inauguración da biblioteca
DESCRIPTION
Inauguración da bibliotecaTRANSCRIPT
No presente curso faise á apertura da biblioteca do centro o día 24 deoutubro.Ao longo de toda a mañá van pasando por ela os diferentes cursos paraescoitar un conto relacionado co noso proxecto:- Coma todos sabedes durante o verán, para non quedar só, Peraliñomarchou a dar unha voltiña polo mundo. E agora, xa de volta, tróuxonosalgúns contos e recordos dos lugares por onde pasou.
Para os alumnos de infantil dramatizouse o conto “Once damas atrevidas”empregando imaxes do libro, elaboradas polas mestras de E.I.
No 1º ciclo de E P. contouse o conto de “Matrioska”, apoiado polasbonecas, posto que Rusia foi un dos países que visitou Peraliño.
No 2º e 3º ciclo leuse o libro “20.000 leguas de viaxe submarina” enversión reducida, coma lembranza das aventuras que viviu Peraliño nesteverán.
Fíxose unha exposición nos corredores, preto da Biblioteca, con todosaqueles libros que trouxo e todos os recordos dos lugares por onde pasou.
Elaboráronse actividades que fomentaron o traballo de investigación,divulgación dos textos expostos
No verán Peraliño, a mascota da nosa biblioteca estivo de vacacións por todo o mundo, pero non se esqueceu de traernos contos.
XA ESTOU DE VOLTA!
As vosas mestras contaránvos os contos que vos trouxen….
Para os máis pequenos: “ONCE DAMAS ATREVIDAS”
Para os nenos do 1ºciclo Primaria: ”MATRIOSKA”
Para os nenos do 2º e 3º ciclo Primaria:
“20.000 LEGUAS DE VIAXE SUBAMARINA”
ESPÉROVOS NO ACTO DE
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA
24 de Outubro
Once damas saen de viaxe e percorren omundo.En cada páxina contamos unha menos porquese van quedando nos lugares aos que chegan.Un texto rimado para as primeiras idades quenos conduce por unha viaxe tola e divertida quepercorre a xeografía do mundo. Podemosdeducir por cada ilustración onde se atopanestas señoras e recoñecer o más típico de cadalugar.
Helle Thomassen
Debuxo ilustrativo do conto
Na vella Rusia vivía unfabricante de bonecas. Un díatallou unha boneca tanfermosa que non quixovendela.
Chamouna MATRIOSKA .Un día a boneca díxolle quequería ter unha filla. Ofabricante tallou outraboneca máis pequena emeteuna dentro da barrigade Matrioska. Pero a fillaquixo tamén ter outra filla eo fabricante repetiu a mesmaoperación. Cando esta tivo omesmo desexo das outrasdúas, o fabricante fixo unbebé tan pequeno como undedal pero lle pintou bigotepara que non puidese terningún bebé.
Autor: INKIOW, DIMITER
Varios barcos foron afundidos por un suposto monstromariño. O goberno de Estados Unidos organiza unhaexcursión para dar caza ao monstro. Na fragata de guerravan un home de ciencia, o seu axudante e un arponero, queson os únicos que se salvan cando o seu barco é taménesnaquizado polo monstro que resulta ser un submarinoconstruído polo Capitán Nemo que fuxiu do mundo e odiaaos homes. Logo dunha serie de aventuras é destruído osubmarino perecendo o Capitán e a tripulación, salvándosesoamente o arponero, o científico e o seu auxiliar. Julio Verne
Gustáronvos os contos?
Estes e outros contos das miñas viaxespoderedes atopalos na biblioteca…
XA ESTÁ ABERTA!. ESPÉROVOS!
E para os maiores unhas actividades.
A ver se sodes quen de resolvelas!
Ola
rapaces!
Que vos
pareceu a
miña viaxe?
Espero que
vos gustara.
Queredes
xogar
comigo
para
lembrar a
miña viaxe?
Mirade este planisferio.
Coloreade os países polos que pasei. Lembrades a cales fun? Vouvos axudar:
Grecia, Rusia, China, Australia, India, Exipto, Etiopía, México, Groenlandia e
Francia.
Rodea aqueles que teñan un clima máis cálido.
Seguindo o trazado do mapa, mira nun atlas e escribe o nome dos mares polos
que fun.
SEGUIDE INVESTIGANDO!
Como xa sabedes, esta é a bandeira do noso país, España
E esta a da nosa comunidade autónoma, Galicia
Pero, sabedes como son as bandeiras dos países polos que pasei?
A ver se debuxades algunhas:
GRECIA INDIA
CHINA MÉXICO
AUSTRALIA
Fuches ti a algún destes países? Cóntame algo: Que foi o que
máis che gustou? Trouxeches algún recordo?
Así viu o noso alumnado a
inauguración da Biblioteca