ii certame de mat-monólogos
DESCRIPTION
Guións finalistas no II Certame de Mat-monólogos celebrado o 12 de maio de 2009 no IES Monelos (A Coruña)TRANSCRIPT
Relación de guións finalistas do
II Certame de Mat-monólogos
que se celebrou o 12 de Maio de 2009
(Día Escolar das Matemáticas)
no IES Monelos (A Coruña)
1. DE PROBLEMAS E OUTRAS COUSAS........................ 3
2. FORMAS DE PENSAR……………………………………………….……. 7
3. POÑÁMOSLLE UN POUCO DE HUMOR ÁS MATEMÁTICAS 10
4. NACEMENTO DE 2 ……………………………………………………….. 13
5. SOÑANDO CÍRCULOS............................................... 16
6. UN TRASTO VIEJO................................................... 20
II Certame de Mat-monólogos. 2
II Certame de Mat-monólogos. 3
DE PROBLEMAS E OUTRAS COUSAS
Ola chámome Xosé, son un alumno de 3º da E.S.O e son repetidor,
pero ollo!, repetidor en monólogos xa que, o ano pasado, cando
estaba en 2º de ESO participei neste concurso falando “De nomes e
outras cousas”, este ano falarei doutras cousas relacionadas coas
clases de matemáticas.
Antes de comezar o monólogo vou compartir uns pensamentos con
todos vós.
A ver, o outro día estaba a facer os deberes de matemáticas e os
problemas que tiña no libro parecían todos iguais, o único que
cambiaba eran os números, para que digan que as matemáticas
axudan á imaxinación!, ... os que fan os libros non debían sacar moi
boas notas nesta materia da “imaxinación” porque mirade un
exemplo:
“Un pai di: meu fillo ten dez anos, a miña filla ten doce e eu
teño o triplo da metade da suma das súas idades máis tres,
cantos anos teño eu?.
Pois ... a mellor solución sería preguntarlle ós fillos, pero se non se
pode, haberá que mirar o libro de solucións do profesor porque é
máis rápido que a liada de escribir todo iso coa X que tan difícil é de
entender.
Outro problema moi habitual é o do gandeiro que ten por exemplo...
unha parcela rectangular de largo X e de ancho uufffff.!.. “o
dobre entre dous máis un, menos o triplo dun sexto da metade
da base”, e logo pregunta o problema “canto mide a base? ”
Pois ....a solución que nos queda é coller un metro porse a medir e
listo si non queremos ver as X de novo polo medio.
Quizais o problema máis famoso que coñezo dende hai moito tempo
pois, ano tras ano aparece nos libros é:
II Certame de Mat-monólogos. 4
“Un coche vai de Madrid a Ferrol a 210 Km/h, e outro vai no
sentido contrario a 170
Km/h.Sabendo que saen á mesma hora. Cando se cruzarán?”.
Ás veces en vez do coche é un tren ou incluso unha moto pero eu
pregúntovos, ¿algún de vos non coñece este problema?, lembrade o
libro de matemáticas e ese debuxiño dunha vila, un coche no medio,
a fonte e outra vila, e outro coche,..., verdade que fastidia lembralo!
Pois ben, este problema pode NON TER SOLUCIÓN xa que, a
porcentaxe de posibilidades de que se produza algunha das situacións
que a continuación vos conto, é moi alto:
1. Que o que vai a 210 se espete contra algo por ir demasiado
rápido.
2. Que lle poñan unha multa por exceso de velocidade,e teña que
facer o resto da viaxe máis lentamente.
3. Que non vaian pola mesma estrada.
E no suposto caso de que se crucen, o único que poderías facer de ir
ti no coche é pitar ou dicir ¡oooooooeeeeee aínda que non te escoite
ou non se che vexa, pero, iso si, apunta rapidamente o punto
quilométrico onde se produciu o encontro, e así terás solucionado o
problema.
O outro día puxéronme para facer na casa outro problema famoso:
“Para construír unha piscina, 10 obreiros tardan 16 días.
Cantos obreiros traballaron se tardaron 40 días?”.
Este é ben fácil, verdade?, a proporcionalidade inversa pero,
tampouco é un problema real, pois aquí en Galicia, en España os 10
obreiros nunca rematarían o traballo nos días fixados e seguramente
son eles os que tardaron os 40 días.
Problemas, problemas, ...... falemos doutras cousas
Unha das peores situacións nas que se atopa un alumno é estar nun
exame.
II Certame de Mat-monólogos. 5
Os de matemáticas teñen un ritual propio:
1. Dannos a folla do exame e apoiamos o cóbado na mesa
aguantando a cabeza, resoaramos e esperamos a que a
profesora -case sempre é profesora- nos dea instrucións e
algunha pista para empezar.
2. Logo, antes de ler nada, preguntamos polo baixo ao
compañeiro que temos máis preto cal é a resposta da número
un e como a pregunta se fai moi baixiño, na clase escoitase un
suave susurro “psssss” (significa que se está preguntando
algo). O compañeiro sempre di “non sei”.
3. Metemos o boli na boca e comezamos a ler a primeira
pregunta, e dicimos , “buf !!, esta non a sei paso á seguinte” ,
entón comezamos a ler a segunda pregunta e dicimos “buf!!
esta non a sei, paso á seguinte”, e así ata chegar á última na
que dicimos “vale!, empezamos outra vez”.
Cando xa puxemos os datos da primeira pregunta no folio -a boleo
claro- e miramos para eles, dicimos, “bua! isto é un sudoku!”,
¡estupendo!, a outro problema. Ao rematar a hora escóitase a serea e
pensas “ben aínda quedan dez minutos”, concentración, a profesora
di “veña entregade o exame!”, e ti dás a escusa máis tonta do
mundo: “espere que estou a poñer o nome” aínda que estás
escribindo números por todos lados, sen sentido.
Ao saír do exame alguén che pregunta si che saíu ben e dis “si oh!,
un oito como mínimo”, aínda que cando ves que non coinciden os
resultados cos dos demais notas unha suor fría que desaparece cando
comprobas que tódolos resultados que escoitas son diferentes.
Cando días despois a profesora devolve corrixidos os exames e di na
túa quenda “a ver, quen se chama raíz cadrada de 8 máis 144
elevado a 2 menos X ao cadrado igual a 3? ” ti contestas “creo que eu
II Certame de Mat-monólogos. 6
aínda que podes chamarme Xosé”. Ao final sacaches un cinco,
APROBADO!
Pero, non todo está feito, queda outra das peores situacións para
calquera neno. É esa na que estás o día das notas finais con un 5 en
mates.
O primeiro día do verán. Chegas á casa e ves unha bolsa de Carrefour
e pensas “ui, isto non pinta ben”, a túa alarma salta cando ves que a
túa nai está metendo as leitugas no frigorífico e escoitas que di
“tranquilo, tamén teño algo para ti” e ti dis con ton de medo “que me
trouxeches?”, responde “un bañador”, o alivio volve ó teu corpo pero
ela di “Ah! e unha cousiña máis” . Ti estás mirando o bañador e non
queres escoitar pero ela di máis alto “UN LIBRIÑO DE VACACIÓNS
SANTILLANA!”. Neste momento íllaste, os teus ollos só ven o
caderno, os teus oídos só escoltan as páxinas pasadas con velocidade
e o teu nariz só ule o arrecendo a novo do bañador. Logo escoitas a
peor frase do mundo que é “ ATA QUE NON FAGAS DOUS
EXERCICIOS CADA DÍA NON VAS Á PRAIA! ”.
Ben, xa é tarde, imos darlle comezo ao monólogo.
Moita xente di que as matemáticas están relacionadas coa música,
pero eu esa unión non a vexo por ningún lado. Pode que fora antes,
hai cincocentos ou seiscentos anos, ou na época de Mozart ou
Beethoven pero agora os mozos da nosa sociedade pasan da boa
música e póñense a escoltar música Satánica, Marilyn Manson ou
Melody. Vamos, xente que coñece as matemáticas de oídas, porque
parece difícil atopar matemáticas nesa música.
E isto chegou a seu fin. Ata outra.
José Rodríguez-Moldes Varela
3º ESO
IES Mugardos
FORMAS DE PENSAR
Hola, buenos días. Yo he venido a hablaros de las formas de pensar y
los distintos puntos de vista que hay sobre una misma cuestión:
¿Qué me decís de la expresión "no hay nada",?
Traducido al lenguaje matemático es "negativo - negativo", por lo
tanto estás diciendo algo positivo.
También sucede al revés, si quieres decir lo que esta expresión da a
entender, tienes que decir "hay nada" o en todo caso "no hay nada
de nada", ¡como nos lían los profes con cosas que son tan fáciles!.
¿En qué pensáis si os hablo de una regla de 3?.
Muchos diréis: ¡una regla matemática! y los menos entendidos dirán:
¡pues una cinta métrica!. ¿Cuál es la respuesta correcta?, aquí sucede
como en las lenguas... depende del contexto.
Por ejemplo: Juan, ¿tienes a mano papel?, pues hazme una regla de
3.
Juan tiene 2 opciones :¿Cuál será la correcta?
X sub 1 (que también el lenguaje se las trae!): el hombre elabora y
resuelve la cuestión elaborada mediante una regla de 3.
X sub 2: el hombre recorta una tira de papel y en ella mide con la
cinta una longitud de 3 decímetros.
Hay veces que pensando en las matemáticas no puedo dormir,
¿vosotros si?, y no es porque no tenga sueño como algunos
pensaréis, es por la "violencia de números", y por la "marginación
numérica".
Un ejemplo claro son los números irracionales
Mi profe se empeña en que deje resultados como 75,3
…porque dice que son más exactos que poner 1,7 2,2 2,6 … y yo
me pregunto …
II Certame de Mat-monólogos. 7
¿Cómo más exactos? ¿Dónde has visto al carpintero medir un estante
y decir: “Señora tengo que cortar 5132
metros de madera” ¿Cómo se
mide eso? ¿Con qué instrumento?
¿Qué te parece necesitar 32 metros de tela o de cuerda? ¿Qué te
contestarían en el comercio? ¿No dicen que las matemáticas son
para aplicarlas a la realidad?
También dicen que son para aprender a pensar ¿Eso no se llama ser
racional? ¿Qué hacen lo irracionales en medio de todo esto?
Otro ejemplo es la fórmula de las ecuaciones de 2º grado
completas.
El que inventó esta fórmula quiso discriminar a la letra b por ser la
segunda en el alfabeto.
¿-b?, ¿Por qué la puso en negativo? ¿Qué le hizo para que restase
su valor?, bueno, esto hasta podría pasar… luego la elevó al cuadrado
para que se hiciese ilusiones, y justo después cuando la vio más
contenta… ¡ZAS! Le extrajo la raíz cuadrada dejándola tal y como
estaba…
Pensemos: la -b de antes y la +b que nos queda ahora se reducen
de nuevo a la nada convirtiéndola en un 0 a la izquierda, y aún
encima la quiere dividir entre 2a… ¡pero qué sinvergüenza!.
¿Creéis que ya quedó satisfecho… ¡¡ no, no y no…,!! para deprimirla
de todo y prácticamente destrozarla a la pobre letra b y a su bajísima
autoestima, elevó delante de sus narices la moral de la a
II Certame de Mat-monólogos. 8
multiplicándola por la c, y después por 4. Claro porque la a es su
ojito derecho al ser la primera del abecedario…
Después de esto no me extraña que haya palabras tan feas que
empiecen por b, como baboso, barbaridad, bobalicón o bepeísmo
que según mi profe es todo fenómeno matemático cometido por un
BP.
¿Qué es un BP? pues mi profe dice que la mejor definición es una
Bestia Parda de esas que van simplificando cuando en un cociente
hay sumas y restas o que dicen que 4925 + es 5+7 o que ponen
que (x+y)2 es lo mismo que x2 + y2…¡que sé yo ¡ y otras cosas que a
ella le parecen terribles y que yo encuentro de lo más lógico……..
Para resumir:
Hay tantos puntos de vista y formas de pensar que tenemos que
aprender a convivir con las personas que los sostienen entre otras
cosas porque son las que nos ponen las notas.
Pablo López Méndez
3º ESO B
IES Terra de Trasancos, NARÓN
II Certame de Mat-monólogos. 9
II Certame de Mat-monólogos. 10
POÑÁMOSLLE UN POUCO DE HUMOR ÁS MATEMÁTICAS
Ola, chámome Carlos e estou escribindo para o concurso Mat-
monólogos. ¿Que dicir das matemáticas? É unha materia moi
divertida, pero á vez moi difícil. Pois empezo a falarvos delas. Eu
sempre as fun aprobando porque se me daban moi ben as sumas e
as restas; pero se o pensas ben, hai cousas que non encaixan.
As sumas: é moi fácil: merco cinco peras, súmolle unha e teño
seis. Iso cadra ben, pero nas restas, se teño números negativos (por
exemplo, -5 peras), ¿que teño que facer, sacar peras de onde non as
hai? Eu non lle atopo lóxica, ¿vós si?
Outra cousa que non entendo é a álxebra, unha mestura de
letras e números; alá coma se fose unha sopa, todo xunto, é coma en
Lingua galega, ordenar as letras para construí-los nomes. Estes
matemáticos pensan que é moi divertido xuntar letras e números. ¿É
tan divertido facer 3x +5x que dá de resultado 8x? ¿ E os “x” que
son? Segundo di a nosa profesora de mates, é un número calquera;
coma na feira; dígolle a unha vendedora: “dáme 3x” e dáme o que
lle dá a gana (bragas, faixas…). E rematando coa álxebra, dicir que
hoxe estivemos vendo na clase un tal Ruffini, que así se chamaba o
II Certame de Mat-monólogos. 11
finado do meu can. Ata lle poñen nomes de can ás mates. Que
vergoña!
Pero o peor son as fraccións. Fas unha división e despois
sempre se di: queda tanto, que o resto comémolo. ¿Quen cho
mandou comer? Co bonita que está unha torta sen partir. Ben, minto.
Máis bonito é comela, pero os matemáticos pensan só no resultado e
non en comer.
Vouvos falar agora un pouco sobre xeometría: iso das liñas
paralelas é un rollo, sobre todo para un rapaz da aldea. ¿ Para que
serven? ¿ Para que as patacas vaian en paralelo? Si, que imos ir coa
escuadra e o cartabón pola leira adiante…¡Canto vicio hai! A
propósito, levo nove anos arrancando cebolas na leira e nunca vin
unha raíz cadrada, e iso que ampliei a plantación. Ademais, grazas
ás matemáticas descubrín que o meu veciño me roubou 1 cm da
miña leira.
Pois agora tócalle o turno ás ecuacións, que a fórmula xa a
sabedes; e hai que elevar ó cadrado. ¿Quen inventou iso de elevar un
número ó cadrado? A min sempre me dixeron que o cadrado era
unha figura plana, non un “dous” que se lle coloca a un número; ¿tes
que facer un cadrado e poñe-lo número dentro? Iso é un rollo.
II Certame de Mat-monólogos. 12
As mates tamén se mesturan coas Ciencias sociais. Por
exemplo, a letra Π, que para os matemáticos é un número, aínda que
sexan gregos, parece un dolmen que facían os celtas. Xa volo dicía
eu. Éche todo un rollo. Xuntan o que lles dá a gana e se llo dis a
algún matemático aínda se rin de ti. Pero vós non lle digades nada,
¿eh?, por favor.
Como sei que non llo ides dicir, sígovos contando. O que menos
me cadra son as funcións; a min sempre me dixeron que as funcións
son as que realizan os seres vivos: nutrición, relación, reprodución…,
non unhas liñas por aquí e por alá que se representan nunhas rectas
perpendiculares, que segundo di a miña profe (que non entende
moito), son infinitas.
Ben, non vos mareo máis. Só vos vou dar un consello:
aprobade esta materia aínda que non teña moito sentido. Como diría
a miña profe de mates: “¡correcto!”.
Autor: Carlos Lema Blanco
Curso: 3º ESO
IES Ramón Caamaño (Muxía)
NACEMENTO DE 2
Naquela familia nunca ocorreran feitos destacados, máis ben
vivían placidamente unha vida sinxela e, sobre todo, bastante
ordenada.
O pai, 31
, de ollos verdes, alto e reservado era psicanalista lacaniano,
a nai, 21
, expelida e bonita, lideraba unha asociación feminista e
daba clases de Matemáticas e o fillo,65
, de catro anos era o xoguete
do barrio. Todos lle facían grazas e carantoñas e el campaba ás súas
anchas.
Foi naquela primavera que 21
deu a luz unha neniña tan
fermosa e espabilada que xa dende os primeiros días deu probas da
súa singularidade. Puxéronlle de nome 61
. E daquela, 65
, desprazado
nos seus afectos pola irmá, ideou variadas formas de acabar ca vida
da pequena. Menos mal que non lle deron resultado.
II Certame de Mat-monólogos. 13
Con sete meses a nena sostíñase de pe e pouco despois
empezou a emitir insistentemente un son que recordaba o erre
francés. Por máis que os pais se empeñaban en ensinarlle outras
palabras, ela sempre prefería as que tiñan erre. Comezou tamén a
interesarse polos pares: 2 zapatos, 2 monecas, 2 laranxas, 2 osiños.
Sempre que tiña unha cousa desaparellada choraba ata que non lle
daban outra igual.
Lonxe estaban os pais de saber que todas aquelas sinais non
eran máis que intentos da nena por reclamar de cedo a súa
identidade.
O colmo foi cando un día 61
empezou a vomitar números sen
ton nin son, ademais números diferentes, cada un diferente ó
anterior: 4, 1, 4, 2, 1, 3, 5. 6, 2....
Como era posible? É verdade que tamén os pais expulsaban números
de vez en cando. A nai só era capaz de emitir un 5 pero o pai podía
expulsar todos o 3 que quixera e sempre lle quedaban máis dentro. E
o fillo podía lanzar un 8 e tantos 3 como o pai. A raza ía mellorando
dende logo, pero o de 61
era inadmisible. Nunca antes se vira tal
cousa. Estaría endemoniada?
Entón os pais, cheos de preocupación levaron á nena a
urxencias e alí dixéronlle que nunca viran un caso así, nin sequera
nos libros. Mandaron vir un especialista da capital e outros de
diferentes partes do mundo, pero todos quedaban desconcertados ó
ver os síntomas de 61
. Ata que, por fin, veu un sabio da India que,
nada máis vela, dixo: “Irracional” . Non é unha enfermidade. A nena
é un número irracional. Tivo que explicarlles varias veces ós médicos
II Certame de Mat-monólogos. 14
e ós pais que no seu pais aquilo era habitual. Alí nacían moitos nenos
como 61
. A diferenza cos outros nenos parecía ser que estes usaban
máis o hemisferio dereito do cerebro.
“Por certo, dixo o sabio, 61
non é nome para ela. É evidente que a
nena se chama 2 , pobriña”
Grazas a aquel sabio indio, os pais quedaron tranquilos e a
nena recuperou a súa identidade e aínda foi admitida como unha
enviada dos deuses.
Iso si, a nena, o irmán e os pais compartían a mesma infinita
recta onde se apousentan polos séculos dos séculos os números e as
súas historias.
Mª Teresa Castro Mangana
Profesora IES Coruxo
Vigo
II Certame de Mat-monólogos. 15
II Certame de Mat-monólogos. 16
SOÑANDO CÍRCULOS
Certo día do mes de Maio o alumno Anxo Loureiro, sen previo
aviso e sen que houbese precedentes no seu entorno, entoleceu
mirando círculos.
Anxo fora sempre un rapaz entusiasta das Matemáticas e a súa
profesora, Carmela, tíñao por un dos mellores alumnos do centro.
Pero de aí a entolecer mirando círculos...
Fora así, de repente. Ese día, mentres Carmela explicaba
trigonometría, Anxo foi atrapado irremisiblemente por un círculo do
encerado e, estivo ollándoo fixamente ata que Carmela o borrou, e
despois ollou para un círculo do libro e despois para outro do
caderno, e despois para as gafas circulares de Carmela, e despois
para o seu reloxo, e despois para os debuxos circulares do chan... e
xa non puido parar.
Ó saír de clases, Anxo marchou para a casa sen deixar nunca
de ollar círculos: o sol, ó lonxe, obxectos redondos dos escaparates,
as bocas de rego, flores, deseños variados e deste xeito entrou na
súa casa fixándose na tapadeira do cubo de lixo e nas macetas da
entrada.
A familia, ó principio, non lle notou nada porque o certo é que
Anxo era un rapaz de por si bastante calado e así, mentres comían, el
estivo analizando fixamente as lentellas antes de levalas á boca,
despois os vasos, os pratos e as botellas ó tempo que os pais
debatían sobre as vantaxes dun xardín circular que o concello
proxectaba construír nas aforas da cidade.
Pola noite Anxo soñou cunha familia de círculos: Os círculos pais
adoptaban á mínima a posición de círculos concéntricos e os fillos,
II Certame de Mat-monólogos. 17
tres circuliños lindísimos de diferentes tamaños, preferían
empuxarse uns ós outros e botarse por unha pendente abaixo.
Ó día seguinte, no instituto, Anxo pasou o tempo debuxando
círculos de todos os tamaños e cores. Debuxounos, incluso, no exame
de Ciencias do Medio, no pantalón vaqueiro de Elvira, nos pupitres,
no chan, nos carteis das paredes, no ximnasio, no patio e nos cuartos
de baño.
Ese día os pais empezaron a miralo algo preocupados pois el
estaba cada vez máis pálido e ensimesmado e mesmo parecía que
tiña os ollos redondos. A nai tomoulle a febre e, despois de facerlle
unha manzanilla, mandouno durmir unha sesta a ver se melloraba un
pouco.
Esta vez Anxo soñou, ademais de cos círculos, con óvalos e
elipses. Os óvalos eran dunha caste inferior á dos círculos, aínda que
algúns deles vestían tamén moi atilados e tiñan aires pretensiosos. As
elipses, moi femininas elas, estaban sempre enfocando un óvalo ou
un círculo, sen disimulo ningún. En canto os nenos tiñan calquera das
tres formas pero a eles non parecía importarlles moito isto porque as
súas preferencias eran rodar dun sitio a outro sen parar.
Cando Anxo espertou, era moi tarde e el estaba só na casa
porque os pais foran comprar galletas ovaladas. Intentou erguerse da
cama pero notou que non tiña apenas forza nas pernas nin nos
brazos. Como puido, arrastrouse ata o armario e ó abrir a porta, o
espello reflectiu, non a Anxo, senón unha estrambótica figura: A
cabeza era un círculo perfecto, bastante plano, con ollos e boca en
espiral, o corpo tiña forma de óvalo irregular, os brazos e as pernas
II Certame de Mat-monólogos. 18
eran como garabatos curvos mal trazados e as mans e os pes máis
ben elipsoidais. Uns riciños dourados lle agromaban na cabeza e
caían en bucles despeiteados. Un poema.
Pero Anxo non se estrañou nin se asustou, acostumado como
estaba a divagar en círculos e demais figuras o máis normal é que el
mesmo comezase a parecérselle. Saíu á rúa e, ó pouco tempo,
empezou a dar voltas en círculos e espirais, como se fose bailando.
Máis dunha persoa intentou paralo, pois tiñan medo de que o
atropelase un coche, aínda que non comprendían que facía aquel
monicreque saltando polas rúas.
“Anxo” seguiu así ata que un garda de tráfico o parou e lle
pediu a carta de identidade. A sorpresa do garda foi cando aquela
marioneta imposible sacou dun bolso unha carta de identidade
totalmente redonda e, non sabendo xa que facer, pois o outro
cumpría os requisitos mínimos de cidadán, preguntoulle por que tiña
esa pinta e por que daba saltos en redondo. Ó que “Anxo” respondeu:
”Xa non quedan cabaleiros que difundan e defendan a perfección
inmutable das figuras redondas, así que eu vinme na obriga de me
transformar e saír polo mundo adiante para llas amosar á xente”.
Cando o escoitou falar deste xeito, o garda, que tiña a súa
sensibilidade, deuse conta de que Anxo era un ser especial da
natureza e xa estaba a punto de levalo a un museo para que alí se
encargasen de gardalo e catalogalo, cando pasou por alí un
recoñecido debuxante de cómics é ollando Para “Anxo” quedou
perplexo por un minuto e despois dixo:
II Certame de Mat-monólogos. 19
“Non pode ser, este é o heroe que eu levo tempo buscando, sen
dar con el, e agora está aí, enfronte a min, redondo por arriba,
ovalado por abaixo, perfecto, e falando tan tranquilamente co señor
axente”
Sen dubidalo un instante o debuxante convenceu ó garda de
que xa el se encargaba de levar a “Anxo” a un lugar seguro, que
quedara tranquilo.
Si que o levou, levouno para as súas viñetas, que dende entón
tiveron un éxito irresistible e onde “Anxo” loce como o amante dos
círculos e como o heroe máis intrépido do mundo redondo.
Pasou, pois, Anxo a dúas dimensións por amor dos círculos.
E acaso alguén sabe algo de dimensións...
Mª Teresa Castro Mangana
Profesora IES Coruxo
Vigo
II Certame de Mat-monólogos. 20
UN TRASTO VIEJO
¿Qué decir de las matemáticas? Son como uno de esos trastos que
viven en tu desván, que ocupan mucho espacio, son inservibles, y se
les pega toda la porquería. Pero también son uno de esos trastos que
da pena tirar; son algo clásico, algo que nunca pasa de moda y
además está muy bien visto porque si tu vecina te pregunta:
‐ ¿Este trimestre ha aprobado las matemáticas tu hijo?
Si la respuesta es: “si, con un 6, pero ha suspendido todas las
demás.” la vecina pensará: ¡que listo es el niño! porque aunque haya
suspendido todas las demás ha aprobado matemáticas, ¡y con un 6!
,no con un cinco pelado. Este chico tiene un futuro brillante.
En cambio si la respuesta es: “Ha sacado un 4 pero en las otras todo
sobresalientes”. ella pensará: ¡mira este!, que no aprueba
matemáticas que son algo esencial en la vida. ¿Y si un día quiere
hablar de los números primos que son el tema de conversación de los
grandes hombres de negocios?. Ya decía yo que muy espabilado no
era…..
Pero, seamos realistas.: aprobar matemáticas sólo te servirá para
explicarle a tu hijo sus ejercicios, ayudarle a hacer los deberes y no
tener que inventarte uno disculpa para la vecina. ¿De verdad te
creías que la gente normal se pasa la vida hallando a que distancia de
Valencia se cruzaran los buses de las líneas “A” y “B” o dibujando
triángulos en posición de Tales? La respuesta es un “no” rotundo con
letras mayúsculas con negrita y subrayado.
Y que me dices de la gente que se dedica a estudiar matemáticas, los
matemáticos. Son unos especímenes que yo creo que existen desde
que el mundo es mundo porque siempre ha habido personas que
además de aburrirse mucho, tienen demasiado tiempo libre.
II Certame de Mat-monólogos. 21
Por ejemplo, el Pitágoras ese que los profesores dicen que era un
hombre inteligente, culto, curioso…le otorgan infinidad de
calificativos. Pero yo he descubierto lo que nadie sabía. Sé por qué
Pitágoras inventó la formulilla, ¿sabes cual te digo no? Esa que, a
pesar de darla todos los años nunca me sabré, por razones que están
siendo estudiadas por científicos de todo el mundo. Al grano, que a
Pitágoras le mandaron medir una finca con la forma del triángulo
rectángulo, esa palabra que sólo con oírla ilumina la cara de todos los
profesores de matemáticas. Pues el hombre, que era un poco vago
midió los dos lados más cortos y luego se invento la fórmula esa de
por haches y por ces. Pero eso lo haría cualquier vago profesional.
¡No me digas que tiene mérito alguno!.
Otra cosa de las matemáticas es el concepto del cero. Ahora tú dirás
mira esta y me viene a hablar del cero ¡anda que ha descubierto la
pólvora! Pero lo que su inventor no pensó es que había creado un
número igual a la nada. Él no tiene la culpa, nadie puede elegir el
tamaño de su cerebro. A él le diré algo básico: la nada jamás, en
ninguna circunstancia, nunca puede ser igual a algo. Así que la nada
y cero técnicamente no son lo mismo.
Un tema más del libro de matemáticas es eso que llaman números
enteros que todos los profesores (muy originales) explican con eso
de: “si yo debo 5 euros a mi amiga y mi madre me da 5 euros,
¿cuánto dinero tengo?”
Pues que quieres que te diga, que tu no sepas.
El profesor de matemáticas te dirá, muy lógico el hombre: “tienes 0
euros porque -5 euros que son los que le debes a tu amiga más 5
euros que te da tu madre da 0 euros al pagarle”. Es que los
matemáticos viven en el mundo de “yupi”. Eso es así si le pagas a tu
amiga, pero si ella no se entera te compras unas gominolas y no te
preocupes que ella de la deuda no se va a olvidar . La operación
II Certame de Mat-monólogos. 22
quedaría -5 euros + gominolas valoradas en cinco euros es igual a la
misma deuda que al principio pero con el estómago lleno.
Resumen que a eso a lo que llaman ciencia exacta es un cúmulo de
incertidumbres, enigmas y aproximaciones. Querido amigo, las
matemáticas son un mundo aburrido que pretende engatusarte con
su presunta lógica pero que, al fin y al cabo no tiene utilidad alguna.
Si yo fuera tú tiraría ese trasto del que te hablaba al principio a la
basura, quizá vaya seguido de miradas indiscretas o comentarios
malintencionados pero te aseguro que te quitarás un gran peso de
encima y tu vida será mucho más sencilla sin él.
MARTA 3º ESO-B
IES TERRA DE TRASANCOS, NARÓN