iii concurso de fotografía matemática · 2020. 9. 13. · iii concurso de fotografÍa “ies illa...
TRANSCRIPT
![Page 1: III Concurso de fotografía matemática · 2020. 9. 13. · III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “IES ILLA DE SAN SIMÓN” Nesta edición a temática será o “Gran Pequeno Mundo Matemático”](https://reader035.vdocuments.site/reader035/viewer/2022071215/6044ba4d40a8b45fd672d011/html5/thumbnails/1.jpg)
Avenida de Mendiño 28
36800 Redondela (Pontevedra)
Telf. 886110635 Fax 886110642
Unión Europea
Fondo Social Europeo
III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “IES ILLA DE SAN SIMÓN”
Nesta edición a temática será o “Gran Pequeno Mundo Matemático”. Trátarase de facer fotografías (co móbil) de cousas cotiás relacionadas coas matemáticas pero esta vez a pequena escala. Por exemplo:
Pequenos grans de azucre con forma de poliedros.
A fotografía dun microchip dunha computadora na que aparecen varias formas xeométricas.
Nas sementes dun xirasol aparecen espirales de Fibonacci.
![Page 2: III Concurso de fotografía matemática · 2020. 9. 13. · III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “IES ILLA DE SAN SIMÓN” Nesta edición a temática será o “Gran Pequeno Mundo Matemático”](https://reader035.vdocuments.site/reader035/viewer/2022071215/6044ba4d40a8b45fd672d011/html5/thumbnails/2.jpg)
Avenida de Mendiño 28
36800 Redondela (Pontevedra)
Telf. 886110635 Fax 886110642
Unión Europea
Fondo Social Europeo
Bases do concurso:
• Quen pode participar?
Toda a comunidade educativa. Especialmente o alumnado.
• Como teño que mandalas?
Hai que enviar as fotografías por correo electrónico, procura que a fotografía teña boa calidade. Unha boa iluminación, apoiar o móbil e utilizar a conta atrás poden ser un bo comezo neste tipo de fotografía pero ollo, a ver onde pos o foco !! É imprescindible que a fotografía teña un título matemático !!
• Cantas fotografías podo mandar como máximo?
Como máximo 2 fotografías.
• Cando teño que mandalas?
Hai de prazo ata o próximo xoves 18 ás 23:59.
• A quen envío as fotografías?
Envíalle as fotografías por correo electrónico ao teu profe de mates con copia a: [email protected]
• Este ano haberá premio?
Debido á situación actual da COVID-19 non haberá premio material, pero as mellores fotografías serán seleccionadas para a exposición anual e faremos chegar o diploma aos gañadores. Os seus nomes se darán a coñecer o día 22 de xuño no FB e na páxina web.
• É obligatorio?
Non é obligatorio a participación (aínda que se terá en conta sempre de forma positiva), pero o departamento de matemáticas anímavos a participar nestas actividades sempre que poidades. É unha forma de expresar a vosa creatividade e sen a vosa colaboración non hai concurso !
Departamento de Matemáticas IES Illa de San Simón