grupo de seu-, entre os anos 1966 e 1969. A partires do outono de 1969, Los Sprinters pasan a converterse na banda de acompañamento de Andrés Do Barro, a raíz do éxito acadado polo primeiro disco sinxelo, do cantante ferrolán. A formación clásica do conxunto era, por eses anos:

- Miguel Varela Suárez, «O Tranquilo» (Ferrol, 1945; 19 de Setembro do 1998), guitarra e cantante. - , guitarra/órgano. (Ramón Miranda / José Vázquez) - Alfredo Mella Álvarez, baixo. - , bateria. (Ramón Miranda / José Vázquez) ¿Chupi?, batería. Ao facer balanzo da traxectoria musical de Los Sprinters, o baixista Alfredo

Mella di que “para min a mellor etapa foi a que vivín xunto a Los Sprinters, denantes de unírmonos a Andrés Do Barro.”

Miguel Varela exerceu o liderado do grupo, ademais de toca-la guitarra, e se-la

súa voz solista. Era un moi bo músico, tanto coa guitarra, como a mandolina, e outros instrumentos. Miguel herdou o gusto pola música da súa nai, Lita Suárez, e a sabedoría do seu pai, Luciano Varela… Chegou a gravar en varios discos de Andrés Do Barro, ao igual que os seus compañeiros do conxunto. Nembargantes, a súa faceta coma compositor non a exerceu dacotío en Los Sprinters (debido ás imposicións da súa casa discográfica), senón que tivo que esperar a outros proxectos musicais posteriores, xunto a que sería a súa parella matrimonial e artística, María Manuela, xa fora nos seus discos en solitario, ou ben en traballos editados polo dúo Manuela e Miguel, e tamén nas súas colaboracións co coro Ledicia, de Caranza.

A viúva de Miguel Varela «O Tranquilo», María Manuela, ao referirse ao grupo ferrolán, sostén que si daquela Los Sprinters “estivesen en Madrid, acabarían sendo moi famosos.”

María Manuela Díaz (Manuela e Miguel).

Page 4: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

4

A colleita sprinter.

Sinalaba recentemente Luís Íñiguez, nas páxinas da edición galega do xornal El País, que Los Sprinters “(…) foron o grupo galego con máis producción daqueles anos, 24 cancións entre singles e epés”, exceptuando a Los Tamara. “Miguel «O Tranquilo», logo cantautor «folkie» en Manoela e Miguel, liderou un conxunto que acompañaría a Andrés Do Barro e mesmo aparece no filme «En la red de mi canción», protagonizado en 1971 polo autor de «O tren». No repertorio da banda ferrolán, ademais de cancións en «plan beat» como «Explicación» ou «Aquella balada», hai interpretacións de «pop bubblegum» dos Ohio Express, pop europeo coma o «Those were the days» vía Mary Hopkin ou do francés Michel Polnareff, ata chegar ao «White room», dos Cream de Eric Clapton; que eles titularon «La habitación blanca». Todo elo antes de 1969.”

Luís Iñiguez (18 Rodas).

Los Sprinters escomezaron rexistraren discos a mediados dos anos sesenta, tras

de asinar contrato discográfico co selo Fontana, filial da multinacional holandesa Philips, 4 que lles editou un total de cinco EP’s e dous sinxelos, entre os anos 1966 e 1968, que

4 A etiqueta Fontana, naceu coma subsidiaria da compañía holandesa Philips Records. Entre os seus artistas, nos anos sesenta, destacaron: The Pretty Things, The Spencer Davis Group, The High Numbers (despois The Who), The Troggs, Manfred Mann, Wayne Fontana & The Mindbenders, Kaleidoscope, The New Vaudeville Band, Steam, Jane Birkin, Serge Gainsbourg, Nana Mouskouri… En España, presente desde finais dos anos cincuenta, fichou a Los Ágaros (San Sebastián), Chema y

Page 5: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

5

conteñen 24 cancións. Gravadas, todas elas, nos Estudios de Fonogram, que se localizaban na Avenida de América, de Madrid. Fonogram era outra compañía discográfica pertencente ao entramado empresarial da Philips. Os temas que alí rexistraron son fundamentalmente versións, e somentes catro cancións eran de composición propia: “El tablao” (1966), “Explicación” (1967), “Aquella balada” (1967) e máis “¡Espera, que quiero hablarte!” (1967).

De feito, trala súa fichaxe polo selo Fontana, o seguinte desafío para Los

Sprinters, será o de compoñer unha canción propia, en castelán, e que ademais lles poidera gustar aos responsables artísticos da compañía discográfica. Agochado baixo o pseudónimo de M. Pache, Miguel Varela Suárez, «O Tranquilo», compuxo “El tablao”.

O peza convenceu aos directivos da Philips, e converteuse no corte estrela do

primeiro disco de Los Sprinters, “El tablao” (EP Fontana 467 788 TE, 1966), que foi rexistrado cando o grupo levaba xunto só uns cantos meses. O tema encargado de abrir a cara A do vinilo é precisamente “El tablao” (asinada coma composición conxunta de Los

Sprinters). Trátase dun número festivo, de corte «beat», pero españolizado, xa que este tema segue o esquema do grande éxito “Flamenco”, de Los Brincos, é dicir: «canción española modernizada», con certos aires aflamencados… Os seus resultados finais son bastante sorprendentes, e afortunados.

Los Yankos (Logroño), Edward y Los Windys (Granada), Dúo Cramer, e a numerosos solistas, coma por exemplo, foi a compañía responsable de editarlle o primeiro disco en solitario a Juan Pardo, “Whole lot on shakin’ going on” (EP Fontana 467.761-TE, 1963).

Page 6: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

6

“El tablao”

(Los Sprinters, 1966)

“Cuando yo sentí sonar tus castañuelas,

yo salté al tablao y es que quería bailar

junto a ti.

Alma de gitano, sentí que tenía… Y bailé descalzo con gitanería

y un olé español. ¡Y jaleando me enamoré,

de tus ojos calés!

En aquel tablao, bailaba la gitana, que con brujería, me hizo descubrir un querer de palmas y de castañuelas. ¡Y canto flamenco,

sólo para ti!

Cuando yo sentí sonar tus castañuelas,

yo salté al tablao y es que quería bailar

junto a ti.

En aquel tablao, bailaba la gitana, que con brujería, me hizo descubrir un querer de palmas y de castañuelas. ¡Y canto flamenco,

sólo para ti!”

O segundo corte do disco é “En una flor” (“In un fiore”, composición con letra de «Mogol» [Giulio Rapetti] e música de Carlo Donida Labati), unha canción ye-yé italiana, de bonita melodía e orixe festivaleira (Sanremo 1966), que popularizaron Wilma Goich e Les Surfs. A versión de Los Sprinters, desta balada ye-yé, romántica e melódica, amosa unha deficiente producción. Os coros en falsete non son do máis axeitado (soan femininos e brandos), e a instrumentación é moi feble. Nós preferimos a luminosa lectura da granadina Gelu.

“En una flor” (Letra de «Mogol» [Giulio Rapetti] / Música de Carlo Donida Labati, 1966)

“¡Si quisieras…

Ver, quizás pudieras todas las cosas bellas, que hay a tu alrededor! ¿No ves en las flores

Page 7: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

7

un mundo con mil bellezas? ¿No ves la luz de amor en mí,

que brilla por ti?

¡Si quisieras encontrar… (Ver) pudieras

de (entre) unas piedras un diamante para ti! ¿No ves en las flores

un mundo con mil bellezas? ¿No ves la luz de amor en mí,

que brilla por ti? ¿No ves en las flores

un mundo con mil bellezas? ¿No ves la luz de amor en mí,

que brilla por ti? ¿No ves en las flores

un mundo con mil bellezas? ¿No ves la luz de amor en mí,

que brilla por ti? ¿No ves en las flores

un mundo con mil bellezas? ¿No ves la luz de amor en mí,

que brilla por ti? ¿No ves en las flores…?

(que brilla por ti) ¿No ves en las flores…?

(que brilla por ti) ¿No ves en las flores…? (que brilla por ti).”

Pola cara B, do disco de debut de Los Sprinters, temos dous temas beatlenianos.

O primeiro deles é “Hemos de salvar” (“We can work it out”, John Lennon / Paul McCartney), de The Beatles. É unha irresistible versión spinter, do notable tema «beat» (moito deberían ter aprendido os barceloneses Los Mustang, si fosen máis modestos, e se fixaran no traballo destes ferroláns, posto que a excepción de “Conocerte mejor” [“I should have know better”, 1964], os seus «covers beatlenianos» deixan bastante que desexar).

“Hemos de salvar” (John Lennon / Paul McCartney, 1966).

“Igual que un murmullo,

sigo hablándote, buscando sólo no partir; mientras, tú en lo tuyo…,

con riesgo de perder mi amor que es mi vivir…

¡Hemos de salvar la felicidad! ¡Piensa más conmigo! ¡Busca sólo el bien

y mira si hay algún error! Piensa en lo que digo,

hay que desterrar cualquier dolor, a nuestro amor.

¡Hemos de salvar la felicidad! ¡Corto es el vivir y para qué,

cariño, reñir y sufrir!

Page 8: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

8

Siempre lo pensé, que no está bien… Así reñir, que no está bien…

¡Oye lo que digo, cuando el tiempo te dirá que no me equivoqué!

¡Sólo yo te pido, la oportunidad de revivir mi gran querer!

¡Hemos de salvar la felicidad! ¡Corto es el vivir y para qué,

cariño, reñir y sufrir!

Siempre lo pensé, que no está bien… Así reñir, que no está bien…

¡Oye lo que digo, cuando el tiempo te dirá que no me equivoqué!

¡Sólo yo te pido, la oportunidad de revivir mi gran querer!

¡Hemos de salvar la felicidad!”

A segunda versión de The Beatles é “Mi gran amor le di” (“And I love her”, John

Lennon / Paul McCartney), un tema máis veterano, xa que data dos tempos do álbum e maila subseguinte película “A hard day’s night” (Richard Lester, 1964). Trátase dunha balada, con letra moi sentimental e romanticoide. Pero é outra notable lectura sprinter.

“Mi gran amor le di”

(John Lennon / Paul McCartney, 1966).

“Mi gran amor le di, tan sólo eso…

Fiel alma le ofrecí, junto a mis besos

¡La quiero!

Su gran amor sentí, muy tiernamente. Sus brazos devolví, muy dulcemente.

¡La quiero!

Un gran amor, como mi amor,

ha de pasar a la eternidad. Y las estrellas son resplandecientes…

¡Te guiarán, mi amor, eternamente! ¡La quiero!

Y las estrellas son resplandecientes…

¡Te guiarán, mi amor, eternamente! ¡La quiero!”

Page 9: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

9

“Meu pai era moi bo baixista… E de Los Sprinters, ¿qué podería dicir? Pois que eran boísimos… ¡Nin máis, nin menos, que os Beatles ferroláns!.”

Marcos Mella (La Voz de Galicia, 21de Decembro do 2008). A pesares das paupérrimas condicións de gravación do disco, e con algúns erros

de producción incluídos, o debut discográfico de Los Sprinters é un vinilo francamente bo. Outro tema é a imaxe que de Galicia tiñan as compañías discográficas mesetarias, sempre cheas de tópicos absurdos, e de supostas intencións paternalistas, moi propias do réxime dictatorial franquista. Unha exemplificación diso o temos na propia portada do disco, no que aparece unha fotografía, en cores terrosas, dos catro membros do grupo, uniformados con traxes azuis, arredor dun carro do país, situado nun alpendre. Unha imaxe «regionalista». Sobran as verbas!!!

Empero, o disco foi un relativo éxito, e ata conqueriron entrar nas sempre

esquivas listas de ventas discográficas españolas, eso si, ocupando un modesto posto. Nembargantes, a repercusión mediática que acadan é importante, e mesmo propicia, un novo desprazamento a Madrid, desta volta para presentarse nos estudios de Prado del Rey, para gravar unha actuación ante das cámaras, que foi emitida polo espacio «Musical 14:05», da Televisión Española. O director e realizador televisivo deste programa musical era Enrique Martí Maqueda. 5

“Os pais da miña noiva, mercaron unha tele, aquel mesmo día, para vernos.”

Alfredo Mella Álvarez (baixista de Los Sprinters).

O segundo disco de Los Sprinters, un novo «extended playing», co título “La

muñeca que hace no” e referencia de catálogo Fontana 467 793 TE, tamén vería a luz ese mesmo ano de 1966, e só uns meses despois que o anterior. Sospeitamos que os catro

5 O programa «Musical 14:05», da Televisión Española, se mantivo na súa parrilla entre os anos 1965 e 1967, sempre emitido nos mediodías dos sábados. O seu director e realizador foi Enrique Martí Maqueda (nado en Madrid, o 16 de Abril do 1935), e os presentadores foron, primeiro Ángel de Andrés Miquel (Madrid, 25 de Maio do 1918; Madrid, 7 de Agosto do 2006), entre 1965 e 1966, e despois «Mary Francis», nome artístico empregado por Paca Gabaldón (María Francisca Gabaldón Serrer, Barcelona, 10 de Maio do 1949), presentándoo xa no 1967.

Page 10: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

10

temas incluídos neste disco, foron gravados nas mesmas sesións que os do primeiro (reforza esta hipótese de traballo, o feito que na numeración de catálogo, haxa unha diferencia de só 5 referencias). A foto da portada do disco, tamén en cor, pertence á mesma sesión que a do primeiro E.P. Nesta ocasión amosa aos membros do grupo, uniformados da mesma guisa, portando un par de paraugas, namentres camiñan por unha estrada rural asfaltada. Os temas incluídos foron:

- “La muñeca que hace no” (“La poupée qui fait non”, con letra de Franck Gérald e

música de Michel Polnareff), é unha movida canción ye-yé do cantautor francés Michel Polnareff, cuio texto inxenuo e pouco fondo (aseméllase a unha canción infantil), non lle impediron acadar un grande éxito comercial. A versión sprinter do tema, con adaptación doce ao castelán da letra, realizada por Carreras, se achega máis aos ritmos «beat».

“La muñeca que hace no” (Letra de Franck Gérald / Música de Michel Polnareff, 1966)

“Es una muñeca

que hace no, no, no, no, no. Con su cabecita,

hace no, no, no, no, no. ¡Es tan…!

¡Es tan bonita que (e, e, e)

con ella soñaré! (e, e, e)

Es una muñeca

que hace no, no, no, no, no. Con su cabecita,

hace no, no, no, no, no. Nadie llegó a conseguir

(i, i, i) que ella dijera sí.

(i, i, i) Le hablo y no me escucha, pero hace no, no, no, no, no. Le hablo y no me mira,

pero hace no, no, no, no, no. Nadie sería tan feliz

(i, i, i) si me dijera sí.

(i, i, i)

Nadie sería tan feliz (i, i, i)

si me dijera sí. (i, i, i)

Pero es una muñeca que hace no, no, no, no, no.

Con su cabecita, hace no, no, no, no, no. Nadie llegó a conseguir

(i, i, i) que ella dijera sí.

(i, i, i) No, no, no, no, no. No, no, no, no, no.”

Page 11: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

11

- “¡Píntalo negro!” (“Paint it, black”, Mick Jagger / Keith Richards), é unha versión

de The Rolling Stones. A pesares de troca-lo “Todo negro” do título por “¡Píntalo negro!” (polo tanto máis fidel ao orixinal inglés), a recreación sprinter do tema é moi semellante á lectura que denantes fixeron Los Salvajes, desta inmortal creación stoniana, anque o «sonido mosca» desapareceu no traxecto entre Barcelona e Ferrol… A pesares diso, é un excelente «cover», algo máis brando, eso si, que o tema orixinal, xa que os ferroláns adaptaron a canción ao seu estilo persoal.

“¡Píntalo negro!”

(Mick Jagger / Keith Richards, 1966)

“¡No se qué pasa, que lo veo todo negro…!

Porque cualquier color se me convierte en negro. Las chicas van vestidas con dibujos op-art,

la mitad es blanco mas lo tengo que imaginar. Veo los coches aparcados, todos negros…

Las flores, y mi amor, también los veo negros. La gente me mira… y la vista han de apartar.

¡Yo no sé que cosa extraña encuentran en mi mirar! También mi corazón… parece todo negro.

El mundo entero para mí, se ha vuelto negro. Sé que pronto, con la realidad me habré de encontrar… ¡Y estoy negro, cuando pienso que podré fracasar!

¡Ya nunca más tendrá color azul el Cielo! ¡El Sol y el Mar no brillan… todo queda negro! Y cuando un negro, mi camino quiere cruzar,

yo no lo veo, por lo negro de mi mirar. ¡No sé qué pasa, que lo veo todo negro…!

Porque cualquier color se me convierte en negro. Esta situación absurda, ya me llega a aburrir…

¡Y estoy más que negro, de ver negro mi porvenir…! (Ah, ah, ah, ah, ah, ah) (Ah, ah, ah, ah, ah, ah) (Ah, ah, ah, ah, ah, ah)”.

- “El ritmo del silencio” (“The sounds of silence”, Paul Simon), de Simon &

Garfunkel. Trátase dunha balada moi melódica, mundialmente famosa, que lanzou á fama ao dúo norteamericano de fok-rock. A gran recreación do tema que fixeron Los

Sprinters, cun notable traballo das voces e coros, tivo que competir no mercado discográfico coa que fixeron os barceloneses José Guardiola, “La sombra de tu sonrisa” (EP Vergara445-XC, 1966), e Los Mustang, “Submarino amarillo” (EP EMI-La Voz de su Amo EPL 14.296, 1966), moito máis edulcoradas e pausadas, pero como se trataba de artistas moi comerciais, provocaron que pasara desapercibida a versión sprinter.

“El ritmo del silencio” (Paul Simon, 1966)

“Vieja amiga oscuridad, contigo quiero conversar.

Nada importa ya lo que yo vi, mas siempre estará dentro de mi,

una extraña pesadilla, con la luz de neón

Page 12: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

12

y el ritmo del silencio.

En mis inquietos sueños vi inmensas calles sin final, caminaba gente por allí,

caminaba sin buscar un fin… Y de pronto vi

una luz, en la calle, que me cegó, en medio del silencio.

Junto a aquella fuerte luz, la gente hablaba sin hablar,

la gente sin cantar también cantó, algo que yo nunca comprendí…

Porque aquella gente jamás llegaría a perturbar,

el ritmo del silencio.

Yo les dije y les grité: el silencio crecerá

y podrá llegar un día que de vosotros se adueñará… Pero no prestaron atención, siguieron el silencio…

Y la gente se inclinó, adorando aquella luz, nada se podía escuchar,

ni a lo lejos el rumor del Mar… Porque a todos,

en mi sueño vi buscar, sin hallar,

el ritmo del silencio.”

- “Begin the beguine” (Cole Porter), interpretada por Artie Shaw. Versión

instrumental deste tema de «swing», que soa en plan Los Relámpagos (Madrid), nada salientable na versión sprinter, xa que para nós, é un tema prescindible.

A primeira actuación que fixeron Los Sprinters, diante de público, fora de

Galicia e de certa relevancia, foi para concursar no «II Certamen Internacional de Conjuntos Músico-Vocales», de León. 6 O lugar de celebración era o Teatro Emperador, da capital leonesa, que rexistrou cheos continuados (tiña unha capacidade para 1.500 espectadores), no seu recinto, entre os días 31 de Xaneiro e o 4 de Febreiro do 1967. E na cidade de León, veuse perante de varios días, unha verdadeira invasión de «melenudos». Polas sesións competitivas do festival leonés pasaron moitos grupos, un total de 29, varios deles extranxeiros. Entre os máis destacados figuraban os madrileños Los Roberts, Los Exóticos (que non chegaron a actuar, e só pasearon por alí, co seu cantante británico Dave Allen) ou os andaluces The Rocking Boys (La Línea de la Concepción, Cádiz)… O certame arroxou o seguinte palmarés final:

- 1º Los Continentales (Madrid), «Premio Ciudad de León», e 100.000 pesetas.

6 O evento estaba organizado oficialmente pola Junta de Actividades Turísticas, do Sindicato Provincial de Hostelería de León (en realidade, por catro coñecidos empresarios hostaleiros leoneses), e a presidencia de honra, correspondíalle ao por entón Ministro de Información y Turismo, o vilalbés Manuel Fraga Iribarne.

Page 13: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

13

- 2º Los Tifones (Madrid), 50.000 pesetas. 7 - 3º The Vampires (Berlín, Alemania), 25.000 pesetas. A gala da sesión final, para a que se clasificaron Los Sprinters, foi retransmitida

en directo polas cámaras da Televisión Española, e polas ondas radiofónicas, ao traverso da R. E. M. (Red de Emisoras del Movimiento). Na final, os seis grupos clasificados coma finalistas, tiveron que interpretar, de xeito obrigatorio, os temas tradicionais leoneses “¡Déjala dormir!” e “¡No la llames!”. 8 O resto do repertorio era libre, ao gusto de cada conxunto participante. Na fin de festa do certame leonés, actuaron a orquestra de Lin Barto, coa cantante ye-yé Laura (vencedora, o ano anterior, no «VII Festival Español de la Canción», de Benidorm, coa canción “Tu loca juventud”), o presentador Ángel de Andrés (como animador), o combo mexicano Los Candilejos e maila bailarina Lucero Tena.

Como nota curiosa, e fidel reflexo do ambiente de opresión socio-política que

vivía o país, nesa época, temos que lembrar o veto recibido polo cantante «hippie» valenciano Colonel Pipo, 9 que fora contratado pola organización do festival (para a fin de festa), por parte das autoridades gobernativas. 10

7 Os cáseque descoñecidos Los Tifones, aos que se lles incorporara, en datas moi recentes, un cantante de cor, provinte do combo The Trinidad Steel Band, e cuio nome era Theophilus Earl Trim (Phil Trim), presentáronse en León cunha proposta de música gospel-soul, á española. Los Tifones relanzaron a súa carreira musical, tras conquerir ese segundo posto final, no certame, e trocarse o nome polo máis comercial de Pop-Tops, iniciado unha espectacular traxectoria profesional, que lles levou a seren un dos máis importantes grupos españois de tódolos tempos. 8 Tres dos grupos participantes no festival, acabarían por grava-la canción “¡Déjala dormir!”: Los Continentales: “¡Déjala dormir!” / “¡Vivo feliz como soy!” (Single Sonoplay SN-20.019, 1967). The Vampires: “Don’t fight it” / “¡Déjala dormir!” (Single Sesión S-1023, 1967). The Rocking Boys: “¡Déjala dormir!” (EP Belter 51.838, 1967). 9 Baixo el nome artístico de Colonel Pipo, se atopaba José Manuel Berenguer Faubel, que unicamente deixou gravado, para a posteridade, o disco “¡Basta ya!” (EP Sesión CS-037). 10 O cantante non puido actuar, debido ás presións do Goberno Militar. A organización tentou arranxa-lo, trocándolle o nome de Coronel por «Colonel Pipo», pero a decisión foi irrevogable. “Los militares no dejaron tocar en León a «Coronel Pipo»”. Diario de León, 21 de Decembro do 2006.

Page 14: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

14

O terceiro traballo discográfico sprinter foi editado ao ano seguinte, un novo

«extended playing», cuio título de cabeceira era a canción “Explicación” (EP Fontana 467 798 TE, 1967). ¿Estaremos perante as mesmas sesións de gravación dos dous anteriores discos? Na bonita e sobria portada, clasicamente sesenteira, desta volta se destaca un logotipo especialmente deseñado para a banda, con caracteres de cor amarelo. Os títulos das cancións do disco, tamén en amarelo, sobre un marco negro, no que ademais se sitúa unha foto interior dos catro membros do conxunto, en cor, xa desposuídos do seus uniformes, e amosando as guitarras e mailo baixo. Os temas que contén o vinilo son:

- “Explicación” (M. Pache / Los Sprinters), é a segunda canción propia que

conqueriron gravar Los Sprinters. Medio tempo de corte «beat», cun moi axeitado traballo dos coros, sección rítmica gravada nun primeiro plano (sobre de todo, se escoita unha omnipresente batería), e guitarras gravadas nun segundo plano (cáseque desaparecidas). A letra é de temática sentimental, unha vez máis, sobre ruptura de relacións, motivo que tanta literatura inspirou, dende tempos inmemoriais…

“Explicación” (M. Pache / Los Sprinters, 1967)

“¡No sé qué fue de nuestro amor

y qué pasó entre los dos! Por eso quiero una razón… Y que pasó entre tú y yo.

¡Explicación, te pido yo!

Y explicación, por ese error, porque yo nunca te mentí…

Pues que ya nunca volverás a mí, ¡quiero conocer, tu proceder! ¡Quiero una razón para volver! Si tú no quieres, dímelo ya,

pues no quisiera amarte otra vez.

¡Quiero conocer, tu proceder! ¡Quiero una razón para volver! Si tú no quieres, dímelo ya,

pues no quisiera amarte otra vez. Si tú no quieres, dímelo ya,

pues no quisiera amarte otra vez.”

- “Un, dos, tres” (“1-2-3”, John Madara / David White / Len Barry [Leonard

Borisoff]), de Len Barry. Trátase dun pseudo plaxio de “Ask any girl” (de Brian Holland / Lamont Dozier / Eddie Holland), que interpretaron orixinalmente o trío vocal feminino The Supremes. A versión de Los Sprinters pode competir perfectamente coa que fixeron os seus compañeiros de discográfica Los Watts (Sabadell, Barcelona), contida no seu disco “Lágrimas de Rock” (EP Philips 436 851 PE, 1966), e é moi superior á dos valencianos Los 4 Ros, “Mi amor” (EP Belter 51.674, 1966). Outra cousa é tentar de compara-la versión sprinter, co orixinal “Ask any girl” de The Supremes, comandas pola voz solista de Diana Ross… Ninguén pode resistir unha comparación coas produccións da etapa dourada da Motown!

Page 15: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

15

“¡Un, dos, tres!”

(John Madara / David White / Len Barry [Leonard Borisoff]) // Brian Holland / Lamont Dozier / Eddie Holland, 1967)

“¡Un, dos, tres…! ¡Es cosa tan sencilla,

tú ya lo ves…! ¡Enamorarse así, qué fácil!

(¡Es tan fácil!) ¡Es como un juego de chiquillos!

A, B, C…

¡Sin darme cuenta, de ti, me enamoré

y tú lo harás también! ¡Es fácil!

(¡Es tan fácil!) ¡Es como un juego de chiquillos!

Lo difícil es que coincida

alguien que haga tu pulso latir… Sin amor no es nada la vida

y sin tu amor, ¡no quiero vivir!

¡Uno y uno: dos! ¡Tú ya lo ves, porque es fácil! (¡Es tan fácil!)

¡Es como un juego de chiquillos!

¡Uno y uno: dos! ¡Sé que me quieres

y sé cuánto te quiero yo! ¡No te resistas, porque es fácil! (¡Es tan fácil!)

¡Es como un juego de chiquillos!”

- A “Serenata de Schubert” (“Ständchen”, Franz Peter Schubert), é unha peza clásica

debida ao xenio creativo do compositor Franz Schubert. Trátase dun novo tema instrumental, que non aporta grande cousa á carreira de Los Sprinters, aínda que é superior aos outros instrumentais da banda, debido á grande calidade do orixinal.

- “¡Qué alguien me ayude!” (“Somebody help me”, Wilfred «Jackie» Edwards), de

The Spencer Davis Group. Unha nova versión «beat», neste caso concreto, da segunda colaboración entre o xamaicano «Jackie» Edwards e a banda de Birmingham, The Spencer Davis Group, que estaban comandados por un xovencísimo e grande Steve Winwood [Stephen Lawrence Winwood, 12 de Maio do 1948, Handsworth, Birmingham]. Nesta ocasión, Los Sprinters saen claramente derrotados, si comparamos o seu «cover», co anteriormente realizado por Los Salvajes (Barcelona), no seu disco clásico “Todo negro” (EP EMI-Regal SEDL-19.522, 1966), fonte na que se inspiraron directamente os ferroláns, pero desbravando a canción.

Page 16: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

16

“¡Qué alguien me ayude!”

(Wilfred «Jackie» Edwards, 1967)

“¡Qué alguien me ayude! (yeah)

¡Me tienen que socorrer! Tal vez puedan darme la solución.

Muy joven, una chica buena conocí, era una reina para mí…

Mas no me declaré, por falta de valor ¡y así perdí mi gran amor!

¡Qué alguien me ayude! (yeah)

¡Me tienen que socorrer! Tal vez puedan darme la solución.

¡Necesito este amor, para aliviar mi gran dolor! Porque otra muchacha así,

para mí no hay.

Muy joven, una chica buena conocí, era una reina para mí…

Mas no me declaré, por falta de valor ¡y así perdí mi gran amor!

¡Qué alguien me ayude! (yeah)

¡Me tienen que socorrer! ¡Tal vez puedan darme la solución!

¡Qué alguien me ayude! (yeah)

¡Qué alguien me ayude! (yeah)

¡Qué alguien me ayude! (yeah)

¡Qué alguien me ayude! (yeah)…”

“Perante tres anos vivimos en Ferrol, pero nos desprazábamos, a miúdo, a Madrid; ben fose para gravar, ou ben para actuar. Percorremos tódala Península… Nos estudios de Fonogram, coñecemos aos Fórmula V, e a moitos grupos máis”.

Alfredo Mella Álvarez (baixista de Los Sprinters).

Por este tempo, apareceu nos kioskos, un artigo sobre Los Sprinters, que estaba

contido nunha revista especializada musical, «Alta Fidelidad», no seu número 16 (publicada en Xaneiro do ano 1967). 11

11 «Alta Fidelidad» foi unha revista musical que tivo moi pouca vida. Tiña un número irregular de páxinas; escomenzou tendo unha periodicidade mensual, e terminou sendo quincenal. Polo seu equipo de redacción pasou xente moi famosa dentro do mundiño musical español, dos anos sesenta, coma Rafael Revert, Encarna Sánchez, Juan María Mantilla, Salvador Escamilla, etc…

Page 17: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

17

E logo chegaría o cuarto disco publicado de Los Sprinters, “Señor Profesor” (EP

Fontana 467 908 TE, 1967). A primeira portada onde non aparece unha foto do grupo, algo que a partires de agora será a norma, e deixarán de ter interese. No seu lugar un axeitado dibuxo, a toda cor, ilustra o motivo do tema central do disco, situado sobre un fondo negro. Novamente, o departamento creativo do selo Fontana, lle deseñou á banda, un logotipo. As cancións contidas neste E.P. son:

- “Señor Profesor” (“To Sir, with love”, composición con letra de Don Black e

música de Mark London) interpretada orixinalmente pola cantante escocesa Lulu, acompañada polo grupo The Mindbenders. Nova balada beat-ye-yé , de melancólica letra, na que destaca a poderosa omnipresencia da melodía do órgano ¿Farfisa? A adaptación ao español da letra, realizada por José María Pater é bastante mediocre. Primeiro, traviste á protagonista, xa que na versión orixinal, a canción é cantada por unha voz feminina (Lulu), e a súa temática fai referencia ao namoramento dunha xoven alumna (na película “To Sir, with love”, do 1967, interpretada pola actriz Judy Geeson) do seu profesor (o elegante Sidney Poitier, no filme de James Clavell). Segundo, algunha das frases traducidas e adaptadas por Pater, quedan bastante forzadas, e ademais de non casar ben coa cadencia da música, tampouco se comprende moito o significado, dalgunhas pasaxes, que quedan un tanto esotéricas.

“Señor profesor” (Letra de Don Black / Música de Mark London, 1967)

“Ya sé que pasó

el tiempo aquel de la niñez, que fue feliz.

Lo que aprendí, cerca de ti,

siempre recordaré.

Fue un lejano ayer que sigo fiel,

pues tu voz llevo dentro de mí, otra vez, lleno de emoción, ¡quiero darte las gracias

Page 18: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

18

y hasta ti, debe llegar mi voz! ¡Quitaré la llave, en el cielo azul…, Señor Profesor!

Con la ilusión del tiempo aquel, pronto se fue nuestra niñez…

Quiso buscar, felicidad y velar por el Mundo…

Y la inquietud, que fue feliz,

ya no podrá volver a jugar. Lloro la infancia que perdí…

Y tu mano guió… ¡Quiero ser como soñó tu fe! Y con estrellas pintaré…

Señor Profesor.”

- “Extraño en el Paraíso” (“Danzas polovtsianas”, Alexander Borodin). “Strangers in

Paradise”, Robert C. Wright / George Forrest, de Tony Bennett. Outro tema instrumental, na nosa opinión, prescindible.

- “Jardín sin fin” (“Green street green”, Geoff Stephens), de The New Vaudeville

Band. É un tema que posúe unha vitalista e bucólica letra, chea de optimismo, e que orixinalmente foi interpretada pola banda do compositor británico Geoff Stephens, que estaban a medio camiño entre o vodevil dos anos 30 e o pop dos 60.

“Jardín sin fin” (Geoff Stephens, 1967)

“Cuando estés preocupado, sin hallar la solución… Si te crees abandonado

y sin ilusión, ¡busca aquel jardín sin fin! ¡Deja el Mundo y su trajín!

¡Busca el verde de esperanza del jardín sin fin!

Ya lo has visto en tus sueños

y lo quieres alcanzar, con sus prados tan risueños,

para descansar. ¡Deja el Mundo y su trajín!

¡Busca el verde de esperanza del jardín sin fin!

Música mágica, te mecerá, con un son de juventud;

pájaros, al final, te arrullarán y cesará tu inquietud.

Y si una vez lo habrás logrado, ya no lo podrás perder.

Page 19: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

19

El camino has encontrado y así podrás volver,

por aquel jardín sin fin, ¡Deja el Mundo y su trajín!

¡Busca el verde de esperanza del jardín sin fin!

Música mágica, te mecerá, con un son de juventud;

pájaros, al final, te arrullarán y cesará tu inquietud.

Y si una vez lo habrás logrado, ya no lo podrás perder.

El camino has encontrado y así podrás volver,

por aquel jardín sin fin, ¡Deja el Mundo y su trajín!

¡Busca el verde de esperanza del jardín sin fin! Del jardín sin fin.”

- “Aquella balada” (asinada por M. Pache e Los Sprinters), é a terceira canción

propia de Los Sprinters, con resultados moi inferiores ás dúas anteriores. “Aquella balada” é unha balada «beat», moi próxima á canción melódica, con letra melancólica e minimalista. Queda ben claro, que pola fondura e traballado deste texto, a Miguel non lle darían nunca un Premio Nacional de Literatura!!!

“Aquella balada” (M. Pache / Los Sprinters, 1967)

“Cuando serena la noche está, en mi cerebro empieza a brotar

aquella balada, que no logro borrar de mi imaginación.

Cosas felices, me hace pensar y hasta parece hacerme olvidar,

los recuerdos tristes, que hacen sollozar (a) mi viejo corazón.

Alegre vivo yo y olvido que

todo lo que soñé, mentira es…

Aquella balada,

que no logro borrar de mi imaginación.

Page 20: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

20

Alegre vivo yo y olvido que

todo lo que soñé, mentira es…”

O quinto e derradeiro «extended playing», que Fontana lles editou, foi o que

encabeza a canción “¡Espera, que quiero hablarte!” (EP Fontana 467 912 TE, 1967), e apareceu no mercado discográfico español, a finais do ano 1967.

- “¡Espera, que quiero hablarte!” (M. Pache), é outra das composicións propias de

Los Sprinters. Agora si que nos atopamos diante dun grande tema, con fantásticos «riffs» e solo de guitarra, un preciso órgano progresivo… Tamén contribúe o feito de que a letra non sexa unha colección chea de tópicos, nin manida, a pesares de ser moi directa. Para nós, dende logo, trátase da mellor canción do grupo ferrolán, que debería ser todo un clásico do «Rock de garaxe» do país, e que pola contra, permañece nun moi inxusto esquecemento. Constitúe o único corte salientable de todo este vinilo, para nós, o máis frouxo dos gravados polo grupo ferrolán.

“¡Espera, que quiero hablarte!” (M. Pache, 1967)

“¿Por qué te separas, de un modo brutal,

en cuanto compruebas que quiero empezar a conversar?

¡Espérame! ¿Por qué no me escuchas,

si tan sola vas? ¿Acaso ya tienes con quien pasear?

¡Espérame! ¡Párate ya!

¡Si no te detienes, te seguiré, hasta que compruebe quién es,

quién es él!

¿Por qué te separas, de un modo brutal,

Page 21: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

21

en cuanto compruebas que quiero empezar a conversar?

¡Espérame!

¡Espérame! ¡Párate ya!

¡Si no te detienes, te seguiré, hasta que compruebe quién es,

quién es él!

¿Por qué no me escuchas, si tan sola vas?

¿Acaso ya tienes con quien pasear? ¡Espérame! ¡Párate ya! ¡Espérame! ¡Espérame! ¡Espérame! ¡Espérame!”

- “Sweet pea” (Tommy Roe [Thomas David Roe]) de Tommy Roe e Manfred Mann.

Tema instrumental surfeiro, algo máis axeitado ao estilo sprinters, que o resto das pezas instrumentais que gravaran anteriormente.

- “Momento musical” (“Six moments musicaux” Opus 94 Nº 3 D. 780, Franz Peter

Schubert). Peza instrumental clásica, bastante prescindible. Dende logo, Los Sprinters non pasarán á Historia da Música, por interpreta-los seus temas instrumentais.

- “24 Sycamore” (Les Reed / Barry Mason), que orixinalmente gravou o cantante

británico Wayne Fontana. Trátase dunha das máis frouxas cancións, das interpretadas por Los Sprinters, xunto con algúns dos seus temas instrumentais, nada destacables. Posúe unha introducción de piano, que reforza a súa condición de tonada melódica e chorona, cun texto sentimental, nun envoltorio de balada romántica, cuns xogos de harmonías vocais moi ben logrados.

“24 Sycamore” (Les Reed / Barry Mason, 1967)

“Para mí, la vida, ya su ilusión perdió.

Siento perder, un Mundo, sin ti, pues mi corazón se quedó

at 24 Sycamore.

¿Dónde se fue mi amor? (uo uo uooo)

Aquella luz del cielo, ya no tendrá color… Mi horizonte será un Mundo sin Sol,

mi gran amor se perdió at 24 Sycamore.

¿Dónde se fue mi amor? (uo uo uooo)

Page 22: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

22

Y sabrán, las ventanas, que lloré, por mi Baby,

para siempre, nuestra ilusión se va… Todo acabó, me dirán

y ya no sabré vivir. ¿Dónde?

¿Dónde estará mi amor? ¿Dónde fue aquel cantar feliz, de ayer?

¡Cerré por fin mi libro y terminó mi fe…! ¡Lloré por tu amor, por última vez!,

pues mi corazón se quedó at 24 Sycamore.

¿Dónde se fue mi amor? (uo uo uooo) ¿Dónde?

¿Dónde está mi amor? ¿Dónde?

¿Dónde se fue mi amor? ¿Dónde fue aquel cantar feliz, de ayer?

(uo uo uooo) ¿Dónde?

¿Dónde se fue mi amor? ¿Dónde?

¿Dónde se fue mi amor? ¿Dónde?

¿Dónde se fue mi amor? ¿Dónde?

¿Dónde se fue mi amor?”

Co seu sexto traballo discográfico, Los Sprinters estrean formato, o primeiro

disco sinxelo sprinter, agochado tras dun insulso e impersoal deseño de portada: “¡Qué tiempo tan feliz!” / “La habitación blanca” (Single Fontana 272 373 TF, 1968).

Page 23: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

23

- “¡Qué tiempo tan feliz!” (“Those were the days”, Gene Raskin) de The Limeliters e Mary Hopkin. A canción que ocupa a cara A do sinxelo deriva dun tema popular ruso: “Dorogoi dlinnoyu” [“Дорогой длинною”] con música de Boris Fomin e letra de Konstantin Podrevskii. De novo, se trata dunha grande adaptación sprinter, con letra en español de Carreras.

“¡Qué tiempo tan feliz!” (Gene Raskin, 1968)

“Viene a mis recuerdos la taberna,

y los compañeros del ayer. Charlábamos (tan) confiados y optimistas,

de grandes cosas que íbamos a hacer. ¡Qué tiempo tan feliz, que nunca olvidaré

y aquel cantar alegre del ayer! Por nuestra juventud y llenos de inquietud,

tuvimos fe y ansias de vencer. Lailailai-lailai… Lailailai-lailai…

Lailailai-lailailailailai…

Pero encadenados a la vida, pudimos conocer la realidad. A veces, nos veíamos de nuevo,

volviendo, con nostalgia, a recordar.

¡Qué tiempo tan feliz, que nunca olvidaré y aquel cantar alegre del ayer!

Por nuestra juventud y llenos de inquietud, tuvimos fe y ansias de vencer.

Lailailai-lailai… Lailailai-lailai…

Lailailai-lailailailailai…

Hoy, cuando pasé por la taberna, nada parecía igual que ayer.

¡Mi cara, reflejada en los cristales, casi no logré reconocer!

¡Qué tiempo tan feliz, que nunca olvidaré y aquel cantar alegre del ayer!

Por nuestra juventud y llenos de inquietud, tuvimos fe y ansias de vencer.

Lailailai-lailai… Lailailai-lailai…

Lailailai-lailailailailailai…

Lailailai-lailai… Lailailai-lailai…

Lailailai-lailailailailailai…

Lailailai-lailai… Lailailai-lailai…

Lailailai-lailailailailailai…”

- “La habitación blanca” (“White room”, con letra de Pete Brown e música de Jack Bruce), é unha versión dun tema orixinal dos británicos Cream, banda do guitarrista Eric Clapton. A letra de “La habitación blanca”, atópase chea de pasaxes oníricas, e é de temática

Page 24: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

24

intensamente psicodélica (na versión orixinal, o protagonista, que está a esperar por un tren, se atopaba baixo os efectos do LSD). Na adaptación musical deste tema, de Alfonso Alpin [pseudónimo do grande compositor barcelonés Augusto Algueró] 12, botamos a faltar algo de forza, debido máis que probablemente, a unha nefasta producción. E é que hai unha notoria carencia de toques de guitarra «fuzz», uns máis traballados e mellores coros de voces, e outros efectos nesa onda, para que o poideramos considerar un tema totalmente redondo, e todo un clásico da «psicodelia» peninsular. A pesares de todo, se atopa entre o mellor do repertorio gravado por Los Sprinters, unha nova demostración do bo gusto, que sempre levaron por bandeira.

12 No ano 1970 Eduardo Rodrigo gañou o XIV Festival Español de la Canción de Benidorm, e maila «Sirenita de oro», coa canción “A María yo encontré”, de Alfonso Alpin, co que por fin se puido saber quen se escondía detrás dese pseudónimo: non era outro que Augusto Algueró. Augusto Algueró Dasca (nado en Barcelona, o 23 de Febreiro do 1934), é un dos máis importantes compositores españois, de música moderna, así coma tamén pianista, arreglista e director de orquestra, dos años sesenta. Moitas das veces se lle chamaba Augusto Algueró fillo, pois era o continuador da saga familiar musical, escomenzada polo seu pai, Augusto Algueró Algueró. Para algúns críticos musicais é o equivalente hispano a Burt Bacharach. Unha das súas grandes especialidades foron as bandas sonoras de películas (das que chegou a compoñer máis de corenta).

Antonio Guijarro Campoy era o colaborador habitual do mestre Algueró, e se encargaba de escribi-las letras das cancións. Ámbolos dous son os responsables dalgunhas das mellores cancións para as chicas ye-yé españolas, xa que as súas creacións foron interpretadas por Marisol, Karina, Rosalía, Rocío Dúrcal, Gelu, Conchita Velasco, Luisita Tenor, Ana Belén, Las Chic, Conchita Bautista ou Carmen Sevilla (coa que o mestre Algueró casou): “Chica ye-yé”, “¡Muy cerca de ti!”, “Sólo a ti”, “Puedo”, “¡Ya no me importas nada!”, “Mi corazón”, “Alguien”, “¡Me conformo!”, “Más bonita que

ninguna” ou “Estando contigo”; son só algunhas mostras, dos seus talentos creativos xunguidos. Pero non só cantaron as súas cancións mulleres, senón que grupos coma Los Bravos, Los Gritos ou Los Buitres, e solistas masculinos da valía de Nino Bravo ou mesmo Joan Manuel Serrat (“Penélope”), gravaron composicións ou versións de temas seus. A canción “Chica ye-yé”, a compuxo no 1965, Augusto Algueró para que Conchita Velasco a interpretara na película “Historias de la Televisión”. A “Chica ye-yé”, en principio, era unha velada crítica, en clave satírica, á xuventude ye-yé española, pero acabou, en troques, por converterse en tódolo contrario, o estandarte sociolóxico da época, ademais de ser unha das cancións máis recoñecibles dos años sesenta.

Page 25: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

25

“La habitación blanca”

(Letra de Pete Brown / Música de Jack Bruce, 1968)

“¡Cuánto manto, son cortinas que son negras,

los tejados de los campos ya no brillan! Hay caballos plateados, en sus ojos…

Su sonrisa, me alegraba, y se marchaba…

Yo voy a esperar, donde no brille el Sol. Esperaré, en la noche gris del andén.

Ella dijo que no hay cuerdas que me aten…

Ventanillas donde venden los billetes… Estaciones que son tristes y solitarias…

Sombra y sombras que se apartan de sí mismas…

Yo voy a esperar, pues el tren vendrá. Esperaré, en la noche gris del andén.

En la fiesta, ella estaba cariñosa.

Vieja herida olvidada, de otros tiempos. ¡Veo tigres amarillos, en sus ojos!

¡Su vestido, tiene luces tan brillantes!

Yo voy a dormir, mas sin despertar… Esperaré, en la noche gris del andén.”

O seu último disco para o selo Fontana –o sétimo-, foi un novo sinxelo, o segundo

da súa traxectoria discográfica: “Rain and tears” / “Yummy, yummy, yummy” (Single Fontana 272 374 TF, 1968). Posúe unha portada de moito colorido, cun deseño en plan «naïf», bastante aceptable.

Page 26: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

26

- “Rain and tears” [“Lluvia y lágrimas”], con música de Evangelos Odyssey

Papathanassiou [Vangelis] e letra de Boris Bergman. Orixinalmente era un tema do grupo grego –asilado en Francia- Aphrodite’s Child, inspirado en varios dos movementos do “Canon en Re maior”, do compositor barroco alemán Johann Pachelbel. A adaptación do tema ao castelán foi escrita, de novo, por Alfonso Alpin. O resultado, unha das máis fermosas e sobrecolledoras cancións gravadas no Estado español, nos anos sesenta, cunha letra tan lírica coma harmoniosa e clásica, é a música composta por Pachelbel, no século XVII.

“Rain and tears” [“Lluvia y lágrimas”] (Música de Evangelos Odyssey Papathanassiou [Vangelis], baseada no “Canon en Re maior” de Johann

Christoph Pachelbel / Letra de Boris Bergman, 1968)

“Una vez, yo te vi llorar y sé que no olvidaré… Dices que no es verdad, que sólo fue la lluvia,

y nada más.

¡Lágrimas vi en ti… Lluvia no fue, lo sé!

Una vez, yo te vi llorar por mí y no lo olvidaré…

¡Perdóname, amor! ¡Perdóname, amor!

Una vez, junto a ti, el Sol yo vi tus lágrimas (hacer) brillar

Una vez, dulce amor, te hará el Sol, llorar tu corazón.

Una vez, yo te vi llorar por mí y no lo olvidaré…

(Eh, eh, eh) (Ah, ah, ah).”

- “Yummy, Yummy, Yummy” (Arthur Resnick / Joey Levine) de Ohio Express.

Unha receita de pop chicle culinario adaptada polo mestre Alfonso Alpin (Augusto Algueró, fillo), ao castelán. 13 Os grandes versioneiros do pegadizo e comercial «pop bubblegum», na España dos anos sesenta, foron Los Géminis (Tarragona) e Los del Sol.

“Yummy, Yummy, Yummy” (Arthur Resnick / Joey Levine, 1968)

“Yummy, Yummy, Yummy,

si tus besos son miel y tu cabello, de ángel es… Si tu boca sabe a fresas,

13 Outras mostras do mesmo prato, pero cociñadas doutro xeito: “Sabor de amor” de Danza Invisible (incluída no seu álbum “A tu alcance”, Lp Dro, 1988) ou unha sensual secuencia cinematográfica, que contén o filme “Nove semanas e media” (“9½ Weeks”, Adrian Lyne, 1986), protagonizada Kim Basinger e Mickey Rourke.

Page 27: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

27

¿dónde estás mi Yummy, cuando te quiera yo comer? Para besarte, para abrazarte

y para amarte… (Ooh, ooh, ooh) Yo, para todo, contigo sólo.

Sólo, con mi gran amor… (Ooh, ooh, ooh)

Yummy, Yummy, Yummy,

tus mejillas son como un maduro melocotón. Es por eso que no debe de extrañarme que me gusten las frutas en sazón.

Para comerte, para beberte y protegerte… (Ooh, ooh, ooh) Yo, para todo, contigo sólo.

Sólo, con mi gran amor… (Ooh, ooh, ooh)

Yummy, Yummy, Yummy,

si es tan dulce tu voz y tu sonrisa también lo es…

Si eres puro caramelo, no te extrañe, corazón, (que) te quiera yo comer.

Para besarte, para abrazarte y para amarte… (Ooh, ooh, ooh) Yo, para todo, contigo sólo.

Sólo, con mi gran amor… (Ooh, ooh, ooh).”

“Los Géminis (…) atípicamente, se adicaban, perante o 68 e o 69, a copiar de xeito decente hits internacionais anglosaxóns, da música chicle coma «Yummy, Yummy, Yummy», «Mony, Mony», «Dizzy» o «Sugar, sugar»…, ao igual que Los Sprinters, que ademais, homenaxearon aos Aphrodite’s Child e a Cream. (…) Toda sestas bandas eran o soto das listas de éxitos, pero indicaban unha vontade de supervivencia do pop sesenteiro.”

Gerardo Irles. 14 Nese mesmo ano 1968, Miguel Varela, «O Tranquilo» casa con María Manuela, a

quen coñecera cando impartía clases de guitarra. Anos máis tarde, ámbolos dous tamén formarían parella artística. O primeiro fillo, froito do matrimonio, Xurxo Varela Díaz, vería a luz do día no ano 1971, en pleno cumio do éxito, dos Sprinters «a soldo», unha etapa que escomenzou cara finais do 1969, e da que nos ocuparemos, en vindeiras liñas…

14 Gerardo Irles: “¡Sólo para fans! La música ye-yé y pop española de los años 60”. Páxina número 215. Alianza Editorial. Madrid, 1997.

Page 28: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

28

“A pesares de seren un grupo de versións, Los Sprinters tiñan unha personalidade e un estilo musical ben definido, que se alonxaba dos modelos dominantes daquela, tanto en España, como no extranxeiro. A excepción de “El tablao”, non se percibe ningún parecido cos outros grupos da súa época. Los Sprinters apostaban polo que realmente paga a pena, no mundo da Música… E iso non é máis que todo aquelo que conmove os sentimentos dos seres humáns. Na súa música atopamos un predominio das melodías, sobre as instrumentacións excesivas, e cancións con letras que teñen un claro protagonista: o amor”.

José Rei «Joe» (1995). Facendo unha recapitulación analítica, da producción discográfica deste grupo

ferrolán, podemos observar que adaptaron temas de moi diversa índole, converténdose, na práctica, nunha banda todoterreo, desde as cancións ye-yés ata o pop sinfónico, pasando polo «beat», o estilo no que se atopaban máis ao seu gusto. Non é de despreza-lo apartado dos temas instrumentais, fundamentalmente adaptacións de pezas de música clásica e «standars», xa que supoñen a cuarta parte da colleita sprinter. Tamén é notable a baixa pesenza de cancións mediterráneas, somentes dúas, e gravadas ben cedo (1966), un refrexo da progresiva perda de peso específico destes temas no mercado discográfico español. Asemade, tamén é notable o abondante número de temas anglosaxóns, ou ben directamente procedentes do catálogo da súa propia compañía, Fontana (un total 5 versións), ou ben doutros selos asociados, mediante alianzas comercias: Columbia, Decca, Polydor e Mercury (outros 5 temas). Taxonomicamente, as cancións de Los Sprinters, tanto as versións coma os seus temas propios, as podemos incluír en sete pequenos ciclos ou grupos:

I/ Temas ye-yés: - “En una flor” (italiana) - “La muñeca que hace no” (francesa)

Page 29: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

29

- “Un, dos, tres” (norteamericana) - “Señor Profesor” (inglesa) - “¡Qué tiempo tan feliz!” (inglesa) II/ Temas beat: - “El tablao” (propio) - “Hemos de salvar” (The Beatles) - “Mi gran amor le di” (The Beatles) - “Explicación” (propio) - “¡Qué alguien me ayude!” (The Spencer Davis Group) Anque o tema orixinal se sitúe nunha encrucillada entre o British R’n’B e o Pop-Rock, a versión sprinter é moito máis beat. - “Aquella balada” (balada propia) III/ R’n’B-Rock de garaxe: - “¡Píntalo negro!” (The Rolling Stones)

- “¡Espera, que quiero hablarte!” (propio) IV/ Outros temas anglosaxóns: - “El ritmo del silencio” (folk-rock) - “Sweet pea” (surf-rock) - “Yummy, Yummy,Yummy” (bubblegum pop). V/ Psicodelia e Rock sinfónico: - “La habitación blanca” (pop psicodélico brando) - “Rain and tears” [“Lluvia y lágrimas”] (pop sinfónico) VI/ Adaptacións de temas clásicos: - “Serenata de Schubert” (Schubert) - “Extraño en el Paraíso” (Borodin) - “Momento musical” (Schubert) - “Rain and tears” [“Lluvia y lágrimas”] (Pachelbel) VII/ Adaptacións de standards anglosaxóns: - “Begin the beguine” (swing) - “Extraño en el Paraíso” (musical de Brodway) - “Jardín sin fin” (pop-vodevil) - “24 Sycamore” (pop melódico)

“As versións de éxitos musicais foráneos, foron un ingrediente esencial no pop español dos anos sesenta, ata o punto de domina-los repertorios, perante tódala primeira metade da década, cando as casas discográficas non se arriscaban grava-las cancións compostas polos propios conxuntos. Este costume xerou especialización, e que á súa vez, deu lugar aos conxuntos de versións, unha raza característica da área mediterránea.

Page 30: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

30

As versións adoitaban ser fotocopias dos temas orixinais, anque coas letras adaptadas ao castelán, o que significaba xa un elemento de diferenciación. Aínda que non sobresaíran como autores, os grupos hispanos si que acadaron estampa-lo seu propio sentimento ás cancións alleas, con resultados que abrangueron dende a diáfana imitación, ata as recreacións divertidas e elegantes, que incluso parecían supera-los seus modelos orixinais.

Los Mustang foron un dos mellores representantes do xénero, en España, equivalente ao que foi o Equipe 84, para Italia. Xunto a Los Javaloyas, The Brisks, Los Beta, Los 5 del Este, o Grupo 15, Los Bohemios, Los Géminis, Los del Sol, Los Sprinters ou Los Catinos, fusilaron éxitos foráneos, de xeito indiscriminado, xa foran norteamericanos ou sudamericanos, ingleses, franceses ou italianos.”

Pepe García Lloret. 15

Sprinters por conta allea.

“Andrés Do Barro era moi bo rapaz, moi sinxelo e todo un número un”.

Alfredo Mella Álvarez (baixista de Los Sprinters).

Tralo remate da tempada estival do ano 1969, o período independente de Los

Sprinters, tocaba á súa fin. O éxito petaba, con moita forza, na porta doutro ferrolán, un tal Andrés Lapique Dobarro, coñecido artisticamente como Andrés Do Barro. O sorprendente número 1 de ventas discográficas que acadou o seu primeiro disco sinxelo, “O tren” / “Miña Maruxa”, en España (máis sorprendente si cabe, ao se-lo primeiro que non era cantado nin en castelán, nin en inglés, francés ou italiano, senón que no vilipendiado «dialecto gallego», un fito musical nunca máis repetido…), precipitou as cousas. Andrés Do Barro reclamounos, para que o acompañaran nas súas actuacións, e logo, participaron tamén, nas sesións de gravación dos seus discos, como a banda propia do cantante. Atrás quedaba a traxectoria musical e discográfica independente, máis que notable, e notoriamente breve, cronoloxicamente falando.

Andrés Do Barro, 16 foi un dos primeiros artistas que se atreveu a cantar en galego, en pleno franquismo. Con Do Barro, Los Sprinters gravaron moitos temas (entre eles, “San Antón”, “Corpiño xeitoso” e, por suposto, o famosísimo “O tren”), e tamén rodaron a película “En la red de mi canción”. Ademais, perante algún tempo, a banda, viviu en Madrid, moi preto de Andrés Do Barro, cidade onde Juan Pardo «que era o máximo, moi boa persoa e moi bo amigo», levaba a producción dos seus discos. 17 «Foi unha época moi bonita», segundo Alfredo Mella, ao lembrar a aqueles tempos coa súa memoria.

15 Pepe García Lloret: “Psicodelia, hippies y underground en España (1965-1980)”. Páxina número 53. Libros Zona de Obras / SGAE. Zaragoza, 2006. 16 A postura que o xérmolo de Voces Ceibes e outros artistas vencellados a este movemento, tomaron con respecto á creación do Pop Galego, obra de Los Tamara ou Andrés do Barro, a temos reflectida nas verbas de Xabier Alcalá: “O esperpento dos permisos no goberno civil convencéranos de que calquera letra que puidese dicir algo chocante era motivo de represión; mentres que o melifluo en aparencia e o

«regional sin pasarse» coaban polos buracos da censura. Esa é a chave do cisma, o que nos levou a

rompermos coas letras que enchen o primeiro cancioneiro do Andrés [Do Barro].”

Xabier Alcalá: “As orixes do cisma musical”. Artigo contido en Naz-On, Revista Cultural Galega, número 3. Lugo, 2006.

Page 31: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

31

Así pois, da man do seu paisano e amigo, Andrés Lapique Dobarro, xa nos anos setenta, Los Sprinters conqueriron a fama. Tres anos, entre finais do 1969 e 1972, nos que Andrés Do Barro, sempre acompañado por Los Sprinters, acadará nada menos que tres números 1, nas listas de ventas discográficas españolas: “O tren” (1969), “Corpiño xeitoso” (1970) e “San Antón” (1970). Este éxito fulgurante do cantante ferrolterrán, conlevou unha importante carga de traballo para a banda, xa que non pararon de contrataren galas e bolos diversos. A situación reportou importantes ingresos para Los

Sprinters, que poideron levar unha acomodada vida daquela, sen que lles faltase ren… Tiveron a ocasión de comparti-las táboas do escenario con moitos outros grupos da época, entre os cais destacamos os madrileños Fórmula V, que coñeceron nos estudios de gravación da súa compañía discográfica -Fonogram-, xa que fixeron boas migas. Pero tamén alternaron, na noite madrileña, con artistas habituais dela coma Micky [Miguel Ángel Carreño Schmelter], cantante de Micky y Los Tonys; Mike Kennedy [Michael Volker Kögel], ex-cantante de Los Bravos; Fernando Árbex Miró, líder de Los Brincos, etc…

Realizaron algunha pequena xira por Centroeuropa, sobre de todo a Suíza, onde

actuaron para un público netamente galego, composto por emigrantes, que non podían aguanta-la emoción, ao escoitar cancións no seu idioma, e «tiraban as súas boinas ao ar».

Aproveitando a popularidade de Andrés, no ano 1971, debutan na pantalla

grande, ao igual que o propio cantante, nunha longametraxe pseudo-musical, feita para promociona-lo artista ferrolterrán. A cinta leva o oportunista título de “En la red de mi canción”, e os músicos se viron arrodados dun elenco de actores importantes, coma Conchita Velasco, o afecto ao réximen Alfredo Mayo, Rafaela Aparicio, Florinda Chico, Antonio Ozores, Cassen [Casto Sendra Barrufet] ou Álvaro de Luna. Desgraciadamente, o productor cinematográfico vigués Cesáreo González, lle encargou a dirección da película ao chapuceiro Mariano Ozores Puchol, autor dunha prolífica lista de películas, tan ampla coma esquecible.

17 Juan Ignacio Pardo Suárez, naceu en Palma de Mallorca (11 de Novembro do 1942), de pais galegos. O seu pai era oficial da Mariña. Tras do seu traslado a Madrid, para emprende-los estudios de Enxeñería de Telecomunicacións, formou o grupo Los Vándalos, e logo Los Teleko. Un tempo despois gravaría un disco en solitario, “Whole lot on shakin’ going on” (EP Fontana 467.761-TE, 1963), acompañado por Los Relámpagos, e posteriormente integrouse en Los Pekenikes, coma cantante, cos que rexistrou tres EP’s (1963-1964). Foi un dos membros fundadores de Los Brincos (1964-Outubro do 1966), dos que foi obrigado a abandonar, xunto con Antonio Morales Barreto «Junior» (Manila, Filipinas, 10 de Setembro do 1943), por Fernando Árbex Miró (Madrid, 18 de Maio do 1941; 2003). Co filipino formou o exitoso dúo Juan & Junior (1967-1968). No ano 1969, retomaría a súa carreira en solitario, tanto na faceta de intérprete “La charanga” / “Ya se acabó” (Single Zafiro-Novola NOX-98, 1969), coa súa correspondente versión en galego, “A charanga” / “Ya se acabó” (Single Zafiro-Novola NOX-98G, 1969); coma na de compositor de cancións para outros artistas (Marisol, Fórmula V, Tara, Massiel, Miguel Ríos, La Zarzamora, Queimada, Andée Silver, Manolo Galván, La Pandilla, Nuestro Pequeño Mundo, Camilo Sesto, Magos de Oz, Cristina…); productor discográfico (Andrés Do Barro, La Camiseta, Queimada, Andée Silver, Camilo Sesto…); ou tamén de actor cinematográfico (“A 45 revoluciones por minuto”, Pedro Lazaga Sabater, 1969; “En un Mundo diferente”, Pedro Mª Olea Retolaza, 1968). O que representaba Juan Pardo, na escena musical española entre os anos 1969-1970, atópase ben retatado nestas liñas, escritas polo presentador radiofónico ferrolán Jesús Ordovás: “(…) coa axuda de

Juan Pardo, abrirán novos camiños no campo musical. Porque o propio Juan Pardo, tamén abre

novos camiños, tras do seu triunfo apoteósico en Ferrol, onde lle deixou unhas ganancias de 135.000

pesetas, ao empresario que o contratou. ¡Iso si que é xuntar progresismo e comercialidade!” Jesús Ordovás: “Historia de la Música Pop Española”, páxina número 126. Alianza Editorial. Madrid, 1987.

Page 32: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

32

“Coma se trataba de arroupar a un xoven debutante, compría un bo reparto e o

fixemos con Conchita Velasco, meu irmán Antonio, Cassen, Alfredo Mayo, Florinda Chico e Rafaela Aparicio.

(…)

Instalámonos en Santiago, e dende alí, desprazabámonos aos distintos lugares de Galicia. Andrés Dobarro, aínda tendo calidade coma cantante e compositor, era un producto do marketing, que viaxaba cunha tropa de axudantes, representantes, secretarios e outros elementos que, á forza de gaba-lo mozo, conqueriran que el se crera unha especie de Sinatra nacional. O caso é que era moi impuntual, e pode que fora moi profesional na canción, pero no cine o tomou algo así como ni nos fixera un favor, a tódolo equipo.

(…)

Estou moi satisfeito de tres cancións que rodamos nesta película. A primeira foi sobre dunha furgoneta-plataforma, sen deixar de percorrer tódalas rúas do barrio vello de Santiago.

Foron 877.491 espectadores os que viron a película.”

Mariano Ozores Puchol (director cinematográfico) 18

Los Sprinters aparecen en varias secuencias da película, especialmente nas imaxes do principio da cinta, nas que atravesan as rúas do Casco Vello de Santiago de Compostela, montados enriba dunha camioneta, namentres Andrés Do Barro canta a canción “Pois eu”, e eles tocan os seus respectivos instrumentos. O nome das persoaxes sprinters, que interpretan na ficción son:

- Luís (Alfredo Mella). - Carlos (Miguel Varela). - Guillermo (Ramón Miranda). - Juanito (José Vázquez).

A rodaxe se produciu entre Madrid e Galicia: Santiago de Compostela, Vigo,

Noia, Padrón, Porto do Son, Pontevedra, Ourense… Tamén se poden ver actuando á Tuna universitaria compostelán, e a diversos grupos de baile galego, na romaría de Santiaguiño do Monte, en Padrón.

Na película, Andrés Do Barro, foi lamentablemente dobrado, por un actor

profesional de dobraxe. Pero nin ao productor, nin ao inepto directo, se lles ocorreu privarnos da súa voz nas cancións, que afortunadamente, interpreta coa súa propia voz, en tódolos temas que soan na película, entre os que destaca: “Pois eu” (acompañado por Los Sprinters, sobre dunha camioneta), e asemade tamén, “O tren”, “San Antón”, “Teño saudade”, “Corpiño xeitoso”… Un grande documento, para a posteridade.

A estrea da longametraxe, que resultou ser bastante mediocre, algo lóxico, tratándose de Mariano Ozores, tivo lugar o día 6 de Decembro do ano 1971, en Madrid (nos cines Bulevar e Mola). O filme obtivo unha recadación total de 128.195,58 €uros.

18 Mariano Ozores: “Respetable público. Cómo hice casi cien películas”, páxinas 176-180. Editorial Planeta. Barcelona, 2002.

Page 33: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

33

O sprint final. Logo de tres exitosos anos, Andrés Do Barro decide un fondo reprantexamento

da súa carreira, que vai levar aparellado un troco de discográfica, e de banda de acompañamento. Estamos xa nos meses finais do ano 1972. É o intre en que se produce a ruptura definitiva con Do Barro, e a banda xa non tocaría nos vindeiros sinxelos e no terceiro álbum de Do Barro, “Andrés Do Barro” (Lp Belter, 1974). Tan só se mantén o batería Chupi.

Pouco tempo despois, Los Sprinters íanse converter nunha orquestra, que

percorreu moitos dos pobos e cidades de Galicia, e que aínda se mantén activa. Por ese tempo, a finais da traxectoria do grupo, entrou a formar parte del, Fernando Marta Acevedo, guitarra (ex-Los Frap). Pero xa sen Miguel Varela, «O Tranquilo», que abandona o barco, antes da súa deriva.

No ano 1974, escomenzan as colaboracións musicais entre María Manuela e Miguel Varela. Como a Manuela lle gustaba moito de cantar e o facía ben, escomenzou un dúo alén do matrimonio, consumado nunha parella artística, bautizada como Manuela e Miguel, que puxo música a moitos dos poetas da nosa terra, ademais das composicións propias. A andaina do dúo, principiou curiosamente, coa gravación dun primeiro disco sinxelo, lanzado coma unha obra de María Manuela, en solitario, a pesares de ser unha colaboración conxunta. O disco de María Manuela inclúe os temas: “Pedro Chosco” / “Eu namorar” (Single Polydor 20 62 121, 1974).

Page 34: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

34

O nome de María Manuela Díaz Orjales (nacida na cidade de A Coruña, no ano

1945; pero criada no barrio ferrolán de Recimil) está dende sempre xunguido ao de Miguel Varela, «O Tranquilo». Os dous, nacidos no mesmo ano, 1945, coñecéronse no ano 1962, porque Miguel «O Tranquilo» daba clases de guitarra. As clases de guitarra foron máis aló do esperado…, e co paso do tempo, acabaron casando, no mítico ano 1968, nun Ferrol que daquela bailaba ao son de Los Tamara e Los Sprinters. Pasado o tempo, tamén serían parella artística.

Page 35: Los Sprinters Un Artigo de Antonio Castro

35

Xa no ano 1983, nacería o coro Ledicia, co gallo do festival Cantareliñas, un

certame que se celebrou en San Sadurniño. Nel colaborou intensamente Miguel Varela Suárez. No 1990 o coro asentouse no colexio Manuel Masdias, de Caranza.

O pasamento de Miguel Varela Suárez, «O Tranquilo», produciuse en Ferrol, o día

19 de Setembro do 1998, logo dunha longa enfermidade. Alfredo Mella Álvarez pertence, na actualidade á rondalla ferrolán Bohemios.

Bibliografía: - Antón, Beatriz: “Cuando la música se lleva en la sangre”. Artigo publicado en La Voz de Galicia, 21de Decembro do 2008. - Fabuel, Vicente: “Garaje español: el imperio de la serie Z”. Artigo publicado na revista La Luna, Madrid, 1987. - Ferreira Priegue, Fernando: “Crónicas de un Vigo ye-yé”. Instituto de Estudios Vigueses. Vigo, 2008. - Font Ribera, Vicente / Vico, Darío / Pardo, José Ramón: “Guía del Pop Español de los años 60 y 70”. Rama Lama Music, Madrid, 2006. - García Lloret, Pepe: “Psicodelia, hippies y underground en España (1965-1980)”. Páxina número 53. Libros Zona de Obras / Sociedad General de Autores y Editores. Zaragoza, 2006. - Irles, Gerardo: “¡Sólo para fans! La música ye-yé y pop española de los años 60”. Páxina número 108. Alianza Editorial, Madrid, 1997. - Loureiro, R.: “Ferrol ya sólo mantiene abierta una tienda de discos”. Artigo publicado en La Voz de Galicia, 7 de Decembro do 2007. - Ordovás, Jesús: “Historia de la Música Pop Española”. Páxina número 126. Alianza Editorial. Madrid, 1987. - Salgado, Daniel: “Galicia «ye-yé»”, artigo publicado na edición galega do xornal El País, o día 26 de Febreiro do 2010. - Salgado, Daniel: “O pop agochado nos garaxes”, artigo publicado na edición galega do xornal El País, o día 26 de Febreiro do 2010. - Varela, Ángel: “Cando empezamos coa música había paos por cantar a Rosalía”. Artigo publicado en La Voz de Galicia, Sección Cultura y TV, páxina 46, 19 de Marzo do 2003.