investigadoras en defensa da igualdade

40
INVESTIGADORAS EN DEFENSA DA IGUALDADE Día da muller traballadora 8 de marzo de 2017 Equipo de Dinamización da Biblioteca do IES Castro Alobre

Upload: biblioteca-castro-alobre

Post on 12-Apr-2017

256 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Investigadoras en defensa da igualdade

INVESTIGADORAS EN DEFENSA DA

IGUALDADE

Día da muller traballadora

8 de marzo de 2017

Equipo de Dinamización da Biblioteca do IES Castro Alobre

Page 2: Investigadoras en defensa da igualdade

Mary Somerville (1780-1872)

Matemática, astrónoma e científica escocesa autodidacta.

Recibiu unha educación feminina (costura, pintura, música) coa que ela non se conforma, amosando desde moi nova interese pola ciencia.

Coñeceu a Ada Lovelace, á que animou a estudar matemáticas.

Publicou varios libros: As conexións

das ciencias físicas, Xeografía física e Ciencia molecular ou microscópica.

Page 3: Investigadoras en defensa da igualdade

Mary Somerville

Comprometida coa educación e os dereitos das mulleres.

Unha das primeiras escolas para mulleres leva o seu nome, Somerville College de Oxford.

Encabezou a lista de asinantes do manifesto polo sufraxio feminino de Stuart Mill.

Page 4: Investigadoras en defensa da igualdade

Maria Mitchell (1818-1889)

Descobre un cometa, utilizando un telescopio; o cometa Mitchell 1847 VI (1847).

Primeira muller en formar parte da American Academy of Arts and

Sciences (1848) .

Primeira científica en ingresar na American Association for the

Advancement of Science (1850).

Foi profesora de astronomía e directora do observatorio da universidade feminina de Vassar en Nova York.

Page 5: Investigadoras en defensa da igualdade

Maria Mitchell Nacida nunha familia cuáquera en

Nantucket (Massachusetts) foi educada dunha maneira similar aos seus irmáns.

Desde o seu posto en Vassar reivindicou que o seu salario fose igual ao dos profesores, que cobraban máis.

Loitou contra as inxustizas sociais como a escravitude.

Estivo vinculada a movementos feministas, participando activamente na fundación da American Association for the Advancement of Women. Presidiu esta Asociación en 1875.

Interior do Observatorio Astronómico do Vassar College, 1889 Biblioteca Dixital do Vassar College

Page 6: Investigadoras en defensa da igualdade

Lydia Becker (1827- 1890)

Educada na casa, aprendeu de forma autodidacta botánica e astronomía.

En 1862 gaña unha medalla de ouro por un artigo académico sobre horticultura.

En 1867 funda a Sociedade literaria das Damas en Mánchester.

Mantivo correspondencia con Darwin sobre cuestións de índole botánica, proporcionándolle material que contribuiría ao seu traballo científico.

Page 7: Investigadoras en defensa da igualdade

Lydia Becker

Organizou xiras de conferencias de mulleres.

Defendía que non había diferenza natural entre o intelecto dos homes e das mulleres e reivindicaba un sistema educativo que non segregase por sexos en Gran Bretaña.

Jacob Bright (1821-1899), defensor do sufraxio feminino e Lydia Becker. Imaxe do Manchester Archives

En 1867 convocou a primeira reunión do Comité Sufraxista das Mulleres de Mánchester, primeira organización deste tipo en Inglaterra.

En 1870 fundou, coa súa amiga Jessie Boucherett, Women’s

Suffrage Journal.

Page 8: Investigadoras en defensa da igualdade

Aletta Jacobs (1854-1929)

Primeira muller que ingresou na universidade e obtivo o título de doutora en medicina en Holanda.

Pioneira en promover a planificación familiar mediante o uso de anticonceptivos como o diafragma.

Page 9: Investigadoras en defensa da igualdade

Aletta Jacobs

Fundou a Asociación Holandesa para o Sufraxio da Muller (1884).

Fixo xiras internacionais en prol da igualdade.

Cofundou a Liga Internacional de Mulleres pola Paz e Liberdade (1919).

LOGROS Contribuíu á aprobación nos Países Baixos do dereito das mulleres a votar (1919)

Page 10: Investigadoras en defensa da igualdade

Annie Jump Cannon (1863-1941)

Descubriu 300 estrelas variables como membro do Observatorio de Harvard.

Aportou os seus coñecementos para a elaboración do catálogo estelar Henry Draper.

Foi a responsable da colección de fotografías astronómicas do Observatorio.

Foi nombrada doutora honoris causa pola Universidade de Oxford, en 1925.

Page 11: Investigadoras en defensa da igualdade

Annie Jump Cannon

Participou en conferencias e encontros de mulleres científicas para defender o seu papel nun mundo tradicionalmente masculino.

Estableceu un sistema mnemotécnico para catalogar e recordar a clasificación das estrelas, o OBAFGM (Oh Be a Fine Girl, Kiss Me).

LOGROS En 1922 a Unión Astronómica Internacional adoptou este sistema que, con algunha variación, aínda se segue a utilizar.

Page 12: Investigadoras en defensa da igualdade

Nelly Bly (1864-1922)

Elisabeth Jane Cochran, predecesora do xornalismo de investigación, utilizou o pseudónimo Nelly Bly, porque era inapropiado que unha muller escribise en xornais.

Pioneira do xornalismo encuberto, adquiriu diferentes personalidades para escribir os seus artigos: traballadora nunha fábrica de caixas, criada dunha familia rica ou enferma mental, chegando a estar dez días internada nun centro psiquiátrico.

Page 13: Investigadoras en defensa da igualdade

Nelly Bly Criticou o editorial do The

Pittsburgh Dispatch, no que se dicía que as mulleres debían ocuparse da casa e non era necesario que tivesen educación.

Escribiu artigos denunciando as condicións das mulleres que traballaban nas fábricas ou das internadas no sanatorio de enfermidades mentais.

LOGROS Demostrou que unha muller está igualmente capacitada para escribir artigos xornalísticos. As súas denuncias serviron para mellorar as condicións de vida de colectivos marxinados e maltratados.

Imaxe doada por Corbis - Bettmann

Page 14: Investigadoras en defensa da igualdade

Maria Montessori (1870-1952)

Pioneira na educación informal: «Primeiro a educación dos sentidos, logo a do intelecto».

O lema «Educar pola paz» foi fundamental no seu traballo.

Educadora, pedagoga, científica, médica, psiquiatra, filósofa, antropóloga, bióloga, psicóloga, feminista e humanista italiana.

Primeira muller italiana que se graduou como doutora en medicina.

Page 15: Investigadoras en defensa da igualdade

Maria Montessori

Interesouse polas condicións sociais, especialmente das mulleres.

Afiliouse ao movemento feminista, sendo a representante de Italia en varios congresos a nivel nacional e internacional.

En 1896 representou a Italia nun Congreso Internacional de Mulleres en Berlín.

Propuxo unha petición de igualdade salarial para os homes e as mulleres.

Page 16: Investigadoras en defensa da igualdade

Margaret Sanger (1879-1966)

Exerceu de enfermeira no hospital de White Plains en Nova York.

En 1916 abriu a primeira clínica de control de natalidade nos Estados Unidos.

En 1922 fundou a Liga Americana para o Control da Natalidade.

En 1951 impulsou a investigación e o desenvolvemento da píldora anticonceptiva.

En 1955 probouse en cincuenta mulleres a primeira píldora, Enovid.

Page 17: Investigadoras en defensa da igualdade

Margaret Sanger

Loitou toda a súa vida polo control da natalidade.

En 1914 iniciou unha campaña activa de concienciación social sobre a necesidade de desenvolver métodos anticonceptivos.

Fundou unha revista feminina A muller rebelde

na que defendeu a anticoncepción.

LOGROS Liderou o desenvolvemento da píldora anticonceptiva. Permitiu que os pobres, as minorías e as mulleres inmigrantes tivesen acceso aos anticonceptivos. Contribuíu a que fose legal publicar e distribuír información sobre sexo, sexualidade e control da natalidade.

Biblioteca do Congreso, Prints & Photographs Division, Colección Margaret Sanger

[reprodución nº, e.g. LC-USZ62-12345])

Page 18: Investigadoras en defensa da igualdade

Irène Joliot-Curie (1897-1956)

Traballou no Instituto do Radio de París como asistente da súa nai, Marie Curie.

Conseguiu producir artificialmente elementos radioactivos, investigando xunto ao seu home, Frédéric Joliot.

Por este descubrimento foron galardoados co Premio Nobel de Química en 1935.

Foi nomeada directora de investigación da Fundación Nacional de Ciencias en 1935 e directora do Instituto do Radio, en 1946.

Page 19: Investigadoras en defensa da igualdade

Irène Joliot-Curie

Afiliouse ao Partido Socialista en 1934.

Implicouse na loita polos dereitos da muller, formando parte do Comité Nacional da Unión de Mulleres Francesas e do Consello para a Paz Mundial.

Na Guerra Civil Española tomou partido polo goberno da República (1936) e foi unha das tres mulleres que participaron no goberno do Frente Popular Francés.

Irène na Universidade de Pensilvania, James Stokley

Page 20: Investigadoras en defensa da igualdade

Margaret Mead (1901-1978)

Antropóloga estadounidense.

Estudou a educación e crianza dos nenos e das nenas nas distintas culturas.

Os seus estudos espertaron o interese pola infancia e pola muller dentro da antropoloxía.

O seu primeiro traballo de campo centrouse no estudo das mozas adolescentes de Samoa (1925).

Foto: "Margaret Mead” de Edward Lynch

En 1929 as súas investigacións en Guinea demostraron que os roles de xénero son diferentes dunhas sociedades a outras.

Foi presidenta de honor de The American Anthropological Association e de The American Association for the Advancement of Science.

Page 21: Investigadoras en defensa da igualdade

Margaret Mead Precursora da Antropoloxía de Xénero.

No seu libro Sex and Temperament in Three

Primitive Societies estudou as diferenzas entre os homes e mulleres en tres sociedades de Guinea distintas culturalmente: os arapesh, os mundugumor e os tchambuli.

Os homes e as mulleres tchambuli parecían ter personalidades opostas ás das occidentais: elas eran dominantes e eles sensibles.

Expuxo a hipótese de que os seres humanos constrúen diferentes nocións do que é “feminino” e “masculino”, atribuíndo un conxunto de calidades, valores e roles distintos en cada sociedade. Foto: "Margaret Mead entre dúas mozas de Samoa,"

ca. 1926, Biblioteca do Congreso

Page 22: Investigadoras en defensa da igualdade

Rita Levi-Montalcini (1909-2012)

Graduouse en medicina en 1936 con Summa cum laude.

Foi galardoada co premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1986, premio compartido con Stanley Cohen.

Descubriron que as células só comezan a reproducirse cando reciben a orde de facelo, orde que é transmitida por unhas sustancias chamadas factores de crecemento.

Page 23: Investigadoras en defensa da igualdade

Rita Levi-Montalcini Defendeu a dignidade da muller

como ser responsable, independente e coa capacidade innata de ser dona dos seus propios actos e do seu destino vital.

Reivindicou un papel máis activo da muller no mundo da investigación científica.

Comprendeu que para o progreso dunha sociedade era necesaria a contribución esencial das mulleres.

A Fundación Rita Levi-Montalcini Onlus, creada pola súa irmá, axuda a mulleres africanas a recibir educación para liberarse da opresión relixiosa e social.

Page 24: Investigadoras en defensa da igualdade

Ruby Payne-Scott (1912-1981)

Astrónoma australiana, pioneira en radioastronomía e radiofísica. Foi a primeira muller radioastrónoma.

Ela e o seu equipo descubriron que as manchas solares emiten fortes ondas de radio. Tamén traballaron no ámbito das erupcións solares e determinaron a temperatura da superficie do sol.

Descubriu as erupcións solares de tipo I e III.

Page 25: Investigadoras en defensa da igualdade

Ruby Payne-Scott Comunista, atea e,

especialmente, feminista.

Defendeu a igualdade e os dereitos das mulleres ante a dirección do CSIRO (Organización de Investigación e Industria da Commonwealth).

Estivo vixiada pola Axencia Australiana de Seguridade.

LOGROS A súa loita pola igualdade levou á desaparición, en 1966, da lei pola que as mulleres casadas non podían ter un posto permanente nas entidades públicas. O CSIRO concede cada ano os Premios Payne-Scott que apoian a mulleres investigadoras a reanudar a súa carreira despois de ser nais.

Radioastrónomos na Universidade de Sydney en 1952

Page 26: Investigadoras en defensa da igualdade

Mary Jackson (1921-2005)

Matemática e enxeñeira estadounidense.

Primeira muller afroamericana en traballar como enxeñeira aeroespacial na NASA.

Page 27: Investigadoras en defensa da igualdade

Mary Jackson

Foi directora de dous programas: Federal

Women´s Program, na Oficina de Igualdade de Oportunidades, e Affirmative Action

Program.

Influíu na contratación e na promoción de mulleres na NASA, no ámbito das ciencias, a enxeñería e as matemáticas.

Axudou a mulleres a ascender nas súas carreiras, asesorándoas sobre como estudar para poder cambiar os seus títulos de matemáticas a enxeñeiras.

Colaborou con institucións e proxectos de axuda ás mulleres de cor e outras minorías.

Page 28: Investigadoras en defensa da igualdade

Rosalyn Yallow (1921-2011)

Médica estadounidense.

Primeira muller á que se lle otorgou o Premio Albert Lasker pola súa contribución á ciencia médica en 1976.

En 1977 foi galardoada co Premio Nobel de Medicina (compartido con R. Guillemin e A.V. Schally) polas investigacións relacionadas coas hormonas peptídicas e polos avances no diagnóstico e tratamento das enfermidades da tiroide, diabetes, anomalías do crecemento, tensión alta e esterilidade.

Page 29: Investigadoras en defensa da igualdade

Rosalyn Yallow Considerábase a si mesma

feminista.

O seu discurso na entrega do Premio Nobel reivindica o papel da muller científica. A escasa representación das mulleres no círculo científico, a discriminación social e profesional que sofren, o pobre acceso á educación e a falta de apoio das familias, que as disuaden de facer investigación científica, son consecuencias dos roles impostos pola sociedade ás mulleres, defendidos durante séculos e moi difíciles de cambiar.

http://www.nobelprize.org/nobel_prizes/medicine/laureates/1977/yalow-speech.html

Page 30: Investigadoras en defensa da igualdade

Wangari Maathai (1940-2011)

Primeira muller de África Oriental e Central que obtivo un doutorado universitario (en Ciencias Biolóxicas, 1964).

Primeira profesora en Anatomía Veterinaria (1971) e primeira decana da Facultade de Medicina Veterinaria na Universidade de Nairobi.

Primeira muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz (2004), pola súa defensa do desenvolvemento sostible, da democracia, dos dereitos humanos e dos dereitos das mulleres en particular.

Page 31: Investigadoras en defensa da igualdade

Wangari Maathai En 1977, fundou o Movemento do

Cinturón Verde, o principal e máis exitoso proxecto de reforestación de árbores en África.

O Movemento do Cinturón Verde está integrado especialmente por mulleres, que reciben clases sobre o mundo natural e como preservalo. As mulleres asumen papeis de liderazgo, dirixen viveiros, traballan con silvicultores, poñendo en práctica proxectos para a recolección de auga e a seguridade dos alimentos.

Foi presidenta do Consello Nacional para a muller en Kenia de 1981 a 1987.

Recibiu premios como o de Mulleres do Mundo de Women Aid (1989).

Page 32: Investigadoras en defensa da igualdade

Vandana Shiva (1952)

Científica, filósofa e pacifista.

Participou no movemento pacífico Chipko, encabezado principalmente por mulleres, que abrazaba as árbores para evitar que as talasen.

En 1982 creou a Fundación para a Investigación Científica, Tecnolóxica e Ecolóxica, que impulsa a agricultura ecolóxica e estuda a biodiversidade.

En 1993, recibiu o Premio Nobel Alternativo, o Global 500 do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e o premio internacional do Día da Terra.

Page 33: Investigadoras en defensa da igualdade

Vandana Shiva

Activista e representante principal do ecofeminismo.

A súa Fundación fomenta o compromiso das mulleres co movemento ecoloxista.

Impulsa ás mulleres agricultoras a recuperar o seu tradicional papel ao gardar as sementes para preservar a especie e volver a plantalas.

Page 34: Investigadoras en defensa da igualdade

Flora de Pablo Dávila (1952)

Doutora en Medicina pola Universidade de Salamanca.

Como investigadora do Centro de Investigacións Biolóxicas (CIB) do CSIC, creou o grupo de investigación Laboratorio 3D:

desarrollo, diferenciación,

degeneración.

Actualmente, é profesora de investigación do CSIC no Departamento de Medicina Celular e Molecular do CIB.

Campo de investigación: Bioloxía molecular do desenvolvemento e a fisiopatoloxía do sistema nervioso.

Page 35: Investigadoras en defensa da igualdade

Flora de Pablo Dávila

Socia fundadora da Asociación de Mujeres

Investigadoras & Tecnólogas

(AMIT).

Como primeira presidenta de AMIT (2001-2007), asesorou a Secretarios e Secretarias de Estado de Educación, Ciencia e Innovación.

Denunciou a falta de recoñecemento do traballo das mulleres na ciencia e

tecnoloxía e a escasa presenza das mesmas en postos relevantes e na toma de decisións.

Recibiu o VIII Premio de Divulgación Feminista Carmen de Burgos polo artigo publicado en El País, Mujer y Ciencia desde la Europa del Sur (2000).

Page 36: Investigadoras en defensa da igualdade

Nieves Rodríguez (1958)

Psicóloga galega, licenciada en Informática e catedrática de Linguaxes e Sistemas Informáticos na Universidade de A Coruña.

En 1996 creou o Laboratorio de Bases de Datos (LBD) do que é directora. Foi declarado grupo de investigación de excelencia pola Xunta de Galicia.

Investigou sobre Estructuras de

datos compactas y algoritmos, Recuperación de textos, Procesamiento de secuencias y

Diseño de Sistemas de Información.

É coautora de The Galicien Virtual

Library (2007), onde presenta unha biblioteca virtual de Literatura galega, pioneira no seu xénero e que segue sendo a única en lingua galega.

Page 37: Investigadoras en defensa da igualdade

Nieves Rodríguez Declárase feminista e

militante desde a época na que se pedía o divorcio e o aborto na transición.

Amosa a súa preocupación pola escasa presenza de mulleres no campo da informática.

Participa activamente na iniciativa ICT-Girls (Rapazas nas Tics) da Universidade de A Coruña.

https://www.youtube.com/watch?v=PyfcIJQUMHI

Pertence á Asociación de Mujeres Investigadoras & Tecnólogas.

Page 38: Investigadoras en defensa da igualdade

Suw Charman-Anderson (1971)

Consultora tecnolóxica.

Pioneira en redes sociais no Reino Unido.

En 2005 cofundou Open Rights

Group para concienciar sobre dereitos dixitais e facer campaña contra a lexislación desenvolvida por Gran Bretaña e a UE.

En 2009 The Telegraph

seleccionouna entre as 50 persoas máis influíntes no eido da tecnoloxía.

Page 39: Investigadoras en defensa da igualdade

Suw Charman-Anderson

Na actualidade, o Día de Ada Lovelace é unha homenaxe internacional ao papel das mulleres na ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas. O seu obxectivo é promover modelos de conduta que animen ás mozas a elixir carreiras científicas e tecnolóxicas.

O 29 de marzo de 2009 inaugurou o Día de Ada

Lovelace na súa web, animando a quen tivese un blog a publicar unha entrada sobre mulleres destacadas en áreas tecnolóxicas.

Page 40: Investigadoras en defensa da igualdade

Fontes de consulta http://www.agenciasinc.es/Entrevistas/Silicon-Valley-ha-creado-un-ambiente-

hostil-y-denigrante-para-las-mujeres

https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza/

http://mujeresconciencia.com/

http://www.mujeresenlahistoria.com/

http://mujericolas.blogspot.com.es/

http://mujeresquehacenlahistoria.blogspot.com.es/

https://zaguan.unizar.es/record/12713/files/TAZ-TFG-2013-977.pdf

https://www.uv.mx/cienciahombre/revistae/vol26num2/articulos/distintas.html

http://www.amit-es.org/cientificas?page=1

https://www.plannedparenthood.org/files/9113/9978/2501/Margaret_Sanger_heroina_del_Siglo_XX_2010-02.pdf

http://www.ehu.eus/astronomasbilbao/AAstronomasES.pdf

http://www.mujeresporafrica.es/noticias/71-a%C3%B1os-71-%C3%A1rboles-homenaje-wangari-maathai

https://www.darwinproject.ac.uk/lydia-becker

http://www.ibe.unesco.org/sites/default/files/meads.pdf

http://www.liceus.com/cgi-bin/aco/ant/mead.asp

http://www.uaa.mx/investigacion/revista/archivo/revista46/Articulo%205.pdf