guía da violencia de xénero - sindicato nacional de ccoo de galicia · 2015-11-23 · guía para...
TRANSCRIPT
GUÍA PARA MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
25 de novembro de 2014
secretaría da muller
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 3
ÍNDICE
1. INTRODUCIÓN..................................................................................................................5
2. QUE É A VIOLENCIA DE XÉNERO SEGUNDO A LEI 11/2007 DE XULLO, GALEGA PARA A PREVENCIÓN
E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO...............................................................7
Formas de violencia de xénero ........................................................................................... 7
Acreditación da situación de violencia de xénero .............................................................. 8
3. SE ES VÍTIMA DA VIOLENCIA DE XÉNERO, QUE DEBES FACER?........................................................8
A denuncia .......................................................................................................................... 9
O atestado policial ............................................................................................................ 11
O parte de lesións ............................................................................................................. 12
A orde de protección ........................................................................................................ 13
A túa asistencia legal......................................................................................................... 16
Que pasa agora coa túa situación familiar?...................................................................... 18
4. PREGUNTAS FRECUENTES ..................................................................................................19
ANEXO: GUÍA DE RECURSOS .....................................................................................................25
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 4
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 5
1. Introdución
A violencia contra as mulleres ten unha orixe ancestral e vénse dando en todos os tem-
pos, en todas as culturas, en todo o mundo. É certo que as formas e o grao varían dunha
sociedade a outra, pero incluso nas consideradas máis evolucionadas, nas que forma-
mos parte do mundo desenvolvido e democrático, persiste a violencia de xénero, ese
atávico e profundo sentimento machista que leva algúns homes a violentar e asasinar
mulleres.
Esta violencia de alcance universal considerouse historicamente un fenómeno circuns-
crito á rede das relacións afectivas e persoais; facía parte do mundo das relacións priva-
das, eran «cousas da parella». Ese carácter de naturalidade con que se consideraba a
violencia de xénero tornouna invisible, nin o Estado nin a sociedade debían intervir; nin-
gunha outra violencia era tolerada socialmente, só a que sucedía dentro do fogar. Isto
continúa sendo así en moitos países do mundo e forma parte da ocultación da violencia,
por iso resulta difícil coñecer as dimensións e características reais do problema e difi-
culta as posibilidades de intervención.
Nas últimas décadas tense avanzado social e xuridicamente para que a violencia de xé-
nero saia do ámbito estritamente privado, para que colla corpo a súa consideración no
campo dos dereitos políticos e sociais, dos dereitos de cidadanía e, sobre todo, dos de-
reitos humanos. As conferencias mundiais organizadas pola ONU supuxeron un grande
avance nesta consideración dos dereitos das mulleres a vivir sen violencia como un de-
reito humano.
A violencia é unha forma de control social, e a violencia contra as mulleres ten un obxec-
tivo prioritario: a persistencia da posición de subordinación e desigualdade das mulleres
nas relacións de poder cos homes.
Segundo as Nacións Unidas, a violencia que sofren as mulleres, tanto en países desen-
volvidos coma nos que non o están, relaciónase co estatus de desigualdade das mulle-
res en todas as sociedades, e a súa orixe afunde as raíces na estrutura do matrimonio,
na familia e na sociedade. Daquela, cómpre contextualizala nas pautas culturais, nos
costumes, nas tradicións que reforzan a condición de inferioridade da muller, e nas prác-
ticas que lle asignan unha posición secundaria na familia, no traballo e na sociedade.
Os organismos internacionais, ONU Mulleres, as institucións, os movementos e asocia-
cións de mulleres, e as organizacións —como Comisións Obreiras— comprometidas coa
igualdade, desempeñamos un papel fundamental no recoñecemento desta realidade e
na importancia de acometelo como un problema social, como unha cuestión política e
non persoal, e tamén na denuncia da violencia de xénero como a discriminación máis
extrema contra as mulleres.
Esta Guía, que comeza nesta introdución, pretende colaborar na visibilización, na con-
cienciación e implicación de toda a sociedade, neste caso na participación de todos os
delegados e delegadas de CCOO, na loita contra unha realidade que non nos gusta e
que debemos mudar.
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 6
Esta Guía é o froito do traballo de Silvia Segade, Ana Peña, Begoña Méndez, Pedro
García Cacho, e mais eu, que pretendemos proporcionar un instrumento de coñece-
mento e de intervención para lles facilitar ás mulleres vítimas o acceso aos recursos para
romper coa violencia e empezar a vivir.
Apertas e bo traballo.
Mabel PÉREZ SIMAL Secretaría da Muller Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 7
2. Que é a violencia de xénero segundo a Lei 11/200 7 de xullo, galega para a prevención e o tratamento inte gral da violencia de xénero
Enténdese por violencia de xénero calquera acto violento ou agresión, baseados nunha
situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes
sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou
psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da
liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada.
ORMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Considéranse formas de violencia de xénero, fundamentalmente, as
seguintes:
• Violencia física, que inclúe calquera acto de forza contra o corpo da muller, con
resultado ou risco de producir lesión física ou dano, exercida por quen sexa ou
fose o seu cónxuxe ou por quen estea ou estivese ligado a ela por análoga rela-
ción de afectividade, aínda sen convivencia.
Igualmente, terán a consideración de actos de violencia física contra a muller os
exercidos por homes do seu ámbito familiar ou do seu contorno social ou laboral.
• Violencia psicolóxica, que inclúe toda conduta, verbal ou non verbal, que produza
na muller desvalorización ou sufrimento, mediante ameazas, humillacións ou ve-
xacións, esixencia de obediencia ou submisión, coerción, insultos, illamento, cul-
pabilización ou limitacións do seu ámbito de liberdade, exercida por quen sexa ou
fose o seu cónxuxe ou por quen estea ou estivese ligado a ela por análoga rela-
ción de afectividade, aínda sen convivencia.
Igualmente, terán a consideración de actos de violencia psicolóxica contra a mu-
ller os exercidos por homes do seu ámbito familiar ou do seu contorno social ou
laboral.
• Violencia económica, que inclúe a privación intencionada, e non xustificada legal-
mente, de recursos para o benestar físico ou psicolóxico da muller e das súas fi-
llas e fillos ou a discriminación na disposición dos recursos compartidos no ámbito
da convivencia de parella.
• Violencia sexual e abusos sexuais, que inclúen calquera acto de natureza sexual
forzada polo agresor ou non consentida pola muller, e que abarcan a imposición,
mediante a forza ou con intimidación, de relacións sexuais non consentidas e o
abuso sexual, con independencia de que o agresor garde ou non relación conxu-
gal, de parella, afectiva ou de parentesco coa vítima.
• Acoso sexual, que inclúe aquelas condutas consistentes na solicitude de favores
de natureza sexual para si ou para unha terceira persoa, nas que o suxeito activo
se aproveita dunha situación de superioridade laboral, docente ou análoga, co
anuncio expreso ou tácito á muller de causarlle un mal relacionado coas
F
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 8
expectativas que a vítima teña no ámbito da devandita relación, ou baixo a pro-
mesa dunha recompensa ou dun premio dentro desta.
Outras formas de violencia de xénero
Ademais da violencia de xénero, existen outras modalidades de violencia contra a muller,
como pode ser o tráfico de mulleres e nenas con fins de explotación sexual, a mutilación
xenital feminina ou os matrimonios forzados.
Debe terse en conta que, como consecuencia do uso das novas tecnoloxías, aparecen
novas formas de exercer violencia e que teñen unha especial incidencia na xuventude
feminina. Estas son:
• Ciberacoso: A xuventude do noso tempo é xa «nativa dixital». O troco de contidos
persoais é unha proba de confianza ou «proba de amor» e constitúe unha porta
aberta ao:
• Sexting, que consiste na difusión de imaxes de contido erótico ou sexual.
• Consecuencia: en caso de ruptura, os ciberacosadores, utilizan internet para al-
canzar a vítima.
CREDITACIÓN DA SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO
A situación de violencia acreditarase por calquera das seguintes formas:
• Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou
testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da
propia orde de protección ou da medida cautelar.
• Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia
en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007 de xullo, galega para a
prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
• Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración
pública autonómica ou local.
• Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
• Informe do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
• Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
• Calquera outra que se estableza regulamentariamente.
3. Se es vítima da violencia de xénero, que debes f acer?
A violencia de xénero é un delito perseguible de oficio. Isto significa que dende o mo-
mento en que o xulgado, as forzas e corpos de seguridade, a fiscalía ou o teu centro sa-
nitario coñecen a situación de violencia que ti e os teus fillos e fillas estades sufrindo,
aínda que non decidiras denunciar, porano en coñecemento da xustiza para que casti-
gue as agresións producidas e se reparen os danos causados.
Existen tres vías a través das cales se comunica ao xulgado os feitos e circunstancias
dos presuntos delitos ou faltas por violencia de xénero dos que foses vítima.
A
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 9
A denuncia. É a declaración que ti mesma ou calquera persoa do teu contorno fai sobre
a situación de violencia que sufriras, xa sexa ante o xulgado, a policía ou garda civil ou
ante a fiscalía.
O atestado policial. É o documento en que os axentes da policía ou garda civil anotan
todos os feitos, circunstancias e declaracións que acrediten a situación de violencia de
xénero que se produciu, sexa porque acoden a unha chamada ao lugar onde se produci-
ron os feitos, sexa porque acodes ás súas dependencias para interpoñeres unha denun-
cia. No atestado incluiranse todas as indagacións, datos e detalles que obtivesen os
axentes na súa intervención e que servirán logo como medio de proba no xuízo.
O parte de lesións. É o documento que redacta o persoal sanitario sobre as lesións que
presentas, se acodes ao hospital ou centro de saúde para que te atendan pola agresión
que ti ou os teus fillos ou fillas sufrísedes e que están obrigados a remitir decontado ao
xulgado.
IMPORTANTE: Os teus datos persoais e os dos teus fillos e fillas poderán ter carácter
reservado, se así o solicitas, na denuncia, o atestado policial ou o parte de lesións. Pre-
sérvase a túa intimidade como medida de seguridade e evítase que poidan chegar ao
coñecemento do denunciado.
Tamén terán carácter reservado os datos persoais das testemuñas.
DENUNCIA
Por que é importante denunciar?
Porque coa denuncia faise visible a situación de violencia de xénero da que ti
e as túas fillas e fillos sodes vítimas, poñéndose en marcha todos os mecanismos de
protección, de asistencia e recuperación, a través dos órganos xudiciais, a fiscalía, as
forzas e corpos de seguridade e os servizos sociais.
Quen pode denunciar?
Podes denunciar ti mesma ou calquera persoa (un familiar, un veciño, etc.) que coñeza
os feitos e circunstancias da violencia que se producise.
Se decides denunciar, sentiraste máis segura e apoiada se te acompaña algunha persoa
da túa confianza.
Onde se presenta a denuncia?
A denuncia pódese presentar ante calquera das seguintes instancias:
• Comisaría da Policía Nacional ou na Policía Local do teu municipio
• Cuartel da Garda Civil
• Fiscalía
• Xulgado de violencia sobre a muller ou xulgado de garda
A lei garante o teu dereito á asistencia xurídica gratuíta a través do teu avogado/a e pro-
curador/a, en todos os procedementos xudiciais que inicies por violencia de xénero.
En todo caso, na mesma comisaría de policía ou cuartel da Garda Civil onde presentes a
denuncia, e antes de che tomaren declaración, podes solicitar de forma inmediata que se
A
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 10
che designe avogado/a da quenda de oficio especializado en violencia de xénero ou ben
designalo da túa libre elección, para que te asesore en todas as actuacións xurídicas re-
lacionadas cos feitos que vas denunciar e sobre as medidas de protección que podes
solicitar.
Igualmente, ademais do xulgado exclusivo de violencia sobre a muller, en cada fiscalía
existe tamén unha fiscalía especializada á que podes acudir para informarte de todo o
que che ocorreu e que se encargará de iniciar as dilixencias de investigación
correspondentes.
Os xulgados de violencia sobre a muller e as fiscalías especializadas contan con profe-
sionais especializados en violencia de xénero e as súas dependencias están adaptadas
para dar resposta ás túas necesidades naquelas cidades onde haxa xulgado específico.
(Ver guía de recursos)
IMPORTANTE: Se tes medo por ti e pola túa familia e cres que existe risco dunha nova
agresión, solicita a orde de protección ao tempo que interpós a túa denuncia como me-
dida para reforzar a vosa seguridade e evitar novas agresións.
RECORDA: Sempre que che sexa posible, presenta a túa denuncia ante as unidades
especializadas da Policía Nacional, Local ou da Garda Civil, que contan con persoal for-
mado en materia de violencia de xénero. (Ver guía de recursos).
Ademais, tes dereito a elixir que sexa unha muller quen te atenda durante todo o tempo
que dure a interposición da denuncia.
Que hai que dicir na denuncia e como hai que dicilo ?
Toma o teu tempo. Na denuncia has contar da forma máis clara, completa e precisa todo
o que che sucedeu, tanto os feitos que a orixinan como aqueloutros actos de violencia
que sufrirades ti ou os teus fillos e fillas ao longo de toda a túa relación co agresor.
Á hora de declarar, intenta recordar datas, frases textuais ou persoas que estiveran pre-
sentes durante as situacións violentas e, sempre que poidas, escríbeas antes.
Conta tamén polo miúdo se existiron agresións aos teus fillos e fillas ou se estaban pre-
sentes cando as sufriches ti.
A policía ou a garda civil preguntarache sobre os aspectos importantes que non se po-
den esquecer: os teus datos identificadores e os do agresor, o tipo de relación que tedes,
canto tempo dura a vosa relación, se el ten licenza de armas, se tedes fillos ou fillas co-
múns, se traballas, se sufriches agresións anteriores e se foron denunciadas e, final-
mente, se necesitas orde de protección.
Así mesmo, os axentes preguntaranche sobre a existencia de lesións e, en caso de térelas,
• se xa fuches asistida nalgún centro sanitario e dispós de parte médico, xunta-
ranse á denuncia;
• noutro caso, ofreceráseche a posibilidade de ser trasladada a un centro sanitario
para recibires a atención médica necesaria, xuntando á denuncia o parte médico
que se emita.
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 11
• Se non queres ser trasladada a un centro sanitario, constarán por escrito, me-
diante dilixencia, as lesións aparentes que poidan apreciarse e solicitaranche fa-
cerlles fotografías para unilas á denuncia.
Estas fotografías das túas lesións e do estado en que quedou a túa casa, se a
agresión se produciu alí, son moi importantes porque así o/a xuíz/a, amais do teu
testemuño e informes médicos, poderá facerse unha idea máis exacta do oco-
rrido e do teu estado tras a agresión.
Cando presentes a denuncia, informarante dos teus dereitos como vítima a tra-
vés da «acta de información de dereitos» que asinarás.
IMPORTANTE: Antes de asinares a túa denuncia, le detidamente o contido para com-
probares que nela se recolleron todos os feitos que relataches. Se consideras que falta
algo importante, solicita ao/á axente que se inclúa. Se non che dan unha copia da de-
nuncia, NON ESQUEZAS PEDILA.
Se a situación emocional en que te atopas non che permite narrar con claridade os feitos
que che ocorreron, non te preocupes porque poderás ampliar a denuncia durante a fase
de instrución no xulgado.
ATESTADO POLICIAL
No atestado, a policía ou a garda civil recollerán todas as actuacións que
realicen para garantir a túa seguridade, así como aquelas circunstancias que
poidan acreditar os feitos denunciados.
A policía ou a garda civil recollerán no atestado policial o resultado das súas indaga-
cións, as declaracións que tomen e calquera circunstancia que observen, coma tal o es-
tado en que te atopas ti ou o agresor, as lesións que poidas presentar ou se hai desorde
ou danos na vivenda que puidesen indicar que se produciu unha agresión, os datos do
grupo familiar, a solicitude de orde de protección, a declaración do denunciado e a súa
detención, se for necesario, unha vez informado dos seus dereitos.
Unha vez analizadas todas estas circunstancias, emitirase un informe de valoración poli-
cial de risco (VPR) no que se avaliará a gravidade do risco de se produzan novas agre-
sións e informarante das medidas de protección e seguridade que se han adoptar,
adaptadas ao nivel de risco determinado, que pode ser «non apreciado, baixo, medio,
alto ou extremo».
O atestado policial conterá, entre outras, a seguinte información obtida dos datos e feitos
que contases e da información resultante da investigación dos axentes:
• a túa declaración
• os teus datos, os do teu agresor e os do grupo familiar
• os feitos denunciados
• a solicitude de medidas de protección e seguridade que adoptaran os axentes
• a comparecencia e manifestación do denunciado
• a manifestación das testemuñas
O
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 12
• a declaración dos axentes policiais que interviñeran no teu auxilio
• as actuacións policiais de verificación e comprobación da denuncia
• as actuacións policiais dirixidas á incautación de armas
• achega de antecedentes policiais do denunciado
• dilixencias de remisión dos informes médicos, psicolóxicos e sociais
• informe de avaliación do risco
Se for o caso, ao atestado policial xuntaranse os seguintes documentos:
• parte de lesións e fotografías delas
• solicitude da orde de protección
• dilixencia de detención do presunto agresor (se a houber) e información dos seus
dereitos
• calquera outra dilixencia que non conste no corpo do atestado
IMPORTANTE: Aínda que che resulte difícil, conta todo o sucedido na túa situación de
maltrato, toma o tempo que precises.
Sempre que poidas, acode ás unidades especializadas en violencia sobre a muller tanto
na Policía Nacional a través do Servizo de Atención á Muller (SAM) dentro do Servizo de
Atención á Familia (SAF), como na Garda Civil a través dos Equipos de Muller e Menor
(EMUME), así como á Policía Local do teu municipio.
PARTE DE LESIÓNS
Se sofres algunha agresión e presentas lesións, sexa cal for a súa gravidade,
acode ao teu centro de saúde ou ao hospital máis próximo. Alí serás atendida
por persoal sanitario que te examinará e che pedirá que relates todas as agresións das
que fuches vítima, así como o teu estado físico e emocional. Este parte de lesións será
remitido a seguir ao xulgado.
O persoal sanitario que te atenda redactará un documento chamado «parte de lesións»;
nel reflectiranse as lesións que presentas, a súa causa, o prognóstico e, se for o caso,
outros datos relacionados cos feitos que motivan a asistencia sanitaria. Ao parte de le-
sións unirase o informe médico, que che lerán antes da súa redacción definitiva.
O parte de lesións e o informe médico conterán, entre outras, a información obtida dos
datos e feitos que relatases e das exploracións e recoñecementos que che realizasen,
como son as lesións presumiblemente producidas na agresión e a súa tipoloxía:
Lesións físicas que presentas descritas de forma detallada e a posible data en que se
produciron. Prestarase especial atención ás lesións máis antigas como proba da asidui-
dade do maltrato que sofres. Faranse fotografías (preferiblemente en cor) das zonas con
lesión, logo do teu consentimento. Estas probas son moi importantes e son a mellor
forma de acreditar a violencia que se exerceu sobre ti, para que o xuíz ou xuíza com-
prenda a gravidade das lesións.
O
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 13
Cando exista a posibilidade dalgunha lesión interna tras a valoración clínica (abdominal,
torácica e/ou cerebral), esa información recollerase como sospeita, pois só despois da
realización de probas diagnósticas, no ámbito hospitalario, se confirmarán.
En caso de que sufrises unha agresión ou un abuso sexual, levarase a cabo unha explo-
ración xinecolóxica, na que estará presente a médica ou o médico forense tomando as
mostras para analizalas.
É moi importante que ao profesional que te atenda lle contes todos os datos posibles
acerca da agresión que che produciu as lesións, xa que poderá ser citado a xuízo como
perito ou testemuña.
Do parte de lesións estenderanse catro copias:
• unha remitirase ao xulgado competente,
• outra copia será para ti,
• outra para o hospital ou centro sanitario que che prestase a asistencia, e
• a última copia enviarase á delegación de saúde.
IMPORTANTE: O persoal sanitario informarate do teu dereito a presentar denuncia e
dos servizos sociais onde podes recibir asesoramento e asistencia, así como da posibili-
dade de ingresares nun centro de acollida. (Ver guía de recursos).
RECORDA: Debes prestar atención a todas as feridas e golpes. Non esquezas narrar
especialmente os golpes que recibises na cabeza, porque puideron producirche lesións
ocultas sen que ao principio as notes.
ORDE DE PROTECCIÓN
A orde de protección inclúe medidas de protección e seguridade para ti e para os
teus fillos e fillas fronte a posibles agresións futuras que poidades sufrir.
A obtención dunha orde de protección recoñécete como vítima de violencia de xénero e
con ela actívanse, non só as medidas dirixidas a garantir a vosa seguridade, senón ta-
mén as medidas sociais, asistenciais, axudas e prestacións que poñen á túa disposición
o Estado e a Xunta de Galicia.
Quen pode solicitar a orde de protección?
A orde de protección pódela solicitar ti mesma e tamén os teus familiares ou o ministerio
fiscal.
Se non se solicitou, o xulgado pode acordar medidas preventivas de protección e seguri-
dade, ata que recaia sentenza condenatoria, se se considera que hai un risco obxectivo
para a túa vida, integridade física, liberdade sexual ou de seguridade e a dos teus fillos e
fillas.
A adopción dunha orde de protección implica o deber de informarte permanentemente
sobre a situación procesual do presunto agresor, así como do alcance e vixencia das
medidas preventivas adoptadas.
Onde se solicita a orde de protección?
A orde de protección podes solicitala ante
A
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 14
• o xulgado
• a fiscalía
• as dependencias da Policía Nacional ou Local e a Garda Civil
• as unidades de prevención, asistencia e protección (UPAP).
En todas estas dependencias orientarante e informarante sobre a solicitude da orde de
protección, a súa tramitación e os seus efectos.
Aínda que estes organismos teñen á túa disposición os formularios de solicitude da orde
de protección, é aconsellable que a solicites ante as forzas e corpos de seguridade ao
tempo de interpoñer a túa denuncia.
Tamén poderás pedila despois, cando sexas citada perante o xulgado.
A solicitude da orde de protección remitirase decontado ao Xulgado de Violencia sobre a
Muller ou, se for o caso, ao xulgado de garda.
IMPORTANTE: Para garantir a túa seguridade e evitar que o agresor poida localizarte,
no modelo de solicitude da orde de protección podes indicar un domicilio ou teléfono du-
nha terceira persoa á que a policía, a Garda Civil ou o xulgado poida facer chegar as no-
tificacións e citacións.
Como se tramita unha orde de protección?
Unha vez que o xulgado recibe a solicitude de orde de protección, nun prazo máximo de
72 horas convocará unha audiencia para oír as partes. Á audiencia asistirán:
• a vítima ou a súa representación legal
• o presunto agresor
• o ministerio fiscal
Nese momento o/a xuíz/a ditará as medidas necesarias para evitar que ti ou a túa fami-
lia, se é o caso, teñades que vos atopar co presunto agresor, por iso declararedes por
separado.
Practicaranse as mínimas probas necesarias para acreditar a existencia da violencia de
xénero e o risco que presenta. Unha vez valorados polo xuíz/a os datos anteriores e oí-
dos todos os comparecentes, adoptará, se o estimar, a orde de protección e as medidas
de seguridade que coide necesarias.
O xulgado notificarache persoalmente o auto que resolva a orde de protección solicitada
e, se non estás de acordo con el, a túa avogada/o poderá recorrelo.
IMPORTANTE: Se, finalmente, o xuíz/a non apreciase risco suficiente, non acordará
medida ningunha; aínda que, se cambia esta situación, poderao establecer en calquera
momento, solicitando de novo a orde de protección.
RECORDA: No caso de que che sexa concedida a orde de protección, lévaa sempre
contigo para presentala ante a policía se o agresor a incumpre, poñendo en risco a túa
seguridade ou a da túa familia.
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 15
Que medidas se poden acordar nunha orde de protecci ón?
As medidas que se poden adoptar na orde de protección poden ser de carácter penal,
civil ou ambas.
As medidas penais que se poden acordar con respecto ao presunto agresor, dirixidas á
túa protección integral e inmediata, son:
• Prisión provisional: Se o xulgado acorda esta medida, o presunto agresor irá ao
cárcere mentres se tramita o procedemento penal. O/A xuíz/a pode cambiar a súa
situación e acordar a súa liberdade con ou sen fianza ao longo do procedemento.
Estes cambios seranche comunicados decontado.
• Prohibición de aproximarse, de residir e acudir a determinados lugares: Coa
adopción desta medida, o xulgado pretende que o presunto agresor non poida
aproximarse a ti, ao teu domicilio ou ao teu lugar de traballo a unha distancia que
quedará determinada na orde de protección ou, se for o caso, ademais, non po-
derá residir nunha determinada poboación. O cumprimento desta medida pode
controlarse co uso de dispositivos electrónicos por decisión do xuíz.
• Prohibición de comunicarse contigo ou cos teus familiares por calquera medio:
Consiste na prohibición que se lle impón ao presunto agresor de establecer cal-
quera tipo de contacto escrito, verbal ou visual contigo, cos teus fillos e fillas ou
calquera dos familiares que se determine na resolución xudicial. Implica que non
poderá chamarte por teléfono, nin enviarche mensaxes, nin correos electrónicos
ou postais, nin por mensaxería electrónica; nin tampouco mandarche mensaxes a
través de terceiras persoas.
• Desaloxo do presunto agresor do domicilio familiar: Consiste en prohibir a súa en-
trada e o uso da vivenda común.
• Retirada e incautación de armas ou outros obxectos perigosos, coa prohibición da
súa tenza, porte e uso: Consiste en retirar o permiso de armas para que non
poida adquirir ningunha ou incautarse das que teña.
As medidas de carácter civil telas que solicitar ti expresamente ou o teu avogado/a,
aínda que se hai fillas e fillos menores ou incapaces tamén poderá solicitalas o ministerio
fiscal. Poden ser as seguintes:
• Atribución do uso e gozo da vivenda familiar: Ao teu favor e dos teus fillos e fillas
sobre a vivenda familiar e o seu enxoval, quedando excluídas outras vivendas
que teñades en común.
• Establecemento ou suspensión do réxime de custodia, visitas, comunicación ou
estancia cos teus fillos e fillas: Podes solicitar que as visitas aos fillos comúns se
suspendan ou se realicen a través dun punto de encontro familiar, que garanta en
todo momento a seguridade e o interese superior das/dos menores.
• Determinación do réxime para a prestación económica de alimentos aos teus
fillos e fillas: A determinación do pagamento de alimentos tamén pode incluír a ví-
tima e as fillas e fillos maiores non independentes, así como as garantías e o mo-
mento en que debe producirse. Por alimentos enténdese non só a comida, senón
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 16
tamén todo aquilo indispensable para o sustento: habitación, vestido, asistencia
médica e custos de educación.
• Calquera outra medida de protección para os teus fillos e fillas que procure evitar-
lles un perigo ou prexuízo.
IMPORTANTE: As medidas civís teñen unha vixencia de 30 días. Se nese prazo inicias
o procedemento de familia, estas medidas manteranse en vigor durante os 30 días se-
guintes á presentación da demanda. Neste período, as medidas deberán ser ratificadas,
modificadas ou deixadas sen efecto polo xulgado. Se, pola contra, non inicias o proce-
demento de familia, as medidas de natureza civil quedarán sen vigor e volverás á situa-
ción anterior.
Que sucede se o presunto agresor incumpre a orde de protección?
Se tes coñecemento de que o agresor está incumprindo as medidas acordadas na orde
de protección, comunícallo á policía ou á Garda Civil, que procederán a detelo e poñelo
a disposición xudicial para que responda polo quebrantamento da medida preventiva,
delito castigado con pena de prisión de seis meses a un ano. Tamén podes comunicalo
ao xulgado ou á fiscalía.
Durante o proceso xudicial e se a situación de risco para a túa seguridade cambia, o/a
xuíz/a pode substituír algunha medida contida na orde de protección. En todo caso, o
xulgado comunicarache o acordo ou calquera acto procesual que poida afectar á túa
seguridade.
A orde de protección tamén se comunica á policía ou á Garda Civil, para que poidan rea-
lizar o seu seguimento e garantir o seu cumprimento.
Se as circunstancias na túa relación co agresor mudan (por exemplo, se se retoma a
convivencia), hai que solicitar ante o xulgado o levantamento da orde de protección, pero
ata que este non o acorde e notifique non será efectiva e, por tanto, o agresor é respon-
sable dun delito perseguible de oficio de quebrantamento de medida.
É importante que saibas que, aínda solicitando o levantamento da orde de protección,
o/a xuíz/a pode mantela se considera que a situación obxectiva de risco para ti ou os
teus fillos e fillas persiste.
TÚA ASISTENCIA LEGAL
Se es vítima de violencia de xénero, tes dereito a unha defensa xurídica gratuíta,
especializada e inmediata en todos os procesos xudiciais derivados da violencia
de xénero que sufriras. Tamén podes contratar un avogado/a da túa elección, se así o
decides.
Se non tes avogada/o, podes pedir que se che asigne un da quenda de oficio de violen-
cia de xénero do colexio de avogados da túa provincia, que ten unha formación especí-
fica para prestarche unha defensa eficaz e axeitada ás túas circunstancias.
Se contratas unha avogada/o da túa elección, asegúrate de que teña formación especia-
lizada e experiencia na defensa de vítimas de violencia de xénero, e infórmate previa-
mente sobre o custo dos seus honorarios e os do procurador/a.
O teu avogado/a encargarase de:
A
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 17
• Asistirte xuridicamente nos procedementos penais e civís dos que sexas parte
(separación, divorcio, garda e custodia das fillas e fillos comúns ou reclamación
de alimentos dos menores).
• Informarte en todo momento do desenvolvemento do proceso xudicial.
• Aclararche todas as dúbidas que teñas.
• Acompañarte ás citacións no xulgado.
Ademais, a través do teu avogado/a, xunto ao procurador/a, poderás exercer a acu-
sación particular, que supón que podes
• solicitar a condena do teu agresor;
• propoñer probas e intervir na súa práctica;
• presentar os recursos que proceda se non se está de acordo coas resolucións
que se acorden;
• pedir unha indemnización polas lesións ou danos sufridos.
A intervención do teu avogado/a no proceso penal non é para defenderte, xa que non
estás acusada, senón para exercer no teu nome a acusación particular, se así o decides.
Presentarte como acusación particular permíteche intervir no proceso por medio da túa
avogada/o, en lugar de que sexa só o ministerio fiscal quen exerza a acusación e, polo
tanto, só teñas intervención como testemuña.
IMPORTANTE: Faceres parte dos autos como acusación particular permíteche intervir
activamente no proceso por medio do teu avogado/a, solicitando que se practiquen todas
as probas necesarias, recibir a notificación das resolucións ditadas polo xulgado e, sobre
todo, teres dereito a recorrer a sentenza se non estás de acordo con ela.
Tes que lle pagar á túa avogada/o da quenda de ofic io?
Con independencia de que teñas recursos económicos para contratar unha avogada ou
avogado, tes dereito á asistencia xurídica gratuíta nos procesos xudiciais que teñan rela-
ción coa violencia de xénero; será gratuíta mentres se desenvolva o procedemento penal
ou cando remate, sempre que o xulgado dite sentenza condenatoria.
Este beneficio pérdese en caso de que recaia sentenza absolutoria firme ou arquivo
firme do procedemento penal, aínda que non terás a obriga de aboar o custo das presta-
cións obtidas gratuitamente ata ese momento. Sentenza ou resolución de arquivo firme
quere dicir que contra eles xa non é posible presentar recurso ningún.
En que consiste o dereito á asistencia xurídica gra tuíta?
O dereito á asistencia xurídica gratuíta comprende as seguintes prestacións:
• Asesoramento e orientación gratuítos previos ao proceso xudicial.
• Defensa e representación gratuítas por avogada/o e procurador/a no procede-
mento xudicial.
• Exención de pagamento de depósitos para interpoñer recursos.
• Asistencia gratuíta de profesionais que interveñan no proceso, como por exemplo
peritos, para acreditar as circunstancias e efectos da violencia de xénero.
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 18
• Obtención gratuíta de copias, testemuñas e actas notariais.
• Inserción gratuíta de anuncios ou edictos en periódicos oficiais.
Onde podes solicitar avogado ou avogada da quenda d e oficio?
A solicitude de avogada/o da quenda de oficio pódela presentar nos Servizos de Orien-
tación Xurídica do Colexio de Avogados do ámbito territorial do xulgado.
Podes elixir o teu avogado ou avogada da quenda de oficio?
Se es vítima de violencia de xénero e solicitas unha avogada/o da quenda de oficio, tes
dereito a elixir a quen consideres, de entre os que estean adscritos á quenda especiali-
zada de violencia de xénero.
Esta libre elección só poderás realizala unha única vez para todos os procesos derivados
do mesmo acto de violencia, entre os profesionais da quenda especializada de violencia
de xénero, e deberá constar a aceptación expresa da letrada/o que elixas.
Podes solicitar o cambio da túa avogada/o da quenda de oficio?
Tamén podes solicitar a designación doutra avogada/o se non estás conforme co aseso-
ramento de quen te designasen de oficio, sempre que o fagas antes da efectiva actua-
ción procesual que vaia formular. Se o colexio de avogados está de acordo, designaran-
che outra avogada/o da quenda especializado en violencia de xénero.
UE PASA AGORA COA TÚA SITUACIÓN FAMILIAR?
A denuncia, na maioría dos casos, desencadea a ruptura da túa relación co
agresor, se non se produciu antes. Se estás casada con el ou inscrita como
parella de feito ou tendes fillos comúns, a ruptura ten unhas consecuencias xurídicas
tanto no patrimonio común como no relacionado coas vosas fillas e fillos.
Para regular estes asuntos deberás promover ante o xulgado un proceso xudicial civil
que se inicia coa interposición dunha demanda de separación, divorcio ou a que proceda.
En todos estes xuízos, chamados procedementos de familia, o/a xuíz/a vai decidir sobre:
• A patria potestade sobre os teus fillos e fillas menores.
• A garda e custodia das túas fillas e fillos menores.
• O réxime de visitas e vacacións das túas fillas e fillos menores.
• A pensión de alimentos para as túas fillas e fillos menores ou maiores de idade
que non alcanzasen aínda a súa independencia económica, así como unha pen-
sión compensatoria para ti, cando proceda.
• O uso e gozo do domicilio familiar.
Se anteriormente tiveses unha orde de protección con medidas civís onde xa se decidise
sobre estes asuntos, recorda que estas medidas só se manteñen 30 días; para que non
desaparezan, é fundamental que presentes a demanda civil nese prazo, solicitando que
se confirmen ou ben que se establezan outras máis axeitadas.
Q
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 19
En calquera caso, en todos os procedementos de familia cómpre que esteas asesorada
por unha avogada/o, xa sexa da túa elección ou por designación da quenda de oficio es-
pecializada en violencia de xénero.
IMPORTANTE: Se xa tes avogada/o da quenda de oficio especializada en violencia de
xénero para o procedemento penal, tamén se encargará da túa defensa no procede-
mento de familia que inicies, e o mesmo ocorrerá co teu procurador/a.
RECORDA:
• A competencia para coñecer o procedemento de familia que vaias iniciar
corresponderalle ao Xulgado de Violencia sobre a Muller ou ao xulgado ordinario
con competencias, aínda cando non teñas concedida unha orde de protección nin
se tramiten dilixencias penais contra el.
• Nos casos acreditados de violencia de xénero, o xulgado non poderá acordar
nunca a garda e custodia compartida das túas fillas e fillos menores.
• Debes avaliar e xustificar a solicitude de suspensión ou restrición do réxime de
visitas do maltratador coas túas fillas e fillos menores, e pedir cando sexa necesa-
rio a intervención dun Punto de Encontro Familiar para protexer os seus intereses.
• A mediación familiar nos casos en que algunha das partes do proceso civil sexa
vítima de actos de violencia de xénero está legalmente prohibida.
4. Preguntas frecuentes
e interpós unha denuncia, deterán o teu agresor?
Despois de formulares a denuncia, as forzas e corpos de seguridade poderán
proceder á detención do agresor para lle tomar declaración e poñelo a conti-
nuación a disposición do xulgado, que haberá resolver sobre a súa liberdade e adoptar,
se for o caso, as medidas de protección para ti.
A detención debe durar só o tempo estritamente necesario para aclarar os feitos e, en
todo caso, o detido debe ser posto a disposición xudicial nun prazo non superior a 72 ho-
ras desde a detención.
teu agresor non coñece o teu novo domicilio, podes solicitar que siga sendo
así?
A lei garante a protección dos teus datos persoais, especialmente os relati-
vos ao teu domicilio ou lugar de traballo, así como os dos teus familiares e demais per-
soas que convivan contigo.
Podes solicitar á policía ou ao xulgado que che remitan todas as comunicacións a través
dunha terceira persoa da túa confianza.
e na orde de protección se acorda a atribución do uso e gozo do domicilio
familiar á muller e pasan os 30 días preceptivos sen que se presente a de-
manda civil de separación e/ou divorcio, comete o presunto agresor un delito
de quebrantamento se regresa ao domicilio pasado ese prazo?
S
O
S
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 20
Se non se presentou unha demanda de separación e/ou divorcio en 30 días, as medidas
civís xa non estarán vixentes, e o agresor non cometería quebrantamento. Porén, as
medidas penais adoptadas na orde de protección continuarán vixentes ata que recaia
sentenza, e se entre esas medidas está a da saída do presunto agresor do domicilio fa-
miliar ou o afastamento e incomunicación coa vítima, si cometería un delito de quebran-
tamento de medida.
ue é o «punto de encontro familiar»?
O departamento competente en materia de igualdade garantirá a existencia
de puntos de encontro familiar, como un servizo que facilita e preserva a
relación entre as e os menores e as persoas das súas familias en situación de crise, e
que permite e garante a seguridade e o benestar das nenas e dos nenos e facilita o
cumprimento do réxime de visitas.
A prestación deste servizo debe ser neutral e o seu carácter, transitorio. Os puntos de
encontro familiar contarán con persoal cualificado para seguir a evolución das relacións
das nenas e nenos coas súas familias.
As normas e requisitos específicos aos que terán que axustarse os puntos de encontro
familiar estableceranse regulamentariamente.
ue é a rede galega de acollemento?
Os centros de acollida son recursos especializados residenciais e temporais
que lles ofrecen acollemento, atención e recuperación ás mulleres que sofren
violencia de xénero e ás e aos menores ao seu cargo, que requiren un espazo de pro-
tección dada a súa situación de indefensión ou risco causada pola violencia de xénero.
Poden ser titulares do dereito de acceso aos centros de acollida as mulleres que acredi-
ten a súa situación de violencia de xénero.
Os centros de acollida estarán atendidos por equipos multidisciplinares e garantirán un
tratamento integral de atención e recuperación, que abranga aspectos psicolóxicos, edu-
cativos, sociolaborais e xurídicos, e favoreza a normalización da situación persoal das
mulleres, da súa unidade familiar e a superación dos efectos da violencia.
As normas e requisitos específicos aos que terán que axustarse os centros de acollida
estableceranse regulamentariamente. (Ver guía de recursos)
ue é o centro de recuperación integral para mulleres que sofren violencia de
xénero?
A Xunta de Galicia, a través do departamento competente en materia de
igualdade, garantirá a creación dun centro de recuperación integral para mulleres que
sofren violencia de xénero.
O centro de recuperación integral para mulleres que sofren violencia de xénero desen-
volverá un modelo de atención integral, baseado nun sistema coordinado de servizos,
recursos e medidas de carácter social, laboral e económico.
Este centro actúa como centro coordinador da rede galega de acollemento. (Ver guía de
recursos).
Q
Q
Q
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 21
ue é a rede de información ás mulleres
A Xunta de Galicia, a través do departamento competente en materia de
igualdade, e en colaboración coas entidades locais, garantirá a existencia
dunha rede de información ás mulleres, distribuída de xeito uniforme polo territorio galego.
A rede de información ás mulleres desenvolverá accións de carácter preventivo e de
sensibilización. Así mesmo, facilitará información, orientación, derivación e seguimento
ás mulleres que sofren violencia de xénero.
A rede de información ás mulleres funcionará en estreita colaboración cos servizos so-
ciais, sanitarios e de orientación escolar, así como cos servizos de urxencia e de seguri-
dade cidadá para a detección e prevención de situacións de violencia de xénero. (Ver
guía de recursos)
ue é o servizo de atención 24 horas?
O servizo telefónico de atención 24 horas, dependente do departamento
competente en materia de igualdade, ofrecerá atención e información integral
sobre os recursos públicos e privados ao alcance das mulleres en situacións de violencia
de xénero.
As funcións deste servizo son:
• Escoitar as demandas das mulleres e informar sobre as medidas que se van
adoptar e os recursos dispoñibles.
• Proporcionar asistencia axeitada fronte a situacións de vulnerabilidade emocional
e psicolóxica.
• Prestar asistencia e, de ser o caso, derivar ao recurso máis axeitado.
• Colaborar e coordinarse coa rede de información ás mulleres, cos servizos de
acollida temporal e con todos os servizos de urxencia nos casos necesarios.
O servizo de atención 24 horas funcionará todas as horas do día todos os días do ano.
As mulleres poderán acceder ao servizo de atención 24 horas sen necesidade de ache-
gar ningún tipo de acreditación da súa situación de violencia de xénero, conservando así
mesmo o seu anonimato, sen necesidade de facilitar os seus datos de identificación per-
soal. (Ver guía de recursos)
ue é o punto de coordinación das ordes de protección?
Este punto de coordinación, dependente do departamento competente en
materia de igualdade, é o encargado de recibir a comunicación de todas as
ordes de protección que se diten no territorio de Galicia.
Para estes efectos, o punto de coordinación levará a cabo un seguimento individualizado
de cada caso, poñéndose en comunicación coas mulleres que posúan unha orde de
protección, coa finalidade de facilitarlles canta información demanden e articular unha
actuación ordenada dos servizos asistencias de protección.
Q
Q
Q
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 22
ue son os programas de atención psicolóxica?
1. Programa de atención psicolóxica ás vítimas de v iolencia de xénero
Programa que se leva a cabo en colaboración co Colexio Oficial de
Psicoloxía de Galicia e a Secretaría Xeral de Igualdade. Ten como finalidade ofertar
recursos terapéuticos que abran vías de recuperación a aquelas mulleres que estean
sufrindo ou teñan sufrido violencia de xénero ou doméstica, e, complementariamente, a
crianzas e outras persoas dependentes delas que pasaran pola mesma situación.
A coordinación do programa asúmea unha persoa psicóloga e conta ademais cunha rede
de persoal profesional que leva a cabo a intervención de forma totalmente gratuíta e
anónima.
A través deste servizo, ponse á disposición das persoas que viven ou viviron situacións
de violencia de xénero unha rede de profesionais da psicoloxía, colexiados e especiali-
zados na atención psicolóxica a persoas que se atopan nesta situación.
O acceso ao servizo é gratuíto e garántese unha resposta rápida.
2. Abramos o Círculo. Programa para homes con probl emas de control de violencia
Programa que se leva a cabo en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
e a Secretaría Xeral de Igualdade. Ten como finalidade prestar atención psicolóxica es-
pecializada e de apoio aos homes que adoptan actitudes inadecuadas e violentas nas
relacións coa súa parella, coa familia, co seu círculo social e desexan adquirir novos mo-
dos de comportamentos exentos de agresividade. Totalmente gratuíto e anónimo. (Ver
guía de recursos)
ue é a Rede Galega de Acollemento?
Ante a indefensión en que se atopan moitas mulleres vítimas de violencia
de xénero, nalgúns casos con grave perigo para elas e os seus fillos e fillas,
a Xunta de Galicia ten articulada unha rede de acollida, en colaboración cos concellos e
outras institucións, formada por:
1. Centros de acollida para que, aquelas mulleres galegas que o precisen, teñan un lu-
gar de referencia onde acudir e dispoñan dun tempo e un espazo onde poidan reorientar
a súa situación persoal, facilitándolles as ferramentas elementais, tanto económicas
coma psicosociais.
2. Vivendas tuteladas para aquelas mulleres que, despois de residir temporalmente nu-
nha casa de acollida, necesiten, aínda sen correr riscos graves, un tempo máis prolon-
gado para a súa inserción laboral e independencia económica. Permítelles contar con
aloxamento compartido con outras mulleres en situacións similares durante o tempo ne-
cesario para recuperar a súa vivenda e/ou canalizar o seu proxecto de vida evitando pre-
cipitacións que impidan tomar as decisións máis axeitadas en cada caso.
3. Centro de emerxencia: Centro de acollemento, protección e seguridade para as mu-
lleres que se atopen en perigo ou grave risco para a súa vida ou integridade física e/ou
psíquica ou persoas delas dependentes. Funciona como un recurso residencial de ca-
Q
Q
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 23
rácter limitado que ofrece acollemento, atención e recuperación ás mulleres e ás persoas
menores ao seu cargo. (Ver guía de recursos)
ue podo facer se son unha muller estranxeira en situación irregular e vítima
de violencia de xénero?
Se es estranxeira e es vítima de violencia de xénero, aínda que non teñas
residencia legal en España poderás presentar denuncia contra o teu agresor e pedir
unha orde de protección contra el, solicitar asistencia xurídica gratuíta e recibir a asisten-
cia social integral que necesites. Solicita un intérprete se non comprendes ou non falas
español.
Ademais, se solicitas unha orde de protección e desde o momento en que a concede o
xuíz/a, ou se non, se o ministerio fiscal emite informe que indique a existencia de indicios
de violencia de xénero, poderás solicitar unha autorización de residencia e traballo por
circunstancias excepcionais.
Así mesmo, cando presentas a túa solicitude ou en calquera momento posterior ao longo
da tramitación do procedemento penal, poderás solicitar unha autorización de residencia
por circunstancias excepcionais para as túas fillas e fillos menores de idade ou con dis-
capacidade, ou unha autorización de residencia e traballo no suposto de que os teus fi-
llos e fillas sexan maiores de 16 anos e se atopen en España no momento da denuncia.
A tramitación das solicitudes presentadas ao amparo deste artigo terá carácter preferente.
Se tes unha orde de protección ao teu favor ou un informe do ministerio fiscal que apre-
cie a existencia de indicios de violencia de xénero, unha vez que presentes a solicitude
de autorización de residencia temporal e traballo, o delegado ou subdelegado do Go-
berno competente concederache de oficio unha autorización provisional de residencia e
traballo e, se for o caso, autorizacións de residencia ou de residencia e traballo provisio-
nais a favor das túas fillas e fillos menores de idade ou que teñan unha discapacidade e
non sexan obxectivamente capaces de prover as súas necesidades.
A autorización provisional implica a posibilidade de traballar, por conta allea ou por conta
propia, en calquera ocupación, sector de actividade e ámbito territorial. A autorización
provisional a favor de fillos/as maiores de 16 anos terá o mesmo alcance.
A autoridade que conceda as autorizacións provisionais informará desta circunstancia á
autoridade xudicial que estea coñecendo o proceso penal.
Se o procedemento penal conclúe cunha sentenza condenatoria ou outra resolución xu-
dicial que declare que fuches vítima de violencia de xénero, notificaráseche a concesión
das autorizacións solicitadas ou, se non as solicitaches, informaráseche da posibilidade
de que as solicites no prazo de seis meses desde a notificación da sentenza.
Cando esteas en situación regular por ter un permiso por reagrupamento familiar vincu-
lado ao permiso de residencia do teu agresor, a orde de protección ou, de non a haber, o
informe do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia de xénero
permitirache solicitar e obter un permiso de residencia e traballo independente del.
Se o agresor condenado por violencia de xénero é estranxeiro sen residencia legal en
España, a lei prevé a súa expulsión do territorio nacional coa prohibición de regresar ao
noso país durante un período de ata dez anos contados desde a data da súa expulsión.
Q
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 24
ue me pode ocorrer se abandono o fogar?
Se saes do teu domicilio ao temer pola túa vida, pola túa integridade ou a túa
saúde física ou psicolóxica, non se considera incumprimento do deber de
convivencia e non implica a perda de ningún dereito.
Se por motivos de seguridade estás pensando en saír do teu domicilio, non deas
información nin indicios dos teus plans; prepara unha lista de teléfonos de amizades, pa-
rentes, médicos, escola…; garda os teus documentos máis importantes ou fotocópiaos
(escrituras, contas bancarias, investimentos, etc.) e anota os datos que che poidan re-
sultar útiles.
ue podes facer se o pai das túas fillas e fillos non paga as pensións de ali-
mentos?
Se o pai dos teus fillos e fillas non paga as pensións ás que está obrigado,
deberás pedir a execución da sentenza de separación, divorcio ou de garda e custodia
onde veñan establecidas esas obrigas.
Nestes casos, o xuíz/a poderá acordar o embargo da nómina do teu marido, ex-marido,
parella ou ex-parella, ou de calquera outro tipo de ingresos ou bens dos que sexa titular.
Ademais, debes saber que o Código penal castiga o feito de deixar de pagar durante
dous meses consecutivos ou catro meses non consecutivos calquera tipo de prestación
económica en favor do cónxuxe ou as súas fillas e fillos, establecida en convenio xudi-
cialmente aprobado ou resolución xudicial nos supostos de separación legal, divorcio,
declaración de nulidade do matrimonio, proceso de filiación, ou proceso de alimentos a
favor das fillas e fillos.
Aínda que o pai non faga efectiva a pensión de alimentos acordada xudicialmente a favor
das túas fillas e fillos, non poderás negarte a que se poida relacionar con eles ou os vi-
site de acordo co réxime que establecese o xulgado.
Recorda que se, malia a execución da sentenza civil, non consegues que o obrigado che
faga efectivo o pagamento da pensión de alimentos, poderás solicitar para as túas fillas e
fillos o anticipo do fondo de garantía de alimentos, que se tramitará por un procedemento
urxente cando acredites ser vítima de violencia de xénero.
Q
Q
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 25
Anexo. GUÍA DE RECURSOS
► Teléfono 24 horas 900 400 273
É un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera telé-
fono fixo ou móbil, e que ten cobertura para toda a comunidade autónoma.
A este teléfono responde un equipo multidisciplinar coordinado con diferentes profesio-
nais de toda Galicia.
Facilita información sobre cuestións xurídicas, psicolóxicas, laborais, educativas, recur-
sos e servizos para mulleres e calquera outra información encamiñada a conseguir a
igualdade das mulleres que de forma individualizada o soliciten.
Presta servizos de información e asesoramento ás mulleres sobre os recursos existentes
en prevención da violencia e axuda integral ás vítimas.
► Asesoramento xurídico en liña
É un servizo de consulta en liña, a través da páxina web da Secretaría Xeral de
Igualdade, para proporcionar, de maneira gratuíta, información e asesoramento xurídico
sobre diversas cuestións, entre elas a violencia de xénero, as agresións e abusos
sexuais, o acoso sexual, a conciliación familiar, discriminacións por razón de sexo,
prostitución e tráfico de mulleres, etc.
http://igualdade.xunta.es/gl/content/asesoramento-xuridico-line
► Centro de recuperación integral para mulleres vítimas de violencia de xénero (CRI)
Centro de Recuperación Integral
Carballeira de San Lourenzo. S/N, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 995 285
Conta de correo: [email protected]
► Centros de información á muller en Galicia (CIM)
Consulta no teu concello ou na páxina web da Secretaría Xeral de Igualdade de Xunta
de Galicia.
http://igualdade.xunta.es/gl/recursos/centros-de-informacion-mulleres
► Servizos Sociais Municipais
Consulta no teu concello
► Programa de atención psicolóxica de Galicia (PAPS).
Programa de atención psicolóxica para vítimas de violencia de xénero
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Rúa da Espiñeira 10-baixo; 15706 Santiago de Compostela
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 26
Telefono: 629 777 595
Conta correo: [email protected]
http://copg.copgalicia.org/
Programa de atención psicolóxica para homes con problemas de control de violencia no
eido familiar ABRAMOS O CÍRCULO
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Rúa da Espiñeira 10-baixo; 15706 Santiago de Compostela
Telefono: 630 170 140
Conta correo:[email protected]
http://igualdade.xunta.es/gl/programas/abramos-o-circulo-programa-para-homes-con-problemas-de-control-de-violencia
► Rede Galega de Acollemento
Centro de Acollida Municipal (A Coruña)
Teléfono: 981 184 352
Vivenda tutelada (Culleredo)
Teléfono: 981 663 922
Centro de Acollida Municipal (Ferrol)
Teléfono: 981 944 241
Vivendas tuteladas (Lugo)
Teléfono: 982 297 412
Centro de Acollida Municipal Ourense
Teléfono: 988 374 401
Centro de Emerxencia de Vigo
Teléfono: 986 213 277 / 661 419 494
► Recursos Sanitarios
Todos os servizos de atención primaria e hospitais de Galicia
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=10019
Protocolo Común para a Actuación Sanitaria ante a Violencia de Xénero
https://www.sergas.es/cas/documentacionTecnica/docs/AtencionPrimaria/ComunGerencias/ProtocolosClinicos/ProtVioGen.pdf
Papel das matronas na atención primaria e detección de violencia de xénero
https://www.sergas.es/Docs/Enportada/Eventos/Comunicaciones/C22.pdf
Protocolo común para a actuación sanitaria ante a violencia de xénero. 2012
http://www.msssi.gob.es/organizacion/sns/planCalidadSNS/pdf/equidad/ProtComActSan_2012.pdf
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 27
► Recursos e forzas e corpos de seguridade
Policía Autonómica
Un dos servizos especializados relacionado coa violencia de xénero que leva a cabo a
Policía Autonómica en colaboración coa Policía Nacional é a atención a vítimas de vio-
lencia intrafamiliar, especialmente mulleres e menores.
Trátase dun servizo que tramita atestados por infraccións penais derivadas de malos
tratos intrafamiliares, incumprimento de ordes de afastamento e de ordes de protección,
así como da vixilancia do seu cumprimento.
A maioría destas actuacións realízanse en colaboración ou como apoio doutros servizos
da Administración, especialmente coa Secretaría Xeral de Igualdade e a Consellería de
traballo e benestar.
Grupo de violencia intrafamiliar Santiago de Compos tela. Policía autonómica
Rúa Roma 25-27
Santiago de Compostela 15781 - A Coruña
Teléfono: 981 546 474
Grupo de violencia intrafamiliar A Coruña. Policía autonómica Ronda de Nelle,24 A Coruña 15005 Teléfono: 981 153 410
Grupo de violencia intrafamiliar Lugo. Policía auto nómica Rolda de Fingoi Lugo 27002 Teléfono: 982 252 611
Grupo de violencia intrafamiliar Ourense. Policía a utonómica Rúa Clara Campoamor 9-17 32002 Ourense Teléfono: 988 241 200
Grupo de violencia intrafamiliar Pontevedra. Policí a autonómica Avda. Fernández Ladreda 43 Pontevedra 36003 Pontevedra Teléfono: 886.20.61.42
Grupo de violencia intrafamiliar Vigo. Policía auto nómica Rúa da Pateira 7, Interior Vigo 36214 Pontevedra Teléfono: 986 266 158
Garda Civil
A Garda Civil dispón dunha rede de alerta e resposta inmediata ante os incidentes que
puidesen afectar a calquera vítima de violencia de xénero:
Centro Operativo de Servizos da Garda Civil (COS), onde se atenden as 24 horas do día
todas as chamadas telefónicas de emerxencias efectuadas polas cidadás e cidadáns ao
teléfono da Garda Civil 062. Tamén se reciben nesta central as comunicacións efectua-
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 28
das ao teléfono de emerxencias 112, así como as efectuadas a través doutras canles de
comunicación e que poidan ser competencia da Garda Civil.
Valorada a incidencia, é comunicada de inmediato ás patrullas da Garda Civil de servizo,
as cales despregan e exercen as súas funcións en toda a área súa de responsabilidade.
Os integrantes da patrulla de servizo adoptarán as medidas necesarias para atender a
incidencia.
De ser necesario, actuaría o Equipo Muller-Menor (EMUME), con formación específica e
adecuada sobre a materia.
En todo caso, neste documento reflíctense os datos de todas as dependencias da Garda
Civil (postos auxiliares, postos da Garda Civil de todos os concellos galegos, comandan-
cias, etc).
COS A Coruña r/ Médico Devesa, 3 A Coruña 15008 Telefono: 981 230 070
COS Ourense r/ Bieito Amado, 17 Ourense 32971 Telefono: 988 221 100
COS Pontevedra r/ Domingo de Fontán, 6 Poio – Pontevedra 36005 Telefono: 986 807 900
COS Lugo Pr. Bretaña, s/n Lugo 27002 Telefono: 982 284 855
Policía Nacional. SAF (Servizo de atención ás famil ias)
Servizo especializado xerado na Policía Nacional para a loita contra a violencia de xé-
nero e doméstica, que ten como obxectivo principal atender os casos de violencia contra
mulleres e menores.
Entre as súas funcións principais están a elaboración de estatísticas sobre casos de
violencia de xénero e identificación de principais variables, control e seguimento dos ca-
sos de violencia de xénero e en menores, formación especializada a outras forzas e cor-
pos de seguridade do Estado, colaboración con outras entidades alleas ás forzas e cor-
pos de seguridade do Estado que interveñen na loita contra a violencia de xénero, etc.
Servizo Atención á Familia A Coruña r/ Médico Devesa Núñez, 4 A Coruña 15008 Teléfono: 981 166 351 / 902 102 112 (tramitación de denuncias por teléfono)
Servizo Atención á Familia A Coruña r/ Lonza s/n A Coruña 15008
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 29
Teléfono: 981 166 350
Servizo Atención á Familia Pontevedra r/ López Mora, 39 36211 Vigo (Pontevedra) Teléfono: 986 820 267
Policía Nacional. UPAP (Unidades de Prevención, Asi stencia e Protección contra
os malos tratos á muller)
Servizo especializado que persegue potenciar a resposta policial que se ofrece á vítima
de violencia de xénero mediante a asignación dun policía co que poderá entrar en con-
tacto en calquera momento, ben persoalmente ben por medio dun teléfono móbil.
A atención policial diríxese ás mulleres que sofren unha situación de violencia de xénero
e que contan cunha orde de protección (entre outros requisitos).
UPAP A Coruña Rúa Médico Devesa Núñez, 4 15008 A Coruña Teléfono: 981 166 352 Conta de correo: [email protected]
UPAP Lugo Chantada, 1 27001 Lugo Teléfono: 982 265 152 Conta de correo: [email protected]
UPAP Ourense Maestro Vide, 2 Pol. As Lagoas - 32004 Ourense Teléfono: 988 391 191 Conta de correo: [email protected]
UPAP Pontevedra Joaquín Costa, 17-19 36001 Pontevedra Teléfono: 986 868 366 Conta de correo: [email protected]
Protocolo de actuación e coordinación de forzas e corpos de seguridade do Estado e
avogados ante a violencia de xénero regulada na Lei orgánica 1/2004, de medidas de
protección integral contra a violencia de xénero
https://www.google.es/search?q=protocolo+violencia+de+x%C3%A9nero+forzas+e+corpos+de+seguridade&ie=utf-8&oe=utf-8&aq=t&rls=org.mozilla:es-ES:official&client=firefox-a&channel=sb&gfe_rd=cr&ei=7UQsVKHRCczI8gecpICADw
Protocolo elaborado coa participación activa do Ministerio de Interior e daFederación Es-
pañola de Municipios e Provincias para establecer os criterios de actuación de todas as
forzas e corpos de seguridade estatais, autonómicas e locais na asistencia e protección
dás vítimas de violencia de xénero. Ministerio de Interior e Federación Española de Mu-
nicipios e Provincias
Guía para mulleres vítimas de violencia de xénero 30
http://igualdade.xunta.es/sites/default/files/files/documentos/protocolo_MIR-FEMP_06_esp%5B1%5D.pdf
► Servizos de orientación xurídica
Web e Xustiza
http://www.exustiza.es/directorio-de-organos-institucions-e-recursos-xudiciais-cidadans
Guía de criterios de actuación xudicial fronte á vi olencia de xénero (2013) http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Temas/Violencia-domestica-y-de-genero/Guias-y-Protocolos-
de-actuacion/Protocolos/Protocolo-medico-forense-de-valoracion-urgente-del-riesgo-de-violencia-de-genero
Protocolo de actuación do sistema de seguimento por medios telemáticos do cumpri-
mento das medidas e penas de afastamento en materia de violencia de xénero: http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Temas/Violencia-domestica-y-de-genero/Guias-y-Protocolos-de-
actuacion/Protocolos/Protocolo-de-actuacion-del-sistema-de-seguimiento-por-medios-telematicos-del-cumplimiento-de-las-medidas-y-penas-de-alejamiento-en-materia-de-violencia-de-genero