grámatica da fantasía

24

Upload: kalandrakacom

Post on 13-Mar-2016

244 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Kalandraka. fora de colección

TRANSCRIPT

Page 1: Grámatica da fantasía
Page 2: Grámatica da fantasía
Page 3: Grámatica da fantasía
Page 4: Grámatica da fantasía
Page 5: Grámatica da fantasía

GRAMÁTICA da FANTASÍA

Introdución á arte de contar historias

GIANNI RODARI

Tradución: Silvia Gaspar

Page 6: Grámatica da fantasía
Page 7: Grámatica da fantasía

5

1 ANTECEDENTES

No inverno de 1937-1938, grazas á recomendación dunha mestra casadacun garda municipal, recibín o encargo de darlles clases particulares deitaliano aos nenos dunha familia de xudeus alemáns que coidaban –coi-dárono durante uns meses– ter atopado en Italia un refuxio contra aspersecucións raciais. Vivía con eles, nunha facenda nos outeiros próximosao lago Maggiore. Traballaba cos nenos desde as sete ás dez da mañá.O resto do día pasábao nos bosques, paseando e lendo a Dostojevskij.Foi un bonito período mentres durou. Aprendín un pouco de alemán edebruceime nos libros desta lingua coa paixón, desorde e vontade queagroman nos que estudan cen veces máis que en cen anos de escola.

Un día, nos Fragmentos de Novalis (1772-1801), atopei aquilo que di:«Se houbese unha Fantástica, como hai unha Lóxica, teríase descubertoa arte de inventar». Era moi bonito. Case todos os Fragmentos de Novalisson bonitos, case todos conteñen ideas extraordinarias.

Poucos meses despois, tras descubrir os surrealistas franceses, coideiatopar, no seu método de traballo, a «Fantástica» que buscaba Novalis.O pai e profeta do surrealismo escribiu, desde o primeiro manifesto domovemento, «non me interesan as futuras técnicas surrealistas», pero osseus amigos escritores e pintores inventaron unha chea delas.

Daquela, eu daba clase na escola primaria, porque os meus xudeusvolveran marchar na procura doutra patria. Debía de ser un mestrepésimo, mal preparado para o meu traballo. Ademais, tiña a cabeza entodo menos na escola, desde a lingüística indoeuropea ao marxismo; ocabaleiro Romussi, director da Biblioteca Municipal de Varese, malia tero retrato do duce ben á vista sobre o seu escritorio, sempre me daba, senpestanexar, calquera libro que lle pedise.

Page 8: Grámatica da fantasía

Con todo, quizais non fun un mestre aburrido. Un pouco por simpatía,outro pouco por xogar, contáballes aos cativos historias, que non tiñana menor relación coa realidade nin co sentido común, que inventaba va-léndome das «técnicas» promovidas, e ao mesmo tempo rexeitadas, porBreton.

Foi daquela cando pomposamente puxen o título de Caderno de Fantásticaa un modesto caderno no que anotaba non as historias que contaba,senón o modo en que nacían, os trucos que descubría, ou cría descubrir,para poñer en movemento palabras e imaxes.

Despois, todo isto foi esquecido e soterrado durante moito tempo,ata que, case por azar, arredor do ano 1948, empecei a escribir para osnenos; entón lembrei a «Fantástica» e desenvolvina como cumpría aesta nova actividade. A preguiza, un certo rexeitamento do sistematismoe a falta de tempo impedíronme falar dela en público ata que en 1962publiquei, no xornal romano Paese Sera, un «Manual para inventar con-tos», en dúas entregas, 9 e 19 de febreiro.

Naqueles artigos distanciábame respectuosamente da materia, inven-tando que un mozo estudoso xaponés, que coñecín en Roma durante osXogos Olímpicos, me entregara un manuscrito coa tradución inglesado opúsculo dun improbable Otto Schegel-Kamnitzer, supostamentepublicado en Stuttgart, en 1912, por Novalis-Verlag, co título: Grundlegungzur Phantastik-Die Kunst Maerchen zu schreiben, ou: Fundamentos para unha Fan-tástica. A arte de escribir contos.

No marco desta non moi orixinal ficción, expoñía, entre bromas everas, algunhas sinxelas técnicas de invención: as mesmas que despois,durante anos, andei divulgando por todas as escolas ás que fun contarhistorias e responder preguntas dos cativos. Sempre hai algún que pre-gunta, con moita razón: «Como se inventan os contos?», e merece unharesposta honesta.

Continuei co tema no Xornal dos pais, para suxerirlles aos lectores a ma-neira de facer, eles mesmos, os «contos das boas noites»: «Que pasaríase o avó se tranformase en gato?», decembro de 1969; «Un prato decontos», xaneiro-febreiro de 1971; «Contos para rir», abril de 1971.

6

Page 9: Grámatica da fantasía

Queda mal enumerar tantas datas. A quen lle poden interesar? Pero gús-tame poñelas en fila, como se fosen importantes. Faga conta o lector deque estou xogando a ese xogo que a psicoloxía transaccional chama«Mamá, mira, sen mans!». Sempre é estupendo gabarse de algo...

Do 6 ao 10 de marzo de 1972 fun invitado polo concello de ReggioEmilia a unha serie de encontros cuns cincuenta docentes de ensinanzainfantil, primaria e secundaria. Aquí presentei, de forma argumentadae oficial, por dicilo dalgún modo, todos os meus recursos.

Hai tres cousas que me fan lembrar aquela semana entre as melloresda miña vida. A primeira é que o cartel que o concello mandou pegarpara a ocasión anunciaba, con grandes caracteres, «Encontros coa Fan-tástica»; nas paredes estupefactas da cidade puiden ler aquela palabraque me acompañaba desde había trinta e catro anos.

A segunda é que aquel mesmo cartel avisaba de que as «preinscricións»eran «só para cincuenta»; un número maior de asistentes transformaríaos encontros en conferencias, que non serían útiles para ninguén. Peroa advertencia parecía indicar o temor de que masas incontroladas selanzasen, coa consigna da «Fantástica», ao asalto da sala, reconvertida(fora ximnasio dos bombeiros) e adornada con columnas de ferro pin-tadas de violeta, na que nos dabamos cita. Todo aquilo resultaba emo-cionante.

O terceiro motivo de alegría, o máis substancioso, radica na posibili-dade de reflexionar de xeito detido e sistemático que se me concedeu,nunha constante discusión e experimentación sobre a función da ima-xinación, sobre as técnicas para estimulala e sobre o modo de comunicaraquelas técnicas; por exemplo, para facer delas un instrumento para aeducación lingüística, pero non só, dos nenos.

Ao remate daquel «breve curso» tiña nas mans o texto daquelas cincocharlas, grazas ao magnetófono que as gravou e á paciencia dunha me-canógrafa.

O libro que agora presento é unha reelaboración das charlas de ReggioEmilia. Non representa, cómpre aclaralo, un intento de fundar unha Fan-tástica en regra, disposta para ser ensinada e estudada nas escolas, como

7

Page 10: Grámatica da fantasía

a xeometría, nin unha teoría completa da imaxinación e da invención,para o que se precisarían novos folgos e alguén menos ignorante ca min.Tampouco é un «ensaio». En realidade, non sei moi ben o que é.

Fálase aquí dalgúns modos de inventar contos para nenos e de axudaros cativos a inventar os seus propios contos: a saber cantos modos dis-tintos se poden atopar e describir. Trátase aquí da invención por mediodas palabras, e suxírese, sen afondar, que as técnicas poderían ser facil-mente transferidas a outras linguaxes desde o momento en que unhahistoria pode ser contada por un narrador ou por un grupo, perotamén converterse en teatro ou nun guión para unha función de moni-creques, desenvolverse a través dun cómic, dunha película ou gravarsenunha cinta para mandárllela aos amigos. Estas técnicas poderían formarparte de todo tipo de xogos infantís, pero sobre este aspecto falousepouco.

Espero que este libro poida serlle útil tamén a quen crea necesario quea imaxinación ocupe o lugar que lle corresponde na educación, a quenteña confianza na creatividade infantil, a quen saiba do valor liberadorque pode ter a palabra. «Todos os usos da palabra para todos» parécemeunha boa frase, cun bo ton democrático. Non para que todos sexan ar-tistas, senón para que ninguén sexa escravo.

8

Page 11: Grámatica da fantasía

2 UN SEIXO NO ESTANQUE

Cando se lanza un seixo nun estanque, provócanse ondas concéntricasque se expanden pola superficie, e implican, no seu movemento, diversosefectos a distintas distancias: o nenúfar e a cana, o barquiño de papel eo do pescador, os dous a flotar. É como se eses obxectos, que estabancada un polo seu lado, na súa paz ou no seu sono, fosen atraídos á vida,como se os obrigasen a reaccionar, a relacionarse entre eles. Na profun-didade, e en todas as direccións, tamén se propagan outros movementosinvisibles mentres o seixo se precipita removendo algas, escorrentandopeixes, provocando continuamente novas axitacións moleculares. E candotoca fondo, remexe a lama, oculta os obxectos que xacían esquecidosnela, algúns dos cales agora quedan desenterrados mentres outros soncubertos pola area. Innumerables eventos, ou microeventos, sucédensenun tempo brevísimo. Talvez, nin aínda tendo tempo e ganas poderiamosrexistralos todos, sen omisións.

Do mesmo modo, unha palabra lanzada á mente, ao chou, produceondas de superficie e de profundidade, provoca unha serie infinita dereaccións en cadea, arrastrando na caída sons e imaxes, analoxías e lem-branzas, significados e soños, nun movemento que atinxe á experienciae á memoria, á fantasía e ao inconsciente, e que se complica porque amente non asiste pasiva á representación, senón que intervén decotepara aceptar e rexeitar, aliar e censurar, construír e destruír.

Tomemos como exemplo a palabra «seixo». Ao caer na mente, arrastraconsigo, atopa, evita ou, en definitiva, entra en contacto de moi diversosmodos:

coas palabras que empezan por s-, pero non seguen por e: «silencio»,«sístole»;

9

Page 12: Grámatica da fantasía

coas palabras que empezan por se-: «serafín», «sebe», «sequeiro»,«serpe», «serenata», «secretario»;

coas palabras que rematan en -eixo: «breixo», «desleixo», «queixo»,«teixo»;

coas palabras que son do seu campo semántico: «pedra», «mármore»,«ladrillo», «rochedo», «cuarzo», «feldespato», «mica», etcétera.

Estas son as asociacións máis simples: unha palabra tira da outra porinercia. É difícil que iso sexa abondo para facer saltar a chispa, peronunca se sabe.

Mentres tanto, a palabra lánzase noutras direccións, afonda no mundopasado, trae á superficie presenzas somerxidas. Desde este punto de vista,«seixo» é para min Santa Caterina del Sasso, un santuario colgante sobreo lago Maggiore. Eu ía alí en bicicleta. Iamos xuntos, Amedeo e maiseu. Baixo un fresco soportal, sentabamos a beber viño branco e a falarde Kant. Tamén iamos en tren: os dous eramos estudantes e volviamosde noite. Amedeo levaba unha longa capa azul. Algunhas veces, por de-baixo da capa, adiviñábase a moldura da funda do seu violín. A asa damiña funda estaba rota e tiña que levala debaixo do brazo. Amedeomarchou coa infantería alpina e morreu en Rusia.

Noutra ocasión, a figura de Amedeo chegoume tras unha exploraciónsobre a palabra «ladrillo», que me recordou uns fornos baixos que haino campo lombardo, e longas camiñadas pola néboa ou polas fragasnas que Amedeo e mais eu pasabamos tardes enteiras falando sobreKant, Dostojevskij, Montale, Alfonso Gatto... As amizades dos dezaseisanos son as que deixan pegadas máis fondas na vida. Pero iso aquí noninteresa. Interesa tomar nota de como unha palabra collida ao choupode funcionar como palabra máxica para desenterrar campos da me-moria que xacen baixo o po do tempo.

Da mesma forma actuaba o sabor da madalena na memoria de Proust.Tras el, todos os «escritores da memoria» aprenderon a escoitar, ásveces de máis, os ecos soterrados das palabras, dos cheiros, dos sons.

10

Page 13: Grámatica da fantasía

Pero nós queremos inventar contos para nenos, non escribir relatospara recuperar e salvar a nosa vida perdida. Non obstante, ás veces,tamén será divertido e útil xogar cos cativos ao xogo da memoria. Cal-quera palabra poderá axudalos a lembrar «aquela vez que», a descubrirseno tempo que pasa, a medir a distancia entre onte e hoxe, aínda que osseus «ontes», por sorte, sexan pouco numerosos e pouco inzados.

Neste tipo de investigación, a partir dunha soa palabra, o «temafantástico» nace cando se crean achegamentos estraños; cando, noscomplexos movementos das imaxes e das súas interferencias caprichosas,sae á luz un parentesco imprevisible entre palabras que pertencen acadeas diferentes. «Ladrillo» trouxo consigo «cepillo», «xustillo»,«barquillo»...

«Ladrillo» e «cepillo» preséntanse como unha parella interesante,aínda que non tan fermosa «como o fortuíto encontro dun parasolcunha máquina de coser sobre unha mesa anatómica» (Lautréamont,Os cantos de Maldoror). No confuso conxunto de palabras ata aquí evocadas,«ladrillo» é a «cepillo» o que «seixo» é a «queixo». Probablemente, oviolín de Amedeo engade un elemento afectivo e favorece o nacementodunha imaxe musical.

Velaí a casa musical. Está feita con ladrillos musicais, con pedrasmusicais. As súas paredes, golpeadas por marteliños, dan todas asnotas. Hai un dó sostido sobre o diván, o fa máis agudo está debaixoda fiestra, o chan está en si bemol maior, unha tonalidade excitante.Hai unha estupenda porta dodecafónica, electrónica, basta rozala cosdedos para tirarlle un botín ao estilo Nono-Berio-Maderna1, parafacer delirar a Stockhausen (que entra na imaxe con máis dereito ca osoutros, con ese «haus», casa, no apelido).

Pero non se trata só dunha casa. Hai todo un país musical, que tena casa-piano, a casa-celesta, a casa-fagot... É un país-orquestra. Poloserán, os habitantes facendo soar as súas casas, dan un bonito concerto

11

1 Todos estes autores, con Stockhausen, son pioneiros da música electrónica. (N. da T.)

Page 14: Grámatica da fantasía

antes de ir durmir... Pola noite, mentres todos dormen, un prisioneirotoca os barrotes da súa cela... A historia xa botou a andar.

Creo que o prisioneiro entrou no conto grazas ao cruzamento de«ladrillo» con «ladrón», do que non me decatara conscientemente,pero que, evidentemente, estaba ao axexo. Os barrotes deberían serunha consecuencia obvia, pero non o creo; quizá se deban á lembranzafugaz do título dunha vella película: Cárcere sen barrotes. Pero a imaxinaciónpode seguir por outro camiño:

Caen todos os barrotes de todos os cárceres do mundo. Todos esca-pan. Tamén os ladróns? Tamén os ladróns. O cárcere produce os la-dróns. Acabado o cárcere, acábanse os ladróns...

E aquí podo decatarme de que no proceso, aparentemente mecánico, amiña ideoloxía cae nunha especie de molde, modificando ao mesmotempo o propio molde. Sinto o eco de lecturas antigas e recentes. Osmundos dos marxinados piden, con prepotencia, que alguén os nomee:orfanatos, reformatorios, asilos, manicomios, aulas escolares. A realidadeirrompe no exercicio surrealista. A fin de contas, se o país musical setransformase en relato, quizá non se trataría dunha fantasía evasiva, senóndun modo de redescubrir e representar a realidade con formas novas.

A exploración da palabra «seixo» non rematou. Debo rexeitala comoorganismo cun determinado significado e cun determinado son, des-compoñela, descubrir as palabras que rexeitei para chegar á súa pronuncia:

Escribo as súas letras, unha debaixo da outra: – S– E – I – X– O

A carón de cada letra podo escribir agora a primeira palabra que se meocorra, e terei unha nova serie; por exemplo, «sardiña-enxeñeiro-iglú--xilófono-oliveira». Que podo escribir, xunto ás cinco letras, e isto serámáis divertido, cinco palabras que formen unha frase con sentido completo:

12

Page 15: Grámatica da fantasía

S – Sete E – estrelas 1 – iluminan X – xeadas O – ocas

Neste momento, eu non sabería que facer cunhas ocas iluminadaspor sete estrelas, como non sexa construír un nonsense rimado:

As ocas e as estrelas latrican nas cancelas...

Pero tampouco hai que esperar un resultado interesante no primeirointento. Buscarei outra serie co mesmo sistema:

S – Setecentos E – escribáns 1 – interpretanX – xeitosasO – ocarinas

O «setecentos» é unha prolongación automática do «sete» de antes.As «ocarinas» impuxéronse pola evidente suxestión das «ocas», peronesta indagación víronse favorecidas pola proximidade dos instrumentosmusicais citados máis arriba. Un cortexo de setecentos escribáns inter-pretando ocarinas non é unha imaxe desprezable.

Teño inventado moitas historias partindo dunha palabra collida aochou. Unha vez, partindo da palabra «castelo» tirei esta cadea: «cas-telo-Castelo Branco» (perdón polo uso un tanto arbitrario dun nomeilustre nun campo que tamén atinxe aos contos...) «branco-branco doovo-oval-órbita-ovo en órbita». Parei aquí e escribín Un mundo nun ovo,unha historia entre a ciencia ficción e a broma.

Podemos deixar a palabra «seixo», pero non nos fagamos a ilusiónde ter esgotado as súas posibilidades. Paul Valéry dixo: «Non haipalabra que se poida comprender se profundizamos nela». E Witt-genstein: «As palabras son como a tona dunhas augas profundas».Precisamente, as historias búscanse ao mergullarse nesas augas.

13

Page 16: Grámatica da fantasía

En canto á palabra «ladrillo», lembrarei o test americano de creativi-dade que Marta Fattori cita no seu estupendo libro Creatividade e educación.Os nenos son invitados a facer unha lista con todos os usos que coñezan,ou consigan imaxinar, do «ladrillo». Quizá a palabra «ladrillo» arraigoutanto en min porque lin este test hai pouco. De todos modos, este tipode test non pretende estimular a creatividade infantil, senón medilapara seleccionar «o mellor en imaxinación» como con outros tests seselecciona «o mellor en matemáticas». Teñen a súa utilidade, pero per-seguen fins alleos aos intereses dos nenos. En cambio, o xogo do «seixono estanque», que veño de ilustrar brevemente, móvese no sentido con-trario: debe servir aos cativos, non servirse deles.

14

Page 17: Grámatica da fantasía

3 A PALABRA «OLA!»

Nas escolas infantís de Reggio Emilia, hai anos, naceu o «xogo do con-tacontos». Os rapaces soben por quendas a unha tarima, unha especiede tribuna, e cóntanlles aos compañeiros, que están sentados no chan,un conto de invención propia. A mestra transcríbeo e o neno coida deque o faga sen esquecer nin cambiar nada. Despois, o propio rapazilustra o seu conto cun gran debuxo. Máis adiante, analizarei un destescontos espontáneos. O «xogo do contacontos» serve aquí só como pre-misa do que segue.

Despois de falar eu sobre o modo de inventar un conto partindodunha palabra dada, a profesora Giulia Notari, da escola infantil Diana,preguntou se algún cativo quería inventar un conto con ese novo sistema,e suxeriu a palabra «ola!». Un neno de cinco anos contou este conto:

Un neno perdera todas as palabras boas e só lle quedaban as malas:merda, caca, papón, etcétera. Entón, a súa nai levouno a un médicoque tiña un bigote moi longo e que lle dixo: «Abre a boca, saca alingua, mira para arriba, mira para dentro, infla as meixelas». O médicodíxolle que debía ir buscar unha palabra boa. Primeiro atopou unhapalabra así (o cativo indica unha lonxitude duns vinte centímetros),que era «uf», que é mala. Despois, atopou outra, así de longa (unscincuenta centímetros), que era «esquéceme», que é mala. Despois,atopou unha palabriña rosa, que era «ola!»; meteuna no peto, levounaá casa e aprendeu a dicir palabras educadas. E fíxose bo.

Durante a narración, o público interrompeu dúas veces, para recuperarou desenvolver puntos interesantes que o relato ofrecía. A primeira vez,sobre o tema das palabras «feas», improvisou alegremente unha ladaíñadas chamadas «malas palabras», recitando toda a serie que coñecía e que

15

Page 18: Grámatica da fantasía
Page 19: Grámatica da fantasía

1.- ANTECEDENTES...................................................................................................52.- UN SEIXO NO ESTANQUE.............................................................................93.- A PALABRA «OLA!»........................................................................................154.- O BINOMIO FANTÁSTICO..........................................................................185.- «LUZ» E «ZAPATOS»....................................................................................226.- QUE PASARÍA SE...?.........................................................................................267.- O AVÓ DE LENIN...........................................................................................298.- O PREFIXO ARBITRARIO............................................................................31 9.- O ERRO CREATIVO........................................................................................3410.- VELLOS XOGOS.............................................................................................3711.- UTILIDADE DE GIOSUÈ CARDUCCI.................................................4012.- CONSTRUCIÓN DUN LIMÈRICK............................................................4313.- CONSTRUCIÓN DUNHA ADIVIÑA.....................................................4614.- A FALSA ADIVIÑA.........................................................................................4915.- OS CONTOS POPULARES COMO MATERIA PRIMA..................5116.- A CONFUNDIR HISTORIAS..............................................................................5317.- CARAPUCHIÑA VERMELLA EN HELICÓPTERO.........................5518.- CONTOS DO REVÉS....................................................................................5719.- E QUE PASOU DESPOIS?............................................................................5820.- ENSALADA DE CONTOS...........................................................................6021.- CONTOS POR IMITACIÓN.......................................................................6222.- AS CARTAS DE PROPP................................................................................6623.- FRANCO PASSATORE «METE AS CARTAS NO CONTO»........7324.- CONTOS EN «CLAVE OBRIGADA».....................................................7525.- ANÁLISE DA BEFANA..................................................................................7826.- O HOMIÑO DE CRISTAL..........................................................................8127.- PIANO-BILL.....................................................................................................8328.- COMER E «XOGAR A COMER»............................................................8529.- CONTOS Á MESA..........................................................................................8830.- VIAXE ARREDOR DA MIÑA CASA......................................................9131.- O XOGUETE COMO PERSONAXE.......................................................9632.- MARIONETAS E MONICREQUES.........................................................10033.- O NENO COMO PROTAGONISTA.....................................................10534.- HISTORIAS «TABÚ».................................................................................10835.- PEDRIÑO E O BARRO..............................................................................11236.- HISTORIAS PARA RIR.............................................................................11837.- A MATEMÁTICA DOS CONTOS.........................................................12338.- O NENO QUE ESCOITA CONTOS....................................................12839.- O NENO QUE LE CÓMICS....................................................................13240.- A CABRA DO SEÑOR SÉGUIN............................................................13541.- CONTOS PARA XOGAR..........................................................................13942.- E SE O AVÓ SE TRANSFORMASE EN GATO?..............................14343.- XOGOS NO XARDÍN................................................................................14544.- IMAXINACIÓN, CREATIVIDADE E ESCOLA.................................15145.- FICHAS.............................................................................................................160

Page 20: Grámatica da fantasía

Título orixinal: Grammatica della fantasia

© da edición orixinal: Edizioni El S.r.l., San Dorlingo DellaValle (TS) www.edizionel.com, 1973© do texto: Gianni Rodari, 1973© da tradución: Silvia Gaspar© da ilustración da portada: Pablo Otero, 2010© desta edición: Kalandraka Editora, 2013Italia, 37 - 36162 PontevedraTelf.: 986 860 [email protected]

Primeira edición: abril, 2010Segunda edición: marzo, 2013ISBN: 978-84-8464-705-8DL: PO 106-2010Reservados todos os dereitos

Page 21: Grámatica da fantasía
Page 22: Grámatica da fantasía
Page 23: Grámatica da fantasía
Page 24: Grámatica da fantasía