illa de coco
TRANSCRIPT
Parque nacional Parque nacional da Illa de Coco da Illa de Coco
A Illa de Coco atopase preto do continente americano, pertence a república de Costa Rica.Esta protexida como Parque Nacional desde 1978, Área de Conservación Mariña, Patrimonio Natural da Humanidade e Humidal Ramsar.
SUPERFICIE: 23,85 km²
Esta illa ten un terreo volcánico rodeado de cantís de ata 183 m de alto. Tamén ten moitas cavernas acuáticas con auga moi cristalina por esa característica e un dos sitios preferidos para o mergullo e a observación de especies mariñas.
Illote Manuelita
FLORAComunidades vexetais: bosques costeiros (ata 50 m de altitude), bosques interiores (50 a 500 m de altitude) e bosques nubosos (máis de 500 m de altitude).
Conta con 235 especies de plantas con flores (70 endémicas), 128 especies de brións e hepáticas, 90 especies de fungos. Hai grandes árbores como o copey, pau de ferro e a palma endémica. Tamén abondan os grandes fentos e as bromelias.
Galiño (Eritrina fusca)
Fento arbóreo (Cyathea nesiotica)
Pau de ferro (Sacoglottis holdridgei)
Cocoteiro (Cocos nucifera)
Palma
FAUNAEstán identificadas 100 especies de aves (4 endémicas); 5 de réptiles (dúas únicas), 400 especies de insectos (65 son endémicas), 60 de crustáceos; máis de 50 especies de outros artrópodos (arañas, cempernas, milpernas, isópodos...); 600 de moluscos; máis de 300 de peixes e 30 corais. Ademais de mamíferos mariños (baleas, caldeiróns, golfiños e lobos mariños), tartarugas (carei, verde e olivácea)...
Sphaerodactylus pacificus Anolis townsendii
Piqueiro pardo (Sula leucogaster)
Cuco de Coco (Coccyzus ferrugineus)
Canario de manglar (Setophaga petechia)
Papamoscas (Nesotriccus ridgwayi)
Pimpín de Coco (Pinaroloxias inornata
Golfiño fuciño de botella
Falsa candorca
Manta raia
Tiburón martelo
Tartaruga carei
Un cangrexo terrestre endémico da Illa de Coco.
Johngarthia cocoensis
Esta illa foi descuberta polo navegante Juan Cabezas no 1526.
Creese que nela existen varios tesouros agochados debido a que durante os séculos XVII e XVIII os piratas usaban esta illa como reserva de comida, auga e madeira.
CURIOSIDADESA novela de Michael Crichton "Parque Xurásico" desenvólvese nunha ficticia Illa Nublar localizada a 550 km da costa Pacífica de Costa Rica, que corresponde exactamente á ubicación da Illa de Coco.
María Pérez Aragunde