intervención arqueolóxica e estudio do material cerámico do castro de lobosandaos

10
1 NA PROCURA DUNHA PAISAXE PROTOHISTÓRICA: INTERVENCIÓN ARQUEOLÓXICA E INTERPRETACIÓN MATERIAL DO CASTRO DA COROA DE LOBOSANDAUS (SAN XOÁN DOS BAÑOS DE BANDE, OURENSE) RESUMO Co gallo do estudo do rexistro material que o Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo está a desenvolver sobre o espolio arqueolóxico das intervencións levadas a cabo polo Catedrático emérito da Universidade de Santiago Compostela, Antonio Rodríguez Colmenero, no castro de Lobosandaus (Bande) nos anos 80 do pasado século, preténdese realizar unha intervención arqueolóxica reinterpretativa que solvente as deficiencias informativas propias da “praxis” arqueolóxica do momento, procurando unha restitución científica da paisaxe protohistórica da comarca da Baixa Limia ourensá.

Upload: martin-xose

Post on 06-Mar-2016

224 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Bande-Lobeira, Ourense (Galiza)

TRANSCRIPT

Page 1: Intervención arqueolóxica e estudio do material cerámico do castro de Lobosandaos

1

NA PROCURA DUNHA PAISAXE PROTOHISTÓRICA:

INTERVENCIÓN ARQUEOLÓXICA E INTERPRETACIÓN MATERIAL DO CASTRO DA COROA DE

LOBOSANDAUS (SAN XOÁN DOS BAÑOS DE BANDE, OURENSE)

RESUMO

Co gallo do estudo do rexistro material que o Laboratorio de Arqueoloxía da

Universidade de Vigo está a desenvolver sobre o espolio arqueolóxico das

intervencións levadas a cabo polo Catedrático emérito da Universidade de Santiago

Compostela, Antonio Rodríguez Colmenero, no castro de Lobosandaus (Bande) nos

anos 80 do pasado século, preténdese realizar unha intervención arqueolóxica

reinterpretativa que solvente as deficiencias informativas propias da “praxis”

arqueolóxica do momento, procurando unha restitución científica da paisaxe

protohistórica da comarca da Baixa Limia ourensá.

Page 2: Intervención arqueolóxica e estudio do material cerámico do castro de Lobosandaos

2

XUSTIFICACIÓN E ESTADO ACTUAL DO TEMA

A comarca da Baixa Limia –concellos de Bande, Lobeira, Entrimo, Lobios e Muíños– sita

no sector suroccidental da Provincia de Ourense é actualmente vencellada de xeito

axiomático á riqueza natural da súa orografía, que posibilitou a declaración no ano

1993 como Parque Natural da Serra do Xurés, amosa tamén unha indubidable

potencialidade arqueolóxica que materializa e enche de sentido as relacións home-

medio dende tempos prehistóricos ate a actualidade. Deste xeito, son numerosas as

intervencións arqueolóxicas que se veñen facendo nos últimos vinte anos entre as que

cabería sinalar, entre outras, as referidas ó fenómeno megalítico, baixo a dirección do

hoxe arqueólogo provincial X. Mª Eguileta Franco, recentemente incluídas dentro do

“Plan de protección de xacementos megalíticos” da Consellería de Cultura para seren

declarados BIC, así como ás referidas á posta en valor da calzada romana Via Nova e

mansion Aquis Originis baixo a guía do arqueólogo M. Xusto Rodríguez, ou a incansable

labor do grupo Larouco, co xa citado catedrático A. Rodríguez Colmenero á cabeza, na

contorna do campamento romano de Aquis Querquennis, actuando como pulo

dinamizador non só no eido da investigación e interpretación histórica dos restos

arqueolóxicos, senón que tamén na propia reactivación da comarca, en claro retroceso

demográfico dende inicios do século pasado mor á emigración e o descenso da

natalidade, servindo de foco de atracción turística e atraendo ata 7.118 visitas no ano

2008 (segundo datos proporcionados pólo Centro de Interpretación da Via Nova).

Con base en todo o comentado con anterioridade, ponse de manifesto o valeiro

existente tanto no eido da investigación como no da revalorización dos numerosos

xacementos tipo castro presentes en toda a comarca. Así, deste modo, as únicas

referencias que contamos para poder restituir e coñecer a realidade da evolución na

paisaxe da Baixa Limia dende tempos prehistóricos ate a romanización, vencéllanse á

pioneira labor de prospección e catalogación das terras de Lobeira por parte de

Florentino Cuevillas nos anos trinta do pasado século, algúns achados illados como a

aparición de numismas recollida por M. Cavada Nieto en 1972, as intervencións no

Page 3: Intervención arqueolóxica e estudio do material cerámico do castro de Lobosandaos

3

xacemento da “Coroa de Lobosandaus” en S. Xoán dos Baños de Bande por parte de A.

Rodríguez Colmenero entre os anos de 1982 e 1984, ou as breves descripcións propias

do inventariado do patrimonio arqueolóxico ou da “arqueoloxía de xestión” a fíns do

século XX.

Deste modo, tan só a intervención no citado xacemento da “Coroa de Lobosandaus”

aporta unha lectura material sobre a caracterización particular da comarca no

contexto da tradicionalmente considerada como uniforme Cultura Castrexa do

Noroeste. Así, con esto, e dentro da liña de investigación “Hábitat, ocupación do

espacio e infraestructura do territorio na Gallaecia romana”, e seguindo o fío dos

recentes traballos do Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo (LAUV),

comenzáronse a estudar os materiais cerámicos aportados polas citadas intervencións

amosando unha deficiente información estratigráfica que limita as posibilidades de

análise á caracterización tipolóxica mediante paralelos con outras zonas mellor

estudadas, o que reforzaría a tradicional descompensación historiográfica litoral-

interior, así como imposibilitaría a pretendida restitución paisaxística da comarca.

Page 4: Intervención arqueolóxica e estudio do material cerámico do castro de Lobosandaos

4

OBXECTIVOS

Con base nos antecedentes citados, plantéase a necesidade da intervención directa no

xacemento catalogado como “tipo castro”, toponímicamente coñecido como a “Coroa

de Lobosandaus” e sito na parroquia de San Xoán dos Baños de Bande, Ourense, na

procura dos obxectivos que a continuación se sintetizan:

• Intervención arqueolóxica reinterpretativa nas áreas de escavación dos anos 80

do pásado século, localizando espacialmente os cadros e cortes orixinais en

base a coordenadas UTM tomadas con GPS, así como a elaboración de

pequenas sondaxes perimetrais que posibiliten unha nova lectura estratigráfica

que permita un posterior rexistro interpretativo para o material actualmente

descontextualizado.

• Prospección intensiva de superfície, incluindo pequenas sondaxes, que

delimiten a zona habitacional e defensiva do xacemento como paradigma de

ocupación do espazo na Idade do Ferro na Baixa Limia ourensá, así como tamén

posibiliten a toma de mostras polínicas que, con posterioridade ó tratamento

en laboratorio, amosen unha restitución paisaxística da comarca que deberá

ser interpretada en futuros traballos de investigación.

• Posta en valor dos xacemento “tipo castro” completando o discurso patrimonial

histórico-arqueolóxico da contorna, namentres se prende a mecha cara a

futuras intervencións similares na procura dunha posible musealización que

actúe como novo pulo dinamizador socioeconómico e cultural.

Page 5: Intervención arqueolóxica e estudio do material cerámico do castro de Lobosandaos

5

PLAN DE TRABALLO

A planificación e cronograma dos traballos a realizar no proxecto podería ficar

establecida do seguinte xeito:

1. Preparación do xacemento e previsión de infraestructuras para a

intervención arqueolóxica.

2. Tala e roza da coroa do castro susceptible de ser obxecto da

intervención de campo.

3. Pospección intensiva superficial con GPS para proceder a unha

delimitación real do xacemento, así como a unha restitución virtual do

conxunto en base a tecnoloxía SIX (Sistemas de Información Xeográfica).

4. Escavación arqueolóxica perimetral á área de intervención de

Rodríguez Colmenero, consistente en retracción de perfís estratigráficos

ou pequeña valas de sondaxe (área escavada non superior ós 20 m² de

superficie) que permita a redefinición estratigráfica e unha primeira

mostra polínica do conxunto. Estas sondaxes irán acompañadas dun

número variable (en función dos resultados do punto 3) doutras

sondaxes repartidas polo xacemento, na procura dunha confirmación

do rexistro estratigráfico e edafolóxico. Evidentemente toda execución

material da escavación irá acompañada dos preceptivos labores de

rexistro e documentación (topografía, planimetría, estratigrafía, etc.). A

escavación terá unha duración máxima de 3 semanas, a executar

durante o mes de Setembro de 2009.

5. Tódalas zonas escavadas, unha vez garantida a súa conservación, serán

protexidas e marcadas con xeotextil e reenterradas de xeito controlado,

do mesmo xeito que serán xeorreferenciadas baixo coordenadas UTM

na memoria final.

6. Traballo de laboratorio pos-escavación: lavado, siglado, inventario,

debuxo e estudio do material moble atopado; analítica das mostras

Page 6: Intervención arqueolóxica e estudio do material cerámico do castro de Lobosandaos

6

tomadas (estratigrafía, palinoloxía e paleobotánica, analíticas de

materiais); estudo de estructuras e unidades estratigráficas (planos,

alzados, informes, etc.); redacción da memoria de intervención.

7. Labores de estudio e interpretación histórica dos datos e materiais

mobles recuperados na intervención así como tamén das informacións e

materiais fornecidos pola escavación dos anos 82-84.

As necesidades de equipamento material están cubertas cos medios e equipos

existentes actualmente no LAUV. A nivel de recursos humanos será necesario contar,

amáis dos membros da equipa de investigación que participan no proxecto (4 persoas),

co persoal suplementario seguinte

* Contratación de 2 peóns locais para os labores de tala e roza así como

para apoio nos movementos de terras da escavación.

* Participación voluntaria de ata 6 estudiantes de Historia nos labores da

intervención de campo.

* Contratación de 2 bolseiros de investigación para desenvolver labores

técnicas durante a intervención e, especialmente, os estudios de

estructuras e materiais derivados da mesma.

Page 7: Intervención arqueolóxica e estudio do material cerámico do castro de Lobosandaos

7

FIGURAS

Fig. 1 Localización xeoespacial da Comarca da Baixa Limia.

Fig. 2 Restitucións da comarca da Baixa Limia ourensá en base a Modelos Dixitais de Elevacións.

Page 8: Intervención arqueolóxica e estudio do material cerámico do castro de Lobosandaos

8

Fig. 3 Área de intervención arqueolóxica.

Page 9: Intervención arqueolóxica e estudio do material cerámico do castro de Lobosandaos

9

Lámina 1 Vista xeral da intervención 1984.

Lámina 2 Planimetría restituída dixitalmente da área de intervención do ano 1984.

Lámina 3 Vista actual da colonización vexetal do xacemento.

Page 10: Intervención arqueolóxica e estudio do material cerámico do castro de Lobosandaos

10

Plano 1 Localización do xacemento no relevo da Comarca da Baixa Limia ourensá.

Plano 2 Localización do xacemento no marco dos concellos de Bande e Lobeira.