larada setembro

8
SETEMBRO 2012 nº 44 - Ano IV O que paraliza a vida é o non crer e o non atreverse. (Pierre Teilhard de Chardin) TEMPO DE CAMBIOS Agora que están a pasar bo número de festas, romerías e troulas varias (aínda que quedan outras moitas), xa case nos achegamos á fin do verán. A calor, os días máis longos e as vacacións, son aproveitadas para que as familias se reúnan en torno a un xantar (mesa compartida) ou ás festas patronais. Aínda non se escoitou moito falar do síndrome posvacacional... claro, entre que hai moitas persoas que non teñen vacacións, moitos das cales levan anos sen telas, e que non está o forno para bolos xa que ter traballo remunerado vese complicado nestes intres, case é un privilexio o que antes parecía razoable e xusto. O título ten que ver con aspectos da vida de todo tipo, e tamén co xeito como asimilamos e como nos enfrontamos con diferentes etapas vitais, ou incluso con relación a pequenos ou grandes cambios estacionais ou de tarefas. As accións nas que estamos metidos, ou as cousas que nos pasan, como perda de traballo, chegada de novos veciños, cambio de vivenda, novos retos, etc., teñen todas un sentido nas nosas vidas. O caso é con que ollos vemos ese sentido. Ás veces temos tan interiorizado mecanismos de defensa, ou perspectivas negativas ou de medo ao novo ou angustia, que nos impiden ver o profundo da cuestión que nos afecta ou a forma de ver as cousas que nos arrodean. No fondo, quizais isto ten que ver co que se vén chamando lectura crente da realidade, que non é máis que percibir a presenza de Xesús de Nazaret nos acontecementos do día a día. Ese Deus que se vai revelando de formas diversas, e que o imos percibindo tamén en contextos variados. Aí entra a liberdade humana pero, e sobre todo, a vontade, ou sexa, qué poñemos nós para compartir a presenza do Resucitado. Por poñer un exemplo: se teño unha torcedura nun nocello, podo velo como unha chamada de atención á miña impetuosidade, pois terei que gardar algo de repouso (se é que ben me quero e lle fago caso aos médicos); tamén podo pensar que é unha forma de avisar que teño que adicar máis momentos de oración, e así aproveitar para ler algún libro ou algún salmo mentras estou sentado; e tamén me podo lembrar, facendo oración, daquelas persoas que teñen doenzas físicas e psíquicas máis serias, formando dalgún xeito unha comuñón con elas, etc. Ou ben podo matinar: isto só me pasa a min, quen me mandaría pisar onde non se debe, por que Deus me castiga tendo que repousar?; que vou facer agora?, non podo facer nada por culpa desta perna miña, non vallo nada, etc. Comezo de curso, recollida de novos folgos, caras novas, pequenos ao cole, grandes ás tarefas, todas necesarias. Dende esta parroquia animámosvos a seguir formando parte dela, dun ou doutro xeito. Dicía Xoán Paulo II que a parroquia é coma a fonte que todo pobo ten na súa praza, a onde os veciños ían a saciar a súa sede e atoparse. Tedes sede? Seguro? Vinde a beber desta auga tranquila e mansa. Alfredo Losada SUMARIO Actividades Igrexa (Páxina 2) O diálogo interrelixioso (Páxina 3) Á calor da Palabra (Páxina 4) Rostros do barrio (Páxina 5) Avanzando na Ensinanza Social da Igrexa (Páxina 6) Reflexións de verán (Páxina 7) Axenda (Páxina 8)

Upload: ma-dolores-mantinan-loureiro

Post on 11-Mar-2016

232 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Revista parroquial mensual

TRANSCRIPT

Page 1: LARADA SETEMBRO

re v is ta p a rro q u ia l m e n s u a l d e S a n C ris to v o d a s v iñ a sM a rz o 2 0 0 9 n º2 - A n o I

SETEMBRO 2012 nº 44 - Ano IV

O que paraliza a vida é o non crer e o non atreverse. (Pierre Teilhard de Chardin)

TEMPO DE CAMBIOS

Agora que están a pasar bo número de festas, romerías e troulas varias (aínda que quedan outras

moitas), xa case nos achegamos á fin do verán. A calor, os días máis longos e as vacacións, son aproveitadas

para que as familias se reúnan en torno a un xantar (mesa compartida) ou ás festas patronais.

Aínda non se escoitou moito falar do síndrome

posvacacional... claro, entre que hai moitas persoas que non

teñen vacacións, moitos das cales levan anos sen telas, e que

non está o forno para bolos xa que ter traballo remunerado vese

complicado nestes intres, case é un privilexio o que antes

parecía razoable e xusto.

O título ten que ver con

aspectos da vida de todo tipo, e

tamén co xeito como asimilamos e

como nos enfrontamos con

diferentes etapas vitais, ou incluso

con relación a pequenos ou

grandes cambios estacionais ou de tarefas.

As accións nas que estamos metidos, ou as cousas

que nos pasan, como perda de traballo, chegada de novos veciños, cambio de

vivenda, novos retos, etc., teñen todas un sentido nas nosas vidas. O caso é

con que ollos vemos ese sentido. Ás veces temos tan interiorizado mecanismos

de defensa, ou perspectivas negativas ou de medo ao novo ou angustia, que nos

impiden ver o profundo da cuestión que nos afecta ou a forma de ver as cousas

que nos arrodean.

No fondo, quizais isto ten que ver co que se vén chamando lectura

crente da realidade, que non é máis que percibir a presenza de Xesús de

Nazaret nos acontecementos do día a día. Ese Deus que se vai revelando de

formas diversas, e que o imos percibindo tamén en contextos variados. Aí entra

a liberdade humana pero, e sobre todo, a vontade, ou sexa, qué poñemos nós

para compartir a presenza do Resucitado.

Por poñer un exemplo: se teño unha torcedura nun nocello, podo velo como unha chamada de

atención á miña impetuosidade, pois terei que gardar algo de repouso (se é que ben me quero e lle fago caso

aos médicos); tamén podo pensar que é unha forma de avisar que teño que adicar máis momentos de oración,

e así aproveitar para ler algún libro ou algún salmo mentras estou sentado; e tamén me podo lembrar,

facendo oración, daquelas persoas que teñen doenzas físicas e psíquicas máis serias, formando dalgún xeito

unha comuñón con elas, etc.

Ou ben podo matinar: isto só me pasa a min, quen me

mandaría pisar onde non se debe, por que Deus me castiga tendo que

repousar?; que vou facer agora?, non podo facer nada por culpa desta

perna miña, non vallo nada, etc.

Comezo de curso, recollida de novos folgos, caras novas,

pequenos ao cole, grandes ás tarefas, todas necesarias. Dende esta

parroquia animámosvos a seguir formando parte dela, dun ou doutro

xeito. Dicía Xoán Paulo II que a parroquia é coma a fonte que todo

pobo ten na súa praza, a onde os veciños ían a saciar a súa sede e

atoparse. Tedes sede? Seguro? Vinde a beber desta auga tranquila e

mansa.

Alfredo Losada

SUMARIO

Actividades Igrexa

(Páxina 2)

O diálogo interrelixioso

(Páxina 3)

Á calor da Palabra

(Páxina 4)

Rostros do barrio

(Páxina 5)

Avanzando na Ensinanza

Social da Igrexa

(Páxina 6)

Reflexións de verán

(Páxina 7)

Axenda

(Páxina 8)

Page 2: LARADA SETEMBRO

A FUME DE CAROZO

XIII JORNADAS DE TEOLOGÍA DEL ITC

El Instituto Teológico Compostelano celebra en septiembre las XIII Jornadas

de Teología

Las decimoterceras Jornadas de Teología organizadas por el Instituto

Teológico Compostelano (ITC), que se desarrollarán en el edificio de San Martiño

Pinario, situado en la Plaza de la Inmaculada 5 y sede del Institutio, tendrán lugar del

4 al 6 de septiembre bajo el título "Redescubrir el camino de la fe: conocerla,

celebrarla, vivirla (Porta fidei, 2)".

Según el programa presentado, el ciclo abarcará un amplio abanico de

cuestiones relativas a la transmisión de la fe en un mundo, la propuesta creyente y el

diálogo ciencia-fe, y está dirigido principalmente a profesores, alumnos de Teología

y agentes de pastoral.

Aquellas personas interesadas podrán dirigirse a la Secretaría del ITC, a

través del número de teléfono 981 586 277 o en la cuenta de correo

electrónico [email protected].

ASAMBLEA DIOCESANA

Tendrá lugar el día 22 de septiembre, en el Colegio La Salle,

de Santiago de Compostela.

En ella se presentará el nuevo Plan Pastoral, que este año

tiene como lema:

“CELEBREMOS CON GOZO LA PALABRA DE DIOS”

A ella estamos invitados todos aquellos que nos sentimos

parte activa de la Iglesia: sacerdotes, religiosos, colaboradores

parroquiales, etc.

ACTIVIDADES PARROQUIALES

El próximo mes de octubre retomaremos de nuevo nuestras actividades,

tanto a nivel pastoral como a nivel social.

A la espera del nombramiento de nuevo párroco, os invitamos a animaros

a participar en la vida parroquial, porque sólo así, podremos formar una verdadera

comunidad viva, en la que todos y todas tenemos mucho que aportar.

Os mantendremos informados a través de nuestro tablón de anuncios y

del blog parroquial: www.sancristovodasvinas.blogspot.com

Gracias por estar ahí, por ayudarnos a ser y formar parroquia.

Page 3: LARADA SETEMBRO

A LAREIRA

O DIÁLOGO INTERRELIXIOSO

Nesta ocasión achegámonos ao tema do Diálogo Interrelixioso facendo unha pequena reseña

do libro: “EL FUTURO DEL DIÁLOGO INTERRELIXIOSO” de Juan Pablo García Maestro:

Para moitas cousas no cristianismo hai un antes e un despois do Concilio Vaticano II; tamén

para o diálogo interrelixioso.

Só basta con botar un vistazo a outro concilio, o de Florencia de 1442, onde se afirmaba que

“ Do modo máis firme sostemos, e de ningunha maneira dubidamos, que non só tódolos paganos,

senon tamén os xudeos e tódolos herexes e cismáticos que morran fóra da Igrexa Católica, irán ao

lume eterno”

No Vaticano II esta visión se cambia radiacalmente e na Declaracion Nostra Aetate se

afirma: “ A Igrexa Católica non rexeita nada do que nestas relixións hai de santo e verdadeiro.

Considera con sinceiro respecto os modos de obrar e vivir, os preceptos e doctrinas, que, por máis

que discrepen en moito do que ela profesa e ensina, non poucas veces reflexan un destello de

aquela Verdade que ilumina a tódolos homes...”

Hoxe en día, nun mundo globalizado é moi

importante este diálogo entre relixións. Tamén para os

cristianos é importante un achegamento a un

coñecemento da relixión do outro, un outro que ben

podería ser o meu veciño ou amigo. Pero coñecer a

relixión do outro significa algo máis que estar

simplemente informado sobre unha tradición

relixiosa. Implica entrar na pel do outro, ver o mundo

como el o ve, e acollerse a súa experiencia.

O diálogo interrelixioso debe estar marcado

pola caridade (que é a mirada chea de simpatía e que

vive no desexo de cooperara cos outros), o

discernimento, a purificación, a renovación e a

humildade.

A era do pluralismo relixioso nos obliga non só a experimentar a Deus dende o círculo

cerrado da Iglexa Católica, ou dende o Cristianismo en xeral, senon dende e cos membros das

distintas tradicións relixiosas coas que convivimos e conviviremos día a día.

O libro segue unha tese central que ven o resume: “Se unha relixión afirma que é a mellor e

o máis válido camiño para atoparse con Deus, aínda que haxa múltiples vías de acceso, ten que

mostrar a súa capacidade para inculturarse en contextos socioculturales e momentos históricos

diferentes. Esto implica unha identidade aberta e dinámica, en constante evolución e interacción, o

que permite asimilar elementos doutras tradicións, así como enriquecer o seu propio credo a partir

doutras contribucións que lle veñen de fora, sen que por iso perda os seus rasgos específicos”.

O diálogo entre as relixións non é un capricho, non é posible achegarse sós, encerrados no

egoísmo á riqueza infinita da oferta divina. Únicamente entre todos, dando e recibindo, nun

contínuo intercambio de descubrimentos e experiencias, de crítica e enriquecemento mutuo,

sentindo como propio o alleo e como dos demais o propio, vaise construíndo na historia a resposta

da revelación salvadora.

Nada nos pertence en exclusiva, e menos Deus. Cando se trata do verdadeiro e auténtico

debemos aprender que todo é de todos e que só o compartir enriquece, mentras que o acaparamento

empobrece.

Yolanda e Juan

Page 4: LARADA SETEMBRO

Á CALOR DA PALABRA

Domingo 9 (Mc 7,31-37)

En aquel tiempo salió Jesús del territorio

de Tiro, fue por Sidón y atravesó la Decápolis

hacia el lago de Galilea. Le llevaron un sordo

tartamudo y le rogaron que le impusiera sus

manos. Jesús lo llevó aparte de la gente, le metió

los dedos en los oídos, con su saliva le tocó la

lengua, alzó los ojos al cielo, suspiró y le dijo:

«¡Epheta!», que quiere decir «¡Ábrete!».

Inmediatamente se le abrieron los oídos y se le

soltó la atadura de la lengua, de modo que hablaba

correctamente. Les encargó que no lo dijeran a

nadie; pero cuanto más se lo ordenaba, más lo

proclamaban. Y en el colmo de la admiración

decían: «Todo lo ha hecho bien, hasta a los sordos

hace oír y a los mudos hablar».

Domingo 16 (Mc 6,1-6)

En aquel tiempo Jesús fue a su tierra

acompañado de sus discípulos. El sábado se puso

a enseñar en la sinagoga, y la gente, al oírlo, decía

asombrada: «¿De dónde le viene a éste todo esto?

¿Cómo tiene tal

sabiduría y hace

tantos milagros? ¿No

es éste el carpintero,

el hijo de María y el

hermano de Santiago,

de José, de Judas y de

Simón? ¿Y sus

hermanas no viven

con nosotros?». Y se

escandalizaban de él.

Jesús les dijo: «Sólo

en su tierra, entre sus parientes y en su casa

desprecian al profeta». Y no pudo hacer allí

ningún milagro, aparte de curar a algunos

enfermos imponiéndoles las manos. Y se quedó

sorprendido de su falta de fe. Recorrió después las

aldeas del contorno enseñando.

Domingo 23 (Mc 9,30-37)

Salieron de allí y atravesaron Galilea.

Jesús no quería que se supiera, porque estaba

enseñando a sus discípulos. Les decía: «El hijo del

hombre va a ser entregado en manos de los

hombres; lo matarán y, después de muerto, a los

tres días resucitará». Pero ellos no entendían estas

palabras y no se atrevían a preguntarle. Llegaron

a Cafarnaún y, una vez en casa, les preguntó:

«¿Qué discutíais por el camino?». Pero ellos

callaban, porque en el camino habían discutido

sobre quién entre ellos sería el más grande. Jesús

se sentó, llamó a los doce y les dijo: «El que

quiera ser el primero que sea el último y el

servidor de todos». Tomó en sus brazos a un

niño, lo puso en medio de ellos y les dijo: «El que

acoge a uno de estos pequeños en mi nombre me

acoge a mí; y el que me acoge a mí, no es a mí a

quien acoge, sino al que me ha enviado a mí».

Domingo 30 (Mc 9,38-43.45.47-48)

En aquel tiempo Juan dijo a Jesús:

«Maestro, hemos visto a uno que echaba los

demonios en tu nombre y no anda con nosotros, y

se lo hemos prohibido». Jesús dijo: «No se lo

prohibáis, porque nadie que haga un milagro en

mi nombre puede después hablar mal de mí; y el

que no está en contra de nosotros está a nuestro

favor». «El que os dé de beber un vaso de agua

por ser del Mesías, os aseguro que no se quedará

sin recompensa». «Al que escandalice a uno de

estos pequeñuelos que creen en mí, más le valdría

que le ataran al cuello una rueda de molino y lo

tiraran al mar. Si tu mano es para ti ocasión de

pecado, córtatela. Más te vale entrar manco en la

vida que ir con las dos manos al fuego que no se

apaga. Más te vale entrar cojo en la vida que ser

arrojado al fuego con los dos pies. Más te vale

entrar con un solo ojo en el reino

de Dios que ser arrojado con los

dos ojos donde el gusano no

muere y el fuego no se apaga.

Domingo 7 (Mc 10,2-16)

En aquel tiempo se le

acercaron unos fariseos y le

preguntaron con intención de

tentarlo: «¿Le está permitido al

hombre separarse de su mujer?».

Jesús les respondió: «¿Qué os mandó Moisés?».

Ellos dijeron: «Moisés mandó escribir un acta de

divorcio y despedirla». Jesús les dijo: «Moisés

escribió este precepto por la dureza de vuestros

corazones. Pero al principio de la creación Dios

los hizo macho y hembra. Por eso el hombre

dejará a su padre y a su madre y se unirá a su

mujer y serán los dos una sola carne. De manera

que ya no son dos, sino una sola carne. Por lo

tanto, lo que Dios ha unido, que no lo separe el

hombre». Ya en casa, de nuevo los discípulos le

preguntaron acerca de esto; Jesús les dijo: «El

que se separe de su mujer y se case con otra

comete adulterio contra la primera; y si la mujer

se separa de su marido y se casa con otro comete

adulterio». Le presentaron unos niños para que

les impusiera las manos. Los discípulos los

regañaban. Pero Jesús, al verlo, se indignó y les

dijo: «Dejad que los niños se acerquen a mí; no se

lo impidáis, porque de los que son como ellos es

el reino de Dios. Os aseguro que el que no reciba

el reino de Dios como un niño no entrará en él».

Los tenía en brazos y los bendecía imponiéndoles

las manos.

Page 5: LARADA SETEMBRO

MUXICAS

ROSTROS DO BARRIO

Unha imaxe parecida a esta é a que podemos

ver moitos mércores pola tarde na nosa parroquia.

Non fan cola, pero son moitas as persoas que

nese día se achegan ao centro parroquial para recoller

alimentos procedentes da Unión Europea. e/ou do

Banco de Alimentos de A Coruña.

Persoas de diferentes razas, idades,

condicións..., todas diferentes, pero tendo todas en

común unha economía moi precaria que lles impide

afrontar en moitos casos os gastos máis

“imprescindibles”, como poden ser os da vivenda e os

da alimentación.

Cada mércores hai máis porque cada vez a situación é máis difícil: aumenta o paro, diminúen as

prestacións e as axudas sociais... e todo se complica máis e máis.

Quizais non resulte “moi agradable” asomarse á ventá da nosa casa e ver esta imaxe, quizais haxa quen

dubide se algúns merecen esa axuda ou non, quizais mesmo algunha persoa quixera que isto non se fixese na

parroquia.

Non sei; a min tampouco me gusta o que vexo. Pero non porque sea unha “mala imaxe” para a zona,

nin porque “deixen todo cheo de lixo” ou “fagan moito ruido”, senón porque quixera que ninguén tivera que

depender da “caridade” para poder comer. Non son as persoas as que molestan: é todo o que provoca esta

situación.

Creo que, alomenos dende a parroquia, estas persoas, mellores ou peores, católicas ou non, xitanas,

negras ou paias, merecen ser recoñecidas como tal: PERSOAS, con rostro, con sentimentos, cunha vida detrás

máis ou menos dura e cunha vida por diante que en demasiados casos ven con moita escuridade.

Por iso hoxe, esta sección vai dedicada a todos os nosos veciños que neste momento o están pasando

verdadeiramente mal, que precisan da nosa axuda, porque nós estamos un pouco (ou un moito) mellor ca eles.

Son “rostros do barrio”, aínda que non nos guste moito recoñecelo. Hoxe son eles, pero mañá podemos ser

calquera de nós, porque ninguén está libre de que a súa situación cambie, por moi boa que sexa nun momento

dado.

Tal vez, se nos puxeramos un segundiño no seu

lugar, en vez de xulgalos, compadecelos, criticalos ou torcer

a cabeza porque “é mellor non ver” descubririamos que son

os nosos iguais e que os seus rostros e os seus ollos, cheos de

desesperanza e tristura moitas veces, ilumínanse cun sorriso

cando os miramos de fronte, e os recoñecemos tamén como

parte da nosa comunidade. E aínda máis: en moitas ocasións

poderiamos aprender moito deles, porque a pesares de non

ter case nada, a maioría son moi xenerosos, compartindo o

pouco que teñen, brindándose a axudar no que faga falta.

Vaia dende aquí o noso recoñecemento para eles. Ogallá as cousas se vaian arranxando e melloren, pero

mentres tanto, esperamos que dende a nosa Cáritas Parroquial, dende a nosa Parroquia, poidamos seguir

axudándoos, compartindo sobre todo “corazón”.

Dolores Mantiñán

Page 6: LARADA SETEMBRO

BRASAS

AVANZANDO NA ENSINANZA SOCIAL DA IGREXA

Se digo que toca falar da hipoteca social sobre a propiedad privada, moitos pensaredes, e con razón,

que vaia tostón filosófico vai soltar o listo este. Se digo que falarei de se é xusto ou moral o roubo nun

supermercado, entón subimos as antenas e nos preparamos para axexar todas e cada unha das palabras que se

van verter nesta revista. Falaremos das dúas cousas, que teñen moito que ver entre si.

Non por ser máis coñecido, o fío ímolo sacar da nova que sacudiu portadas de xornais no pasado mes

de agosto e que sigue dando xogo mediático. Ducias de traballadores collen un carro nun supermercado,

meten artigos de primeira necesidade (leite, pan, etc.) e saen sen pagar. Acto seguido fan a mesma cousa

noutro súper. Inmediatamente, van a un banco de alimentos e depositan todos os obxectos sustraídos.

A nivel legal, a conduta parece antixurídica e,

polo tanto, despois dun proceso xudicial, o lóxico

sería unha condena das persoas que formaron parte da

toma. A nivel moral... podemos acudir ao que nos di o

Catecismo, no nº 2408: “Non hai roubo se o

consentemento pode ser presumido ou se o

rexeitamento é contrario á razón e ao destino universal

dos bens. É o caso da necesidade urxente e evidente

en que o único medio de remediar as necesidades

inmediatas e esenciais (alimento, vivenda, vestido...) é

dispor e usar dos bens alleos.”.

E isto por que se proclama? Por piedade ou

conmiseración cara os máis pobres? Non tal. Máis ben polo principio de que todas as cousas, toda a creación,

debe servir á humanidade enteira, e ninguén pode ser excluído nin dela nin das cousas que proceden dos seus

froitos. Ademais, un Deus xerador e fonte da vida non quere que as persoas sufran por non poder vivir con

dignidade. Trátase, pois, do principio do destino universal dos bens, polo que as posesións que ostenta cada

persoa, deben estar ao servizo dos demais, máis aínda cando a situación de inxusta distribución da riqueza é

tan clara.

A tradición e os santos pais xa sinalaban a inmoralidade de determinados actos, e por poñer un

exemplo, comentaba Santo Tomás de Aquino: “E se a necesidade dalguén é tan grave e tan urxente que hai

que remediala co primeiro que se teña a man…, entón calquera pode remediar a súa necesidade cos bens dos

demais, tanto se os quita de modo público como segredo; e esta acción non reviste carácter de roubo nin de

furto” (Summa Theologica, 2ª 2ªe, cuestión 76).

González Faus, nunca carta dirixida ao ministro de interior,

comentaba que o goberno pretende facer recortes, para reunir 65.000

millóns de euros, pero ao mesmo tempo no noso país hai 16 persoas

cunha fortuna de preto de 60.000 millóns de euros. A crise creada en

parte polos bancos téñena que pagar os máis febles ou aqueles que se

teñen beneficiado economicamente deste capitalismo salvaxe?

E ollo! Que o Catecismo (nº 2409) tamén indica que son

contrarios ao sétimo mandamento determinadas accións, coma pagar

salarios inxustos, elevar os prezos especulando coa necesidade do outro ou facer variar artificialmente a

valoración dos bens co fin de obter un beneficio en detrimento alleo; a corrupción; a apropiación e o uso

privados dos bens sociais dunha empresa; os traballos mal feitos; o fraude fiscal; os gastos excesivos; a

dilapidación. Contra as persoas que cometen todas estas outras accións imos facer o mesmo xuízo que cos

traballadores que levaron comida a un banco de alimentos? Silencio.

Isto dos súper son labazadas á nosa conciencia e, sobre todo, á dos gobernantes que semellan

pensar máis nos seus intereses ca nos dos máis febles. Mais cómpre que reine a solidariedade por

riba do individualismo. Nolo esixen Xesús e os pobres. E outro día falaremos da distribución de

bens a través das cadeas alimentarias, que tamén é fariña doutro costal.

Alfredo Losada

Page 7: LARADA SETEMBRO

LUME ABERTO

REFLEXIONES DE VERANO SOBRE LOS TIEMPOS QUE VIVIMOS

El verano es un tiempo que te permite, si tienes

la oportunidad de disfrutar de vacaciones, reflexionar

sobre lo que está pasando o lo que puede suceder.

Además, en ocasiones el propio lugar de descanso nos

ofrece paisajes, lugares o circunstancias que se

convierten en metáfora de la vida y del acontecer diario.

Algo de esto es lo que me ha sucedido este verano

paseando por la villa y lo pueblos cercanos al lugar

donde paso mi tiempo de descanso.

Digamos que me refiero a un pueblo de la costa

gallega, no muy grande, de esos que se llenan en la

época estival triplican su población con los veraneantes,

y en el resto del año están casi vacíos. Tiene su cuartel

de la Guardia Civil, su iglesia, el ayuntamiento y los consabidos bares y restaurantes, no muchos en ambos

casos.

La singularidad de este típico pueblo gallego es que a menos de un kilómetro tiene una urbanización

a medio construir. Hay pisos ocupados, otros comprados que se venden o alquilan, chalets acabados sin

vender, otros que se han quedado en el esqueleto y fincas en las que no se ha movido un ladrillo. Frente de

este reflejo de la burbuja inmobiliaria tenemos un campo de golf en uso, presuntamente destinado a dar

servicio a la urbanización.

Quizá todo es fruto del pensamiento ocioso de un veraneante, pero a mí se me ocurre que esa

urbanización nos interpela como ejemplo de la crisis que está transformando nuestra sociedad. La inmensa

cantidad de viviendas que se planificaron refleja la orgía de consumo en que nos sumergimos, animados por

los financieros y los políticos que creían haber alcanzado la fórmula de la riqueza permanente y creciente.

Todos esos pisos y chalets desocupados, las fincas vacías y demás oferta de alquileres es el paisaje que queda

después de que todos los que habían sido temerariamente animados a comprar perdiesen la capacidad para

ello, lanzados a las listas del paro o recortando hasta la supervivencia su nivel de consumo. Y no nos

olvidemos del campo de golf, ese espacio donde se mueven con naturalidad los ciudadanos a los que los

duros tiempos que vivimos les quedan lejanos, ecos de los telediarios o de los titulares de los periódicos que

no van con ellos.

Junto a este paisaje decadente pasan hombres y

mujeres, trabajadores y contribuyentes que están sufriendo los

efectos de la crisis económica, conscientes o ajenos a su papel

de actores secundarios del drama que otros escriben y que

para ellos suponen más dificultades para vivir o menos futuro

para sus hijos.

A escasos dos kilómetros de esta urbanización está la

iglesia del pueblo, con su horarios de misas habitual, que no

se modifica ni en verano para dar servicio a la población de

veraneantes. Puestos a relacionar la realidad de los hechos

con los tiempos que vivimos se me ocurre que esa iglesia

imperturbable representa a la Iglesia institucional que guarda silencio ante la crisis económica que está

empobreciendo a los ciudadanos, sorda a los mensajes de alarma que llegan desde las parroquias y desde los

servicios asistenciales.

Se acaba el verano y a todos los afortunados que tenemos trabajo nos toca volver a nuestros puestos.

No estaría de mas que reflexionemos sobre los valores que han preconizado los gobernantes, de todo tipo y

color, que nos han conducido a esta situación. Tengan cuidado porque muchos de ello van a misa los

domingos y luego toman decisiones opuestas a los valores evangélicos en los que dicen creer.

José Videla

Page 8: LARADA SETEMBRO

AGENDA SEPTIEMBRE 2012

INTENCIONES MISAS

Semana del 3 al 9:

Sábado 8:

19,30 h.: Por María Conde y su hijo

Manuel.

Domingo 10 :

13 h.: Por Manuel Francos, José Tizón,

esposa e hijos.

Semana del 10 al 16: Sábado 15:

18,30 h.: Aniversario José Mª Gómez

Uzal.

19,30 h.: Obligaciones de Josefa

Juncal.

Domingo 16:

13 h.: Por Dominga Landeira y esposo.

Semana del 17 al 23:

Sábado 22:

19,30 h.: Por Manuel Laíño, María García y

familia.

Domingo 23:

13 h.: Intenciones Elisa Bello.

Semana del 24 al 30:

Sábado 29:

19,30 h.: Por Antonio Couto y Pilar Ousinde.

Domingo 30:

13 h.: Por José Sánchez Varela, Begoña

Soliño y demás difuntos de la familia.

Semana del 1 al 7 de octubre:

Sábado 6:

17 h.: Aniversario de José Luís Santiago

González.

19,30 h.: Intención particular.

Domingo 7:

13 h.: Intención particular.

Se incorporaron a la comunidad cristiana por el bautismo ¡Bienvenidos!:

Alexia Castro Vergara

Izan Pena López

Carolina Rey Blanco

Celebraron su amor en el matrimonio. ¡Felicidades!

Daniel Fornos Otero y Yessica Prieto Cabarcos

Rubén López Deus y Patricia Eirín Santos

Julio Blanco París y Lorena Sánchez Cambre

Descansan en la Paz del Padre:

Francisco Vázquez Balsa

Santiago Zas Rodríguez

Severino Ríos Dafonte

Olga Rama López

Juana Catoira

Fernández

HORARIO ATENCIÓN: Despacho Parroquial: martes y viernes, de 18 h. a 20 h.

Cáritas Parroquial: miércoles, a las 19 h.

AVISO:

Ya se pueden empezar a pagar los recibos de mantenimiento del Cementerio Parroquial correspondientes a este año.

Aquellas personas que lo deseen, pueden pasar por el Despacho Parroquial en horario de atención: martes y viernes,

de 18 h. a 20 h

MESA DE REDACCIÓN E

COORDINACIÓN

Yolanda Sánchez Sánchez

Juan López Sánchez

Alfredo Losada Suárez

José Juan Videla Rodríguez

Mª Dolores Mantiñán Loureiro

DIRECCIÓN

“Centro Parroquial”

R/ Birloque, 52 B

15. 008 A Coruña

Tlf.: 981 132 700 / 981 283 945

CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA

Mª Dolores Mantiñán Loureiro

E-MAIL

[email protected]

BLOG:

sancristovodasvinas.blogspot.com

TIRADA

500 Exemplares.

DISTRIBUCIÓN

Primeiro domingo de mes na

parroquia e no barrio.

IMPRIME

Velfer