informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica ......a pobra de trives 0,01 0,00 0,01 a...

20
Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2019

Upload: others

Post on 18-Feb-2021

13 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • Informe anualsobre prezos e mobilidade

    da terra rústicaen Galicia

    2019

  • Este documento é o Informe anual de prezos e taxas de compravenda de terras rústicas en

    Galicia producido polo Observatorio Galego de Mobilidade de Terras no ano 2019. O Observa-

    torio é resultado dun Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Axencia

    Galega de Desenvolvemento Rural, o Fondo Galego de Garantía Agraria, a Axencia Tributaria

    de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio, a Fundación Juana de Vega e a Universidade de

    Santiago de Compostela para a observación da mobilidade e o mercado da terra en Galicia..

    Fonte de datos: Axencia Tributaria de Galicia, Consellería de Facenda, Xunta de Galicia.

    Elaboración: Eduardo Corbelle Rico e Francisco Ónega López. Laboratorio do Territorio, Uni-

    versidade de Santiago de Compostela. http://laborate.usc.es

    Maquetación:

    Licencia: Este traballo publícase baixo unha licencia Creative Commons Atribución-Compartir

    igual 4.0 Internacional. https://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/deed.gl

  • Informe anualsobre prezos e mobilidade

    da terra rústicaen Galicia

    2019

    Informe anualsobre prezos e mobilidade

    da terra rústicaen Galicia

    2019

  • 5

    Este informe analiza a situación do mercado de terras rústicas en Galicia entre os anos 2008 e 2017, ambos incluídos. Considerando a totali-dade da serie analizada, os datos suxiren unha relativa estabilidade tanto do número de opera-cións de compravenda realizadas como da área total afectada. Os datos do ano 2017 mostran que se terían realizado arredor de 40.000 ope-racións que afectaron a arredor de 10.000 hec-táreas.

    No relativo ao prezo, os datos suxiren a existen-cia dunha tendencia de descenso durante o pe-ríodo 2008-2013, seguida dunha recuperación posterior. Como resultado, os prezos de 2017 parecen terse situado de novo en valores próxi-mos aos de 2008.

    Resumo

    39.669

    9.835

    1,04 euros/m²

    0,49% Taxa de mobilidade*

    0,64 euros/m²

    0,49%1,79euros/m²

    0,49%

    operacións de compravenda (2017)

    ha transaccionadas (2017)

    prezo medio da terra (2017) (2017)

    * Porcentaxe que representa a área das parcelas obxecto de compravenda sobre

    a área total (ver nota metodolóxica)

    SAU SAUTerreos de monte

    Terreos de monte

    Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2019

  • 6 Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2019

    O número total de operacións de compravenda de terreos parece ter freado o lixeiro descenso iniciado en 2013, e en conxunto mostra cer-ta estabilidade no período 2008-2017, con entre 40.000 e 45.000 operacións por ano, entre as que as parcelas de monte supoñen ha-bitualmente algo máis da metade.

    Polo contrario, a área total obxec-to de compravenda semella conti-nuar aínda o descenso iniciado en 2013, pero sitúase en valores simi-lares aos do inicio da serie analiza-da (2008), no eido das 10.000 hec-táreas. A tendencia de descenso semella deberse fundamentalmen-te ao comportamento das compra-vendas de terreos de monte, dado

    Mobilidade

    que as compravendas de parcelas de uso agrícola ou gandeiro se mantiveron relativamente estables durante todo o período, arredor das 4.000-5.000 hectáreas por ano.

    Analizando a desagregación a ni-vel municipal, as maiores taxas de transferencia (a área transferida en relación coa área total de cada cla-se) concéntranse na metade norte de Galicia, nas provincias de Lugo, A Coruña e na parte norte da pro-vincia de Pontevedra. Salvo excep-cións, a provincia de Ourense mos-tra en xeral taxas de transferencia bastante inferiores. A situación é

    uso agrícola ou gandeiro e na su-

    Para o período 2015-2017 só cinco concellos mostraron unha taxa de

    igual ou maior ao 2% anual: Cariño (3,04%), Ortigueira (2,37%), Mañón (2,34%), Cerdido (2,36%) e Melón

    monte, ademais dos citados, ou-tros igualaron ou superaron o 2% anual: Melide (2,30%), Pontedeume (2,12%) e Carballeda de Valdeorras (3,81%).

    A comparación a nivel municipal entre as taxas de transferencia do período 2015-2017 respecto do pe-ríodo 2012-2014 mostra un lixeiro descenso na metade este e certa tendencia de estabilidade na meta-de oeste.

    Área total obxecto de compravenda en Galicia (2008-2017, valores en hectáreas)

    Ano SAU Monte Total

    2008 5.069 6.712 11.781

    2009 3.464 6.723 10.188

    2010 4.119 6.717 10.837

    2011 4.427 8.021 12.448

    2012 3.939 7.887 11.826

    2013 5.367 10.966 16.332

    2014 4.465 8.103 12.567

    2015 3.888 7.262 11.150

    2016 4.339 5.929 10.268

    2017 3.448 6.388 9.835

    Número de operacións de compravenda en Galicia (2008-2017)

    Ano SAU Monte Total

    2008 25.670 23.158 48.827

    2009 20.259 21.959 42.218

    2010 19.760 22.628 42.390

    2011 20.075 23.520 43.597

    2012 19.638 24.566 44.204

    2013 21.358 26.992 48.349

    2014 19.560 25.419 44.978

    2015 18.374 24.321 42.694

    2016 18.327 20.339 38.665

    2017 17.097 22.573 39.669

  • Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2019 7

    Taxa de transferencia media anual por provincia en 2015-

    2017 e variación respecto do período 2012-2014

    Series anuais de número de operacións e área total transferida

    Taxas de mobilidade (%) para os 10 concellos con menor taxa total en 2015-2017

    Concello SAU Monte Total

    Manzaneda 0,00 0,00 0,00

    Quintela de Leirado 0,00 0,00 0,00

    Carballeda de Avia 0,00 0,00 0,00

    A Gudiña 0,00 0,00 0,00

    Avión 0,02 0,00 0,00

    Cortegada 0,03 0,00 0,00

    Chandrexa de Queixa 0,02 0,00 0,00

    Pontedeva 0,04 0,00 0,01

    A Pobra de Trives 0,01 0,00 0,01

    A Coruña 0,00 0,01 0,01

    Taxas de mobilidade (%) para os 10 concellos con maior taxa total en 2015-2017

    Concello SAU Monte Total

    Cariño 1,72 3,32 3,04

    Ortigueira 2,57 2,32 2,37

    Mañón 1,36 2,64 2,36

    Cerdido 2,57 2,26 2,34

    Melón 0,29 2,27 2,07

    Melide 1,34 2,30 1,83

    Rodeiro 2,27 1,37 1,78

    Pontedeume 0,86 2,12 1,77

    Carballeda de Valdeorras 0,07 3,81 1,71

    O Vicedo 1,48 1,58 1,57

  • 8 Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2019

    Taxa de transferencia media anual por concellos para o período 2015-2017

  • Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2019 9

    Variación da taxa de transferencia media anual por concello para o período 2015-2017 respecto do período 2012-2014

  • 10 Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2019

    Prezo

    Contrariamente á evolución das ta-xas de transferencia, os prezos da terra rústica viñan seguindo desde o ano 2013 unha lixeira tendencia á baixa que parece terse revertido desde ese ano. A recuperación dos prezos foi inicialmente debida á evolución dos prezos das parcelas de monte, pero desde 2015 débe-se tamén ao incremento dos pre-zos das parcelas destinadas a uso agrícola ou gandeiro, e situáronse en 2017 a niveis similares aos de 2008.

    Porén, esta recuperación non foi uniforme en toda Galicia e, aínda que a subida é máis apreciable nas provincias de Pontevedra e Ouren-se, tamén atopamos unha baixada sensible dos prezos medios, espe-

    uso agrícola e gandeiro, nalgúns dos municipios do eixo atlántico. Cabe destacar a relativa estabili-dade dos prezos dos terreos de monte nas provincias de Lugo, A Coruña e norte de Pontevedra.

    Prezo medio da terra rústica en Galicia (2008-2017, valores en euros/m²)

    Ano SAU Monte Total

    2008 1,68 0,68 1,11

    2009 1,77 0,68 1,04

    2010 1,55 0,61 0,96

    2011 1,52 0,55 0,89

    2012 1,57 0,55 0,89

    2013 1,35 0,50 0,77

    2014 1,30 0,53 0,80

    2015 1,33 0,63 0,86

    2016 1,39 0,59 0,93

    2017 1,79 0,64 1,05

  • Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2019 11

    Prezo medio por provincia en 2015-2017 e variación respecto do

    período 2012-2014

    Series anuais de prezo medio e área media de parcela

  • 12 Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2019

    Prezo medio por concellos para o período 2015-2017

  • Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2019 13

    Variación do prezo medio por concello para o período 2015-2017 respecto do período 2012-2014

  • 14 Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2019

    Nota metodolóxicaA principal fonte de información utilizada para a reali-zación deste informe foron os datos de compravenda de terras rústicas declarados polos contribuíntes ante a Axencia Tributaria de Galicia, no marco do impos-to sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Dentro do marco dos traballos do Observatorio de Terras de Galicia, os datos utilizados teñen a forma de resumo estatístico anual a nivel de parroquia (polo tanto, totalmente anonimizados) e co-rrespóndense con datos consolidados no momento de extracción do banco de información da Axencia (é dicir, trátase de datos que superaron o procedemento de comprobación administrativa). Tamén se dispuxo da porcentaxe que estes datos representan sobre o total de expedientes presentados, o que permitiu reali-zar estimacións e proxeccións sobre os datos conso-lidados para a inferencia do total da presentación do ano estudado.

    Os valores que presentamos aquí en forma de táboas,

    xeneralizacións realizadas a partir da información ori-xinal e deben ser tomados como valores orientativos que incorporan, necesariamente, a subxectividade do conxunto de decisións tomadas no seu procesado.

    -

    as relacionadas coa eliminación das observacións (parroquiais) consideradas anómalas dentro do histo-

    de valores asociados á expectativa de uso residencial.

    -ción realizada considerando o grao de completude da información orixinal correspondente a diferentes anos (loxicamente este é menor nos anos máis re-centes, ao atoparse unha parte dos expedientes aínda en tramitación), e debe ser tomada coas precaucións lóxicas. A partir dela calculouse a taxa de mobilidade,

    de compravenda nun determinado período de tempo -

    que foi obxecto de compravenda nun concello e pe-ríodo de tempo determinados, sobre o total de super-

    cada concello foron tomados do Anuario de Estatísti-ca Agraria publicado pola Consellería do Medio Rural nas súas edicións correspondentes aos anos 2012 e 2015 (para o cálculo das taxas de mobilidade dos períodos 2012-2014 e 2015-2017, respectivamente).

    de propiedade veciñal, dado que non pode ser obxecto

    por municipio obtivéronse do rexistro de montes veci-ñais en man común da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal da Consellería do Medio Rural, actualizado a xullo de 2017. Aínda que parte da super-

    gandeiro (e podería, polo tanto, estar computada en parte na SAU de cada concello), o cálculo considera

    Finalmente publícase como anexo I os valores de prezo medio, taxa de mobilidade media anual e nú-mero de operacións no período 2015-2017 con des-

    no Decreto 65/1997, de 20 de febreiro (DOG 63, 3 de

    mapa comarcal de Galicia], coincidente coa metodo-loxía estandarizada que emprega o Ministerio de Agri-cultura na realización da “Encuesta de precios de la tierra”, harmonizada coa EUROSTAT, na que se sinala que a unidade estatística de referencia é a comarca. Ditos valores de prezo medio son valores medios

    parroquial sobre o total do concello e corresponden ao valor medio declarado polas partes intervintes na transacción ante a Axencia Tributaria. Sobre a validez da aproximación destes valores débense aplicar as mesmas consideracións mencionadas anteriormente respecto do grao de completude da información e a súa representatividade.

  • 16 Informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2019

    Anexoinforme anual

    sobre prezos e mobilidadeda terra rústicaen Galicia

    2019

  • Comarca

    Prezo medio en

    2015-2017 (euros/m²)

    Taxa de mobilidade media

    anual 2015-2017 (%)

    Nº de operacións no

    período 2015-2017

    SAU Monte Total SAU Monte Total SAU Monte Total

    A Barcala 1,52 0,57 0,85 0,18 0,22 0,2 222 438 658

    A Coruña 5,51 1,72 2,85 0,12 0,1 0,1 337 403 739

    A Fonsagrada 0,20 0,32 0,27 0,27 0,1 0,14 246 283 527

    A Limia 1,44 0,30 1,17 0,03 0,01 0,02 457 657 1.113

    A Mariña Central 1,00 0,38 0,50 0,22 0,26 0,25 642 1.916 2.557

    A Mariña Occidental 0,82 0,40 0,45 0,33 0,34 0,34 1.029 3.085 4.112

    A Mariña Oriental 1,37 0,38 0,60 0,17 0,18 0,18 265 681 946

    A Paradanta 2,08 0,72 1,32 0,07 0,09 0,08 445 278 724

    A Ulloa 0,79 0,38 0,55 0,31 0,45 0,38 1.266 1.211 2.478

    Allariz-Maceda 0,64 0,47 0,58 0,1 0,04 0,07 597 744 1.340

    Arzúa 1,69 0,93 1,16 0,19 0,34 0,27 525 1.086 1.610

    Baixa Limia 1,49 0,77 0,94 0,02 0,02 0,02 187 158 343

    Barbanza 4,19 1,70 2,58 0,12 0,13 0,13 529 545 1.075

    Bergantiños 0,90 0,56 0,66 0,25 0,27 0,26 1.392 1.482 2.875

    Betanzos 1,20 0,60 0,76 0,31 0,5 0,43 1.276 2.536 3.808

    Caldas 2,68 1,03 1,78 0,24 0,19 0,21 1.545 869 2.415

    Chantada 1,28 0,54 1,01 0,29 0,19 0,24 2.408 1.231 3.640

    Deza 1,55 0,61 1,07 0,43 0,29 0,35 5.156 3.313 8.472

    Eume 1,00 0,41 0,54 0,44 0,38 0,39 1.140 2.666 3.805

    Ferrol 1,75 0,62 0,86 0,21 0,27 0,26 1.061 4.017 5.081

    Fisterra 2,83 0,90 1,27 0,08 0,1 0,1 262 511 772

    Lugo 1,30 0,59 0,84 0,18 0,33 0,25 2.383 2.675 5.056

    Meira 0,90 0,38 0,56 0,4 0,32 0,35 533 733 1.264

    17Anexo informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2019

    Prezo medio (euros/m²), taxa de mobilidade media anual (%) e número de operacións no período 2015-2017

    -das no Decreto 65/1997, de 20 de febreiro (DOG 63, 3 de abril de 1997), polo que se

  • Comarca

    Prezo medio en

    2015-2017 (euros/m²)

    Taxa de mobilidade media

    anual 2015-2017 (%)

    Nº de operacións no

    período 2015-2017

    SAU Monte Total SAU Monte Total SAU Monte Total

    Muros 4,37 2,29 3,15 0,08 0,02 0,02 171 117 288

    Noia 3,65 0,93 1,82 0,11 0,08 0,09 525 492 1.013

    O Baixo Miño 5,83 3,59 4,86 0,12 0,08 0,1 580 459 1.039

    O Carballiño 1,71 0,95 1,13 0,05 0,04 0,04 856 1.197 2.050

    O Condado 4,06 1,60 2,44 0,15 0,11 0,12 785 713 1.497

    O Morrazo 11,19 3,70 7,83 0,3 0,07 0,12 918 425 1.344

    O Ribeiro 2,34 3,16 2,98 0,1 0,05 0,06 589 787 1.375

    O Salnés 7,26 2,48 4,92 0,16 0,13 0,14 1.222 842 2.067

    O Sar 5,02 2,37 3,34 0,18 0,13 0,15 303 954 1.259

    Ordes 1,57 0,81 1,07 0,17 0,25 0,22 670 901 1.570

    Ortegal 0,77 0,50 0,55 0,97 0,96 0,96 3.260 9.145 12.408

    Os Ancares 0,69 0,38 0,52 0,12 0,06 0,08 447 577 1.020

    Ourense 2,28 1,16 1,53 0,06 0,03 0,04 1.153 1.318 2.468

    Pontevedra 4,41 1,32 2,85 0,19 0,11 0,14 1.916 1.186 3.103

    Quiroga 1,00 0,20 0,47 0,14 0,08 0,09 334 377 712

    Santiago 3,07 1,20 1,85 0,2 0,17 0,18 534 1.597 2.128

    Sarria 0,70 0,28 0,52 0,3 0,3 0,3 1.836 1.656 3.495

    Tabeirós-Terra de Montes 1,77 0,56 0,97 0,2 0,16 0,17 824 1.049 1.874

    Terra Chá 0,80 0,35 0,57 0,37 0,3 0,33 6.337 5.529 11.866

    Terra de Caldelas 0,46 0,37 0,39 0,03 0,05 0,05 177 244 421

    Terra de Celanova 0,52 0,44 0,49 0,04 0,01 0,01 266 233 500

    Terra de Lemos 0,89 0,35 0,63 0,16 0,1 0,13 1.812 1.314 3.123

    Terra de Melide 1,29 0,65 0,84 0,38 0,61 0,52 1.108 1.449 2.555

    Terra de Soneira 2,33 0,83 1,17 0,1 0,13 0,12 278 680 956

    Terra de Trives 1,08 0,23 0,51 0,01 0,01 0,01 40 76 116

    Valdeorras 3,59 0,79 2,28 0,11 0,05 0,07 956 594 1.552

    Verín 1,79 0,37 0,79 0,03 0,05 0,04 536 443 982

    Viana 0,47 0,36 0,39 0,01 0,02 0,01 75 94 168

    Vigo 11,09 5,39 8,13 0,1 0,06 0,07 1.062 701 1.770

    Xallas 1,99 0,62 0,89 0,07 0,3 0,18 328 575 902

    18 Anexo informe anual sobre prezos e mobilidade da terra rústica en Galicia 2019

  • https://www.google.es/url?sa=i&rct=j&q=&esrc=s&source=images&cd=&ved=2ahUKEwiXgvSElafjAhUM-hQKHV5sBVEQjRx6BAgBEAU&url=https%3A%2F%2Fagader.xunta.gal%2Fes%2Flineas-de-ayuda%2Fprogramas-anteriores%2Fgestionadas-por-los-gdr&psig=AOvVaw1SuCxWTzbIGhHcq2LWorY2&ust=1562738563945955https://www.google.es/url?sa=i&rct=j&q=&esrc=s&source=images&cd=&ved=2ahUKEwjrwLKalafjAhVQA2MBHeBFDRwQjRx6BAgBEAU&url=https%3A%2F%2Ffogga.xunta.gal%2Fes%2Fservicios_oficina_virtual&psig=AOvVaw0wpuM5fEkBsU2rMDdJlnLW&ust=1562738628856073http://www.google.es/url?sa=i&rct=j&q=&esrc=s&source=images&cd=&ved=2ahUKEwiTh9fIlafjAhVXD2MBHSxdB1QQjRx6BAgBEAU&url=http%3A%2F%2Fmarinasbetanzos.gal%2Fes%2Fmellora-de-xestion-de-terras%2Frecollida-de-informacion-das-zonas-piloto%2F&psig=AOvVaw1a_ky-mPfCollwfJMYJ_PN&ust=1562738675033598http://www.google.es/url?sa=i&rct=j&q=&esrc=s&source=images&cd=&ved=2ahUKEwjtodPalafjAhWR2hQKHbCMDtQQjRx6BAgBEAU&url=http%3A%2F%2Fportal.coag.es%2Funcategorised%2Ffundacion-juana-de-vega-ciclo-de-conferencias-sobre-paisaxe%2F&psig=AOvVaw0wFNa4yZGjFJuOcpXr8Rfa&ust=1562738765187658https://www.google.es/url?sa=i&rct=j&q=&esrc=s&source=images&cd=&ved=2ahUKEwiivLL2lafjAhXgDmMBHXioA3oQjRx6BAgBEAU&url=https%3A%2F%2Fexplorerbyx.org%2Fspaces%2Fgalicia%2Fusc-santiago-space%2F&psig=AOvVaw19ouNN0IF95t9KmCtcRDjE&ust=1562738796361486https://www.google.es/url?sa=i&rct=j&q=&esrc=s&source=images&cd=&ved=2ahUKEwjaufKJlqfjAhWj2eAKHZf0C3UQjRx6BAgBEAU&url=https%3A%2F%2Fwww.briefinggalego.com%2Faxencia-tributaria-de-galicia&psig=AOvVaw2xyaomqBtBnrbImDCnwDFi&ust=1562738865823253