febreiro 2016 - ano vii - numero 63 prezo 1.20€ o goberno...

32
FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno de Carmela Silva aproba máis de 9 millóns de euros en axudas do Plan Concellos pax.5

Upload: others

Post on 30-May-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€

O goberno de Carmela Silva aproba máis de 9 millóns de euros en axudas do Plan Concellos pax.5

Page 2: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

2 // Febreiro 2016 // | Galicia |

O Museo Pedagóxico de Galicia abre as súas portas ‘o mundo nas mans’, que se poderá visitar de balde até finais de anoO Mupega ofrece desde onte unha nova exposición temporal composta por 66 pezas e dedicada á cartografía escolar dos séculos XIX e XXAté o vindeiro mes de decem-bro, o Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) mostra ‘O mundo nas mans: Cartogra-fía Escolar dos séculos XIX e XX’, a nova mostra temporal dedicada a esta rama da xeo-grafía, fundamental para o estudo e coñecemento da Te-rra, e que contou cun exten-so predicamento didáctico en Galicia. A mostra foi in-augurada antonte polo xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijoo, coa asisten-cia do conselleiro de Cultu-ra, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodrí-guez.‘O mundo nas mans’, comi-sariada por Jesús Oitavén e Beatriz Seco, ofrece un total de 66 pezas engarzadas cun ameno discurso museográ-fico, amosando o valioso pa-trimonio histórico-educativo que alberga o este centro museístico, promovendo des-te xeito a súa recuperación e difusión. Cada un dos obxec-tos expostos transportan aos visitantes a outros espazos, próximos ou afastados da nosa terra. Moitas destas pe-zas cumpriron a misión di-dáctica de fornecer ao alum-nado duns coñecementos xeográficos que dificilmente poderían adquirir doutro xeito.

Unha longa historia educa-tivaOs mapas constitúen un dos materiais máis clásicos das nosas escolas, formando par-te das aulas e servindo para que moitas xeracións de mo-zas e mozos se fixeran unha composición de lugar do mundo, de cales eran os seus horizontes, dun xeito visual e intuitivo.En concreto, no ano 1916, o profesor da Escola Normal de Pontevedra e futuro direc-tor da de Compostela, José María Crespo Rodríguez, editaba o libro ‘Nociones de Geografía de Galicia’, que se considera o primeiro manual de Xeografía dedicado á nosa

comunidade. Exactamen-te cen anos antes Domingo Fontán iniciara no Pazo de Sobrecarreira os exercicios preliminares para a confec-ción da súa ‘Carta Geométri-ca de Galicia’.Co gallo de ambas as dúas efemérides, centenario e bicentenario, e dentro da programación do Museo Pedagóxico de Galicia (Mu-pega), inaugúrase a exposi-ción temporal ‘O mundo nas mans. Cartografía escolar dos séculos XIX e XX’ na que se amosa, ademais do libro e do mapa mencionados, unha escolma de pezas relaciona-das coa cartografía e as dis-ciplinas que a empregaban

como medio didáctico.Percorrendo ‘O mundo’A mostra comeza nun anda-deiro dedicado ás xeracións iniciais de xeógrafos e xeó-grafas de Galicia, represen-tadas por intelectuais como Domingo Fontán e a súa ‘Carta Geométrica de Gali-cia’ (1845) ou Francisco Xa-vier Río Barja, que realizou un mapa de Galicia en relevo (1985) como prototipo para uso didáctico. Esta última obra foi cedida polo propio autor á Consellería que, fiel ao seu legado, a conservou e agora a pon en valor, ao ex-poñela por primeira vez nes-ta mostra.Ademais dos xeógrafos an-tes mencionados, inclúense pezas do editor Paluzie, un impresor especializado en láminas e mapas no eido educativo, e un dos repre-sentantes de todas as casas editoriais que existiron en España, e que se constituí-ron como a chave fundamen-tal nos esforzos de difusión do patrimonio educativo. O arduo traballo de recupera-ción desenvolvido, fixo po-sible contemplar agora va-rios dos seus mapas de gran formato que se conservan nunha colección completa no Mupega.O resto da mostra segue

a distribución clásica da xeografía plasmada nos manuais do século XIX. Descríbese así a xeografía astronómica: as estrelas, o sol, os planetas, a terra, etc.; a física, coas partes da terra, os minerais ou os fósiles; a política, aludindo á xeogra-fía relacionada coas razas ou a relixión, entre outras categorías; e a descritiva, que inclúe os mapamundi, os continentes, España, Ga-licia, os mapas provinciais e os planos locais.Por último, dedícase un apartado á historia, que tamén fai uso da cartogra-fía, cos atlas históricos ou cos planos das cidades onde aconteceu algún feito histó-rico.Actividade didácticas‘O mundo nas mans’ vai acompañado dun programa de actividades didácticas dirixidas aos centros. Estas actividades están pensadas para axudar os rapaces e ra-pazas a coñecer os mapas e os principios da cartografía a través de actividades lúdicas e obradoiros, que están pro-gramados e adaptados a to-das as etapas educativas. A exposición poderá visitarse de balde de martes a sábado en horario de 10:00 a 14:00 h. e 16:00 a 20:00 h.

A Xunta investirá 423 millóns de euros ata 2021 no plan hidrolóxico da demarcación Galicia-CostaA Xunta investirá 423 mi-llóns de euros ata 2021 no Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa, que ten como princi-pais obxectivos protexer as masas de auga galegas e in-crementar a dispoñibilidade deste recurso.Así o explicou hoxe o direc-tor de Augas de Galicia, Ro-berto Rodríguez, que com-pareceu a petición propia en comisión parlamentaria para dar conta desta folla de ruta, que xa foi aprobada tamén polo Consello de Mi-nistros.Ao respecto, precisou que o

orzamento global do Plan ascende a 655 millóns de eu-ros, e que a maior parte do mesmo (410 millóns) estará destinado a melloras de sa-neamento e depuración, fa-cendo especial fincapé nas rías galegas.Ao respecto, recordou, en todo caso, que este Plan parte dunha mellor situa-ción que o anterior, xa que actualmente máis do 77 por cento das masas de augas están en bo estado.Entre as novidades deste Plan, Rodríguez destacou que prevé valorar o estado

do 100 por cento das ma-sas de auga, fronte ao 90 por cento que se tiña aca-dado na anterior estratexia 2009-2015. Ademais, para esta avaliación, incorpóran-se moitos máis parámetros co fin de determinar o cum-primento non só da directi-va europea de planificación hidrolóxica, senón tamén de outras como a de moluscos, ou a de calidade de augas de baño.Por primeira vez, apróbase un réxime de caudais eco-lóxicos para cada masa de auga, fronte á anterior fór-

mula xenérica do 10% do caudal medio, e regúlanse os usos en zonas con risco de inundación. O documen-to tamén eleva a priorida-de do uso da acuicultura por considerarse un sector estratéxico para Galicia, e iguálao co uso agrícola ou gandeiro.Máis polo miúdo, mellóran-se os programas de control de augas superficiais, a través do incremento nun 40 por cento do número de estacións no programa de control de vixilancia e de cuadriplicar o programa de

control operativo. Tamén se amplían de 51 a 75 as esta-cións do programa de con-trol de augas subterráneas. Demarcación Galicia-CostaA demarcación Galicia-Cos-ta inclúe 484 masas de auga, das que 415 son fluviais, 22 de transición, 29 costeiras e 18 subterráneas. En total, suman uns 12.700 hm3/ano de recursos hídricos dispoñi-bles. Conta cunha superficie de 13.000 km2, que supoñen ao redor do 44% do territorio galego e concentran a 2 mi-llóns de habitantes, distri-buídos en 182 concellos.

Page 3: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

// Febreiro 2016 // 3| Galicia |

A Xunta comproba de primeira man en Cabo Verde os proxectos levados a cabo grazas ás axudas da Cooperación GalegaCabo Verde ten sido definido como país prioritario da Cooperación Galega nos tres Plans Directores aprobados ata o momento

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda comprobou de primeira man os proxec-tos levados a cabo en Min-delo, na illa de San Vicente, grazas ás axudas da Coope-ración Galega nos últimos anos, que ascenden a máis de un millón de euros. Alfonso Rueda visitou esta mañá o Instituto Nacional para o Desenvolvemento das Pescas, co que o goberno ga-lego colabora actualmente no marco do proxecto “For-talecemento de institucións académicas e de investiga-ción en Cabo Verde como contribución ao desenvol-vemento social, económico e ambiental do sector mari-ño”, que está sendo lidera-do polo Campus do Mar coa colaboración da Fundación CETMAR. Na actualidade, o proxecto, atópase na súa segunda fase de execución (2015- 2016) grazas ao fi-

nanciamento da Xunta de Galicia.Posteriormente, o titular da Vicepresidencia, visitou o Entreposto de Frío no Porto Grande de San Vicente de Mindelo, posto en funcio-namento o pasado mes de outubro coma plataforma loxística estratéxica de dis-tribución de produtos pes-queiros para todas as frotas que faenan no Océano Atlán-tico en xeral, e para a gale-ga en particular, sobre todo para o sector do palangre de superficie, de grande impor-tancia na zona. Esta infraestrutura de trata-mento, conxelación e conser-vación de produtos da pesca, incorpora diferentes cáma-ras de complexo de frío, tan-to para peixe, especialmente túnidos, como para froitas, vexetais ou mesmo lácteos. No caso da liña de proceso da frota artesanal, conta con

áreas de descabezado e evis-cerado, fileteado, túneles de conxelado (con capacidade para 6.700 quilos diarios), envasado e conxelación en salmoira. Cooperación Galega en Cabo VerdeCabo Verde ten sido defini-do como país prioritario da Cooperación Galega nos tres Plans directores executados ata o momento, e aos que a Cooperación Galega ten des-tinado un total de 1.035.794 euros, cunha colaboración directa, financiando inter-vencións ca sinatura de dife-rentes convenios, fundamen-talmente co Fogacosol e ca Fundación CETMAR, para o apoio ao sector pesqueiro e ao fortalecemento munici-pal.O Fondo Galego de Coope-ración e Solidariedade (FO-GACOSOL), comezou no ano 2002 ca cooperación bilate-

ral coa Asociación Nacional de Municipios Caboverdia-nos (ANMCV), tendo impul-sado un total de 33 proxectos de cooperación internacional centrados en áreas como a habitabilidade, o xénero, a saúde e a educación. Na mesma liña de coopera-ción, entre os anos 2006 e 2012, o CETMAR colaborou co Ministerio de Pesca de Cabo Verde na execución de varios proxectos relaciona-dos co apoio ao desenvolve-mento do Sector Pesqueiro Artesanal, contando para elo con financiamento de AECID e da Cooperación Galega. Ta-

mén executou un proxecto de promoción do asociacionismo das mulleres das comuni-dades de pescadores, cun fi-nanciamento de 130.000 eu-ros da Unión Europea. Finalmente, o CETMAR, a través da Universidade de Vigo prestou asistencia téc-nica na execución do proxec-to de fortalecemento das institucións de investigación e académicas relacionadas co ámbito mariño que foi fi-nanciado pola Cooperación Galega, na convocatoria de axudas para proxectos no exterior doutros axentes do ano 2012 e 2015.

O presidente da Xunta asina un acordo coa Fundación Barrié para a creación dun fondo que impulsará que a investigación científica se traslade ao mundo da empresaO presidente da Xunta, Al-berto Núñez Feijóo, asinou un convenio coa Fundación Barrié para a creación do Fondo autonómico de proba de concepto, que ten como obxectivo “comprobar se as ideas e a innovación que desenvolvemos neste mo-mento en Galicia poden ter éxito empresarial e, nese caso, acompañar os investi-gadores ata acadalo”. Des-te xeito, impúlsase que os proxectos pasen “a liña des-de a Universidade á empre-sa” e foméntase a colabora-ción entre o sector público e a sociedade civil no fomento da investigación.En virtude deste acordo, a Barrié transferiulle á Xun-ta a metodoloxía e a expe-riencia do Fondo de Ciencia, un instrumento similar do que esta institución dispón

desde 2011. Agora, este “ve-hículo de transferencia de coñecemento” ponse ao ser-vizo da sociedade galega e o Fondo autonómico de proba de concepto “nace sabendo xa camiñar”. Ten tres obxectivos princi-pais: facer máis rendible social e economicamente o investimento público e inno-vación, identificar de xeito rápido os proxectos con po-tencial innovador e facilitar a transferencia dos resulta-dos de investigacións cara ao mercado.Este novo fondo estará dotado inicialmente con 1.650.000 euros, unha canti-dade que se poderá ver incre-mentada conforme se vaian sumando a el outras insti-tucións públicas e privadas. Con estes cartos apoiaranse entre seis e dez proxectos

dos centros de investigación galegos, escollidos de en-tre unha primeira selección de 25 investigacións. Cada un deses proxectos recibi-rá, de xeito estimado, entre 120.000 e 210.000 euros. Por último, establecerase un Comité de Seguimento que acompañará os primeiros pasos de cada iniciativa.Feijóo gabou o labor da Fun-dación Barrié no fomento do talento, pois nos últimos 26 anos concedeu bolsas a 15.000 estudantes, algo do que “non hai precedentes” nunha institución privada galega. Ademais, o Fondo de Ciencia, que supón a ori-xe do Fondo autonómico de proba de concepto, impulsou a “transformación de ideas innovadoras en proxectos empresariais exitosos”.Sólido apoio á innovación

O presidente citou tres das principais medidas coas que o Goberno galego vén apoiando a innovación. A primeira delas, o programa Oportunius, que nos permi-tiu facer que “en vez de que a xente con talento en Gali-cia busque unha oportuni-dade fóra, que a xente que está fóra teña unha oportu-nidade aquí”.Referiuse tamén ao novo Plan de financiamento uni-versitario 2016-2020, que supuxo “un cambio de para-digma”, pois o financiamen-to unido aos resultados irá collendo peso ano tras ano ata supoñer, dentro de cinco anos, o 40% dos fondos que reciben as nosas universida-des. Por último, mencionou as unidades mixtas de in-novación, das que se crea-ron xa 19 —a última delas,

orientada á investigación en oncoloxía de precisión e ao desenvolvemento da biopsia líquida, o pasado luns— e ás que se destinarán 16 mi-llóns de euros máis.“É a primeira vez que exis-te unha única Axencia de Innovación no Goberno, porque sabemos que disper-sar a política de innovación supón non ter éxito en nin-gún caso”, afirmou Feijóo. Esta aposta decidida pola innovación plásmase na Es-tratexia de Especialización Intelixente, á que se desti-nan 1.600 millóns de euros e que engloba varias medi-das de innovación, e no Plan Estratéxico de Galicia que se presentou onte, que pre-vé duplicar o investimento público en investigación: do 0,88% do PIB a máis do 1,7%.

Page 4: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

4 // Febreiro 2016 // | Galicia |

Sogama acadou o pasado ano os seus máximos históricos en eficiencia industrialA Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) acadou o pasado ano os seus máximos históricos en eficiencia indus-trial. Así, a planta de recicla-xe, tratamento e elaboración de combustible superou a súa capacidade de deseño e chegou a tratar preto de 584.000 tone-ladas de residuos; mentres que as plantas de coxeneración e valorización bateron tamén ré-cords en produción enerxética. De feito, a termoeléctrica lo-grou ser a de maior eficiencia e produción das 10 infraestrutu-ras destas características que existen en España.Así o expuxo hoxe o presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, que fixo balance da ac-tividade da empresa pública durante 2015. Ao respecto, recordou que Sogama asume actualmente a xestión dos resi-duos urbanos de 295 concellos galegos, o que representa o 94 por cento do total. Conta coas seguintes instalacións: o com-plexo medioambiental de Cer-ceda, o vertedoiro de residuos non perigosos de Areosa (Cer-ceda) e unha rede conformada por 37 plantas de transferencia distribuídas polas catro pro-vincias. Destas, 20 están baixo a súa titularidade, repartíndo-se o resto da seguinte forma: 11 miniplantas na provincia de Ourense, construídas pola Deputación provincial; 5 plan-

tas construídas pola Xunta en diferentes concellos; e 1 planta na mancomunidade do Morra-zo.En concreto, en 2015 as plan-tas termoeléctrica, de coxene-ración e de biogás produciron máis de 516.000 MWh, case un 4,5 por cento máis que en 2014 e preto dun 30 por cento máis que en 2008. De feito, a ener-xía xerada en Sogama equivale ao 11 por cento da consumida polos fogares galegos.No caso das 584.000 toneladas de residuos tratadas na planta de reciclaxe,tratamento e ela-boración de combustible, esta cifra supuxo un 1,25 por cento máis que en 2014 e practica-mente un 28 por cento máis que en 2008.Ademais da eficiencia indus-trial, o informe coñecido hoxe polo Consello achega outros datos relevantes de xestión. Grazas á maior eficiencia de Sogama, descenderon os resi-duos enviados ao vertedoiro de Areosa. Esta baixada é dun 55 por cento se se compara coas magnitudes de 2008. En con-creto, hai sete anos vertían-se 413.000 toneladas, unha cantidade que se reduciu ata 185.000 toneladas en 2015. De feito, o pasado ano foi o exerci-cio no que menos cantidade de lixo se desviou a Areosa.Por outra banda, continúa unha tendencia á alza na en-

trada de envases lixeiros. En 2008 entraban na planta de clasificación unhas 11.200 to-neladas, mentres que en 2015 acadouse unha cifra de case 21.000 toneladas.“En definitiva”, rematou Do-mínguez Lino, “estamos falan-do, sen lugar a dúbidas, dos mellores resultados da historia de Sogama”.Outras actividadesA actividade de Sogama des-tacou tamén noutros aspectos, que se suman aos referidos á eficiencia industrial. Segundo explicou o presidente de Soga-ma, esta empresa pública des-envolve un importante traballo de divulgación, información e formación de cara á sociedade.Neste ámbito, destacan acti-vidades como o programa de compostaxe doméstica, que se continuou ampliando en 2015. Actualmente, están adheridos á mesma 103 concellos, 52 cen-tros educativos, e 9 colectivos sociais. Só o ano pasado Soga-ma repartiu 1.000 compostei-ros, ascendendo a 5.000 o total de recipientes distribuidos des-de o inicio do programa. Esta campaña inclúe tamén cursos de formación, edición de mate-rial didáctico e asesoramento técnico aos concellos partici-pantes na mesma.O pasado ano tamén se organi-zaron tres cursos de formación en liña, nos que participaron

unhas 150 persoas entre repre-sentantes municipais, axentes da Garda Civil e profesorado de Educación secundaria. Nes-te mesmo ámbito de actuación tamén destacou o xogo xigante “Un partido polo planeta”, que circulou de forma itinerante por preto de medio cento de colexios galegos. Nos centros educativos tamén se desenvol-veu outra iniciativa, o progra-ma “Recíclate con Sogama”, que fomenta a recollida selecti-va de residuos, estando canali-zado a través do Plan Proxecta de Xunta de Galica, que persi-gue a educación en valores. Tamén cabería destacar as vi-sitas ao complexo de Cerceda e ás plantas de transferencia, que se saldaron, en 2015, cun balance de 3.269 visitantes (un 5% máis que en 2014(. No obstante, desde o inicio da súa actividades, máis de 65.300 persoas pasaron por esta in-fraestrutura industrial.Por último, en 2015 Sogama volveu colaborar na campaña “Separemos ben, reciclaremos mellor”, que chegou a más de 53.000 persoas entre agosto de 2014 e xullo de 2015. A campa-ña xestiónase a través de for-mación directa con actividades en aula móbil, centros comer-ciais, eventos deportivos, ou visitas ao complexo ambiental de Cerceda.Novas actuacións

O obxectivo é seguir melloran-do Sogama. Por iso, está previs-to que a compañía invista uns 35 millóns de euros neste ano e os seguintes para ampliar a súa infraestrutura industrial. Gran parte dese orzamen-to destinarase á construción dunha nova planta de recupe-ración de envases procedente do lixo en masa, que permitirá incrementar nun 30 por cento a achega ao reciclaxe e reducir, na mesma medida, o depósito no vertedoiro de Areosa. A ca-pacidade do complexo verase aumentada nun mínimo do 36 por cento. O obxectivo marca-do é que unicamente se verta aquela parte de residuos que non poida ser reciclada, nin valorizada material ou enerxe-ticamente.Tamén se abordará a constru-ción e posta en marcha dunha nova planta de compostaxe, con capacidade para tratar 15.000 toneladas anuais de re-siduos orgánicos, e que estará situado no propio vertedoiro.Grazas á boa xestión realizada, poderanse realizar estes inves-timentos e, ao mesmo tempo, manter en 2016 o mesmo ca-non a todos os concellos, polo que a contía este ano será a mesma que en 2015 (67,18 eu-ros + IVE por tonelada de lixo xestionada), tal e como se pu-blicará mañá no Diario Oficial de Galicia.

Cultura e Educación convoca a V edición dos premios a curtas de animación en galego ‘Nós Tamén Creamos!’Bota a andar a quinta edición dos premios a curtametraxes de animación en galego desen-voltas no marco do programa de dinamización lingüística ‘Nós tamén creamos!’ da Con-sellería de Cultura e Educa-ción -a través da Secretaría Xe-ral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa-, en colaboración coa Corpora-ción de Radio e Televisión de Galicia e OQOeditora.Este certame de premios de animación en galego que se convoca no marco do programa de dinamización lingüística do mesmo nome está dirixido a centros educativos de infan-til e primaria. Ata un total de

dous equipos de entre dous e catro docentes de cada centro poderán guiar o seu alumnado na creación dunha ‘curta’ de animación coa técnica ‘stop-motion’ dun máximo de cinco minutos de duración. O pro-fesorado que lidere a elabora-ción das curtametraxes co seu alumnado poderá recibir ase-soramento durante o proceso de creación dos seus traballos.Ao igual que en edicións ante-riores, as obras presentadas ao concurso quedarán accesibles na sección infantil do web da CRTVG (www.crtvg.es/infan-til) e tamén no Portal da Lin-gua Galega (www.lingua.gal). O prazo para solicitar a partici-pación remata o 8 de marzo e o

de presentación de orixinais, o 30 de abril.Categorías e premios Haberá tres premios: un para a mellor curtametraxe elabora-da en educación infantil, outro para a de primeiro e segundo de primaria e outro máis para a mellor ‘curta’ de terceiro e cuarto cursos. Cada centro premiado nunha destas categorías recibirá un lote de libros de OQOeditora e mais un agasallo da TVG, así como un diploma acreditativo expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.O equipo de mestres que parti-cipe na creación das obras reci-birá unha certificación de Pre-mio de Innovación Educativa,

que posúe unha equivalencia de 20 horas de formación per-manente do profesorado.Ademais, as curtametraxes ga-ñadoras serán emitidas, sem-pre que tecnicamente sexa po-sible, en distintos programas da CRTVG.Obxectivos e historia de ‘Nós tamén creamos!’ ‘Nós tamén creamos!’ ten os obxectivos de promover unha imaxe positiva da lingua ga-lega, favorecer o seu uso e aprendizaxe en novos eidos e formatos, e dar a coñecer as opcións de lecer en galego que lles ofrece aos cativos o web da CRTVG.O programa púxose en mar-cha no ano 2011 e dende o cur-

so 2013-2014 forma parte do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Or-denación Universitaria, o que posibilita ampliar o número de horas de formación e o reco-ñecemento para o profesorado participante.En todo caso, o concurso de cur-tametraxes está aberto tamén a centros públicos de infantil e/ou primaria que non estean inscritos no Plan Proxecta. Deste xeito, poden participar tamén aqueles docentes que recibiron formación en pasa-das edicións ou, simplemente, que están interesados nesta experiencia de aprendizaxe e de dinamización da lingua ga-lega para o seu alumnado.

Page 5: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

// Febreiro 2016 // 5| Pontevedra |

O goberno de Carmela Silva aproba máis de 9 millóns de euros en axudas do Plan Concellos 7,5 millóns de euros destináronse a emprego financiando a contratación de 1033 traballadores en 52 concellosO goberno da Deputación de Pontevedra aprobou en menos dun mes máis de 9 millóns de euros destinados aos concellos da provincia de Pontevedra para financiar o emprego, as actividades cul-turais, deportivas, sociais, turísticas e medioambien-tais e o financiamento do gasto corrente. Todas estas axudas enmárcanse dentro do Plan Concellos, o novo modelo da institución pro-vincial que convirte aos mu-nicipios en protagonistasO Plan Concellos 2016 su-pón unha transferencia de 40 millóns de euros que a Deputación pón a dispo-sición dos 60 concellos da provincia para desenvolver políticas de emprego, in-versións, cultura, etc. Este plan repártese en 16 mi-llóns de forma lineal entre os concellos da provincia, de xeito que a cada un lle co-rresponde unha cantidade fixa de 266.666,67 €. A canti-dade restante, 24 millóns de €, repartiranse atendendo a tres criterios: a poboación de cada concello (o 60%), a súa superficie (20%) e os seus núcleos de poboación (20%). O plan marca catro liñas de axuda: axudas para inver-sións, axudas para afrontar necesidades de gasto corren-te, axudas para actividades culturais, deportivas, so-ciais, turísticas e medioam-

bientais dos Concellos, e axudas para financiar o em-prego En canto as axudas para o emprego, destinadas ao fi-nanciamento das contrata-cións que fan os concellos (Liña 4 do Plan), dende o co-menzo do ano o goberno pro-vincial aprobou un total de 7,5 millóns de euros que be-nefician a 52 concellos para financiar a contratación de 1033 traballadores. O 29 de xaneiro aprobouse a primei-ra relación de subvencións a 38 concellos para contra-tar a 729 traballadores por case 5 millóns de euros. O 5 de febreiro a Xunta de Go-berno aprobou a segunda relación de axudas para a contratación de 196 persoas en 9 concellos da provincia, por valor de 1.731.669,32

euros. E este venres, 12 de febreiro, o goberno da De-putación aprobou a terceira relación de axudas por im-porte de 730.000 euros para outros 5 concellos. Neste úl-timo caso, son os municipios de Cangas, Cuntis, Moraña, Mos e Salceda de Caselas que poderán afrontar a con-tratación dun total de 108 traballadores. O Concello de Cangas po-derá financiar con 200.556 euros a contratación de 34 traballadores: 28 peóns, 1 conductor, 3 conserxes de edificios públicos e 2 auxi-liares administrativos. No caso de Cuntis, aprobou-se unha axuda de 113.085 euros para contratar a 20 traballadores: 1 enxeñei-ro agrónomo, 1 condutor, 1 palista, 1 operario desbro-

zadora, 1 técnico de protec-ción civil, 7 albaneis, 1 con-dutor tractor desbrozadora, 6 peóns de obra pública e 1 auxiliar administrativo. No caso de Moraña, destíñanse 94.415 euros á contratacion de 10 traballadores: 3 peóns de obra pública, 3 albaneis, 1 varredor, 1 conductor, 1 peón de limpeza e 1 xardi-neiro. O Concello de Mos recibe unha subvención de 192.761 euros para contra-tar un total de 20 traballa-dores: 4 teitadores de asfal-to, 2 instaladores de tubos para condución de gabias en xeral, 5 operarios mantedo-res de edificios, 6 operarios conservadores de parques e xardíns e 3 limpadores-mantedores de piscinas. Fi-nalmente aprobouse unha axuda de 127.812 euros para

o Concello de Salceda para á contratación de 24 traballa-dores: 5 peóns de limpeza, 5 peóns de albanel, 4 péons de xardinería, 1 animador sociocultural, 1 orientador laboral, 2 auxiliares admi-nistrativos,1 condutor e 5 monitores-socorristas.En canto as axudas para financiar actividades dos concellos (Liña 3), o pasado venres o goberno de Carme-la Silva aprobou a primei-ra relación de subvencións. Son 350.590 euros para que 19 concellos da provin-cia de Pontevedra poidan financiar actividades cul-turais, deportivas, sociais, turísticas e medioambien-tais. Os municipios benefi-ciarios son Caldas de Reis, A Cañiza, Cerdedo, Covelo, A Estrada, Forcarei, For-nelos, Gondomar, A Lama, Meis,Mondariz-Balneario, Mos, Pazos de Borbén, Poio, O Porriño, Ribadumia, Sou-tomaior, Vila de Cruces e Vi-lagarcía de ArousaFinalmente, en canto as subvencións para o gasto corrente dos concellos (Liña 2), o goberno aprobou no que vai do ano máis dun millón cen mil euros que benefician a 13 concellos da provincia. A última relación de axudas aprobouse o pasado ven-res pola Xunta de Goberno, 65.241 euros para o Conce-llos de Meis.

O Goberno da Deputación de Pontevedra aproba as bases das axudas ó deporte nacional da provinciaA Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou as bases para a concesión de subvencións a clubs e entidades depor-tivas federadas de ámbito nacional, así como os clubs que participen na Terceira División de Fútbol, a fin de apoiar a súa participación en ligas e competicións ofi-ciais na temporada 2015-2016. De esta forma os clubs que

compiten a nivel nacional terán unha liña de subven-cións específicas reguladas mediante unhas bases que lles permitirá dispor de car-tos públicos para o seu fun-cionamento e actividades con total e absoluta garan-tía de equidadeEstas axudas contarán cun presuposto de 500.000 euros e a súa concesión será a tra-vés do procedemento de con-correncia competitiva. As

solicitudes serán analizadas pola Comisión de Valora-ción que aplicará criterios obxectivos como o nivel de competición da entidade, o número de licenzas federa-tivas, o número de equipos participantes por catego-rías, o número de equipos en categoría base , etc...O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, unha vez estas bases reguladoras se publi-

quen no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO)Cada entidade só poderá presentar unha única soli-citude dunha modalidade deportiva concreta. Os mo-delos normalizados se faci-litan no Rexistro Xeral, no Servizo de Deportes da De-putación ou na páxina www.depo.es. A súa presentación será no Rexistro da Deputa-ción, na sede da Deputación en Pontevedra (Avda. Mon-

tero Ríos, s/n) ou na sede de Vigo (Rúa Oporto,3)En canto as bases para a concesión das axudas a en-tidades e clubes deportivos para o deporte federado e para o deporte náutico, do-tadas con máis de 350.000 euros e aprobadas na Xun-ta de Goberno do pasado 29 de xaneiro de 2015, o prazo para entregar as solicitudes remata o próximo 3 de mar-zo.

Page 6: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

6 // Febreiro 2016 // | Bueu |

Silvia Carballo reúnese con investigadores da UVIGO para unha colaboración no aproveitamento dos usos dos montes comunaisSilvia Carballo, concelleira de Promoción Económica e Turismo, e Sonia Cabode-vila, técnica de desenvol-vemento local e emprego, reuníronse con investiga-dores do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo da Universidade de Vigo, nunha primeira toma de contacto para bus-car unha colaboración de cara ao aproveitamento de montes comunais para des-tinalos a proxectos sostibles e ecolóxicos. O obxectivo é pois “potenciar o noso, pero para iso precisamos o apoio de especialistas en xestión sostible”, declarou Carballo. Esta reunión, na que esti-

veron Emma Covelo, inves-tigadora da área de eda-

foloxía, e Nuria Pedrol, experta en agricultura eco-

lóxica, ademais de dous es-tudantes que están prepa-rando a súa tese, vén tras o interese mostrado polo ente universitario para asesorar ás persoas que queiran im-plantar proxectos sostibles nas parcelas de uso comu-nal, tal e como establece a ordenanza de aproveita-mento de montes comunais non clasificados, que ten pendente de aprobación o goberno local. Buscando a interacción de usos, os proxectos que se poden implantar poderán ser sociais, económicos, ambientais e turísticos. E nese sentido, este grupo de investigadores visitarán as

parcelas para ver in situ o tipo de solo e plantación, e demais características para identificar o tipo de proxec-to que sería máis viable nos diversos espazos. Esta ordenanza pretende ser pois un instrumento le-gal para darlle cobertura aos usos e aproveitamentos dos montes comunais e aco-ller iniciativas que avoguen polo desenvolvemento sos-tible, a autonomía alimen-taria e o aproveitamento da superficie forestal. Tal e como salientou hoxe Silvia Carballo “o que buscamos é relacionar os mercados eco-lóxicos coas rutas e o medio ambiente, e crear sinerxías”.

Comeza a substitución de luminarias led na Avenida de Marín

os servizos de electricidade do Concello de Bueu veñen de comezar as obras de re-novación e substitución de luminarias LED na Avenida de Marín de Bueu. O execu-tivo local quere seguir apos-tando polo aforro enerxético e impulsa a segunda fase co cambio de 55 luminarias: de-zaseis na Avenida de Marín e trinta e nove na rúa Pazos Fontenla. Ademais, tamén se están limpando e pintando os báculos de branco, para lograr unha mellora, tanto estética como na calidade dos servizos de iluminación. Esta fase, que supón un inves-timento de aproximadamen-te 16.000 euros, completa as renovacións xa realizadas na

recta de Agrelo e Portomaior, mediante as cales se traba-lla na consecución dun duplo obxectivo: mellora no servi-zo de iluminación dos viais e espazos públicos, e aforro económico e eficiencia ener-xética. Todo iso redundará, tal e como salientan desde o goberno local, nunha redu-ción do gasto, xa que “a reno-vación das 66 luminarias de Agrelo supuxo un aforro eco-nómico de aproximadamente 8000 euros”.Ao longo deste ano e dos se-guintes, o compromiso do go-berno é seguir implantando novas fases para a renova-ción completa e integral do sistema de iluminación pú-blico.

A Corporación de Bueu aproba unha moción sobre a retirada do anteproxecto de lei de Acuicultura de Galicia

O pleno da corporación de Bueu, presentou unha mo-ción conxunta dos catro grupos municipais (BNG, PSOE, SON e PP) para ins-tar á Xunta de Galicia á re-tirada do Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Gali-cia. A proposta, tratada pola vía da urxencia, foi adopta-da despois de que se recibi-sen no rexistro do Concello dous escritos da Cooperativa Mexiloneira de Bueu SOCO-MEBU e da Asociación Eco-lóxica Anduxía. A moción explica a impor-tancia que ten o sector do mar de Galicia na economía local e o significado e alcance tras unha futura aprobación desta lei, “que favorecería ás grandes multinacionais en detrimento dos pequenos”. Por iso, o pleno acordou ins-tar á Consellería do Mar á retirada do Anteproxecto, ademais de que se teña en conta ao sector do mar nas futuras decisións referidas á regularización e xestión dos recursos marítimos por par-

te dos órganos autorizados.O pleno tamén aprobou, cos votos a favor do BNG, en contra de PP e PSOE e a abs-tención de SON, o inicio do expediente de irmandamen-to entre Bueu e o concello asturiano de Ribadesella. O concelleiro de Relacións Ins-titucionais, Fidel Castro, foi o encargado de dar lectura á proposta que se manifes-ta “na característica de que os dous municipios son cos-teiros e teñen o turismo e a pesca como motores princi-pais do seu desenvolvemen-to”, apunta a proposta, que conta coa predisposición do goberno riosellano, quen xa aprobou na sesión plenaria do 25 de novembro do 2015 iniciar o proceso de irman-damento, e que se completou cunha visita da alcaldesa Rosario Fernández a Bueu a comezos de decembro.O alcalde Félix Juncal re-saltou que é esta “unha experiencia pioneira para Bueu, e con ela colleremos experiencia e compartiremos

mesas de traballo para bus-car sinerxias”. E é que prin-cipalmente, o irmandamento vai permitir que Bueu tome exemplo de Ribadesella no ámbito do turismo sostible e que este ensine ao seu homó-nimo a importancia do sector pesqueiro, con máis traxec-toria na vila buenense.O outro punto de interese foi a aprobación por unanimi-dade da moción presentada polo grupo municipal SON relativa á humanización do río Bispo e que consiste na formalización por escrito da cesión do uso dos terreos pri-vados polos que pasa a senda fluvial, cuxa primeira fase de limpeza e acondiciona-mento acometeu o Concello no pasado ano. Basicamen-te, este trámite consiste en que o Concello vai pedir aos propietarios que asinen un papel en como se ceden os dereitos de uso, xa que en palabras de Julio Villanue-va, voceiro de SON, “inves-tíronse cartos públicos neses terreos”.

Aprobación do inicio do expediente de irmandamento entre Bueu e Ribadesella, e a moción sobre a humanización da senda do río Bispo

Page 7: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

// Febreiro 2016 // 7| Cotobade |

Ethel Vázquez destaca que a Xunta investirá preto de 100.000 euros na mellora de seguridade da estrada entre San Xurxo e CarballedoNesta xuntanza, a conselleira e o alcalde tamén trataron as melloras a executar na estrada PO-234, que une Cotobade e Ponte Caldelas, a través de Augasantas

Ethel Vázquez destaca que a Xunta investirá preto de 100.000 euros na mellora de seguridade da estrada PO-232, entre San Xurxo e Car-balledo, en Cotobade. O Go-berno galego prevé realizar proximamente a licitación destas actuacións.A conselleira de Infraestru-turas e Vivenda, xunto co de-legado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde de Cotobade, Jor-ge Cubela, para abordar as distintas actuacións que se están a impulsar para favo-

recer a accesibilidade e in-crementar a seguridade via-ria neste municipio.Nesta reunión, a conselleira e o alcalde tamén trataron as melloras a executar na estrada PO-234, que une Co-tobade e Ponte Caldelas, a través de Augasantas. Neste sentido, Vázquez explicou que é preciso definir e priori-zar os treitos nos que é nece-sario actuar.Por outra parte, o Executivo autonómico vén de rematar recentemente as obras de renovación da travesía de Carballedo, outro proxecto de interese para os veciños

de Cotobade. O departamen-to que dirixe Ethel Vázquez realizou unha achega econó-mica de case 83.000 euros nestes traballos que consis-tiron na execución de novas beirarrúas ao longo de preto de 800 metros da estrada.A titular de Infraestruturas indicou que estas accións ta-mén serviron para mellorar o deseño de interseccións e construír pasos peonís ou ac-cesos a garaxes.A conselleira concretou que estas obras redundarán en maiores servizos e na me-llora da calidade de vida dos 4.300 veciños de Cotobade.

Cotobade impulsará a tradición do petote como produto singular do cocido GalegoO Concello de Cotobade vai promover a cultura e tradi-ción do petote como produto singular do Cocido de En-troido no marco da cociña galega co gallo da sétima edición desta festa gastronó-mica, que terá lugar o vin-deiro domingo 21 de febreiro no pavillón de Carballedo cunha multitudinaria comi-da popular como eixo central do completo programa de ac-tividades.O Concello xa ten aberta a adquisición dos convites para a comida popular, que terá un prezo de15 euros para os adultos e que incluirá cocido comple-to con petote, café e postre e, como novidade desta edi-ción, unha botella de viño e auga cada catro comensais . Tamén haberá un menú in-fantil, para menores de seis anos, a un prezo de 5 euros. As persoas interesadas en asistir ao ágape, programa-do para as 14.30 horas, po-derán mercar os convites, ata o venres 19 de febreiro, en once puntos de venda: Bar Conchi, Bodegón Dios, Casa Perdiz, A de Tucho, A Vosa Taberna, Casa Blanco e Café A Chan, todos eles no municipio de Cotobade; e

Cervexería Donegal´s (Pon-tevedra), Ernesto Filgueira (Pontevedra), Restaurante 501 (Ponte Caldelas) e O Brasileiro (A Lama)De xeito paralelo á comida popular, e para aqueles que prefiran degustar o petote en familia ou con amigos, tamén se acordou estender a festa a algúns establecemen-tos colaboradores do muni-cipio. Así, os restaurantes A Raxadal e Casa Inés servi-rán o menú do petote, previa reserva, nos seus propios lo-cais.Programa de actividadesO programa de actividades da VII Festa do Petote, na que colabora a Deputación de Pontevedra, arrancará ás 12.00 horas coa apertura do recinto no pavillón de Carba-lledo, no que haberá incha-bles para nenos, postos de venda de produtos galegos e un espazo de comida vexeta-riana e vegana de “A Tenda da Gata”. O evento comezará con música da man do grupo “Foula”.Xa ás 13.00 horas haberá un showcooking de postres caseiros impartido por “A Tenda da Gata”. Tras esta exhibición gastronómica da-rase paso á distribución dos

petotes, a cargo da firma Ca-tering Senín, para comezar a comida popular sobre as 14.30 horas. Durante os postres procederase ao sor-teo dunha cesta de produtos galegos e o fin de festa vol-verá a estar protagonizado pola música con charanga “Charandonga”. Cabe sina-lar que a organización terá disposto un servizo de bar para atender aos asistentes. Finalmente, e co obxectivo de gañar difusión e asisten-cia a unha festa que en anos anteriores mobilizou a unhas 300 persoas, vaise realizar unha presentación pública do evento a vindeira sema-na en Pontevedra e creouse un perfil oficial da Festa do Petote en Facebook (www.facebook.com/festadopetote) para informar en tempo real de todas as novidades. En apenas uns días, esta páxina xa superou os 350 siareiros.*Que é o petote? Pequeno bolo de fariña, millo e algo de centeo amasado na auga do caldo e cocido nese propio elemento, servíndose des-pois como acompañamento do cocido, especialmente da cacheira que ten prato pro-pio, acompañada de patacas e chourizo

Medio ambiente investirá preto de 1,2 millóns de euros para acometer melloras de saneamento en CotobadeA conselleira de Medio Ambiente e Ordena-ción do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Jorge Cubela, reuníronse para tratar este asunto

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá en Co-tobade preto de 1,2 millóns de euros, con cargo a fondos europeos, co obxectivo de mellorar o saneamento do núcleo de Tenorio.A titular deste departa-mento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde de localida-de, Jorge Cubela, reuníronse para abordar este asunto,

así como tamén trataron ou-tros temas de interese para o concello.Segundo acordaron, a Admi-nistración autonómica e a lo-cal asinarán un convenio de colaboración para acometer esta actuación, que tamén redundara nunha mellora do saneamento na Ría de Pon-tevedra.O obxectivo marcado é licitar os traballos este mesmo ano.

Page 8: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

8 // Febreiro 2016 // | Ponte Caldelas |

Un técnico da Deputación supervisará o proceso final de selección dos 14 novos traballadores do concello de Ponte CaldelasOs candidatos proveñen da Oficina de Emprego e serán sometidos a unha proba de evaluación técnica sin que haxa ningún tipo de inxerencia do Concello

Un técnico da Deputación Provincial supervisará o proceso final de selección dos 14 novos traballadores do Concello de Ponte Cal-delas, dentro do Plan de Emprego provincial como xeito de garantir a igual-dade de oportunidades e transparencia. Será un to-tal de 7 albaneis, 6 peóns de desbroce e 1 conductor con capacitación suficiente para manexar a maquinaria municipal, incluida a nova varredoira que procerá a mercar en breve o Concello de Ponte Caldelas.Os 14 novos operarios esta-rán contratados entre o mes de marzo de outubro deste ano e percibirán un salario sensiblemente superior ao que lles ofrecía o anterior

plan da Deputación de Pon-tevedra que fixaba en algo máis de 400 euros os seus emolumentos. Agora, coa axuda da nova administra-ción provincial poderanse contratar por un salario neto preto dos 800 euros mensuais.A selección de persoal rea-lizarase en base a uns cri-terios establecidos pola Deputación de Pontevedra seguindo os principios da igualdade de oportunidade e a transparencia para ga-rantir que calquera persoa que cumprira os requisitos poidera optar sin perxuizos ao proceso selectivo e onde o Concello de Ponte Caldelas manterase por completo ao marxe para evitar calquera inxerencia.

Os candidatos para desem-peñar estas funcións debe-rán ser persoas en situación de desemprego que veñen remitidos desde a Oficina de Emprego (tal e como de-terminan as bases definidas pola Diputación e están pu-blicadas no BOP). A relación de aspirantes, os seus no-mes e puntuación nas dis-tintas probas de selección, será feita pública en todo momento a través do tabo-leiro de anuncios situado na planta baixa do Consistorio e a páxina web do Concello (www.pontecaldelas.org).Os candidatos serán some-tidos a varias probas prácti-cas relacionadas co posto a desempeñar e que son pre-viamente coñecidas polos aspirantes. Para o persoal de limpeza esixiráselle o manexo de rozadora e es-cobón, mentres que no caso dos destinados a cubrir un posto na brigada de repa-ración e mantemento de in-fraestructuras municipais terán que construír unha arqueta a catro alturas, sen romper ningún ladrillo, a escuadra e a nivel. Tamén deberán demostrar a súa pericia á hora de empaque-tar unha peza de fontanería nun tempo máximo de dous minutos.O Plan de Emprego da Dipu-tación é a única posibilidade que ten o Concello de Ponte Caldelas de poder contratar

persoal xa que as restricti-vas normativas aprobadas polo Goberno Central, den-tro das novas directrices para a estabilidade presu-puestaria fan imposible ou-tra forma de ofertar postos de traballos por parte desta administración local.O alcalde, Andrés Díaz, des-tacou o esforzo que realiza a Deputación neste capítu-lo non só pola oportunida-de laboral que ofrece aos contratados en situación de desemprego senón tamén pola operatividade da que dota aos concellos pequenos para poder acometer un bo número de obras de limpe-za, acondicionamiento, re-paración e mantemento de infraestructuras municipais que, doutra forma non se poderían afrontar ante o li-mitado persoal de operarios municipais existente.“Deste xeito, sinalou Andrés Díaz, poderemos dar respos-ta a moitas das peticións que nos están facendo os veciños nas distintas xuntanzas que realizamos nos 32 núcleos de poboación ao tempo que tamén daremos resposta a un dos nosos compromisos coa cidadanía como é a loita contra o desemprego. Con-seguimos que a nova Depu-

tación contratara ao persoal por un periodo de 35 horas semanais o que permite que os traballadores pasen de cobrar algo máis de 400 euros, que percibían co plan anterior do Partido Popu-lar, a un salario aceptable que se achega ao 800 euros netos”, sinalou a alcalde de Ponte Caldelas.Finalmente Andrés Díaz recordou que o Concello de Ponte Caldelas acaba de aprobar uns orzamentos que prevén incrementar o volu-me investidor con respecto ao ano pasado, subindo de 193.000 a 389.000 euros este apartado. Así, tamén habe-rá un plan de reposición de pavimento e muros de con-tención, cun orzamento que superará os 100.000 euros e tamén un incremento do 20% destinado a compra de material “para atender pe-quenas obras e reparacións reclamadas nas asembleas veciñais, dun xeito público e aberto, onde todo o mun-do pudo opinar e ver o que se pedía e non, como antes, que se arranxaba en privado dun xeito caciquil, a porta pechada entre o alcalde e o veciño nunha clara práctica máis próxima á compra de favores que a unha xestión democrática. Precisamente estes operarios serán os en-cargados de efectuar estas obras que reclaman os veci-ños”, indicou o alcalde.

Cobrarán preto de 800 euros netos entre marzo

e outubro deste ano

Page 9: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

// Febreiro 2016 // 9| Ponte Caldelas |

O pleno aprobou coa maioría dos grupos de goberno uns orzamentos municipais de 3.750.000 eurosA rebaixa de 8.000 euros do salario do alcalde e a eliminación de dietas e quilometraxe permitirá unha me-llora económica para os operarios municipais e a creación da Unidade de Información Cidadá con atención personalizada aos veciñosO equipo de goberno for-mado polo PSdeG-PSOE, AVP e BNG aprobaron co seu voto maioritario os or-zamentos municipais para o 2016, que alcanzan un to-tal de 3.750.00 euros, e que foron cualificados como “os de maior contido social da historia recente do Concello de Ponte Caldelas”. Estas contas, onde se conxelan as taxas e impostos, e se reti-ra a do uso do pavillón de deportes, prevén deixar por debaixo dos 700.000 euros a débeda do Concello na senda por acadar o déficit cero ao final da presente lexislatu-ra. Os cinco edís do Partido Popular expresaron o seu rexeitamento ás contas no Pleno da Corporación.O alcalde Andrés Díaz, que se referiu a estes orzamen-tos como “os do cambio e pro-greso do noso pobo” explicou ante un público que ocupou por completo os asientos do salón de plenos que os or-zamentos foran elaborados tendo en conta as necesida-des das veciñas e veciños do municipio recollidas nas dis-tintas xuntanzas celebradas para escoitar os problemas que padecen os cidadáns que residen nos 32 núcleos de po-bación do concello.Estes orzamentos, os primei-ros elaborados íntegramente polo goberno tripartito, in-crementan o volume inves-tidor con respecto ao ano pasado, subindo de 193.000 a 389.000 euros este apar-tado. Así, haberá un plan de reposición de pavimento e muros de contención, cun orzamento que superará os 100.000 euros e tamén un incremento 20% destinado a compra de material “para atender pequenas obras e re-paracións reclamadas nestas xuntanzas dun xeito público e aberto onde todo o mundo pudo opinar e ver o que se pedía e non, como antes, que se arranxaba en privado dun xeito caciquil, a porta pecha-da entre o alcalde e o veciño nunha clara práctica máis

próxima á compra de favores que a unha xestión democrá-tica”, indicou Andrés Díaz.Tamén se acometerán mello-ras que favorezan a eficien-cia enerxética para baixar considerablemente o gasto por consumo eléctrico no alu-meado público, arranxos en parques públicos, incorpo-ración dun número reducido de vivendas da Reigosa que quedaron fóra do sistema ac-tual de alcantarillado, con-tratación de 14 persoas den-tro dos Plans de Emprego da Deputación e outras 5 a tra-vés da Xunta polo Risga.

A ampliacion de orzamen-tos para emerxencia social e axuda no fogar, eixo prin-cipal da nova politica do go-berno tripartito

Andrés Díaz foi desgranando as cifras do orzamento ata chegar ao apartado social, eixo fundamental da nova política do goberno triparti-to. As novas contas munici-pais destinarán un 25% máis ao apartado de emerxencia social subindo a cifra ata os 20.000 euros e o capítulo re-ferido ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) estará do-tado con 40.000 euros o que suporá un aumento do 33% máis que o exercizo pasado debido á gran demanda de-tectada polas responsables dos Servizos Sociais do Con-cello de Ponte Caldelas. Ao Consorcio Galega de Igual-dade e Benestar o Concello aumentará un 100% a súa contribución.Tamén se prevé o incremen-to dun 67% da partida desti-nada a realización de cursos de capacitación e formación co fin de favorecer a inser-ción laboral das persoas que se atopen en situación de desemprego. Contempla ta-mén un aumento do 110% na colaboración económica coa Asociación de Empresarios Coempo, pasando de 9.000 a 20.000 euros a axuda que o Concello destinará a dinami-zar a actividade hostaleira e

comercial do municipio.

Ponte Caldelas como desti-no turístico san, ecolóxico e natural

Por outra banda, o orzamen-to reforza o capítulo desti-nado a cultura e promoción turística de Ponte Caldelas que xirarán, básicamente, en torno a un plan cultural novidoso que terá como eixo a descentralización da ac-tividade cultural no maior número de lugares posibles do municipio “e non só no centro da vila como se viña facendo. Queremos dinami-zar os centros culturais que están pechados cun ambi-cioso proxecto que precisará da colaboración cidadá e da implicación dos veciños e das veciñas para que redunde no seu beneficio”, aclarou Díaz.En canto á promoción de Ponte Caldelas como destino turístico, o alcalde referiuse á partida orientada á crea-ción do primeiro sendeiro azul ligado á primeira praia fluvial de España co distin-tivo europeo de Bandeira Azul así como a unha serie de circuítos de sendeirismo entrelazados que terán como punto de partida a propia praia fluvial ou o Balneario. Para iso levarán a cabo labo-res de limpeza e sinalización dos carreiros así como unha adecuada promoción.Ademáis, o equipo de gober-no anunciou que queda aber-ta unha partida destinada ao ximnasio e comedor do colexio da Reigosa que está pendente da decisión que neste sentido tomen os res-

ponsables da Consellería de Educación para concretar o nivel de implicación e com-promiso orzamentario do que deberá facer uso o propio Concello de Ponte Caldelas.

Apoio aos centros educati-vos e á Festa da Troita no seu 50 aniversario

Outro capítulo importante é o destinado ao apoio das Asociacións de Nais e Pais (ANPAs) do municipio que verán incrementado nun 66% a asignación que os or-zamentos van a destinar para actividades que orga-nicen ao longo deste ano 2016. Tamén se habilitará unha partida destinada a equipamentos en centros socioculturais así como un plan cultural ambicioso que dinamizarán as zonas rurais do municipio e darán unha nova visión ás festas tradi-cionais así como á Festa da Troita que este ano acada o seu 50 aniversario que será celebrado dun xeito especial desde o Concello de Ponte Caldelas ao tratarse dunha festa de interese turístico e culinario de fama e trascen-dencia internacional.

Creación dunha unidade de información cidadá

A transparencia e o trato per-sonalizado do veciño é unha prioridade que toma forma a través da reformulación da Relación de Postos de Tra-ballo (RPT) que permitirá a creación da Unidad de Infor-mación Cidadá e unha nova redistribución das oficinas

municipais cun lugar axeita-do para que calquera veciño poda ser atendido dun xeito persoal e confidencial.Esta modificación da RPT contou coa abstención do PPdeG e afrontarase orza-mentariamente coa rebaixa de 8.000 euros do salario do alcalde, máis 4.000 euros da súa Seguridade Social, a eliminación das dietas e qui-lometraxes e o aforro resul-tante da xubilación do apa-rellador municipal.

Unha xestión máis eficien-te que permite aforro eco-nómico

O alcalde tamén defendeu os orzamentos nos que se apli-ca unha política de eficiencia na prestación de servizos e onde se contempla o aforro de 3.500 euros en combus-tible, 6.350 en telefonía e uns 1.500 euros en seguros . Tamén se prevé realizar unha auditoría eléctrica para determinar una políti-ca de eficiencia enerxética e a eliminación de consumos inxustificados.Finalmente, Andrés Díaz sinalou que estes eran os “orzamentos do cambio polí-tico, da transparencia e da esperanza dun pobo que por fin empeza a abrir os ollos. Son uns orzamentos coa maior carga social da histo-ria, o maior investimento e a maior atención aos veciños e veciñas posto que primeiro foron escoitados ante de que elaboráramos este documen-to contable. Son, en definiti-va, os orzamentos do cambio e do progreso do noso pobo”.

Page 10: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

10 // Febreiro 2016 // | Ponte Caldelas |

Andrés Díaz pide á Consellería de Sanidade que se amplíe o horario de atención pediátricaO alcalde de Ponte Caldelas, An-drés Díaz, solicítalle á Conse-llería de Sanidade que amplíe o horario de atención pediátrica no centro de saúde da vila, que ac-tualmente estase prestando de xeito insuficiente de 8:30 a 11 da mañá, tal e como denuncian nais e pais de nenos e nenas de Pon-te Caldelas que ven como, unha vez superado este tramo horario, teñen que levar aos seus fillos a Pontevedra.Andrés Díaz solicitou por escri-to unha entrevista co xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, José Manuel Gonzá-lez Álvarez, co fin de poder ana-lizar en profundidade este tema e tamén outras queixas que os usuarios do centro de saúde de Ponte Caldelas lle trasladaron ao alcalde e que o rexedor ten pen-sado poñer en coñecemento das autoridades autonómicas respon-sables do servizo.Ademáis, Andrés Díaz interesa-rase polo protocolo que seguirá a Consellería de Sanidade con

respecto a atención sanitaria de urxencias en Ponte Caldelas e máis concretamente lle pregun-tará polo servizo de ambulancia xa que hai tempo que se contaba cunha unidade estacionada per-manentemente nas inmediacións do centro de saúde para atender non só a este municipio senón a outros do seu entorno e que agora non está operativa.Díaz considera que é imprescin-dible ter un bo servizo de saúde público que poida garantir que as persoas que residen no rural teñan os mesmos dereitos que os que viven en grandes urbes. Asemade defende que “si desde a administración se queren impul-sar políticas que fomenten a na-talidade e a fixación de poboación no ámbito rural hai que acampa-ñalas dos medios necesarios para elo polo que ofrecer un horario tan curso de pediatría e recurtar medios de intervención sanita-rios, desde logo, non parece que axuden a avanzar nese camiño”, concluiu Andrés Díaz.

Membros do Grupo de Goberno do concello de Ponte Caldelas e representantes de global DXT inician contactos para organizar a III ruta de bici de montaña BTTROITA

O alcalde de Ponte Caldelas asiste en Rebordelo á bendición do pan de San BraisO alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, asistiu en Rebordelo á bendición do pan de San Brais e á procesión que tivo lugar ao redor da Capela da Saú-de á que asistiron un gran número de feligreses que conversaron co rexedor unha vez rematados os actos relixio-sos.O bo tempo, aínda que había un aire frío, acompañou ás persoas que se de-ron cita nas inmediacións da Capela da Saúde, en Rebordelo, para honrar a San Brais. Unha vez rematados os actos relixiosos os feligreses mercaron os bolos de pan, previamente bendeci-dos durante o oficio relixioso. Segundo a tradición, ese pan de San Brais dé-bese comer polas persoas que padezan da gorxa porque os librarán dos ma-

les que os aqueixan e, os que non os sufran, deberán tomalo de xeito pre-ventivo para evitar calquera problema futuro.Tamén aseguran os feligreses que mer-caban cada bolo ao prezo de un euro que é un pan especial xa que unha vez que é bendecido aguanta sin corrom-perse durante todo un ano polo que, aseguran, demostras os poderes mi-ragreiros e a intercesión de San Brais neste alimento básico para o corpo, “e tamén do espírito”.Andrés Díaz, ao rematar os oficios re-lixiosos, aproveitou a súa estancia en Rebordelo para conversar cos veciños e atender algunhas demandas e suxes-tións que lle foron plantexando das ca-les tomou boa nota.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, membros do equipo de goberno e responsables da empresa de xes-tión deportiva Global DxT mantive-

ron unha reunión no Consistorio co fin de iniciar os preparativos da III Ruta de Bici de Montaña BTTROITA que terá lugar o domingo 8 de maio

e que servirá de acontecemento de-portivo que abra as celebracións do 50 Aniversario da Festa da Troita.A intención do alcalde, Andrés Díaz, é seguir apostando pola celebración de probas deportivas de participa-ción popular en Ponte Caldelas e axudar a consolidar esta proba non competitiva dentro do calendario dos amantes da bicicleta de mon-taña que teñen neste municipio un lugar extraordinario para a prácti-ca deste deporte en contacto directo coa natureza.Os organizadores pretenden adap-tar o circuíto ás suxestións realiza-das polos participantes na pasada edición para o que se levará a cabo labores de limpeza e acondiciona-mento de pistas, sinalización e le-vantamento topográfico dos tramos polos que discorrerá a terceira edi-ción da BTTROITA, etc.A organización pretende que nesta

edición, do mesmo xeito que sucedeu nas anteriores, se habiliten zona de duchas, lavado de bicicletas, avitua-llamentos sólido/líquido e zona de aparcadoiro.A celebración desta proba persegue fomentar o uso e disfrute da bici-cleta de montaña e, do mesmo xei-to que o pasado ano, estará aberta a todos os afeccionados á mesma. A intención tanto do Concello de Ponte Caldelas como da organización é que se poida gozar das marabillosas pa-raxes que ofrece a contorna natural do municipio de Ponte Caldelas, nun ambiente deportivo e de compañei-rismo.Esta proba deportiva enmárcase dentro das actividades de promo-ción e disfrute da popular Festa da Troita que este ano chega ás súas vodas de ouro e terá lugar na fin de semana do 28 e 29 de maio en Ponte Caldelas.

Page 11: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

// Febreiro 2016 // 11| Ponte Caldelas |

O Grupo de Goberno de Ponte Caldelas convocará asembleas en Xustans, a Reigosa, Baltar e Taboadelo para informar “con total transparencia” sobre a miniplanta de reciclaxe da Canicouva“Pese a que o proxecto é infinitamente menor ao que pretendía Louzán, non aceptaremos o uso dos viais de titularidade municipal para o paso de camións a esta microplanta”, segundo Andrés DíazO grupo de goberno de Ponte Caldelas convocará asembleas veciñais infor-mativas nos lugares de A Reigosa, Xustáns, Baltar e Taboadelo, así como en to-dos aqueles lugares onde se lle solicite, para explicar pormenorizadamente as implicacións que terá para o municipio a implantación da microplanta de recicla-xe na parroquia ponteve-dresa da Canicouva. Estas reunións produciránse no prazo máis breve posible, unha vez que o alcalde, An-drés Díaz, e varios mem-bros do equipo de goberno, se reúnan co vicepresidente

da Deputación Provincial, César Mosquera, para reca-bar toda a información per-tinente ao respecto.Andrés Díaz reiterou que o seu compromiso e o dos membros do equipo de go-berno “é actuar neste, como en tódolos temas, con total transparencia e tendo en conta a opinión dos veciños. Na nosa xestión demostra-mos que imos da man dos ci-dadáns e temos a intención clara de transmitir a máxi-ma información posible da que dispoñamos sobre este, e outros temas, en tempo real para que todo o mun-do estea enterado e poda

opinar de aí que convoque-mos, de inmediato, esas asembleas nos principais lugares que precisan recibir esa información como son A Reigosa, Baltar, Xustáns e Taboadelo, aínda que tamén as faremos en todos e cada un dos lugares que no-las soliciten. O que saibamos nós saberanno tamén os noso veciños porque esa é o noso xeito de gobernar e así se fará sempre”.Pese a que a microplanta de reciclaxe estará instala-da na Canicouva, no termo municipal de Pontevedra sobre o que non ten compe-tencia algunha o Concello

de Ponte Caldelas, o alcal-de Andrés Díaz manifestou que “pese a que o proxecto é infinitamente menor ao que pretendía Louzán, non aceptaremos o uso dos viais de titularidade municipal para o paso de camións a esta microplanta”.Andrés Díaz lembrou que o novo proxecto que está a levar adiante a Deputación bipartita nada ten que ver co orixinal proxectado por Rafael Louzán. “Aquelo era un macrobasureiro para 20 concellos, sin separación de impropios, un auténtico vertedoiro, un estercoleiro, algo intolerable. Agora, des-

pois da visita aos procesos de reciclaxe que se están levando en outros lugares do estado, como Navarra, a aposta é unha microplanta con capacidade para entre 3 e 6 toneladas de orgánicos procedentes dos compostei-ros comunitarios e indivi-duais que se están poñen-do en marcha nos distintos concellos da provincia onde hai participación cidadá e onde se respectan as me-didas medioambientais dimanadas das directivas europeas, sin tratamento de impropios e sin unha inci-neradora como pretendía o Partido Popular”.

Díaz ve nas palabras de Tourís a “crónica dunha cacicada anunciada” en referencia á estrada po-234 entre Laxoso e AugasantasO alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz ve nas palabras de Cores Tourís “a crónica dunha cacicada anunciada” en referencia á estrada PO-234 entre Laxoso e Auga-santas e “a búsqueda dunha xustificación para arranxar o vial no termo municipal de Cotobade, o que ten menos perigosidade e onde goberna o PP, e como xeito de casti-gar aos veciños de Ponte Caldelas por ter mudado de goberno en 40 anos”, asegu-rou o rexidor.Andrés Díaz manifestou o seu desexo de non convertir nunha liorta política unha cuestión de interese xeral para os cidadáns, como é a mellora da estrada PO-234, polo que trasladará a infor-mación e as medidas a tomar colectivamente polos veciños e Concello de Ponte Caldelas a unha próxima asemblea na Casa do Pobo de Laxoso para analizar en profundidade “un grave problema de segu-ridade vial que pon en serio risco, diariamente, a vida

das persoas e sobre o que está a actuar con total irres-ponsabilidade o goberno da Xunta”, indicou o alcalde.Segundo Andrés Díaz, “este é o tipo de manifestacións previas que acostuma a fa-cer o PP cando quere facer unha cacicada: Marea-la perdiz para dilatar no tempo unha solución que é incues-tionable, como a mellora da PO-234, e así o demostrao feito de que esta actuación fora un compromiso elec-toral do anterior alcalde, Perfecto Rodríguez, quen chegou a escenificalo mediá-ticamente facéndose unha foto co seu homólogo, Jorge Cubela, no límite municipal entre Ponte Caldelas e Coto-bade. Agora están a enredar coa cesión dos terreos cando saben que poden dispoñer deles tan pronto como llelos soliciten aos veciños. O que pasa é que queren arranxar o tramo de Cotobade, o que menos perigosidade e gasto representa, para castigar aos veciños de Ponte Calde-

las por ter mudado de gober-no”.Díaz asegura que esta estra-texia de dilación da Xunta para favorecer aos concellos gobernados polo PP enmár-case dentro da campaña de acoso e derribo á que é so-metido o Concello de Ponte Caldelas con inspeccións “por terra, mar e aire que non se viron en décadas e que teñen sobrecargados aos funcionarios en presen-tar todo tipo de papeleo que está entorpecendo o normal desenrolo da actividade mu-nicipal. Nestes seis meses de goberno tripartito tivemos inspeccións de todo tipo que non se recordan polos funcio-narios máis antigos en déca-das. Entroulles a presa ago-ra á Xunta por inspeccionar a este Concello cando non o fixo en anos? Non é normal e as casualidades en política non existen”, dixo o alcalde.Finalmente, salientou que “os veciños de Ponte Calde-las non son tontos nin ig-norantes e saben que este

alcalde e os membros do go-berno tripartito teñen a von-tade clara de gobernar para todos, con transparencia e sin ocultismos e teranos in-formados puntualmente de todo o que suceda e non to-mará ningunha decisión sin telos escoitado previamente, como facemos sempre e con todo. Este é un novo xeito de gobernar e de facer polí-tica e manterse no enfron-tamento permanente e na sabotaxe a un pobo que de-cide libremente vaille pasar unha grave factura electo-ral nas autonómicas como lle paso xa nas xerais onde o PP perdeu máis de 700 vo-tos, unha das porcentaxes de caída máis altas de toda Galicia. Nós, como dixemos no Pleno, si o PP local axuda a que se arranxe a estrada PO-234 terá non só o noso recoñecemento senón tamén o noso aplauso, pero si se fai cómplice desta cacicada da Xunta será o pobo soberano quen o xulgue”, concluíu An-drés Díaz.

Concursos de carteis, fotografía e redacción para

o cincoenta aniversario da

“Festa da Troita”O Concello de Ponte Calde-las convoca o XV Concurso de Carteis e o XV Concurso de Fotografía.Polo que respecta ao XV Concurso de Carteis estará dotado cun premio único de 400 euros para o gañador do certame que ten como obxecto seleccionar o motivo anunciador da L Festa da Troita de Ponte Caldelas e a el poderán concorrer artis-tas e deseñadores nacionais e internacionais. Este cartel servirá de base de todo o traballo de promoción e di-vulgación da imaxe que lu-cirá a presente edición deste evento que goza do distinti-vo de Festa de Interese Tu-rístico de Galicia.Manterase aberto o prazo ata o 31 de marzo de 2016 ás 14 horas. Os veciños e veciñas de Ponte Caldelas poderan vo-tar por aquela que mais lle guste.

Page 12: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

12 // Febreiro 2016 // | A Lama |

Os alumnos do colexio da Lama realizan un desfile de entroido para reivindicar a defensa do EcosistemaOs alumnos do colexio de educación infantil e primaria da Lama realizaron un desfi-le de Entroido cun carácter especialmente reivindicativo da defensa do ecosistema con pancartas alusivas ao rexei-tamento ás especies inva-soras e respecto pola flora e fauna autóctonas.Os escolares, acompaña-dos polos seus profesores e o director do centro, Rafael Sánchez-Agostiño, iniciaron o desfile no colexio e foron trazando un percorrido en redonde polo centro da vila, pasando por diante do Con-sistorio. O Concello da Lama colaborou co evento a través da repartición de caramelos entre todos os nenos e nenas participantes.Entre as pancartas exhibi-das durante o desfile carna-

valesco multicolor protagoni-zado polos escolares podían lerse lemas como: ?Non mar e na terra coida ou ecosiste-ma?, ?Botade aos invasores aos colectores?, ?Eucaliptos, velutinas son especies in-vasivas? e ?Pesticidas non. Grazas?.Ao paso da comitiva carna-valera-estudantil o públi-co asistente, no que había moitos pais dos alumnos que desfilaban, aplaudían a orixinalidade dos disfra-ces así como o colorido que acompañou aos participan-tes do desfile durante todo o seu percorrido.

O concello da Lama solicita a inclusión de seis actuacións no municipio dentro do plan Móvese da Diputacion

O Concello da Lama solici-to o pasado mes de xanei-ro a inclusión de diversas vías provinciais dentro do Plan Móvese da Diptuación de Pontevedra. Estas peti-cións trasladadas ao ente provincial polo alcalde Jor-ge Canda son consecuencia das realizadas polos veci-ños en diversos lugares do municipio co fin de mello-rar a seguridade viaria.Entre as actuacións solici-tadas polo alcalde figuran o pintado da estrada PO-0301 A Lama-Verdugo que serve de viario principal de acceso ao centro penal da Lama. Tamén se solicitou a colocación de bandas de freado en Laxedo-Covelo para evitar o paso de vehí-

culos a gran velocidade que poñen en perigo aos peóns e a outros automóbiles que se incorporan á calzada.Outra das intervencións requiridas á Deputación de Pontevedra é a colocación de bandas de freado en Ou Peso, á altura do quilóme-tro 2 da estrada entre Pon-che Verdugo e Cambeses-Barcia. Esta solución que reduce a velocidade dos vehículos tamén se solicita para o quilómetro 4 da es-trada Ermidas-Pigarzos.Finalmente, o alcalde Jor-ge Canda trasladou á De-putación a solicitude do ensanche e renovación do firme do último quilómetro da estrada Ou Peso-Caroi cuxo informe de valoración

consta xa no ente provin-cial posto que foi elaborado durante a xestión do ante-rior equipo de goberno do mesmo xeito que o ensan-che e firme do últimos ca-tro quilómetros da estrada Cambeses-Barcia que se atopa en situación de avan-zado deterioración.Con estas obras incluídas no Plan Móvete da Depu-tación o Concello da Lama pretende dar solución a graves problemas de segu-ridade viaria que padecen estas estradas de titulari-dade provincial e que pre-cisan dunha intervención que garanta a súa conser-vación ou que acheguen unha mellora á súa situa-ción actual.

As peticións feitas polo alcalde Jorge Canda son consecuen-cia das realizadas polos veciños en diversos lugares do muni-cipio para mellorar a seguridade viaria

O pleno do concello da lama aproba a súa integración nun consorcio de protección civil con outros catro concellos máisO Pleno da Corporación Mu-nicipal da Lama aprobou, cos votos a favor do PPdeG e Cidadáns e a abstención do PSdeG-PSOE por non chegarlle a documentación co tempo suficiente para analizala, a inclusión do Concello nunha encomenda de xestión de laprestación mancomunada dos servizos de emerxencia e protección civil xunto aos municipios de Mondariz, Fornelos de Montes, Mondariz-Balnea-rio e Covelo.Segundo explicou o alcalde, Jorge Canda, a nova unida-de de protección civil terá unha sede en Mondariz e outra na Lama e atenderán as situacións de emerxencia que poidan producirse nos cinco municipios que forman parte de leste encomenda de xestión. En principio, estes efectivos contarán cun or-zamento inicial duns 5.000

euros achegados polos Con-cellos en función do número de habitantes e un automó-bil cedido pola Xunta para estes labores.O portavoz socialista, En-rique Vaqueiro, quen se queixou de non recibir con tempo suficiente a documen-tación para poder estudar a conveniencia ou non de adherirse a este convenio, mantivo a súa abstención e motivouna tamén argumen-tando que sería natural que a creación dunha unidade de protección civil como a que se expuña debería contar coa inclusión do veciño mu-nicipio de Ponte Caldelas ?co que non unen moitas cousas, desde o punto de vista xeo-gráfico, socieconómico e de recursos educativos como o instituto, etc.?.Ante esta formulación, o alcalde Jorge Canda acla-roulle ao portavoz socialis-

ta que Ponte Caldelas, tras non renovar o convenio que mantiña con Protección Ci-vil para este municipio, A Lama e Fornelos de Montes, ?declinara a posiblidad de participar nesta encomenda de xestión e preferira explo-rar outros acordos co conce-llo de Soutomaior. Será me-llor que lle pregunte ao seu compañeiro de partido por que non quere estar aquí. A nós propúxonolo o Concello de Mondariz e unha vez que Ponte Caldelas escolleu ou-tro camiño, ante a posibili-dade de quedar sen un servi-zo importante para os nosos veciños optamos por adhe-rirnos a esta proposta que permitirá ter unha base de Protección Civil na Lama?, explicou Jorge Canda.A sesión plenaria aprobou tamén, aínda que esta vez por unanimidade, a orde-nanza municipal reguladora

das axudas para o fomento da natalidade e do empa-droamento que permitirá o abono de 500 anuais, por un máximo de dous anos, por cada bebé que naza e estea empadroado no municipio. Os beneficiarios desta axu-da terá que xustificar, me-diante facturas, o uso dado á subvención recibida que de-berá ser destinada para uso específico do recentemente nado.Neste punto no que todos os grupos foron coincidentes, o concelleiro de Cidadáns, Andrés Cal e o portavoz do PSdeG-PSOE, Enrique Va-queiro, coincidiron en sina-lar que lles gustase máis a ordenanza se introducise elementos correctores que impedisen que as persoas con grandes rendas póidan-se acoller a estas axudas.Tamén se aprobou por una-nimidade a ordenanza mu-

nicipal sobre transparencia e acceso á información públi-ca que permitirá ao cidadán ter unha mellor información sobre os procedementos de contratación, actividades do Concello, patrimonio dos seus concelleiros, así como todo tipo de xestión orza-mentaria a través da sede electrónica da páxina web do Concello da Lama.Finalmente, e a petición do concelleiro de Cidadáns, An-drés Cal, aprobouse por una-nimidade a creación dunha comisión permanente para o seguimento do cumprimento dos acordos plenarios apro-bados que se reunirá con pe-riodicidade bimensual, unha hora antes da celebración de cada Pleno, coa intención de ir comprobando o grao de cumprimento das mocións e das decisións tomadas por maioría na Corporación Mu-nicipal.

Page 13: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

// Febreiro 2016 // 13| Mondariz |

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o concello de Mondariz analizan as necesidades do centro de díaO director-xerente do ente e Xoán Carlos Bugarín estudaron tamén a posibilidade de que o concello se adhira ao programa Xantar na Casa

O director-xerente do Con-sorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Per-fecto Rodríguez, analizou co alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Bugarín, as necesida-des do centro de día da locali-dade, así como a posibilidade de que o concello se adhira ao plan Xantar na Casa.A reunión tivo lugar na Dele-gación Territorial da Xunta en Pontevedra en presenza do delegado territorial, José Manuel Cores Tourís.Durante o encontro, o alcalde de Mondariz trasladou aos responsables autonómicos a necesidade de execución de varias obras de mellora no centro de día da localidade que presenta algúns danos causados pola humidade, tal e como recolle o informe rea-lizado polo técnico municipal e que foi entregado ao direc-tor-xerente do Consorcio.Perfecto Rodríguez trasla-

doulle a Xoán Carlos Bu-garín que este documento será remitido a Unidade de Obras a súa avaliación por parte dos técnicos de cara a comprobar as deficiencias e poder realizar un orzamen-to. “O noso obxectivo é poder executar as obras de mellora durante a época estival”, ex-plicou o responsable do ente autonómico. Por outra banda, Rodríguez aproveitou para animar ao rexedor de Mondariz de cara a que o seu municipio se ad-hira ao Programa Xantar na Casa. Este programa ten como finalidade poder aten-der as necesidades alimen-tarias das persoas que, por algún tipo de dependencia, vense obligados a perma-necer nas súas casas. Deste xeito, ponse a disposición das mesmas a comida sobre rodas, un recurso que am-plía o servizo de axuda do-

miciliaria e permite garantír un control dietético axeita-do adaptado as necesidades e ao estado nutricional das persoas usuarias. Na ac-tualidade, estase a ofrecer este servizo a máis de 1.300 usuarios en toda Galicia, dos cales, 273 pertencen á pro-

vincia de Pontevedra. Ademais en Pontevedra o Consorcio conta tamén con 13 centros de día e fogares residenciais, con un total de 508 prazas para usuarios e dependentes, e existen 44 es-colas infantís Galiñas Azuis dependentes do Consorcio

Galego de Servizos, o que supón unha oferta de 2.480 prazas. A maiores, conta con cinco oficinas de inclusión social, o que permite dar co-bertura as diferentes comar-cas, situándose así en Marín, Lalín, Porriño, Vilagarcía e Baiona.

BNG e PP, en contra da creación dun posto de traballo no Concello de MondarizO goberno local de Alternativa por Mondariz (AporM) e PSOE, vén de amosar a súa sorpresa polo feito de que, no Pleno ce-lebrado hoxe, Partido Popular e BNG votasen en contra de cubrir legalmente como funcio-nario unha praza vacante de operario de recollida de lixo e a modificación parcial de fun-cións a operario de servizos múltiples.Segundo o goberno, non deixa de ser sorprendente que PP e BNG voten en contra dun acor-do que “foi aprobado por todas as forzas sindicais e pola propia Mesa de Negociación o pasado 20 de xaneiro”Se xa é estraño o voto de popu-lares e nacionalistas, non o é menos a adoptada por Monda-riz Somos Todos ( MsT ), que logo de ter feito unha exposición “defendendo a antedita funcio-narizacion, chegada a hora da

votación, optou por absterse “.O Goberno local lamenta non só o feito, grave de por si, que “a oposición sitúese en contra, ou se absteña que para o caso é o mesmo, da creación dun posto de traballo nun concello que ten un alto índice de paro” se non que deixen clara a súa postura “ de bloqueo ao Goberno local, antepoñendo os seus intereses partidistas ao ben común dos mondaricenses, que debería ser o seu primeiro obxectivo”.En todo caso, o Goberno local amosou a súa intención de se-guir traballando na liña “non só de creación de emprego para o Concello”, senón tamén no que faga referencia “a dignificación e mellora das condicións de tra-ballo do persoal municipal” que é, segundo o goberno de AporM e PSOE, “unha das priorida-des deste Goberno dende a súa toma de posesión”

O Concello de Mondariz contratará a dezasete persoas en situación de

desempregoO Concello de Mondariz contratará, ao longo deste ano 2016, un total de 17 persoas do municipio, en situación de desemprego, para o desenvolvemento de diferentes tarefas den-tro do organigrama or-ganizativo municipal. As contratacións prodúcense ao abeiro das axudas esta-blecidas, para este fin, pola Deputación de Pontevedra que fará unha achega de 104.307,35 €.A diferencia doutros conce-llos que preferiron contra-tar a máis persoas a cambio de facelo por menos tempo, Mondariz optou por facer menos contratacións pero a xornada completa e con contratos de seis meses. Segundo explicaba o al-calde Xoán Carlos Montes Bugarín, este sistema “e

máis beneficioso tanto para o Concello, que pode apro-veitar mellor o traballo das persoas contratadas, como para estas que teñen ga-rantido un posto de traba-llo e, polo tanto, un salario durante medio ano”.Neste mes de febreiro pro-cederase á contratación de 2 peóns de construción e 3 peóns forestais. Os códi-gos para que todas as per-soas interesadas nestas prazas poidan incluílos na súa demanda de empre-go son o 96.02.10.13 para os peóns de construción e 95.43.10.28 para os peóns forestais. Estes primeiros cinco contratos terán unha duración de febreiro a xu-llo.De abril ata setembro, con-trataranse outras 5 per-soas para o posto de peón

forestal e 1 para axuda no fogar; de xullo a decembro, serán 2 prazas de peón de construción e 3 prazas de peón forestal e, por último, de xuño a setembro, contra-tarase 1 praza de auxiliar de Policía Local. Esta será a única praza cun contrato de 4 meses e é a primeira vez que se solicita, a través do Plan de Emprego, este posto de Auxiliar de Policía Local.As prazas están específi-camente dirixidas a per-soas desempregadas, que estean inscritas no Servizo Público de Emprego de Ga-licia como demandantes de emprego e que, amais, non sexan perceptoras de pres-tacións, aínda que si poden estar recibindo prestacións sociais como o RISGA, RAI, PREPARA, etc

Page 14: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

14 // Febreiro 2016 // | Salvaterra / Arbo |

A carreira ‘10QFastRace’, entre as Neves e Salvaterra, dará a coñecer o entorno do río Miño e a súa natureza”“Temos un entorno maravi-lloso co río Miño, a súa natu-reza… A carreira ‘10QFas-tRace’ é unha oportunidade de valorizar a través da ca-rreira e da andaina todo o noso patrimonio natural”, expresou a primeira Tenen-te de Alcade de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, na presentación da 10QFas-tRace As Neves-Salvaterra que se celebrará o domingo 21 de febreiro para a que xa están inscritos máis de 300 atletas. Valcárcel aludiu a éxito da primeria edición na que houbo máis de 1.000 corre-dores “e a xente quedou moi contenta”. A idea de que se-xan os 10 quilómetros máis rápidos Por outra parte, “en Salvaterra temos dous clu-bes de Atletismo” engadiu. Ademais, “hai xente non só

de Salvaterra senón de Por-tugal e de concellos limítro-fes que veñen habitualmen-te a correr ó parque de A Canuda porque é un lugar que se presta para isto”. Para Valcárcel valorizar dos concellos limítrofes como son As Neves e Salvaterra a través dunha carreira como a 10QFastaRace facilita “dar a coñecer o noso entor-no”. Pola súa parte, Xosé Ro-dríguez Méndez, alcalde da Neves, asegurou que “incor-porar As Neves a un evento destas características era case necesario. É unha ma-neira de entender o desfrute do tempo de lecer e do depor-te”. Para Rodríguez Méndez conseguir que sexán os 10 quilómetros máis rápidos é un obxectivo que hai que lo-grar. O acto foi presentado

por Javier Fernández Do-mínguez membro do clube de atletismo A Canuda e da asociación do mesmo nome. O evento está patrocinado pola banca Mediolanum e Seguros Bilbao. O Banco de Alimentos vai recibir a doa-zón de dos participantes en alimentos non perecedoiros. Na presentación acudiron

os campións masculino e fe-menino do ano pasado, Da-vid Bargiela Araújo e Iria Fernández Fontela xunto co presidente do Centro Cultural de O Casal. David confirmou que é “un circuíto moi rápido” e Iría destacou que consiste “nun percorri-do con atractivo como é o río ou o país veciño de Portu-

gal”. Para os que lles gusta ca-miñar, ademais celebrarase unnha andaina en paralelo duns 15 quilómetros con pa-rada en lugares de interese. Máis información: http://emesports.es/event/10-q-fast-race-as-neves-salvate-rra-de-mino-e-andaina-do-rio/

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar estuda o traslado do PAI e dun centro sociocomunitario co concello de Arbo O director-xerente do ente e Horacio Gil analizaron a posible firma dun convenio para o acondicionamento do novo inmoble que vai comprar o municipio

O director-xerente do Con-sorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Per-fecto Rodríguez, analizou co alcalde de Arbo, Horacio Gil, o futuro traslado do PAI e do centro sociocomunitario do municipio a un novo empla-zamento.A reunión tivo lugar na Dele-gación Territorial da Xunta

en Pontevedra en presenza do delegado territorial, José Manuel Cores Tourís.Durante o encontro, o al-calde de Arbo trasladou aos responsables autonómicos a intención do concello de ad-quirir un edificio con soto, planta baixa e primeiro an-dar, que queren destinar a centro sociocomunitario

para as persoas maiores e Punto de Atención á Infan-cia (PAI).Con este obxectivo, nestes intres, o municipio está a ne-gociar a compra do inmoble coa entidade bancaria pro-pietaria do mesmo. O alcalde trasladou o interese do con-cello de firmar un convenio co Consorcio Galego de Ser-

vizos de Igualdade e Benes-tar de cara a poder sufragar o acondicionamento da in-fraestrutura co obxectivo de trasladar, en primeiro lugar, o PAI e posteriormente desti-nar o resto do inmoble a cen-tro sociocomunitario para os maiores de Arbo.Deste xeito, na reunión acordouse que o rexedor dea

traslado á Consellería de Po-lítica Social dunha memoria valorada na que se aporte o custo deste acondicionamen-to de cara a estudar as posi-bles vías de financiamento do mesmo.Na actualidade, na provincia de Pontevedra existen 44 es-colas infantís Galiñas Azuis dependentes do Consorcio Galego de Servizos, o que supón unha oferta de 2.480 prazas. Ademais, tamén hai 13 centros de día e fogares residenciais, con un total de 508 prazas para usuarios e dependentes.Por outra banda, a provincia conta tamén con cinco ofici-nas de inclusión social, o que permite dar cobertura as di-ferentes comarcas, situándo-se así en Marín, Lalín, Porri-ño, Vilagarcía e Baiona.Finalmente, o Consorcio ta-mén conta co programa Xan-tar na Casa no que se atopan adheridos 27 concellos e un total de 273 usuarios.

Page 15: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

// Febreiro 2016 // 15| Redondela / Soutomaior |

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio Ló-pez-Chaves, xunto ao alcalde de Redondela, Javier Bas, vi-sitou esta mañá os 12 alum-nos e alumnas da especiali-dade de albanelería-cantería que, no marco do Obradoiro de Emprego ´Redondela Eco-sostible´, están a beneficiarse deste programa mixto de for-mación e emprego para per-soas desempregadas concedi-do pola Xunta ao Concello de Redondela.O Obradoiro de Emprego ´Redondela Ecosostible´ co-mezou no mes de agosto no Pazo Pousadouro e ofrece for-mación e emprego durante 6 meses a un total de 20 alum-nos e alumnas en dúas espe-cialidades: agricultura ecoló-xica e albanelería-cantería.Esta mañá, delegado e alcal-de comprobaron de primeira

man o traballo feito na es-pecialidade de albanelería-cantería na parroquia de Cedeira. O monitor da es-pecialidade, Juan Vázquez,

explicoulles o labor que se levou a cabo durante os últi-mos meses e que a actuación se atopa nestes momentos sobre o 85% da execución. Na visita tamén estivo presente a concelleira de Urbanismo, Benestar Social, Desenvol-vemento Local e Servizos Sociais, María del Carmen Amoedo, quen explicou que o

obxectivo do proxecto é a res-tauración da antiga escola de Cedeira, antigamente en ruínas, e que, unha vez recu-perada, está previsto que se

destine a uso social dos veci-ños e veciñas da zona.López-Chaves gabou o traba-llo feito no atrio da igrexa de Cedeira ademais de sinalar a “enorme preocupación” que para a Xunta de Galicia ten a xeración de emprego. “Ver esta formación e o resultado amosa que é un orzamento moi ben investimento”, con-

siderou.Xunta e Concello fan posible este programa mixto cun or-zamento total de 230.000 eu-ros sendo a subvención eco-nómica da Administración autonómica dun 77,3%, é dicir, máis de 178.000 euros. A achega municipal é así de 51.000 euros. Esta iniciativa abre un importante espazo de colaboración administra-tiva no marco da aposta da Xunta de Galicia pola efi-ciencia e optimización dos recursos.Este Obradoiro de Empre-go alterna así a formación co traballo ou a práctica profesional en dúas espe-cialidades que redundarán positivamente nos partici-pantes. Deste xeito pretén-dese unha dobre vertente: que as persoas desemprega-das consigan aprendizaxe,

cualificación e adquisición de experiencia profesional. Ademais, perciben o salario mínimo interprofesional toda vez que reciben formación para que logren una reinser-ción laboral posterior.A outra especialidade: Agri-cultura EcolóxicaNo marco do OOEE ´Redon-dela Sostible´, na outra espe-cialidade de Agricultura Eco-lóxica se forman 8 alumnos que, entre outras accións, realizan traballos de explo-tación agrícola de produtos de horta de base ecolóxica no Pazo Pousadouro. Mentres, noutras fincas (na antiga es-cola de Saxamonde, na finca Pexegueiro, nos Eidos e na Coutada) realizan labores de froiticultura que consis-ten na preparación do terreo, plantación de frutais, labores de poda e inxerto.

López-Chaves visita os 12 alumnos e alumnas do OOEE de Redondela que reciben formación en albanelería-cantería

Soutomaior aprobará o seu PXOMO Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, anunciou durante unha reunión cos representantes dos grupos políticos que forman a corpo-ración municipal a próxima aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal no pleno extraordinario que se celebrará a próxima semana. O edil explicou durante a reunión que ?despois de es-perar durante máis de dous anos o informe favorable de patrimonio, este chegou e por fin poderase aprobar o plan antes da entrada en vi-gor da nova lei do chan. Xa que de non ser así, teriamos que comezar de novo desde cero, ocasionando un grave prexuízo aos veciños e ás arcas municipais?, afirmou Reguera.Esta aprobación provisional, xa houbo unha inicial, é o úl-timo paso que corresponde ao pleno municipal para que o documento salga adiante. A definitiva outórgaa a Xun-ta. Explica o alcalde Regue-ra que ?os primeiros pasos deste plan déronse en 2004, co primeiro estudo e as pri-meiras consultas para reci-bir suxestións por parte dos

veciños. Pero as sucesivas modificacións na lei do chan, que restrinxían en gran me-dida ampliar os núcleos ru-rais, fundamentais en Souto-maior; o Plan de Ordenación do Litoral e as Directrices de Ordenación do Só, atrasaron todo o proceso ata poder con-tar cun marco xurídico esta-ble?E é que a aprobación dun Plan Xeral de Ordenación Municipal é ?un proceso moi longo e complexo?, explicou o rexedor local, que informou que durante as diversas fa-ses buscouse a colaboración de todos os organismos e asociacións directa ou indi-rectamente afectadas para conseguir o máximo consen-so posible. ?Antes da apro-bación inicial, en novembro de 2014, solicitáronse 42 informes a diversos órganos da Xunta de Galicia, a con-cellos limítrofes, sindicatos, Asociacións Rurais e Cultu-rais, ademais de varios gru-pos ecoloxistas e de diversa índole?, afirmou o edil.A este paso seguiu o prazo de exposición pública, un proceso que a lei esixe que teña un mínimo de dous me-

ses de duración, ?pero nós decidimos amplialo a tres meses para que todos os ve-ciños tivesen tempo suficien-te para informarse?, afirmou Reguera, que lembrou que durante ese tempo os téc-nicos municipais estiveron dispoñibles para resolver as dúbidas dos veciños e axu-darlles a presentar alega-cións e comprender todos os cambios que implica o novo plan. ?Ademais realizáron-se dúas exposicións públicas en Arcade e Soutomaior nas que o equipo redactor expli-caba pormenorizadamente todos os cambios realizados, as súas causas e as melloras que leva a nova ordenación?, engadiu Reguera.AlegaciónsDurante a reunión, o alcalde destacóel gran traballo do equipo redactor e dos téc-nicos municipais durante todo o proceso de exposición e elaboración, integrando as suxestións presentadas po-los veciños, sempre en com-patibilidade coa lexislación vixente e o modelo de muni-cipio. En total presentáronse 527 alegacións procedentes de 338 veciños, resolvéndose

favorablemente o 53% delas. Con todo, Reguera afirmou que ?o número de alega-cións é moi inferior ao dou-tros municipios, e máis da metade foron aceptadas. Iso dá mostra do gran traballo que fixeron os nosos técni-cos aconsellando aos veciños e explicándolles ao detalle como lles influía é plan?.Proxección ata 2027O horizonte de validez des-te plan está marcado no ano 2027, cando as previsións outorgan a Soutomaior unha poboación aproximada de 9758 habitantes. Neste sen-tido, e en consonancia co constante aumento poboacio-nal do municipio, o PXOM contempla a ampliación de diversas zonas residenciais, de servizos e de recreo.Segundo as estimacións do IGE, o número de vivendas construídas no municipio hoxe en día ascende aproxi-madamente a 3600, mentres que a capacidade residencial da novo PXOM estímase en 4757, un 32% máis das ac-tualmente construídas.Con respecto ás zonas ver-des, o novo plan contempla unha ampliación de case o

20% con respecto á super-ficie total dispoñible na ac-tualidade. Coa entrada da novo PXOM, pasaranse dos 150.000 metros cadrados a 183.000, unha cifra máis que suficiente se se observa que os informes da Xunta de Ga-licia marcan como necesaria unha superficie de 142.000 metros cadrados para a po-boación estimada en 2027.Neste sentido, o plan tamén contempla a creación de va-rias zonas de protección pai-saxística, como a enseada de San Simón, o Castelo de Sou-tomaior, o monte da Peneda ou o ?antigo vertedoiro?. A zona industrial é de 80.000 metros cadrados e mantense na zona que actualmente fi-gura nas normas subsidia-rias actuais, pero articúlase de mellor maneira para que poida ser desenvolvido.Por último, as zonas de equi-pamento e servizos tamén verán aumentada a súa su-perficie para adaptarse o crecemento do municipio. O novo plan inclúe un aumento de 28.000 metros cadrados , pasando dos 149.000 actuais aos 177.000 que se necesita-rán segundo as previsións.

Page 16: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

16 // Febreiro 2016 // | Porriño |

Preto de 1.000 vivendas do Porriño poden conectarse xa á rede xeral do saneamento

O concello do Porriño aumenta a súa dotación para o Festival de CansA alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o director do Festival de Cans, Alfonso Pato, mantiveron unha xun-tanza para definir a colaboración do Concello co fa-moso festival audiovisual que, cada ano, fai da parroquia de Cans o destino de milleiros de persoas, recibe a destacados artistas e o atrae o seguimen-to de incontábeis medios de comunicación.Eva García de la Torre adian-tou que a apOrtación munici-pal ao festival aumentará nun 20% en relación coa edición de 2015, pasando de 15.000 a 18.000€. Ademais, a Concelle-ría de Cultura,da que a propia alcaldesa é titular, coordinará co festival a organización de

distintas actividades que xi-rarán arredor de Cans e terán como escenario todo o Porriño as datas anteriores ao inicio do festival.Alfonso Pato, pola súa banda, estivo dacordo en que a vila rinda unha homenaxe aos ve-ciños da parroquia de Cans, que son os verdadeiros prota-gonistas e quenes fan posible que o festival siga existindo e medrando. Todos os porriñeses se identi-fican con eles, recoñecendo a súa contribución, o seu traba-llo a prol do talento, da imaxi-nación e da cultura e por con-querir que o festival sexa un dos sinais de identidade, de xeito que todos os meses de maio Porriño é Cans.

O GOBERNO LOCAL, ASOMBRADO POLAS MA-NIFESTACIÓNS DO CON-CELLEIRO DE EU-SON

Por outra banda, o goberno local amosa a súa sorpresa polas declaracións públicas do grupo municipal de EU-Son nas que rexeita a contratación dun técnico para a área de cultu-ra, vencella este feito a que se preste máis atención a políti-cas sociais por parte do Con-cello e critica o que cualifica como ‘estancamento’ na xes-tión realizada nas mesmas.A sorpresa é aínda maior ao lembrar que, no Pleno da Corporación do pasado 28 de

outubro, o grupo municipal de EU-Son impediu co seu voto que 1,3 millóns de euros do superávit das contas munici-pais se adicasen á realización de proxectos urxentes, nece-sarios e longamente deman-dados polos veciños de varias parroquias do Porriño.O plantexamento de EU-Son chega a causar estupor polo feito de que unha organiza-ción política que se define como de esquerdas, esqueza o

feito de que o eido da cultura é un dos máis prexudicados pola crise e as políticas pos-teriores dos gobernos estatal e galego. Basten como datos o recorte, en preto dun 75%, das axudas públicas ás activida-des culturais ou o incremento do IVE, do 8 ao 21%, facendo que España se sitúase á ca-beza da Unión Europea, du-plicando a mesma taxa de Francia e triplicando a de Ale-maña.

Un total de 960 vivendas do Porriño poden engancharse xa a rede xeral de saneamen-to logo do remate das obras que abrangue o proxecto de Accións Prioritarias acome-tidas polo Concello. Como se comprometeran a alcaldesa, Eva García de la Torre, o concelleiro de Vías e Obras e primeiro tenente de Alcalde, Manuel Carrera, as melloras estaban rematadas a princi-pios deste ano e, logo de que se efectuase a súa recepción municipal e por parte do Consorcio do Louro- como se fixo no Comité Directivo do pasado día 1,xa e posible realizar ás conexión á mes-ma. Veciños de Chenlo, Mosende, Pontellas, Torneiros, Cans ou a bisbarra de Carracido, xa poden enganchar as súas vivendas á rede xeral. Para elo teñen que ter rematado

os trámites diante co Con-sorcio do Louro e, no caso de non telos feitos, dirixirse ás oficinas que este organismo ten no Porriño. Manuel Carrera subliña que trátase “dunha obra de vital importancia para os porriñe-ses” coa que se incrementa “de xeito moi notable” a por-centaxe de familias do con-cello que poden conectar coa rede xeral do saneamento, “tal e como se compromete-ra o goberno local dende que empezara a súa xestión hai algo máis de 6 meses”. O primeiro tenente de alcal-de subliña que o orzamento total deste proxecto superou os 3 millóns de euros, unha inversión posible logo do acordo entre o Concello do Porriño e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Manuel Carrera quere pe-dir desculpas aos veciños polos prexuízos e molestias que tiveron que sufrir du-rante o tempo que tardaron en rematar estas melloras, agradece a súa comprensión e lembra que este é “un paso moi importante e definitivo para o saneamento integral de todo o concello antes de que remate este mandato”.

A aposta por un Porriño limpo empeza a facerse realidade co cambio de colectores

“O prioritario é, como co-mentou a alcaldesa en varias ocasións, regularizar o servi-zo de limpeza e de recollida do lixo no concello”. Orlando Márquez, concelleiro de Lim-peza, Parques e Xardíns e Tráfico, sinala este como un dos principais obxectivos do departamento que dirixe e que, indica, “é esencial para garantir un servizo de limpe-za municipal efectivo”. O goberno local, indica Már-quez, quere “facer un traba-llo integral no que ten que ver coa limpeza e a recollida de residuos”. Isto pasa polo tratamento dos residuos só-lidos urbáns, con colectores de recollida de papel, vidro e compostaxe, ademais da aprobación de execcións en taxas municipais e, como aprobou o Pleno do Concello, aplicar a modificicación da Ordenanza Fiscal do Lixo, que recolle novas taxas para as familias, o comercio e as

industrias radicadas no Po-rriño, “unha parte moi im-portante é que, por primeira vez, se aplicará a exención no pago do recibo do lixo a familias en situación de ne-cesidade”. Esta mesma semana, sinala o concelleiro, xa se rempra-zaron os colectores de papel, e xa se colocaron 35 novos, de cor azul e carga lateral, no casco urbán. Nas vindei-ras semanas, se iniciará o “cambio dos vellos contedo-res do lixo orgánico,de tapa superior, en todas as parro-quias”, serán máis de cen, o que permitirá dar o paso que a instalación de illas de re-ciclaxe con colectores de pa-pel, vidro e residuos sólidos. Ademais, a aqueles empra-zamentos nos que non sexa posible colocar recipientes de carga lateral, chegará un camión para garantir a reco-llida do lixo. O proxecto dun ‘Porriño lim-po’ pasa, tamén, comenta o concelleiro, “pola colabora-ción de todos” e, neste senti-do, está en estudo a coloca-ción de papeleiras en todo o municipio, unha campaña de información sobre o Punto Limpo e a mellora no man-temento de camiños e beira-rrúas. O goberno local tamén in-

cluirá nos orzamentos do ano que ven a humanización de Torneiros, cunha “actuación integral, que axude a crear contornas amábeis, con máis zonas verdes”. O proxecto abranguera a instalación, en todas as parroquias e no centro, de mobiliario urbán, ademais de papeleiras, “ban-cos, iluminación e novas si-nais”. Polo que se refire ao trá-fico, Márquez sinala como actuacións urxentes a deli-mitación e sinalización dos aparcamentos reservados a persoas con mobilidade re-ducida, que empezarán a ser “pintados e delimitados cunha nova sinalización, vertical e horizontal”, tal e como acordaron a alcaldesa e o presidente de COGAMI, unha actuación que seguirá polos pasos de peóns, sobre todo nas parroquias, que en moitos casos xas non son vi-sibles e que é necesario vol-ver a sinalar, mesmo que as liñas de beirarrúas, desvíos e cruzamentos. Nas semanas pasadas, enga-de Orlando Mázquez, púxose en marcha a mellora e recu-peración dos parques e xar-díns municipais. O primeiro paso xa está rematado: a poda das arbores en todo o concello.

Page 17: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

// Febreiro 2016 // 17| Porriño |

A Agrupación de Proteción Civil do Porriño, que aumentará a súa dotación este ano,realizou en 2015 preto de 1.500 intervenciónsOs membros da Agrupación de Protección Civil do Porri-ño interviron o ano pasado en preto de 1.500 ocasións nunha ampla variedade de actividades, emerxencias ou requerimentos dos veciños. A agrupación porriñesa, considerada unha das máis efectivas e mellor prepara-das de Galicia, esta forma-da por 22 voluntarios que, como subliña o primeiro tenente de alcalde, Manuel Carrera, “fan un traballo completamente altruista a prol dos porriñeses 24 horas ao día 365 días ao ano”.En 2015, os seus integran-tes, dirixidos por Jesús Gon-zález Pexegueiro, acudiron a 272 accidentes, de tráfico e laboráis, prestaron a súa colaboración ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, estiveron presentes en 31 incendios forestais, urbanos e industriais; foron requeridos para intervir en 32 asolagamentos en todo o concello; levaron a cabo a retirada de animais as 131 veces que foron alertados para elo; tiveron presenza, hasta en 615 ocasións, en competicións deportivas, en estrada, polo casco urbán ou nos pavillóns municipais ou atenderon a preto de 400 chamadas noutra variedade de casos nos que a súa axu-da foi precisa.Carrera subliña a “impor-tancia” do traballo da agru-

pación do Porriño que en 5 anos gañouse a confianza dos veciños que ven na súa laboura “unha garantía de atención en casos de emer-xencia”. O tenente de alcal-de agradece, expresamente, a implicación de Proteción Civil na loita conta a vespa asiática, “son os seus volun-tarios os que, ante a falla de resposta da administración autonómica ou da empre-sa Tragsa, os que retiraron un número incontabel de panais, maila a que non é

unha competencia municipal”.Por todos estos motivos, o goberno local “aumentará de xeito notabel” a dotación do convenio de co-laboración que ten asinado coa Agrupación de Proteción Civil do Porriño, que ata o ano pasado era de 30.000 € anuais. “A nosa aposta por estes homes e mulleres que fan unha laboura tan necesaria e, repito, completamente al-truista, é decidida e o noso

recoñecemento e gratitude, total”.Jesús González Pexeguei-ro, sinala que durante este 2016, en cumprimento da nova regulamentacion, se realizará a renovación da totalidade da uniformida-de, estarán completamente operativos tanto o hospital de campaña como os vehí-culos de apoio e seguirán as accións formativas dos vo-luntarios, a meirande parte das cales fanse na Academia Galega de Seguridade.

Ademáis, Proteción Civil fará fronte ao desafío que suporá a celebración no Po-rriño da fase final da Copa da Raíña de Balonmán, a metade de abril, aportan-do a súa experiencia na co-bertura de competicións e eventos deportivos, e des-enrolado o plan de actua-ción, xa rematado, para que a presenza no concello de milleiros de afeizoados, de-portistas e xornalistas, se desenrole con total norma-lidade.

Page 18: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

18 // Febreiro 2016 // | Ponteareas |

Ponteareas aproba “o PXOM de todos”O documento contou con 16 votos a favor, 3 abstencións e 1 voto en contra en medio dunha gran expectación13 anos máis tarde do inicio da súa elaboración, Pontea-reas xa ten Plan Xeral de Ordenación Municipal. O documento final presentado no pleno extraordinario do martes, 2 de febreiro, para a aprobación provisional do mesmo (aínda debe ser rati-ficado pola Xunta de Galicia nos vindeiros meses), contou con 16 votos a favor (BNG, PSdeG- PSOE e PP), 3 abs-tencións (ACiP e A Riada do Tea), e 1 voto en contra (EU-Son).Trátase dun Plan cuxa apro-

bación “era urxente, pois permitirá dotar de seguri-dade xurídica a miles de vi-vendas que levaban moitos anos fóra de ordenación , asemade, brindar legali-dade á situación irregular de diferentes empresas, co consecuente mantemento de moitos postos de traballo”, sinalou na sesión plenaria o alcalde ponteareán, Xosé Represas.O PXOM e a súa aprobación “foi unha obsesión para este goberno dende o pasado mes de xuño, pois eramos e so-

mos conscientes da súa enor-me relevancia”. Un goberno que, se ben non levou a cabo mudanzas de fondo, “si efec-tuou cambios importantes que melloraron o documento e que foron plenamente con-sensuados con todos os gru-pos da Corporación”.Represas salientou preci-samente “o consenso e a utilidade dun Plan que mo-dificará o rumbo en Pontea-reas durante os vindeiros 20 anos e que supón o primeiro paso para poñer en marcha a redacción dun Plan Par-

cial que posibilite a crea-ción dunha Área Industrial ambiciosa no Parque Em-presarial da Lomba”. O alto consenso permite e alta par-ticipación permiten asegu-rar “que se trata do PXOM de todos, pois houbo aportes de moitos grupos políticos, colectivos sociais e veciños”.O rexedor destacou tamén a relevancia desta aprobación polo “desbloqueo que vai su-por para moitos proxectos de absoluta prioridade no con-cello, como é por exemplo a nova Escola Infantil, para a

que o Plan prevé unha par-cela dotacional na rúa Tro-bador Xoán García de Gui-llade.Pola súa banda, a concelleira de Urbanismo, Chus Garro-te, presentou o Plan como un documento “enormemente necesario para Ponteareas, avalado polo informe xurí-dico que o acompaña, que os cidadáns merecen por levar demasiado tempo esperando que non é, en ningún caso, un texto dogmático, pois po-derá ser corrixido as veces que fagan falta”.

A Xunta comprométese a crear unha comisión de traballo para abordar o traspaso de competencia da Residencia de Maiores Santa AnaO encontro mantido co conselleiro de Política Social tamén permitiu confirmar o financiamento por parte da Administración Autonómica da construción da Escola Infantil unha vez estea aprobado definitivamente o PXOM

Xosé Represas, alcalde de Ponteareas, Verónica Ca-rrera, concelleira de Be-nestar Social e Igualdade, e Chus Garrote, primeira tenente de alcaldía, man-tiveron un encontro co con-selleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o xerente do Consorcio Ga-lego de Servizos de Igual-dade e Benestar, Perfecto Rodríguez.A xuntanza tivo lugar na tarde do pasado xoves, 4

de febreiro, e serviu para tratar, entre outras, dúas cuestións fundamentais para futuro próximo de Ponteareas. A primeira de-las ten que ver coa creación dunha comisión de traballo para abordar o traspaso da competencia da Residencia de Maiores Santa á Xunta de Galicia.A comisión estará formada por técnicos do Concello de Ponteareas, actual xestor da Residencia, e da propia

Xunta de Galicia, ademais dos correspondentes res-ponsables políticos, entre eles a edil ponteareá de Benestar Social, Verónica Carrera.Trátase “do primeiro paso para que Concello deixe de asumir unha competencia impropia, cos gastos que iso supón, despois de que durante moitos anos non se movera un dedo para tentar corrixir a situación”, asegurou Represas.

Compromiso coa Escola In-fantil Rey Varela tamén manifes-tou o compromiso da Con-sellería de Política Social no que se refire ao finan-ciamento da construción da nova Escola Infantil que se situará na rúa Trobador Xoán García de Guillade toda vez que o PXOM, apro-bado provisionalmente no pleno municipal o pasado martes 2 de febreiro, sexa ratificado pola propia Xun-

ta de Galicia.A aprobación definitiva permitirá poñer a parcela dotacional prevista para esta instalación á disposi-ción da Xunta de Galicia e avanzar na sinatura do convenio co Consorcio Gale-go de Servizos de Igualda-de e Benestar. Ponteareas conta “con case 900 nenos e nenas entre 0 e 3 anos, polo que a posta en marcha des-ta Escola Infantil é absolu-tamente primordial”.

Page 19: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

// Febreiro 2016 // 19| Ponteareas |

O Concello asina un convenio de colaboración coa Asociación Medrando á ParJosé Antonio Expósito, presi-dente da Asociación Medran-do á Par, asinou o venres, 29 de xaneiro, o convenio de colaboración co Concello de Ponteareas acompañado polo alcalde, Xosé Represas e pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera.Medrando á Par é una Aso-ciación sen ánimo de lucro que ten como obxectivo dar resposta ás necesidades que xorden na sociedade actual nos eidos social, educativo, familiar, ofrecendo distintos servizos destinados tanto a profesionais como á po-boación en xeral.Esta asociación está com-posta por un equipo multi disciplinar de profesionais con formación e experiencia no traballo de orientación, asesoramento e intervención educativa cuxo principal obxectivo é fomentar a com-petencia educativa de dife-rentes núcleos familiares en reunións de apoio nas que participan pais, nais, nenos e nenas.Grazas á sinatura deste acordo, todas aquelas fami-lias con nenos e nenas en-tre 0 e 3 anos ao seu cargo,

poderán participar en reu-nións quincenais, de xeito completamente gratuíto, nas que se abordarán cues-tións relativas á educación dos nenos e nenas, ofrecendo pautas para os problemas e as necesidades que teñan as familias, como, por exemplo, lograr que o neno e a nena durma só ou que supere os medos nocturnos, entre ou-tros. O lugar no que terán lugar estas sesións será a Escola Infantil Municipal, situada na rúa Escritor Do-mínguez Benavides, número 1. A través destes espazos ofrécese ás familias a po-sibilidade de intercambiar experiencias nas que os pe-quenos terán a posibilidade de socializarse con outros nenos das mesmas idades, participando en actividades didácticas. O vindeiro día 11 de febreiro terá lugar unha reunión informativa na Sala de Usos Múltiples do Audi-torio Municipal. O encontro dará comezo ás 17 horas e servirá para informar deta-lladamente do servizo a to-das as familias interesadas, así como os requisitos para formar parte do mesmo.

A recollida de residuos selectivos ascendeu a case 720.000 kg no 2015Ponteareas rexistrou en 2015 un incremento da reco-llida de residuos selectivos (papel, vidro e envases de plástico e metal) do 2,48% con respecto a 2014, chegan-do a acadar unha cifra total 719.940 quilogramos nesta categoría. Son datos facili-tados por FCC, a empresa concesionaria do servizo de recollida de residuos no Con-cello de Ponteareas.No informe que a compañía vén de facilitar ao goberno local tamén é posible com-probar outros datos de in-terese. Un deles ten que ver coa cifra de recollida do resto de residuos sólidos urbanos, depositados nos colectores tradicionais, e que ascende a 6.215.540 quilogramos, representando un descenso

do 3,46% se se compara coa cantidade rexistrada no ano 2014.300 toneladas xestionadas no Punto LimpoO Punto Limpo de Recicla-xe e Xestión de Residuos, situado na estrada de Gu-láns, s/n, quilómetro 1,5, rexistrou un total de 1.919 entradas, aumentando o nú-mero de usuarios deste ser-vizo nun 21% con respecto a 2014 e xestionando un total de 300 toneladas. Un 40% das entradas rexis-tradas proceden de veciños e veciñas do casco urbano, mentres que o 60% restan-te provén da veciñanza re-sidente nas diferentes pa-rroquias. Materiais como o pneumáticos, roupa, plásti-co, aceite de fritir ou entu-

llos supoñen case a metade da cantidade total rexistra-da, chegando ás 141 tonela-das.Outros servizosRespecto ao servizo de re-collida de mobles e trastes vellos, recadáronse 1.103 puntos (colchóns, madeiras, mobles, metálicos, etc.), dos cales o 51% foron sen aviso previo. Neste senso, a em-presa concesionaria salien-tar que é importante que os veciños saiban que existe unha liña de teléfono (986 64 03 07) para solicitar este tipo de recollidas, e así depo-sitar na rúa estes residuos, no día e horario que se lle indique, e garantindo que estes vertidos se recollen de forma controlada.Ao longo do ano tamén foi

precisa a elaboración de di-versos traballos de limpeza de beirarrúas, de pintadas en edificios e de vertedoiros incontrolados. O informe elaborado por FCC tamén especifica que os danos van-dálicos a colectores provoca-ron uns custos de reparación superiores aos 8.400 euros.Campaña de concienciación“Ponteareas máis limpa” foi unha campaña de concien-ciación posta en marcha no pasado mes de xullo de 2015 polo Concello de Ponteareas e FCC, que permitiu insta-lar un stand permanente na Praza Bugallal para infor-mar aos veciños e veciñas acerca da importancia de clasificar axeitadamente os residuos, así como tratar os residuos orgánicos do fogar,

a través do proceso da com-postaxe caseira.Esta campaña tamén permi-tiu enviar a todos os fogares do municipio información sobre os servizos que se prestan, ademais de sortear uns agasallos entre todos aqueles veciños que quixe-ron achegar ata alí o seu lixo clasificado. Represas asegu-ra que “seguirán desenvol-vendo iniciativas coma esta, pois grazas a elas vemos que a cantidade de residuos reciclados aumentan, me-llorando o medio ambiente e reducindo a factura que o Concello paga polo transpor-te de residuos innecesarios a SOGAMA. O obxectivo segue a ser o de chegar a reciclar o 40% dos residuos recuperables en 2019”.

A concellería de Ensino acondiciona unha sala de 160 metros cadrados para instalar o comedor no Bouza BreyO CEIP Fermín Bouza Brey conta, dende hai algunhas semanas, cunha sala habi-litada de 160 metros cadra-dos para poñer en marcha o servizo de comedor escolar neste centro de ensino. Os traballos para acondicionar esta zona consistiron no de-rrube dunha parede que se-paraba dúas antigas aulas de Educación Infantil para capacitar unha mesma es-tancia; a apertura dunha nova porta para esta zona; o establecemento das canles de fontanería para a cociña instalada nunha sala anexa á mencionada que tamén servía como aula de Educa-ción Infantil; a colocación de novas portas nos baños situados no corredor anexo á nova sala; así como a ins-talación dun novo teito de escaiola para a sala onde se situará o novo comedor.Todas estas actuacións “son responsabilidade da Conse-llería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pois a Xunta de Galicia é o único órgano competente en materia de ensino”. Aínda así, lembra Fernández que “dende o Concello asumi-mos a responsabilidade de

levalas a cabo, con persoal municipal, conscientes da imperiosa necesidade que ten este centro dun servizo de comedor, pois a carencia do mesmo impide que poi-da competir en igualdade de condicións con outros co-lexios do casco urbano”.O CEIP Fermín Bouza Brey conta este curso con 492 alumnos e alumnas, “pero leva anos perdendo alum-nado”. De feito, no curso 2011/2012, este centro con-taba con 620 nenos e nenas. Nese período, o CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera foi gañando alumnos ano tras ano e o CEIP Nosa Señora dos Remedios mantivo o seu número, polo que a explica-ción destas evolucións está directamente relacionada coa presenza de comedor nos dous últimos e a carencia do mesmo no primeiro”, asegu-ra Cristina Fernández.Dende o Concello “xa fixe-mos todo o que estaba na nosa man para que a posta en marcha do novo comedor sexa unha realidade, polo que neste momento a pelo-ta está no tellado da Xun-ta”. Arestora, só quedan por “instalar algúns elementos

da cociña, dos que tamén se fará cargo o Concello, para poder solicitar á inspección de Sanidade que dea o visto bo correspondente”. Unha vez obtido este permiso, “tra-ballaremos para que a Xunta axilice o máximo posible os trámites de cara a incluír o comedor do Bouza Brey na súa rede de comedores”.Dende o pasado mes de xu-llo, o consistorio levou a cabo outras actuacións destina-das a mellorar o estado das instalacións do CEIP Fermín Bouza Brey, como a repara-ción da cancela de entrada, o arranxo de dúas aulas de Educación Primaria (unha delas para unha nova aula de informática), o pintado de varias aulas, ou a instala-ción dun novo areeiro, entre outros.

Page 20: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

20 // Febreiro 2016 // | Tui |

Tui presenta unha variada programación para o primeiro semestre do anoFoi presentada a Programa-ción Cultural do primeiro se-mestre deste ano organizada polo Concello de Tui ao tra-vés da Concellería de Cultu-ra. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, foi o responsables desta presentación xunto ao director da AGADIC, Jacobo Sutil, a concelleira de Cultu-ra de Tui, María José Gonzá-lez, o vareador de Valença, José Monte, e o músico tu-dense, Samuel Diz. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, expuxo que esta Axenda Cultural será posi-blemente a última con este formato, avanzando o in-terese de realizala de xeito conxunto a Eurocidade re-flectindo así a programación dos dous municipios. Enri-que Cabaleiro manifestou que a cultura é un dos piares básicos de Tui, sendo tanto a programación coma as ins-talacións un referente neste ámbito a nivel galego.O director da AGADIC, a Axencia Galega das Indus-trias Culturais, sinalou na súa intervención que o Tea-tro Municipal de Tui ocupa o primeiro posto da Rede Gale-ga de Teatro e Auditorios na media de espectadores, con 280 persoas por función. Ao tempo lembrou que hai 13 anos que o Concello de Tui

forma parte desta platafor-ma de distribución de espec-táculos. O vareador de Cultura de Valença, José Monte, afir-mou que a Axenda Cultural “Corredoira” é tamén de Va-lença, lembrando coma no municipio se reparten 5 mil exemplares, ao que se suma o feito de que este ano a Cá-mara Municipal aporta un espectáculo, o concerto da Orquestra do Norte, a esta programación.A concelleira de Cultura de Tui, María José González, foi a responsable de explicar os datos desta programación. Por unha banda o Teatro Mu-nicipal de Tui acollerá dez es-pectáculos dos que sete che-gan a través da Rede Galega

de Teatros e Auditorios, dous son contratados directamen-te polo Concello de Tui e un pola Cámara de Valença. Música, maxia, teatro, moni-creques e cinema conforman esta oferta cultural dirixida tanto a público adulto coma infantil, cun orzamento de 24 mil euros dos que o 38% son aportados pola AGADIC. O músico tudense Samuel Diz ofrecerá o próximo ven-res 19 de febreiro un con-certo no Teatro Municipal para presentar o seu último traballo “Impresións e pai-saxes, como o primeiro libro de Lorca”. Hoxe na rolda de prensa avanzaba que este será un evento único creado polo equipo do Teatro, no que agarda ter a mesma acollida

que no recital que ofreceu en 2012 neste espazo. A músi-ca volverá ser protagonista o 12 de marzo coa Orquestra do Norte de Porto cun con-certo titulado “De Oriente a Occidente. Para públi-co infantil actuará o mago Cayetano Lledó con “Máxi-co Circus Cabaret”, Magín Blanco co musical “Gatuxo”, e Tanxarina presentará a obra de monicreques “A casa do avó”. Haberá cinema coa proxección de “Meigallos” e un espectáculo de teatro para bebés titulado “Zapa-tos” da man de Caramuxo Teatro. Mentres para públi-co adulto Teatro do Atlántico representará “O principio de Arquímedes”, Teatro do Mor-cego achegará a obra “Presi-

dente”, e Artesacía presen-tará “Balor na acción dunha cadeira” coa actriz tudense Laura Villaverde. As entra-das para cada espectáculo poranse á venda unha sema-na antes da función en www.culturatui.info ou o mesmo día hora e media antes do comezo no despacho de bille-tes. Os prezos oscilan entre os 3 e os 7 euros nos espec-táculos para público adulto e entre 2€ e 3,5€ nos dirixidos a público infantil. A estas citas súmanse ou-tros eventos a realizar no exterior coma o Entroido, do que a concelleira de Cultura informou que este ano se-rán 18 comparsas, e máis de 1.500 persoas, as que parti-cipen no Desfile-Concurso do próximo luns 8 de febreiro. A Semana do Teatro Afecio-nado e outros eventos a cele-brar nas Festas de San Tel-mo, as feiras de Artesanía e do Libro, Play-Doc, xunto ás actividades a realizar na Bi-blioteca Pública Municipal ou na Sala de Exposicións Municipal son tamén reco-llidas neste número 31º da Axenda Cultural Corredoira. Da Axenda Cultural Corre-doira edítanse 15 mil exem-plares que son distribuídos tanto en Tui coma en Va-lença.

Educación e concello de Tui acordan firmar un convenio de colaboración para mellorar varios centros da localidadeA Consellería reformará a cuberta do CEIP de Rebordáns mentres o concello reasfaltará as pistas exteriores do colexio de Randulfe

O xefe territorial de Cultu-ra e Educación, César Pérez Ares, mantivo unha reunión, na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, co te-nente alcalde do concello de Tui, Miguel Ángel Capón, na que se acordou firma dun convenio de colaboración en-tre ambas administracións para mellorar diversos cen-tros educativos da localida-de.No encontro estiveron ta-mén presentes responsables da Unidade Técnica da Xe-fatura Territorial de Educa-ción, e o equipo directivo e a

ANPA do CEIP Rebordáns.Os responsables de ambas administración chegaron ao acordo de poñer en marcha varias medidas para mello-rar diversos centros educa-tivos de Tui, contando coa colaboración mutua.Así, a Consellería de Edu-cación interviría na cuber-ta do CEIP Rebordáns co obxectivo de mellorala ante as deficiencias que presenta, e tendo en conta o informe da Unidade Técnica ao res-pecto. “Trátase dunha obra que ten prioridade polo que a executaremos nos próxi-

mos meses”, explicou o xefe territorial.Pola súa banda, o concello comprométese a executar o reasfaltado das pistas exte-riores do colexio de Randul-fe así como a redacción dun proxecto para facer viable o comedor do CEIP Nº2.A maiores, ambas adminis-tracións colaborarán para poder levar a cabo as obras de reposición dos falsos tei-tos dos colexio de Rebordáns, así como as fiestras do Nº2, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética deste centro educativo.

Page 21: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

// Febreiro 2016 // 21| Tui |

Deputación de Pontevedra e CIM Alto Minho asinan a ‘Declaración de Tui’Representantes dos organismos provinciais galego e portugués asinan un acordo marco para crear un novo organismo de cooperación transfronteiriza

A ‘Declaración de Tui’ deixou claro que o río Miño é un elemento de unión, un ele-mento central dun territorio con características, cultura e obxectivos comúns. O docu-mento asinado hoxe no Para-dor de Tui é o xerme dunha nova asociación de coopera-ción entre os concellos pon-tevedreses e portugueses para potenciar o río Miño, unha nova ferramenta para unir o territorio transfron-teirizo aproveitando as súas características e intereses compartidos. A presidenta da Deputación de Ponteve-dra, Carmela Silva, e o pre-sidente da CIM Alto Minho, José María da Cunha Cos-ta, así o manifestaron hoxe tras asinar o documento que confirma a súa vontade para traballar en conxunto e cons-tituír un novo organismo de cooperación que actúe como foro permanente de debate no que estean representados todos os actores institucio-nais e sociais que integran a área transfronteiriza e que desenvolva proxectos conxuntos para acollerse a programas comunitarios no ámbito da Cooperación Te-rritorial Europea.A Deputación de Ponteve-dra, organizadora do acto, decidiu que a sinatura se celebrase simbolicamente hoxe 13 de febreiro debido á coincidencia co aniversa-rio do Tratado de Lisboa de 1668 polo que se declarou a paz entre España e Portu-gal, que permitiu a indepen-dencia do estado luso fronte á coroa española. “O 13 de

febreiro será un día que lem-braremos e co paso do tempo teremos consciencia real da súa importancia”, dixo Silva, para engadir que “o Miño é a fronteira de auga que se-paraba dous territorios que tiñan todo en común e que a falta de intelixencia separou. Hoxe, 348 anos despois da data histórica de separación, nós somos homes e mulleres que nos adicamos a poñer en valor a intelixencia, que se demostra coa cooperación, a capacidade de entenderse e os proxectos comúns. Temos que poñer en marcha os no-sos soños “.A presidenta subliñou, para finalizar a súa intervención, que ‘a Declaración de Tui’ permitirá o desenvolvemen-to dos concellos “a un e outro lado deste río de fermosu-ra extraordinaria como un arma pacífica que permita demostrar que hai que mirar para este territorio”. Tamén sinalou que “non se enten-dería” que os proxectos que se presentaron para obter fondos europeos non fosen aceptados.

O Miño, unha gran poten-cialidade

Pola súa banda o deputado de Cooperación Transfron-teiriza, Uxío Benítez, sina-lou que o río Miño ten que deixar de ser concebido como un límite ou fronteira “para pasar a ser o centro arredor do que sucede todo”. Benítez destacou que a ‘Declaración de Tui’ para a creación dun-ha nova Asociación Europea

de Cooperación Transfron-teiriza (AECT) simboliza o inicio do camiño dunha unión natural do territorio que debe ser recoñecida po-las administracións. “O río é o centro natural común que temos. É a nosa maior po-tencialidade nunha área de influencia na que se moven uns tres millóns de persoas (entre Vigo e Porto) e na que hai moitos sectores socioeco-nómicos que desenvolver”. O deputado nacionalista, ademais de apostar por un fortalecemento do turismo e os sectores produtivos tamén aproveitou de xeito informal para reivindicar a unifica-ción de horario e lingua na zona. Lembrou, así mesmo, a viñeta de Castelao na que un fillo preguntaba a un pai, mirando cara ao outro lado do Miño: “Entón aqueles son máis estranxeiros que os de Madrid?”, para insistir en que a vida e o sentir dos ve-ciños da ‘raia’ teñen moito máis en común do que as ad-ministracións teñen recoñe-cido ata o momento.Benítez lembrou que a coo-peración transfronteiriza é un dos medios máis eficaces para a aproximación das po-boacións arraianas e a pro-moción do desenvolvemento económico, social e cultural dos concellos do Miño. Si-nalou que no ano 2006 a Deputación de Pontevedra subscribiu coa Comunidade Intermunicipal do Vale do Minho un convenio de coo-peración para a constitución de Unimiño-Asociación do Val do Miño Transfronteiri-zo para promover a coopera-ción entre ambas as rexións nos ámbitos da cultura, o deporte, o lecer, o patrimo-nio, o turismo, o ambiente, os recursos naturais e a pro-tección e o aproveitamento conxunto do río Miño. Debi-do a que a Unimiño rematou o seu cometido fundacional “é preciso continuar este la-bor empregando os novos instrumentos de coopera-ción previstos actualmente, aproveitando a experiencia e, ao mesmo tempo, lanzan-

do unha nova estratexia de cooperación no marco da Es-tratexia 2020 da UE”.O alcalde de Tui, concello an-fitrión do acto, tamén quixo facer referencia á necesida-de de programas de verte-bración do territorio para compartir servizos e infraes-truturas que permitan a me-llora do pobo: “os tempos e a cidadanía van nesa direc-ción”, insistiu. Neste senti-do, reivindicou a necesidade de eliminar os atrancos ad-ministrativos que non per-miten que veciños que viven a 100 metros entre si poidan mellorar a súa calidade de vida en conxunto. “O primei-ro proxecto europeo que ha-bería que facer é demandar da Unión Europea procede-mentos máis fluídos e que os atrancos se vaian eliminan-do paulatinamente”.

Máis atención ao territorio transfronteirizo

O máximo representante portugués no acto, o presi-dente de CIM Alto Minho, José María da Cunha Cos-ta, aproveitou o acto tamén para reivindicar maiores fa-cilidades da UE para levar adiante proxectos de coope-ración transfronteiriza e que as actuacións beneficien fun-damentalmente aos territo-rios máis próximos ás fron-teiras. “As zonas de fronteira son as menos desenvolvidas e territorios tradicionalmen-te abandonados nos que hai máis dificultades, por iso os programas europeos dé-bense aplicar aí, e por iso todas as manifestacións de vontade de colaboración son importantes, como esta ‘De-claración de Tui’, que supón a posta en marcha dun novo instrumento de colabora-ción”. Da Cunha quixo lembrar, así mesmo, que nun momento no que a Unión Europea está a falar de fronteiras “con moitas sombras”, “que naza a luz demostrando que hai pobos que queren derrubar esas fronteiras e cooperar, como se demostra coa ‘De-

claración de Tui’ é algo moi a ter en conta”. “Estamos nun momento histórico”, fi-nalizou.Pola súa banda, o presiden-te da Câmara de Valença do Minho, Jorge Mendes, tamén sinalou a necesidade de que os fluxos de cooperación da Unión Europea estean cen-trados nas fronteiras e re-virtan nos concellos da zona. “Temos que deixar claro que o Miño é unha referencia natural, económica e social. Temos que coidar o río e dar unha mensaxe de unión por-que estamos discriminados e temos que preservar o noso patrimonio”, dixo.Presentación da candidatura aos programas Interreg V A-POCTEPAdemais da sinatura da De-claración de Tui, o acto de hoxe no Parador de Tui ser-viu para presentar publica-mente os proxectos presen-tados na candidatura do Río Miño aos fondos comunita-rios dos programas Interreg V A-POCTEP. Con esta can-didatura galego portuguesa presentada pola Unimiño preténdense conseguir un investimento de máis de 7,5 millóns de euros no terri-torio transfronteirizo co fin de consolidar a zona como destino turístico de calidade e atraer a millóns de poten-ciais visitantes da área de influencia e do exterior. O presidente de Uniminho e da Câmara municipal de Melgaço, Manuel Batista, foi o encargado de explicar os pormenores da candida-tura no acto do Parador de Tui. Sinalou que se pretende crear a marca ‘Río Miño’ a través de actividades trans-fronteirizas de preservación, cualificación e valorización ambiental cunha xestión e estratexia conxunta que permita involucrar a todos os sectores da zona. Neste sentido, e para finalizar o acto, o deputado Uxío Bení-tez, agradeceu a alcaldes, re-presentantes doutras admi-nistracións e organizacións colaboradoras a súa implica-ción no proxecto.

Page 22: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

22 // Febreiro 2016 // | Tui / Oia |

Celebrado con éxito o I Trofeo Concello de Tui de BádmintonMáis de 160 participantes e 300 partidos xogados no pavillón do IES San Paio de TuiO 7 de febreiro, celebrou-se o I Trofeo de Bádmin-ton Concello de Tui, sétima proba do Circuito Babolat-Deportes Carlos Miguel, organizado polo Club Bád-minton Tui e Club Bád-minton Rachaplumas, en colaboración co Concello de Tui. No mesmo participa-ron máis de 160 xogadores e xogadoras que disputaron ao redor de 300 partidos ao longo do día.Ata Tui desprazáronse par-ticipantes de 15 entidades da provincia de Ponteve-dra: Club Bádminton Os Sauces de Pontevedra, CB Cangas e Colexio Compa-ñía de María de Cangas, Colexio Ángel da Garda e Colexio Estudio de Nigrán, Club Bádminton Tui, Esco-las Deportivas Municipais de Salceda de Caselas, CB Ponteareas e as entidades de Vigo Escola Rosalía de Castro, as escolas depor-tivas de Manuel Antonio,

Pista Vermella e Etea, o Colexio Don Bosco, o CB Cies e o CB Rachaplumas.Dende as nove da maña e ata as nove da noite o pa-villón do IES San Paio aco-lleu unha intensa xornada de bádminton na que se xogaron trescentos vinte partidos.As entidades de Vigo Club Bádminton Rachaplumas (4 ouros, 2 pratas e 4 bron-ces) e o colexio Rosalía de Castro (2 ouros, 4 pratas e 4 bronces) coparon o po-dium, sendo un dos des-tacados o club local Club Bádminton Tui, que acadou un ouro (Carla Giraldez en categoría sub13) e tres bronces (Telmo Portela en sub11, Marcos González en sub13 e Fabián Barreiro en absoluto).O Concello de Tui desexa felicitar aos responsables do Club Bádminton Tui e do Club Bádminton Racha-plumas, Marisa Giráldez

e Juan Manuel Vila, pola perfecta organización deste

primeiro trofeo de bádmin-ton e pola promoción desta

modalidade deportiva en-tre a poboación tudense.

Cores Tourís analiza coa alcaldesa de Oia o financiamento do muro que separará o colexio do novo centro de saúdeO delegado territorial da Xunta en Pontevedra recibiu a Cristina Correa para estudar a situación desta obra xunto ao xefe territorial de Educación, César Pérez Ares

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anali-zou esta mañá, no seu des-pacho, coa alcaldesa de Oia, Cristina Correa, o financia-mento do muro que se está a construír para separar o co-

lexio Mestre Manuel García do novo centro de saúde da localidade.Na reunión estivo tamén presente o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, quen destacou o apoio da administración para cos

dous centros educativos cos que conta este munici-pio onde se investiron nos últimos anos case 137.000 euros en diversas melloras como a reforma das cociñas e da aula de infantil, así como a reparación da cuber-

ta do pavillón e do ximnasio e a instalación eléctrica do Mestre Manuel García, ou a instalación de fontanería e a reforma da instalación eléc-trica do CEIP de Refoxos.Delegado territorial e alcal-desa acordaron afrontar a

execución deste muro, que está a levar a cabo a empre-sa concesionaria da execu-ción das obras do centro de saúde, con cargo a ambas administracións. A obra é necesaria xa que, “tívose que tirar o muro que exis-tían anteriormente e é im-prescindible, pola segurida-de dos alumnos, que ambas infraestruturas se atopen separadas e sexan indepen-dentes”.Por outra banda, a alcal-desa trasladou tamén a Cores Tourís a solicitude de que, con cargo aos orza-mentos deste ano, se exe-cuten melloras nos centros educativos da localidade, en especial, para mellorar a eficiencia enerxética dos mesmos, comprometéndose o concello, pola súa banda, á execución doutras obras nos mesmos.

Page 23: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

// Febreiro 2016 // 23| Poio / Sansenxo |

Cores Tourís e o alcalde de Poio analizan os detalles finais das futuras sendas na PO-308 ao seu paso pola parroquia de RaxóO delegado territorial da Xunta en Pontevedra recibiu a Luciano Sobral reiterándolle a necesidade de cesión dos terreos por parte do concello á Xunta

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, ao al-calde de Poio, Luciano So-bral, para analizar os deta-lles finais do proxecto das futuras sendas da PO-308 ao seu paso pola parroquia de Raxó. Na reunión estivo acompa-ñado polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez.A Xunta de Galicia xa mar-cou no seu día os terreos que serían necesarios para po-der executar o proxecto das sendas, comprometéndose o concello a facilitar á Con-sellería de Infraestruturas os que foran de propiedade privada. Con este proxecto, darase un paso máis para garantir a seguridade viaria nesta es-trada, despois da execución de varia melloras ao longo de 2015 como a instalación de

sinalización vertical e hori-zontal, de bandas sonoras e de asfaltado antideslizante.O alcalde prantexou hoxe varias dúbidas en relación aos terreos que se necesi-tan poñer a disposición, en concreto, sobre as medidas dos mesmos. As obras supo-rán uns 200 metros cesión de terreos, a execución de dous muros de contención e

a creación dunha pasarela elevada na curva da baixada á praia de Fonte Maior.Por este motivo, o xefe te-rritorial de Infraestruturas anunciou que visitará a zona in situ, para aclarar estas dúbidas xunto aos técnicos da Axencia de Infraestru-turas, e aproveitará tamén para escoitar unha demanda presentada por varios veci-

ños para habilitar zonas de xiro nesta zona.O escrito demanda acceso para as casas que se atopan no marxe esquerdo da PO-308 na dirección Ponteve-dra- Sanxenxo, así comp ara os que xiran cara a Ponteve-dra no marxe dereito, entre os puntos quilométrico 6,7 na intersección co Camiño da Escola e 7,200 na inter-

sección coa estrada de acce-so á Casa de Turismo rural Travesía Praia. Consideran os veciños afectados que se necesita habilitar algún punto máis con posibilidade de xiro.O Goberno galego desen-volve así o plan de traballo acordado o ano pasado coa corporación municipal, e ra-tifica o compromiso adqui-rido coa mellora da estrada PO-308. Nos últimos anos a Xunta actuou nesta estrada, incluso de urxencia cando foi necesario, con máis de 1,5 millóns de euros investidos en obras como a mellora de seguridade viaria entre o PK 4+200 e 7+600, cun in-vestimento de 1,4 millóns de euros (mellora de instersec-cións na zona de Combarro); ou a renovación da capa de rodadura na denominada “curva dos cotos” entre os PK 13+040 e 13+840, cunha achega de 260.000 euros.

A Deputación e o concello de Sanxenxo estudian ampliar a mellora da rúa Luis Rocafort a toda a estradaPreténdese que o proxecto inclúa a renovación das tubaxes de subministro de auga deterioradas, a incorpo-ración das novas cesións de terreos e que cumpra os novos criterios de mobilidade da institución provincialA Deputación de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo es-tudan ampliar o ámbito de actuación da mellora previs-ta para a rúa Luis Rocafort de Sanxenxo a toda a es-trada en lugar de limitar a reforma a 600 metros, tal e como estaba proxectada polo anterior goberno provincial. Esa foi unha das cuestións tratadas esta semana na reunión mantida entre o deputado provincial de Mo-bilidade, Uxío Benítez, e o alcalde de Sanxenxo, Gon-zalo Pita. O encontro serviu para analizar o proxecto de urbanización tras detectar-se por parte da Deputación Provincial varias deficien-cias da actuación prevista inicialmente.

Así, nestes momentos a ins-titución provincial buscará as fórmulas para garantir a renovación das canaliza-cións subterráneas (algun-has delas de fibrocemento en moi malas condicións). Estas deficiencias puxéron-se de manifesto nun informe encargado á concesionaria, que indicou a existencia de zonas con deterioros impor-tantes que precisarían de renovacións e obras a medio prazo.Tamén se pretenden incluír nas melloras as cesións con-seguidas polo Concello de Sanxenxo que permitirán construír beirarrúas de di-mensións correctas para garantir unha mobilidade peonil segura, cómoda e de

calidade. Segundo expli-cou Pita, “no mes de xullo o concello sanxenxino ente-rouse de que as beirarrúas proxectadas non gardaban aliñación e non contempla-ban servizos en todo o traza-do”, dixo, polo que a partir de entón iniciáronse as xes-tións cos propietarios para que cederan terreos a ambos lados e poder facer unha re-forma global. Segundo Pita indicou ao deputado de Mo-bilidade os veciños entende-ron que esas cesión mello-rarían considerablemente o resultado final da obra e, a excepción da fronte dun edi-ficio, están xa todas apala-bradas.En canto á conexión de Luis Rocafort coa estrada PO-308

o goberno local de Sanxenxo desbotou a posibilidade de executar un túnel por consi-deralo ineficaz para resolver a conxestión de tráfico que se rexistra nesta estrada no verán. Unha decisión que é compartida pola Deputación provincial.Por outra banda, os técni-cos provinciais tamén pre-tenden incorporar outras melloras que garantan a accesibilidade universal. De feito o arquitecto e asesor provincial de Mobilidade Jesús Fole xa ten definidas cales deben ser as liñas a seguir. Finalmente, a inten-ción é que a obra na rúa se acometa nunha única fase, sen deixar treitos sen exe-cutar. Agora os técnicos pro-

vinciais buscarán os meca-nismos para poder cumprir estas propostas e dar unha solución o máis pronta posi-ble á situación para iniciar as obras.Hai que lembrar que unha vez rematada a urbaniza-ción, esta estrada pasará a ser de titularidade munici-pal, motivo polo que o Con-cello de Sanxenxo manifes-tou o seu interese en que a obra se faga “coas maiores garantías, na totalidade do seu trazado, coa urbaniza-ción do cen por cento, e coa substitución das tubaxes, que tampouco estaba con-templada. Agora a Deputa-ción terá que estudar se é posible facelo nestas condi-cións”.

Page 24: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

24 // Febreiro 2016 // | O Grove |

Cores Tourís achega aos comerciantes de o Grove os cinco programas activados por economía para seguir reforzando o comercio de proximidadeRecordou tamén os case 2,5 millóns de euros aportados dende o 2013 pola administración autonómica as diferentes federacións e asociacións de comerciantes da provincia de Pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visi-tou a asociación Emgrobes de O Grove, co obxectivo de analizar e informar das principais liñas de actuación da Consellería de Economía, Emrpegoe Industria para este ano. En total, atópan-se abertos cinco programas para seguir a reforzar o co-mercio de proximidade cifra-dos en máis de 5,6 millóns de euros.Cores Tourís informou des-tas axudas precisamente na asociación Emgrobes, tendo en conta que en bre-ve asumirá a presidencia do Consorcio de Comerciantes do Salnés. Na visita estivo acompañado do xefe territo-rial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, así como do presidente da asociación de O Grove, José Beseada, e representantes doutras asociacións da co-marca que forman parte do Consorcio.As axudas activadas abran-guen eidos tan amplos como a mellora de imaxe e mo-dernizacións dos establece-mentos, a dinamización dos CCAs e prazas de abastos, a

revitalización do comercio e a incentivación do consumo, o fomento do relevo comer-cial e a formación o fomento de emprego e a formación.Así, destínanse 3 millóns de euros á mellora de imaxe, modernización, establece-

mento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante re-tallista e artesanal galego, ademais de outros 2 millóns para ás asociacións de co-merciantes de cara á dina-mización dos CCAs e prazas de abastos. Para fomentar o relevo comercial destina-ranse 90.000 euros e para as

bolsas de formación cóntase con 43.200 euros. “A quinta das liñas publi-cadas ten como finalidade activar programas de apoio por 500.000 euros para a re-vitalización do comercio de proximidade e a incentiva-

ción do consumo a través do tícket de dinamización co-mercial”, explicou o delega-do territorial, que a vez ta-mén resaltou a importancia do comercio na recuperación económica, “razón pola que tamén se acaban de activar apoios para fomentar o rele-vo comercial e para a conce-sión de bolsas de formación”.

“En definitiva, os progra-mas activados continuando a senda emprendida veñen a reforzar o comercio de proxi-midade galego, con axudas centradas no impulso do asociacionismo, a moderni-zación e no establecemento

do smart commerce e o co-mercio en liña”, engadiu Co-res Tourís, quen aproveitou para convidar aos comer-ciantes de O Grove a em-pregar as diferentes ferra-mentas ao seu dispor para continuar creando riqueza e emprego e, deste xeito, se-guir a impulsar a dinamiza-ción económica deste muni-

cipio. Así, destacou as outras vías de cooperación abertas co empresariado centradas en eidos como o fomento do emprego, o emprendemen-to, con especial atención ao rural, os investimentos, a eficiencia enerxética, a in-novación ou a internaciona-lización.Neste mesmo senso de co-laboración co pequeno e mediano comercio, José Ma-nuel Cores Tourís recordou que dende 2013, as axudas aportadas a distintas fe-deracións e asociacións de comerciantes roldaron os 2,5 millóns de euros. Deste xeito, víronse benficiados o Consorcio do Comercio de O Salnés, a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo, a Federación de Empresarios do Baixo Miño, a Asociación de Xoiería da provincia, a Federación pro-vincial de Comercio, a Fede-ración de prazas de Abastos, a Asociación de empresarios e Comerciantes do Val Mi-ñor, a Federación de Vigo e Mercacevi. En total, a pro-vincia de Pontevedra conta con 41 asociacións de comer-ciantes e 8 federacións.

A Deputación de Pontevedra confirma o seu compromiso co Grupo Municipal de Atención de EmerxenciasA presidenta da Deputación ven de asinar un documento no que confirma a prestación da axuda económica correspondente para manter o servizo.

Por solicitude do Alcalde do Grove a Deputación de Pon-tevedra ven de ratificar por escrito o seu compromiso de manter a axuda económica para o mantemento do gru-po municipal de atención de emerxencias. Trátase de ao redor de 41.000 euros que supuñan o 33% do custo do servizo e que cumprimenta-ba ás aportacións da Xunta de Galicia (26%) e do propio

Concello (41%). Tal e como se indica no escri-to remitido dita aportación queda supeditada a que “a mesma se articule a través dun convenio de cooperación no que participen Concello, Deputación e Xunta de Ga-licia, nos mesmos termos e condicións que no anterior Convenio tramitado pola administración autonómi-ca”. Deste xeito o Alcalde

do Grove xa mantivo as co-rrespondentes reunións co Director Xeral de Emerxen-cias e o Director Xeral de Administración Local para solicitarlles repetir o que se tiña realizado en anos ante-riores xa que este convenio que é crucial para manter o servizo dado que o custo do mesmo resulta dificilmente asumible en solitario polas arcas municipais.

Logo destes primeiros con-tactos tense solicitado unha reunión co Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda e responsable da Con-sellería da que dependen os servizos de emerxencia para poder confirmar o referido convenio. Agárdase que dito encontro poida celebrarse o antes posible para poder confirmar a viabilidade des-te servizo no Grove incidindo

que se trata de repetir o rea-lizado en anos anteriores. Lembramos que o importe que se cubriría con este con-venio suporía poder cubrir o servizo durante seis meses (125.000 euros), pero é un punto de partida moi impor-tante para poder seguir tra-ballando para poder contar con fondos suficientes que cubran o servizo para a tota-lidade do ano.

Page 25: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

// Febreiro 2016 // 25| Meis |

Cores Tourís coñeceu unha nova explotación de tomate negro de Santiago posta en marcha en Meis

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visi-tou o concello de Meis para coñecer unha explotación de tomate negro de Santiago na parroquia de San Vicen-te grazas as axudas para o apoio á creación de empre-sas para os agricultores mo-zos da Consellería de Medio Rural a través do Fondo Eu-ropeo Agrícola de Desenvol-vemento Rural (Feader). O responsable territorial apro-veitou a visita para anunciar a apertura da nova orde de axudas que conta cun orza-mento global de 57,5 millóns de euros. Nesta visita estivo acompa-ñado polo alcalde de Meis, José Luis Pérez, o xefe te-rritorial de Medio Rural e do Mar, Miguel Dubois, e o dono da explotación, Álvaro Requejo.Cores Tourís coñeceu hoxe esta explotación que come-zou coa produción de leitu-ga, tomates e pemento de Padrón cunha extensión de 7.300 metros cadrados de invernadoiros e que agora, grazas á axuda recibida en 2015, pode poñer en marcha unha nova explotación de to-mate negro de Santiago nun novo invernadoiro de 720 metros cadrados. A empresa traballa tamén en terreos ao aire libre con outros produ-tos como xudía, pemento ita-liano e repolo ou coliflor.Tal e como explicou Álvaro Requejo ao delegado territo-rial, o obxectivo da subven-ción que recibiu por parte de Medio Rural, e que ascendeu a case 16.000 euros, permi-tiulle levar a cabo esta nova

infraestrutura así como a instalación de rego localiza-do para o funcionamento co-rrecto da horta. O seu futuro obxectivo e seguir a solici-tar a colaboración da Xunta para a construción dun local onde almacenar o produto para a súa distribución.O delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, puxo esta iniciati-va como exemplo dos novos emprendedores que apostan polo medio rural. Recordou que as subvencións as que se acolleu esta nova explo-tación teñen por obxectivo “fomentar a modernización e ampliación das instala-cións agrogandeiras de Pon-tevedra e impulsar a incor-poración de mozos ao medio rural”. En 2015 outorgáron-se 13 axudas destas caracte-rísticas na demarcación te-rritorial de Pontevedra para novos agricultores e gandei-ros en A Lama, Cuntis, Do-zón, Forcarei, Meaño, Meis, Rodeiro, Silleda, Tui, Vila de Cruces e Vilaboa, o que su-puxo un investimento global de 321.373 euros.Pola súa banda, o alcalde da localidade agradeceu o traballo “destes dous veci-ños, que demostran que con iniciativa e ganas pódese vi-vir do campo, un sector moi importante no Salnés, en es-pecial, en relación á reacti-vación da horta, que contou cunha gran tradición nesta comarca”. Aposta pola modernización do sectorAdemais, recordou que a Consellería do Medio Rural acaba de abrir unha nova orde con tres liñas de axu-

das que se publicou no DOG o pasado 29 de decembro, e que conta cun orzamento global de 57,5 millóns de eu-ros. “Isto evidencia”, segun-do matizou o delegado terri-torial, “o importante esforzo e o compromiso do Executivo galego para promover a mo-dernización do sector tanto no ámbito persoal como no referente a instalacións e loxística”, destacando que con estas achegas “actúase de xeito importante na mo-dernización das instalacións do sector agrícola”, promo-vendo desta maneira “o des-envolvemento da actividade económica no rural da pro-vincia”.A nova orde de axudas desti-na 36 millóns de euros para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, 18 para a creación de empresas para os agricultores novos, e 3,5 millóns para o desen-volvemento de pequenas explotacións. “Animamos a todos os empresarios do agro e tamén aos novos empren-dedores que aposten por este sector a que se animen a soli-citar estas axudas”, explicou Cores Tourís, recordando que o prazo de presentación de proxectos comezou o pa-sado 18 deste mes e remata-rá o 18 de marzo. “Dende a Consellería do Me-dio Rural preténdese que esta norma sexa unha ferra-menta máis para velar por que as explotacións de Gali-cia cumpran as normas mí-nimas en materia de medio ambiente, hixiene e benestar dos animais e que, de acordo ás directrices da normativa comunitaria, teñan unha

implementación axeitada os preceptos de aforro enerxéti-co, uso eficiente dos recursos hídricos e investimentos en novas tecnoloxías que per-mitan reducir as emisións de CO2 e amoníaco”, mati-zou o delegado territorial.Investimentos nas explota-cións agrícolasNo caso das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, requírese ser titular dunha explotación agraria inscrita no Rexistro de explotacións agrarias de Galicia e levar a cabo un plan que mello-re o rendemento global da explotación. Priorizaranse ás explotacións que, entre outras características, in-corporen ou teñan incor-porado nos 5 últimos anos un agricultor mozo, as que creen novas unidades de traballo agrario, as que pre-senten solicitude de axuda para proxectos innovadores ou integrados, as que teñan a condición de explotación prioritaria, as explotacións de montaña e ecolóxicas e ás de titularidade compartida.A axuda será dun 40% dos custes elixibles, incrementa-bles ata un máximo do 80%. O investimento executarase e xustificarase nun prazo de 18 meses dende a súa apro-bación. O orzamento desti-nado para esta medida é de 36 millóns de euros.Incorporación de mozosAs axudas para a creación de empresas para os agricul-tores mozos está destinada a aquelas persoas que, ha-bendo cumprido os 18 anos e non chegando aos 41, des-exen crear ou incorporarse a unha actividade agraria e acaden a capacitación profe-sional suficiente.Concederáselles para este fin unha axuda repartida en dous tramos cunha contía básica de 20.000 euros, am-pliables ata os 70.000 euros, que estará supeditada ao cumprimento dun Plan Em-presarial presentado polo mozo no que quede acredi-tada a viabilidade da explo-tación na que se incorpora. O orzamento previsto para esta medida é de 18 millóns

de euros.O mozo deberá ter iniciadas as actuacións contempladas no Plan Empresarial nos 9 meses seguintes á notifica-ción da concesión da axuda e completalas nun prazo total de 24 meses dende a súa ins-talación.Existen catro modalidades de incorporación que son: a titularidade exclusiva, a cotitularidade dunha explo-tación agraria prioritaria, a integración como socio nun-ha entidade asociativa ou o acceso mediante titularida-de compartida. Priorizarase, entre outras, simultanear a realización dun proxecto apoiado con investimentos nas explotacións agrícolas, instalarse a tempo comple-to, a localización en zonas desfavorecidas de monta-ña, crear emprego adicional ou crear unha explotación ecolóxica ou mediante un proxecto innovador.Desenvolvemento de peque-nas explotaciónsAs axudas para a creación de empresas para o desen-volvemento de pequenas ex-plotacións, que tamén está supeditada á execución dun plan empresarial cunha du-ración de 18 meses dende a aprobación da axuda, está destinada aos titulares de pequenas explotacións agra-rias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia que teñan a capaci-tación profesional suficien-te, residan na comarca na que radique a explotación ou nunha limítrofe e, sendo maiores de idade, non teñan acadado a idade de xubila-ción.A explotación requirirá, como mínimo, dun volume de traballo equivalente á metade dunha UTA imputa-ble ao titular e manterase a lo menos os 5 anos posterio-res ao pago final da axuda. Priorizaranse as explota-cións cunha orientación pro-dutiva principal hortícola ou frutícola, que sexan ecolóxi-cas e que estean situadas en zonas desfavorecidas. O or-zamento previsto para esta medida é de 3,5 millóns de euros.

Page 26: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

26 // Febreiro 2016 // | Ribadumia |

Representantes do Concello de Ribadumia acuden a FITUR 2016 para promover o turismo do municipio e da comarca do SalnésEstiveron presentes Pilar Martínez, concelleira de Turismo, e Mar Moimenta, concelleira de Eventos do Concello de Ribadumia

FITUR 2016 consolídase un ano máis como a cita indispensable do turismo mundial e o Concello de Ribadumia tamén estivo presente nesta ocasión. As concelleiras Pilar Martínez e Mar Moimenta acudiron nesta edición invitadas pola Exma. Deputación Provin-cial de Pontevedra para a presentación do evento “Ar-quitectura contemporánea en las Rías Baixas. Espíritu creativo”.Trátase de fomentar unha nova forma de turismo, complementaria a toda a oferta turística que presen-ta o Concello de Ribadumia actualmente.Xunto ó turismo de carác-ter natural e etnográfico (rutas dos muíños, Ruta da Pedra e da Auga, senda flu-

vial do río Umia, xacemen-to arqueolóxico do Monte Castro), ó turismo cultural (pazos e igrexas) e ás fes-tas e turismo gastronómico (festas do Viño Tinto, do Pan e do Polo), presentouse unha nova oferta comparti-da con outros 26 concellos da provincia de Pontevedra, o turismo da arquitectura contemporánea, represen-tada no caso do Concello de Ribadumia pola Pousada-Xardín de Ribadumia como unha expresión dun estilo arquitectónico moderno, ac-cesible e, ó mesmo tempo, integrado no contorno.Así mesmo, acudiron a ou-tros 2 actos nos que se pre-sentaron iniciativas turísti-cas novas relacionadas coa comarca do Salnés: o titula-do “Cruceiros costeiros pola

ría”, unha nova oferta que pretende promover o patri-monio comarcal a través de 2 rutas (“Tesouros das rías de Galicia” e “Illas atlánti-cas e vilas mariñeiras”) nas que se inclúe o Pazo Quin-teiro da Cruz de Ribadumia como partícipe da Ruta da

Camelia coa súas máis de 1.500 variedades de dife-rentes especies e os seus xardíns, dun alto interese botánico e ornamental con multitude de especies tanto autóctonas coma foráneas.Finalmente, tamén estive-ron presentes na presen-

tación da Ruta do Padre Sarmiento, iniciativa im-pulsada pola Mancomuni-dade do Salnés que repro-duce a viaxe que realizou o Padre Sarmiento hai tres séculos pola comarca do Salnés, da que deixou cons-tancia escrita.

Iniciadas as obras de reparación e mantemento dos parques infantís en RibadumiaO equipo de goberno acordou añadir un elemento accesible nun dos parques, para facilitar a integración de nenos con necesidades especiaisO Concello de Ribadumia informa que están en mar-cha as obras de reparación e mantemento dos parques infantís do concello, inicia-das en Decembro, que logo quedaron paralizadas ata fai uns días por mor do mal tempo. As obras prevén actuacións en oito parques infantís, ós cales se lles realizarán labo-res de limpeza, mantemento e substitución de elementos defectuosos, e logo da aproba-ción en pleno municipal dun-ha partida de 30.000€ para este fin, e do correspondente procedemento, denominado “negociado sen publicidade” ,no que se convidou a catro empresas do sector a presen-tar ofertas, foron adxudica-das, por un valor de 25.410€, correspondente coa que os técnicos municipais conside-raron mellor oferta . A maiores disto, no par-

que infantil anexo a aula de primaria do colexio estase procedendo a substitución de toda a superficie de cau-cho. Esta substitución, que suporá mais da metade dos 25.410€ que se van investir

nas reparacións de todos os parques municipais, ven mo-tivada, según os informes téc-nicos realizados, pola mala colocación e baixa calidade dos materiais existentes, que axudada por un defectuo-

so mantemento derivou en problemas diversos, como o desgaste do caucho que re-matou por tinguir a roupa dos nenos, empozamento de augas en varias zonas, etc. Ademais, unha vez retirado

o caucho vello, fíxose eviden-te que a soleira sobre a que estaba asentado realizouse no seu día dun xeito moi de-ficiente, o cal obrigou agora a realizar unha soleira nova, cun sobrecusto de preto de 4.000€. Para Enrique Oubi-ña, concelleiro de obras, “a deixadez do goberno ante-rior, que non exercía ningún tipo de control sobre as obras que adxudicaba, e permitía que as cousas se fixeran de calquera maneira, lévanos agora a ter que gastar cartos de todos os veciños en corri-xir estas situacións”. O equipo de goberno acor-dou añadir un elemento ac-cesible nun dos parques do núcleo de Barrantes, e non descarta no futuro, se se vira a necesidade, incluír mais elementos deste tipo. A inversión final nos par-ques do concello vai superar os 30.000€.

Page 27: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

// Febreiro 2016 // 27| Valga / Vila de Cruces |

Medio Ambiente licitirá neste semestre a mellora do río Soutiño, no concello de ValgaBeatriz Mato tamén lle adiantou que o departamento que apoiará economicamente a reforma da Casa do Concello, dentro do plan hUrbeA conselleira de Medio Am-biente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, avanzoulle ao alcalde Valga, José María Bello Maneiro, que Augas de Galicia licita-rá neste semestre as obras da II fase de mellora do río Soutiño, ao seu paso por este municipio pontevedrés.A titular do departamento autonómico mantivo unha reunión co rexedor, na que tamén participou o director de Augas de Galicia, Rober-to Rodríguez Martínez, e na que lle trasladou que o Goberno galego colaborará na financiación que implica este proxecto, para o que se consignarán fondos europeos para a súa execución.Con esta actuación comple-méntase as obras xa executa-das por Augas de Galicia que consistiron no acondiciona-mento das canles de deriva-ción do río Valga, ao seu paso polas parroquias de Valga e de Campaña. O obxectivo desta actuación era mellorar

o estado actual das canaliza-cións, para evitar os proble-mas de asolagamento que se producen nesta zona. A conselleira tamén lle indi-cou ao alcalde que a Secre-taría Xeral de Urbanismo apoiará economicamente a financiación da obra de re-forzo do edifico administra-tivo de Valga. Unha actua-ción que se incluiría no Plan hUrbe e que quedará recolli-da nun convenio de colabo-ración que se poderá asinar nos vindeiros meses.No decurso da reunión o al-calde tamén lle trasladou á conselleira a necesidade de realizar unha obra de sanea-mento en Barro, Vilar, Ca-rracido, Balleas, Cotriños, Reguengo, Cerneira e Vilar, unha actuación valorada en case un millóns de euros. A conselleira comprometeu-se a analiza o proxecto que remita o concello e levalo a cabo en función das dispoñi-bilidades orzamentarias de Augas de Galicia.

Román Rodríguez anuncia un investimento de 60.000 euros para a reparación e conservación da Ponte LedesmaEsta actuación súmase á realizada o ano pasado na Ponte do Demo, entre os concellos de Vila de Cruces e Silleda, para reparar os danos ocasionados polo derrubo dunha parte dun muro

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodrí-guez, anunciou un investi-mento de arredor de 60.000 euros para acometer diver-sas actuacións de repara-ción e conservación na Pon-te Ledesma, situada entre o concello pontevedrés de Vila de Cruces e o coruñés de Bo-queixón. O titular do departamento

de Cultura da Xunta de Ga-licia –acompañado pola di-rectora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, así como polos alcaldes de Vila de Cruces de Boqueixón, Jesús Otero e Ovidio Rodeiro, res-pectivamente– desprazou-se esta mañá ata o enclave, onde explicou as diferentes obras que se van a realizar na ponte co obxecto de ga-

rantir a súa conservación.Tal e como explicou o conse-lleiro, detectouse que a vexe-tación que recobre a ponte está provocando un deterio-ro nas xuntas. Así mesmo, a maleza existente nos canais de drenaxe dificulta a co-rrecta escorrentía de augas pluviais. Neste sentido, o proxecto de reparación in-clúe tanto a limpeza dos mu-ros co obxectivo de retirar as

herbas e as plantas como o posterior rexuntado a base de cal na cantería graníti-ca existente. En canto aos canalóns, plantéxase un re-deseño tendo en conta a ur-banización existente. Reforma do pavimentoA maiores, a Consellería ta-mén levantará o pavimento de lastra de granito existen-te co fin de igualar todo o firme e así obter un acabado uniforme. Así mesmo, subs-tituiranse as luminarias ac-tuais, xa que presentan sig-nos de deterioro. Deste xeito, e tal e como re-marcou o conselleiro, a Con-sellería dá cumprimento ao compromiso adquirido en xuño de 2015, cando anun-ciou unha avaliación do es-tado da ponte en aras de va-lorar posibles intervencións.En todo caso, esta actuación súmase á promovida entre

os anos 2003 e 2004 pola Di-rección Xeral do Patrimonio Cultural, na que se investi-ron preto de 120.000 euros, que correron a cargo da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Actuacións en pontes histó-ricasPor outro lado, cómpre des-tacar o compromiso da Xun-ta de Galicia coas pontes históricas. De feito, o ano pasado leváronse a cabo va-rias actuacións de salvagar-da e conservación destes en-claves por un valor próximo aos 350.000 euros. Entre as ditas intervencións atopába-se a Ponte do Demo, situa-da entre o propio concello de Vila de Cruces e Silleda. Cun investimento de 53.000 euros, as obras serviron para reparar os danos ocasiona-dos polo derrubo dunha par-te dun muro do estribo por mor da acción do río.

Page 28: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

28 // Febreiro 2016 // | Lalín |

Concello e Gas Natural Fenosa asinarán un convenio para evitar cortes de luz ás familias con dificultades económicasMediante este acordo, o Concello farase cargo da débeda despois de que o departamento de Benestar Social avalíe cada caso

O Concello de Lalín e a em-presa Gas Natural Fenosa amosaron esta mañá a súa disposición a asinar un con-venio para coordinar o pa-gamento de axudas para as débedas xeradas con motivo do subministro de electri-cidade e de gas. Este foi un dos principais acordos aos que se chegou na reunión de traballo mantida hoxe entre o alcalde e o tenente de al-calde e responsables da com-pañía eléctrica en Galicia.

Neste encontro, ademais de Rafael Cuíña e Nicolás Gon-zález Casares, participaron Manuel Fernández Pellicer, o delegado de Gas Natural en Galicia; Cristina Sogas López, da oficina de garantía de servizo ao cliente; e Ama-lia Baltar Estévez; respon-sable de relacións institucio-nais en Galicia.O principal obxectivo deste convenio é establecer o pro-tocolo para evitar que se lles corte á luz ás familias que

están atravesar dificultades económicas ou para que se lles repoña o subministro en caso de que xa se tivese producido a interrupción do mesmo. Tras o encontro, Ra-fael Cuíña lembrou que “xa en campaña dixen que nin-gunha persoa sen recursos ía quedar sen luz e que as polí-ticas sociais ían ser priorita-rias durante este mandato”. Para o Concello trátase, ade-mais, de dar cumprimento a unha das medidas que re-

colle o pacto de goberno no apartado de benestar social. O acordo programático espe-cifica nun dos seus puntos a eliminación da pobreza ener-xética e a obrigatoriedade dun informe previo dos ser-vizos sociais municipais na-queles casos nos que se dea unha falta de pagamento da luz ou da auga. Neste sentido, establécese un programa de axudas para eliminar as situacións de pobreza enerxética coa par-ticipación das empresas sub-ministradoras. En concreto, mediante o convenio que se vai asinar con Gas Natural Fenosa, o departamento de Benestar Social avaliará as solicitudes dos clientes en si-tuación vulnerable e o Con-cello farase cargo da débeda en canto esta situación se constante. Ademais, durante o período de avaliación de cada caso, a eléctrica comprométese a pa-ralizar o corte de subminis-tro durante tres meses, un período durante o cal tam-pouco se cobrarán intere-ses de demora ou comisións sobre a débeda obxecto de análise. Se pasados eses tres meses non se tivese produci-

do o pagamento da totalida-de do importe que se debe, Gas Natural procederá a reactivar as accións de corte de subministro. Reunións sobre o proxecto para CatasósTras o encontro desta mañá, os representantes do Gober-no e de Gas Natural tamén chegaron ao compromiso de retomar, en datas próximas, as reunións a tres bandas para falar sobre a constru-ción dunha liña de alta ten-sión que atravesa a fraga de Catasós. Nestes encontros está previsto que partici-pen veciños afectados polo proxecto, representantes municipais e responsables da eléctrica. O Concello, en todo caso, rei-tera o seu apoio absoluto ás reivindicacións da platafor-ma “Salvemos Catasós”, que se opón a esta iniciativa, e afirma que sempre estará a carón da veciñanza nas súas demandas. Con todo, o Go-berno aposta pola reapertura do diálogo -de forma paralela ao contencioso aberto- como medio para tratar de acadar unha saída negociada a un conflito que ameaza un espa-zo de elevado valor natural.

O titular da Xunta presidiu o acto de entrega do premio Aldea Singular, que se celebra no marco da XLVIII Feira do Cocido

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ex-presou, durante o acto de entrega do premio Aldea Singular, que se celebra no marco da XLVIII Feira do Cocido de Lalín, o seu desexo de que esta festa gastronómica obteña o re-coñecemento oficial inter-nacional que se merece e que xa lle deron “oficiosa-mente moitos visitantes chegados dos lugares máis diversos”.Nese sentido, fixo referen-

cia a que son moitos miles os visitantes propios e forá-neos que descubriron esta vila vital, que se recrea sen perder o seu compoñente aldeán; e mencionou tamén a todos os artistas plásticos que deixaron a súa pegada no cartel promocional, os pregoeiros, a todos os co-mendadores e aos moitos intelectuais e creadores que participaron nela.“Os galegos non nos reuni-mos para comer o cocido, senón que comemos o coci-

do para nos reunir”. Así, in-dicou que tradicións como esta, lonxe de ser un atran-co, foron a resposta do pobo a unha necesidade, e así hai que velas, respectalas e melloralas. Por outra banda, o titular da Xunta sinalou que a al-dea galega é un centro de solidariedades onde a per-soa necesita do grupo, e o grupo precisa as persoas. “Un sentimento grazas ao cal Galicia foi quen de su-perar todas as eivas que lle

deparou o destino”. Do mesmo xeito, Feijóo lembrou que a infancia da gran maioría dos galegos está unida a unha aldea, a unha patria pequena, chea de seres queridos e dunha paisaxe humanizada. “Ga-licia é un país aldeán, pero que ninguén pense que iso é unha desvantaxe, senón todo o contrario”, dixo, por-que o mundo intercomuni-cado no que agora vivimos “precisa dun valor esencial que aprendemos na aldea,

o sentido de comunidade”.Ademais, o mandatario galego destacou que este recoñecemento ten un sig-nificado adicional nunha comarca coma a do Deza, que se converteu nun sím-bolo universal da man do neno labrego de Xosé Nei-ra Vilas. “Un libro que transforma en heroe a un humilde cativo de aldea” e nos dá a entender que ese san aldeanismo é sentido por moitos pobos, culturas e linguas.

Subliña que a aldea galega é un centro de solidariedades, un sentimento grazas ao cal Galicia foi quen de superar todas as eivas que lle deparou o destino

Page 29: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

// Febreiro 2016 // 29| Lalín |

Amplo consenso de veciños, comerciantes e hostaleiros a prol da peonalización de Principal e Loriga durante as fins de semanaNos próximos días empezarán a enviarse as enquisas para que a xente que ten negocios ou que vive nesas rúas dea a súa opinión de forma totalmente libre e anónima

O Goberno municipal de La-lín desenvolveu este martes unha nova xuntanza infor-mativa con veciños, hosta-leiros e comerciantes das rúas Principal, Joaquín Lo-riga e Colón para analizar os resultados do proceso de peonalización emprendido a finais do ano pasado. No encontro participou máis de medio cento de persoas que tiveron a posibilidade de ex-presar a súa opinión de for-ma absolutamente libre e de facer todas as suxestión que quixeron sen limitacións de ningún tipo. Nas intervencións reali-zadas durante a reunión quedou claro o consenso maioritario a favor da peo-nalización das rúas prin-cipal e Joaquín Loriga du-rante as fins de semana, un modelo que xa se está a apli-car dende que se iniciou a segunda fase do proceso. Os representantes do Goberno municipal anunciaron que esta segunda fase se prolon-gará ata a chegada do verán e que coa entrada do bo tem-po se analizará con veciños, comerciantes e hostaleiros a posibilidade de volver pe-char as rúas ao tráfico du-

rante toda a semana. Desta maneira poderanse avaliar con maiores garantías os be-neficios desta iniciativa, xa que case todo o mundo coin-cidiu en que as malas condi-cións meteorolóxicas do pa-sado inverno impediron que se puidesen percibir os seus efectos positivos sobre a ac-tividade económica e social. En todo caso, o Goberno mu-nicipal reiterou a súa dispo-sición a acometer actuacións de mellora no alumeado pú-blico das rúas peonalizadas para facelas máis atractivas a veciños e visitantes. Estes

traballos desenvolveranse grazas aos fondos que lle co-rresponden a Lalín da Man-comunidade Terras do Deza para plans de eficiencia e aforro enerxético. Para este obxectivo destinaranse, en concreto, 26 mil euros. De maneira complementa-ria, o Goberno realizará ou-tras accións de cara a acadar o obxectivo de dinamizar a zona. Por unha banda, van-se analizar posibles mellores na regulación do tráfico para facer máis cómodo o acceso dos vehículos autorizados ás rúas peonís e, sobre todo,

con vistas a incrementar a seguridade dos viandantes. Neste sentido, valorarase a posible instalación de bolar-dos para que os residentes e donos de establecementos poidan entrar e saír median-te o uso dun simple mando a distancia. Por outra banda está previsto que en datas vindeiras se convoque unha reunión cos donos dos baixos baleiros das rúas Principal e Loriga. Neste encontro o alcalde vai propoñer unha rebaixa nos prezos dos alu-gueiros para facelos máis asequibles de cara a instala-

ción de novos negocios. Ademais, seguindo a folla de ruta marcada e anunciada o pasado mes de outubro, o Goberno tamén vai con-sultar a opinión de veciños, comerciantes e hostaleiros mediante unha enquisa na que todos poderán dar a súa opinión de maneira libre e anónima. Esta enquisa em-pezará a remitirse en datas vindeiras. Os participantes na reunión amosaron ta-mén a súa disposición a co-laborar en posibles accións de dinamización para as rúas peonalizadas. Entre as propostas que se valora-rán está a de utilizar esas rúas para o estacionamento dos vehículos participantes nas diferentes exhibicións automobilísticas que se des-envolverán en Lalín nos vin-deiros meses.Con respecto o empraza-mento da parada de taxis da praza da Torre, non se escoi-tou ningunha voz discrepan-te coa decisión do Goberno de trasladala á rúa Colón. Desa maneira, o espazo que ocupa actualmente gañará en seguridade e tamén en capacidade de expansión co-mercial e social.

O concello contratará a 34 traballadores a través do plan de concellos da DeputaciónA concelleira de Emprego, Katia Procino, anunciou que o concello dará inicio nos próximos días ao proceso se-lectivo para a contratación de 34 traballadoras e tra-balladores a través do Plan de Concellos da Deputación. Os contratos terán unha duración aproximada de 10 meses, comezando a princi-pios de marzo e finalizando o 31 de decembro de 2016. As persoas que queiran optar ás prazas deberán cumprir unhas serie de requisitos es-tablecidos nas bases do pro-grama. En concreto recóllese que os contratados deberán

ser persoas en situación de desemprego, non percepto-ras de prestacións, ou ben perceptoras de prestacións sociais destinadas a garan-tir as condicións mínimas de subsistencia económica (RAI,RISGA,PREPARA...). A selección de traballado-res realizarase mediante un proceso totalmente aberto, buscando que poidan parti-cipar no mesmo o maior nú-mero de cidadáns. Ao ir as prazas ofertadas dirixidas a desempregados, tras efec-tuar o Concello as solicitu-des de persoal, será o INEM o organismo encargado de

tramitar as contratacións ata cubrir o número máxi-mo de persoas que se poidan asignar a cada posto. A elección dos postos de tra-ballo necesarios levouse a cabo de modo acordado entre todos os membros do Gober-no e tras analizar as princi-pais necesidades do Concello e dos lalinenses, así como as prioridades de actuación e as carencias de cada servizo. Deste xeito, decidiuse prio-rizar no reforzo da brigada de obras e crear, como novi-dade, unha brigada ambien-tal, ademais de resolver cos novos contratos as necesida-

des de persoal dos servizos xerais. A nómina de traballadores solicitados segundo a súa ocupación profesional foi a seguinte: 4 contratos de persoal de limpeza, 5 re-cepcionistas, 3 auxiliares de información turística, 4 auxiliares administrativos, 1 socorrista, 4 xardineiros, 7 albaneis, 1 carpinteiro, 1 tractorista/ manipulador agrícola, 1 soldador e 3 pin-tores.A brigada ambiental terá como obxectivo o coidado e o mantemento de espazos na-turais, sendo este un eido de

actuación prioritario para o Goberno de Lalín. Unha das súas funcións será a de se-guir coidando e rehabilitan-do o Paseo do Pontiñas, ex-plicou a concelleira de Medio Ambiente, Celia Alonso. Pola súa parte, a respon-sable de emprego, Katia Procino, manifestou que o Goberno de Lalín pretende, a través desta oportunida-de que ofrecen os fondos da Deputación, “ademais de pór en marcha unha opor-tunidade laboral para moita xente, cubrir as necesidades operativas do concello e da cidadanía”.

Page 30: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

30 // Febreiro 2016 // | Lalín |

A Deputación de Pontevedra salienta o papel do laboratorio de Mouriscade como referente en seguranza alimentariaNo acto de presentación tamén participaron a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña.

“Este edificio vai albergar o coñecemento, porque a in-vestigación é imprescindible para que o sector primario, especialmente o agrogan-deiro, que tantas dificulta-des ten para subsistir con dignidade, poida ser compe-titivo”, afirmou a presidenta da Deputación de Ponteve-dra, Carmela Silva, duran-te o acto de presentación do novo laboratorio de Finca Mouriscade ante o sector e representantes políticos da comarca do Deza. A pre-sidenta do ente provincial centrou a súa intervención nunha férrea defensa da necesidade de que o sector agrogandeiro galego sexa competitivo asegurando que “é un sector que forma par-te da nosa historia, da nosa tradición, e é o sector no que somos líderes e no que somos excelentes, e para que sexa competitivo temos que ter instrumentos”. Do servizo que o laboratorio de Mouriscade ofrece ao sector, Carmela Silva sinalou que “oferta seguridade alimen-taria, que hoxe en día é tan demandada polo consumi-dor actual”.Tanto a presidenta como a deputada delegada de Finca Mouriscade, Eva Vilaverde,

coincidiron en salientar o la-bor e o compromiso de todos os traballadores e traballa-doras “que fixo que se situa-se na actualidade como o laboratorio de referencia de todo o noroeste peninsular”, ao tempo que insistiron na necesidade de que todas as Administracións “traballen da man e na mesma direc-ción”. Eva Vilaverde insistiu en convidar tanto aos repre-sentantes do sector como dos concellos a “facer ache-gas e propostas que posibi-liten a apertura de novas liñas de traballo neste cen-tro”. Sobre as novas instala-cións, a deputada asegurou que “supoñen unha substan-cial mellora que nos permite adaptar os novos recursos ás necesidades e os espazos aos fluxos de traballo exis-tentes” e sinalou que “é un novo punto de partida que espero que supoña un relan-zamento deste laboratorio, sempre da man do sector e das súas necesidades” .Na mesma liña se mani-festou o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, que cualifi-cou o laboratorio como “un proxecto neurálxico para a comarca, unha comarca emi-nentemente rural, agrogan-deira, e con gran relevancia

das materias primas de ali-mentación animal como os ensilados”. Pola súa banda a conselleira do Medio Ru-ral, Ángeles Vázquez, que asegurou que “con este labo-ratorio estámoslle dicindo a Europa que apostamos polo sector, que é un sector que foi dando pasos de xigante para adaptarse sempre ás esixencias do consumidor en temas como a seguridade agroalimentaria”.Novas instalacións e balan-ce anualAs novas instalacións do laboratorio de Finca Mou-riscade foron financiadas grazas a un acordo de co-laboración entre a Depu-tación de Pontevedra e a

Consellaría do Medio Rural, mediante o que cada Admi-nistración fixo unha achega do 50% do custe total que ascendeu a 2.065.228 euros. Este convenio fora asinado no 2013 e as obras remata-ron no último trimestre de 2015. Para a adquisición de novos equipamentos, a Xunta de Goberno do ente provincial aprobou a finais do pasado mes de decembro o expe-diente para contratar a sub-ministración e instalacións de novos equipos, por un im-porte de 98.500 euros.Durante o pasado exercicio, o laboratorio recibiu un to-tal de 64.156 mostras de forraxes, pensos e materias

primas, das cales 2.332 co-rrespondían a gandeiros e gandeiras da provincia de Pontevedra. Estas 2.332 mostras foron analizadas a custe cero, o que supuxo un aforro de 19.588 euros para estes gandeiros e gandeiras.En canto a mostras de iden-tificación de xermes de leite, analizáronse 17.324 mos-tras durante o 2105. Destas mostras, 15.963 procedían de cooperativas e gandei-ros e gandeiras da provin-cia, polo que se realizaron a custe cero e supuxeron un aforro de 83.007 euros para estes clientes. Entre ambas liñas, os gandeiros e gandei-ras da provincia obtiveron un aforro de 102.595 euros.

O Concello convoca unha reunión con asociacións e con municipios polos que transcorre o Camiño de InvernoO concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, vén de anunciar a convocatoria dunha reunión con asocia-cións dedicadas á promoción do Camiño de Inverno, así como con representantes dos municipios polos que disco-rre esta ruta xacobea. O en-contro terá lugar no Pazo de Liñares o sábado, día 27 de febreiro pola mañá, a unha hora que aínda está por con-cordar. A xuntanza ten como obxectivo seguir avanzando na potenciación do Camiño de Inverno de modo coordi-nado entre todos os suxeitos

implicados no impulso desta vía.O Goberno de Lalín leva tempo traballando en me-didas que lle dean un pulo a esta ruta alternativa do camiño que atravesa Lalín e que conta cun enorme va-lor ambiental, patrimonial e histórico, converténdose así nun potencial polo de atrac-ción de visitantes. Agora, en-cabezando iniciativas como a desta xuntanza, reafírma-se o compromiso do grupo de Goberno en aras de alcan-zar este obxectivo. Vilariño recordou que o Concello de

Lalín “contará sempre coa colaboración doutros muni-cipios, colectivos e persoas que traballen e se involu-cren na valorización do Ca-miño de Inverno, posto que se trata dunha meta común a todos”. “Traballar conxun-tamente e sumar esforzos é moi importante”, remarcou, “xa que o aproveitamento que lle queremos dar á ruta e o beneficio que os nosos concellos poden obter co seu impulso nos atinxe a todos”. O encontro do próximo día 27 diríxese, nesta ocasión, especificamente a munici-

pios e colectivos organiza-dos en prol da recuperación da vía xacobea. Non obstan-te, enfocadas á cidadanía estanse a organizar outras xuntanzas coas que se lle quere dar protagonismo a toda a veciñanza na busca de iniciativas. Un destes encontros abertos a veci-ñas e veciños do municipio terá lugar en datas previas á celebración dunha andai-na polos tramos lalinenses do Camiño de Inverno, que se celebrará o día 21 deste mes. Dende a concellería de Tu-

rismo iniciaranse os contac-tos nos próximos días cos representantes municipais dos diferentes concellos po-los que discorre o Camiño de Inverno e cos diferentes colectivos relacionados coa vía de peregrinación, para formalizar a convocatoria. Buscarase que ao encontro acudan o maior número de axentes implicados, para que así, en conxunto se mar-quen as liñas mestras e se traballe colectivamente so-bre as estratexias coas que impulsar e promocionar o vieiro.

Page 31: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

// Febreiro 2016 // 31| Pasatempos|

Director técnico:J.M.MartinezPublicidade:Dpto. [email protected]ón:[email protected]:Hernandez, Arquivo, Dpto. PropioMontaxe e deseño:Dpto. Propio.Impresión:Publicaciones Tameiga

www.galiciasurpontevedra.esDeposito Legal:VG-951-2010Direccion:Apartado de Correos nº 59036080-PontevedraTelf: 986090204

Queda terminantemente prohibida a reproduccion total ou parcial de calquera dos contidos deste xornal.As marcas comerciais pertencen o rexistro das suas respectivas compañias e os anuncios publitarios co seu contido son reponsabilidade unica do anunciante.

DISTRIBUCIÓN:Pontevedra, Campo Lameiro,

Cerdedo, Forcarei, Cotobade, Ponte Caldelas, Soutomaior,

Redondela, Marín, Poio,Sanxenxo, O Grove, Cambados,

Vilanova de Arousa, Cuntis, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Valga, Portas, Ribadumia, Illa de Arousa, Barro, A Estrada,

Meis, Meaño, Moraña,Ponteareas, Mondariz,

A Cañiza,Covelo, Arbo,As Neves,Salvaterra,Porriño,Mos,Tui,

Salceda, Oia,O Rosal,A Guarda,Tomiño,

Baiona,Nigrán,Gondomar

HORÓSCOPOSUDOKU

LABIRINTOSOPA DE LETRAS

Aries: As influencias planetarias serán inmellorables para a vida privada dos Aries, quen estará moi ben coa súa parella, amigos, so-cios e veciños. Conciliadores como nunca, comprensivos, galantes, xustos e deliciosamente vitais, serán días para lembrar no amor.

Tauro: Se ten ingresos importantes, estes poden chegargrazas a un legado, unhaherdanza, unha suma que cobre o seucónxuxeou o resul-tado favorable dun xuízo. Será bo que teña en conta que a disposición anímica terá un peso decisivo á hora de buscar traballo.Os encontróns-cosseus seres queridos terán consecuencias nefastas na súasaúde.

Geminis: Estarán moi enamoradizos. Na parella reinará a in-tensidade, especialmente sexual, aínda que poida que os celos, a intolerancia, a competencia, déallesmáisdunhador de cabe-za. Ata o día 17 ten vía libre para o que se lle ocorra, xa sexa cambiar de traballo, comprometerse nun traballo extra que lle demandará bastante esforzo e facer investimentos arriscadas.

Cancer: Os Cancro enfrontaranse con persoas e situaciónshostís du-rante todo o mes de Marzo. Este mes Os Cancro estarán irritables, ca-prichosos, presionados. Na casa, as pelexas serán permanentes e para empeorar o panorama, enfrontarán situacións laborais ous ociais nas que deberán defender os seus puntos de vista fronte a persoas hostís.

Leo: Todo marchará vento en popa ata o 18, aínda que Leo pasará un bo mes de Marzo. O mes de Marzo resulta inmellorable para de-finir unha vocación pouco clara, levar a cabo viaxes de negocios e para gañar diñeiro con actividades artísticas. Esixirallemoitoaocor-po, afectando especialmente a Léoos hipertensos -que son maioría.

Virgo: Dentro dun panorama económico bastante complica-do, quizais este mes de Marzo haxa algunhas novidades posi-tivas para os Virgo, sobre todo para os que busquen traballo ou estean a se afianzar na súa profesión. Recentemente a fin de mes de Marzo comezarán a sentirse fortes como para esque-cer as ofensas, os desplantes e as ausencias das súas parellas.

Libra: Máis romántico que nunca, fará ben en renderseao amor da súa vida. Será unha época de ouro para casar, poñerse de noivo, encargar un fillo, saír de lúa de melou declararse a quen ata hoxe parecía esqui-vo. Creatividade por xunto na primeira quincena, días espléndidos para dar conferencias, facerpresentacións e brillar en eventos sociais.

Escorpio: Os Escorpio deberán facer un gran esforzo para supe-rar os celos, xa que no amor esixiranllesliberdade.Marzo será un mes tenso para Escorpio, signo moi posesivo que non adoita le-var ben con enerxías de Lume, como os que imperarán este mes.

Sagitario: Romanticismo, felicidadesen límites, aventura e desexo, moitísimo desexo, serán os ingredientes que iluminarán durante marzo as relacións íntimas. Dunha ou outra maneira acharán o amor. É probable que descubran unha vocación profunda, con compren-sible entusiasmo pero de aí a gañardiñeiroco que lles gusta facer, existe un longo treito! E deberán comezar a camiñalo aquí e agora.

Capricornio: Marzo será un mes de sucesivas decepcións e de obstáculos difíciles de superar. Os Capricornio non se atopa-ránmoi ben situados durante este mes. Rotarán bloqueados por xente hostil e por obstáculos de toda índole. E, para empeo-rar o panorama, sentirán moi esixidos polos seus seres queridos.

Acuario: En canto ao amor, todo é favorable para os Acuario, que estarán comunicativos, apaixonados, cariñosos e máiscompañeiros que nunca. Quen inicie unha relación, talvez teñan a sorte de que sexa a definitiva. Marzo comezará asombrosamente ben para Acuario.

Piscis:O mes de Marzo empezará mal, con cheques incobrables, atrasos no soldo, débedas de toda índole e amigos que lles pedirán préstamos de emerxencia. Con todo, do 17 en diante, estes con-flitoschegarán aos eu fin case máxicamente e entón poderá respi-rar, aliviado.Meditar, nadar, escoitar boa música, pintar, escribir ou ler poesía, estar con nenos e pasar algunhas horas ao aire libre.

“Febreiro, sete capas e un sombreiro”“Por san Brais, dúas horas máis”

“Por san Matías igualan as noites e os días”“O día de San Brais ten dúas horas máis”

“A xeada de febreiro, mata a vaca mailoleiro” “Por San Blas, hora e media máis”

Teatro

Page 32: FEBREIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 63 PREZO 1.20€ O goberno ...galiciasurpontevedra.es/wp-content/uploads/2014/10/... · 2 // Febreiro 2016 // | Galicia | O Museo Pedagóxico de Galicia

32 // Febreiro 2016 // | Publicidade |