libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

148
LIBRO DO MAL AMOR Haikus contra a violencia de xénero

Upload: orientacion-en-galicia

Post on 24-Jul-2016

260 views

Category:

Documents


13 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

LIBRO DO MAL AMOR• Haikus contra a violencia de xénero •

LIBR

O DO

MAL

AM

OR •

Haik

us c

ontr

a a

viol

enci

a de

xén

ero •

UNIÓN EUROPEAFondo Social EuropeoO FSE Inviste no teu futuro

Page 2: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero
Page 3: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

LIBRO DO MAL AMOR• Haikus contra a violencia de xénero •

2015

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e XustizaSecretaría Xeral da Igualdade

Page 4: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

D.L.: C-2259-2015

Page 5: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

ÍNDICE

Limiar /5Pasiño a pasiño /7

Actividade didáctica /9Alumnado /11

Profesorado /91Colaboracións /99

Page 6: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero
Page 7: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

O día 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional para a Elimina-ción da Violencia de Xénero. Son xa moitos os anos nos que dende as insti-tucións públicas se conmemora ese día; así, cada 25 de novembro sucédense os actos, as xornadas e as campañas, todo isto co fin de rexeitar publicamente unha lacra execrable que nos avergoña como sociedade; son xa moitos os anos, pero, lamentablemente, a violencia machista segue presente nas nosas vidas e no noso contorno; ás veces son, en aparencia, pequenas cousas, as chamadas microviolencias que máis tarde ou máis cedo poden estoupar en episodios graves de violencia.

Na busca de solucións preventivas e co obxectivo de atallar este problema, a Secretaría Xeral da Igualdade pon en marcha cada ano accións encamiñadas a facer reflexionar os mozos e as mozas sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, pois a xente nova ten tamén unha responsabilidade importante na contribución dun futuro mellor para todas e todos.

Por iso, dende a Xunta de Galicia amosamos gra satisfacción en poder apoiar un traballo como este: O libro do mal amor, impulsado dende o IES Laxeiro de Lalín, por profesorado enormemente implicado na prevención e loita con-tra a violencia machista.

Finalmente, non podemos deixar de mencionar e admirar a participación des-interesada e xenerosa de escritores e escritoras, ilustradores e ilustradoras, quen cos seus haikus e ilustracións contribúen de xeito persoal a esta publi-cación e, por suposto, as alumnas e os alumnos do IES Laxeiro de Lalín, que consideraron importante contribuír coa súa participación a unha loita xusta a prol dos dereitos humanos, dos dereitos das mulleres a vivir sen violencia, unha loita a prol da xustiza social e da igualdade de mulleres e homes, a unha loita, en definitiva, contra o Mal Amor. A todas e a todos, moitas grazas.

SuSana López abeLLaSecretaria xeral da Igualdade

5

Page 8: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero
Page 9: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

PASIÑO A PASIÑO

Foi nun obradoiro de poesía cando Raúl Vacas nos falou da posibilidade de realizar co alumnado Haikus contra a violencia de xénero (haiku, poema breve que é capaz de plasmar a traxedia -neste caso- dun xeito profundo e sinxelo), reuníndoos nun chamado “Libro do Mal Amor”. A proposta foi directamente a un caderno nomeado “Proxectos para un novo centro”, pois daquela souben do meu traslado, estreando os meus apuntamentos.

Nunha das primeiras reunións de Departamento expuxen a actividade co pro-pósito de que todo o alumnado participase. Grazas á cooperación de todos os membros, a idea deixou de selo materializándose e converténdose en traballo de aula.

Logo, un paso máis. O Departamento de Plástica apoiou asemade a iniciativa de que o seu alumnado ilustrase as producións presentadas anteriormente en forma poética. E aí comezou a tomar forma un labor colaborativo fermoso: a reflexión sobre violencia e machismo facíase arte escrita e pictórica.

Postos a dar pasos, un xigantesco. E se...? Si, atrevémonos. Carlos Negro, poeta amigo, accedeu gustoso a colaborar. Chus Pato, poeta compañeira, o mesmo. Logo, a bóla de neve comezou a rodar, e escritores e escritoras man-daron a súa pinga de auga deste océano que estabamos a crear, un mar de versos respirando conxuntamente para que aboiase a loita social.

Esta contribución poética merecía Arte. E tivérona, xaora. Mar García e Arán-zazu Diñeiro colleron os pinceis para expresar en cor o poema que escritores e escritoras mandaban en palabra.

Pero a vida esixe seguir avanzando. Todo isto estaba nos blogues, en cartaces, nas redes sociais. Restaba un e definitivo paso: a publicación en forma de libro. Foi entón cando Mar e mais eu nos presentamos ante a secretaria xeral da Igualdade propondo algo que semellaba afastado.

E gustou.

Tanto, que aquí está, nas vosas mans.

Aínda non rematou a andaina. Novas mans abrirán este libro para recapaci-taren. Novas olladas neste peirao necesario para que a nosa pugna se volva viral. Necesitamos reflexionar e cuestionarnos unha sociedade patriarcal que asasina mulleres só polo feito de selo.

7

Page 10: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Porque desde hai anos temos conciencia de que existe un andazo social que debemos combater por todos os medios, e máis dende o noso ámbito, o educa-tivo. Porque o noso alumnado está nunha franxa de idade crucial para ver con miradas espertas onde radica o perigo. A violencia de xénero non son só gol-pes e asasinatos, é unha forma de control sutil e corrosiva que vai devastando pouco a pouco, que vai minando a autoestima dunha moza que logo será mu-ller mutilada e destruída. Pretendemos abrir os ollos a mozos e mozas ante unha sociedade que inculca determinados roles sociais a base de estereotipos equivocados que rematan en patróns de conduta violentos e aniquiladores, por un lado, e en vítimas polo outro.

Moito camiño temos por diante aínda: vivindo en constante cambio, as men-saxes de amor romántico seguen retrotraéndonos a un pasado de subordina-ción intrínseca das mulleres. Son os comportamentos de posesión, non res-pecto, violencia e engano os que fan dano en nome do MAL AMOR, pero non do Amor. Seremos quen de construír novas formas de amar que non danen, amores que non aten con cadeados e que non se transformen en centros de vida?

Gracia SantorumProfesora de Lingua e Literatura Galega do IES Laxeiro

8

Page 11: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Actividade Didáctica

Page 12: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero
Page 13: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Alumnado

Page 14: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero
Page 15: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

MARÍA JÁCOME IGLESIAS

penso en violenciapenso en miles de mortes

penso en mulleres.LUCÍA NOVOA FROIZ

13

Page 16: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Quero ser libreQuero ser un paxaroQuero voarMONSERRAT VÁZQUEZ FRAIZ

ANA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ14

Page 17: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

MANUEL A. AMOR HERNÁNDEZ

El e ela sósNo medio da penumbra

Castigo mortoMIGUEL LAMAZARES FERNÁNDEZ

15

Page 18: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Días escurosHomes maltratadoresEn noites clarasANDREA CARBALLUDE BELEDA

SANTIAGO RODRÍGUEZ BALDONEDO - JENNY RODRÍGUEZ GARCÍA16

Page 19: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Un home e mais Unha muller non son

moi diferentesÍKER GONZÁLEZ RODRÍGUEZ

IDOYA LÓPEZ SA 17

Page 20: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Ilusións rotaspor un maltratadorCorazón pobreELENA IGLESIAS MEDELA

LUCÍA LEIVA DIÉGUEZ18

Page 21: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Ollos chorososEles son o teu cárcere

Corazón rotoENMANUEL MOSQUERA FOCIÑOS

ENMANUEL MOSQUERA FOCIÑOS 19

Page 22: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Brilla o solPero non o amorNa habitaciónDANIEL SOUTO FROJÁN

ALBA GARCÍA OTERO - ADRIÁN MATO RODRÍGUEZ - DAVID AGRA REBOLO20

Page 23: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Amor en guerramuller desesperada

a man alzadaIVÁN MOREIRA BARREIRO

LAURA GARCÍA MOLDES 21

Page 24: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Non a maltratesDíxome a margaridaVéndose calvaCARLA GONZÁLEZ SILVA

VALERIA FERNÁNDEZ BLANCO22

Page 25: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Ollos moradose bágoas que caen

Berros no ar SOLEDAD OTERO GÓMEZ

NOELIA GARCÍA BERMÚDEZ 23

Page 26: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Bágoas delasNon as queremos, nonAmor é aprecioLAURA NOVOA FROIZ

JENNIFER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ - PILAR GONZÁLEZ GUIMARAESSERGIO SAAVEDRA PENIDO - CARLOS OTERO GONZÁLEZ

24

Page 27: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

bágoas caencal fráxil bolboreta

veas marcadasANA GARCÍA LOIS

HELENA SANTALLA FERNÁNDEZ 25

Page 28: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Non che son títerecon quen poder xogarnin maltratarCRISTINA COSTELA SEARA

NURIA DOBARRO SÁNCHEZ26

Page 29: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

A noite chegaentre os puños brancos

aterradora.ADRIÁN MARÍN PRIETO

TOMÁS VIANA FERNÁNDEZ 27

Page 30: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Volviches darCorazón xa partidoDis amor... NON!JORGE GARCÍA GARCÍA

FRANCISCO JAVIER RIVAS SANTOMÉ28

Page 31: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Medo nos ollosBágoas nas meixelas

Golpes, desprezoDIEGO PEREIRO GONZÁLEZ

ZAIRA GONZÁLEZ SÁNCHEZ EVA MARÍA GONZÁLEZ TREVÍN

AVELINO SOUTO ROZADOS 29

Page 32: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Medo ós díasO seu chegar doíaNinguén o vía.LAURA CARELLI CORTIZO

BRUNO CÉSAR ALVES 30

Page 33: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Amores falsosPromesas incumpridas

Machismo cero!ALBA RODRÍGUEZ ROIS

ANDREA VÁZQUEZ ÁLVAREZ 31

Page 34: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Unha flor chorae unha rosa taménBágoas tenADRIÁN DOVAL ESTÉVEZ

JORGE GONZÁLEZ MÉNDEZ32

Page 35: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Choros e berrosEntre catro paredes

Amor mortalDAVID DE LA TORRE FERNÁNDEZ

NEREA ÁLVAREZ GONZÁLEZ 33

Page 36: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Berros, bágoasperdidas, cada noitee cada díaLAURA CASTRO PINZÓN

LAURA GARCÍA MOLDES - IRIA VARELA VARELA34

Page 37: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Tantas historiasNon hai finais felices

A onde levan?ADRIANA CANGADO COSTA

LUÍS ALBERTO VÁZQUEZ PUMEDA 35

Page 38: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Sempre te quixo.déixaslle marcas negras,pides perdón.ANABEL RAMOS BENDOIRO

SARA DAPARTE BARROS36

Page 39: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Síntome escravaEn mans dos beizos teus

Síntome obxecto ANA SANTALLA GARRIDO

JULIA CACHEDA COUTO - ANABEL RAMOS BENDOIRO 37

Page 40: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Non chores dona,Viviches un infernoXa voas libre!FRANCISCO JAVIER RIVAS SANTOMÉ

UXÍO SILVA ÁLVAREZ38

Page 41: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Gozar da vidaViolencia de xénero

Quedar sen elaDIEGO AGRA BARREIRO

SERGIO QUINTEIRO VARELA 39

Page 42: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Por ser mullerNon inferior te sintasAlza a túa voz!ALBA GARCÍA GONZÁLEZ

ANDREA CARBALLUDE BELEDA40

Page 43: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Cada golpe éUnha bágoa de sangue

e mil feridasLAURA SOENGAS COEGO

DAVID MOLANES MARTÍNEZ 41

Page 44: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Maltratada éco seu corazón rotoninguén a veDAVID DÍAZ CARBALLAL

MARTA OJEA GUTIÉRREZ42

Page 45: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Folla que caeárbore triste que chora

Corazón que ardeDAVID TABOADA DOVAL

NOELIA BLANCO PÁJARO (3) 43

Page 46: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Non caerei,nunca, nun mar de bágoasValor xa teñoÁNXELA BARRIO VARELA

ALEJANDRO FERNÁNDEZ LIÑARES44

Page 47: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Tragar salivaPuñadas perdoar

Dime qué fixenMARÍA VIANA ROZAS

ADRIÁN MATANZAS BARROS 45

Page 48: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Dis sentir amorSe danas ou maltratasAmor non tes, non!BRAIS LALÍN SILVA

ROBERTO AGRA BUJÁN - NEREA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ46

Page 49: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Golpes, insultos,humillacións e dores

Isto é amor?JUAN MANUEL PÉREZ PEDROUZO

DANIEL LAMAS VILLANUEVA 47

Page 50: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Corazón rotopor un maltratadorsen corazónDAVID BESTEIRO PEREIRO

DANIEL GAVIEIRO SUCO - YAHYA ZERGUIT - AGUSTÍN GONZÁLEZ CELA48

Page 51: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Quero espertarDo soño que me mata

Volver á vidaLARA VERDE IGLESIAS

MIGUEL DA CUNHA PEDREIRA 49

Page 52: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Caen as bágoasporque levantou a manMorreu o amorMARÍA JÁCOME IGLESIAS

NURIA CERDEIRA REY - CARLOTA MUÑOZ RIELO50

Page 53: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Deixouna rotaE nunca, nunca máis

volveu amarNOELIA BLANCO PÁJARO

ALBA RODRÍGUEZ ROIS 51

Page 54: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Xa non hai dorSon forte e non o vesDerroteite xaFÉLIX ESTÉVEZ MONTEAGUDO

DAVID MÉIJOME SEIJAS - JAVIER IGLESIAS AZURMENDI52

Page 55: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Non sufras máis,Non mires para atrás,

Non morrerás.MARCOS SAMPAYO PARDO

JOSÉ MANUEL FARIÑA MOLARES 53

Page 56: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Falar non pode,pedir axuda menos.El non a deixa.MARÍA IGLESIAS IGLESIAS

MÓNICA ALBA IGLESIAS54

Page 57: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Túa violenciaA miña noite en pena

Falso perdónLAURA GARCÍA MOLDES

ALBERTE PAYO LARA 55

Page 58: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Querer voar libremais ter que ir a pélevándote elFRANCISCO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

SARA CARAMÉS FERNÁNDEZ56

Page 59: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

A neve brancaO meu corazón negro

Cando me berrasNEREA RAMOS IGLESIAS

MARCOS SAMPAYO PARDO 57

Page 60: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Bágoas saltanno corazón doridoAnegan maresMARÍA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

BEGOÑA BUJÁN GARCÍA58

Page 61: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Discusións, berros,os pratos estragados.

Ela só chora.REBECA FERNÁNDEZ PICHEL

LAURA GARCÍA MOLDES 59

Page 62: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Mantente forteSegue cara adianteLoita por tiMARTA OJEA GUTIÉRREZ

SERGIO CARAMÉS OTERO60

Page 63: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Son marionetaen mans violentas que

teñen poderNOELIA RIVADULLA MÉNDEZ

SHEILA IGLESIAS CRESPO 61

Page 64: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

IndesexableEs ti a miña morteMaltratadorNEREA ÁLVAREZ GONZÁLEZ

SHEILA IGLESIAS CRESPO62

Page 65: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Querer e odiarson un seguro exemplo

dun mal amorTELMO GARCÍA CASTRO

NOA PRESAS GONZÁLEZ 63

Page 66: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Vinte e catro horasMil bágoas derramadasPor violaciónsZAIRA MÍGUEZ LÓPEZ

VERÓNICA VÁZQUEZ PUMEDA64

Page 67: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Portas pechadasSempre medo no corpo

Xustiza xa!!!SARA DAPARTE BARROS

KATIA PEREIRA GONZÁLEZ - ALBA GÓMEZ BARROS 65

Page 68: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Na escuridadeo teu pranto reflicteA túa dorMIGUEL GONZÁLEZ TABOADA

DIEGO PEREIRO GONZÁLEZ66

Page 69: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Castigar sempreningunha compaixón

detrás das reixas.RUBÉN TABOADA SILVA

LUCÍA LOUZAO BÉRTOLO 67

Page 70: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Contra a violenciatoda a xente unidaten que loitarJACOBO JORGE HERMIDA

JAVIER CASTRO SOTO68

Page 71: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Sente ao falarDo home co que casa

Presente medoNOELIA FERREIRO REBOREDO

HÉCTOR FERNÁNDEZ PEREIRO 69

Page 72: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Tristes palabrasEsquecidas as notasDa túa canciónLAURA MARIÑO GARCÍA

DAVID DAPARTE DEZA70

Page 73: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Seres violentosAs dores agochadas

Só sufrimentoMARÍA JOSÉ PRESAS GIMBUTIS

RODRIGO VÁZQUEZ CARAMÉS 71

Page 74: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Nervios, soidadecoa mirada sen luza liberdadeMARCOS DOVAL ESTÉVEZ

NOELIA FERREIRO REBOREDO72

Page 75: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

A maquillaxe pode tapar os golpes

mais non a dorJULIA CACHEDA COUTO

BRAIS GARCÍA FERNÁNDEZ 73

Page 76: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

A muller chora,ás veces en silenciosen que a vexan.LARA RODRÍGUEZ SOTO

ZAIRA GONZÁLEZ SÁNCHEZ74

Page 77: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Cinto ben soltoO camiño sen sinais

Corazón rotoLORENA VÁZQUEZ CODESIDO

CARLA GONZÁLEZ SILVA - ANTÍA ROZAS ROZAS - JOSÉ LÓPEZ FARIÑA (VERTICAL) 75

Page 78: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

“Cando maltratodeixo de ser persoa”Debes pensarRAQUEL GARCÍA RODRÍGUEZ

IRENE MARIÑO BALDONEDO76

Page 79: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Os grilos cantanA noite achégase

Os berros cheganUXÍO SILVA ÁLVAREZ

ÁNXELA BARRIO VARELA - TELMO GARCÍA CASTRO 77

Page 80: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Faslle gran danoBerros, negróns, cariciasDe ti dependeHUGO DAFONTE SENANDE

SILVIA BRUGUERA PEREIRO - MARÍA RODRÍGUEZ GONZÁLEZBEATRIZ GONZÁLEZ TABOADA78

Page 81: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

E sen querelopasou de ser a amada

a ser a vítimaVERÓNICA GONZÁLEZ SALAS

ALBERTO BLANCO IGLESIAS 79

Page 82: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

O maltrato écovardía do homesen argumentosNATALIA GONZÁLEZ MOURIÑO

LUÍS PENALTA MUÍÑOS - NOELIA VÁZQUEZ VAL80

Page 83: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Que sufrimentoA besta dentro mora

e ela atrapadaREBECA LEDO BARREIRO

MARÍA LÓPEZ PIÑEIRO 81

Page 84: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Medo plasmadona súa triste mirada.Está a chegar.JUAN SIEIRO REBOREDO

LUNA MOUNIATI FERRADÁS - BRAIS ORO GARCÍA82

Page 85: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Muller espelloa dor faina chorar

corpo ferido.VERÓNICA VÁZQUEZ PUMEDA

GABRIEL LÓPEZ SANTISO 83

Page 86: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Non, o coiteloNon, a puñada, nonAs mans abaixoMARIO SILVA CANDA

ÍKER CALVO PÉREZ84

Page 87: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Está tan cegaComa quen sol non ve

Por culpa delTATIANA TABOADA SILVA

NOA VILLAR GALLEGO - AITANA IGLESIAS RODRÍGUEZ - MARIO SILVA CANDA 85

Page 88: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Unha muller non é xoguete parautilizarSUEVIA JÁCOME BELAY

CELIA BLANCO AREÁN - FACUNDO PEYRET OVIEDO86

Page 89: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Sangue xeadoPensando en maltratar

Corazón negroLUCÍA OTERO GÓMEZ

HUGO DAFONTE SENANDE 87

Page 90: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Non son un xogoNon podes maltratarmeComo che prazaNOELIA CARREIRA SAAVEDRA

ADRIANA CANGADO COSTA - DAVID DÍAZ CARBALLAL88

Page 91: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Estamos soasEntre catro paredes

EnsanguentadasBELÉN TABOADA BARROS

VANESA LALÍN POUSA 89

Page 92: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero
Page 93: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Profesorado

Page 94: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero
Page 95: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Silencio. Nuncamáis! Berra forte agora.

Non o permitas.GRACIA SANTORUM

ARÁNZAZU DIÑEIRO 93

Page 96: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Querida, luzQuerida, gris tormentaQuerida, negroLUÍS JAR

ARÁNZAZU DIÑEIRO94

Page 97: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Vivo no medo,fero can que mordes

os meus adentrosMANUEL BUSTO

MAR GARCÍA 95

Page 98: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Vin un paxaroleva fío no pico...dor de invernoUXÍO GRANDE

MAR GARCÍA96

Page 99: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Cal toxo secovivía sen chorimas

triste soidadeXAVIER GALEGO

ARÁNZAZU DIÑEIRO 97

Page 100: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero
Page 101: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Colaboracións

Page 102: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero
Page 103: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

fronte aos astros esquezo e corazón

danzar é ceibeCHUS PATO

MAR GARCÍA

Page 104: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Deixou o vento as árbores espidas. En min, tristeza.AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

ARÁNZAZU DIÑEIRO102

Page 105: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Eles, xa donos, someteron as deusas

e a nai terra.XESÚS RÁBADE PAREDE

ARÁNZAZU DIÑEIRO 103

Page 106: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Amarrada a el Tremer co gozo triste da que se abaixaXINA VEGA

MAR GARCÍA104

Page 107: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Pinga a pinga alto o sangue berra

o amor fuxiuALFREDO FERREIRO

MAR GARCÍA 105

Page 108: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Non teña medo.Agárdanos un mare somos velas.ANA Mª FERNÁNDEZ

ARÁNZAZU DIÑEIRO106

Page 109: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Ningunha flor nun puño medrará.

Terra, auga, ceo.MAR BENEGAS

ARÁNZAZU DIÑEIRO 107

Page 110: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

man pechada cor que se espalla moradanas miñas asasMARÍA REIMÓNDEZ

MAR GARCÍA108

Page 111: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

fenda de lilaaire berro corazón

que dentro bateANTÍA OTERO

MAR GARCÍA 109

Page 112: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Tres labazadas remata a discusión desta parellaJESÚS GE

ARÁNZAZU DIÑEIRO110

Page 113: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

en mar ardemos, nun soño en Oia ardemos

Resga o océanoORIANA MÉNDEZ

ARÁNZAZU DIÑEIRO 111

Page 114: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Detente e mírame Ti non es máis ca min: bate a soberbia.HELENA VILLAR JANEIRO

ARÁNZAZU DIÑEIRO112

Page 115: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Trebón que batenos ollos da inocencia,

morte dos soñosCHISCO FERNÁNDEZ NAVAL

ARÁNZAZU DIÑEIRO 113

Page 116: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Ai, falso amante non me fales de paces, mentres me feres.JORDI SIERRA I FABRA

MAR GARCÍA114

Page 117: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Busca quen eslonxe de amarga sombra

e xa non tremas.ROSA HUERTAS

ARÁNZAZU DIÑEIRO 115

Page 118: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Arde de amorluz da estrela fugaz,cinsa agostadaANTONIO REIGOSA

MAR GARCÍA116

Page 119: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Secan os ríos. A morte chega lenta.

O sangue cala.MARÍA DO CEBREIRO

MAR GARCÍA 117

Page 120: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Toco cos dedosa luz nova do día.Pasos tan lenes.XABIER DOCAMPO

MAR GARCÍA118

Page 121: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

A rosa brancacurva signos vermellos

na desolación.ANTÓN RIVEIRO COELLO

ARÁNZAZU DIÑEIRO 119

Page 122: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Primavera foi prender lume ás inxurias que me xeaban.ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL

MAR GARCÍA120

Page 123: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Verse no espello. Pensar en Hiroshima

despois da bomba.LEDICIA COSTAS

ARÁNZAZU DIÑEIRO 121

Page 124: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

As merendeiras,bicos do Ceo á Terra.Botas de cazaXOÁN BABARRO

ARÁNZAZU DIÑEIRO122

Page 125: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Bágoas fríasmollan negras gadoupas.

Berra o silencio.ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

MAR GARCÍA 123

Page 126: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Todo en calma. Ti xa non estás aquí, ninguén me dana.JOAN MANUEL GISBERT

ARÁNZAZU DIÑEIRO124

Page 127: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Non é princesa Cántase dona de seu

Puño detido.FRANCISCO CASTRO

MAR GARCÍA 125

Page 128: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Sombra anónimada morte en propiedadeElas Somos Nós!MERCEDES QUEIXAS

MAR GARCÍA126

Page 129: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Abre o armario escachiza os seus tops

e minisaiasRAÚL VACAS

MAR GARCÍA 127

Page 130: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Non, non e non.Cando digo non é non.Non é talvez: nonROSA ANEIROS

MAR GARCÍA128

Page 131: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Só quereríaAtopar entre a brétema

Sombra da luzXOSÉ COBAS

XOSÉ COBAS 129

Page 132: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Tiña un sorriso Despois un campo morto Labios e dentesLUCÍA ALDAO

MAR GARCÍA130

Page 133: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Vexo negrura na liña do horizonte.

Dor nas feridas.CONCHA BLANCO

MAR GARCÍA 131

Page 134: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Escura noitecobre tebrosa o ceo.É o inferno.MARÍA CANOSA

MAR GARCÍA132

Page 135: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Arredar de sia man que todo xea

voltando á vidaDORES TEMBRÁS

MAR GARCÍA 133

Page 136: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

EspeluxadaUnha árbore sen follasTreme co frío!XAVIER QUEIPO

MAR GARCÍA134

Page 137: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Soa contigoe en perigo ao teu lado.

Final da historia.JUAN CARLOS MARTÍN RAMOS

ARÁNZAZU DIÑEIRO 135

Page 138: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

As cicatrices vomitan sangue morto na marca da man.XOSÉ DANIEL COSTA CURRÁS

ARÁNZAZU DIÑEIRO136

Page 139: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Alegría no corpoindependencia sermos

Amoramarte.MARGA DO VAL

MAR GARCÍA 137

Page 140: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

HAI-DORGolpes de gorxa as palabras que feren: morte de Amor.MIRO VILLAR

MAR GARCÍA138

Page 141: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

ASÍ COMEZAEl dixo puta.

O vento levantouse. Todo cambiou.

YOLANDA CASTAÑO

MAR GARCÍA 139

Page 142: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Meu ollo mourén máis ca un caritel é o teu cuño de odioMARÍA XOSÉ QUEIZÁN

MAR GARCÍA140

Page 143: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Voaron corvos machosVai sol

Levantouse un vento de vozCELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN

ARÁNZAZU DIÑEIRO 141

Page 144: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

MEDIDA NADA POÉTICAO teu amor mide menos de sete sílabas:tres de maltrato.CARLOS NEGRO

MAR GARCIA142

Page 145: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

COLABORADORES E COLABORADORAS POR ORDE ALFABÉTICA

Agustín Fernández PazAlfredo Ferreiro

Ana Mª Fernández Antía Otero

Antón Riveiro CoelloAntonio García Teijeiro

Antonio ReigosaCarlos Negro

Celso Fernández SanmartínConcha Blanco

Chisco Fernández NavalChus Pato

Dores TembrásFrancisco Castro

Helena Villar JaneiroJesús Ge

Joan Manuel GisbertJordi Sierra I Fabra

Juan Carlos Martín RamosLedicia Costas

Lucía AldaoMar BenegasMarga Do ValMaría Canosa

María Do CebreiroMaría Reimóndez

María Xosé QueizánMercedes Queixas

Miro VillarOriana Méndez

Raúl VacasRosa AneirosRosa Huertas

Rosalía Fernández RialXabier Docampo

Xavier QueipoXesús Rábade Parede

Xina Vega Xoán BabarroXosé Cobas

Xosé Daniel Costa CurrásYolanda Castaño

PROFESORADO POR ORDE ALFABÉTICA DOS APELIDOS

Manuel BustoXavier GalegoUxío Grande

Luís JarGracia Santorum

Page 146: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

Diego Agra BarreiroRoberto Agra BujánDavid Agra ReboloMónica Alba IglesiasNerea Álvarez GonzálezManuel A. Amor HernándezÁnxela Barrio VarelaDavid Besteiro PereiroCelia Blanco AreánAlberto Blanco IglesiasNoelia Blanco PájaroSilvia Bruguera PereiroBegoña Buján GarcíaÍker Calvo PérezAdriana Cangado CostaSara Caramés FernándezSergio Caramés OteroAndrea Carballude BeledaLaura Carelli CortizoNoelia Carreira SaavedraLaura Castro PinzónJavier Castro SotoNuria Cerdeira ReyBruno César AlvesCristina Costela SearaMiguel Da Cunha PedreiraHugo Dafonte SenandeSara Daparte BarrosDavid Daparte DezaDavid de la Torre FernándezDavid Díaz CarballalNuria Dobarro SánchezAdrián Doval EstévezMarcos Doval EstévezFélix Estévez MonteagudoJosé Manuel Fariña MolaresValeria Fernández BlancoAlejandro Fernández LiñaresHéctor Fernández PereiroRebeca Fernández PichelJennifer Fernández RodríguezNerea Fernández RodríguezNoelia Ferreiro ReboredoNoelia García Bermúdez Telmo García CastroBrais García FernándezJorge García GarcíaAlba García GonzálezAna García LoisAndrea García MéndezLaura García Moldes

Alba García OteroRaquel García RodríguezDaniel Gavieiro SucoAlba Gómez BarrosAgustín González CelaAna González FernándezPilar González GuimaraesJorge González MéndezNatalia González MouriñoÍker González RodríguezVerónica González SalasZaira González SánchezCarla González SilvaBeatriz González TaboadaMiguel González TaboadaEva María González TrevínJavier Iglesias AzurmendiSheila Iglesias CrespoMaría Iglesias IglesiasElena Iglesias MedelaAitana Iglesias RodríguezSuevia Jácome BelayMaría Jácome IglesiasJacobo Jorge HermidaVanesa Lalín PousaBrais Lalín SilvaDaniel Lamas VillanuevaMiguel Lamazares FernándezRebeca Ledo BarreiroLucía Leiva DiéguezJosé López FariñaMaría López PiñeiroIdoya López SaGabriel López SantisoLucía Louzao BértoloAdrián Marín PrietoIrene Mariño BaldonedoLaura Mariño GarcíaAdrián Matanzas BarrosAdrián Mato RodríguezDavid Méijome SeijasZaira Míguez LópezDavid Molanes MartínezIván Moreira BarreiroEnmanuel Mosquera FociñosLuna Mouniati FerradásCarlota Muñoz RieloLaura Novoa FroizLucía Novoa Froiz Marta Ojea GutiérrezBrais Oro García

Lucía Otero GómezSoledad Otero GómezCarlos Otero GonzálezAlberte Payo LaraLuís Penalta MuíñosKatia Pereira GonzálezDiego Pereiro GonzálezJuan Manuel Pérez PedrouzoFacundo Peyret OviedoMaría José Presas GimbutisNoa Presas GonzálezSergio Quinteiro VarelaAnabel Ramos BendoiroNerea Ramos IglesiasNoelia Rivadulla MéndezFrancisco Javier Rivas SantoméSantiago Rodríguez BaldonedoFrancisco Rodríguez FernándezJenny Rodríguez GarcíaMaría Rodríguez GonzálezAlba Rodríguez RoisLara Rodríguez SotoAntía Rozas RozasSergio Saavedra PenidoMarcos Sampayo PardoHelena Santalla FernándezAna Santalla GarridoJuan Sieiro ReboredoUxío Silva ÁlvarezMario Silva CandaLaura Soengas CoegoDaniel Souto FrojánAvelino Souto RozadosBelén Taboada BarrosDavid Taboada DovalRubén Taboada SilvaTatiana Taboada SilvaIria Varela VarelaAndrea Vázquez ÁlvarezRodrigo Vázquez CaramésLorena Vázquez CodesidoMontserrat Vázquez FraizLuís Alberto Vázquez PumedaVerónica Vázquez PumedaNoelia Vázquez ValLara Verde IglesiasTomás Viana FernándezMaría Viana RozasNoa Villar GallegoYahya Zerguit

ALUMNADO POR ORDE ALFABÉTICA DOS APELIDOS

Page 147: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero
Page 148: Libro do mal amor haikus contra a violencia de xenero

LIBRO DO MAL AMOR• Haikus contra a violencia de xénero •

LIBR

O DO

MAL

AM

OR •

Haik

us c

ontr

a a

viol

enci

a de

xén

ero •

UNIÓN EUROPEAFondo Social EuropeoO FSE Inviste no teu futuro