farrapos 17
DESCRIPTION
FARRAPOS Nº 17. Xuño de 2015. Revista escolar do CEIP de Vistahermosa -ENDL- OurenseTRANSCRIPT
FARRAPOS
FARRAPOS
Revista escolar do CEIP de Vistahermosa -ENDL-
Nª 17, xuño 2015
SUMARIO
1.- Portada 13.- Visitamos unha tenda.2.- Sumario. Autoría. 14.- O cuco.3.- Editorial. O noso son. 15.- Para a nosa clase.4.- O último ano. 17.- Actividade do alumnado de 3º5.- Colaboración: de Primaria. Fin de curso e fin de ciclo. 18.- Unha nova familia.6.- A lembranza de Julián. 19.- A bananeira no cole. Óscar Romero. 20.- Coñecemos mananciais.7.- Xubilacións. 22.- Canción de 5º de E. Infantil.8.- Un recuncho de Educación 23.- D. de Orientación.Física Hixiene na infacia. A hixiene e a saúde. 24.- Os nenos de 3º inventan 9.- Xogos populares: biografías As tabas. ao estilo...10.- Animais fantásticos inventados 25.- (...) Conto: A nena perdida. polo alumnado de 3º de 26.- Carta ao Apalpador.Primaria. 29.- Refráns sobre os meses do 12.- O castiñeiro. ano.
Revista escolar FARRAPOS do CEIP de Vistahermosa, Ourense.Nº 17, xuño de 2015
Edita o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (”Equipo de Dinamización da Lingua Galega”) do centro.
O ENDL agradece a colaboración de todas e todos os que traballaron na elaboración de materiais. A publicación non comparte, necesariamente, as opinións dos contidos aportados.
Ilustración da portada: entrada da biblioteca do colexio, ambientada para a celebración do “mes do medo”.No último folio: cartaz “17 cousas que podemos facer pola lingua”, editado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
Responsable da edición e maquetación: José Vieito García, Coordinador do ENDL do centro. Imprime “Gráficas Galegas”. Ourense
O NOSO SONA nosa lingua é unha das linguas máis fermosas do mundo. Porque esta lingua é a miña, a lingua na que me criei, a lingua dun pobo, a lingua máxica. É a lingua dos nosos bosques fermosos, dos prados cheos de animais. A lingua de moitos talentos ocultos.A nosa lingua é o son das badaladas da catedral de Santiago de Compostela. Unha lingua falada con amabilidade e diversión. Galicia ten lingua propia, monumentos, bandeira e himno. Espero que esta lingua siga activa e se conserve. Que toda a xente galega fale galego e que se transmita de pais a fillos. Que non se rompan as tradicións galegas. Que non se perda a ilusión da nosa lingua. Que todos os galegos amemos a lingua galega por sempre xamais.
Anxo Rodríguez Domínguez, 4º
EditorialServe para algo a Ponte Vella (Romana)? Pois... para relativamente pouco:
non poden pasar coches nin camións, é un obstáculo na comunicación entre o
populoso barrio da Ponte e o resto da cidade, só é de uso peonil... Non sería
mellor tirala e facer unha de materiais modernos, con moitos carrís...?
Xa se decatarían que as cuestións anteriores son mera retórica disparatada: a
ponte forma parte da nosa identidade, da nosa historia, da arte e da cultura
local e universal; do que nós somos. Un absurdo así sublevaría aos de aquí e os
de fóra!
Porén algo parecido está a pasar con outro elemento esencial de nós: a lingua
galega... Ante a indiferencia, a complicidade ou o desprezo, cando non os
intereses máis innobles, está a ser eliminda silandeiramente.
Os datos da enquisa do Instituto Galego de Estatística (decembro de 2014)
confirma que o galego perde falantes dun xeito que ameaza a súa pervivencia:
por primeira vez na historia está a punto de converterse en lingua minoritaria
(falada por menos do 50% da poboación) no seu territorio. É a única lingua
oficial do Estado Español que perde falantes...
Con moi poucas excepcións, ningún dos sectores que podían fomentar e
prestixiar a lingua cumpre esa función. Tan só a familia e a escola parecen ser
o recurso para mantela con vida. No ensino, unha normativa
extraordinariamente contestada a nivel profesional, incrementa as
dificultades preexistente e a Administración incumple a súa propia lexislación
ao non avaliar os resultados do chamado “Decreto de Plurilingüísmo”.
Nós NON DIXAREMOS TIRAR A PONTE! Aquí seguimos loitando porque este
ingrediente fulcral da nosa cultura perviva.
COLABORACIÓN
Fin de curso e fin de cicloEn setembro do ano 2006 comezaban neste colexio uns nenos e nenas a dar os seus primeiros pasos
no Ensino Infantil. Fixéronos durante os tres primeiros anos guiados da man da profesora Elisa. Algúns choraron os primeiros días, pero Elisa soubo darlles o consolo e o cariño que necesitaban, como unha segunda nai. Que recordos tan entrañables! As cancións, as poesías, os seus amigos Pepón, a estreliña,..., lenbrádesvos? Daba gusto velos xogando no patio, cos seus mandilóns azuis, buscando entre as plantas os "bichos bóla".
Nesta etapa aprenderon a ler e a contar, a relacionarse cos demais e a ser máis autónomos. E de súpeto xa eran grandes, pois pasaban a Primaria.
A profesora María Luisa foi a encargada, nos dous primeiros anos de Primaria, de construír, con moito esforzo e sabedoría, a base principal das matemáticas e a lingua. O seu amor cara aos nenos, a súa constancia en levalos polo bo camiño e a súa xenerosidade no ensino, fixo que os nosos fillos apreciasen e respectasen a vida na escola, os libros, os amigos... Foron uns anos moi intensos de traballo e á vez moi gratificantes.
Os dous anos seguintes continuaron avanzando e desenvolvendo as súas habilidades coa profesora Teresa, quen soubo, coa súa dozura e paciencia, abrirlles as portas ao marabilloso mundo da lectura. Con ela creceron interiormente, fóronse formando como persoas.
E neste último tramo, o profesor Alonso, quen soubo tratalos como adultos e preparounos para este gran cambio que van realizar. El fíxolles ver o importante das cousas que nos rodean, de aprender a non se conformar cunha nota regu lar cando pode ser espléndida, a ter valores na vida e a loitar polos seus soños.
Tamén outros profesores os acompañaron ao longo destes nove anos: Montse, a profesora de inglés; Claudia nos seus primeiros anos coa música e posteriormente Miguel; Alfonso Vilachá primeiro e Eva despois nas súas clases de ximnasia, Mari Carmen no ensino relixioso,… Estes e outros profesores implicáronse no ensino dos nosos fillos e grazas a eles hoxe están preparados para avanzar nos seus estudos. Eles conseguiron que este grupo de rapaces sexan extraordinarios, boas e intelixentes persoas, ensináronos a pensar, a valorar, a calcular, a ser respectuosos, a ter curiosidade.
Agora toca irse, avanzar na madureza persoal e profesional. Moitos volverán chorar, como ao comezo, pero estas bágoas son diferentes, porque son de amor cara aos seus mestres e á súa escola. Foron anos marabillosos de convivencia que non esquecerán.
Nós, como pais, depositamos a nosa confianza cando vos entregamos os nosos fillos por primeira vez e esa confianza foi crecendo cos anos, ao igual que ían crecendo eles. Grazas aos profesores polo seu amor, a súa xenerosidade, a súa sabedoría e constancia no ensino e grazas aos seus compañeiros do colexio, porque nos fixeron crecer cada día coas súas risas, as súas anécdotas, os seus erros.Oxalá que nas súas vidas futuras, se reflictan os anos vividos neste colexio.
Miguel Hermida e Montse Blanco.Pai/nai de alumnos/alumnas.
A lembranza de Julián
Julián é un bo profesor. O que máis imos botar de menos del
son os seus chistes, as súas bromas e cando explica cousas con moita,
moita graza. Sempre explica as cousas moi ben e cando está a un
asunto moi importante, pode estar atento a outro.
Sempre está contigo cando o necesitas para que che explique
algo que non entendes, el sempre ten solución para todo, aínda que
teña que estar pensando moito, pero sempre encontra solución.
Grazas por estar connosco.
Lucía Álvarez Teijeiro.
ÓSCAR ROMEROÓscar Romero naceu o quince de Agosto de 1917 na cidade de Barrio, departamento
de San Miguel, no oriente da República de San Salvador. Foi un sacerdote católico salvadoreño cuarto arcebispo metropolitano de San Salvador (1977-1980), coñecido como Monseñor Romero . Estudou plan Básico en San Miguel ata a idade de doce anos . Abandonou os seus estudos e dedicouse ao aprendizaxe de carpintaría e a música. Foi durante este tempo , en 1930 e aos trece anos de idade que Óscar Romero recibiu unha chamada ao servizo de Deus en 1937, mudouse a Roma onde terminou os seus estudos teolóxicos na Universidade Gregoriana o catro de Abril de 1942. O mozo sacerdote regresou ao Salvador en 1943, cunha breve pausa na illa de Cuba xa que naquel entonces o presidente Fulgencio Batista detívoo e internouno nun campo de concentración organizada polo goberno cubano. Por fin, regresou ao seu natal San Miguel e o bispo confioulle a parroquia de Anamorós. En 1966 é nomeado secretario da conferencia de bispos. O tres de febreiro de 1977, a Igrexa Católica no Vaticano baixo o mando de Pablo VI concedeulle o título de Arcebispo de San Salvador. Durante a guerra civil deste país que daba comezo en 1979, Monseñor Romero converteuse na "voz dos sen voz"e "no pastor do rabaño de Deus que lle confiou".A defensa dos pobres sempre foi o seu criterio para xogar a política. Agora coñecéselle como "o Profeta e Mártir das Américas ", cae asasinado por un certeiro disparo ao corazón, o 24 de marzo de 1980, mentres celebraba unha misa na capela do Hospital da Divina Providencia .
"SE ME MATAN RESUCITAREI NO POBO SALVADOREÑO ""A XUSTIZA É IGUAL CÁS SERPES. SÓ MORDE AOS QUE ESTAN DESCALZOS”"HAI QUE CAMBIAR A RAÍZ DE TODO O SISTEMA”
Feito por:Lucía Calviño eAinara Rodríguez de 6º de Primaria
ClaudiaQue se podería dicir de Caludia? Unha persoa que levou toda a súa vida [porfesional] dedicada ao ensino, unha profe moi amable, cercana, agarimosa e cun gran corazón.O ano pasado (ao comezo deste curso), xubilouse, e botamos en falta moitas cousas. Sobre todo botamos de menos aquel "paxariño" que acudía ás nosas casas para vixiarnos, as súas historias día a día…Ela deixounos unha pegada moi grande e a sorte aliouse comigo e cos meus compañeiros e compañeiras ao ver que este ano tamén tivemos moita sorte co noso novo profesor porque explica moi ben as cousas, é moi gracioso e é moi bo.Estamos moi contentos de ver como profes novos chegan ao cole e de despedirnos daqueles que se van, deixando en nós pegadas invisibles. Como Claudia.
NON TE OLVIDADREMOS!Mía Macías Santalices
Durante este curso dúas persoas moi queridas no colexio deixaron o seu labor nel para descansar de tantos esforzos como lle dedicaron. Son Maricarme, a limpadora que facía tan ben o seu traballo e aínda axudaba a calquera: nenas, nenos, mestres e mestras; cando pola tarde estabamos no centro. Que ben sabía como funcionaba todo!Tamén se xubilou Claudia, a mestra de música e, sobre todo, esa persoa alegre e riseira que tanto engaiolaba ao alumnado coas súas historias e que tan bos momentos viviu e fixo vivir na sala de mestres.Agora temos ese sentimento de nostalxia por non estaren entre nós, pero tamén a alegría de pensar que poden gozar do seu tempo nesta etapa. Sempre teñen as portas abertas, así que tampouco se foron de todo.
XUBILACIÓNS
UN RECUNCHO DE EDUCACIÓN FÍSICA.A HIXIENE E A SAUDE :
A práctica de calquera deporte conleva moitas cousas das cales a hixiene
é unha das máis importantes. A falta de hixiene trae como consecuencia o
aparecemento de enfermidades en todos os sistemas do corpo, así como
enfermidades infecciosas.
NORMAS DE HIXIENE RECOMENDADAS.
?Bañarse diariamente, antes e despois da actividade física
?Secarse apropiadamente coa toalla de uso persoal, a cal debe estar
limpa. Secarse os pés correctamente evita a aparición de fungos na pel a
causa da humidade.
?Recoméndase o uso de calcetíns 100% algodón e non acrílicos para que
os pés teñan adecuada ventilación e evitemos a excesiva suoración.
?Débese usar champú para manter o cabelo limpo e sen parásitos (piollos,
lendias) .
?Evita o uso excesivo de gominas para o pelo, xa que propician a aparición
de sequidad e caspa.
?Asistir a chequeo médico.
NORMAS DE HIXIENE DEPORTIVA.
?1- Adestrar con roupa deportiva.
?2- Recoméndase levar unha botella de auga individual para evitar a
deshidratación .
?3- Esta totalmente prohibido o uso de colares, pulseiras, reloxos e
aneis que poidan facer dano aos compañeiros.
?4- É OBRIGATORIO levar utensilios persoais para ducharse despois
de facer EF (mochila, toalla, xabón, chancletas, peite, muda,etc). A sesión
de EF non finaliza na pista ou ximnasio, senón no momento de abandoar o
vestiario.
?5- E OBRIGATORIO levar roupa de recambio para despois da ducha.
?6- Recoméndase levar calzado de recambio para que os pés descansen
das zapatillas de deporte.
Xogos populares: AS TABAS [Forma normativa CHUCAS]
Tamén chamadas astrágalos, porque, se os metes na boca, "has tragalos"!
Materiais: Para xogar empréganse cinco ósos dos nocellos de calquera animal
herbívoro (ovellas, cabalos, vacas…) Tamén se pode xogar con pedras de río ou noces.
Número de xogadores: Pódese xogar dende un xogador ata os que se queira.
Tempo aproximado: Depende da práctica que teñas
Forma das tabas: As tabas teñen catro lados:
1-A ponte- É a parte de enriba, e chámaselle así porque ten un pequeno burato na súa
superficie.
2-O bosque- É a parte de enbaixo. É totalmente plana.
3-O oito- Presenta un oco ou zona cóncava.
4-A serpe- Ten un pico que lle sobresae dun dos seus extremos, que é a cabeza da
serpe.
Execución: Un xogador comeza. Colle unha das cinco tabas cunha man e as outras
catro coa outra, e tira as catro ao chan, de maneira que queden dispersadas, pero
preto unhas doutras. Coa outra man (na que ten a quinta) debe lanzar a taba que ten
na man e, mentres está no aire, coller unha do chan e recoller a que estaba no aire
antes de que caia. Isto sería xogar a primeiras. A segundas faise o mesmo, só que, en
vez de coller unha soa taba do chan mentres a outra está no aire, cóllense dúas. A
terceiras, tres, e a cuartas, catro.
ANIMAIS FANTÁSTICOS INVENTADOS
POLO ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA
O serdragón é tipo serpe e tipo dragón.
Bota lume pola boca. ANDREW TABI
O monopeixe ten cola e cabeza de mono,
o corpo de peixe e aletas na cabeza.
Gústanlle os plátanos.
Pode nadar e respirar
fóra da auga. Cando están
en perigo métense na
auga. Viven en Africa.
SOFÍA CARCACÍA E
SOFÍA MUÑOZ
O monopaxaro é un paxaro coa cabeza de mono
e o corpo de paxaro.
ISABEL MONTENEGRO
O patoarañacrocodilo é
un parrulo e unha
araña. Asusta á xente
e aos parrulos. Ten a
cabeza de parrulo,
patas de araña e a
cara de crocodilo.
IZAN GÓMEZ E
ELIZABETH NOVOA
O cabadrago é metade cabalo e
metade dragón. Pode voar e correr
mil km por minuto. Cando está en
perigo bota lume.
ADAY CARDOSO
O camaequidna é ovíparo e
insectívoro. Ten a lingua igual de
longa ca o corpo.
Escorpiaraña (escorpión que bota tea de
araña)
NICOLÁS ESTEVEZ E DANIEL PIGAZO
O Serpefalcondragón vive no Amazonas,
só queda un no mundo. Pesa dez mil
quilos. Pode reptar e voar a cincuenta mil
km por segundo. É o animal máis rápido
do mundo. SANTIAGO PÉREZ
O crocofante é un animal moi baixo, ten unha trompa moi longa e ten
escamas. Deixa unhas pegadas moi grandes na terra, porque ten
unhas patas gordas coma os elefantes. É carnívoro e nada. Pola
trompa cuspe saliva. É un animal moi mimoso. Vive nunha cova chea
de auga, na sabana de Africa. Gústalle a carne de porco, cousa que é
difícil porque alí non os hai.
Gústalle xogar cos elefantes e
cos crocodilos. É un animal
moi raro.
ALBA ALVAREZ
BARROSO E ANDREA
DAPENA SUÁREZ
O hiposo ten a cabeza de oso
e o corpo de hipopótamo
ANA ROSA PINEDA
O montouro (mono+touro) é
moi grande e fraco. Ten
catro cornos. Gústalle moito
os plátanos e pendurarse das árbores altísimas.
LEIRE VELOSO E ARTUR PERMUY
Dende nena, levo celebrando o magosto na miña escola, divertíndome cos meus compañeiros e gozando da mañá tomando bolos preñados e castaña as asadas, que nos servían nunhas bases de cartón. Este ano, tócame facer un traballo do castiñeiro e dos seus froitos, (as castañas).
Ao longo do tempo aprendín a historía desta árbore, e fun apreciando cada vez máis a súa natureza. Gozei respirando o seu aire ma miña aldea, pois a tranquilidade que hai nela, permítete desfrutar dos pequenos momentos. Sempre que vexades un castiñeiro ou calquera
outra árbore non a maltrates, pois iso prexudícavos.
A orixe do castiñeiroO castiñeiro é moito mais vello que o
home. Fai máis de 40 millóns de anos xa había castiñeiros na
T e r r a . N u n p r i n c i p i o o castiñeiro vivía en áreas mais septentrionais das que hoxe habita, pero cando chegaron as xeadas enfriou o clima e o castiñeiro foise da Europa e r e f u x i o u s e n a z o n a mediterránea.
O castiñeiro en Galicia
Non se sabe con certeza cándo apareceron os primeiros
castiñeiros en Galicia. Polo de agora aínda non se atoparon probas de que as
castañas se usasen como alimento humano en Galicia antes do século I. En Galicia, a partires da romanización, o cultivo do castiñeiro foise estendendo ata ocupar case toda a rexión, converténdose a castaña nun alimento básico.
Por: Gladys L. Hermida B.
VISITAMOS UNHA TENDA
O día 22 de abril as nenas e nenos de 1º fomos coñecer unha tenda que está cerca do noso colexio.Fomos en tres equipos: un da entrevista, outro dos prezos e outro dos debuxos.O equipo da entrevista tiña que entrevistar á nai dunha compañeira que é a dona da tenda e chámase Eva.Os dos prezos anotaron o que custaban algunhas froitas e tamén que cousas que había a vender na tenda.
O equipo do debuxo tiña que debuxar a tenda por fora.Cando iamos saír do colexio estaba chovendo moito pero despois parou. Polo camiño fomos vendo os sinais de tráfico e despois chegamos á tenda.Cada equipo fixo a súa tarefa e logo comemos froita que nos tiña preparada a tendeira.
Había: sandía, néspera, pera, piña, mango, amorodos e uvas.Ao marchar, deunos unha bulsa de chuches e nós démoslle as grazas.
Volvemos ao colexio por outro camiño de cando fomos.Despois na clase fixémoslle un mural para agradecerlle o que nos deixase visitar a súa tenda e nos convidase.
Clase de 1º E.P.
ACTIVIDADE DO ALUMNADO DE
3º DE PRIMARIA
O día 30 de xaneiro de 2.015 fomos á
Aula da Natureza en Oira e
explicáronos cousas sobre as abellas.
Dixéronos que hai 20.000 especies de
abellas e que en cada colmea caben
50.000 abellas.
Tamén nos dixeron que nas colmeas
hai tres tipos de abellas: abella
obreira, abázcaro e abella mestra,
que vive 5 anos, mentres que as
outras abellas só viven 30 días.
As abellas son ovíparas e o ovo
tarda 21 días en nacer. A abella
mestra pon 20.000 ovos ó día.
As abellas constrúen as súas casas
nas árbores para refuxiarse do
sol, do vento e da choiva. Vimos
un vídeo onde un señor escalou
unha árbore de 40 metros para
recoller mel.
Vimos traxes de abelleiro e
deixáronos vestir con eles.
Tomamos galletas con mel. Fixemos
unha candea. O chico deunos una
lámina de cera e nós fómola
envolvendo… Así nos quedou a
candea.
REDACTADO POR:
VERA, NICO, SILVIA, SOFIA E ARTUR
UNHA NOVA FAMILIA POMBA E OS SEUS POLIÑOS
O luns catorce de abril todo o noso colexio puido contemplar a fermosura do milagre da vida.
Ao outro lado dos valos do patio, na copa dunha frondosa árbore, atopábase un niño e nel podíanse observar unha pomba cos seus lindos poliños.
Xa uns días antes se puidera ver a nai incubando os ovos
dos seus futuros fillos.Todos os presentes nese día,
quedamos pampos cos novos seres. Os primeiros en atopar aquel
fermoso milagre foron alguns alumnos de sexto curso, os cales deron a noticia.
Ao correrse a voz, foron chegando nenos e nenas de todos os cursos, ata que case todo o colexio fitou a un só punto, a nova familia...
Agora xa non están, porque despregaron as ás e comezaron a voar; pero quedou un recordo delas: O SEU NIÑO!
Lucía Montecelo e Gladys Hermida 6º E.P
Rocio Ogando, 6º curso
Sandra Justo Gil
COÑECEMOS MANANCIAISEste ano as nenas e nenos de primeiro tivemos que facer un traballo, que foi coñecer onde abrolla a auga da terra. Chámanse mananciais e poden ser moi diferentes. Tamén poden servir para moitos usos.Cada nena ou neno foi coa súa familia coñecer unha fonte. Tivemos que anotar unhas informacións e facer un debuxo. Fixéronnos fotos e logo vímolas na clase e explicamos como era o noso manancial, onde está, e para que se usa a auga ou se é famoso por algo.Estes son algúns:Manancial de Quintas. Está en Figueiredo, Paderne de Allariz. Xa foi arranxado polas persoas e antes usábase para lavar a roupo, pero agora non.Manancial do Rego do Monte. Está en Monte de San Xusto. Está de forma natural e úsase para regadío dos campos. Non ten ningunha outra propiedade especial.Fonte da Piñeira. Está en Ponte das Táboas, en Castro Caldelas. Está de forma natural. As augas utilízanse para usos medicinais. Teñen moito xofre e son moi boas para problemas da pel e eczemas.Manancial do Coio. É en Elle de Abaixo, no concello de Cartelle. As persoas puxéronlle pedras para protexelo e a auga úsase para regar as leiras. No é unha fonte famosa.Regueiro de Pardollán. Está na Serra da Enciña da Lastra. Está de forma natural. A auga corre pola ladeira da serra.É auga carbonatada.Manancial O Rozo. Encóntrase en Reza e foi arranxado polas persoas. A auga emprégase para uso doméstico. Non ten ningunha propiedade especial nin é un manancial famoso.Manancial do Tinteiro. É en Ourense, por abaixo da N-525. Está de forma case natural, aínda que foi arranxado polo concello.A auga utilízase para beber e para frotar na pel. Ten poderes curativos. Cura: problemas de pel, catarros, cicatrización de feridas. A auga é fluorada, sulforada, sódica e bicarbonatada. É famoso por ser augas medicinais.As Burgas. Está en Ourense, onda a Praza de Abastos. Foi arranxado polas persoas. Ten finalidade curativa e é famoso por iso e por ser auga moi quente.Manancial da Lameira. Está en Fondo de Vila.Manancial O Sntiño. É en Bentraces, Barbadás. Foi arranxado e a auga úsase para beber. É coñecido por ser centenario e porque nunca secou.Manancial O Fragoso, en Ramiras (Castrelo do Miño). Non está arranxado e úsase para beber.A Fonte da Canella do Forno do Jaime. Está en Santiago dos Mixtos. Está de forma natural e empregase a auga para regar. Antigamente utilzábse para facer o pan.Rio Barbaña, Ourense. Está arranxado polas persoas e as augas non se usan para nada concreto.
1º curso de E.P.
Manacialde SantaUxía
RíoBarbaña
Manacialdo Coio
Manancial de Pardollán Manancial dos Canastros
Fonte da Canella doForno do Jaime
Manacialdo
Fragoso
Manancialdo Regodo Monte
Manacialdo Rozo
Manancialdo
Santiño
Manancialde Quintas
Manacial doTinteiro
Fonteda
Piñeira
Manacialda Lameira
Cando? * Lavarse o cabelo de dúas a tres veces
por semana.A HIXIENE na *Frotar coas xemas dos dedos, nunca coas uñas.
*Finalizar botando suficiente auga para que non queden infancia restos de champú.
HIXIENE BUCAL:Que é? É o conxunto Que é? É a eliminación de de coidados que necesita o bacterias e sarros acumulados noso corpo para aumentar a pola inxesta de alimentos do súa vitalidade e manterse nun día.estado saudable.
Por que? Porque axuda a Por que? prever caries e enfermidades
* Para evitar nos dentes.enfermedades infecciosas.
Cando? * Para sentirnos ben.
*Despois de tomar o almorzo * Para dar unha boa imaxe e apariencia.* Despois de comer
HIXIENE DA PEL: * Antes de durmirPor que? É importante porque diminúe a HIXIENE XENITAL:acumulación de suor que favorece a aparición de
Por que? Porque se atopan próximos aos infeccións e mal cheiro.
orificios de saída da ouriña e as feces, que requiren Materiais: especial atención para evitar a aparición de xérmenes,
*Xabrón infeccións e mal cheiro.*Auga
HIXIENE DE MANS E UÑAS:*Toalla persoal
Por qué? Porque son un importante veículo de * Desodorizantetrasmisión de infeccións.HIXIENE DO CABELO:Cando?Por que? O pelo ensuciase con moita facilidade
* Lavarse as mans despois de ir ao baño.porque retén pó, polas secrecións propias do coiro * Despois de tocar animais.cabelludo e porque tamén axuda a prever a aparición *Antes e despois de consumir alimentos.de pediculosis (piollos).
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
HIXIENE COAS MASCOTAS E ANIMAIS DOMÉSTICOS:. Vacinalos periodicamente.. Lavar e desinfectar periodicamente o lugar onde permanecen os animais.. Se temos can, bañalo, polo menos, unha vez ao mes.. Lavar as mans inmediatamente despois de tocar as mascotas.. Non bicalos, sobre todo preto do nariz e da boca.. Asearse moi ben despois de ter contacto cos animais.BIBLIOWEB:- https://escuelaserpadres.wordpress.com
OS NENOS DE 3º DE E.P. INVENTAN BIOGRAFÍAS Ó
ESTILO DE "TOUS LES ENFANTS DU MONDE ENTIER"
É guapa e moi presumida. É coma unha
modelo, e modelo é. (Alba Alvarez)
Vive en Perú; é especial porque come e
toca á vez. (Vera Gutiérrez)
Javier vive en Arxentina
e o seu soño é viaxar. Como non pode
viaxar entón fai un avión de papel e
pon unha formiga no avión. (Santiago Pérez)
Carla é loira e ten os ollos
azuis. É moi guapa. Ten unha
cousa moi curiosa: qué ten
tanta imaxinación que pensa
que voa. (Sofía Muñoz)
Germani vive en República
Dominicana. É un pouquiño alta, é moi boa e sempre presta
as súas cousas. (Ana Rosa)
Ramón é moi gracioso; entón chámano
pallaso. Todos os anos Ramón, en Samaín,
disfrázase de pallaso. (Sofía Carcacía)
Á miña amiga Victoria
encántalle os libros. Unha vez
prestoume un. O libro foi moi
divertido! (Yanira Rojas)
Vive en Venezuela. Antonio é especial porque corre coma
unha locomotora. Un día fixemos unha carreira, e
Antonio coma sempre chegou de primeiro posto á meta,
pero como era tan pero tan rápido, non viu a meta e seguiu
correndo e correndo cama unha locomotora. E nos tivemos
que correr detrás del dicíndolle: "Antonio, para xa, que xa
pasaches a meta!.
A, ag, ag.
Antonio para…!
Para…!
A, ag, ag, a, ag, ag…
Vive en México. Arturo é
especial porque sabe tocar a
guitarra e a trompeta á vez.
Vive en Islandia. Miguel é especial porque sempre
que ve un camaleón o imita. O seu animal preferido é
o camaleón enano. (Nicolás Estévez)
ContoA nena perdida
Esta é unha historia de unha nena que se chamaba Ana. Era unha nena moi
obediente, moi educada e sempre se portaba moi ben. Un día pasou algo terrible: Ana
pedíralle a súa nai que se podía saír a dar un paseo, pero Ana vivía nun campo e tivera que
ir dar o paseo polo bosque. A nena ía tan feliz que non recordou o que lle dixera a súa nai
``non te adentres moito no bosque que logo non sabes saír´´ e efectivamente Ana ía tan
feliz que non se deu de conta de que se adentrou tanto no bosque que non daba saído de
alí. De alí a un bo rato os pais de Ana estaban moi preocupados pola súa filla que aínda non
voltara a casa, estiveron chamando por ela aos catro ventos pero ela non os ouviu,
daquela Ana fixo unha fogueira e nun instante quedou durmida. Ana pasou catro días
comendo só vermiños e froitos que había por o bosque ata que un día cando fixo a súa
terceira fogueira o fume que saía dela alertou aos seus pais e chamaron aos bombeiros e
á policía e buscando de onde viña aquela fumareda encontraron a Ana e levárona xunto
aos seus pais. Ao chegar a casa deulle un bico e un aperta enormes aos seus pais
deullelas grazas aos bombeiros e aos policías e volveron á casa.
Feito por: Vanessa e Yaiza. Curso 6º
Vanessa Conde, 6º curso
REFRÁNS SOBRE OS MESES DO ANO
O Equipo de Normalización e Dinamozación Lingüística do Colexio propuxo este curso unha actividade de coñecemento da nosa cultura: a recolleita de refráns sobre os meses do ano. A resposta foi ben abondosa, con ducias de ditos do noso refraneiro no referidos aos distintos meses.Os ditos e refráns son expresión dunha cultura e da sabedoría colectiva. Aínda que, dada a temática, moitos se refiren a labores agrícolas que hoxe son alleas a gran parte da poboación, seguen a ter vixencia como información práctica (meteorolóxica, por exemplo) ou como fonte de información sobre a historia e a cultura colectiva. Sucede tamén que as culturas non son estancas (cada día menos) e os refráns pasan dun pobo a outro, coas adaptacións precisas para manter un dos elementos característicos: a rima.Presentámolos aquí, organizados polo mes ao que se refiren, (ou polo que aparece en primeiro lugar, se se nomean varios) e dentro deles por orde alfabética.Outros criterios seguidos: admitíronse outras denominacións xeralmente aceptadas, ben sexa por influencia cristiá (santa ou santo famoso dese mes), do calendario agrario ou de aporte pagán. O resto de refráns, ou ditos que non parecen ser refráns galegos, incompletos, referidos a datas e non a mes xenérico, etc; aparecen agrupados como “Outros refráns”. As palabras que se detectaron como non coincidentes coa normativa oficial, van acompañadas da súa forma VOLGA. Certos termos que semellan de difícil interpretación, levan a seguir explicacións tomada de diversos dicionarios.Grazas a todas e todos pola colaboración!!
XANEIROA galiña de xaneiro pon o ovo no palleiro.A lúa de xaneiro non ten compañeiro. Xaneiro, sete lobos no carreiro. A neve que lle entrega nadal a xaneiro dura como o aceiro. A xeada de xaneiro mata a vaca [e] mailo leiro.Cando no xaneiro bebes, en agosto hai neves.Cando no xaneiro bebes, en agosto hai neves. Canta a merla no mes de xaneiro: vai ao de fóra e deixa o palleiro.Deus me dea meu fillo herdeiro onde pare a néboa no mes de xaneiro. En xaneiro súbete [sube] ao outeiro: se ves verdegar, ponte a chorar, se ves branquexar, ponte a cantar.En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro.En xaneiro, non te separes do braseiro.En xaneiro, sete lobos no carreiro.En xaneiro; bufanda, abrigo e sombreiro.No mes de xaneiro, cos pés no braseiro.No mes de xaneiro, pon os pés no braseiro.No xaneiro, o mes é larpeiro.
Non hai lúa coma a de xaneiro, nin amor coma o primeiro.O dezasete de xaneiro, san Antonio verdadeiro día trece de san xoán san Antonio mintirán.O que queira ter bo alleiro, que semente no mes de xaneiro. O sol de xaneiro non ten compañeiro. Por xaneiro, os lobos baixan ao palleiro. Xaneiro greleiro.Xaneiro pasou, e a que fiou fiou.Xaneiro quente trae o demo no ventre.Xaneiro xeoso, febreiro amoroso, marzo ventoso, abril chuviñoso, maio pardo [e] san xoñan claro son as chaves do ano.Xaneiro, oveiro. Xaneiro, santeiro.
FEBREIROA xeada de febreiro, mata a vaca [e] mailo leiro. En febreiro, enche a auga o regueiro.En febreiro, sae o oso do oseiro [da oseira].En febreiro, sete capas e un sombreiro.En febreiro, sete mantas e un sombreiro.En febreiro, vaite can ao palleiro. Febreiriño a fervellar e a porreta do pan a medrar. Febreiriño corto [curto], cos seus día vinte e oito, se dura máis tres non queda can nin gato.Febreiriño corto [curto], cos seus días vinte e oito; se duraras máis catro, non deixabas can nin gato, nin cornos no carneiro, nin orellas no pegureiro. ["Pegureiro": persoa que leva o gando a pastar, especialmente cabras e ovellas].Febreiriño corto [curto], cos seus días vinte e oito; se máis durara, non quedaba can nin gato, nin rato no burato.
Febreiro corto [curto], cos seus días vinte e oito, se leva catro máis, non queda can nin gato.Febreiro tasqueiro, nin boa meda nin bo palleiro. ["Tasqueiro": pendencieiro, pelexón, relativo á tasca(taberna)]Febreiro, sete capas e un sombreiro. Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira.Neve en febreiro é un lobo no quinteiro.Pastor: -adeus febreiro! Ti vaste coas túas febras e eu coas miñas ovellas. Febreiro: -con dous días que me quedan e dous que me empreste o meu compañeiro marzo, vou acabar coas túas ovellas e con teu pelello.
MARZOCando en marzo maiea, en maio marcea.Cando marzo maiea, maio marcea. Cobras en marzo, neves en maio.Día de marzo entra rindo e sae chorando.En marzo nin a veleta (cataventos) para días quieta.En marzo, a auga queima e o sol cega.En marzo, abrigo, noces, pan e trigo. [En marzo, abrigo, noces e pan trigo].Entre marzo e abril sae o cuco do cubil. Entre marzo e abril, o cuco ha de vir.Horta no marzo verzas no brazo.Marzo airoso, abril chuvioso sacan a maio florido e fermoso. Marzo chuvioso, verán caloroso. Marzo marceador, de noite chove, de día vai sol.Marzo marcisco, algúns días corisco.Marzo marzal, de día cara de rosa e de noite cara de can.Marzo marzal, o que non empezou ben; remata mal.Marzo marzal, pola mañá cara de risa, pola noite cara de can.Marzo marzal, pola mañá cara de rosa e pola tarde cara de can.Marzo marzán, á mañá cara de can, a mediodía cara de raíña e á noite sega coma unha fouciña.Marzo marzán, á mañá cara de rosa e á tarde cara de can.Marzo marzán, cara de can.Marzo marzolo, trebón e raiolo. Marzo traidor, un día malo e outro peor.Marzo ventoso e abril chuvioso.Marzo, marzal, de mañá inverno e de tarde verán.Marzo, marzaricán, á mañá cara de rosa, á tarde cara de can. Nin marzo con flores, nin moza sen amores.No mes de marzo, queima a dama no [o] palacio.O sol de marzo queima a dama no pazo. Se en marzo canta a ra, en maio xa calará.Se marzo pasou e o cuco non chegou, é que algo lle pasou ou a fin está a chegar.Se o cuco non canta entre marzo e abril, ou o cuco está morto ou a fin quer[e] vir.Sol de marzo pega coma un mazo.
ABRIL
A auga de abril enche o carro e o carril.A auga en abril enche o carro e o carril.A sardiña por abril, cóllea polo rabo e déixaa ir; por maio ásaa no rescaldo e en san xoán xa molla o pan.
A vella dos anos mil gardaba pan para maio e leña para abril.Abril a lan carda, e maio leva a fama.Abril chove para as xentes, e maio para as bestas.Abril chuvioso, maio pardo e san xoán ventoso traen o ano compogoso. [Compogoso: adj. Propício, favorável, próspero (Dicionário Estraviz)].Abril e maio son as chaves do ano.Abril esfola, pero maio amola.Abril pare os froitos e maio lévaos ó lombo.Abril, abrilón; auga por un tubo e pode que un trebón.Abril, augas mil. Abril, pendoril; maio, engraio; san xoán, segaio.Abril, se por mal quere vir, aínda as portas non deixa abrir. Chova en abril e maio e non chova en todo o ano.En abril déixame durmir, que en maio de seu me caio.En abril, augas mil.Entre maio e abril sementa o teu perexil.No mes de abril, fai queixos mil.
MAIO
Ai, maio, maiolo! Peor aínda é o mes que vén logo.A landra que non se ve en maio, non se ve en todo o ano.A ovella do pobre no maio morre.A ovella e a abella no maio deixan a pelexa.A sardiña no maio que a parta un raio.Are quen arou, que maio xa pasou.As sardiñas en maio, pingan no borrallo e polo san xoán, pingan no pan.
Ata o corenta de maio, non quites o saio.Auga de maio, non fai dano.Auga en maio, pan todo o ano. De sol posto en maio, aínda un xastre fai un saio.Dende maio a xullo, as cereixas son coma puños.Detrás de maio vén san xoán.Día da Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado. En maio, aínda a vella queima o tallo.Maio claro coma o ollo do galo.Maio maión, moitas flores e trebón. Maio me molla, maio me enxuga.Maio pasa como un raio. Maio sen trebóns, é coma home sen collóns. Nin maio sen trebóns, nin home sen calzóns. O dez de maio sementa co saio.O mes de maio sementa co saio.O que maio rega, maio seca.Tres cousas hai en maio que perden a sazón: o chourizo, a castaña e a predicación.
XUÑO / SAN XOÁN / SAN XOHÁN
A chuvia no san xoán, tolle o viño e non dá pan.A invernía de San Xoán tolle o viño e non dá pan. Auga de San Xoán, nin palla nin gran.Auga en san xoán tolle o viño e non dá pan.Auga por san xoán, quita o viño e non dá pan.En san xoán a sardiña molla o pan.En san xoán hai gaitas por pan. En san xoán, a sardiña xa unta o pan.En xuño, fouce en puño.Por San Xoán nin viño nin pan. Por san xoán, a sardiña molla o pan.Por san xoán, as once con día dan.Por san xoán, come a pera e deixa o pan.
XULLO / SANTIAGO
[En] xullo arder [e] patacas coller.En xullo, beber e suar, en balde o fresco buscar.O que non aproveita xullo para se bañar, é que ten medo do río ou do mar.Polo Santiago, esconde o coello o rabo. Polo San Miguel, vólveselle dar [ver].Por Santiago esconde o coello o rabo. Se en xullo non te queres bañar, é porque lle tés medo ao río ou ao mar.Xullo andado, millo arrendado. Xullo, arder e patacas coller.
AGOSTO /SANTA MARIÑA
A auga de agosto non fai magosto.A auga de Santa Mariña na meda fai fariña. A castaña quere en agosto arder e en setembro beber.A sombra quere ser de agosto e o sol de setembro. Agosto ardente queima na xente.Agosto ardenteiro, herba no palleiro. Agosto mollado, neve todo o ano. Auga de agosto, mel e mosto. En agosto secan os montes, en setembro secan as fontes.En agosto, aínda que sexa pouco, quen non goza é louco.En agosto, enfría (arrefría) o rostro.Nin en agosto camiñar, nin en decembro navegar.Pola Santa Mariña o millo barbaña axiña.
Se hai néboa na primeira semana de agosto nin bos nabos nin bo magosto. Se o mes de agosto ven claro, bo magosto e bo nabo e se ven nubrado, poucas castañas e nabos furados.
SETEMBROEn setembro andan os melóns por todos os rincóns [recantos].En setembro arden os montes e secan as fontes. En setembro, ao fin do mes, a calor volve outra vez.En setembro, á vendima correndo. O que queira boa vendima facer, que se poña en setembro a recoller. Setembro é froiteiro, alegre e festeiro.Setembro, ou levas as pontes, ou secas as fontes. Setembro; ou leva as pontes, ou seca as fontes.Temperá é a castaña que en setembro regaña.
OUTUBRO / OUTONO
A horta no outono, mantén ao seu dono. A lúa de outubro sete lúas cubre [cobre].En outono, a horta mantén ao seu dono.Neve en outubro, sete meses cobre.Outono chegar e o porco a cebar.Outono quente, trae o demo no ventre. Outubro chuvioso, ovo copioso.Outubro quente, inverno detente. ["doente"?]Si as patacas non colles en Outono has pasar mais fame que un mono.
NOVEMBRO / SANTOS / SAN MARTIÑOCada porquiño, ten o seu San Martiño. En novembro, fai a matanza e enche a panza [barriga].En novembro, o lume acendo.En san martiño, remonta cada día un ferradiño.Entre santos e natal, inverniño carual [caroal: (3) Diz-se do inverno que ainda não é muito frio: entre santos e natal, inverno caroal; entre janeiro e fevereiro inverno verdadeiro. Dicionário Eletrónico Estraviz]Entre Todos os Santos e Navidade [Nadal] é inverno de verdade.No mes de santos e defuntos mata os teus porcos e vai facendo bo caldo cos untos.No san martiño, morre o porquiño.Novembro, ditoso mes, que empezas con Santos e acabas con San Andrés.O que queira bo alliño, que semente no san martiño.Polo san martiño colle o porco polo fociño.Polo san martiño, deixa a auga, come pan e bebe viño. Polo san martiño, mata o teu porquiño.Polo san martiño, trompos [buxainas] ao camiño. Polo San Amaro, trompos ao faiado.Por todos os santos, neve nos campos. Santos ou seca fontes ou leva pontes.Se no mes de novembro sen abrigo vas, ou moi po[bre] es, ou moi mal estás.
DECEMBRO /NADAL / NATAL
A neve que lle entrega nadal a xaneiro, dura coma o aceiro.Decembro nevado, para o trigo do ano.Decembro, fume na ladeira e chuvia no lameiro.En decembro caen as xeadas e asamos as castañas.
Nadal chuvioso, xaneiro ventoso.Nadal mollado, xaneiro xeado. No mes de nadal gárdate a carón do lar.O que queira ter bo allal, plánteo no nadal. Tantos días de xeada en Nadal como días de sol en San Xoán.
OUTROS REFRÁNSA cada porco lle chega o seu San Martiño.A lúa crecente de agosto é a mellor para que aproveiten os baños a un enfermo.Abril sen granizo (sarabia), deus non o fixoCando a Candelaria chora medio inverno vai fóra; nin que chore, nin que deixe de chorar, medio inverno está pasado, o outro medio por pasar. Cando a perdiz canta, nublado venCando na pota queda lume, ao outro día chove.Cando o cuco vai cucar, colle o cesto e vai sementar.Cando o grilo canta, tira coa manta.Canto máis norte, máis frío de morte.Día de Santa Cruz vai ver a túa viña se reluza.En agosto, sandía e melón son un bo refresco.Líbrame ti da mala veciña, que eu te librarei da neve marciña [marcelina]No mes de mortos, non saches a horta, non capes os porcos. Novembro, santos e neve.Nunca choveu que non escampara.Polo Pilar xa empeza a enfriar [arrefriar].Polo San Andrés, un porco fai tres.Polo San Blas (Brais), hora e media máis.Polo San Miguel, xa o coello se ve ben. Por San Antón, xa a galiña pon, polas Candelas, todas elas. Por san Brais, dúas horas máis. Por san Matías igualan as noites e os días.Por San Miguel, verás chover.Por San Pedro, rega con medo.Por Santa Lucía, mingua a noite e medra o día. Santa Lucía quita noite e mete día.Santa Lucía, neve na pía. Se chove por Santa Ana, chove un mes e unha semana.Se queres mel, cata polo San Miguel, se queres abellas cata polas Candelas.Sogra e nora, can e gato; non comen ben no mesmo prato.
ENTREVISTA A AMANDA[Amanda é a auxiliar de conversa de inglés que temos no Colexio de Vistahermosa. É norteamericana, de Ohio, e está entre nós por segundo ano consecutivo. Ela xa se defende en galego. Noelia e Nerea, de 6º curso, entrevístana para Farrapos.]
Noelia e Nerea: Como te
decidiches a vir para Ourense a
dar clases de inglés?
Amanda: Vin para Ourense por
temas familiares e decidín
quedarme polo interesante que
me pareceu a cidade.
N.N: Cando chegaches a España
xa sabías falar español?
A: Si
N.N: Cantos anos levas en
España?
A:Cinco anos
N.N: Cal foi a primeira cidade
que visitaches de España?
A: Alcalá de Henares (Madrid)
N.N: Como foi a túa experiencia no C.E.I.P. Vistahermosa co grupo de sexto de
primaria?
A: Moi boa.
N.N: E cos demais cursos?
A: A maioría moi boa tamén.
N.N: Sénteste a gusto neste colexio?
A: Si,moito
N.N: Deches clases de inglés noutros colexios?
A: En colexios non pero en institutos si; o de Sarria, Ferrol e A Rioxa.
N.N: En que academia aprendiches español?
A: BOWLING GREEN STATE UNIVERSITY
N.N: Nun futuro tes pensado volver ao teu pais?
A: De visita si, pero permanentemente non.
N.N: Moitas grazas!
aloumi-ñala como
un arrolo que adurmiña
o naipelo que repousa no
teu colo
17 cousas que podemos facer pola lingua
(o 17 de maio e o resto do ano)
agasallala en todas as datas que
levan dentro unha ilusión
compartida e un desexo de
felicidade
levala de paseo ao parque para que
poida escorregar polo tobogán dos soños
usala cando namora-mos como parvos para
non aburrir-nos como
ostras
levala de compras
para que vexa escaparates
co cartel de rebaixas
metela na male-
ta que nos leva de viaxe
por todos os mapas que
soñamos
con-vidala a
esa festa de aniversario
onde toda a familia canta
contenta unha canción
desafinada
po-ñela ele-gante para que desfile polas mellores pasarelas
com-partila
arredor dunha mesa redonda onde al-
guén fai un brinde polo
futuro
facela voar
con dragóns enormes antes de
que Pedro Chosco entre no cuarto das crianzas
a fechar todos os ollos
lanzala ao ceo cos
papaventos e botala ao chan
para que bailen as buxainases-
cribila nas pa-redes con
versos que poida enten-
der todo o mundo
le-vala ao traballo a pri-meira hora para que se comporte puntual e eficien-te
intro-ducila na
lista da com-pra para que non
nos esquezan o azucre e as patacas
sacala fóra cando nos
piden que a gardemos
pe-dila ao
camareiro para que nos
saiba mellor o café con
leite
ensi-nárllela
aos turistas como a mellor
postal da nosa terra
e, sobre todo,