familias!! - edu.xunta.gal...deséxovos unha marabillosa fin de semana! disfrutade moito! maria ....
TRANSCRIPT
![Page 1: Familias!! - edu.xunta.gal...Deséxovos unha marabillosa fin de semana! DISFRUTADE MOITO! MARIA . Title: Microsoft Word - ACTIVIDADES 14.doc Created Date: 4/23/2020 8:09:16 PM](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022060914/60a8685330845e6e473bc432/html5/thumbnails/1.jpg)
Familias!! Preséntovos unhas novas propostas con todo o meu cariño para os vosos pequenos e pequenas e para vós! ☺ Quería compartir convosco que todas estas propostas son orientacións, ideas que vos aporto…pero que vós podedes adaptalas e modificalas segundo a vosas circunstancias ☺ • GRAFOMOTRICIDADE DIVERTIDA. Nesta ocasión imos practicar a
grafomotricidade empregando pasta de comer. Podemos pegar sobre unha base de cartón macarróns e os nenos e nenas teñen que ir ‘’cosendo’’ facendo o trazo que lle indiquedes, pode ser horizontal, vertical, diagonal e se queredes facelo máis complicado se eles volo piden pode ser en zigzag, en cadrados… como se vos ocurra! Iso si, deixade espacio entre os macarróns.
![Page 2: Familias!! - edu.xunta.gal...Deséxovos unha marabillosa fin de semana! DISFRUTADE MOITO! MARIA . Title: Microsoft Word - ACTIVIDADES 14.doc Created Date: 4/23/2020 8:09:16 PM](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022060914/60a8685330845e6e473bc432/html5/thumbnails/2.jpg)
• MANDALAS DA NATUREZA. Como xa quedan pouquiños días para por
fin poder sair a dar un paseo, invítovos a que se tedes a natureza (un bosque, un río, un monte…) preto, que recompiledes pedras, follas, flores… e fagades todos xuntos unha mandala para dar gracias á natureza, porque a pesar de todo o que nos está pasando segue estando aí para nós e ofrecéndonos sempre o mellor que ten. Podemos facer a mandala na nosa casa ou donde nos apeteza e ao rematala é unha boa dinámica dar as gracias. Déixovos algunhas propostas!
![Page 3: Familias!! - edu.xunta.gal...Deséxovos unha marabillosa fin de semana! DISFRUTADE MOITO! MARIA . Title: Microsoft Word - ACTIVIDADES 14.doc Created Date: 4/23/2020 8:09:16 PM](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022060914/60a8685330845e6e473bc432/html5/thumbnails/3.jpg)
![Page 4: Familias!! - edu.xunta.gal...Deséxovos unha marabillosa fin de semana! DISFRUTADE MOITO! MARIA . Title: Microsoft Word - ACTIVIDADES 14.doc Created Date: 4/23/2020 8:09:16 PM](https://reader033.vdocuments.site/reader033/viewer/2022060914/60a8685330845e6e473bc432/html5/thumbnails/4.jpg)
No caso de que non poidades recompilar este tipo de material, podemos facer unha mandala con cousiñas que teñamos no noso fogar ☺
Deséxovos unha marabillosa fin de semana!
DISFRUTADE MOITO!
MARIA